Guía de procedementos e servizos
Ir á sección pai
Detalle procedemento
IN848G
Axudas para Vinnovate Galicia
Procedemento dirixido a: Empresas e profesionais
Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional
Axudas para financiar a participación galega nos proxectos colaborativos interrexionais no marco da terceira convocatoria do mecanismo VInnovate da Vanguard Initiative.
1. Poderán ser entidades beneficiarias das axudas desta resolución os organismos de investigación e empresas, nos termos previstos no artigo 8.3 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia (en diante, Lei 9/2007, do 13 de xuño), que realicen proxectos de desenvolvemento experimental en colaboración. As empresas poderán ser pequenas, medianas ou grandes, segundo as definicións contidas no anexo II (números 19 e 20). As entidades beneficiarias non poden estar vinculadas entre si, e deberán contar cun centro de traballo permanente legalmente constituído en Galicia.
Os organismos de investigación que, ademais de actividades non económicas, realicen tamén actividades económicas, deberán consignar por separado o financiamento, os custos e os ingresos respectivos. No caso en que non sexa posible distinguir ambas as actividades, o organismo terá a consideración de empresa para os efectos destas axudas e as súas intensidades máximas.
2. Ao abeiro desta resolución, consideraranse organismos de investigación:
– Os centros tecnolóxicos e de apoio á innovación tecnolóxica de Galicia.
– As universidades do Sistema universitario galego.
– Os centros en Galicia do Consello Superior de Investigacións Científicas.
– As fundacións de investigación sanitaria de Galicia.
– Outros organismos de investigación de Galicia que teñan definida nos seus estatutos a I+D como actividade principal.
3. Non poderán acceder á condición de beneficiarias as persoas ou entidades en que concorra algunha das prohibicións recollidas no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, nin as empresas en crise, nin aquelas que están suxeitas a unha orde de recuperación pendente tras unha decisión previa da Comisión Europea que declarase unha axuda ilegal e incompatible co mercado común. A Axencia Galega de Innovación realizará as comprobacións necesarias para verificar que non se cumpren as condicións establecidas no artigo 2.18 do Regulamento (UE) número 651/2014, do 17 de xuño, da Comisión Europea, para considerar unha empresa en crise.
Non poderán obter a condición de entidades beneficiarias as empresas que incumpran os requisitos establecidos no artigo 13 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións (en diante, Lei 38/2003, do 17 de novembro). En particular, non poderán obter a condición de entidade beneficiaria aquelas empresas que incumpran os prazos de pagamento a que se refire o artigo 13.3.bis da dita Lei xeral de subvencións.
De conformidade co disposto no artigo 13.3.bis da Lei 38/2003, do 17 de novembro, no caso de subvencións de importe superior a 30.000 euros, non poderán ser beneficiarias as entidades, distintas ás entidades de dereito público, con ánimo de lucro, suxeitas á Lei 3/2004, do 29 de decembro, pola que se establecen medidas de loita contra a morosidade nas operacións comerciais, que incumpran os prazos de pagamento previstos nesa lei.
4. Todas as entidades que forman parte da participación galega do consorcio e que obteñan axuda terán a consideración de entidades beneficiarias e deberán cumprir as súas obrigas como tales. Tanto na solicitude como na resolución de concesión deberán constar, de xeito expreso, os compromisos de execución asumidos por cada membro da agrupación galega, así como o importe da subvención que se vai aplicar por cada un deles. A concesión da axuda será efectuada a cada unha das entidades galegas participantes.
5. No caso de que algunha das entidades beneficiarias sexa unha entidade que pertenza ao ámbito subxectivo de aplicación da normativa do sector público, deberá respectar toda a normativa que rexe as actuacións das entidades do sector público e, de xeito particular, a normativa de contratación pública nas actuacións e servizos obxecto da axuda contratados con provedores externos.
Xunta de Galicia
Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional
Axencia Galega de Innovación (GAIN)
Rúa Airas Nunes, s/n
15702 Santiago de Compostela (Coruña, A)
Teléfono: 981 957 303
Email: gain@xunta.gal
Prazo de presentación: ABERTO
18/09/2026 00:00 - 19/10/2026 23:59
O prazo de presentación de solicitudes das entidades galegas participantes en proxectos VInnovate validados polo Secretariado de VInnovate á Axencia Galega de Innovación, comezará o día seguinte ao da publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia e rematará o 19 de outubro de 2026, debendo cumprirse o prazo mínimo dun mes.
Solicitudes
1. Cada consorcio interrexional presentará o formulario de adecuación da proposta ao Secretariado de VInnovate a través do correo electrónico vinnovate@s3vanguardinitiative.eu, que será enviado polo coordinador do proxecto interrexional, segundo se indica no artigo 18.
