Orientámolo/a, paso a paso, para presentar unha solicitude no rexistro electrónico
IN861A - Axudas para o apoio á consolidación do sector biotecnolóxico a través de planes de inversión e innovación de Galicia (Consolida Bio).
1. Esta resolución ten por obxecto aprobar as bases polas que se rexerá a concesión de axudas da Axencia Galega de Innovación do programa Consolida BIO aliñados coa Estratexia de consolidación da biotecnoloxía de Galicia para o período 2021-2025, a RIS3 de Galicia en consonancia coa Estratexia Next Generation Galicia.
2. Así mesmo, por medio desta resolución, convócanse ditas axudas para o ano 2022 en réxime de concorrencia competitiva (código de procedemento IN861A), axustándose as axudas concedidas no marco da presente resolución ao establecido no Regulamento (UE) nº 651/2014, do 17 de xuño, polo que se declaran determinadas categorías de axudas compatibles co mercado interior en aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado.
3. As axudas financiarán plans de investimento produtivo e innovación que impliquen actuacións de investimento en activos fixos para facilitar a consolidación produtiva e tecnolóxica das pemes do sector biotecnolóxico en Galicia. Devanditos plans formarán parte dun plan empresarial que requira o uso de tecnoloxías, ou coñecementos desenvoltos a partir da actividade investigadora, no ámbito da biotecnoloxía e nos que a estratexia de negocio futura se base no desenvolvemento da devandita tecnoloxía.
4. As axudas poderán destinarse a plans empresariais en calquera ámbito e sector sempre que contemplen as tipoloxías de biotecnoloxía descritas no artigo 2.6, e os sectores prioritarios de hibridación descritos na Estratexia de consolidación da biotecnoloxía de Galicia incluídos no artigo 2.8 destas bases así como as cadeas de valor da RIS3 de Galicia.
5. As actividades incluídas no plan constituirán un conxunto completo e coherente de actividades de investimento produtivo innovador (bloque A) e actividades de innovación para o que as tecnoloxías e produtos/servizos deberán partir dun estado inicial como mínimo TRL 5-8 (bloque B). Todas as actividades estarán integradas nun plan de consolidación empresarial de carácter individual que afiance o crecemento da empresa en: facturación, xeración de emprego, especialmente coa incorporación de novo persoal, e capacidades para a absorción, xeración e transferencia de coñecemento para garantir a consolidación da empresa no mercado e afianzar a bioeconomía en Galicia. As actuacións e actividades incluídas no plan de consolidación descríbense no artigo 4, os cales deben incluír necesariamente actuacións dos dous bloques mencionados.
6. Só se admitirá unha solicitude por empresa. Ademais, no caso de empresas vinculadas, asociadas e/ou do mesmo grupo empresarial, unicamente se admitirá unha solicitude por empresas vinculadas, asociadas e/ou do mesmo grupo empresarial. En caso de que concorran varias empresas vinculadas, asociadas e/ou do mesmo grupo empresarial só se admitirá aquela solicitude presentada no rexistro en primeiro lugar sendo desestimadas as seguintes.
Actuacións subvencionables .
1. As axudas financiarán actuacións de investimento produtivo e innovación como actuacións de investimento en activos fixos enmarcadas nun plan empresarial dirixido á consolidación da peme solicitante, que estará baseado no uso de tecnoloxías ou coñecementos desenvoltos a partir da actividade investigadora no ámbito da biotecnoloxía e nos que a estratexia de negocio futuro se base no desenvolvemento da devandita tecnoloxía. Os plans financiables deben comprender tanto actuacións de investimento como de innovación.
2. Só se financiarán as actividades do plan desenvoltas na Comunidade Autónoma galega, de modo que os beneficiarios deberán ter na Comunidade ou o seu domicilio social ou algún centro de traballo onde realicen as actividades susceptibles de obter a axuda. En caso de non ter este centro de traballo no momento de presentar a súa solicitude, deberán achegar unha declaración da entidade solicitante que acredite o seu compromiso de establecerse en Galicia nun prazo máximo de 1 mes desde a resolución.
3. Os plans deberán ter un orzamento subvencionable mínimo de 300.000 euros e máximo de 1.000.000 de euros.
4. Os plans terán duración plurianual conforme aos prazos de execución e xustificación dispostos no artigo 26 da presente orde, sendo o prazo de execución como se indica na seguinte estrutura de anualidades:
• Primeira anualidade: desde a data de solicitude da axuda ata o 30 de novembro de 2022.
• Segunda anualidade: desde o 1 de decembro de 2022 ata o 30 de setembro de 2023.
