Guía de procedementos e servizos
Ir á sección pai
Detalle procedemento
IN848C
Emprego xuvenil innovador.
Procedemento dirixido a: Cidadáns
Este procedemento únicamente pode ser iniciado utilizando Internet Explorer.
Disculpe as molestias que poida ocasionarlle.
Esta resolución ten por obxecto aprobar as bases polas que se rexerá a concesión das axudas do Programa Principia da Axencia Galega de Innovación dirixidas ás empresas e organismos de investigación en Galicia, destinadas ao fomento da contratación durante un período mínimo dun ano de persoal técnico para a realización de actividades de I+D+i aliñadas coas prioridades establecidas na RIS3 para Galicia, co fin de favorecer a súa carreira profesional, así como estimular a demanda no sector público e privado de persoal suficientemente preparado para acometer proxectos de I+D+i.-
Actividades subvencionables.
1. Serán actividades subvencionables a contratación de persoas técnicas durante un período mínimo dun ano para a realización de actividades de I+D+i, coas seguintes características:
a) As actividades de I+D+i que realizarán as persoas contratadas deberán desenvolverse en centros de traballo da Comunidade Autónoma de Galicia e estarán aliñadas cos retos e coas prioridades estratéxicas establecidas na RIS3 para Galicia (anexo III).
b) O custo mínimo anual por cada persoa traballadora contratada, incluídos custos salariais e a Seguridade Social a cargo da empresa, será de 24.000 euros. Para os efectos destas axudas, non se considerarán custos salariais o importe da indemnización prevista polo artigo 49.1.c) do Estatuto dos traballadores, así como os incentivos e complementos extrasalariais que non formen parte da base de cotización.
c) O persoal contratado deberá cumprir as seguintes condicións:
- Ser menor de 35 anos no momento da contratación.
- Estar en posesión dun título medio ou superior (titulación de grao): licenciado, enxeñeiro, arquitecto, graduado, diplomado, enxeñeiro técnico ou arquitecto técnico.
- Non ter experiencia laboral superior a 12 meses na categoría profesional correspondente á súa titulación. Para o cómputo desta experiencia non se computarán as prácticas que formen parte dos currículos para a obtención das titulacións correspondentes, as prácticas non laborais e as bolsas.
- Non ter sido contratado, baixo calquera modalidade, ao longo do ano 2016 pola entidade solicitante.
2. A selección e contratación do persoal técnico, así como a determinación das súas condicións laborais e funcións serán competencia exclusiva da entidade solicitante. Esta asume a súa condición de empregadora respecto ao devandito persoal e o compromiso de cumprir a normativa laboral en materia de contratación.
Por medio desta resolución, convócanse as devanditas axudas para o ano 2016 en réxime de concorrencia competitiva.
a) As empresas con domicilio social ou un centro de traballo en Galicia.
b) Os organismos de investigación públicos ou privados galegos ou con centro de traballo en Galicia, tendo en conta que quedan obrigados a destinar a axuda recibida a usos relacionados con actividades non económicas e relativas a actuacións de I+D+i.
Xunta de Galicia
Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional
Axencia Galega de Innovación (GAIN)
Área de Xestión
Rúa Airas Nunes, s/n. CNTG (Conxo)
15781 Santiago de Compostela (Coruña, A)
Teléfono: 981957008 / 981957393
Fax: 981957007
Email: servizos.gain@xunta.es
Prazo de presentación: PECHADO
16/06/2016 00:00 - 15/07/2016 23:59
Un mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia.
Non poderán acceder á condición de beneficiarios as persoas ou entidades en que concorra algunha das prohibicións recollidas no artigo 10 da Lei 9/2007, nin tampouco as empresas en crise, nin aquelas que están suxeitas a unha orde de recuperación pendente tras unha decisión previa da Comisión Europea que teña declarado unha axuda ilegal e incompatible co mercado común.
Xunto coa solicitude (anexo I) presentada polo representante legal da entidade solicitante, deberá achegarse na sede electrónica da Xunta de Galicia un exemplar da documentación que a seguir se relaciona distinguindo a documentación xurídico-administrativa e a documentación tecnica.
Documentación xurídico-administrativa:
a) No caso de que se denegue expresamente a verificación, declaración responsable ou certificación, segundo os casos, da entidade beneficiaria de estar ao día no cumprimento das obrigas tributarias ou fronte á Seguridade Social e de non ter pendente de pagamento ningunha outra debeda coa Administración pública da Comunidade Autónoma nin ser debedor por resolución de procedencia de reintegro.
b) No caso de que non se autorice a verificación da capacidade no Rexistro Mercantil, deberá presentar a escritura de constitución da entidade e do poder bastante do representante legal.
c) No caso de non autorizar a verificación de datos de identidade deberá presentar copia do DNI/NIE do representante legal.
d) No caso de denegar expresamente a verificación, deberá presentar copia do NIF en vigor da entidade que solicita a axuda.
e) No caso de ter concedida algunha axuda copia da resolución de concesión.
Documentación tecnica:
Memoria da/das actividade/s de I+D+i a realizar, segundo o modelo que se inclúe como anexo II.
A presentación das solicitudes realizarase unicamente por medios electrónicos a traves do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.es, de conformidade co establecido nos artigos 27.6 da Lei 11/2007, do 22 de xuño, de acceso dos cidadáns aos servizos públicos, e 24.2 do Decreto 198/2010, polo que se regula o desenvolvemento da Administración electrónica na Xunta de Galicia e nas entidades dela dependentes. Para a presentación das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.es/chave365).
A documentación complementaria, relacionada no artigo 8 desta resolución, presentarase electronicamente utilizando calquera procedemento de copia dixitalizada do documento orixinal. Neste caso, as copias dixitalizadas presentadas garantirán a fidelidade co orixinal baixo a responsabilidade da persoa solicitante ou representante. A Administración poderá requirir a exhibición do documento orixinal para o cotexo da copia electrónica presentada segundo o disposto nos artigos 35.2 da Lei 11/2007, do 22 de xuño, de acceso electrónico dos cidadáns aos servizos públicos, e 22.3 do Decreto 198/2010, do 2 de decembro, polo que se regula o desenvolvemento da Administración electrónica na Xunta de Galicia e nas entidades dela dependentes.
No caso de que algún dos documentos que vai presentar de forma electrónica a persoa solicitante ou representante superase os tamaños límites establecidos pola sede electrónica, permitirase a presentación destes de forma presencial dentro dos prazos previstos. Para iso, e xunto co documento que se presenta, a persoa interesada deberá mencionar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de expediente e o número ou código único de rexistro. Na sede electrónica da Xunta de Galicia publicarase a relación de formatos, protocolos e tamaño máximo admitido da documentación complementaria para cada procedemento.
Na sede electrónica encóntranse publicados os formatos admitidos para a presentación de documentación. Se o solicitante desexa presentar calquera documentación en formatos non admitidos, poderá realizalo de forma presencial a traves de calquera dos rexistros habilitados. A persoa interesada deberá mencionar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de expediente e o número ou código único de rexistro.
A sede electrónica da Xunta de Galicia ten á disposición das persoas interesadas unha serie de modelos normalizados dos trámites máis comunmente utilizados na tramitación administrativa, que poderán ser presentados electronicamente accedendo á carpeta do cidadán da persoa interesada ou presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos no artigo 38.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de rexime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.
No prazo de presentación de solicitudes, entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día de publicación. Se o último día do prazo for inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte e se no mes de vencemento non houber día equivalente ao inicial do cómputo, entenderase que o prazo expira o derradeiro día do mes.
- Solicitude
- Anexo II
Prazo de resolución: Dous meses
Sentido do silencio: Negativo
Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"
-
Ámbito Autonómico
-
Resolución do 2 de xuño de 2016 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das axudas para o fomento da contratación de persoal técnico para a realización de actividades de I+D+i nas empresas e organismos de investigación en Galicia (Programa Principia), e se procede á súa convocatoria para o ano 2016 (DOG nº 113 do 15 de xuño de 2016).
-
Outros procedementos relacionados
Mobilidade transnacional xuvenil Galeuropa: Axudas individuais de mobilidade para a mocidade galega
Prazo pechado: 31/08/2022 00:00 - 30/09/2022 23:59
Axudas para a consolidación e a estruturación das unidades de investigación competitivas nos centros tecnolóxicos consolidados de Galicia.
Prazo pechado: 22/05/2025 00:00 - 23/06/2025 23:59
Axudas para o rescate de proxectos de investigación galegos presentados á convocatoria de expresións de interese do ISCIII para o financiamento de proxectos de investigación sobre o SARS-CoV-2 e a enfermidade COVID-19 con cargo ao fondo – COVID-19.
Prazo pechado: 25/08/2020 00:00 - 24/09/2020 23:59
Subvencións para dotación de unidades de I+D dentro das empresas.
Prazo pechado: 25/01/2014 00:00 - 24/02/2014 23:59