Unha vez que o proxecto interrexional conte coa conformidade do secretariado de VInnovate, todos os solicitantes galegos presentarán o anexo I (Solicitude), xunto co resto de anexos indicados nesta convocatoria para a fase de solicitude, na sede electrónica da Xunta de Galicia.
2. Pola súa natureza de proxecto colaborativo, cada membro da parte galega do consorcio, agás o líder, presentará a súa solicitude expresando claramente o título do proxecto e a información que figura no anexo I. Esta presentación dará lugar a un número de rexistro que deberá facilitar á entidade galega líder. Posteriormente, a entidade líder da parte galega do consorcio presentará a súa solicitude. Para os efectos da presentación da solicitude de proxecto, só se terá en conta a data de presentación da solicitude da empresa líder da parte galega do consorcio, sendo esta a súa responsabilidade, polo que se considerarán inadmitidas as solicitudes que non teñan a presentación do líder da parte galega do consorcio.
3. Os datos de contacto das solicitudes, en concreto o enderezo postal, o enderezo electrónico e o teléfono, consideraranse os únicos válidos para os efectos de notificacións.
4. As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal.
De conformidade co artigo 68.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, se algunha das entidades interesadas presenta a súa solicitude de xeito presencial, será requirida para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela en que sexa realizada a emenda.
Para a presentación electrónica das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).
Documentación complementaria
1. As persoas interesadas deberán achegar, xunto coa solicitude, a seguinte documentación:
a) Documentación xurídico-administrativa.
1º. Contrato/s de subcontratación subscrito/s con organismo/s e/ou empresa/s debidamente asinados por ambas as partes nos supostos en que o importe da subcontratación supere os 60.000 euros e que o dito importe exceda o 20 % da axuda concedida.
2º. Anexo de comprobación de datos das persoas representantes mancomunadas, no caso de representación mancomunada (anexo III). Se é o caso, autorización das persoas socias mancomunadas a favor da persoa representante da entidade solicitante (anexo IV).
3º. Anexo de declaración de información relativa á condición de peme (anexo VIII). A Axencia Galega de Innovación utilizará os medios que considere oportunos para a súa verificación e requiriralle ao solicitante, se for necesario, os documentos pertinentes.
4º. Anexo de comprobación de datos do equipo investigador (anexo V).
5º. A empresa líder da parte galega do consorcio presentará o acordo de consorcio interrexional, incluíndo o anexo do acordo específico da parte galega asinado polas entidades galegas participantes, co contido mínimo sinalado no artigo 5 desta resolución.
6º. Memoria xustificativa do cumprimento do principio DNSH conforme o Regulamento (UE) 2020/852, do 18 de xuño de 2020, relativo ao establecemento dun marco para facilitar os investimentos sustentables e polo que se modifica o Regulamento (UE) 2019/2088, segundo se detalla no anexo X desta convocatoria.
7º. Declaración responsable do cumprimento do principio de non causar prexuízo significativo ao ambiente (principio Do no significant harm-DNSH) (anexo XI).
8º. No caso das empresas, a acreditación sobre o cumprimento dos prazos de pagamento a provedores, de conformidade co previsto no artigo 13.3.bis da Lei 38/2003, do 17 de novembro:
A. Para sociedades que, de acordo coa normativa contable, poidan presentar conta de perdas e ganancias abreviada, declaración responsable do cumprimento dos prazos de pagamento previstos na Lei 3/2004, do 29 de decembro, pola que se establecen medidas de loita contra a morosidade nas operacións comerciais.
B. Para aquelas sociedades que, de acordo coa normativa contable, non poidan presentar conta de perdas e ganancias abreviada, certificación emitida por auditor/a rexistrado/a no Rexistro Oficial de Auditores de Contas do cumprimento dos prazos de pagamento previstos na Lei 3/2004, do 29 de decembro, pola que se establecen medidas de loita contra a morosidade nas operacións comerciais.
As empresas incluídas na epígrafe A poderán acreditar tamén a devandita circunstancia por algún dos medios de proba previstos na alínea b) do artigo 13.3.bis da Lei 38/2003, do 17 de novembro, e con suxeición á súa regulación.
9º. Poder da persoa representante que presenta a solicitude, verificado por letrado/a da Xunta de Galicia no caso de non estar inscrito no Rexistro Electrónico Xeral de Apoderamentos de Galicia (REAG).
10º. A comunicación de conformidade do Secretariado de VInnovate en resposta ao formulario de adecuación da proposta interrexional (Project Fit Form).