5. De acordo co artigo 6 do Regulamento (UE) nº 651/2014 considerarase que as axudas teñen un efecto incentivador se a solicitude de axuda se presentou antes do inicio da actividade. Entenderase que a actividade comeza co primeiro compromiso en firme para o pedido de equipos ou outro compromiso que faga o investimento irreversible se esta data é anterior. Os traballos preparatorios, como a obtención de permisos e a realización de estudos previos de viabilidade, non se consideran o inicio dos traballos.
6. Non se adecúan a esta convocatoria os plans de empresas cuxo modelo de negocio se base primordialmente en servizos a terceiros, sen desenvolvemento de tecnoloxía propia. Tampouco serán obxecto de axuda aquelas iniciativas que non reflictan claramente en memoria técnica a continuidade no desenvolvemento de tecnoloxía nin as que, directa ou indirectamente, ocasionen un prexuízo significativo ao ambiente (en diante «principio DNSH», polas súas siglas en inglés), de acordo co artigo 17 do Regulamento (UE) nº 2020/852, do Parlamento Europeo e do Consello, do 18 de xuño (Regulamento de taxonomía) ou as dirixidas a aumentar a eficiencia dos combustibles fósiles.
7. As actividades incluídas no Plan de consolidación deberán implicar unha ou varias actividades de investimento e de innovación das descritas a seguir:
• Bloque A. Investimento produtivo innovador.
O orzamento mínimo para este bloque será dun 60 % do gasto elixible total do plan presentado.
Serán actuacións subvencionables unha ou varias das seguintes:
a1. Creación de establecementos industriais: actuacións orientadas ao comezo dunha nova actividade produtiva.
a2. Melloras e/ou modificacións de liñas de produción e proceso que impliquen un cambio esencial no proceso xeral de produción ou diversificación da produción en novos produtos adicionais: realización de actuacións que permitan a modernización de liñas de produción e proceso existentes, ou xeren a implantación de novas liñas de produción e proceso, en establecementos industriais que xa están en produción no momento da solicitude. Con inclusión expresa da implementación produtiva de novas tecnoloxías.
Ditos investimentos terán carácter innovador pola súa relación coas actividades incluídas no plan de consolidación do bloque B.
Quedan fóra destas definicións as meras substitucións de compoñentes ou elementos auxiliares de produción, así como as reparacións e accións de mantemento. Igualmente, queda fóra do obxecto a adquisición de empresas.
• Bloque B. Innovación.
O orzamento máximo para este bloque será dun 40 % do gasto elixible total do plan presentado.
Non se admitirán actividades de investigación básica ou investigación industrial, nin de desenvolvemento tecnolóxico, polo tanto, as actividades subvencionables deberán contemplar tarefas coas seguintes finalidades:
b1. Innovación en materia de procesos, será conforme ao disposto no artigo 2.7, que consistirán na aplicación dun método de produción ou subministración novo ou significativamente mellorado (incluídos cambios significativos en canto a técnicas, equipamentos ou programas informáticos) baseados en biotecnoloxía ou ao uso da mesma nos procesos empresariais.
b2. Actividades de innovación. Entenderanse aquelas destinadas a adquirir ou mellorar o uso de coñecemento, así como mellorar as deficiencias de coordinación e de información asimétrica. Estas actividades comprenderán os custos subvencionables de «servizos tecnolóxicos externos» do artigo 5 destas bases. Nestas actividades admitiranse, de maneira non exclusiva, as seguintes:
• Consultoría para a comercialización de produtos/servizos innovadores baseados en biotecnoloxías, incluíndo a definición e posta en marcha de novos modelos de negocio, así como o deseño funcional, estético e técnico, e a identidade de produto/servizo destes (incluíndo identidade gráfica, envase, embalaxe e comunicación).
• Asesoramento ou servizos relacionados co posicionamento e márketing de produtos e servizos innovadores.
• Estudos de viabilidade técnica, económica e/ou de mercado previos á comercialización de produtos/servizos; entre os cales se inclúen estudos de satisfacción e detección de necesidades dos mercados.
• Asesoramento legal e de mercado para a transferencia de tecnoloxía a través de licenzas ou outros acordos.
• Asesoramento para o acceso ao financiamento da innovación a través de instrumentos financeiros ou fondos de capital risco.
8. Os plans empresariais deberán estar vinculados a, polo menos, un dos subsectores prioritarios da biotecnoloxía en Galicia e ás cadeas de valor definidas na RIS3 tal e como se relaciona a seguir:
• Xestión e aproveitamento dos recursos mariños, correspondente á cadea de valor da industria do mar e o medio mariño.
• Produción e aproveitamento agrogandeiro e forestal, correspondente coa cadea de valor da industria da agroalimentación, así como a cadea de valor da industria forestal e a madeira.
