Guía de procedementos e servizos

IN642A

Procedemento integrado para a implantación de instalacións de distribución polo miúdo de produtos petrolíferos.

Procedemento dirixido a: Cidadáns

Aberto todo o ano

Consellería de Economía e Industria

Sobre o procedemento

Aprobar o formulario normalizado da solicitude do procedemento integrado para a implantación de instalacións de distribución polo miúdo de produtos petrolíferos segundo o modelo que figura no anexo desta resolución e regular a tramitación deste procedemento, que ten asignado o código IN642A.

A actividade de subministración de carburantes e combustibles petrolíferos polo miúdo poderá ser exercida libremente por calquera persoa física ou xurídica, de conformidade coa Lei 34/1998, do 7 de outubro, do sector de hidrocarburos.

Xunta de Galicia

Consellería de Economía e Industria

Secretaría Xeral de Industria e Desenvolvemento Enerxético

Dirección Xeral de Estratexia Industrial e Solo Empresarial

Subdirección Xeral de Administración e Seguridade Industrial

R/ Avelino Pousa Antelo, 5 (San Lázaro)

15781  Santiago de Compostela  (Coruña, A)

Teléfono: 881999429

Fax: 981957192

Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Minas
Requisitos e documentación

Prazo de presentación: Aberto todo o ano

  • As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado recollido no anexo I, dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal

Se algunha das persoas interesadas presenta a súa solicitude presencialmente, será requirida para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela en que fose realizada a emenda.

Para a presentación das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).

  • As persoas interesadas deberán achegar coa solicitude a seguinte documentación:

    • No caso de consulta previa á Administración titular da vía:

      • Poder de representación da persoa solicitante ou representante.

      • Xustificación do cumprimento da lexislación de estradas.

    • No caso de iniciación do procedemento integrado:

      • Poder de representación da persoa solicitante ou representante.

      • Proxecto único asinado por técnico competente.

      • Relación de afeccións da instalación ou declaración responsable de non existencia de afeccións.

      • De ser o caso, separatas técnicas relativas ás afeccións.

      • Memoria ambiental.

      • Xustificación do cumprimento da lexislación de estradas.

      • Documentación para a obtención da licenza de obra ou comunicación previa.

  • Non será necesario achegar os documentos que xa fosen presentados anteriormente. Para estes efectos, a persoa interesada deberá indicar en que momento e ante que órgano administrativo presentou os citados documentos. Presumirase que esta consulta é autorizada polas persoas interesadas, salvo que conste no procedemento a súa oposición expresa.

Nos supostos de imposibilidade material de obter o documento, o órgano competente poderá requirir á persoa interesada a súa presentación ou, na súa falta, a acreditación por outros medios dos requisitos a que se refire o documento, con anterioridade á formulación da proposta de resolución.

  • A documentación complementaria deberá presentarse electronicamente. As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, a Administración poderá requirir a exhibición do documento orixinal para o cotexo da copia electrónica presentada.

Se algunha das persoas interesadas presenta a documentación complementaria presencialmente, será requirida para que a emende a través da súa presentación electrónica.

Para estes efectos, considerarase como data de presentación aquela en que fose realizada a emenda.

Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude, deberase indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente se se dispón del.

  • No caso de que algún dos documentos que se vaia presentar de forma electrónica supere os tamaños máximos establecidos ou teña un formato non admitido pola sede electrónica da Xunta de Galicia, permitirase a presentación deste de forma presencial dentro dos prazos previstos e na forma indicada no parágrafo anterior. A información actualizada sobre o tamaño máximo e os formatos admitidos pode consultarse na sede electrónica da Xunta de Galicia.

  • Para a tramitación deste procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos elaborados polas administracións públicas:

    • 1º. DNI ou NIE da persoa solicitante.

    • 2º. DNI ou NIE da persoa representante.

    • 3º. NIF da persoa xurídica solicitante.

    • 4º. NIF da persoa xurídica representante.

No caso de que as persoas interesadas se opoñan a esta consulta, deberán indicalo no cadro correspondente habilitado no formulario de inicio e achegar os documentos.

Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilite a obtención dos citados datos, poderase solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.

Despois de presentar

Prazo de resolución: Seis meses

Sentido do silencio:

Positivo

Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"

Normativa
  • Ámbito Autonómico
    • Decreto 45/2015, do 26 de marzo, polo que se regula o procedemento integrado para a implantación de instalacións de distribución polo miúdo de produtos petrolíferos, a súa posta en funcionamento e se determinan os órganos competentes para o exercicio da potestade sancionadora en materia de hidrocarburos (DOG nº 68 do 13 de abril de 2015).

    • Resolución do 12 de abril de 2018, da Dirección Xeral de Enerxía e Minas, pola que se aproba o formulario normalizado e se regula a tramitación do procedemento integrado para a implantación de instalacións de distribución polo miúdo de produtos petrolíferos (DOG nº 78 do 23 de abril de 2018).

    • Orde do 5 de maio de 2020 pola que se autoriza e se dá publicidade dunha relación de procedementos que, por razóns motivadas, deben continuar coa súa tramitación durante a vixencia do estado de alarma. (DOG nº 90 do 11 de maio de 2020).

  • Ámbito Estatal
    • Lei 34/1998, do 7 de outubro, do sector de hidrocarburos (BOE nº 241 do 8 de outubro de 1998).

    • Corrección de erros da Lei 34/1998, do 7 de outubro, do Sector de Hidrocarburos (BOE nº 29 do 3 de febreiro de 1999).

    • Lei 12/2007, do 2 de xullo, pola que se modifica a Lei 34/1998, do 7 de outubro, do Sector de Hidrocarburos, co fin de adaptala ao disposto na Directiva 2003/55/CE do Parlamento Europeo e do Consello, do 26 de xuño de 2003, sobre normas comúns para o mercado interior do gas natural (BOE nº 158 do 3 de xullo de 2007).

    • Lei 8/2015, do 21 de maio, pola que se modifica a Lei 34/1998, do 7 de outubro, do Sector de Hidrocarburos, e pola que se regulan determinadas medidas tributarias e non tributarias en relación coa exploración, investigación e explotación de hidrocarburos (BOE nº 122, do 22 de maio de 2015).

Descargar o contido desta ficha en formato PDF

Outros procedementos relacionados

FA009A

Solicitude de autorización para a utilización das aplicacións informáticas da Oficina Virtual Tributaria para o pagamento electrónico e a presentación electrónica dos modelos de declaración 008 e de autoliquidación 013 do Imposto compensatorio ambiental mineiro (ICAM).

Aberto todo o ano

IG534D

Novacións de débedas co Igape

Prazo aberto: 26/01/2026 09:00 - 30/12/2026 14:00

IN201D

Revisión actividades artesás do Rexistro xeral de artesanía de Galicia.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

IN201E

Autorización do uso da marca Artesanía de Galicia.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano