Guía de procedementos e servizos

IN848E

Axudas ao deseño para a mellora da capacidade de innovación e sustentabilidade das empresas en Galicia

Procedemento dirixido a: Empresas e profesionais

Convocatoria 2021 - Prazo pechado: 03/07/2021 00:00 - 02/08/2021 23:59

Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

1. Esta resolución ten por obxecto aprobar as bases polas que se rexerá a concesión das axudas da Axencia Galega de Innovación dirixidas ás microempresas, pequenas e medianas empresas, destinadas ao financiamento de actividades de deseño, para a mellora das capacidades de innovación e sustentabilidade das empresas en Galicia, a través do impulso da xestión do deseño estratéxico de produtos, servizos e marcas e identidades corporativas, aliñados coas prioridades establecidas na RIS3 para Galicia (Programa DeseñaPeme). Código de procedemento IN848E.

2. O obxectivo destas é incorporar o deseño estratéxico nas pemes beneficiarias, é dicir, os seus procesos e o pensamento creativo propio do deseño, na xestión do negocio. Esta convocatoria de axudas será unha ferramenta para facilitar o obxectivo de mellorar a posición das empresas, e fomentar entre elas a adopción do deseño no marco empresarial como un valor estratéxico, que proporciona innovación aos produtos e aos servizos, aos soportes en que estes se presentan ao mercado, e que contribúe a fixar unha imaxe das empresas diferenciada e moderna, nun contorno cada vez máis competitivo e globalizado.

Nestas axudas diferéncianse tres ámbitos do deseño segundo o tipo de proxecto a poñer en marcha nas empresas beneficiarias:

1.1. Deseño de produto.

1.2. Deseño de servizos/experiencias.

1.3. Deseño de marca e identidade corporativa.

As axudas relativas aos puntos 1.1 e 1.2 teñen como obxectivo que as pemes implanten un método para a xestión do deseño de novos produtos, servizos e experiencias como unha parte máis da xestión empresarial, co fin de garantir un maior grao de eficacia para as empresas na súa relación co mercado, e dotar a esta de maiores trazos de innovación, sustentabilidade, diferenciación e adaptación ao usuario.

A axuda relativa ao punto 1.3, ten como obxectivo que as pemes implanten o uso de metodoloxías que favorecen a xestión da identidade e as marcas das empresas, entre as que o adecuado uso do deseño cobra importancia, debido a que contribúe a que o público obxectivo recoñeza adecuadamente ás empresas, os seus valores e as súas estratexias de posicionamento e comunicación sobre as que a identidade corporativa e as marcas se constrúen.

No artigo 5 desta Resolución inclúese o detalle dos requisitos que deberán cumprir os proxectos en cada un dos ámbitos de deseño.

3. Así mesmo, por medio desta resolución, convócanse as devanditas axudas para o ano 2021 en réxime de concorrencia competitiva (código procedemento IN848E), que se axustan ás axudas concedidas no marco da presente resolución ao establecido no Regulamento (UE) nº 651/2014.

As microempresas, pequenas e medianas empresas.

Obrigas dos beneficiarios.

Sen prexuízo das demais obrigas que resulten do artigo 11 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, así como daqueloutras específicas que se indican nesta convocatoria, os beneficiarios das subvencións concedidas ao abeiro desta resolución quedan obrigados a:

a) Realizar a actividade que fundamenta a concesión da subvención, e acreditalo ante o órgano concedente, así como o cumprimento dos requisitos, prazos e condicións establecidos nas normas reguladoras, na convocatoria e na resolución de concesión ou documento no que se establecen as condicións de axuda.

b) Xustificar ante a Axencia Galega de Innovación, de acordo co previsto nestas bases de convocatoria e na normativa reguladora de subvencións, o cumprimento dos requisitos e condicións, a realización da actividade e dos gastos subvencionables e o cumprimento da finalidade que determinan a concesión e desfrute da subvención.

c) Proceder ao reintegro, total ou parcial, da subvención percibida no suposto de incumprimento das condicións establecidas para a súa concesión e no resto de casos previstos na Lei 9/2007.

d) Subministrar á Administración, logo de requirimento, toda a información necesaria para o cumprimento das obrigas previstas na Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno.

e) Someterse ás actuacións de comprobación que deba efectuar o órgano concedente, ás de control financeiro que correspondan á Intervención Xeral da Comunidade Autónoma en relación coa subvención concedida, ás previstas na lexislación do Tribunal de Contas e do Consello de Contas.

f) Comunicar á Axencia Galega de Innovación a obtención de subvencións, axudas, ingresos ou recursos que financien as actividades subvencionadas. Esta comunicación deberá efectuarse tan pronto como se coñeza e, en todo caso, con anterioridade á xustificación da aplicación dada aos fondos percibidos.

g) Desenvolver as actividades do proxecto de deseño na Comunidade Autónoma de Galicia.

h) Solicitarlle á Axencia Galega de Innovación autorización para realizar aquelas modificacións no desenvolvemento das actuacións aprobados que estean suxeitas á previa autorización. A realización de modificacións non autorizadas no orzamento financiable suporá a non admisión das cantidades desviadas.

i) Facilitar cantos datos resulten necesarios para a avaliación do instrumento no marco da avaliación da RIS3 Galicia ou outros instrumentos relacionados coa medición da innovación.

No marco do Plan de avaliación da RIS3 Galicia, desenvolverase un seguimento específico das axudas concedidas. Este seguimento estará baseado na recompilación de información acerca dos resultados económicos e técnicos obtidos polas entidades beneficiarias, así como o seu nivel de satisfacción co apoio recibido.

j) Asistir a unha xornada formativa impartida pola Axencia Galega de Innovación sobre as obrigas desta axuda e outros aspectos relacionados cos obxectivos da Axencia para o cal será convocado expresamente con antelación. Á dita xornada deberá acudir, como mínimo, unha persoa pertencente á plantilla do beneficiario vinculada ás tarefas de deseño.

k) Calquera outra obriga imposta de maneira expresa aos beneficiarios na resolución de concesión ou no documento no que se establecen as condicións da axuda.

Xunta de Galicia

Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Axencia Galega de Innovación (GAIN)

Airas Nunes

15702  Santiago de Compostela  (Coruña, A)

Teléfono: 659372020/ 881999120

REAG

Axencia Galega de Innovación (GAIN)

Prazo de presentación: PECHADO

03/07/2021 00:00 - 02/08/2021 23:59

O prazo de presentación de solicitudes será dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia.

Entenderase como último día do prazo o correspondente ao día seguinte ao mesmo ordinal do día de publicación. Se o último día do prazo fora inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte e, se no mes de vencemento non houbere día equivalente ao inicial do cómputo, entenderse que o prazo expira o derradeiro día do mes.

1. Poderán ser beneficiarias destas axudas as microempresas, pequenas e medianas empresas, conforme as definicións contidas no artigo 2 desta resolución, con domicilio social ou un centro de traballo en Galicia, onde deberán desenvolver as actividades para as que se solicitan a axuda.

2. Os beneficiarios das axudas deberán contar con capacidade administrativa, financeira e operativa suficiente para a execución da axuda que se lles conceda, cuxas condicións se determinarán no documento que establece as condicións da axuda (DECA), conforme o disposto no artigo 20 da presente resolución.

3. Non poderán adquirir a condición de beneficiarios destas axudas:

a) As microempresas, pequenas e medianas empresas incluídas nalgunha das seguintes rúbricas da Clasificación nacional de actividades económicas-CNAE-2009:

– Sección J: información e comunicacións: quedan excluídas como beneficiarias as empresas das divisións 61: Telecomunicacións; 62: Programación, consultaría e outras actividades relacionadas coa informática; e 63: Servizos de información.

b) As asociacións, as fundacións e, en xeral, as entidades sen ánimo de lucro.

c) As entidades e sociedades públicas con personalidade xurídica propia vinculadas ou dependentes das administracións públicas, así como aquelas pertencentes á administración institucional, calquera que sexa a administración na que se integren.

d) Calquera ente, organismo ou entidade con personalidade xurídica propia, que se creasen especificamente para satisfacer necesidades de interese xeral que non teñan carácter industrial ou mercantil, sempre que un ou varios suxeitos pertencentes ao sector público financien maioritariamente a súa actividade, controlen a súa xestión, ou nomeen a máis da metade dos membros do seu órgano de administración, dirección ou vixilancia, de acordo co establecido no artigo 3.1 da Lei 9/2017, do 8 de novembro, de contratos do sector público.

e) As microempresas, pequenas e medianas empresas en crise conforme a definición contida no artigo 2.

f) As microempresas, pequenas e medianas empresas que están suxeitas a unha orde de recuperación pendente tras unha decisión previa da Comisión Europea declarase unha axuda ilegal e incompatible co mercado común.

g) As microempresas, pequenas e medianas empresas nas que concorra algunha das prohibicións recollidas no artigo 10 da Lei 9/2007.

Solicitudes.

1. As solicitudes presentaranse, obrigatoriamente, por medios electrónicos a través do formulario normalizado (anexo II) dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal

Se algunha das persoas interesadas presenta a documentación complementaria presencialmente, requiriráselle para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación aquela na que fose realizada a emenda.

