Guía de procedementos e servizos

IN870A

Axudas destinadas ao apoio de entidades que superaron os limiares mínimos dos programas de novos proxectos empresariais de empresas innovadoras do CDTI (recuperación excelencia Neotec)

Procedemento dirixido a: Empresas e profesionais

Convocatoria 2026 - Prazo pechado: 07/08/2026 09:00 - 30/09/2026 23:59

Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Sobre o procedemento

A concesión das axudas da Axencia Galega de innovación dirixidas á posta en marcha de novos proxectos empresariais que requiran o uso de tecnoloxía ou coñecementos desenvoltos a partir da actividade investigadora e nos que a estratexia de negocio se basee no desenvolvemento de tecnoloxía, rescatando para iso aqueles proxectos presentados á convocatoria de referencia (Programa Neotec) que obtiveron o Selo Neotec na devandita convocatoria do ano 2025 pero que non adquiriron a condición de beneficiarios por insuficiencia de crédito.

  1. Terán a consideración de entidades beneficiarias as pequenas empresas innovadoras que, presentando unha solicitude de axuda á convocatoria de referencia e obtendo o selo Neotec conforme o artigo 14 da convocatoria de referencia, resultasen desestimadas por insuficiencia de orzamento dispoñible para financiar o proxecto con cargo á devandita convocatoria, conforme a resolución definitiva da Presidencia do CDTI da convocatoria do programa Neotec do ano 2025.

  2.  As entidades beneficiarias deberán ter sede social ou centro de traballo permanente en Galicia na data de presentación da solicitude á convocatoria de referencia.

Xunta de Galicia

Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Axencia Galega de Innovación (GAIN)

Área de Servizos

Rúa Airas Nunes, s/n, 15702 Santiago de Compostela, A Coruña

15702  Santiago de Compostela  (Coruña, A)

Teléfono: 88199121/88199162

Email: servizos.gain@xunta.gal

www.gain.xunta.gal

Axencia Galega de Innovación (GAIN)
Requisitos e documentación

Prazo de presentación: PECHADO

07/08/2026 09:00 - 30/09/2026 23:59

O prazo de presentación de solicitudes de axuda comezará a computarse unha vez transcorridos cinco (5) días hábiles, que se contarán a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, ás 9.00 horas, e rematará ás 23.59 horas do día 30 de setembro de 2026.


  •  Cumprir coa definición de pequena empresa segundo a definición establecida no anexo III desta convocatoria.

  •  Non estar cotizadas nin engadirse nunha bolsa de valores, excepto as plataformas de negociación alternativa.

  •  Estar constituídas como máximo nos cinco anos anteriores á data de peche do prazo de presentación de solicitudes de axuda á presente convocatoria, contados desde a data de outorgamento da escritura de constitución da empresa.

  •  Non ter distribuído beneficios.

  •  Non terse feito cargo da actividade doutra empresa, a non ser que o volume de negocios da actividade adquirida supoña menos do 10 % do volume de negocios da empresa subvencionable no exercicio financeiro previo á absorción.

  • Non ter adquirido outra empresa ou terse formado mediante concentración de empresas, salvo que o volume de negocios desa empresa adquirida supoña menos do 10 % do volume de negocios da empresa subvencionable no exercicio financeiro previo á adquisición ou que o volume de negocios da empresa formada mediante concentración sexa superior en menos dun 10 % ao volume combinado das dúas empresas fusionadas no exercicio previo á súa concentración. Non obstante, as empresas formadas mediante concentración de empresas que, pola súa vez, cumpran os requisitos para optar ás axudas, consideraranse tamén empresas subvencionables ata un máximo de cinco anos a partir da data de rexistro da empresa máis antiga que participe na concentración.

  •  Contar cun capital social mínimo, ou capital social máis prima de emisión ou asunción, de 20.000 euros, desembolsado integramente e inscrito totalmente no rexistro correspondente antes da presentación da solicitude.

 Non poderán adquirir a condición de entidade beneficiaria as seguintes:

  •  As pequenas empresas nas cales concorra algunha das prohibicións recollidas no artigo 10 da Lei 9/2007, nin aquelas que estean suxeitas a unha orde de recuperación pendente tras unha decisión da Comisión Europea que declarase unha axuda ilegal e incompatible co mercado común.

  • As empresas en crise conforme a definición contida no anexo III desta convocatoria.

  •  As entidades do sector público institucional comprendidas no artigo 2 da Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público (en diante, Lei 40/2015), fóra das sociedades mercantís públicas.

  •  As entidades que incumpran os prazos de pagamento a que se refire o artigo 13.3.bis da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións (en diante, Lei 38/2003).

Solicitudes

1. As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado (anexo I) dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia https://sede.xunta.gal

2. De conformidade co artigo 68.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (en diante, Lei 39/2015), se algunha das persoas interesadas presenta a súa solicitude de maneira presencial, será requirida para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase data de presentación da solicitude aquela en que fose realizada a emenda.

3. Para a presentación electrónica poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e firma admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).

Documentación complementaria

1. As persoas interesadas deberán achegar coa solicitude (anexo I), a seguinte documentación:

a. Documentación económico-administrativa:

a.1. Anexo II.bis, declaración relativa á condición de Peme.

No caso de pequenas empresas vinculadas, asociadas ou participadas de acordo cos criterios establecidos no anexo I do Regulamento (UE) nº 651/2014, e segundo as explicacións comprendidas no anexo II desta convocatoria, deberase achegar para cada unha das empresas vinculadas ou asociadas a documentación dos puntos a.2), a.4) e a.5) deste artigo. A Axencia Galega de Innovación utilizará os medios que considere oportunos para a súa verificación e requirirá ao solicitante, se for necesario, os documentos oportunos.

a.2. Nota simple ou certificación do Rexistro Mercantil actualizadas, de ser o caso, en que se especifique a data de constitución, administrador/es da sociedade (nome e apelidos ou razón social), o obxecto social, capital, sede social e clasificación CNAE. No caso de que estes documentos non estean actualizados ou non se dispoña deles, poderase substituír o dito certificado pola presentación das escrituras de constitución da empresa solicitante e as súas modificacións posteriores debidamente rexistradas.

a.3. No caso de que o asinante da solicitude non actúe como administrador único para a representación da entidade, deberá achegar documento acreditativo do poder de representación con validez xurídica.

a.4. Declaración completa do imposto de sociedades do último exercicio pechado, modelo 200 da Axencia Tributaria Estatal. No caso de non ter antigüidade suficiente para ter obriga de presentar o modelo 200, achegarase unha declaración responsable conforme non se pechou o exercicio fiscal e a obriga de presentar o imposto de sociedades.

a.5. No caso de non ter traballadores dados de alta no réxime xeral da Seguridade Social, achegarase o documento acreditativo emitido pola Seguridade Social e a declaración responsable do representante legal da entidade de non ter traballadores.

a.6. Documentación acreditativa de que a entidade beneficiaria conta cun capital social mínimo, ou capital social máis prima de emisión ou asunción, de 20.000 euros, desembolsado integramente e inscrito totalmente no rexistro correspondente antes da presentación da solicitude, no prazo dun mes desde a data de publicación da resolución de concesión da axuda.

a.7. Declaración responsable do cumprimento do principio DNSH (anexo IV).

a.8. Só no caso de proxectos STEP, ficha do cumprimento do Regulamento STEP (anexo V).

De conformidade co artigo 28.3 da Lei 39/2015, non será necesario achegar os documentos que xa fosen presentados anteriormente pola persoa interesada ante calquera Administración. Neste caso, a persoa interesada deberá indicar en que momento e ante que órgano administrativo presentou os ditos documentos, que serán recadados electronicamente a través das redes corporativas ou mediante consulta ás plataformas de intermediación de datos ou outros sistemas electrónicos habilitados para o efecto, agás que conste no procedemento a oposición expresa da persoa interesada.

De forma excepcional, se non se puidesen obter os citados documentos, poderá solicitarse novamente á persoa interesada a súa achega.

2. A documentación complementaria deberá presentarse electronicamente.

Se algunha das persoas interesadas presenta a documentación complementaria presencialmente, será requirida para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación aquela en que fose realizada a emenda.

