Orientámolo/a, paso a paso, para presentar unha solicitude no rexistro electrónico
IN852C - Subvencións para proxectos de innovación en produto, Liña 2.
Esta resolución ten por obxecto aprobar as bases polas cales se rexerá a concesión das axudas da Axencia Galega de Innovación para o financiamento de proxectos colaborativos nas áreas estratéxicas dos hubs galegos de innovación dixital que permitan avanzar na súa especialización e consolidación dentro do marco da RIS3 Galicia (programa Conecta hubs). Estas áreas faranse públicas con anterioridade á publicación desta convocatoria na paxina web de cada un dos DIH declarados estratéxicos (artigo 2.15).
– Liña 2 (código de procedemento IN852C): proxectos de innovación en produto.
Poderán ser beneficiarias destas axudas as agrupacións de empresas, nos termos previstos no artigo 8.3 da Lei 9/2007, que realicen proxectos de I+D+i en colaboración.
As empresas poderán ser pequenas, medianas ou grandes, segundo as definicións contidas no artigo 2 desta Resolución. Deberán ter domicilio social ou un centro de traballo en Galicia, onde deberán desenvolver as actividades para as cales se solicita a axuda e contar con capacidade administrativa, financeira e operativa suficiente para a execución da axuda que se lles conceda, cuxas condicións se determinarán no documento que establece as condicións da axuda (DECA), conforme o disposto no artigo 26.4 da presente resolución.
1. Requisitos xerais .
1.1. Os proxectos deberán estar enfocados ao mercado e orientados á xeración de coñecementos, tecnoloxías e innovacións destinadas á mellora dos procesos de dixitalización e á creación de produtos e servizos tecnoloxicamente avanzados e de maior valor engadido que revertan nas pemes galegas e melloren a súa competitividade. Poderán combinar o dixital con outras tecnoloxías facilitadoras para maximizar os beneficios da dixitalización, valorándose ademais, de maneira especial, a súa coherencia con outros ámbitos estratéxicos para a Unión Europea, como o Pacto verde ou a Innovación responsable.
1.2. Os proxectos deberán realizarse sempre en cooperación entre pemes formando unha agrupación. A participación de cada empresa deberá estar xustificada, ser relevante e equilibrada, e non poderá superar nunca unha mesma empresa (ou empresas vinculadas) o 65 % do orzamento subvencionable total do proxecto.
Ademais, poderán incluírse nos proxectos grandes empresas cando exerzan un efecto tractor no proxecto, pero sempre cunha participación limitada. Esta participación só se permite no caso de proxectos de investigación industrial, desenvolvemento experimental e innovación en materia de proceso ou organización.
1.3. Cada proxecto deberá incluír, como mínimo, tres indicadores medibles que permitan recoller os avances obtidos, segundo a situación actual en Galicia, no obxectivo ou obxectivos específicos do programa Europa dixital a que se oriente o proxecto, sempre no marco da RIS3 Galicia. Estes indicadores deberán cuantificarse para poder determinar a evolución acadada polo desenvolvemento do proxecto.
1.4. Será requisito imprescindible en todas as liñas que a proposta para a cal se solicita a axuda estea aliñada cos retos e prioridades da RIS3 Galicia. A descrición destes retos e o detalle das súas liñas prioritarias detállase no artigo 2 desta Resolución.
2. Requisitos específicos aplicables á liña específica de axudas á que se presenten :
Liña 2: proxectos de innovación en produto, segundo a definición incluída no artigo 2 destas bases.
Orzamento: os proxectos deberán ter un orzamento mínimo de 250.000 euros e un máximo de 600.000 euros, dividido nas distintas actividades que vaia realizar cada un dos integrantes da agrupación.
Tamaño e composición da agrupación: cada agrupación debe estar constituída por un mínimo de dúas empresas pemes non vinculadas entre si e un máximo de seis, todas elas pemes, e o tamaño da agrupación deberá ser o necesario para garantir unha xestión eficaz deste.
Na agrupación non poderán participar grandes empresas.
Duración: os proxectos poderán ser plurianuais. Deberán iniciarse a partir do 1 de xaneiro de 2021 e estar rematados antes do 30 de abril de 2023.
Os proxectos non poderán estar rematados materialmente antes da data de presentación da solicitude.
3. Só se financiarán as actividades do proxecto desenvolvidas na Comunidade Autónoma galega, sen prexuízo de que as subcontratacións, asistencias técnicas ou colaboracións externas poidan encomendarse a entidades que operen fóra do territorio galego. Todos os membros da agrupación deberán levar a cabo as súas actividades en Galicia, de xeito que deberán ter na Comunidade o seu domicilio social ou algún centro de traballo onde realicen as actividades susceptibles de obter a axuda. De non ter este centro de traballo no momento de presentar a súa solicitude, deberán achegar unha declaración da entidade solicitante que acredite que se establecerá en Galicia antes de iniciarse o proxecto.
Xunta de Galicia
Consellería de Economía, Industria e Innovación
Axencia Galega de Innovación (GAIN)
Área de Programas
Rúa Airas Nunes s/n (Conxo)
15702 Santiago de Compostela (Coruña, A)
Teléfono: 981541071
Email: programas.gain@xunta.gal
Axencia Galega de Innovación (GAIN)
Resolución do 25 de xaneiro de 2021 pola que se establecen as bases reguladoras e se realiza a convocatoria para o ano 2021 das axudas para proxectos colaborativos nas áreas estratéxicas dos hubs de innovación dixital que permitan avanzar na súa especialización e consolidación dentro do marco da RIS3 Galicia (programa Conecta hubs), cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder) dentro do programa operativo Feder Galicia 2014-2020 (DOG nº 30 do 15 de febreiro de 2021).
Extracto da Resolución do 25 de xaneiro de 2021 pola que se establecen as bases reguladoras e se realiza a convocatoria para o ano 2021 das axudas para proxectos colaborativos nas áreas estratéxicas dos hubs de innovación dixital que permitan avanzar na súa especialización e consolidación dentro do marco da RIS3 Galicia (programa Conecta hubs), cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder) dentro do programa operativo Feder Galicia 2014-2020 (código de procedemento IN852C) (axudas para proxectos de innovación en produto) (DOG nº 30 do 15 de febreiro de 2021).
Correrección de erros. Resolución do 25 de xaneiro de 2021 pola que se establecen as bases reguladoras e se realiza a convocatoria para o ano 2021 das axudas para proxectos colaborativos nas áreas estratéxicas dos hubs de innovación dixital que permitan avanzar na súa especialización e consolidación dentro do marco da RIS3 Galicia (programa Conecta hubs), cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder) dentro do programa operativo Feder Galicia 2014-2020 (DOG nº 72 do 19 de abril de 2021).
Resolución do 21 de maio de 2021 pola que se modifica a Resolución do 25 de xaneiro de 2021 pola que se establecen as bases reguladoras e se realiza a convocatoria para o ano 2021 das axudas para proxectos colaborativos nas áreas estratéxicas dos hubs de innovación dixital que permitan avanzar na súa especialización e consolidación dentro do marco da RIS3 Galicia (programa Conecta hubs), cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder) no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020 (DOG nº 99 do 28 de maio de 2021).
Resolución do 6 de outubro de 2021 pola que se conceden as axudas do programa Conecta hubs, orientado a proxectos colaborativos nas áreas estratéxicas dos hubs de innovación dixital que permitan avanzar na súa especialización e consolidación dentro do marco da RIS3 Galicia, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder) dentro do programa operativo Feder Galicia 2014-2020 (DOG nº 200 do 18 de outubro de 2021).
Corrección de erros. Resolución do 6 de outubro de 2021 pola que se conceden as axudas do programa Conecta hubs, orientado a proxectos colaborativos nas áreas estratéxicas dos hubs de innovación dixital que permitan avanzar na súa especialización e consolidación dentro do marco da RIS3 Galicia, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder) dentro do programa operativo Feder Galicia 2014-2020 (DOG nº 206 do 26 de outubro de 2021).
