Orientámolo/a, paso a paso, para presentar unha solicitude no rexistro electrónico
IN848A - Subvencións para dotación de unidades de I+D dentro das empresas.
2. Segundo o establecido no artigo 12 do Regulamento (CE) núm. 800/2008, subvencionaranse os investimentos dirixidos a:
a) Investimentos innovadores.
a.1) Creación dun novo centro produtivo; a ampliación dun establecemento da empresa solicitante coa finalidade de permitir o desenvolvemento de novos produtos e procesos.
a.2) Diversificación da produción dun establecemento para atender mercados de produtos novos e adicionais.
a.3) Unha transformación fundamental de carácter innovador no proceso global de produción dun establecemento existente.
b) Dotación de unidades de I+D. Creación e ampliación da capacidade tecnolóxica estable dentro das empresas mediante estruturas de investigación e innovación de dimensión apropiada para a xeración de desenvolvemento tecnolóxico e non asociadas á actividade produtiva.
c) Transferencia de tecnoloxía mediante a adquisición de licenzas relativas a invencións.
3. De acordo co establecido no artigo 3.2.a do Decreto 432/2009, do 11 de decembro, polo que se regulan as axudas rexionais ao investimento e ao emprego na Comunidade Autónoma de Galicia en aplicación do Regulamento (CE) 800/2008 da Comisión, do 6 de agosto, polo que se declaran determinadas categorías de axuda compatibles co mercado común en aplicación dos artigos 87 e 88 do Tratado CE, os proxectos teñen que ser viables desde o punto de vista técnico, económico, financeiro e ambiental.
4. Terán a consideración de gastos subvencionables, sempre que cumpran os requisitos da Orde EHA/524/2008, do Ministerio de Economía e Facenda, do 26 de febreiro, pola que se aproban os gastos subvencionables dos programas operativos do Feder e do Fondo de Cohesión, os seguintes:
a) Realización de investimentos en maquinaria necesaria para o proxecto sempre que supoñan unha mellora tecnolóxica significativa e innovadora nos procesos ou na actividade da empresa. No sector do transporte non serán subvencionables os medios e equipamentos de transporte.
b) Adquisición de equipamento específico para o incremento da capacidade tecnolóxica e innovadora da unidade de I+D da empresa.
c) Instalacións e acondicionamentos imprescindibles para o funcionamento dos equipamentos adquiridos. Subvencionarase aquelas instalacións e acondicionamentos específicos para algún dos investimentos subvencionados nos puntos 2.a) e 2.b) deste artigo sempre que non sexan xenéricas (exclúense os gastos correspondentes a mobiliario, material de oficina, iluminación e pintura). O custo por este concepto non poderá ser superior ao 25 % do total do investimento.
d) Custo en concepto de adquisición de dereitos sobre títulos de propiedade industrial relativos a invencións que fosen outorgados por un organismo oficial. Os titulares e/ou os inventores do título correspondente non poderán ter relación laboral ou societaria coa empresa solicitante da axuda.
Ao tratarse de activos inmateriais, definidos no artigo 2, 11) do Regulamento 800/2008, deberán cumprir as condicións do artigo 12.2 do Regulamento (CE) nº 800/2008 da Comisión. O cumprimento destas condicións deberá verificarse na fase de xustificación. Para seren considerados custos subvencionables para efectos do Regulamento (CE) nº 800/2008, os activos inmateriais deberán cumprir todas as condicións seguintes:
a) Utilizaranse exclusivamente na empresa beneficiaria da axuda. Canto ás axudas rexionais ao investimento, utilizaranse exclusivamente no establecemento beneficiario da axuda;
b) Consideraranse activos amortizables;
c) Adquiriranse a terceiros en condicións de mercado sen que o adquirinte estea en posición de exercer control sobre o vendedor, ou viceversa, segundo o teor do artigo 3 do Regulamento (CE) nº 139/2004 (2) do Consello.
5. Poderán ser subvencionables os proxectos cun custo subvencionable entre 50.000 euros e 300.000 euros para as axudas que teñen por obxecto os investimentos innovadores descritos no artigo 1.2.a) destas bases; e cun custo subvencionable superior a 30.000 euros para as dotacións de unidades de I+D descritas no artigo 1.2.b) destas bases. Fóra dos límites marcados por estas cantidades, non serán atendidas as solicitudes de subvención.
Non se establece custo mínimo para os investimentos de transferencia de tecnoloxía descritos no artigo 1.2.c) destas bases.
Non se admitirán aqueles gastos facturados entre empresas asociadas ou vinculadas atendendo ás definicións do artigo 7 desta resolución de convocatoria.
6. A Axencia Galega de Innovación ten entre as súas responsabilidades levar a cabo o desenvolvemento do Plan i2C, onde están incluídas as iniciativas para a innovación en que se enmarca esta convocatoria.
7. Os investimentos integrados nunha mesma solicitude de axuda deben referirse a unha única solución técnica. Cada unha das solicitudes só poderá ter por obxecto investimentos encadrados nunha das categorías descritas no artigo 1.2 destas bases (1.2.a) Investimentos innovadores; 1.2.b) Dotación de unidades de I+D; ou 1.2.c) Transferencia de tecnoloxía mediante a adquisición de licenzas relativas a invencións).
8. Estas subvencións terán unha única anualidade; por tanto, só se admitirán aqueles gastos, dos relacionados no punto 2, que fosen realizados e pagados dentro do período comprendido entre a data de presentación da solicitude de subvención e a data límite de xustificación establecida no artigo 6 destas bases.
Todos os investimentos deberán estar plenamente realizados, operativos e verificables na data límite de xustificación do proxecto.
Obrigas dos beneficiarios
Sen prexuízo das demais obrigas establecidas no artigo 11 da Lei 9/2007, así como daqueloutras específicas que se indiquen nos anexos desta convocatoria, os beneficiarios das subvencións concedidas ao abeiro desta resolución quedan obrigados a:
a) Proceder ao reintegro total ou parcial da subvención percibida no suposto de incumprimento das condicións establecidas para a súa concesión.
b) Someterse ás actuacións de comprobación que deba efectuar o órgano concedente, ás de control financeiro que corresponden á Intervención Xeral da Comunidade Autónoma en relación coa subvención concedida, ás previstas na lexislación do Tribunal de Contas e do Consello de Contas e, se é o caso, ás dos servizos financeiros da Comisión Europea e do Tribunal de Contas Europeo, someterse ás verificacións do artigo 13 do Regulamento (CE) nº 1828/2006 e achegar canta información lles sexa requirida no exercicio das actuacións anteriores.
c) Comunicar á Axencia Galega de Innovación a obtención de subvencións, axudas, ingresos ou recursos que financien as actividades subvencionadas. Esta comunicación deberá efectuarse tan axiña como se coñeza e, en todo caso, con anterioridade á xustificación da aplicación dada aos fondos percibidos.
d) Manter os investimentos subvencionados coa axuda outorgada e a aplicación dos fondos recibidos, durante un período de cinco anos desde a súa concesión. Esta condición non impedirá a substitución de instalacións ou equipamentos que queden obsoletos, dentro dese prazo de cinco anos, debido á rápida evolución da tecnoloxía, sempre que a actividade económica se manteña en Galicia durante este período mínimo.
e) Non superar as porcentaxes máximas de acumulación de axudas establecidas na normativa comunitaria europea.
f) Solicitar á Axencia Galega de Innovación, previamente á súa realización e, en todo caso, antes de que remate o prazo de xustificación da subvención, autorización para realizar calquera modificación no desenvolvemento dos proxectos aprobados. Terase en conta que a realización de modificacións non autorizadas no orzamento financiable suporá a devolución das cantidades desviadas.
g) Cumprir as medidas en materia de información e publicidade reguladas na sección 1 do capítulo II do Regulamento (CE) núm. 1828/2006 da Comisión, do 8 de decembro de 2006, polo que se fixan normas de desenvolvemento para o Regulamento (CE) núm. 1083/2006 do Consello, coas modificacións introducidas polo Regulamento (CE) núm. 846/2009 da Comisión, do 1 de setembro de 2009. Estas medidas están recollidas na Guía de publicidade e información das intervencións cofinanciadas polos fondos estruturais 2007-2013 que pode consultarse nas seguintes páxinas web:
http://gain.xunta.es
http://www.conselleriadefacenda.es/web/portal/area-de-planificacion-e-fondos
De acordo co artigo 8 do Regulamento (CE) núm. 1828/2006 e coa Guía de publicidade e información das intervencións cofinanciadas polos fondos estruturais 2007-2013, se a axuda pública recibida para o proxecto supera os 100.000 , deberá colocarse nun lugar visible do establecemento do beneficiario unha placa de tamaño A4 dun material perdurable (por exemplo, metacrilato) que identifique o financiamento con fondos Feder da subvención. Para subvencións totais por proxecto iguais ou inferiores a 100.000 euros, bastará con colocar un adhesivo identificativo en cada equipamento subvencionado.
h) Os beneficiarios deberán manter un sistema de contabilidade separado ou un código contable axeitado que facilite unha pista de auditoría apropiada en relación con todos os gastos correspondentes cos investimentos realizados ao abeiro desta resolución, e deberán conservar a documentación xustificativa dos devanditos investimentos por un período de tres anos a partir do peche do programa operativo, de acordo co disposto nos artigos 60 e 90 do Regulamento (CE) 1083/2006 do Consello, do 11 de xullo de 2006.
Igualmente, e tendo en conta o establecido no artigo 1.6.c) do Regulamento (CE) núm. 800/2008, exclúense como posibles beneficiarias da presente convocatoria as empresas en crise.
Xunta de Galicia
Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional
Axencia Galega de Innovación (GAIN)
Rúa Airas Nunes, s/n (Conxo)
15702 Santiago de Compostela (Coruña, A)
Teléfono: 981957392/ 981957387
Fax: 981541039
Email: infosegapi.gain@xunta.es
Axencia Galega de Innovación (GAIN)
Resolución do 30 de decembro de 2013 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das subvencións para investimentos innovadores para o crecemento empresarial no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia (Programa i2C INN), cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder), no marco do programa operativo Feder Galicia 2007-2013, e se procede á súa convocatoria para o ano 2014 (DOG nº 16 do 24 de xaneiro de 2014).
Resolución do 11 de abril de 2014 pola que se amplía a dotación orzamentaria da Resolución do 30 de decembro de 2013 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das subvencións para investimentos innovadores para o crecemento empresarial no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia (Programa i2C INN), cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder), no marco do programa operativo Feder Galicia 2007-2013, e se procede á súa convocatoria para o ano 2014 (DOG nº 81 do 29 de abril de 2014).
Prazo de presentación: PECHADO
25/01/2014 00:00 - 24/02/2014 23:59
Un mes, contado a partir do día seguinte á publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.
-
Xunto coas solicitudes deberá achegarse a seguinte documentación:
a) Formulario normalizado de solicitude, asinado polo representante legal da entidade solicitante.
Os datos de contacto que figuren nas solicitudes (enderezo postal, enderezo electrónico, telefono e fax) consideraranse os únicos válidos para os efectos de notificacións. Serán responsabilidade exclusiva da entidade solicitante tanto os erros na súa consignación como a comunicación á Axencia Galega de Innovación de calquera cambio que se produza neles.
b) Declaración do conxunto das axudas solicitadas ou concedidas para o mesmo fin de todas as administracións públicas.
c) Declaración responsable de non estar incurso en ningunha das prohibicións para a obtención de subvencións recollidas no artigo 10 da Lei 9/2007.
-
d) Declaración de cumprir os requisitos de pequena, mediana ou grande empresa.
e) Declaración do coñecemento do previsto no artigo 20.3 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, de atoparse ao día nas obrigas tributarias e sociais coa Axencia Estatal da Administración Tributaria, a Tesouraría Xeral da Seguridade Social e a Axencia Tributaria de Galicia, e de obtención da Axencia Estatal da Administración Tributaria dos datos identificativos necesarios (identificador do NIF-NIE-DNI, apelidos e nome ou razón social e domicilio fiscal).
f) Copia compulsada do NIF da entidade solicitante, ou NIF do empresario individual, de ser o caso, se non achegar a autorización a que se fai mención no artigo 8 desta resolución.
g) Copia compulsada do poder bastante con que actúa o representante legal da entidade solicitante, se non achegar a autorización a que se fai mención no artigo 8 desta resolución.
h) Copia compulsada do DNI da persoa ou persoas que asinan a solicitude, se non achegar a autorización a que se fai mención no artigo 8 desta resolución. Os estranxeiros residentes presentarán o NIE.
i) Declaración responsable acerca da veracidade da titularidade da conta bancaria consignada no formulario normalizado de solicitude.
j) Cando o importe do gasto subvencionable sexa igual ou superior aos 50.000 euros no caso de contratos de obras, ou igual ou superior aos 18.000 euros cando se trate doutros contratos, deberán achegarse:
- Un mínimo de tres ofertas de diferentes provedores, con carácter previo á contratación do compromiso para a obra, a prestación do servizo ou a entrega do ben, agás que polas especiais características dos gastos non exista no mercado suficiente número de entidades que as realicen, presten ou subministren. Estas excepcións deberán xustificarse. A elección entre as ofertas presentadas realizarase de conformidade con criterios de eficiencia e economía.
- Unha memoria xustificativa cando a elección non recaia na proposta económica máis vantaxosa.
k) Copia da memoria libre e dos currículos xuntados na aplicación informática sinalada no artigo 3 da convocatoria.
l) Informe sobre o efecto incentivador e a necesidade da axuda (só para grandes empresas), de acordo co establecido no artigo 8 do Regulamento (CE) núm. 800/2008.
As declaracións recollidas nas alíneas b), c), d), e) e i) cubriranse a traves da aplicación informática sinalada no artigo 3 da convocatoria e xeraranse como parte da solicitude de axudas a traves dela.
-
A documentación complementaria poderase presentar electronicamente utilizando calquera procedemento de copia dixitalizada do documento orixinal. Neste caso, as copias dixitalizadas presentadas garantirán a fidelidade co orixinal baixo a responsabilidade da persoa solicitante. A Administración poderá requirir a exhibición do documento orixinal para o cotexo da copia electrónica presentada segundo o disposto no artigo 35.2 da Lei 11/2007, do 22 de xuño, de acceso dos cidadáns aos servizos públicos, e 22.3 do Decreto 198/2010, polo que se regula o desenvolvemento da Administración electrónica na Xunta de Galicia e nas entidades dela dependentes.
-
As solicitudes deberán presentarse preferiblemente por vía electrónica a traves do formulario electrónico normalizado accesible desde a sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.es) de acordo co establecido nos artigos 27 da Lei 11/2007, do 22 de xuño, de acceso dos cidadáns aos servizos públicos, e 24 do Decreto 198/2010, polo que se regula o desenvolvemento da Administración electrónica na Xunta de Galicia e nas entidades dela dependentes.
Alternativamente, tamen se poderán presentar as solicitudes en soporte papel por calquera dos medios establecidos no artigo 38.4 da Lei 30/1992, de rexime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (en diante LRXAP-PAC), utilizando o formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.
En caso de enviarse por correo, o envío deberá ser certificado, co selo de Correos na primeira folla do formulario para garantir que a data de remisión e anterior á de peche da convocatoria.
-
No prazo de presentación de solicitudes, entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación. Se o último día de prazo for inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte e, se no mes de vencemento non houber día equivalente ao inicial do cómputo, entenderase que o prazo expira o último do mes.
Máis información
Localice o procedemento ou servizo na guía de procedementos e servizos, consulte a información do trámite e revise a documentación obrigatoria para presentar a solicitude que figura na pestana "Presentación" no apartado "Documentación para a presentación".
No apartado "Anexos asociados" ten dispoñibles modelos en formato PDF para aqueles documentos para os que se precisan. Se os necesita:
- Primeiro descargue no seu equipo os modelos PDF (asegúrese de que están descargados, non abertos no navegador).
- A continuación cubra os modelos. Se algunha táboa ten filas e non son suficientes pode engadilas nese documento descargado.
- Por último garde ou imprima en versión PDF un arquivo electrónico de cada modelo cuberto.
- Asine o documento, se así se require.
- Para finalizar anexe o modelo ou modelos en PDF na súa presentación.