11º. O cuestionario de cumprimento co Regulamento STEP (UE) nº 2024/795, que estará dispoñible na sede electrónica.
b) Documentación técnica:
1º. Memoria técnica, en idioma galego ou castelán, segundo o índice que se inclúe como anexo IX (en formato pdf), que presentará o líder da parte galega do consorcio. Nesta memoria debe incluírse a información detallada sobre o persoal das entidades galegas dedicado ao proxecto: identificación do persoal propio da entidade, actividades que desenvolverá, porcentaxe de dedicación ao proxecto e motivación desta porcentaxe. Respecto do persoal de nova contratación, indicaranse o seu perfil e a duración do seu contrato. No referido aos custos de equipamento, deberá xustificarse na memoria a vida útil do equipamento e material instrumental de nova adquisición e o procedemento seguido para calcular os custos de amortización. Así mesmo, debe incluír tamén a coherencia do proxecto e as actividades de todos os socios cos criterios de priorización: excelencia, implementación e impacto.
De posuír máis información sobre a participación dos outros participantes do consorcio interrexional, poderase presentar como anexo en inglés.
2º. Currículos redactados en formato libre de todos os membros do equipo humano asignado ao proxecto por parte de cada membro da parte galega da agrupación.
3º. Plan de comunicación e difusión do proxecto galego.
As entidades beneficiarias galegas deberán realizar un plan de comunicación e difusión dos seus resultados no proxecto interrexional para compartir aqueles non suxeitos a confidencialidade co ecosistema de I+D, coa sociedade e coas administracións, e maximizar así o seu impacto. Este plan deberá presentalo o líder da parte galega do proxecto e incluirá as actividades que debe realizar cada entidade beneficiaria galega en cada unha das anualidades.
Este plan de comunicación debe describir os obxectivos previstos, as actividades de comunicación propostas, os indicadores para medir os resultados destas e o público a que van dirixidas (comunidade científica, usuarios finais, sociedade en xeral...).
As accións de comunicación deben estenderse ao longo de toda a vida do proxecto, estar estratexicamente planificadas, con obxectivos claros e medibles, e ser proporcionais á escala do proxecto galego. Cómpre xustificar por que cada medida elixida é a máis adecuada para o público obxectivo a que vai dirixida.
As actividades de comunicación e difusión poden consistir na realización ou participación en eventos, xornadas; publicación en plataformas, web e redes sociais; elaboración de folletos, carteis ou vídeos; boletíns periódicos/novas e comunicados de prensa, entre outras. Porase de manifesto o apoio da Unión Europea e da Axencia Galega de Innovación nas actuacións do proxecto galego, mencionando expresamente estes apoios e amosando os logotipos destas entidades en todos os materiais empregados.
As actividades de difusión e comunicación que impliquen formación non serán subvencionables, así como as axudas de custo e viaxes.
Ao tratarse de subvencións cofinanciadas con fondos da Unión Europea, todas as actividades do plan deberán respectar o disposto no artigo 50 e no anexo IX do Regulamento (UE) nº 2021/1060 do Parlamento Europeo e do Consello, do 24 de xuño, e no documento «O uso do emblema europeo no contexto dos programas da UE 2021-2027».
2. De conformidade co artigo 28.3 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, non será necesario achegar os documentos que xa foron presentados anteriormente pola persoa interesada ante calquera Administración. Neste caso, a persoa interesada deberá indicar en que momento e ante que órgano administrativo presentou os ditos documentos, que serán recadados electronicamente a través das redes corporativas ou mediante consulta ás plataformas de intermediación de datos ou outros sistemas electrónicos habilitados para o efecto, agás que conste no procedemento a oposición expresa da persoa interesada.
De xeito excepcional, se non se poden obter os citados documentos, poderáselle solicitar novamente á persoa interesada que os achegue.
3. A documentación complementaria deberá presentarse electronicamente.
Se algunha das persoas interesadas presenta documentación complementaria presencialmente, será requirida para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase data de presentación aquela en que sexa realizada a emenda.
As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, cando a relevancia do documento no procedemento o exixa ou existan dúbidas derivadas da calidade da copia, a Administración poderá solicitar de maneira motivada o cotexo das copias achegadas pola persoa interesada, para o cal poderá requirir a exhibición do documento ou da información orixinal.
4. Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude, deberanse indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente, se se dispón del.
5. No caso de que algún dos documentos que se presente de forma electrónica supere os tamaños máximos establecidos ou teña un formato non admitido pola sede electrónica da Xunta de Galicia, permitirase a presentación deste de forma presencial dentro dos prazos previstos e na forma indicada no número anterior. A información actualizada sobre o tamaño máximo e os formatos admitidos pode consultarse na sede electrónica da Xunta de Galicia.