Resolución do 18 de xullo de 2022 pola que se modifica a Resolución do 25 de xaneiro de 2021, pola que se establecen as bases reguladoras e se realiza a convocatoria para o ano 2021 das axudas para proxectos colaborativos nas áreas estratéxicas dos hubs de innovación dixital que permitan avanzar na súa especialización e consolidación dentro do marco da RIS3 Galicia (programa Conecta Hubs), cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder) dentro do programa operativo Feder Galicia 2014-2020 (DOG nº 145 do 1 de agosto de 2022).
Prazo de presentación: PECHADO
16/02/2021 00:00 - 22/04/2021 23:59
O prazo de presentación de solicitudes por parte do líder da agrupación comenzará desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia e permanecerá aberto 45 días hábiles.
Solicitude segundo o Anexo II.
1. Documentación Económica-Administrativa .
- Declaración de conformidade de participación no proxecto e autorización a favor do representante da agrupación (anexo III).
- Modelo de autorización das persoas socias mancomunadas a favor do representante da entidade solicitante, no caso de poder mancomunado (anexo IV).
- Modelo de comprobación de datos das persoas socias mancomunadas, no caso de poder mancomunado (anexo V).
- Modelo de comprobación de datos do equipo investigador (anexo VI).
- Declaración responsable relativa á condición de peme, no caso que sexa de aplicación (anexo VII).
- Copia da resolución de concesión, no caso de ter concedida algunha axuda para a mesma finalidade ou os mesmos custos ou unha axuda de minimis.
- Acordo regulador da agrupación debidamente asinado por todos os membros (para presentar polo líder).
- Contrato/s subscrito/s de subcontratación, no caso en que sexa necesario.
- Poder da persoa representante que presenta a solicitude, inscrito no rexistro competente, no caso de apoderados/as de entidades mercantís distintos de administración única, administración solidaria ou mancomunada, ou tamén o cargo de conselleiro/a delegado/a.
2. Documentación técnica.
- Currículos do equipo investigador do proxecto.
- Memoria de actuación na que se detallen as actividades a realizar segundo o índice do anexo XI, (para presentar polo líder).
Comprobación de datos .
Os documentos relacionados serán obxecto de consulta ás administracións públicas. No caso de que as persoas interesadas se opoñan a esta consulta, deberán indicalo no recadro correspondente do Anexo II e achegar unha copia dos documentos.
- DNI/NIE da persoa representante.
- Certificado de estar ao día do pagamento coa Seguridade Social.
- Certificado de estar ao día no pagamento das débedas coa Administración pública da comunidade autónoma.
- Consulta de inhabilitacións para obter subvencións e axudas.
- Consulta de concesións de subvencións e axudas.
- Consulta de concesións pola regra minimis.
- Poder do representante que presenta a solicitude inscrito no rexistro competente.
CONSENTIMENTO PARA A COMPROBACIÓN DE DATOS . A persoa interesada autoriza a consulta a outras administracións públicas dos seguintes datos. De non autorizar a consulta, deberá achegar o documento correspondente.
- NIF da entidade solicitante.
- Certificado de estar ao día no pagamento de obrigas tributarias coa AEAT.
- Comprobación de datos das persoas socias mancomunadas (Anexo V)
- Solicitude (Anexo II)
- Declaración de conformidade de participación no proxecto e autorización a favor do representante da agrupación (Anexo III)
- Comprobación de datos do equipo investigador (Anexo VI)
- Declaración responsable relativa á condición de peme (Anexo VII)
Máis información
Localice o procedemento ou servizo na guía de procedementos e servizos, consulte a información do trámite e revise a documentación obrigatoria para presentar a solicitude que figura na pestana "Presentación" no apartado "Documentación para a presentación".
No apartado "Anexos asociados" ten dispoñibles modelos en formato PDF para aqueles documentos para os que se precisan. Se os necesita:
- Primeiro descargue no seu equipo os modelos PDF (asegúrese de que están descargados, non abertos no navegador).
- A continuación cubra os modelos. Se algunha táboa ten filas e non son suficientes pode engadilas nese documento descargado.
- Por último garde ou imprima en versión PDF un arquivo electrónico de cada modelo cuberto.
- Asine o documento, se así se require.
- Para finalizar anexe o modelo ou modelos en PDF na súa presentación.
No caso de que o procedemento non figure na guía, poderá empregar a solicitude xenérica.
Prema en "Tramitar en liña" para iniciar o trámite electrónico.
Identifíquese empregando un certificado electrónico ou Chave365.
Agora xa está dentro do seu espazo persoal "A miña sede".
Cubra o formulario e lembre que pode gardalo para recuperalo máis adiante desde o apartado "Os meus borradores" de "A miña sede".
Cando o teña cuberto, prema en "Continuar".
Anexe a documentación que queira presentar xunto co formulario. Inclúa os modelos cubertos no paso 1.
Pode consultar como enviar ficheiros que non teñen o tamaño ou o formato aceptados por esta sede.
Asine o formulario e a documentación que quere entregar.
Pode facelo cun certificado electrónico empregando a aplicación Autofirma ou, se emprega Chave365, coa clave de sinatura que recibirá no seu móbil.
Descargue o xustificante da presentación.
Poderá tamén acceder a este documento desde o apartado "Os meus expedientes" de "A miña sede".
Consulte como proceder cos documentos de gran tamaño e en distintos formatos
Revise a documentación obrigatoria para o trámite que vai realizar na ficha do procedemento na Guía de procedementos e servizos.
Lembre que este servizo soamente estará disponible desde o espazo "A miña sede" da sede electrónica e naqueles procedementos que teñan habilitados trámites electrónicos posteriores á solicitude cando así o estableza a súa norma reguladora.
Prepare os arquivos electrónicos necesarios e comprobe que utiliza formatos compatibles coa sede: .bmp, .ce3, .cex, .csv, .cte, .dbf, .doc, .docx, .dwg, .dxfn, .hexhash, .inp, .jpg, .ods, .odt, .pd2, .pdf, .pdl, .png, .prj, .shp, .shx, .tiff, .txt, .xls, .xlsx, .xml, .tgd, .kmz, .kml e .gpx
O tamaño máximo do conxunto de documentos achegados a unha presentación en esta sede é de 100 MB, e non se admiten arquivos comprimidos.
Comprobe o tamaño total do conxunto de documentos que precisa achegar:
- Se é inferior a 100 MB pode achegar todos os documentos á solicitude
- Se é superior a 100 MB separe os arquivos de máis de 100 MB, agrupe o resto en subconxuntos de documentos que non superen os 100 MB e proceda segundo os seguintes pasos
- Presente a solicitude achegando un subconxunto de documentos de menos de 100 MB.
- Repita o trámite de achega de documentación separada da solicitude para cada un dos subconxuntos restantes de documentos, seguindo estes pasos:
- Unha vez finalizada a presentación acceda ao apartado "Os meus expedientes" de "A miña sede", seleccione o expediente da solicitude que acaba de realizar, pulse na opción "Accións" e seleccione "Achega de documentación separada da solicitude".
- Cubra o formulario e pulse en "continuar"
- Achegue o seguinte subconxunto de documentos
- Asine e complete a achega de documentación separada
- Repita este proceso para cada subconxunto de documentos de menos de 100 MB
Se algún arquivo supera individualmente os 100 MB:
- Proceda segundo se explica nos pasos anteriores para o resto de arquivos
- Descargue no seu equipo o modelo xenérico para a achega de documentación separada
- Cubra o modelo, indicando o expediente ou número de rexistro de entrada da solicitude electrónica realizada e a unidade responsable do procedemento
- Imprima o modelo e presénteo de forma presencial, xunto coa documentación en formato físico -CD, DVD, USB-, en calquera das oficinas de rexistro
Prazo de resolución:
Cinco meses
Sentido do silencio:
Negativo
- Fase de xustificación
- Declaración da dedicación do persoal ao proxecto (Anexo XIII)
Máis información
Consulte como responder a un requirimento de emenda de documentación
Revise a documentación obrigatoria para o trámite que vai realizar na ficha do procedemento na Guía de procedementos e servizos. Na pestana "Presentación", no apartado "Documentación para a presentación" figura o listado de documentos requiridos para a presentación. No apartado "Anexos asociados" ten dispoñibles os modelos en formato .pdf para aqueles documentos para os que se precisan.
