Guía de procedementos e servizos
Ir á sección pai
Detalle procedemento
IN845A
Axudas para a consolidación e a estruturación das unidades de investigación competitivas nos centros tecnolóxicos consolidados de Galicia.
Procedemento dirixido a: Empresas e profesionais
Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional
1. Esta resolución ten por obxecto aprobar as bases polas que se rexerá a concesión das subvencións da Axencia Galega de Innovación dirixidas aos centros tecnolóxicos consolidados de Galicia para financiar gastos estruturais e de funcionamento co fin de incentivar a transferencia de resultados da investigación, do coñecemento e das capacidades tecnolóxicas dos centros ao mercado.
2. Así mesmo, por medio desta resolución convócanse estas axudas para o ano 2021 en réxime de publicidade, obxectividade e concorrencia non competitiva (código de procedemento IN845A).
Conceptos subvencionables.
1. Custo de persoal investigador ou de apoio.
Persoal investigador contratado: investigadores, auxiliares de investigación e xestores de I+D+i que se dedican exclusivamente a esta actividade.
Persoal de apoio contratado: persoal directivo ou persoal de administración con dedicación parcial a actividades de I+D+i.
O custo do persoal de apoio non poderá ser superior ao 40 % do importe da subvención concedida.
Unicamente será subvencionable o importe que conste como base do IRPF na nómina, sen admitirse axudas de custo, desprazamentos e outros que non formen parte da base do IRPF.
2. Material bibliográfico (libros, publicacións periódicas en papel ou dixitais, bases de datos…) e equipamento científico (inclúense aplicacións informáticas cando sexan necesarias para actividades de investigación), así como a súa reparación e conservación.
3. Equipamento científico: inclúense aplicacións informáticas cando sexan necesarias para actividades de investigación, así como a súa reparación e conservación.
4. Material funxible.
Elementos adquiridos e utilizados pola entidade para a realización da actividade investigadora (materiais diversos, envases, material de oficina...).
5. Custos de formación do persoal do centro tecnolóxico (inscrición, matrícula, custos do persoal ou entidade docente no caso de formación específica contratada polo centro…). Non se admiten as axudas de custo e desprazamento nin facturas de combustibles.
6. Outros gastos debidamente xustificados, conforme o número 4 do artigo 19.1, ata un máximo do 10 % da axuda concedida.
Gastos de natureza diversa que teñen por obxecto garantir o funcionamento normal da entidade (gastos de asesoría e similares, auga, electricidade e outras subministracións, servizos prestados por outras entidades para o desenvolvemento de actividades de I+D+i, outros servizos...).
Centros de innovación e tecnoloxía da comunidade autónoma.
Obrigas dos beneficiarios.
Sen prexuízo das demais obrigas que resulten do artigo 11 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, os beneficiarios das subvencións concedidas ao abeiro desta resolución quedan obrigados a:
a) Proceder ao reintegro, total ou parcial, da subvención percibida no suposto de incumprimento das condicións establecidas para a concesión.
b) Subministrarlle á Administración, logo de requirimento, toda a información necesaria para o cumprimento das obrigas previstas na Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, así como facilitar toda a información que lle sexa requirida pola Intervención Xeral da Comunidade Autónoma, o Tribunal de Contas e o Consello de Contas no exercicio das súas funcións de fiscalización e control.
c) Comunicar á Axencia Galega de Innovación, no momento en que sexan beneficiarios de calquera axuda concedida para o mesmo fin, o seu importe e duración.
d) Contabilizar de forma separada a súa actividade económica e non económica de modo que se poida distinguir con claridade entre ambos os tipos de actividades e entre os seus respectivos custos e financiamento. O proxecto subvencionado dedicarase exclusivamente a actividades de carácter non económico, o que deberá ter o seu reflexo na contabilidade separada, de modo que cumpran o establecido no Marco comunitario sobre axudas estatais sobre investigación e desenvolvemento e innovación (DOUE 27.6.2014 C198/1).
Xunta de Galicia
Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional
Axencia Galega de Innovación (GAIN)
Área de Xestión
Departamento de Xestión Económica e Orzamentaria
Praza de Europa nº 10-A, 6º B
15707 Santiago de Compostela (Coruña, A)
Teléfono: 981543986
Fax: 981957380
Email: xestion.gain@xunta.gal
Prazo de presentación: PECHADO
10/06/2021 00:00 - 09/07/2021 23:59
O prazo de presentación de solicitudes será dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia.
Entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación. Se o último día do prazo for inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte e, se no mes de vencemento non houber día equivalente ao inicial do cómputo, entenderase que o prazo expira o derradeiro día do mes.
Poderán ser beneficiarios das axudas os centros de innovación e tecnoloxía da comunidade autónoma que teñan a consideración de consolidados.
Teñen a consideración de centros tecnolóxicos consolidados aqueles que figuran inscritos (ou teñen resolución de recoñecemento como centro tecnolóxico ou centro de apoio á innovación tecnolóxica de ámbito estatal) no rexistro regulado no Real decreto 2093/2008, do 19 de decembro, polo que se regulan os centros tecnolóxicos e os centros de apoio á innovación tecnolóxica de ámbito estatal e se crea o rexistro de tales centros.
Solicitudes.
As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal. Para a presentación das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).
Se algunha das persoas interesadas presenta a súa solicitude presencialmente, será requirida para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela en que foi realizada a emenda.
Documentación.
1. Para poder ser beneficiario das subvencións deberán presentarse os seguintes documentos:
a) Anexo I. Solicitude. No anexo I inclúense as seguintes declaracións responsables:
1) Declaración responsable de todas as solicitudes efectuadas e concedidas para o mesmo fin por outras administracións ou entes públicos ou privados.
2) Declaración de que todos os datos contidos na solicitude e nos documentos que se presentan son certos.
3) Declaración responsable de non estar incurso en ningunha das circunstancias previstas no artigo 13 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións.
4) Declaración responsable de non estar incurso en ningunha clase de inhabilitación para a obtención de axudas prevista nos números 2 e 3 do artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
5) Declaración responsable de estar ao día no pagamento de obrigas por reintegro de subvencións, conforme o artigo 10.2.g) da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e o artigo 9 do Regulamento de subvencións de Galicia, aprobado polo Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro.
6) Declaración de que son veraces os datos que se consignan na solicitude relativos á conta bancaria en que se efectuará o pagamento das axudas, así como que a entidade solicitante é o seu titular, de conformidade co establecido no artigo 5 da Orde do 12 de xaneiro de 2012 pola que se regula a habilitación de procedementos administrativos e servizos na Administración xeral e no sector público autonómico de Galicia.
b) Anexo II. O cadro de indicadores da perspectiva financeira, de resultados e excelencia, e de persoal a partir dos cales se efectúe a valoración dos resultados acadados polos centros tecnolóxicos.
c) Copia do poder bastante con que actúa o representante legal do centro (ver artigo 5.2).
d) Copia da escritura de constitución do centro debidamente inscrita, se é o caso, no Rexistro Mercantil ou Industrial (ver artigo 5.2).
e) Copia das contas anuais auditadas dos anos 2019 e 2020; non obstante aqueles centros que non estean obrigados a auditalas deberán presentar as contas anuais aprobadas polo padroado, conforme os artigos 37 e 38 da Lei 12/2006, do 1 de decembro, de fundacións de interese galego. No caso de non estar obrigados a auditar as súas contas pero estas se auditen igualmente, deberán achegar o informe de auditoría correspondente.
f) Documento resumo onde se relacionen os importes que determinan o resultado dos indicadores coa información que aparece nas contas anuais.
2. Non será necesario achegar os documentos que xa fosen presentados anteriormente. Para estes efectos, a persoa interesada deberá indicar en que momento e ante que órgano administrativo presentou os citados documentos. Presumirase que esta consulta é autorizada polas persoas interesadas, salvo que conste no procedemento a súa oposición expresa.
Nos supostos de imposibilidade material de obter o documento, o órgano competente poderá requirir á persoa interesada a súa presentación ou, na súa falta, a acreditación por outros medios dos requisitos a que se refire o documento, con anterioridade á formulación da proposta de resolución.
3. A documentación complementaria deberá presentarse electronicamente. As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, a Administración poderá requirir a exhibición do documento orixinal para o cotexo da copia electrónica presentada.
Se algunha das persoas interesadas presenta a documentación complementaria presencialmente, será requirida para que a emende a través da presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación aquela en que fose realizada a emenda.
4. Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude, deberase indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente se se dispón del.
5. No caso de que algún dos documentos que se van presentar de forma electrónica supere os tamaños máximos establecidos ou teña un formato non admitido pola sede electrónica da Xunta de Galicia, permitirase a súa presentación de forma presencial dentro dos prazos previstos e na forma indicada no parágrafo anterior. A información actualizada sobre o tamaño máximo e os formatos admitidos pode consultarse na sede electrónica da Xunta de Galicia.
6. Os anexos I e II estarán dispoñibles na sede electrónica da Xunta de Galicia https://sede.xunta.gal e a título informativo na páxina web da Axencia Galega de Innovación http://gain.xunta.gal
7. A sede electrónica da Xunta de Galicia ten ao dispor das persoas interesadas unha serie de modelos normalizados para facilitar a realización de trámites administrativos despois da presentación das solicitudes de inicio. Todos os trámites administrativos que as persoas interesadas deban realizar durante a tramitación deste procedemento deberán ser realizados electronicamente accedendo á Carpeta cidadá da persoa interesada.
Comprobación de datos.
1. A presentación da solicitude implica o coñecemento e a aceptación destas bases reguladoras.
2. Para a tramitación deste procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos en poder da Administración actuante ou elaborados polas administracións públicas, agás que a persoa interesada se opoña á súa consulta:
a) Estar ao día no cumprimento das obrigas coa Axencia Estatal da Administración Tributaria.
b) Estar ao día no cumprimento das obrigas coa Tesouraría Xeral da Seguridade Social.
c) Estar ao día no cumprimento das obrigas coa Consellería de Facenda da Xunta de Galicia.
No caso de que a entidade solicitante se opoña á consulta, deberán indicalo no cadro correspondente habilitado no formulario de inicio e achegar os documentos.
Cando así o exixa a normativa aplicable, solicitarase o consentimento expreso da persoa interesada para realizar a consulta.
Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilite a obtención dos citados datos, poderase solicitar á entidade solicitante a presentación dos documentos correspondentes.
Se a consulta efectuada polo órgano xestor non obtivese resultado favorable e o centro solicitante debe presentar estes certificados en fase de emenda, a data de expedición dos certificados pola Administración correspondente deberá ser posterior á data de consulta polo órgano xestor.
Non obstante, aquelas entidades comprendidas no artigo 11 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, que desenvolve a Lei de subvencións de Galicia, poderán presentar unha declaración responsable de estar ao día no cumprimento das obrigas tributarias ou fronte á Seguridade Social, e de non ter pendente ningunha outra débeda coa Administración pública da Comunidade Autónoma de Galicia.
Prazo de resolución:
Cinco meses
Sentido do silencio:
Negativo
Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"
-
Ámbito Autonómico
-
Resolución do 25 de maio de 2021 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia non competitiva, das subvencións para a consolidación e a estruturación de unidades de investigación competitivas nos centros tecnolóxicos consolidados de Galicia, e se procede á súa convocatoria para o ano 2021 (DOG nº 108 do 9 de xuño de 2021).
-
Extracto da Resolución do 25 de maio de 2021 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia non competitiva, das subvencións para a consolidación e a estruturación de unidades de investigación competitivas nos centros tecnolóxicos consolidados de Galicia, e se procede á súa convocatoria para o ano 2021 (DOG nº 108 do 9 de xuño de 2021).
-
Resolución do 29 de outubro de 2021 pola que se adxudican as axudas para a consolidación e a estruturación de unidades de investigación competitivas nos centros tecnolóxicos consolidados de Galicia, convocadas pola Resolución do 25 de maio de 2021 (Diario Oficial de Galicia número 108, do 9 de xuño) (DOG nº 215 del 9 de novembro de 2021).
-
Outros procedementos relacionados
Programa Ignicia proba de concepto.
Prazo aberto: 29/04/2025 00:00 - 28/05/2025 23:59
Programas sanitarios excepcionais e de investigación ou experimentación en apicultura.
Aberto todo o ano
Autorización de entidades que imparten cursos de capacitación de persoal que traballa con animais para experimentación e outros fins científicos, incluída a docencia.
Aberto todo o ano
Inscrición de laboratorios que realicen ensaios de control de produtos alimenticios relacionados co consumo humano.
Aberto todo o ano