Orientámolo/a, paso a paso, para presentar unha solicitude no rexistro electrónico
IN607E - Axudas para o fortalecemento e ampliación das capacidades dos centros tecnolóxicos galegos mediante o apoio á creación e mellora de infraestruturas de investigación e de ensaio e experimentación.
Concesión das axudas da Axencia Galega de Innovación para o fortalecemento dos centros tecnolóxicos galegos mediante o apoio a investimentos para a creación e mellora de infraestruturas de investigación e de apoio á experimentación.
1. Poderán ser entidades beneficiarias destas axudas os centros tecnolóxicos e os centros de apoio á innovación tecnolóxica de Galicia validamente inscritos, no momento da presentación da solicitude, no Rexistro Estatal de Centros regulado polo Real decreto 2093/2008, do 19 de decembro.
2. Consonte o establecido no artigo 2.83 do Regulamento (UE) nº 651/2014, cando un destes centros leve a cabo actividades económicas (oferta de produtos ou servizos nun determinado mercado), ademais das actividades non económicas ligadas ás súas actividades primarias como organismo de investigación e de difusión de coñecemento, o financiamento, os custos e os ingresos desas actividades deberán contabilizarse por separado.
Ademais, as empresas que poidan exercer unha influencia decisiva nas ditas entidades, en calidade de accionistas ou membros, non poderán gozar de acceso preferente aos resultados que xeren.
3. Non poderán acceder á condición de entidades beneficiarias os centros en que concorra algunha das prohibicións recollidas no artigo 10 da Lei 9/2007, estean suxeitos a unha orde de recuperación pendente tras unha decisión previa da Comisión Europea que declarase unha axuda ilegal e incompatible co mercado común, ou estean en crise.
A Axencia Galega de Innovación utilizará os medios que considere oportunos para a súa verificación e requiriralle ao solicitante, se for necesario, os documentos oportunos.
1. Deberán ser infraestruturas orientadas á mellora da excelencia dos centros e das súas actividades de transferencia e apoio ás pemes nos ámbitos de prioridade da RIS3 Galicia (anexo IV), para fortalecer o posicionamento do ecosistema galego de innovación neles.
2. As infraestruturas deberán orientarse á obtención de resultados en termos de excelencia e transferencia, de xeito que con cada solicitude se deberá achegar un plan de explotación adaptado ao tipo de infraestruturas que se solicitan. A través do plan comprobarase a sustentabilidade financeira das infraestruturas e permitirá, ademais, calcular o impacto potencial das infraestruturas solicitadas no ecosistema galego de innovación.
3. As infraestruturas deberán ser técnica, económica e financeiramente viables.
A Axencia Galega de Innovación comprobará o carácter estratéxico das infraestruturas solicitadas e a súa viabilidade técnica, así como que o centro conte coa capacidade suficiente para cubrir os custos de funcionamento e mantemento (viabilidade financeira) a través da memoria e do plan de explotación que se debe achegar coa solicitude (artigo 13.1.b).
4. O acceso, tanto ás infraestruturas de investigación como ás tecnolóxicas, estará aberto a varios usuarios de xeito transparente e non discriminatorio.
As empresas que financien, polo menos, un 10 % dos custos de investimento destas infraestruturas poderán beneficiarse dun acceso preferente en condicións máis favorables. Co fin de evitar unha compensación excesiva, o dito acceso será proporcional á súa contribución e as condicións faranse públicas.
5. As infraestruturas apoiadas deben cumprir os requisitos do artigo 6 do Regulamento (UE) nº 651/2014, relativos ao efecto incentivador. As axudas teñen un efecto incentivador se a solicitude de axuda se presentou antes do inicio da actividade e a axuda cambia o comportamento da entidade de tal maneira que esta emprende actividades complementarias que non realizaría, ou que, sen a axuda, realizaría dunha maneira limitada ou diferente.
Considérase que as axudas ad hoc concedidas a grandes empresas teñen un efecto incentivador se, ademais de garantir que as actividades da proposta non comezaron antes da presentación da solicitude, a empresa solicitante acredita na memoria técnica que a axuda terá como resultado un aumento substancial do alcance das actividades ou, grazas a ela, un aumento substancial do importe total investido polo/a beneficiario/a nas actividades, ou unha aceleración substancial do seu ritmo de execución.
Entenderase que a actividade comezou co primeiro compromiso en firme para a execución das obras ou para a adquisición dalgún dos elementos integrantes da infraestrutura solicitada, ou outro compromiso que faga o investimento irreversible se esta data é anterior ao inicio da actividade. Considerarase que existe un compromiso en firme no caso da existencia dun contrato ou oferta asinado entre ambas as partes, ou a existencia dun pedido para calquera dos investimentos solicitados.