Descargue no seu equipo os modelos que deba presentar e cúbraos. Garde ou imprima a un arquivo electrónico cada modelo cuberto para anexalo posteriormente na presentación.
Acceda ao seu espazo persoal "A miña sede". Identifíquese empregando un certificado electrónico ou Chave365. Busque o expediente relacionado co requirimento e seleccione no menú "Acción" da dereita a opción "Emenda ao requirimento".
* No caso de que o expediente non apareza no seu espazo persoal, ou a opción "Emenda ao requirimento" non estivese dispoñible para ese expediente, poderá realizar electronicamente a emenda utilizando a solicitude xenérica.
Cubra o formulario indicando os datos ou documentos achegados para a emenda.
Anexe os documentos que queira presentar. Inclúa os modelos cubertos no paso 1.
Asine o formulario e os documentos que vai entregar para a emenda.
Pode facelo con certificado electrónico utilizando a aplicación Autofirma ou, se emprega Chave365, coa clave de sinatura que recibirá nunha mensaxe no seu móbil.
Descargue o xustificante de presentación da emenda.
Poderá acceder en calquera momento aos seus xustificantes electrónicos desde o seu espazo persoal "A miña sede".
Coñeza como achegar documentación xustificativa a un expediente en curso
Revise a documentación obrigatoria para o trámite que vai realizar na ficha do procedemento na Guía de procedementos e servizos.
Na pestana "Despois da presentación", no apartado "Xustificación" figura o listado de documentos requiridos para a xustificación. No apartado "Anexos asociados" ten dispoñibles os modelos en formato .pdf para aqueles documentos para os que se precisan.
Descargue no seu equipo os modelos que deba presentar e cúbraos.
Garde ou imprima a un arquivo electrónico cada modelo cuberto para anexalo posteriormente na presentación.
Acceda ao seu espazo persoal "A miña sede".
Identifíquese empregando un certificado electrónico ou Chave365.
Busque o expediente para o que precisa achegar documentación xustificativa. No menú "Acción" que aparece á dereita seleccione a opción "Achega de documentación xustificativa".
* No caso de que o expediente non apareza no seu espazo persoal, ou a opción "Achega de documentación xustificativa" non estivese dispoñible para ese expediente, poderá realizar electronicamente a xustificación utilizando a solicitude xenérica.
Cubra o formulario.
Indique os documentos que achega para a xustificación.
Anexe os documentos que queira presentar para a xustificación. Inclúa os modelos cubertos no paso 1.
Asine o formulario e os documentos que vai entregar para a xustificación.
Pode facelo con certificado electrónico utilizando a aplicación Autofirma ou, se emprega Chave365, coa clave de sinatura que recibirá nunha mensaxe no seu móbil.
Descargue o xustificante de presentación da xustificación.
Poderá acceder en calquera momento aos seus xustificantes electrónicos desde o seu espazo persoal "A miña sede".
Todos os seus expedientes, presentacións e borradores en "A miña sede"
Para xestionar os seus expedientes o primeiro que debe facer é acceder o seu espazo persoal premendo en "A miña sede" e, a continuación, identificarse empregando calquera dos certificados admitidos nesta sede ou Chave365.
Poderá ver na súa bandexa de entrada os seus últimos expedientes, presentacións e borradores.
Verá en pantalla información detallada de cada expediente ou presentación (número de expediente/rexistro, código e nome do procedemento etc.).
Se desexa ver todos os seus expedientes e presentacións, prema no botón "Ver todos/Buscar".
Ao acceder á pantalla de busca, pode buscar expedientes ou borradores por distintos criterios ou localizalos directamente se coñece o código de acceso.
Poderá realizar accións concretas sobre un expediente (achegar documentación adicional, mellorar unha solicitude, modificar os seus datos de notificación etc.) desde:
- A bandexa de entrada dos seus últimos expedientes, presentacións e borradores, premendo o botón "Acción" da columna "Que podo facer?"
- O detalle do expediente electrónico, premendo directamente nas accións dispoñibles da columna "Que podo facer?"