Comprobación de datos
1. Para a tramitación deste procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos en poder da Administración actuante ou elaborados polas administracións públicas, agás que a persoa interesada se opoña á súa consulta:
a) Certificados de estar ao día nas seguintes obrigas: Axencia Estatal da Administración Tributaria, Tesouraría Xeral da Seguridade Social e Administración da Comunidade Autónoma de Galicia.
b) NIF da entidade solicitante.
c) De ser o caso, NIF da entidade representante.
d) DNI/NIE da persoa representante da entidade solicitante ou representante.
e) DNI/NIE das persoas representantes mancomunadas. No caso de entidades representada por unha persoa xurídica, comprobarase o NIF desta.
f) DNI/NIE das persoas do equipo investigador.
g) Títulos oficiais universitarios e títulos oficiais non universitarios das persoas que forman parte do equipo investigador.
h) Consulta de vida laboral (TXSS) dos últimos 12 meses das persoas que forman parte do equipo investigador.
i) Consulta de inhabilitacións para obter subvencións e axudas.
j) Consulta de concesións de subvencións e axudas.
Consultaranse, ademais, os seguintes datos cando a persoa interesada faga constar na solicitude que lle é de aplicación a circunstancia que acredita o documento correspondente: certificado do grao de discapacidade das persoas que forman parte do equipo investigador.
2. No caso de que as persoas interesadas se opoñan a esta consulta, deberán indicalo no recadro correspondente habilitado no formulario de solicitude (anexo I) e nos anexos III e V, segundo corresponda, e presentar os devanditos documentos.
Cando o exixa a normativa aplicable, solicitarase o consentimento expreso da persoa interesada para realizar a consulta.
3. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilite a obtención dos citados datos, poderase solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.
Trámites administrativos posteriores á presentación das solicitudes
Todos os trámites administrativos que as persoas interesadas deban realizar tras a presentación da solicitude deberán ser efectuados electronicamente accedendo á Carpeta cidadá da persoa interesada dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.
- Fase de Solicitude
- Autorización das persoas socias mancomunadas a favor da persoa representante da entidade solicitante (Anexo IV)
- Definicións (Anexo II)
- Comprobación de datos do equipo investigador (anexo V)
- Índice da memoria técnica (Anexo IX)
- Comprobación de datos das persoas representantes mancomunadas (Anexo III)
- Memoria Xustificativa do cumprimento do principio de non causar prexuízo significativo ao medio ambiente (DNSH) (Anexo X)
- Declaración responsable do cumprimento do principio de non causar prexuízo significativo ao medio ambiente (Principio “DO NO SIGNIFICANT HARM”– DNSH). (Anexo XI)
- Retos e prioridades da RIS3 para Galicia no período 2021-2027 (Anexo XII)
- Comprobación de datos do equipo investigador (Anexo V)
- Informe de revisión de memoria económica que realizará o auditor (Anexo XIII)
Prazo de resolución:
O prazo máximo para resolver e notificar a resolución ás entidades interesadas será o 15 de decembro de 2026.
Sentido do silencio:
Negativo
Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"
-
Ámbito Autonómico
-
Resolución do 10 de setembro de 2026 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión das axudas VInnovate Galicia ao abeiro da terceira convocatoria do mecanismo de financiamento interrexional VInnovate, cofinanciadas pola Unión Europea no marco do programa Galicia Feder 2021-2027, e se procede á súa convocatoria para o ano 2026 (DOG nº 177 do 17 de setembro de 2026).
-
Extracto da Resolución do 10 de setembro de 2026 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión das axudas VInnovate Galicia ao abeiro da terceira convocatoria do mecanismo de financiamento interrexional VInnovate, cofinanciadas pola Unión Europea no marco do programa Galicia Feder 2021-2027, e se procede á súa convocatoria para o ano 2026 (DOG nº 177 do 17 de setembro de 2026).
-
Outros procedementos relacionados
Axudas a servizos modulares de asesoramento especializado a empresas galegas prestados por entidades colaboradoras (Programa Re-acciona), cofinanciadas pola Unión Europea no marco do Programa Galicia Feder 2021-2027
Prazo aberto: 26/01/2026 09:00 - 16/11/2026 14:00
Rexistro de posta en servizo de guindastre torre para obras ou outras aplicacións.
Aberto todo o ano
Inscrición no rexistro dos centros de cría, subministradores e usuarios de animais de experimentación.
Aberto todo o ano
Inscrición no rexistro de plans de autoprotección da Comunidade Autónoma de Galicia.
Aberto todo o ano