Para estes efectos, a compra dos terreos e determinados traballos preparatorios, como a obtención de permisos e a realización de estudos previos de viabilidade, non se consideran inicio dos traballos.
6. O período ou máximo prazo de execución dos investimentos subvencionables ao abeiro desta convocatoria abranguerá desde a data de presentación da solicitude ata o remate do prazo establecido na resolución de concesión, que non poderá superar o 30 de setembro de 2026.
7. Os investimentos deberán ser realizados na Comunidade Autónoma de Galicia e incorporarse a un centro de traballo permanente e legalmente constituído nesta comunidade autónoma.
8. No caso de infraestruturas de investigación que desenvolvan actividades económicas e non económicas, deberanse consignar por separado o financiamento, os custos e os ingresos respectivos.
9. En cumprimento do artigo 9.4 do Regulamento (UE) nº 2021/1060 do Parlamento Europeo e do Consello, do 24 de xuño de 2021, polo que se establecen as disposicións comúns relativas ao Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, ao Fondo Social Europeo Plus, ao Fondo de Cohesión, ao Fondo de Transición Xusta e ao Fondo Europeo Marítimo, de Pesca e de Acuicultura, así como as normas financeiras para os ditos fondos e para o Fondo de Asilo, Migración e Integración, o Fondo de Seguridade Interior e o Instrumento de Apoio Financeiro á Xestión de Fronteiras e á Política de Visados (Regulamento de disposicións comúns; en diante, RDC), todas as infraestruturas financiadas ao abeiro destas bases reguladoras deben respectar o principio de non causar un prexuízo significativo ao ambiente (principio DNSH, polas súas siglas en inglés: Do no significant harm).
En atención ao considerando 10 do RDC, o principio de non causar un prexuízo significativo ao ambiente debe interpretarse no sentido do artigo 17 do Regulamento (UE) 2020/852, relativo ao establecemento dun marco para facilitar os investimentos sustentables, que fixan os obxectivos ambientais que cómpre protexer.
1. Mitigación do cambio climático.
2. Adaptación ao cambio climático.
3. Uso sustentable e protección dos recursos hídricos e mariños.
4. Transición para unha economía circular.
5. Prevención e control da contaminación.
6. Protección e recuperación da biodiversidade e dos ecosistemas.
10. Ademais do principio DNSH, as infraestruturas deberán respectar o resto dos principios horizontais recollidos no artigo 9 do RDC; en particular:
– Garantir o respecto dos dereitos fundamentais e a conformidade coa Carta dos dereitos fundamentais da Unión Europea.
– Velar por que se promova a igualdade entre homes e mulleres e a integración da perspectiva de xénero.
– Respectar a normativa en materia de accesibilidade para persoas con discapacidade.
– Ter en conta medidas favorecedoras da accesibilidade, e cumprir toda a normativa sobre accesibilidade para persoas con discapacidade que sexa de aplicación segundo o tipo de investimento solicitado.
Xunta de Galicia
Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional
Axencia Galega de Innovación (GAIN)
Rúa Airas Nunes s/n
15702 Santiago de Compostela (Coruña, A)
Teléfono: 981541677/ 981957303
Email: axudas.gain@xunta.gal
Axencia Galega de Innovación (GAIN)
Resolución do 29 de decembro de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das axudas para o fortalecemento e a ampliación das capacidades dos centros tecnolóxicos galegos mediante o apoio á creación e mellora de infraestruturas de investigación e de ensaio e experimentación no marco da RIS3 Galicia 2021-2027, susceptibles de ser cofinanciadas pola Unión Europea no marco do programa Galicia Feder 2021-2027, e se procede á súa convocatoria para o ano 2024 (DOG nº 16 do 23 de xaneiro de 2024).
Extracto da Resolución do 29 de decembro de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das axudas para o fortalecemento e a ampliación das capacidades dos centros tecnolóxicos galegos mediante o apoio á creación e mellora de infraestruturas de investigación e de ensaio e experimentación no marco da RIS3 Galicia 2021-2027, susceptibles de ser cofinanciadas pola Unión Europea no marco do programa Galicia Feder 2021-2027, e se procede á súa convocatoria para o ano 2024 (DOG nº 16 do 23 de xaneiro de 2024).
Corrección de erros. Resolución do 29 de decembro de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das axudas para o fortalecemento e a ampliación das capacidades dos centros tecnolóxicos galegos mediante o apoio á creación e mellora de infraestruturas de investigación e de ensaio e experimentación no marco da RIS3 Galicia 2021-2027, susceptibles de ser cofinanciadas pola Unión Europea no marco do programa Galicia Feder 2021-2027, e se procede á súa convocatoria para o ano 2024 (DOG nº 38 do 22 de febreiro de 2024).
Corrección de erros. Extracto da Resolución do 29 de decembro de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das axudas para o fortalecemento e a ampliación das capacidades dos centros tecnolóxicos galegos mediante o apoio á creación e mellora de infraestruturas de investigación e de ensaio e experimentación no marco da RIS3 Galicia 2021-2027, susceptibles de ser cofinanciadas pola Unión Europa no marco do programa Galicia Feder 2021-2027, e se procede á súa convocatoria para o ano 2024 (DOG nº 38 do 22 de febreiro de 2024).
Resolución do 24 de xullo de 2024 pola que se conceden as axudas para o fortalecemento e a ampliación das capacidades dos centros tecnolóxicos galegos mediante o apoio á creación e mellora de infraestruturas de investigación e de ensaio e experimentación no marco da RIS3 Galicia 2021-2027, cofinanciadas pola Unión Europea no marco do programa Galicia Feder 2021-2027, convocadas pola Resolución do 29 de decembro de 2023 (DOG nº 149 do 2 de agosto de 2024).
Prazo de presentación: PECHADO
24/01/2024 00:00 - 23/02/2024 23:59
O prazo de presentación de solicitudes será dun mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia.
Entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día de publicación. Se o último día do prazo é inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte e, se no mes de vencemento non hai día equivalente ao inicial do cómputo, entenderase que o prazo expira o último día do mes.
Forma e lugar de presentación das solicitudes .
1. Os solicitantes presentarán o anexo I (solicitude) xunto coa documentación recollida no artigo 13.
No caso de solicitudes coordinadas de diferentes centros, será preciso que isto se indique no anexo I e se lle asigne un acrónimo común a ambas as solicitudes no espazo xa previsto no formulario. Este campo común permitirá ligar ambas as solicitudes coordinadas e ter en conta este feito na súa valoración.
A coordinación con infraestruturas doutros axentes do ecosistema galego de innovación xa existentes xustificarase na memoria que se debe achegar coa solicitude.
2. Os datos de contacto das solicitudes (enderezo postal, enderezo electrónico e teléfono) consideraranse os únicos válidos para os efectos de notificacións.
3. As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia https://sede.xunta.gal
De conformidade co artigo 68.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, se algunha das entidades interesadas presenta a solicitude de xeito presencial, será requirida para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase data de presentación da solicitude aquela en que fose realizada a emenda.
Para a presentación electrónica poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).
4. A presentación da solicitude implica o coñecemento e a aceptación destas bases reguladoras.
5. No formulario de solicitude (anexo I) inclúense as seguintes declaracións responsables relativas á entidade solicitante:
a) Declaración responsable do solicitante de todas as axudas solicitadas ou concedidas, para os mesmos custos, procedentes de calquera Administración ou ente público ou privado, nacional ou internacional.
b) Declaración responsable de que os datos contidos na solicitude e na documentación complementaria son certos, e que acepta as condicións e as obrigas recollidas nesta resolución.
c) Declaración responsable de que non está incursa en ningunha das circunstancias previstas no artigo 13 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións (en diante, Lei 38/2003).
d) Declaración responsable de que non está incursa en ningunha clase de inhabilitación para a obtención de axudas previstas nos números 2 e 3 do artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia. Deberase comunicar calquera variación das circunstancias recollidas na dita declaración no momento en que se produza.
e) Declaración responsable de que está ao día no pagamento de obrigas por reintegro de subvencións, conforme o artigo 10.2.g) da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e o artigo 9 do Regulamento de subvencións de Galicia, aprobado polo Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, e de reembolso de préstamos ou anticipos concedidos con cargo aos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma.
f) Declaración responsable de non estar en crise, conforme o disposto no artigo 2.18 do Regulamento (UE) nº 651/2014.
g) Declaración responsable de non estar suxeita a unha orde de recuperación pendente tras unha decisión previa da Comisión que declarase unha axuda ilegal e incompatible co mercado común.
h) Declaración responsable de que os investimentos serán realizados en Galicia que se incorporarán a un centro de traballo permanente e legalmente constituído nesta comunidade autónoma.
i) Declaración responsable de que a solicitude de axuda é anterior ao inicio da actividade para a cal se solicita (efecto incentivador).
l) Declaración responsable de que o solicitante sabe que os provedores non poderán estar asociados nin vinculados coa entidade solicitante ou cos seus órganos directivos ou xestores, e que non concorren neles ningunha das prohibicións recollidas no artigo 27.7 da Lei 9/2007, de subvencións de Galicia, nin no artigo 43 do Regulamento que desenvolve a citada lei, aprobado polo Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, tendo en conta, ademais, o disposto no Regulamento (UE) nº 651/2014 sobre empresas vinculadas.
m) Declaración responsable de que ten capacidade administrativa, financeira e operativa para cumprir os obxectivos da actuación para a cal solicita a axuda.
n) Declaración responsable de que manterá un sistema de contabilidade separada ou un código contable adecuado en relación con todas as transaccións relacionadas cos gastos subvencionados, sen prexuízo das normas xerais de contabilidade, que permita seguir unha pista de auditoría sobre os gastos financiados con fondos Feder.
ñ) Declaración responsable de que conservará toda a documentación relativa a esta subvención durante un prazo de cinco (5) anos a partir do 31 de decembro do ano en que se efectúe o último pagamento da axuda (artigo 82 RDC).
o) Declaración responsable de que asumirá a aplicación de medidas antifraude eficaces e proporcionadas no seu ámbito de xestión, así como a obriga de comunicarlle ao órgano xestor os casos de sospeitas de fraude.
p) Declaración responsable de que cumprirá a normativa comunitaria, estatal e autonómica de aplicación, en particular a normativa en materia de subvencións, así como a normativa vixente sobre accesibilidade de persoas con discapacidade, e que se compromete a presentar todas as licenzas, autorizacións e permisos necesarios para o desenvolvemento da actuación.
q) Declaración responsable de que o proxecto solicitado non inclúe actividades que ocasionen un prexuízo significativo aos obxectivos ambientais previstos no artigo 17 do Regulamento (UE) 2020/852, relativo ao establecemento dun marco para facilitar os investimentos sustentables mediante a implantación dun sistema de clasificación (ou taxonomía) das actividades económicas ambientais sustentables.
r) Declaración responsable do cumprimento dos principios horizontais recollidos no artigo 9 do RDC en materia de igualdade, accesibilidade e dereitos fundamentais.
s) Declaración responsable de que se compromete a conceder os dereitos e accesos necesarios para garantir que a Comisión, a Oficina Europea de Loita contra o Fraude (OLAF), o Tribunal de Contas Europeo, a Fiscalía Europea e as autoridades nacionais e autonómicas exerzan as súas competencias.
t) Declaración responsable de que as infraestruturas singulares que se financien no marco destas axudas se integrarán na plataforma Innovarede e cumprirán os requisitos en materia de información ou doutro tipo que esta inscrición implique.
u) Declaración responsable de que se compromete a garantir a protección fronte ao cambio climático das infraestruturas cuxa vida útil sexa, como mínimo, de cinco (5) anos, de acordo co establecido no artigo 73.2.j) do Regulamento (UE) 2021/1060. Para iso deberá ter en conta as orientacións técnicas sobre a defensa contra o cambio climático das infraestruturas para o período 2021-2027 (Comunicación da Comisión 2021/C 373/01, DOUE 16.9.2021) e as instrucións que desenvolva para o efecto a autoridade de xestión dos programas do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional para o período 2021-2027.
v) Declaración responsable de que dispoñerá dunha contabilidade separada, que permita distinguir con claridade entre os custos e os ingresos das actividades económicas e non económicas, e que se consignarán de xeito separado, só no caso de solicitar axuda para unha infraestrutura de investigación que levarán a cabo ambos os tipos de actividades.
Documentación complementaria .
1. As persoas interesadas deberán achegar, xunto coa solicitude, a seguinte documentación:
a) Documentación xurídico-administrativa:
1º. Poder da persoa representante que presenta a solicitude verificado por letrado/a da Xunta de Galicia no caso de non estar inscrito no Rexistro Electrónico Xeral de Apoderamentos de Galicia (REAG).
2º. Anexo de declaración de información relativa á condición de peme (anexo VI). A Axencia Galega de Innovación utilizará os medios que considere oportunos para verificar a condición de pequena, mediana ou grande empresa, que é un criterio determinante da intensidade da axuda no caso de infraestruturas tecnolóxicas segundo o artigo 9, e requiriralle ao solicitante, se for necesario, os documentos oportunos.
3º. Anexo de declaración responsable do cumprimento do principio DNSH (anexo VII).
b) Documentación técnica:
1º. Memoria técnica según el índice recogido en el anexo II (letra Arial 11 puntos. Extensión máxima 50 páginas) que justifique el carácter estratégico de las inversiones solicitadas, su viabilidad técnica y la inversión solicitada.