• Alimentación funcional e nutracéutica para a saúde e o envellecemento activo, correspondente coa cadea de valor da industria da agroalimentación.
• Novas tecnoloxías para a medicina personalizada, correspondente coa cadea de valor a saúde, a calidade de vida e o envellecemento.
• Desenvolvemento e produción de fármacos e vacinas, incluídos na cadea de valor a saúde, a calidade de vida e o envellecemento.
• Ambiente, economía circular e bioenerxía, correspondente coas diferentes cadeas de valor de sectores industriais, e cadea de valor das enerxías renovables e o almacenamento enerxético.
As empresas micro, pequenas e medianas (pemes).
1. Poderán ser beneficiarias destas axudas as empresas micro, pequenas e medianas (Pemes), segundo as definicións contidas no artigo 2, que cumpran os seguintes requisitos:
• Deberán cumprir ter domicilio social ou un centro de traballo en Galicia, onde deberán desenvolver as actividades para as que se solicita a axuda. En caso de non ter este centro de traballo no momento de presentar a súa solicitude, deberán achegar unha declaración da entidade solicitante que acredite o seu compromiso de establecerse en Galicia nun prazo máximo dun mes desde a resolución.
• Estar constituídas como máximo nos 13 anos anteriores á data de peche do prazo de presentación de solicitudes de axuda á presente convocatoria, para o que se terá en conta a data de outorgamento da escritura de constitución da empresa.
• Contar con ingresos por facturación nos dous últimos anos.
• Ter produtos innovadores con posibilidades de levar a mercado a curto prazo, para o que terán que presentar produtos/servizos innovadores nun nivel mínimo de TRL 5-8.
• Contar cun número total de empregados ou socios traballadores non inferior a 3.
• Ter as contas anuais correspondentes aos dous últimos exercicios pechados depositadas no Rexistro Mercantil ou rexistro oficial correspondente. No caso de empresas de nova creación, previsión de balance e conta de resultados do primeiro ano de funcionamento.
2. Deberán contar con capacidade administrativa, financeira e operativa suficiente para a execución da axuda que se lles conceda, cuxas condicións se determinarán no Documento que establece as condicións da axuda (DECA), conforme ao disposto no artigo 23.4 da presente resolución.
3. Achegarán ao plan de investimento unha contribución financeira exenta de calquera tipo de apoio público de polo menos un 25 % do seu importe, sexa mediante recursos propios ou mediante financiamento externo. Para estes efectos, a Gain poderá exixir nas resolucións de concesión un determinado nivel de fondos propios que deberá acreditar o beneficiario.
4. A Axencia Galega de Innovación poderá realizar as comprobacións documentais necesarias para garantir que as empresas beneficiarias que así o declaren teñen a condición de peme, segundo a definición establecida pola Comisión Europea no anexo I do referido Regulamento (UE) nº 651/2014 e que non son empresas en crise.
5. Quedan excluídas, e non serán admitidas as solicitudes en que concorran as seguintes condicións:
• As asociacións, as fundacións, en xeral, e as entidades sen ánimo de lucro.
• As entidades e sociedades públicas con personalidade xurídica propia vinculadas ou dependentes das administracións públicas, así como aquelas pertencentes á Administración institucional, calquera que sexa a Administración en que se integren.
• Calquera ente, organismo ou entidade con personalidade xurídica propia, que se crease especificamente para satisfacer necesidades de interese xeral que non teña carácter industrial ou mercantil, sempre que un ou varios suxeitos pertencentes ao sector público financien maioritariamente a súa actividade, controlen a súa xestión, ou nomeen máis da metade dos membros do seu órgano de administración, dirección ou vixilancia, de acordo co establecido no artigo 3.1 da Lei 9/2017, do 8 de novembro, de contratos do sector público.
• Non poderán ter a condición de beneficiarias as empresas que estean suxeitas a unha orde de recuperación de axudas, consecuencia dunha decisión da Comisión Europea.
• Non poderán ter a condición de beneficiarias as empresas en crise, de acordo coa definición de empresa en crise establecida no punto 18 do artigo 2 do Regulamento nº 651/2014, da Comisión, do 17 de xuño, polo que se declaran determinadas categorías de axuda compatibles co mercado interior en aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado da UE. As empresas cubrirán no formulario electrónico de solicitude unha declaración de non atoparse en situación de crise conforme a normativa comunitaria.
• Non poderán ter a condición de beneficiarias as empresas en que concorra algunha das circunstancias previstas no artigo 10.2 e 3 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia (DOG nº 121, do 25 de xuño) ou incumpran as obrigas do artigo 11 da citada Lei de subvencións.
Xunta de Galicia
Consellería de Economía, Industria e Innovación
Axencia Galega de Innovación (GAIN)
Área de Servizos
Rú Airas Nunes, s/n (Conxo)
15702 Santiago de Compostela (Coruña, A)
Teléfono: 981957008
Fax: 981957380
Email: servizos.gain@xunta.gal
Axencia Galega de Innovación (GAIN)
Resolución do 4 de maio de 2022 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das axudas do programa Consolida Bio para o apoio á consolidación do sector biotecnolóxico a través de plans de investimento e innovación, financiados no marco do eixe REACT-UE do programa operativo do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder) de Galicia 2014-2020 como parte da resposta da UE á pandemia da COVID-19, e se procede á súa convocatoria para o ano 2022 (DOG nº 96 do 19 de maio de 2022).
Extracto da Resolución do 4 de maio de 2022 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das axudas do programa Consolida Bio para o apoio á consolidación do sector biotecnolóxico a través de plans de investimento e innovación, financiados no marco do eixe REACT-UE do programa operativo do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder) de Galicia 2014-2020 como parte da resposta da UE á pandemia da COVID-19, e se procede á súa convocatoria para o ano 2022 (DOG nº 96 do 19 de maio de 2022).
Corrección de erros. Resolución do 4 de maio de 2022 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das axudas do programa Consolida Bio para o apoio á consolidación do sector biotecnolóxico a través de plans de investimento e innovación, financiados no marco do eixe REACT-UE do programa operativo do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder) de Galicia 2014-2020 como parte da resposta da UE á pandemia da COVID-19, e se procede á súa convocatoria para o ano 2022 (DOG nº 99 do 24 de maio de 2022).
Resolución do 16 de xuño de 2022 pola que se amplía o prazo de presentación de solicitudes ao abeiro da Resolución do 4 de maio de 2022 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das axudas do programa Consolida Bio para o apoio á consolidación do sector biotecnolóxico a través de plans de investimento e innovación, financiados no marco do eixe REACT-EU do programa operativo do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder) de Galicia 2014-2020, como parte da resposta da UE á pandemia da COVID-19, e se procede á súa convocatoria para o ano 2022 (DOG nº 117 do 20 de xuño de 2022).
Resolución do 1 de xullo de 2022 pola que se modifican os requisitos dos beneficiarios e o orzamento mínimo dos plans de consolidación ao abeiro da Resolución do 4 de maio de 2022 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das axudas do programa Consolida Bio para o apoio á consolidación do sector biotecnolóxico a través de plans de investimento e innovación, financiados no marco do eixo REACT EU do programa operativo do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder) de Galicia 2014-2020 como parte da resposta da UE á pandemia da COVID-19, e se procede á súa convocatoria para o ano 2022 (DOG nº 127 do 5 de xullo de 2022).
Extracto da Resolución do 1 de xullo de 2022 pola que se modifican os requisitos dos beneficiarios e o orzamento mínimo dos plans de consolidación ao abeiro da Resolución do 4 de maio de 2022 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das axudas do programa Consolida Bio para o apoio á consolidación do sector biotecnolóxico a través de plans de investimento e innovación, financiados no marco do eixo REACT EU do programa operativo do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder) de Galicia 2014-2020 como parte da resposta da UE á pandemia da COVID-19, e se procede á súa convocatoria para o ano 2022 (DOG nº 127 do 5 de xullo de 2022).
Resolución do 30 de setembro de 2022 pola que se adxudican as axudas do programa Consolida Bio para o apoio á consolidación do sector biotecnolóxico a través de plans de investimento e innovación, financiados no marco do eixe REACT-UE do programa operativo do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder) de Galicia 2014-2020 como parte da resposta da UE á pandemia da COVID-19, convocadas pola Resolución do 4 de maio de 2022 (Diario Oficial de Galicia número 96, do 19 de maio) (DOG nº 195 do 13 de outubro de 2022).
Resolución do 20 de abril de 2023 pola que se modifica o prazo de execución dos proxectos financiados ao abeiro da Resolución do 4 de maio de 2022 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das axudas do programa Consolida Bio para o apoio á consolidación do sector biotecnolóxico a través de plans de investimento e innovación, financiados no marco do eixe REACT-EU do programa operativo do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder) de Galicia 2014-2020 como parte da resposta da UE á pandemia da COVID-19, e se procede á súa convocatoria para o ano 2022 (DOG nº 82 do 28 de abril de 2023).