As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, cando a relevancia do documento no procedemento o exixa ou existan dúbidas derivadas da calidade da copia, a Administración poderá solicitar de maneira motivada o cotexo das copias achegadas pola persoa interesada, para o que poderán requirir a exhibición do documento ou da información orixinal.

Para a presentación electrónica das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365. (https://sede.xunta.gal/chave365).

Documentación complementaria.

1. As persoas interesadas deberán achegar xunto coa solicitude (anexo II) a seguinte documentación:

a) Memoria técnica do Proxecto de deseño para a innovación e sustentabilidade proposto, que incluirá a desagregación do seu orzamento, segundo o guión-modelo que se inclúe como anexo III, dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal e páxina web da Axencia Galega de Innovación (http://gain.xunta.gal), na súa epígrafe de axudas. A non presentación da memoria técnica será causa de inadmisión da solicitude.

b) Aos efectos de determinar a condición de Peme:

• Documentación xustificativa da declaración completa do imposto sobre sociedades do último exercicio pechado; balance e conta de resultados do último exercicio pechado e informe de auditoría financeira, se procede. No caso de empresas de nova creación, previsión de balance e conta de resultados do primeiro ano de funcionamento.

• Documentación xustificativa para efectos de comprobación do número de empregados do solicitante, podendo ser esta o informe do número medio anual de traballadores en situación de alta ou calquera outro documento acreditativo emitido pola Seguridade Social.

• No caso de pequenas e medianas empresas asociadas ou vinculadas no capital ou nos dereitos de voto por outra ou outras, en contía igual ou superior ao 25 por 100, deberase achegar a seguinte documentación das empresas que participen na solicitante: escritura de constitución debidamente rexistrada e as súas posteriores modificacións, acreditación do número de persoas que ocupa a empresa, o volume de negocios e/ou un balance xeral anual que permita clasificar a empresa como «pequena ou mediana»; así como as relaciones de asociación ou vinculación no capital ou nos dereitos de voto que, en contía igual ou superior ao 25 por 100, puideran existir entre a empresa solicitante e outras empresas, de acordo cos criterios establecidos no anexo I do Regulamento (UE) 651/2014, da Comisión, do 17 de xuño de 2014, polo que se declaran determinadas categorías de axuda compatibles co mercado común en aplicación dos artigos 107 e 108 do TFUE.

Se estas empresas a súa vez estivesen participadas por outras empresas ou participasen en outras, igualmente, se deberá aportar de todas elas os documentos sinalados no parágrafo anterior.

No caso de non ter traballadores dados de alta no réxime xeral de seguridade social, se aportará documento acreditativo emitido por la Seguridade Social e declaración responsable do representante legal da entidade de non ter traballadores.

c) Certificación actualizada do Rexistro Mercantil, na que se especifique a data de constitución, o obxecto social, capital, sede social e clasificación CNAE. Poderase substituír o dito certificado pola presentación das escrituras de constitución da empresa solicitante e as súas modificacións posteriores debidamente rexistradas.

d) No caso de ter concedida algunha axuda para proxectos de I+D+i, copia da resolución de concesión das últimas tres anualidades.

De conformidade co artigo 28.3 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común, non será necesario achegar os documentos que xa foran presentados anteriormente pola persoa interesada ante calquera Administración. Neste caso, a persoa interesada deberá indicar en que momento e ante que órgano administrativo presentou os ditos documentos, que serán recabados electronicamente a través das redes corporativas ou mediante consulta ás plataformas de intermediación de datos ou outros sistemas electrónicos habilitados para o efecto, agás que conste no procedemento a oposición expresa da persoa interesada.

De forma excepcional, se non se puidesen obter os citados documentos, poderá solicitarse novamente á persoa interesada a súa achega.

2. A documentación complementaria deberá presentarse electrónicamente.

Se algunha das persoas interesadas presenta a documentación complementaria presencialmente, requiriráselle para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación aquela na que fose realizada a emenda.

As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, cando a relevancia do documento no procedemento o exixa ou existan dúbidas derivadas da calidade da copia, a Administración poderá solicitar de maneira motivada o cotexo das copias achegadas pola persoa interesada, para o que poderán requirir a exhibición do documento ou da información orixinal.

3. Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude (anexo II) deberase indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente se se dispón del.

4. No caso de que algún dos documentos que se vaian presentar de forma electrónica superase os tamaños máximos establecidos ou tivese un formato non admitido pola sede electrónica da Xunta de Galicia, permitirase a presentación deste de forma presencial dentro dos prazos previstos e na forma indicada no parágrafo anterior. A información actualizada sobre o tamaño máximo e os formatos admitidos pode consultarse na sede electrónica da Xunta de Galicia.

Comprobación de datos.

1. Para a tramitación deste procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos en poder da Administración actuante ou elaborados polas administracións públicas agás que a persoa interesada se opoña á súa consulta:

a) NIF da entidade solicitante.

b) NIF da entidade representante.

c) DNI/NIE da persoa representante que asine a solicitude.

d) Poder do representante que presenta a solicitude inscrito no rexistro competente.

e) Certificado de estar ao día nas obrigas tributarias coa AEAT.

f) Certificado de estar ao día no pagamento coa Seguridade Social.

g) Certificado de estar ao día no pagamento coa Consellería de Facenda.

h) Inhabilitacións para obter subvencións e axudas.

i) Concesións de subvencións e axudas.

2. No caso de que as persoas interesadas se opoñan a esta consulta, deberán indicalo no recadro correspondente habilitado no formulario de inicio e achegar os documentos.

Cando así o esixa a normativa aplicable solicitarase o consentimento expreso da persoa interesada para realizar a consulta.

3. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilite a obtención dos citados datos poderase solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.

4. A Axencia Galega de Innovación realizará as comprobacións documentadas necesarias para garantir que as empresas beneficiarias teñen a condición de peme, segundo a definición establecida pola Comisión Europea no anexo I do referido Regulamento (UE) nº 651/2014, e que non incorren en ningunha das circunstancias enumeradas no punto 3 do artigo 2 desta convocatoria, para considerar unha empresa en crise.

Trámites administrativos posteriores á presentación de solicitudes.

Todos os trámites administrativos que as persoas interesadas deban realizar tras a presentación da solicitude deberán ser efectuados electronicamente accedendo á Carpeta cidadá da persoa interesada dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.

Prazo de resolución:

Tres meses

Sentido do silencio:

Negativo

Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"

  • Ámbito Autonómico
    • Resolución do 28 de xuño de 2021 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva das axudas ao deseño, para a mellora da capacidade de innovación e sustentabilidade das empresas en Galicia, a través do impulso da xestión do deseño estratéxico de produtos, servizos, experiencias e marcas e identidades corporativas, enmarcados en prioridades estratéxicas da RIS3 e se procede á súa convocatoria para o ano 2021 (Programa DeseñaPeme) (DOG nº 125 do 2 de xullo de 2021).

    • Extracto da Resolución do 28 de xuño de 2021 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva das axudas ao deseño, para a mellora da capacidade de innovación e sustentabilidade das empresas en Galicia, a través do impulso da xestión do deseño estratéxico de produtos, servizos, experiencias e marcas e identidades corporativas, enmarcados en prioridades estratéxicas da RIS3 e se procede á súa convocatoria para o ano 2021 (Programa DeseñaPeme) (DOG nº 125 do 2 de xullo de 2021).

    • Resolución do 9 de novembro de 2021 pola que se modifican os prazos para a anualidade 2021 establecidos nos artigos 7 e 25 da Resolución do 28 de xuño de 2021 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva das axudas ao deseño, para a mellora da capacidade de innovación e sustentabilidade das empresas en Galicia, a través do impulso da xestión do deseño estratéxico de produtos, servizos, experiencias e marcas e identidades corporativas, enmarcados en prioridades estratéxicas da RIS3 e se procede á súa convocatoria para o ano 2021 (programa DeseñaPeme) (DOG nº 216 do 10 de novembro de 2021).

    • Resolución do 9 de novembro de 2021 pola que se adxudican as axudas ao deseño, para a mellora da capacidade de innovación e sustentabilidade das empresas en Galicia, a través do impulso da xestión do deseño estratéxico de produtos, servizos, experiencias e marcas e identidades corporativas, enmarcados en prioridades estratéxicas da RIS3 (programa DeseñaPeme), convocadas pola Resolución do 28 de xuño de 2021 (DOG nº 221 do 17 de novembro de 2021).

Outros procedementos relacionados

IG402A

Axudas a servizos modulares de asesoramento especializado a empresas galegas prestados por entidades colaboradoras (Programa Re-acciona), cofinanciadas pola Unión Europea no marco do Programa Galicia Feder 2021-2027

Prazo aberto: 21/01/2025 09:00 - 17/11/2025 14:00

IN608B

Rexistro de posta en servizo de guindastre torre para obras ou outras aplicacións.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

IN845A

Axudas para a consolidación e a estruturación das unidades de investigación competitivas nos centros tecnolóxicos consolidados de Galicia.

Tramitar en liña

Prazo aberto: 22/05/2025 00:00 - 23/06/2025 23:59

MR560B

Inscrición no rexistro dos centros de cría, subministradores e usuarios de animais de experimentación.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano