Guía de procedementos e servizos

IN852D

Subvencións para proxectos de investigación industrial e desenvolvemento experimental relacionados coa COVID-19. Liña 1.

Procedemento dirixido a: Empresas e profesionais

Convocatoria 2021 - Prazo pechado: 14/07/2021 00:00 - 13/08/2021 23:59

Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

1. Esta resolución ten por obxecto aprobar as bases polas que se rexerá a concesión das axudas da Axencia Galega de Innovación no marco do Programa Conecta COVID para proxectos de investigación industrial, desenvolvemento experimental e innovación en produto, que aborden a investigación relacionada coa COVID-19 para facer fronte á pandemia.

Neste proxecto poderá incluírse a investigación sobre vacinas, medicamentos e tratamentos, produtos sanitarios e equipos hospitalarios e médicos, desinfectantes e roupa e equipamentos de protección, así como as innovacións de procesos pertinentes con vistas a unha produción eficiente dos produtos necesarios.

Ademais de facer fronte á pandemia, os proxectos deberán contribuír á transición dixital das pemes galegas nos ámbitos estratéxicos dos hubs galegos de innovación: Dihigal e Datalife e estar orientados á recuperación da economía galega. Deste xeito, será preciso, a inclusión no desenvolvemento dos proxectos das tecnoloxías dixitais ás cales se orienta cada un dos hubs no marco da súa especialización.

2. Así mesmo, por medio desta resolución, convócanse as ditas axudas para o ano 2021 en réxime de concorrencia competitiva (códigos de procedemento IN852D e IN852E), axustándose as axudas concedidas no marco da presente resolución ao establecido nos seguintes regulamentos e decisións da Comisión Europea:

Liña 1.- Proxectos de investigación industrial e desenvolvemento experimental, relacionada coa COVID-19 (código de procedemento IN852D).

Poderán ser beneficiarias destas axudas:

– As empresas pequenas, medianas ou grandes, segundo as definicións contidas no artigo 2 desta Resolución.

– As agrupacións de empresas e de empresas ou organismos de investigación, nos termos previstos no artigo 8.3 da Lei 9/2007, cando realicen proxectos de I+D+i en colaboración.

– Organismos de investigación e difusión de coñecementos soamente poderán ser beneficiarios destas axudas cando participen en proxectos de investigación industrial e desenvolvemento experimental, en colaboración efectiva con empresas, nos termos previstos no Marco comunitario sobre axudas estatais de investigación e desenvolvemento e innovación (2014/C 198/01). A axuda recibida non pode destinarse ao financiamento de actividades de natureza económica.

Cando un destes organismos leve a cabo tamén actividades económicas, o financiamento, os custos e os ingresos das ditas actividades deberanse contabilizar por separado. Ademais, as empresas que poidan exercer unha influencia decisiva nas ditas entidades, por exemplo, en calidade de accionistas ou membros, non poderán gozar de acceso preferente aos resultados que xere.

Xunta de Galicia

Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Axencia Galega de Innovación (GAIN)

Rúa Airas Nunes, s/n

15702  Santiago de Compostela  (Coruña, A)

Teléfono: 981541071

Email: programas.gain@xunta.gal

http://gain.xunta.gal

Axencia Galega de Innovación (GAIN)

Prazo de presentación: PECHADO

14/07/2021 00:00 - 13/08/2021 23:59

O prazo de presentación de solicitudes será dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia.

Entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día de publicación. Se o último día do prazo for inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte e, se no mes de vencemento non houber día equivalente ao inicial do cómputo, entenderase que o prazo expira o último día do mes.

1. As entidades beneficiarias, tanto empresas como organismos de investigación e difusión de coñecementos, deberán ter domicilio social ou un centro de traballo en Galicia, onde deberán desenvolver as actividades para as cales se solicita a axuda e contar con capacidade administrativa, financeira e operativa suficiente para a execución da axuda que se lles conceda, cuxas condicións se determinarán no Documento que establece as condicións da axuda (DECA), conforme o disposto no artigo 23.4 da presente resolución.

2. As entidades beneficiarias na liña 1 (IN852D) deben comprometerse a conceder licencias non exclusivas en condicións de mercado non discriminatorias a terceiros no Espazo Económico Europeo.

3. Non poderán acceder á condición de beneficiarias as persoas ou entidades nas cales concorra algunha das prohibicións recollidas no artigo 10 da Lei 9/2007. Ademais, tampouco poderán ser beneficiarios:

– Na liña 1 (IN852D), as empresas consideradas en crise antes do 31 de decembro de 2019, con excepción das microempresas e pequenas empresas, sempre que no estean incursas nun procedemento de concurso de acreedores na data na que se lles conceda á axuda e non teñan recibido axudas de salvamento nin de reestruturación.

4. A Axencia Galega de Innovación poderá realizar as comprobacións documentais necesarias para garantir que as empresas beneficiarias que así o declaren teñen a condición de peme, segundo a definición establecida pola Comisión Europea no anexo I do referido Regulamento (UE) nº 651/2014, e que con data 31 de decembro de 2019, non incorren en ningunha das circunstancias enumeradas no punto 18 do artigo 2 do mesmo texto normativo para considerar unha empresa en crise.

5. No caso de agrupacións que presenten un proxecto en colaboración:

5.1. Cada agrupación debe estar constituída por un mínimo de dúas entidades non vinculadas entre si e un máximo de seis. En todo caso, o tamaño da agrupación será o necesario para garantir unha xestión eficaz desta. A participación de cada entidade deberá estar xustificada, ser relevante e equilibrada, e non poderá superar nunca unha mesma entidade (ou entidades vinculadas) o 65 % do orzamento subvencionable total do proxecto. Non se exixirá un orzamento mínimo por entidade da agrupación.

5.2. Se a agrupación non ten personalidade xurídica, deberán facerse constar expresamente, tanto na solicitude como na resolución de concesión, os compromisos de execución asumidos por cada membro da agrupación, así como o importe de subvención que se vai aplicar por cada un deles, que terán igualmente a consideración de beneficiarios. En todo caso, deberá nomearse un líder, que será o representante único da agrupación, único interlocutor coa Administración en todo o procedemento, e con poderes bastantes para cumprir as obrigas que, como beneficiaria, lle corresponden á agrupación.

5.3. As agrupacións rexeranse polo documento contractual que as regule. O funcionamento interno da agrupación responderá a criterios de autonomía de xestión, asumindo un dos socios, o líder, a dirección do proxecto e a representación da agrupación ante a Administración, o cal deberá constar expresamente no documento contractual que se realice para ese efecto.

O documento contractual de regulación da agrupación deberá recoller, como mínimo, o seguinte:

a) Distribución das actividades e do orzamento total e o achegado por cada un dos membros da agrupación.

b) Acordo de representación da agrupación e elección do seu representante ante a Administración para os efectos de interlocución con ela.

c) Acordos de confidencialidade.

d) Propiedade, protección legal (patentes) e divulgación dos resultados.

e) Xestión da agrupación, plan de continxencias e distribución de responsabilidades ante posibles dificultades.

f) Designación dun xefe técnico do proxecto. Esta figura será única para toda a agrupación.

Con todo, o orzamento e as actividades quedarán suxeitos ao establecido na resolución de concesión da axuda.

No caso de proxectos en colaboración efectiva entre organismos de investigación e empresas, é preciso que determinasen, antes de iniciar o proxecto, as contribucións aos seus custos, os riscos e resultados compartidos, a difusión dos resultados, acceso aos dereitos de propiedade intelectual e industrial (en diante, DPI) e normas para a súa asignación. Isto non inclúe os acordos definitivos sobre o valor de mercado dos DPI resultantes e o valor das contribucións ao proxecto.

5.4. Todas as entidades que forman parte da agrupación e que obteñan a axuda terán a condición de beneficiarias e deberán cumprir as súas obrigas como tales. Tanto na solicitude como na resolución de concesión deberán constar os compromisos de execución asumidos por cada membro da agrupación, así como o importe de subvención que se vai aplicar por cada un deles. A concesión e o pagamento da axuda efectuaranse a cada unha das entidades participantes en proporción á parte dos gastos que lles corresponda realizar no proxecto.

5.5. A agrupación de empresas, ou de empresas e organismos de investigación, non poderá disolverse ata que transcorra o prazo de prescrición previsto no artigo 35 da Lei 9/2007.

5.6. Cando nun proxecto en colaboración interveñan empresas vinculadas, consonte a definición que destas empresas se realiza no artigo 2 desta resolución e no artigo 43.2 do Decreto 11/2009, só poderán facelo como membros da agrupación. Se empresas vinculadas participan como entidades subcontratadas, como provedores, prestadores de servizos, ou dalgún outro xeito a súa actividade non será subvencionable.

Solicitudes.

A presentación das solicitudes realizarase obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal

De conformidade co artigo 68.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das Administracións Públicas, se algunha das persoas interesadas presenta a súa solicitude presencialmente, requiriráselle para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela na que fose realizada a emenda.

Para a presentación das solicitudes poderán empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).

Documentación Económica-Administrativa.

Declaración de conformidade de participación no proxecto e autorización a favor do representante da agrupación no caso de proxectos en colaboración (anexo XI).

Modelo de autorización das persoas socias mancomunadas a favor do representante da entidade solicitante, no caso de poder mancomunado (anexo XII).

Modelo de comprobación de datos das persoas socias mancomunadas, no caso de poder mancomunado (anexo XIII).

Modelo de comprobación de datos do equipo investigador (anexo XIV).

Declaración responsable relativa á condición de peme, no caso que sexa de aplicación (anexo XV).

Copia da resolución de concesión, no caso de ter concedida algunha axuda para a mesma finalidade ou os mesmos custos ou unha axuda amparada no Marco Temporal.

Contrato/s subscrito/s de subcontratación, debidamente asinado/s, no caso en que sexa necesario.

Poder da persoa representante que presenta a solicitude, inscrito no rexistro competente, que acredite o seu poder bastante, no caso de apoderados/as de entidades mercantís distintos de administración única, administración solidaria ou mancomunada, ou tamén o cargo de conselleiro/a delegado/a.

Acordo regulador da agrupación debidamente asinado por todos os membros (a presentar pola entidade líder no caso de proxectos en colaboración).

Documentación Técnica.

Memoria técnica do proxecto, segundo o índice do Anexo XVI (a presentar so polo líder no caso de proxectos en colaboración).

Currículos en formato libre do equipo investigador do proxecto.

Anexo III- Información sobre o proxecto.

Anexo IV-Plan de Traballo do proxecto.

Anexo V-Orzamento detallado do proxecto.

Anexo VI-Datos da entidade.

Comprobación de datos.

Os documentos relacionados serán obxecto de consulta ás administracións públicas. No caso de que as persoas interesadas se opoñan a esta consulta, deberán indicalo no recadro correspondente do Anexo e achegar unha copia dos documentos.

DNI/NIE da persoa representante.

Certificado de estar ao día do pagamento coa Seguridade Social.

Certificado de estar ao día no pagamento das débedas coa Administración pública da comunidade autónoma.

Consulta de Inhabilitacións para obter subvencións e axudas.

Consulta de concesións de subvencións e axudas.

Poder do representante que presenta a solicitude inscrito no rexistro competente.

Trámites administrativos posteriores á presentación de solicitudes.

Todos os trámites administrativos que as persoas interesadas deban realizar trala presentación da solicitude deberán ser efectuados electronicamente accedendo á Carpeta cidadá da persoa interesada dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.

  • Ámbito Autonómico
    • Resolución do 22 de xuño de 2021 pola que se establecen as bases reguladoras e se convocan para 2021 as axudas para proxectos de I+D+i relacionados coa COVID-19 que favorezan a recuperación e a transición dixital das pemes galegas, programa Conecta COVID, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder) dentro do programa operativo Feder Galicia 2014-2020 (códigos de procedemento IN852D e IN852E), como parte da resposta da Unión Europea á pandemia da COVID-19 (DOG nº 132 do 13 de xullo de 2021).

    • Extracto da Resolución do 22 de xuño de 2021 pola que se establecen as bases reguladoras e se convocan para 2021 as axudas para proxectos de I+D relacionados coa COVID-19 que favorezan a recuperación e a transición dixital das pemes galegas, programa Conecta COVID, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder) dentro do programa operativo Feder Galicia 2014-2020 (código de procedemento IN852D-empresas), como parte da resposta da Unión Europea á pandemia da COVID-19 (DOG nº 132 do 13 de xullo de 2021).

    • Extracto da Resolución do 22 de xuño de 2021 pola que se establecen as bases reguladoras e se convocan para 2021 as axudas para proxectos de I+D relacionados coa COVID-19 que favorezan a recuperación e a transición dixital das pemes galegas, programa Conecta COVID, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder) dentro do programa operativo Feder Galicia 2014-2020 (código de procedemento IN852D-organismos de investigación), como parte da resposta da Unión Europea á pandemia da COVID-19 (DOG nº 132 do 13 de xullo de 2021).

    • Resolución do 3 de decembro de 2021 pola que se conceden as axudas do programa Conecta COVID para proxectos de I+D+i relacionados coa COVID-19 que favorezan a recuperación e a transición dixital das pemes galegas, financiadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder) dentro do programa operativo Feder Galicia 2014-2020 (DOG nº 240 do 16 de decembro de 2021).

Outros procedementos relacionados

IG402A

Axudas a servizos modulares de asesoramento especializado a empresas galegas prestados por entidades colaboradoras (Programa Re-acciona), cofinanciadas pola Unión Europea no marco do Programa Galicia Feder 2021-2027

Prazo aberto: 21/01/2025 09:00 - 17/11/2025 14:00

IN608B

Rexistro de posta en servizo de guindastre torre para obras ou outras aplicacións.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

IN855A

Programa Ignicia proba de concepto.

Tramitar en liña

Prazo aberto: 29/04/2025 00:00 - 28/05/2025 23:59

MR560B

Inscrición no rexistro dos centros de cría, subministradores e usuarios de animais de experimentación.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano