Orientámolo/a, paso a paso, para presentar unha solicitude no rexistro electrónico
IN606D - Axudas Doutoramento Industrial.
1. Esta orde establece as bases reguladoras e a convocatoria das axudas para o desenvolvemento de proxectos de doutoramento industrial, programa Doutoramentos industriais, da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación, a través da Axencia Galega de Innovación e da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades, en réxime de publicidade, obxectividade e concorrencia competitiva, código de procedemento administrativo IN606D.
O programa Doutoramentos industriais ten como obxectivos:
a) Promover a colaboración efectiva e a transferencia de coñecemento entre as universidades do SUG e o tecido empresarial mediante a sinatura de convenios ou acordos que regulen o desenvolvemento dun proxecto de investigación industrial.
b) Potenciar a captación de mozos e mozas investigadores e investigadoras para que desenvolvan proxectos de investigación nas empresas que os contraten e que lles permita obter un doutoramento industrial en sectores de interese estratéxico rexional.
c) Posibilitar a incorporación de persoal doutor mozo ás empresas, unha vez que remate a axuda e desta maneira abrirlles novas saídas profesionais.
d) Fortalecer a colaboración entre as empresas e as universidades do SUG.
2. As axudas concedidas ás empresas no marco da presente resolución axustaranse ao establecido no Regulamento (UE) nº 1407/2013 da Comisión, do 18 de decembro de 2013, relativo á aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado de funcionamento da Unión Europea ás axudas de minimis, en virtude do cal o importe total das axudas de minimis concedidas por un Estado membro a unha única empresa non excederá os 200.000 euros durante calquera período de tres exercicios fiscais. Este límite máximo aplícase a todo o conxunto de axudas recibidas en concepto de minimis pola empresa, independentemente da forma en que se outorguen ou do obxectivo perseguido.
En virtude do anterior, as empresas deberán declarar, no momento de presentar a solicitude, o conxunto de axudas recibidas pola empresa en concepto de minimis, durante os dous exercicios fiscais anteriores e durante o exercicio fiscal en curso.
3. Os organismos de investigación beneficiarios quedan obrigados a destinar a axuda recibida a usos relacionados con actividades non económicas e relativas a actuacións de I+D+i, conforme o establecido no punto 2.1.1 do Marco comunitario sobre axudas estatais de investigación e desenvolvemento e innovación (2014/C 198/01).
Conceptos subvencionables .
1. As axudas ás empresas e centros de innovación e tecnoloxía inclúen os seguintes conceptos:
a) O financiamento dun contrato laboral para realizar o doutoramento industrial dun máximo de tres anos de duración.
Os contratos deben ser a tempo completo, serán incompatibles coa vixencia de calquera outro contrato laboral por parte da persoa contratada e deberán axustarse á normativa laboral vixente, pero sempre coa duración prevista no punto 2 do artigo seguinte. De ser o caso, será de aplicación a Lei 14/2011, do 1 de xuño, da ciencia, a tecnoloxía e a innovación.
b) Un complemento anual por axuda destinado ás empresas e centros de innovación e tecnoloxía para cubrir os gastos asociados á contratación e para o seguro durante o período de estadía.
c) Unha axuda para cubrir outros gastos relacionados co desenvolvemento do proxecto de doutoramento industrial.
d) Estadías de tres meses de duración no estranxeiro para que, de acordo co establecido no Real decreto 99/2011, do 28 de xaneiro, as persoas contratadas acaden a mención de doutora ou doutor internacional.
As estadías serán continuadas e terán que realizarse entre o 1 de xaneiro de 2024 e o 31 de outubro de 2024 e asegurar un grao de mobilidade e de internacionalización ao cal non se puidese ter accedido por formación académica anterior ou por outros factores tales como residencia, país de orixe ou nacionalidade, e en ningún caso poderá ocasionar un atraso na finalización dos estudos de doutoramento.
2. As axudas ás universidades estarán destinadas a cubrir os gastos relacionados co desenvolvemento do proxecto no ámbito da universidade.
1. Poderán ser beneficiarias destas axudas:
a) As empresas e os centros de innovación e tecnoloxía con domicilio social ou centro de traballo en Galicia que desexen contratar investigadores ou investigadoras predoutorais para realizaren un proxecto de investigación industrial en colaboración cunha universidade do SUG que lles sirva como traballo de tese de doutoramento e sexa do seu interese.
b) As universidades do SUG que desexen participar na execución dun proxecto de investigación industrial ou de desenvolvemento experimental que se desenvolva en colaboración cunha empresa ou centro de innovación e tecnoloxía con domicilio social ou centro de traballo en Galicia e asumir a dirección dunha tese de doutoramento asociada.
2. Non poderán acceder á condición de beneficiarias as persoas ou entidades en que concorra algunha das prohibicións recollidas no artigo 10 da Lei 9/2007, nin tampouco as empresas en crise, nin aquelas que están suxeitas a unha orde de recuperación pendente tras unha decisión previa da Comisión Europea que declarase unha axuda ilegal e incompatible co mercado común.
3. A axuda deberá ser solicitada conxuntamente por unha empresa ou centro de innovación e tecnoloxía de acordo cunha universidade e ambas deberán presentar o convenio ou acordo de colaboración asinado para desenvolver o proxecto de doutoramento industrial que contratará a persoa doutoranda.
4. Só poderá presentarse unha solicitude para cada proxecto dentro da convocatoria do programa Doutoramentos industriais.
1. As empresas e centros de innovación e tecnoloxía beneficiarios deberán reunir os seguintes requisitos:
a) Propoñer un proxecto de doutoramento industrial para desenvolver.
b) Propoñer unha persoa candidata para desenvolver a tese asociada ao proxecto de doutoramento industrial.
c) Designar un responsable da supervisión da tese no marco da empresa e da realización do proxecto de doutoramento industrial correspondente. Por acordo entre as partes, este responsable poderá actuar como persoa directora adicional da tese no caso de cumprir os requirimentos establecidos pola normativa de doutoramento correspondente e acordo expreso entre as partes.
d) Proporcionar á persoa doutoranda contratada o apoio necesario e facilitarlle a utilización dos medios, instrumentos ou equipamentos que resulten precisos para o normal desenvolvemento da súa actividade.
e) Apoiar e facilitar a formación da persoa doutoranda contratada, garantindo o cumprimento de todas as actividades formativas exixidas polo programa Doutoramentos industriais.
f) Facilitar a información e a formación necesarias en materia de prevención de riscos laborais para garantir a seguridade no traballo desenvolvido dentro das instalacións da empresa.
g) Facilitar as accións de mobilidade (asistencia a congresos, seminarios, estadía nunha sede internacional da empresa ou grupo de investigación internacional) que a persoa doutoranda realice ao longo do seu proxecto e que sexan preceptivos segundo a convocatoria do programa Doutoramentos industriais en vigor.
h) Visar e validar a memoria xustificativa do proxecto que realice a persoa doutoranda.
2. As universidades do SUG beneficiarias deberán asumir os seguintes requisitos e obrigas:
a) Designar a persoa directora académica da tese no marco do programa Doutoramentos industriais correspondente, que deberá ser asignado pola comisión académica do programa Doutoramentos industriais cando o alumno ou a alumna se matricule, no caso de non estar matriculado/a.
b) Validar a proposta de proxecto de doutoramento industrial.
c) Proporcionar á persoa doutoranda o apoio necesario e facilitarlle os medios ou equipamentos que sexan necesarios para o desempeño normal da súa actividade.
d) Supervisar con regularidade o desenvolvemento do proxecto de investigación e de tese doutoral, velando polo cumprimento das obrigas recollidas no compromiso documental de supervisión, e pola calidade da tese de doutoramento.
e) Facilitar á persoa doutoranda a realización da formación adicional e a participación na formación que organice a propia entidade.
3. A persoa directora e o responsable empresarial propostos para a dirección da tese e do proxecto deberán ter vinculación laboral coa súa institución durante todo o tempo que dure o doutoramento industrial.
Os requisitos correspondentes ás condicións de persoa directora académica e, de ser o caso, de persoal director adicional, acreditaranse segundo o anexo IV.
4. As persoas candidatas aos contratos de doutoramento industrial deben reunir os seguintes requisitos:
a) Ter nacionalidade dun Estado membro da Unión Europea. Non obstante, as persoas non comunitarias poderán ser candidatas á axuda, aínda que para formalizar o contrato deberán contar cos permisos necesarios de permanencia no país. O número máximo de axudas que se poden conceder a cidadáns non comunitarios é dunha (1).
b) Estar matriculadas nun programa oficial de doutoramento dunha universidade do SUG para o curso 2021/22. Esta matrícula terá que estar formalizada necesariamente a tempo completo antes da sinatura do contrato.
Tamén poden concorrer as persoas investigadoras que non estean matriculadas pero si admitidas, e que estean en disposición de cumprir ou que cumpran os requisitos para matricularse nun programa de doutoramento dunha universidade do SUG, de acordo coa ordenación académica aplicable.
Neste caso, a persoa doutoranda deberá inscribirse nun programa oficial de doutoramento no curso académico inmediato á aprobación do programa Doutoramentos industriais e sempre dentro da primeira anualidade da axuda.
c) Que a data de finalización dos estudos de grao, licenciatura, arquitectura, enxeñaría, arquitectura técnica, enxeñaría técnica, diplomatura ou equivalente en sistemas universitarios estranxeiros non adaptados ao Espazo Europeo de Educación Superior (EEES) sexa igual ou posterior ao 1 de xaneiro de 2018. Enténdese como data de finalización destes estudos a de superación da última materia para os completar. Esta data poderá ser igual ou posterior ao 1 de xaneiro de 2015 nos seguintes casos:
1º. As persoas que na data de peche do prazo de presentación de solicitudes estean en posesión do título oficial dalgunha das especialidades recollidas no Real decreto 183/2008, do 8 de febreiro, polo que se determinan e clasifican as especialidades en Ciencias da Saúde e se desenvolven determinados aspectos do sistema de formación sanitaria especializada.
2º. As persoas candidatas que acrediten fidedignamente que se atopaban de baixa maternal ou que tiñan a cargo menores de 6 anos entre o 1 de xaneiro de 2015 e o 31 de decembro de 2017.
3º. As persoas candidatas cunha discapacidade igual ou superior ao 33 por cento.
4º. As persoas que acrediten fidedignamente que interromperon os estudos por causa dunha enfermidade grave ou que se dedicaron á atención de persoas maiores da familia en primeira liña parental.
d) Contar no expediente académico cunha nota media igual ou superior a 7, ou a 6 para as titulacións da rama de Enxeñaría e Arquitectura, calculada segundo o indicado no artigo 9.5.3º.
5. Non se admitirán como candidatas a ser destinatarias destes contratos persoas que estean en posesión do título de doutor nin persoas que fosen seleccionadas ou contratadas noutras convocatorias predoutorais da Xunta de Galicia.
Xunta de Galicia
Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional
Axencia Galega de Innovación (GAIN)
Rúa Airas Nunes, s/n
15706 Santiago de Compostela (Coruña, A)
Teléfono: 981957012/ 981957000
Email: centros.gain@xunta.gal
Axencia Galega de Innovación (GAIN)
Orde do 12 de setembro de 2022, conxunta da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación e da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades, pola que se establecen as bases para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das axudas para a formación de doutores e doutoras das universidades do Sistema universitario de Galicia (SUG) en empresas e centros de innovación e tecnoloxía, programa Doutoramentos industriais, e se procede á súa convocatoria para o exercicio 2022 (DOG nº 189 do 4 de outubro de 2022).
Extracto da Orde do 12 de setembro de 2022, conxunta da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación e da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades, pola que se establecen as bases para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das axudas para a formación de doutores e doutoras das universidades do Sistema universitario de Galicia (SUG) en empresas e centros de innovación e tecnoloxía, programa Doutoramentos industriais, e se procede á súa convocatoria para o exercicio 2022 (código de procedemento IN606D) (axudas para os centros de innovación e tecnoloxía e as universidades) (DOG nº 189 do 4 de outubro de 2022).
Extracto da Orde do 12 de setembro de 2022, conxunta da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación e da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades, pola que se establecen as bases para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das axudas para a formación de doutores e doutoras das universidades do Sistema universitario de Galicia (SUG) en empresas e centros de innovación e tecnoloxía, programa Doutoramentos industriais, e se procede á súa convocatoria para o exercicio 2022 (código de procedemento IN606D) (axudas para empresas) (DOG nº 189 do 4 de outubro de 2022).
Resolución do 29 de novembro de 2022 pola que se modifican os prazos para a anualidade 2022 establecidos nos artigos 17 e 18 da Orde do 12 de setembro de 2022, conxunta da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación e da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades, pola que se establecen as bases para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das axudas para a formación de doutores e doutoras das universidades do Sistema universitario de Galicia en empresas e centros de innovación e tecnoloxía, programa Doutoramentos industriais, e se procede á súa convocatoria para o exercicio 2022 (DOG nº 233 do 9 de decembro de 2022).
Resolución do 29 de decembro de 2022, conxunta da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación e da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades, pola que se adxudican as axudas da Orde do 12 de setembro de 2022 pola que se establecen as bases para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das axudas para a formación de doutores e doutoras das universidades do Sistema universitario de Galicia (SUG) en empresas e centros de innovación e tecnoloxía, programa Doutoramentos industriais, e se procede á súa convocatoria para o exercicio 2022 (DOG nº 6 do 10 de xaneiro de 2023).
Resolución do 21 de decembro de 2023, conxunta da Consellería de Economía, Industria e Innovación e da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades, pola que se modifica a distribución por anualidades das axudas concedidas na Resolución do 29 de decembro de 2022 pola que se adxudican as axudas da Orde do 12 de setembro de 2022 pola que se establecen as bases para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das axudas para a formación de doutores e doutoras das universidades do Sistema universitario de Galicia (SUG) en empresas e centros de innovación e tecnoloxía, programa Doutoramentos industriais, e se procede á súa convocatoria para o exercicio 2022 (DOG nº 2 do 3 de xaneiro de 2024).
Prazo de presentación: PECHADO
05/10/2022 00:00 - 04/11/2022 23:59
O prazo de presentación de solicitudes será dun mes, que contará a partir do día seguinte ao de publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia. Entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación.
Solicitudes .
1. A empresa ou o centro de innovación e tecnoloxía presentarán as solicitudes obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado (anexo II) dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal
De conformidade co artigo 68.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, se algunha das persoas interesadas presenta a súa solicitude presencialmente, será requirida para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela en que fose realizada a emenda.
Para a presentación electrónica poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).
2. Cada persoa soamente poderá ser presentada como candidata por unha empresa ou centro de innovación e tecnoloxía con domicilio social ou centro de traballo en Galicia, sempre e cando cumpra os requisitos exixidos.
3. Se opta á axuda para estadías, deberá indicar este aspecto e a zona a que pertence o país de destino da estadía no punto sinalado no formulario de solicitude (anexo II). Se non se indica a zona, considerarase que a persoa candidata non solicita a axuda para estadías.
Documentación complementaria .
As persoas interesadas deberán achegar coa solicitude a seguinte documentación:
1. Documentación relativa ao proxecto de investigación de doutoramento industrial.
• Memoria técnica do proxecto de investigación que se vai realizar, cunha extensión máxima de 10.000 palabras, en que consten especificamente, polo menos, os seguintes aspectos:
– Obxectivos e contidos básicos do traballo.
– Metodoloxía.
– Responsabilidades e tarefas dos beneficiarios.
– Planificación temporal.
– Transferencia de resultados.
• Memoria xustificativa do valor singular e impacto do proxecto sobre a I+D da empresa (máximo 1.500 palabras).
• Memoria xustificativa dos obxectivos e criterios metodolóxicos que achegan ao proxecto un avance de coñecemento suficientemente xustificado para dar lugar a unha tese doutoral para os efectos de optar á mención de doutoramento industrial (máximo 1.500 palabras).
• Memoria xustificativa da adecuación do proxecto de investigación ás liñas estratéxicas da RIS3 definidas no anexo I desta orde (máximo 1.000 palabras).
2. Declaración de compromiso asinado entre a empresa ou centro de innovación e tecnoloxía e a universidade de achegar o convenio de colaboración asinado entre a empresa ou centro de innovación e tecnoloxía e a universidade, conforme o establecido no artigo 4.3 da presente convocatoria.
3. Documentación relativa á empresa ou centro de innovación e tecnoloxía.
Memoria curricular da súa experiencia en investigación colaborativa e competencia para o desenvolvemento do proxecto proposto a partir da acreditación dalgún dos seguintes requisitos, indicando a referencia (código de procedemento, número de expediente, título de proxecto ou contrato, tipo de participación e/ou socios) que permita identificar a axuda ou actividade específica:
– Ter participado nun centro recoñecido de incubación de empresas ou ter participado nun programa de aceleración de empresas entre os anos 2016 e 2021.
– Ter sido beneficiario ou ter participado no desenvolvemento de axudas financiadas pola Axencia Galega de Innovación entre os anos 2018 e 2021.
– Ter experiencia na execución de proxectos de I+D colaborativos (Interconecta...) ou en contratos de I+D Universidade-Empresa entre os anos 2018 e 2021.
– Ter participado no desenvolvemento de proxectos concedidos polo Programa marco de I+D da Unión Europea, entre os anos 2018 e 2021, en proxectos nos que a entidade solicitante participara en calidade de líder.
– Ter participado no desenvolvemento de proxectos concedidos polo Programa marco de I+D da Unión Europea, entre os anos 2018 e 2021, en proxectos en que a entidade solicitante participase en calidade de socio.
4. Documentación relativa á Universidade.
Indicación do grupo a que pertence a persoa designada para dirixir ou codirixir a tese e convocatoria da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades pola que se acredite, de ser o caso, a súa cualificación no marco do Programa de consolidación e estruturación de unidades de investigación competitivas e outras accións de fomento nas universidades do SUG.
5. Documentación relativa á persoa candidata doutoranda.
a) Anexo III. Declaración asinada pola persoa candidata doutoranda industrial a ser destinataria da axuda, en que conste:
– Que presenta a súa candidatura a través dunha única entidade solicitante.
–Que non foi seleccionada ou contratada con cargo a outras convocatorias predoutorais da Xunta de Galicia.
– Que non ten o título de doutor ou doutora.
b) Declaración da persoa designada para dirixir ou codirixir a tese, segundo o anexo IV.
c) Certificación da universidade en que está matriculada ou en que se compromete a matricularse a persoa candidata, asinada pola persoa titular da vicerreitoría competente en materia de investigación ou persoa en que delegue, conforme o modelo normalizado do anexo V, en que se fagan constar os seguintes aspectos:
1º. Programa de doutoramento en que está matriculada a persoa candidata no curso 2021/22 ou no que se compromete a matricularse no curso 2022/23, no caso de ser seleccionada.
2º. Título de grao, licenciatura, arquitectura, enxeñaría, arquitectura técnica, enxeñaría técnica, diplomatura ou equivalente en sistemas universitarios estranxeiros non adaptados ao EEES empregado ou que se vai empregar para formalizar a matrícula no programa de doutoramento, universidade onde se cursou, data de finalización e número de créditos superados.
3º. Nota media con que se concorre a esta convocatoria, calculada de acordo cos seguintes criterios:
– No caso de ensinanzas dirixidas á obtención do título universitario oficial español de licenciado/a, enxeñeiro/a, arquitecto/a ou graduado/a nun grao de polo menos 300 créditos, valorarase a totalidade dos créditos ou materias superadas.
– No caso de ensinanzas dirixidas á obtención do título de graduado/a de menos de 300 créditos, diplomado/a, enxeñeiro/a técnico/a, arquitecto/a técnico/a e mestre/a, a nota media realizarase tendo en conta estes estudos máis a totalidade dos créditos superados no mestrado ou equivalente. Débense ter completado polo menos 300 créditos no conxunto dos estudos universitarios de grao ou primeiro ciclo e de mestrado ou equivalente. O cálculo realizarase de acordo coa seguinte fórmula:
(X*C1+M*C2)/(C1+C2)
Onde:
X: nota media obtida no grao ou no primeiro ciclo.
M: nota media obtida no mestrado ou equivalente.
C1: créditos superados no grao ou no primeiro ciclo.
C2: créditos superados no mestrado ou equivalente.
– A nota media do expediente académico para títulos obtidos en sistemas universitarios estranxeiros debe calcularse de acordo co disposto na Resolución do 18 de setembro de 2017, da Secretaría Xeral de Universidades do Ministerio de Universidades, pola que se actualiza a relación de escalas de cualificación dos estudos ou títulos universitarios estranxeiros e as equivalencias ao sistema de cualificación das universidades españolas, publicadas polas resolucións do 21 de marzo de 2016 e do 20 de xuño de 2016. A información pode consultarse na seguinte ligazón:
https://www.educacionyfp.gob.es/servicios-al-ciudadano/catalogo/general/20/203615/ficha/203615
A persoa candidata terá que tramitar a declaración de equivalencia da nota media de acordo con este procedemento e achegarlla á universidade en que está matriculada ou na cal se comprometa a matricularse no programa de doutoramento para o cálculo da nota con que se concorre á convocatoria. A verificación da declaración de equivalencia correspóndelle á universidade, que deberá revisar que os datos consignados nela coinciden cos do certificado presentado para darlle validez a esta, polo que só será válida se está acompañada da copia do certificado académico oficial e, se é o caso, da tradución correspondente.
En todos os casos, a nota con que se concorre á convocatoria ten que estar adecuada ao Real decreto 1125/2003, do 5 de setembro, e tendo en conta os criterios sinalados no Protocolo de colaboración subscrito entre a Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades e as tres universidades galegas para a valoración de expedientes académicos.
d) Acreditación da aprobación do proxecto de tese pola comisión académica do programa Doutoramentos industriais correspondente ou declaración responsable da persoa candidata de que a documentación presentada se corresponde co proxecto de tese que vai someter á aprobación da comisión académica no caso de ser seleccionada como destinataria desta axuda.
e) Documentación que acredite os supostos de excepcionalidade previstos no artigo 5 sobre as datas de finalización dos estudos, se é o caso, incluído o certificado que acredite o grao de discapacidade da persoa candidata se non está expedido pola Xunta de Galicia.
f) Certificado do nivel de coñecemento dunha lingua estranxeira en que figure expresamente o nivel alcanzado de acordo co Marco común europeo de referencia para as linguas.
g) Certificado da persoa candidata de ter desfrutado dunha bolsa ou prácticas en empresa ou centro de innovación e tecnoloxía.
De conformidade co artigo 28.3 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, non será necesario achegar os documentos que xa fosen presentados anteriormente pola persoa interesada ante calquera administración. Neste caso, a persoa interesada deberá indicar en que momento e ante que órgano administrativo presentou os ditos documentos, que serán obtidos electronicamente a través das redes corporativas ou mediante consulta ás plataformas de intermediación de datos ou outros sistemas electrónicos habilitados para o efecto, agás que conste no procedemento a oposición expresa da persoa interesada.
De forma excepcional, se non se puidesen obter os citados documentos, poderá solicitarse novamente á persoa interesada a súa achega.
6. A documentación complementaria deberá presentarse electronicamente. Se algunha das persoas interesadas presenta a documentación complementaria presencialmente, será requirida para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación aquela en que fose realizada a emenda.
As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, cando a relevancia do documento no procedemento o exixa ou existan dúbidas derivadas da calidade da copia, a Administración poderá solicitar de maneira motivada o cotexo das copias achegadas pola persoa interesada, para o que poderá requirir a exhibición do documento ou da información orixinal.
No caso de que algún dos documentos que se vaia presentar de forma electrónica supere os tamaños máximos establecidos ou teña un formato non admitido pola sede electrónica da Xunta de Galicia, permitirase a súa presentación de forma presencial dentro dos prazos previstos e na forma indicada no número anterior. A información actualizada sobre o tamaño máximo e os formatos admitidos pode consultarse na sede electrónica da Xunta de Galicia.
7. Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude, deberanse indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente, se se dispón del.
8. No caso de ter solicitado a axuda para estadía, antes do 31 de outubro de 2023 ou no prazo dun mes desde a data de comezo dos contratos no caso das persoas que acceden a través da lista de espera, a entidade beneficiaria deberá remitirlles á Axencia Galega de Innovación e á SXU a seguinte documentación:
a) Plan de traballo asinado pola persoa contratada e co visto e prace da persoa directora da tese.
b) Carta de aceptación do centro de destino asinada pola persoa directora do centro ou figura equivalente. O centro de destino deberá estar situado nun país incluído na zona que se indicou na solicitude e pola que se concedeu a axuda.
c) Autorización de ausencia da entidade beneficiaria.
Antes do inicio do período de estadía, a Axencia Galega de Innovación e a SXU publicarán nas súas páxinas web a relación de persoas que desfrutarán de estadía, con indicación da entidade contratante, o país e a zona de destino.
Comprobación de datos .
1. Para a tramitación deste procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos en poder da administración actuante ou elaborados polas administracións públicas, agás que os beneficiarios se opoñan á súa consulta:
a) DNI ou NIE da persoa solicitante.
b) DNI ou NIE da persoa representante.
c) DNI ou NIE da persoa candidata á axuda.
d) NIF da entidade solicitante.
e) NIF da entidade representante.
f) Certificado de estar ao día no pagamento de obrigas tributarias coa AEAT.
g) Certificado de estar ao día no pagamento coa Seguridade Social.
h) Certificado de estar ao día no pagamento das débedas coa Administración pública da Comunidade Autónoma.
i) Informe de vida laboral da persoa candidata.
j) Inhabilitacións para obter subvencións e axudas.
k) Concesións pola regra de minimis.
l) Concesións de subvencións e axudas.
ll) Certificado de discapacidade da persoa candidata. Este servizo consultarase no caso de que as circunstancias lle sexan de aplicación.
2. No caso de que as persoas interesadas se opoñan á consulta, deberán indicalo no recadro correspondente habilitado no formulario correspondente e achegar os documentos.
Cando así o exixa a normativa aplicable, solicitarase o consentimento expreso da persoa interesada para realizar a consulta.
3. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilite a obtención dos citados datos poderase solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.
Trámites administrativos posteriores á presentación de solicitudes .
Todos os trámites administrativos que as persoas interesadas deban realizar tras a presentación da solicitude deberán ser efectuados electronicamente accedendo á Carpeta cidadá da persoa interesada, dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.
- Fase de solicitude
- Declaración da persoa candidata a ser destinataria da axuda (Anexo III)
Máis información
Localice o procedemento ou servizo na guía de procedementos e servizos, consulte a información do trámite e revise a documentación obrigatoria para presentar a solicitude que figura na pestana "Presentación" no apartado "Documentación para a presentación".
No apartado "Anexos asociados" ten dispoñibles modelos en formato PDF para aqueles documentos para os que se precisan. Se os necesita:
- Primeiro descargue no seu equipo os modelos PDF (asegúrese de que están descargados, non abertos no navegador).
- A continuación cubra os modelos. Se algunha táboa ten filas e non son suficientes pode engadilas nese documento descargado.
- Por último garde ou imprima en versión PDF un arquivo electrónico de cada modelo cuberto.
- Asine o documento, se así se require.
- Para finalizar anexe o modelo ou modelos en PDF na súa presentación.
No caso de que o procedemento non figure na guía, poderá empregar a solicitude xenérica.
Prema en "Tramitar en liña" para iniciar o trámite electrónico.
Identifíquese empregando un certificado electrónico ou Chave365.
Agora xa está dentro do seu espazo persoal "A miña sede".
Cubra o formulario e lembre que pode gardalo para recuperalo máis adiante desde o apartado "Os meus borradores" de "A miña sede".
Cando o teña cuberto, prema en "Continuar".
Anexe a documentación que queira presentar xunto co formulario. Inclúa os modelos cubertos no paso 1.
Pode consultar como enviar ficheiros que non teñen o tamaño ou o formato aceptados por esta sede.
Asine o formulario e a documentación que quere entregar.
Pode facelo cun certificado electrónico empregando a aplicación Autofirma ou, se emprega Chave365, coa clave de sinatura que recibirá no seu móbil.
Descargue o xustificante da presentación.
Poderá tamén acceder a este documento desde o apartado "Os meus expedientes" de "A miña sede".
Consulte como proceder cos documentos de gran tamaño e en distintos formatos
Revise a documentación obrigatoria para o trámite que vai realizar na ficha do procedemento na Guía de procedementos e servizos.
Lembre que este servizo soamente estará disponible desde o espazo "A miña sede" da sede electrónica e naqueles procedementos que teñan habilitados trámites electrónicos posteriores á solicitude cando así o estableza a súa norma reguladora.
Prepare os arquivos electrónicos necesarios e comprobe que utiliza formatos compatibles coa sede: .bmp, .ce3, .cex, .csv, .cte, .dbf, .doc, .docx, .dwg, .dxfn, .gpx, .hexhash, .inp, .jpg, .kml, .kmz, .ods, .odt, .pd2, .pdf, .pdl, .png, .prj, .shp, .shx, .tgd, .tiff, .txt, .xls, .xlsx, .xml, .xsig, .mp4, .avi, .mov e .wmv
O tamaño máximo do conxunto de documentos achegados a unha presentación en esta sede é de 100 MB, e non se admiten arquivos comprimidos.
Comprobe o tamaño total do conxunto de documentos que precisa achegar:
- Se é inferior a 100 MB pode achegar todos os documentos á solicitude
- Se é superior a 100 MB separe os arquivos de máis de 100 MB, agrupe o resto en subconxuntos de documentos que non superen os 100 MB e proceda segundo os seguintes pasos
- Presente a solicitude achegando un subconxunto de documentos de menos de 100 MB.
- Repita o trámite de achega de documentación separada da solicitude para cada un dos subconxuntos restantes de documentos, seguindo estes pasos:
- Unha vez finalizada a presentación acceda ao apartado "Os meus expedientes" de "A miña sede", seleccione o expediente da solicitude que acaba de realizar, pulse na opción "Accións" e seleccione "Achega de documentación separada da solicitude".
- Cubra o formulario e pulse en "continuar"
- Achegue o seguinte subconxunto de documentos
- Asine e complete a achega de documentación separada
- Repita este proceso para cada subconxunto de documentos de menos de 100 MB
Se algún arquivo supera individualmente os 100 MB:
- Proceda segundo se explica nos pasos anteriores para o resto de arquivos
- Descargue no seu equipo o modelo xenérico para a achega de documentación separada
- Cubra o modelo, indicando o expediente ou número de rexistro de entrada da solicitude electrónica realizada e a unidade responsable do procedemento
- Imprima o modelo e presénteo de forma presencial, xunto coa documentación en formato físico -CD, DVD, USB-, en calquera das oficinas de rexistro
Prazo de resolución:
Catro meses
Sentido do silencio:
Negativo
Máis información
Consulte como responder a un requirimento de emenda de documentación
Revise a documentación obrigatoria para o trámite que vai realizar na ficha do procedemento na Guía de procedementos e servizos. Na pestana "Presentación", no apartado "Documentación para a presentación" figura o listado de documentos requiridos para a presentación. No apartado "Anexos asociados" ten dispoñibles os modelos en formato .pdf para aqueles documentos para os que se precisan.
Descargue no seu equipo os modelos que deba presentar e cúbraos. Garde ou imprima a un arquivo electrónico cada modelo cuberto para anexalo posteriormente na presentación.
Acceda ao seu espazo persoal "A miña sede". Identifíquese empregando un certificado electrónico ou Chave365. Busque o expediente relacionado co requirimento e seleccione no menú "Acción" da dereita a opción "Emenda ao requirimento".
* No caso de que o expediente non apareza no seu espazo persoal, ou a opción "Emenda ao requirimento" non estivese dispoñible para ese expediente, poderá realizar electronicamente a emenda utilizando a solicitude xenérica.
Cubra o formulario indicando os datos ou documentos achegados para a emenda.
Anexe os documentos que queira presentar. Inclúa os modelos cubertos no paso 1.
Asine o formulario e os documentos que vai entregar para a emenda.
Pode facelo con certificado electrónico utilizando a aplicación Autofirma ou, se emprega Chave365, coa clave de sinatura que recibirá nunha mensaxe no seu móbil.
Descargue o xustificante de presentación da emenda.
Poderá acceder en calquera momento aos seus xustificantes electrónicos desde o seu espazo persoal "A miña sede".
Coñeza como achegar documentación xustificativa a un expediente en curso
Revise a documentación obrigatoria para o trámite que vai realizar na ficha do procedemento na Guía de procedementos e servizos.
Na pestana "Despois da presentación", no apartado "Xustificación" figura o listado de documentos requiridos para a xustificación. No apartado "Anexos asociados" ten dispoñibles os modelos en formato .pdf para aqueles documentos para os que se precisan.
Descargue no seu equipo os modelos que deba presentar e cúbraos.
Garde ou imprima a un arquivo electrónico cada modelo cuberto para anexalo posteriormente na presentación.
Acceda ao seu espazo persoal "A miña sede".
Identifíquese empregando un certificado electrónico ou Chave365.
Busque o expediente para o que precisa achegar documentación xustificativa. No menú "Acción" que aparece á dereita seleccione a opción "Achega de documentación xustificativa".
* No caso de que o expediente non apareza no seu espazo persoal, ou a opción "Achega de documentación xustificativa" non estivese dispoñible para ese expediente, poderá realizar electronicamente a xustificación utilizando a solicitude xenérica.
Cubra o formulario.
Indique os documentos que achega para a xustificación.
Anexe os documentos que queira presentar para a xustificación. Inclúa os modelos cubertos no paso 1.
Asine o formulario e os documentos que vai entregar para a xustificación.
Pode facelo con certificado electrónico utilizando a aplicación Autofirma ou, se emprega Chave365, coa clave de sinatura que recibirá nunha mensaxe no seu móbil.
Descargue o xustificante de presentación da xustificación.
Poderá acceder en calquera momento aos seus xustificantes electrónicos desde o seu espazo persoal "A miña sede".
Todos os seus expedientes, presentacións e borradores en "A miña sede"
Para xestionar os seus expedientes o primeiro que debe facer é acceder o seu espazo persoal premendo en "A miña sede" e, a continuación, identificarse empregando calquera dos certificados admitidos nesta sede ou Chave365.
Poderá ver na súa bandexa de entrada os seus últimos expedientes, presentacións e borradores.
Verá en pantalla información detallada de cada expediente ou presentación (número de expediente/rexistro, código e nome do procedemento etc.).
Se desexa ver todos os seus expedientes e presentacións, prema no botón "Ver todos/Buscar".
Ao acceder á pantalla de busca, pode buscar expedientes ou borradores por distintos criterios ou localizalos directamente se coñece o código de acceso.
Poderá realizar accións concretas sobre un expediente (achegar documentación adicional, mellorar unha solicitude, modificar os seus datos de notificación etc.) desde:
- A bandexa de entrada dos seus últimos expedientes, presentacións e borradores, premendo o botón "Acción" da columna "Que podo facer?"
- O detalle do expediente electrónico, premendo directamente nas accións dispoñibles da columna "Que podo facer?"