Extracto da Resolución do 20 de abril de 2023 pola que se modifica o prazo de execución dos proxectos financiados ao abeiro da Resolución do 4 de maio de 2022 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das axudas do programa Consolida Bio para o apoio á consolidación do sector biotecnolóxico a través de plans de investimento e innovación, financiados no marco do eixe REACT-EU do programa operativo do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder) de Galicia 2014-2020 como parte da resposta da UE á pandemia da COVID-19, e se procede á súa convocatoria para o ano 2022 (DOG nº 82 do 28 de abril de 2023).
Prazo de presentación: PECHADO
20/05/2022 00:00 - 05/07/2022 23:59
06/07/2022 00:00 - 05/08/2022 23:59
Segundo a Resolución do 16 de xuño de 2022 (DOG nº 117 do 20 de xuño de 2022), amplíase en 10 días hábiles, ata o 5 de xullo de 2022, o prazo de presentación de solicitudes previsto no artigo 10 da Resolución do 4 de maio de 2022.
Segundo a Resolución do 1 de xullo de 2022 (DOG nº 127 do 5 de xullo de 2022), ábrese un novo prazo de presentación de solicitudes que será dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.
Entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día de publicación. Se o último día do prazo for inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte e, se no mes de vencemento non houber día equivalente ao inicial do cómputo, entenderase que o prazo remata o último día do mes.
Solicitudes .
1. A presentación das solicitudes realizarase obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia https://sede.xunta.gal
De conformidade co artigo 68.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, se algunha das persoas interesadas presenta a súa solicitude presencialmente, requiriráselle para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela en que fose realizada a emenda.
Para a presentación das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e firma admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).
2. No formulario de solicitude (anexo I) inclúense as seguintes declaracións responsables:
a) Declaración responsable de todas as axudas solicitadas e concedidas para a mesma finalidade ou os mesmos custos, procedentes de calquera Administración ou ente público ou privado, nacional ou internacional.
b) Declaración responsable de que os datos contidos nesta solicitude e nos documentos que se entregan son certos e acepta as condicións e obrigas recollidas para cada liña de axudas nesta convocatoria.
c) Declaración responsable de que non está incurso en ningunha das circunstancias previstas no artigo 13 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeneral de subvencións.
d) Declaración responsable de que non está incurso en ningunha clase de inhabilitación para a obtención de axudas previstas nos apartados 2 e 3 do artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
e) Declaración responsable de que está ao día no pagamento de obrigacións por reintegro de subvencións, conforme o artigo 10.2.g) da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e ao artigo 9 do Regulamento de subvencións de Galicia, aprobado polo Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e de reembolso de préstamos ou anticipos concedidos con cargo aos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma.
f) Declaración responsable de que desenvolverán en Galicia as actividades para as que se solicita a axuda.
g) Declaración responsable de que o solicitante coñece que os provedores non poderán estar asociados nin vinculados coa entidade solicitante ou cos seus órganos directivos ou xestores, e que non concorren neles ningunha das prohibicións recollidas no artigo 27.7 da Lei 9/2007, de subvencións de Galicia, nin no artigo 43 do regulamento que desenvolve a citada lei, aprobado polo Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, tendo en conta, ademais, o disposto no Regulamento (UE) nº 651/2014 sobre empresas vinculadas.
h) Declaración responsable de que ten capacidade administrativa, financeira e operativa para cumprir os obxectivos do plan para o cal solicita a axuda.
i) Declaración responsable de que manterá un sistema de contabilidade separada ou un código contable axeitado en relación con todas as transaccións relacionadas cos gastos subvencionados, sen prexuízo das normas xerais da contabilidade, que permita seguir unha pista de auditoría sobre os gastos financiados con fondos Feder.
j) Declaración responsable de que conservará toda a documentación relativa a esta subvención durante un período de tres anos a partir do 31 de decembro seguinte á presentación das contas en que estean incluídos os gastos da operación (artigo 125.4.d) e 140.1 do Regulamento 1303/2013).
k) Declaración responsable de que asumirá a aplicación de medidas antifraude eficaces e proporcionadas no seu ámbito de xestión, así como a obrigación de comunicar ao órgano xestor os casos de sospeitas de fraude.
l) Declaración responsable de que cumprirá a normativa comunitaria, estatal e autonómica de aplicación.
m) Declaración responsable de non consideración de empresa en crise ou con orde de recuperación pendente. Con todo, a Axencia Galega de Innovación utilizará os medios que considere oportunos para a súa verificación e requirirá ao solicitante, se fose necesario, os documentos oportunos.
n) Declaración responsable de que non está incursa nun procedemento de concurso de acredores.
o) Declaración responsable de que non recibiu axudas de salvamento nin de reestruturación.
p) Declaración responsable de que, no seu caso, concederase unha licenza non exclusiva en condicións de mercado non discriminatorias a terceiros no Espazo Económico Europeo respecto dos desenvolvementos obtidos no plan subvencionado.
q) Declaración responsable de que o plan non se iniciou antes da data de solicitude da axuda.
s) Declaración responsable de que as empresas que poidan exercer unha influencia decisiva neles, por exemplo, en calidade de accionistas ou membros, non gozarán de acceso preferente aos resultados que xere.
Deberase comunicar calquera variación das circunstancias recollidas nas devanditas declaracións no momento en que se produza.
Documentación complementaria .
1. As persoas interesadas deberán achegar coa solicitude (anexo I) a seguinte documentación complementaria.
Documentación económico-administrativa:
a) Declaración responsable relativa á condición de peme (anexo III).
No caso de pemes vinculadas, asociadas ou participadas de acordo cos criterios establecidos no anexo I do Regulamento (UE) nº 651/2014, da Comisión, do 17 de xuño, deberanse achegar os anexos III-A, anexo III-A.1, III-B ou anexo III-B.1 segundo corresponda.
Tamén, como documentación complementaria deberase achegar para cada unha das empresas vinculadas ou asociadas a documentación dos apartados b), c) e d) do artigo desta Resolución.
b) Copia da escritura de constitución da entidade e as súas modificacións posteriores.
c) Poder de representación bastanteado, de ser o caso.
d) Declaración completa do imposto de sociedades do último exercicio pechado, modelo 200 da Axencia Tributaria Estatal.
e) Contrato/s subscrito/s de subcontratación debidamente asinado/s, no caso en que sexa necesario.
Documentación técnica (anexo II: guía para a realización da memoria e do orzamento do plan):
a) Memoria técnica do plan de consolidación proposto.
b) Orzamento detallado do plan de consolidación.
2. De conformidade co artigo 28.3 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, non será necesario entregar os documentos que xa fosen presentados anteriormente pola persoa interesada ante calquera Administración. Neste caso, a persoa interesada deberá indicar en que momento e ante que órgano administrativo presentou os devanditos documentos, que serán solicitados electronicamente a través das redes corporativas ou mediante consulta ás plataformas de intermediación de datos ou outros sistemas electrónicos habilitados para o efecto, agás que conste no procedemento a oposición expresa da persoa interesada. De forma excepcional, se non se puidesen obter os citados documentos, poderá solicitarse novamente á persoa interesada a súa achega.
3. A documentación complementaria deberá presentarse electronicamente. Se algunha das persoas interesadas presenta a documentación complementaria presencialmente, será requirida para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación aquela na que fose realizada a corrección.
As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, cando a relevancia do documento no procedemento o exixa ou existan dúbidas derivadas da calidade da copia, a Administración poderá solicitar de maneira motivada o cotexo das copias achegadas pola persoa interesada, para o que poderán requirir a exhibición do documento ou da información orixinal.
4. Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude, deberase indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente, se se dispón del.
5. No caso de que algún dos documentos para presentar de forma electrónica supere os tamaños máximos establecidos ou teña un formato non admitido pola sede electrónica da Xunta de Galicia, permitirase a presentación deste de forma presencial dentro dos prazos previstos e na forma indicada no apartado anterior. A información actualizada sobre o tamaño máximo e os formatos admitidos pode consultarse na sede electrónica da Xunta de Galicia.
Comprobación de datos .
1. Para tramitar este procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos en poder da Administración actuante ou elaborados polas administracións públicas, agás que a persoa interesada se opoña á súa consulta:
a) NIF da entidade solicitante.
b) DNI/NIE da persoa solicitante.
c) NIF da entidade representante.
d) DNI/NIE da persoa representante que asine a solicitude.
e) Certificado de estar ao día nas obrigacións tributarias coa AEAT.
f) Certificado de estar ao día no pagamento coa Consellería de Facenda.
g) Certificado de estar ao día no pagamento coa Tesourería Xeral da Seguridade Social.
h) Inhabilitacións para obter subvencións e axudas.
i) Concesións de subvencións e axudas.
2. No caso de que as persoas interesadas se opoñan a estas consultas, deberán indicalo na casa correspondente habilitada no formulario e achegar os devanditos documentos.
Cando así o exixa a normativa aplicable, solicitarase o consentimento expreso da persoa interesada para realizar a consulta.
3. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilite a obtención dos citados datos, poderase solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.
Trámites administrativos posteriores á presentación de solicitudes .
Todos os trámites administrativos que as persoas interesadas deban realizar tras a presentación da solicitude deberán ser efectuados electronicamente accedendo á Carpeta cidadá da persoa interesada dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.
- Iniciación
- Solicitude (Anexo I)
- Fase de solicitude
- Declaración da condición PYME – Empresa vinculada (Anexo III-B)
- Declaración da condición de peme (Anexo III)
- Declaración da condición PYME – Ficha de vinculación (Anexo III-B.1)
- Declaración da condición PYME – Empresa asociada (Anexo III-A)
- Declaración da condición PYME – Ficha de asociación (Anexo III-A.1)
Máis información
Localice o procedemento ou servizo na guía de procedementos e servizos, consulte a información do trámite e revise a documentación obrigatoria para presentar a solicitude que figura na pestana "Presentación" no apartado "Documentación para a presentación".
No apartado "Anexos asociados" ten dispoñibles modelos en formato PDF para aqueles documentos para os que se precisan. Se os necesita:
- Primeiro descargue no seu equipo os modelos PDF (asegúrese de que están descargados, non abertos no navegador).
- A continuación cubra os modelos. Se algunha táboa ten filas e non son suficientes pode engadilas nese documento descargado.
- Por último garde ou imprima en versión PDF un arquivo electrónico de cada modelo cuberto.
- Asine o documento, se así se require.
- Para finalizar anexe o modelo ou modelos en PDF na súa presentación.
No caso de que o procedemento non figure na guía, poderá empregar a solicitude xenérica.
Prema en "Tramitar en liña" para iniciar o trámite electrónico.
Identifíquese empregando un certificado electrónico ou Chave365.
Agora xa está dentro do seu espazo persoal "A miña sede".
Cubra o formulario e lembre que pode gardalo para recuperalo máis adiante desde o apartado "Os meus borradores" de "A miña sede".
Cando o teña cuberto, prema en "Continuar".
Anexe a documentación que queira presentar xunto co formulario. Inclúa os modelos cubertos no paso 1.
Pode consultar como enviar ficheiros que non teñen o tamaño ou o formato aceptados por esta sede.
Asine o formulario e a documentación que quere entregar.
Pode facelo cun certificado electrónico empregando a aplicación Autofirma ou, se emprega Chave365, coa clave de sinatura que recibirá no seu móbil.
Descargue o xustificante da presentación.
Poderá tamén acceder a este documento desde o apartado "Os meus expedientes" de "A miña sede".
Consulte como proceder cos documentos de gran tamaño e en distintos formatos
Revise a documentación obrigatoria para o trámite que vai realizar na ficha do procedemento na Guía de procedementos e servizos.
Lembre que este servizo soamente estará disponible desde o espazo "A miña sede" da sede electrónica e naqueles procedementos que teñan habilitados trámites electrónicos posteriores á solicitude cando así o estableza a súa norma reguladora.
Prepare os arquivos electrónicos necesarios e comprobe que utiliza formatos compatibles coa sede: .bmp, .ce3, .cex, .csv, .cte, .dbf, .doc, .docx, .dwg, .dxfn, .gpx, .hexhash, .inp, .jpg, .kml, .kmz, .ods, .odt, .pd2, .pdf, .pdl, .png, .prj, .shp, .shx, .tgd, .tiff, .txt, .xls, .xlsx, .xml, .xsig, .mp4, .avi, .mov e .wmv
O tamaño máximo do conxunto de documentos achegados a unha presentación en esta sede é de 100 MB, e non se admiten arquivos comprimidos.
Comprobe o tamaño total do conxunto de documentos que precisa achegar:
- Se é inferior a 100 MB pode achegar todos os documentos á solicitude
- Se é superior a 100 MB separe os arquivos de máis de 100 MB, agrupe o resto en subconxuntos de documentos que non superen os 100 MB e proceda segundo os seguintes pasos
- Presente a solicitude achegando un subconxunto de documentos de menos de 100 MB.
- Repita o trámite de achega de documentación separada da solicitude para cada un dos subconxuntos restantes de documentos, seguindo estes pasos:
- Unha vez finalizada a presentación acceda ao apartado "Os meus expedientes" de "A miña sede", seleccione o expediente da solicitude que acaba de realizar, pulse na opción "Accións" e seleccione "Achega de documentación separada da solicitude".
- Cubra o formulario e pulse en "continuar"
- Achegue o seguinte subconxunto de documentos
- Asine e complete a achega de documentación separada
- Repita este proceso para cada subconxunto de documentos de menos de 100 MB
Se algún arquivo supera individualmente os 100 MB:
- Proceda segundo se explica nos pasos anteriores para o resto de arquivos
- Descargue no seu equipo o modelo xenérico para a achega de documentación separada
- Cubra o modelo, indicando o expediente ou número de rexistro de entrada da solicitude electrónica realizada e a unidade responsable do procedemento
- Imprima o modelo e presénteo de forma presencial, xunto coa documentación en formato físico -CD, DVD, USB-, en calquera das oficinas de rexistro
Prazo de resolución:
Tres meses
Sentido do silencio:
Negativo
Máis información
Consulte como responder a un requirimento de emenda de documentación
Revise a documentación obrigatoria para o trámite que vai realizar na ficha do procedemento na Guía de procedementos e servizos. Na pestana "Presentación", no apartado "Documentación para a presentación" figura o listado de documentos requiridos para a presentación. No apartado "Anexos asociados" ten dispoñibles os modelos en formato .pdf para aqueles documentos para os que se precisan.
Descargue no seu equipo os modelos que deba presentar e cúbraos. Garde ou imprima a un arquivo electrónico cada modelo cuberto para anexalo posteriormente na presentación.
Acceda ao seu espazo persoal "A miña sede". Identifíquese empregando un certificado electrónico ou Chave365. Busque o expediente relacionado co requirimento e seleccione no menú "Acción" da dereita a opción "Emenda ao requirimento".
* No caso de que o expediente non apareza no seu espazo persoal, ou a opción "Emenda ao requirimento" non estivese dispoñible para ese expediente, poderá realizar electronicamente a emenda utilizando a solicitude xenérica.
Cubra o formulario indicando os datos ou documentos achegados para a emenda.
Anexe os documentos que queira presentar. Inclúa os modelos cubertos no paso 1.
Asine o formulario e os documentos que vai entregar para a emenda.
Pode facelo con certificado electrónico utilizando a aplicación Autofirma ou, se emprega Chave365, coa clave de sinatura que recibirá nunha mensaxe no seu móbil.
Descargue o xustificante de presentación da emenda.
Poderá acceder en calquera momento aos seus xustificantes electrónicos desde o seu espazo persoal "A miña sede".
Coñeza como achegar documentación xustificativa a un expediente en curso
Revise a documentación obrigatoria para o trámite que vai realizar na ficha do procedemento na Guía de procedementos e servizos.
Na pestana "Despois da presentación", no apartado "Xustificación" figura o listado de documentos requiridos para a xustificación. No apartado "Anexos asociados" ten dispoñibles os modelos en formato .pdf para aqueles documentos para os que se precisan.
Descargue no seu equipo os modelos que deba presentar e cúbraos.
Garde ou imprima a un arquivo electrónico cada modelo cuberto para anexalo posteriormente na presentación.
Acceda ao seu espazo persoal "A miña sede".
Identifíquese empregando un certificado electrónico ou Chave365.
Busque o expediente para o que precisa achegar documentación xustificativa. No menú "Acción" que aparece á dereita seleccione a opción "Achega de documentación xustificativa".
* No caso de que o expediente non apareza no seu espazo persoal, ou a opción "Achega de documentación xustificativa" non estivese dispoñible para ese expediente, poderá realizar electronicamente a xustificación utilizando a solicitude xenérica.
Cubra o formulario.
Indique os documentos que achega para a xustificación.
Anexe os documentos que queira presentar para a xustificación. Inclúa os modelos cubertos no paso 1.
Asine o formulario e os documentos que vai entregar para a xustificación.
Pode facelo con certificado electrónico utilizando a aplicación Autofirma ou, se emprega Chave365, coa clave de sinatura que recibirá nunha mensaxe no seu móbil.
Descargue o xustificante de presentación da xustificación.
Poderá acceder en calquera momento aos seus xustificantes electrónicos desde o seu espazo persoal "A miña sede".
Todos os seus expedientes, presentacións e borradores en "A miña sede"
Para xestionar os seus expedientes o primeiro que debe facer é acceder o seu espazo persoal premendo en "A miña sede" e, a continuación, identificarse empregando calquera dos certificados admitidos nesta sede ou Chave365.
Poderá ver na súa bandexa de entrada os seus últimos expedientes, presentacións e borradores.
Verá en pantalla información detallada de cada expediente ou presentación (número de expediente/rexistro, código e nome do procedemento etc.).
Se desexa ver todos os seus expedientes e presentacións, prema no botón "Ver todos/Buscar".
Ao acceder á pantalla de busca, pode buscar expedientes ou borradores por distintos criterios ou localizalos directamente se coñece o código de acceso.
Poderá realizar accións concretas sobre un expediente (achegar documentación adicional, mellorar unha solicitude, modificar os seus datos de notificación etc.) desde:
- A bandexa de entrada dos seus últimos expedientes, presentacións e borradores, premendo o botón "Acción" da columna "Que podo facer?"
- O detalle do expediente electrónico, premendo directamente nas accións dispoñibles da columna "Que podo facer?"