2º. Plan de explotación a cinco (5) anos como mínimo, desde a data de posta en marcha da infraestrutura, segundo o índice recollido no anexo III, que xustifique a viabilidade da proposta en termos financeiros e o seu impacto potencial. A través do plan de explotación xustificarase a sustentabilidade financeira da infraestrutura solicitada, na medida en que o centro conta coa capacidade necesaria para cubrir os seus custos de funcionamento e mantemento.
No plan de explotación deberán incluírse un conxunto de indicadores orientados á valoración do resultado e do potencial impacto tecnolóxico, económico e social da infraestrutura solicitada. Sempre que sexa posible, será preciso fixar un valor inicial en 2023 para cada indicador e actualizalo en cada anualidade e no momento da finalización da axuda. Calcularase o valor final para o ano 2030 e tamén o valor cinco (5) anos despois da posta en marcha das infraestruturas.
A finalidade destes indicadores é permitir a valoración do potencial impacto dos investimentos solicitados no nivel do centro e tamén do ecosistema galego de innovación.
No anexo III, xunto cos indicadores obrigatorios porque están ligados ao cofinanciamento da Unión Europea ou aos criterios de valoración, recóllese tamén unha relación de indicadores, a modo de exemplo, que non son de uso obrigatorio. Os indicadores propostos polo centro deben adaptarse ás especificidades da actuación solicitada.
Os indicadores do plan de explotación formarán parte do seguimento da axuda.
Estes indicadores poderanse utilizar como fonte para a avaliación do impacto desta convocatoria de axudas e tamén do conxunto de apoios concedidos pola Axencia Galega de Innovación aos centros tecnolóxicos e de apoio á innovación. O obxectivo desta avaliación é poder acadar unha valoración global da eficacia e eficiencia das actuais liñas de apoio aos centros tecnolóxicos.
No plan de explotación incluirase, ademais, unha proposta para a difusión e comunicación dos investimentos solicitados, da cal formará parte a realización dunha xornada ou xornadas de demostración dirixidas ao ecosistema galego de innovación.
Nos eventos que teñan lugar deberá poñerse de manifesto o apoio da Unión Europea e da Axencia Galega de Innovación, mencionando expresamente estes apoios e amosando os logotipos de ambas as entidades en todos os materiais empregados. Todas as actividades do plan deberán respectar o disposto no artigo 50 e no anexo IX do Regulamento (UE) nº 2021/1060 do Parlamento Europeo e do Consello, do 24 de xuño, e as orientacións recollidas no documento de uso do emblema europeo https://commission.europa.eu/system/files/2021-05/eu-emblem-rules_es.pdf.
No caso de que nunha mesma solicitude se inclúan investimentos que non se asignen a un mesmo tipo de infraestrutura e que, polo tanto, formen parte de unidades distintas, isto deberá especificarse de xeito claro e terse en conta tanto na memoria como no plan de explotación.
3º. Memoria xustificativa do cumprimento do principio DNSH conforme o Regulamento (UE) 2020/852, do 18 de xuño de 2020, relativo ao establecemento dun marco para facilitar os investimentos sustentables e polo que se modifica o Regulamento (UE) 2019/2088, segundo se detalla no anexo VIII desta convocatoria.
4º. Descrición das ofertas presentadas segundo o modelo do anexo V e copia destas, de acordo co establecido no artigo 10 destas bases reguladoras, no caso de contar xa con elas.
5º. No caso de investimento en obra civil e edificacións, deberán achegar os seguintes planos:
– Localización dentro do termo municipal.
– Plano xeral acoutado das instalacións, no cal se diferencie a situación inicial da posterior ao investimento.
– Planos de distribución en planta, nos cales se aprecien os espazos da nova construción ou das reformas e a instalación dos novos bens de equipamento.
Ademais, tamén será preciso achegar:
– Documentación acreditativa da propiedade ou do dereito de superficie, concesión administrativa ou dereito de explotación, cunha vixencia mínima de cinco (5) anos contados desde a data prevista de posta en marcha da infraestrutura, dos terreos nos cales se localizarán as novas edificacións ou dos bens inmobles que serán obxecto de reforma.
6º. Documentación que acredite a defensa contra o cambio climático en todas as fases do ciclo do proxecto de infraestrutura, desde a planificación inicial, de acordo co establecido no artigo 73.2.j) do Regulamento (UE) 2021/1060, tendo en conta as orientacións técnicas sobre a defensa contra o cambio climático das infraestruturas para o período 2021-2027 (Comunicación da Comisión 2021/C 373/01, DOUE 16.9.2021) e as instrucións que desenvolva para o efecto a autoridade de xestión dos programas do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional para o período 2021-2027. Con todo, se a entidade solicitante non dispón aínda en fase de solicitude dun proxecto suficientemente definido que permita integrar a dita análise nesta fase inicial, poderá presentar a dita documentación na fase de xustificación, na cal o promotor deberá acreditar esta documentación e verificación da defensa da infraestrutura fronte ao cambio climático en todas as fases do ciclo do proxecto.
2. No caso de que nunha mesma solicitude se inclúan investimentos que non se asignen a un mesmo tipo de infraestrutura (de investigación ou tecnolóxica), deberán diferenciarse e formar parte de unidades distintas dentro da solicitude (unidade 1 ou unidade 2, respectivamente segundo se recolle no anexo I). Todas as unidades incluídas nunha mesma solicitude deberán estar relacionadas e ser complementarias entre si.
3. De conformidade co artigo 28.3 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común, das administracións públicas, non será necesario achegar os documentos que xa fosen presentados anteriormente polo interesado ante calquera Administración. Para estes efectos, o interesado deberá indicar en que momento e ante que órgano administrativo presentou os citados documentos, que deberán ser recadados electronicamente a través das redes corporativas ou dunha consulta ás plataformas de intermediación de datos ou outros sistemas electrónicos habilitados para o efecto, agás que conste no procedemento a oposición expresa do/da interesado/a.
De forma excepcional, se non se poden recadar os citados documentos, poderáselle solicitar novamente que os achegue ao/á interesado/a.
4. A documentación complementaria deberá presentarse electronicamente.
Se algún dos interesados presenta a documentación complementaria de xeito presencial, será requirido para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase data de presentación aquela en que fose realizada a emenda.
Os interesados responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, cando a relevancia do documento no procedemento o exixa ou existan dúbidas derivadas da calidade da copia, a Administración poderá solicitar de maneira motivada o cotexo das copias achegadas polo/a interesado/a, para o cal poderá requirir a exhibición do documento ou da información orixinal.
5. Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude, deberán indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente, se se dispón del.
Comprobación de datos .
1. Para a tramitación deste procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos en poder da Administración actuante ou elaborados polas administracións públicas, agás que o/a interesado/a se opoña á súa consulta:
a) Certificados de estar ao día nas seguintes obrigas: Axencia Estatal da Administración Tributaria, Tesouraría Xeral da Seguridade Social e Administración da Comunidade Autónoma de Galicia.
b) NIF da entidade solicitante.
c) DNI/NIE da persoa representante da entidade solicitante. No caso de que a entidade solicitante estea representada por unha persoa xurídica, comprobarase o NIF desta.
d) Consulta de inhabilitacións para obter subvencións e axudas.
e) Consulta de concesións de subvencións e axudas.
2. No caso de que os interesados se opoñan a esta consulta, deberán indicalo no recadro correspondente habilitado no formulario de solicitude (anexo I), segundo corresponda, e achegar os ditos documentos.
Cando o exixa a normativa aplicable, solicitarase o consentimento expreso do interesado para realizar a consulta.
3. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilite a obtención dos citados datos, poderáselles solicitar aos interesados que presenten os documentos correspondentes.
Trámites administrativos posteriores á presentación das solicitudes .
Todos os trámites administrativos que os interesados deban realizar tras a presentación da solicitude deberán ser efectuados electronicamente accedendo á Carpeta cidadá da persoa interesada, dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.
- Fase de solicitude
- Solicitude (Anexo I)
- Modelo resumo do contido e descrición das ofertas (Anexo V)
- Declaración de información relativa á condición de peme (anexo VI)
- Modelo memoria xustificativa do cumprimento do principio DNSH (anexo VIII)
- Declaración responsable do cumprimento do principio DNSH (Anexo VII)
- Índice Plan de Explotación (Anexo III)
- Requisitos de comunicación do financiamento público (anexo IX)
- Retos, prioridades e ámbitos de priorización da RIS3 de Galicia 2021-2027 (Anexo IV)
- Índice Memoria Técnica (Anexo II)
Máis información
Localice o procedemento ou servizo na guía de procedementos e servizos, consulte a información do trámite e revise a documentación obrigatoria para presentar a solicitude que figura na pestana "Presentación" no apartado "Documentación para a presentación".
No apartado "Anexos asociados" ten dispoñibles modelos en formato PDF para aqueles documentos para os que se precisan. Se os necesita:
- Primeiro descargue no seu equipo os modelos PDF (asegúrese de que están descargados, non abertos no navegador).
- A continuación cubra os modelos. Se algunha táboa ten filas e non son suficientes pode engadilas nese documento descargado.
- Por último garde ou imprima en versión PDF un arquivo electrónico de cada modelo cuberto.
- Asine o documento, se así se require.
- Para finalizar anexe o modelo ou modelos en PDF na súa presentación.
No caso de que o procedemento non figure na guía, poderá empregar a solicitude xenérica.
Prema en "Tramitar en liña" para iniciar o trámite electrónico.
Identifíquese empregando un certificado electrónico ou Chave365.
Agora xa está dentro do seu espazo persoal "A miña sede".
Cubra o formulario e lembre que pode gardalo para recuperalo máis adiante desde o apartado "Os meus borradores" de "A miña sede".
Cando o teña cuberto, prema en "Continuar".
Anexe a documentación que queira presentar xunto co formulario. Inclúa os modelos cubertos no paso 1.
Pode consultar como enviar ficheiros que non teñen o tamaño ou o formato aceptados por esta sede.
Asine o formulario e a documentación que quere entregar.
Pode facelo cun certificado electrónico empregando a aplicación Autofirma ou, se emprega Chave365, coa clave de sinatura que recibirá no seu móbil.
Descargue o xustificante da presentación.
Poderá tamén acceder a este documento desde o apartado "Os meus expedientes" de "A miña sede".
Consulte como proceder cos documentos de gran tamaño e en distintos formatos
Revise a documentación obrigatoria para o trámite que vai realizar na ficha do procedemento na Guía de procedementos e servizos.
Lembre que este servizo soamente estará disponible desde o espazo "A miña sede" da sede electrónica e naqueles procedementos que teñan habilitados trámites electrónicos posteriores á solicitude cando así o estableza a súa norma reguladora.
Prepare os arquivos electrónicos necesarios e comprobe que utiliza formatos compatibles coa sede: .bmp, .ce3, .cex, .csv, .cte, .dbf, .doc, .docx, .dwg, .dxfn, .gpx, .hexhash, .inp, .jpg, .kml, .kmz, .ods, .odt, .pd2, .pdf, .pdl, .png, .prj, .shp, .shx, .tgd, .tiff, .txt, .xls, .xlsx, .xml, .xsig, .mp4, .avi, .mov e .wmv
O tamaño máximo do conxunto de documentos achegados a unha presentación en esta sede é de 100 MB, e non se admiten arquivos comprimidos.
Comprobe o tamaño total do conxunto de documentos que precisa achegar:
- Se é inferior a 100 MB pode achegar todos os documentos á solicitude
- Se é superior a 100 MB separe os arquivos de máis de 100 MB, agrupe o resto en subconxuntos de documentos que non superen os 100 MB e proceda segundo os seguintes pasos
- Presente a solicitude achegando un subconxunto de documentos de menos de 100 MB.
- Repita o trámite de achega de documentación separada da solicitude para cada un dos subconxuntos restantes de documentos, seguindo estes pasos:
- Unha vez finalizada a presentación acceda ao apartado "Os meus expedientes" de "A miña sede", seleccione o expediente da solicitude que acaba de realizar, pulse na opción "Accións" e seleccione "Achega de documentación separada da solicitude".
- Cubra o formulario e pulse en "continuar"
- Achegue o seguinte subconxunto de documentos
- Asine e complete a achega de documentación separada
- Repita este proceso para cada subconxunto de documentos de menos de 100 MB
Se algún arquivo supera individualmente os 100 MB:
- Proceda segundo se explica nos pasos anteriores para o resto de arquivos
- Descargue no seu equipo o modelo xenérico para a achega de documentación separada
- Cubra o modelo, indicando o expediente ou número de rexistro de entrada da solicitude electrónica realizada e a unidade responsable do procedemento
- Imprima o modelo e presénteo de forma presencial, xunto coa documentación en formato físico -CD, DVD, USB-, en calquera das oficinas de rexistro
Prazo de resolución:
Cinco meses
Sentido do silencio:
Negativo
Máis información
Consulte como responder a un requirimento de emenda de documentación
Revise a documentación obrigatoria para o trámite que vai realizar na ficha do procedemento na Guía de procedementos e servizos. Na pestana "Presentación", no apartado "Documentación para a presentación" figura o listado de documentos requiridos para a presentación. No apartado "Anexos asociados" ten dispoñibles os modelos en formato .pdf para aqueles documentos para os que se precisan.
Descargue no seu equipo os modelos que deba presentar e cúbraos. Garde ou imprima a un arquivo electrónico cada modelo cuberto para anexalo posteriormente na presentación.
Acceda ao seu espazo persoal "A miña sede". Identifíquese empregando un certificado electrónico ou Chave365. Busque o expediente relacionado co requirimento e seleccione no menú "Acción" da dereita a opción "Emenda ao requirimento".
* No caso de que o expediente non apareza no seu espazo persoal, ou a opción "Emenda ao requirimento" non estivese dispoñible para ese expediente, poderá realizar electronicamente a emenda utilizando a solicitude xenérica.
Cubra o formulario indicando os datos ou documentos achegados para a emenda.
Anexe os documentos que queira presentar. Inclúa os modelos cubertos no paso 1.
Asine o formulario e os documentos que vai entregar para a emenda.
Pode facelo con certificado electrónico utilizando a aplicación Autofirma ou, se emprega Chave365, coa clave de sinatura que recibirá nunha mensaxe no seu móbil.
Descargue o xustificante de presentación da emenda.
Poderá acceder en calquera momento aos seus xustificantes electrónicos desde o seu espazo persoal "A miña sede".
Coñeza como achegar documentación xustificativa a un expediente en curso
Revise a documentación obrigatoria para o trámite que vai realizar na ficha do procedemento na Guía de procedementos e servizos.
Na pestana "Despois da presentación", no apartado "Xustificación" figura o listado de documentos requiridos para a xustificación. No apartado "Anexos asociados" ten dispoñibles os modelos en formato .pdf para aqueles documentos para os que se precisan.
Descargue no seu equipo os modelos que deba presentar e cúbraos.
Garde ou imprima a un arquivo electrónico cada modelo cuberto para anexalo posteriormente na presentación.
Acceda ao seu espazo persoal "A miña sede".
Identifíquese empregando un certificado electrónico ou Chave365.
Busque o expediente para o que precisa achegar documentación xustificativa. No menú "Acción" que aparece á dereita seleccione a opción "Achega de documentación xustificativa".
* No caso de que o expediente non apareza no seu espazo persoal, ou a opción "Achega de documentación xustificativa" non estivese dispoñible para ese expediente, poderá realizar electronicamente a xustificación utilizando a solicitude xenérica.
Cubra o formulario.
Indique os documentos que achega para a xustificación.
Anexe os documentos que queira presentar para a xustificación. Inclúa os modelos cubertos no paso 1.
Asine o formulario e os documentos que vai entregar para a xustificación.
Pode facelo con certificado electrónico utilizando a aplicación Autofirma ou, se emprega Chave365, coa clave de sinatura que recibirá nunha mensaxe no seu móbil.
Descargue o xustificante de presentación da xustificación.
Poderá acceder en calquera momento aos seus xustificantes electrónicos desde o seu espazo persoal "A miña sede".
Todos os seus expedientes, presentacións e borradores en "A miña sede"
Para xestionar os seus expedientes o primeiro que debe facer é acceder o seu espazo persoal premendo en "A miña sede" e, a continuación, identificarse empregando calquera dos certificados admitidos nesta sede ou Chave365.
Poderá ver na súa bandexa de entrada os seus últimos expedientes, presentacións e borradores.
Verá en pantalla información detallada de cada expediente ou presentación (número de expediente/rexistro, código e nome do procedemento etc.).
Se desexa ver todos os seus expedientes e presentacións, prema no botón "Ver todos/Buscar".
Ao acceder á pantalla de busca, pode buscar expedientes ou borradores por distintos criterios ou localizalos directamente se coñece o código de acceso.
Poderá realizar accións concretas sobre un expediente (achegar documentación adicional, mellorar unha solicitude, modificar os seus datos de notificación etc.) desde:
- A bandexa de entrada dos seus últimos expedientes, presentacións e borradores, premendo o botón "Acción" da columna "Que podo facer?"
- O detalle do expediente electrónico, premendo directamente nas accións dispoñibles da columna "Que podo facer?"
Outras convocatorias ou publicacións
Procedementos e servizos relacionados
Axudas para a consolidación e estruturación de unidades de investigación competitivas e outras accións de fomento nos organismos públicos de investigación de Galicia e noutras entidades do sistema galego de I+D+i - GRC.
Axudas para a consolidación e estruturación de unidades de investigación competitivas e outras accións de fomento nos organismos públicos de investigación de Galicia e noutras entidades do sistema galego de I+D+i - GPC.
Axudas para a consolidación e estruturación de unidades de investigación competitivas e outras accións de fomento nos organismos públicos de investigación de Galicia e noutras entidades do sistema galego e I+D+i - Proxectos de excelencia / liña de reforzo de traxectorias emerxentes.
Subvencións do Programa Marco de Investigación e Innovación da Unión Europea. Liña 1