No caso de que o procedemento non figure na guía, poderá empregar a solicitude xenérica.
Prema en "Tramitar en liña" para iniciar o trámite electrónico.
Identifíquese empregando un certificado electrónico ou Chave365.
Agora xa está dentro do seu espazo persoal "A miña sede".
Cubra o formulario e lembre que pode gardalo para recuperalo máis adiante desde o apartado "Os meus borradores" de "A miña sede".
Cando o teña cuberto, prema en "Continuar".
Anexe a documentación que queira presentar xunto co formulario. Inclúa os modelos cubertos no paso 1.
Pode consultar como enviar ficheiros que non teñen o tamaño ou o formato aceptados por esta sede.
Asine o formulario e a documentación que quere entregar.
Pode facelo cun certificado electrónico empregando a aplicación Autofirma ou, se emprega Chave365, coa clave de sinatura que recibirá no seu móbil.
Descargue o xustificante da presentación.
Poderá tamén acceder a este documento desde o apartado "Os meus expedientes" de "A miña sede".
Consulte como proceder cos documentos de gran tamaño e en distintos formatos
Revise a documentación obrigatoria para o trámite que vai realizar na ficha do procedemento na Guía de procedementos e servizos.
Lembre que este servizo soamente estará disponible desde o espazo "A miña sede" da sede electrónica e naqueles procedementos que teñan habilitados trámites electrónicos posteriores á solicitude cando así o estableza a súa norma reguladora.
Prepare os arquivos electrónicos necesarios e comprobe que utiliza formatos compatibles coa sede: .bmp, .ce3, .cex, .csv, .cte, .dbf, .doc, .docx, .dwg, .dxfn, .gpx, .hexhash, .inp, .jpg, .kml, .kmz, .ods, .odt, .pd2, .pdf, .pdl, .png, .prj, .shp, .shx, .tgd, .tiff, .txt, .xls, .xlsx, .xml, .xsig, .mp4, .avi, .mov e .wmv
O tamaño máximo do conxunto de documentos achegados a unha presentación en esta sede é de 100 MB, e non se admiten arquivos comprimidos.
Comprobe o tamaño total do conxunto de documentos que precisa achegar:
- Se é inferior a 100 MB pode achegar todos os documentos á solicitude
- Se é superior a 100 MB separe os arquivos de máis de 100 MB, agrupe o resto en subconxuntos de documentos que non superen os 100 MB e proceda segundo os seguintes pasos
- Presente a solicitude achegando un subconxunto de documentos de menos de 100 MB.
- Repita o trámite de achega de documentación separada da solicitude para cada un dos subconxuntos restantes de documentos, seguindo estes pasos:
- Unha vez finalizada a presentación acceda ao apartado "Os meus expedientes" de "A miña sede", seleccione o expediente da solicitude que acaba de realizar, pulse na opción "Accións" e seleccione "Achega de documentación separada da solicitude".
- Cubra o formulario e pulse en "continuar"
- Achegue o seguinte subconxunto de documentos
- Asine e complete a achega de documentación separada
- Repita este proceso para cada subconxunto de documentos de menos de 100 MB
Se algún arquivo supera individualmente os 100 MB:
- Proceda segundo se explica nos pasos anteriores para o resto de arquivos
- Descargue no seu equipo o modelo xenérico para a achega de documentación separada
- Cubra o modelo, indicando o expediente ou número de rexistro de entrada da solicitude electrónica realizada e a unidade responsable do procedemento
- Imprima o modelo e presénteo de forma presencial, xunto coa documentación en formato físico -CD, DVD, USB-, en calquera das oficinas de rexistro
Prazo de resolución: Cinco meses
Sentido do silencio: Negativo
Máis información
Consulte como responder a un requirimento de emenda de documentación
Revise a documentación obrigatoria para o trámite que vai realizar na ficha do procedemento na Guía de procedementos e servizos. Na pestana "Presentación", no apartado "Documentación para a presentación" figura o listado de documentos requiridos para a presentación. No apartado "Anexos asociados" ten dispoñibles os modelos en formato .pdf para aqueles documentos para os que se precisan.
Descargue no seu equipo os modelos que deba presentar e cúbraos. Garde ou imprima a un arquivo electrónico cada modelo cuberto para anexalo posteriormente na presentación.
Acceda ao seu espazo persoal "A miña sede". Identifíquese empregando un certificado electrónico ou Chave365. Busque o expediente relacionado co requirimento e seleccione no menú "Acción" da dereita a opción "Emenda ao requirimento".
* No caso de que o expediente non apareza no seu espazo persoal, ou a opción "Emenda ao requirimento" non estivese dispoñible para ese expediente, poderá realizar electronicamente a emenda utilizando a solicitude xenérica.
Cubra o formulario indicando os datos ou documentos achegados para a emenda.
Anexe os documentos que queira presentar. Inclúa os modelos cubertos no paso 1.
Asine o formulario e os documentos que vai entregar para a emenda.
Pode facelo con certificado electrónico utilizando a aplicación Autofirma ou, se emprega Chave365, coa clave de sinatura que recibirá nunha mensaxe no seu móbil.
Descargue o xustificante de presentación da emenda.
Poderá acceder en calquera momento aos seus xustificantes electrónicos desde o seu espazo persoal "A miña sede".
Coñeza como achegar documentación xustificativa a un expediente en curso
Revise a documentación obrigatoria para o trámite que vai realizar na ficha do procedemento na Guía de procedementos e servizos.
Na pestana "Despois da presentación", no apartado "Xustificación" figura o listado de documentos requiridos para a xustificación. No apartado "Anexos asociados" ten dispoñibles os modelos en formato .pdf para aqueles documentos para os que se precisan.
Descargue no seu equipo os modelos que deba presentar e cúbraos.
Garde ou imprima a un arquivo electrónico cada modelo cuberto para anexalo posteriormente na presentación.
Acceda ao seu espazo persoal "A miña sede".
Identifíquese empregando un certificado electrónico ou Chave365.
Busque o expediente para o que precisa achegar documentación xustificativa. No menú "Acción" que aparece á dereita seleccione a opción "Achega de documentación xustificativa".
* No caso de que o expediente non apareza no seu espazo persoal, ou a opción "Achega de documentación xustificativa" non estivese dispoñible para ese expediente, poderá realizar electronicamente a xustificación utilizando a solicitude xenérica.
Cubra o formulario.
Indique os documentos que achega para a xustificación.
Anexe os documentos que queira presentar para a xustificación. Inclúa os modelos cubertos no paso 1.
Asine o formulario e os documentos que vai entregar para a xustificación.
Pode facelo con certificado electrónico utilizando a aplicación Autofirma ou, se emprega Chave365, coa clave de sinatura que recibirá nunha mensaxe no seu móbil.
Descargue o xustificante de presentación da xustificación.
Poderá acceder en calquera momento aos seus xustificantes electrónicos desde o seu espazo persoal "A miña sede".
Todos os seus expedientes, presentacións e borradores en "A miña sede"
Para xestionar os seus expedientes o primeiro que debe facer é acceder o seu espazo persoal premendo en "A miña sede" e, a continuación, identificarse empregando calquera dos certificados admitidos nesta sede ou Chave365.
Poderá ver na súa bandexa de entrada os seus últimos expedientes, presentacións e borradores.
Verá en pantalla información detallada de cada expediente ou presentación (número de expediente/rexistro, código e nome do procedemento etc.).
Se desexa ver todos os seus expedientes e presentacións, prema no botón "Ver todos/Buscar".
Ao acceder á pantalla de busca, pode buscar expedientes ou borradores por distintos criterios ou localizalos directamente se coñece o código de acceso.
Poderá realizar accións concretas sobre un expediente (achegar documentación adicional, mellorar unha solicitude, modificar os seus datos de notificación etc.) desde:
- A bandexa de entrada dos seus últimos expedientes, presentacións e borradores, premendo o botón "Acción" da columna "Que podo facer?"
- O detalle do expediente electrónico, premendo directamente nas accións dispoñibles da columna "Que podo facer?"
Procedementos e servizos relacionados
Axudas para a consolidación e a estruturación de unidades de investigación competitivas nos centros tecnolóxicos consolidados de Galicia.
Emprego xuvenil innovador