As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, cando a relevancia do documento no procedemento o exixa ou existan dúbidas derivadas da calidade da copia, a Administración poderá solicitar de maneira motivada, o cotexo das copias achegadas pola persoa interesada, para o que poderá requirir a exhibición do documento ou da información orixinal.

3. Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude, deberanse indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente, se se dispón del.

4. No caso de que algún dos documentos que se vaia presentar de forma electrónica supere os tamaños máximos establecidos ou teña un formato non admitido pola sede electrónica da Xunta de Galicia, permitirase a súa presentación de forma presencial dentro dos prazos previstos e na forma indicada no parágrafo anterior. A información actualizada sobre o tamaño máximo e os formatos admitidos pode consultarse na sede electrónica da Xunta de Galicia.

Comprobación de datos

1. Para a tramitación deste procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos en poder da Administración actuante ou elaborados polas administracións públicas, agás que a persoa interesada se opoña á súa consulta:

a. DNI/NIE da persoa solicitante.

b. NIF da entidade solicitante.

c. NIF da entidade representante.

d. DNI/NIE da persoa representante que asine a solicitude.

e. Certificado de estar ao día no pagamento das obrigas tributarias coa AEAT.

f. Certificado de estar ao día no pagamento coa Seguridade Social.

g. Certificado de estar ao día no pagamento coa Consellería de Facenda e Administración Pública.

h. Inhabilitacións para obter subvencións e axudas.

i. Comprobación de subvencións e axudas públicas concedidas.

j. Documentación depositada no Rexistro Mercantil, segundo o artigo 12.1.a.a2 das bases reguladoras.

k. Titularidade real, no Rexistro Central de Titularidades Reais (RCTIR), en aplicación do disposto no artigo 69.2 do Regulamento (UE) nº 2021/1060.

2. No caso de que as persoas interesadas se opoñan á consulta, deberán indicalo no recadro habilitado para tal efecto no formulario correspondente e achegar os documentos.

Cando así o exixa a normativa aplicable, solicitarase o consentimento expreso da persoa interesada para realizar a consulta.

3. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilite a obtención dos citados datos, poderáselles solicitar ás persoas interesadas que presenten os documentos correspondentes.

Trámites administrativos posteriores

Todos os trámites administrativos que as persoas interesadas deban realizar tras a presentación da solicitude deberán ser efectuados electronicamente accedendo á Carpeta cidadá da persoa interesada, dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.

Despois de presentar

Prazo de resolución:

Tres meses

Sentido do silencio:

Negativo

Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"

Normativa
  • Ámbito Autonómico
    • Resolución do 16 de xullo de 2026 pola que se aproban as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia non competitiva, das axudas destinadas ao apoio de entidades que superaron os limiares mínimos do programa Neotec do Centro para o Desenvolvemento Tecnolóxico e a Innovación (CDTI) na súa convocatoria do ano 2025, e se procede á súa convocatoria para o ano 2026. Programa Recuperación Excelencia Neotec (DOG nº 142 do 30 de xullo de 2026).

    • Extracto da Resolución do 16 de xullo de 2026 pola que se aproban as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia non competitiva, das axudas destinadas ao apoio de entidades que superaron os limiares mínimos do programa Neotec do Centro para o Desenvolvemento Tecnolóxico e a Innovación (CDTI) na súa convocatoria do ano 2025, e se procede á súa convocatoria para o ano 2026. Programa Recuperación Excelencia Neotec (DOG nº 142 do 30 de xullo de 2026).

Descargar o contido desta ficha en formato PDF

Outros procedementos relacionados

IG402A

Axudas a servizos modulares de asesoramento especializado a empresas galegas prestados por entidades colaboradoras (Programa Re-acciona), cofinanciadas pola Unión Europea no marco do Programa Galicia Feder 2021-2027

Prazo aberto: 26/01/2026 09:00 - 16/11/2026 14:00

IN608B

Rexistro de posta en servizo de guindastre torre para obras ou outras aplicacións.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

IN848G

Axudas para Vinnovate Galicia

Tramitar en liña

Prazo aberto: 18/09/2026 00:00 - 19/10/2026 23:59

MR560B

Inscrición no rexistro dos centros de cría, subministradores e usuarios de animais de experimentación.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano