Orientámolo/a, paso a paso, para presentar unha solicitude no rexistro electrónico
IN540A - Axudas aos clústers empresariais galegos para a mellora da competitividade do tecido empresarial
Obxecto
As subvencións reguladas por estas bases teñen por obxecto cinco liñas de axuda: REFORZAMENTO, FORMACIÓN, BOLSEIROS, FUNCIONAMENTO e CONSTITUCIÓN.
a) Liña de Reforzamento
Esta liña de axuda quedará suxeita ao artigo 26 Axudas ás peme para servizos de consultaría do Regulamento xeral de exención por categorías.
Consideraranse subvencionables os servizos de consultaría prestados por consultores externos que teñan por finalidade procurar a mellora competitiva do conglomerado empresarial que represente o cluster. Estes servizos poderán estar dirixidos:
-Ao cluster en colaboración con empresas adheridas ao mesmo, que deberán ter a categoría de pequena ou mediana empresa (peme), e poderán consistir en: elaboración, programación e implementación de accións para a mellora das distintas áreas funcionais das empresas participantes (aprovisionamento, produción, loxística, recursos humanos, financeira, etc). Nesta modalidade, para a consideración de peme estarase ao disposto no Anexo I do citado Regulamento xeral de exención por categorías.
A subvención poderá acadar ata o 50% dos custos subvencionables, sendo esta porcentaxe a intensidade máxima de axuda.
b) Liña de Formación
Esta liña de axuda quedará suxeita á sección 8 Axudas á formación, no que respecta á formación xeral, do Regulamento xeral de exención por categorías.
Dentro desta liña consideraranse subvencionables aquelas accións formativas desenvolvidas ou contratadas polo cluster, que teñan por finalidade procurar a mellora da capacitación do capital humano pertencente ao conglomerado empresarial que represente o cluster.
A subvención poderá acadar ata o 60% dos custos subvencionables, sendo esta porcentaxe a intensidade máxima de axuda.
c) Liña de Bolseiros
Dentro desta liña consideraranse subvencionables aquelas bolsas xestionadas polo cluster, que formen parte dun programa formativo e que teñan por finalidade procurar a capacitación de novo capital humano para o conglomerado empresarial que represente o cluster, mediante a súa incorporación ao propio cluster ou a calquera organización empresarial do conglomerado.
A subvención poderá acadar ata o 100% do custo das bolsas, sendo esta porcentaxe a intensidade máxima de axuda e estando limitado o importe por bolsa e mes a 1.200 .
d) Liña de Funcionamento
Esta liña de axuda quedará suxeita ao Regulamento (CE) nº 1998/2006 da Comisión, do 15 de decembro de 2006, relativo á aplicación dos artigos 87 e 88 do Tratado ás axudas de minimis, ao Regulamento (CE) nº 875/2007 da Comisión, do 24 de xullo de 2007, relativo á aplicación dos artigos 87 e 88 do Tratado CE ás axudas de minimis no sector pesqueiro e que modifica o Regulamento (CE) nº 1860/2004, e ao Regulamento (CE) nº 1535/2007 da Comisión, do 20 de decembro de 2007, relativo á aplicación dos artigos 87 e 88 do Tratado CE ás axudas minimis no sector da produción de produtos agrícolas.
Dentro desta liña consideraranse subvencionables os custos salariais do persoal, técnico e administrativo, pertencente ao cadro de persoal do cluster.
A subvención poderá acadar ata o 100% dos custos subvencionables, sendo esta porcentaxe a intensidade máxima de axuda e estando limitado o importe da subvención a 50.000 por cluster.
e) Liña de Constitución
Esta liña de axuda quedará suxeita ao Regulamento (CE) nº 1998/2006 da Comisión, do 15 de decembro de 2006, relativo á aplicación dos artigos 87 e 88 do Tratado ás axudas de minimis, ao Regulamento (CE) nº 875/2007 da Comisión, do 24 de xullo de 2007, relativo á aplicación dos artigos 87 e 88 do Tratado CE ás axudas de minimis no sector pesqueiro e que modifica o Regulamento (CE) nº 1860/2004, e ao Regulamento (CE) nº 1535/2007 da Comisión, do 20 de decembro de 2007, relativo á aplicación dos artigos 87 e 88 do Tratado CE ás axudas minimis no sector da produción de produtos agrícolas.
Dentro desta liña consideraranse subvencionables aquelas accións desenvolvidas ou contratadas pola entidade promotora dun novo cluster empresarial galego durante o proceso de constitución do mesmo.
A subvención poderá acadar ata o 100% dos custos subvencionables, sendo esta porcentaxe a intensidade máxima de axuda, e estando limitado o importe da subvención a 100.000 por beneficiario.
A quen vai dirixido?
Para a liña de Constitución poderán ser beneficiarios das subvencións, sen prexuízo de reunir os demais requisitos establecidos nas bases, as entidades que promovan a constitución dun novo cluster empresarial galego, naquelas cadeas económicas ou conglomerados empresariais que non estean representados por un cluster empresarial galego xa constituído.
A onde acudir
Xunta de Galicia
Vicepresidencia 2ª e Consellería de Economía, Empresa e Innovación
Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais
Edificios Administrativos San Caetano, s/n
15781 Santiago de Compostela (Coruña, A)
Teléfono: 981544578
Fax: 981545515
Órgano responsable
Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais
Normativa
Ámbito Autonómico
Orde do 29 de marzo de 2011 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións, en réxime de concorrencia competitiva, para a mellora da competitividade do tecido empresarial da Comunidade Autónoma de Galicia mediante o apoio á creación e consolidación dos clusters empresariais galegos, e se procede á súa convocatoria para o ano 2011 (código de procedemento IN540A) (DOG nº 67 de 5 de abril de 2011).
Ámbito Europeo
Regulamento (CE) nº 800/2008 da Comisión, do 6 de agosto de 2008, polo que se declaran determinadas categorías de axuda compatibles co mercado común en aplicación dos artigos 87 e 88 do Tratado (Regulamento xeral de exención por categorías).
Regulamento (CE) nº 1998/2006 da Comisión, do 15 de decembro de 2006, relativo á aplicación dos artigos 87 e 88 do Tratado ás axudas de minimis.
Regulamento (CE) nº 875/2007 da Comisión, do 24 de xullo de 2007, relativo á aplicación dos artigos 87 e 88 do Tratado CE ás axudas de minimis no sector pesqueiro e que modifica o Regulamento (CE) nº 1860/2004.
Regulamento (CE) nº 1535/2007 da Comisión, do 20 de decembro de 2007, relativo á aplicación dos artigos 87 e 88 do Tratado CE ás axudas minimis no sector da produción de produtos agrícolas.
Prazo
Prazo de presentación: PECHADO
06/04/2011 - 05/05/2011
Un mes, contado deSde o día seguinte ao da publicación desta orde no DOG
Documentación para a presentación
- Os formularios normalizados de solicitude de subvención regulados nesta orde deberaos obter, cubrir, validar e imprimir necesariamente o solicitante a traves da aplicación informática Axudas virtual (procedemento IN540A), dispoñible no enderezo da internet https://axudasindustria.xunta.es/att. Tamen se pode acceder, na oficina virtual desta consellería, sita no enderezo http://economiaeindustria.xunta.es e no enderezo http://www.xunta.es/presentación-electronica-da-xunta-de-galicia facendo uso do enlace dispoñible co procedemento IN540A.
E deberán acompañarse da seguinte documentación (orixinal ou copia compulsada): - Acta e estatutos de constitución e modificacións posteriores, se e o caso, e acreditación da súa inscrición no rexistro correspondente, así como o código de identificación fiscal.
- Poder suficiente do representante da entidade solicitante, acompañado do seu documento nacional de identidade.
Alternativamente á presentación do DNI, a persoa representante poderá dar o seu consentimento para que o órgano instrutor comprobe os seus datos de carácter persoal, por medio de conexión telemática co servizo horizontal de acceso aos sistemas de verificación de datos de identidade e de residencia do Ministerio de Administracións Públicas, de acordo co disposto nos artigos 2º.2 e 3º.2 do Decreto 255/2008, do 23 de outubro, polo que se simplifica a documentación para a tramitación dos procedementos administrativos e se fomenta a utilización de medios electrónicos. - Datos da entidade solicitante (modelo normalizado do anexo III).
- Memoria e orzamento de cada unha das actuacións para as que se solicita subvención (modelo normalizado do anexo IV).
- Declaración responsable de non estar incurso en ningunha das circunstancias previstas nos puntos 2 e 3 do artigo 10º da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia (modelo normalizado do anexo V).
- Para cada unha das actuacións, declaración expresa sobre a concesión ou solicitude doutras axudas ou subvencións para a mesma finalidade, procedentes de calquera Administración ou calquera dos seus organismos, entes públicos ou privados, nacionais ou internacionais (modelo normalizado do anexo VI).
- Para as liñas de Funcionamento e Constitución, declaración expresa sobre a concesión ou solicitude nos últimos tres anos doutras axudas ou subvencións, amparadas pola cláusula de minimis, procedentes de calquera Administración ou calquera dos seus organismos ou entes públicos ou privados, nacionais ou internacionais (modelo normalizado do anexo VII).
- No caso de estar exento do imposto sobre o valor engadido (IVE), documentación acreditativa da mencionada exención.
- Certificacións expedidas polos organismos competentes, acreditativas de estar ao día no cumprimento das súas obrigas tributarias e coa Seguridade Social, e de non ter pendente de pagamento ningunha debeda, por ningún concepto, coa Administración pública da Comunidade Autónoma, no caso de que o solicitante denegase expresamente a autorización ao órgano xestor para que solicite de oficio estas certificacións.
Como podo?
+Como podo? Presentar unha solicitude
Prepare a información e os documentos a achegar
Inicie o trámite electrónico e identifíquese
Cubra o formulario
Anexe os documentos
Asine a solicitude
Descargue o xustificante
Localice o procedemento ou servizo na guía de procedementos e servizos, consulte a información do trámite e revise a documentación obrigatoria para presentar a solicitude que figura na pestana "Presentación" no apartado "Documentación para a presentación".
No apartado "Anexos asociados" ten dispoñibles modelos en formato .pdf para aqueles documentos para os que se precisan. Descargue no seu equipo os modelos que deba presentar e cúbraos. Garde ou imprima a un arquivo electrónico de cada modelo cuberto para anexalo posteriormente na presentación.
No caso de que o procedemento non figure na guía, poderá empregar a solicitude xenérica.
Prema en "Tramitar en liña" para iniciar o trámite electrónico.
Identifíquese empregando un certificado electrónico ou Chave365.
Agora xa está dentro do seu espazo persoal "A miña sede".
Cubra o formulario e lembre que pode gardalo para recuperalo máis adiante desde o apartado "Os meus borradores" de "A miña sede".
Cando o teña cuberto, prema en "Continuar".
Anexe a documentación que queira presentar xunto co formulario. Inclúa os modelos cubertos no paso 1.
Pode consultar como enviar ficheiros que non teñen o tamaño ou o formato aceptados por esta sede.
Asine o formulario e a documentación que quere entregar.
Pode facelo cun certificado electrónico empregando a aplicación Autofirma ou, se emprega Chave365, coa clave de sinatura que recibirá no seu móbil.
Descargue o xustificante da presentación.
Poderá tamén acceder a este documento desde o apartado "Os meus expedientes" de "A miña sede".
Consulte como proceder cos documentos de gran tamaño e en distintos formatos
Como podo? Presentar documentación de gran tamaño
Prepare a documentación a achegar
Comprobe o tamaño dos arquivos electrónicos
Presente electronicamente os documentos de tamaño inferior a 50 MB
Presente presencialmente os arquivos que superen os 50 MB
Revise a documentación obrigatoria para o trámite que vai realizar na ficha do procedemento na Guía de procedementos e servizos.
Lembre que este servizo soamente estará disponible desde o espazo "A miña sede" da sede electrónica e naqueles procedementos que teñan habilitados trámites electrónicos posteriores á solicitude cando así o estableza a súa norma reguladora.
Prepare os arquivos electrónicos necesarios e comprobe que utiliza formatos compatibles coa sede: .bmp, .ce3, .cex, .csv, .cte, .dbf, .doc, .docx, .dwg, .dxfn, .hexhash, .inp, .jpg, .ods, .odt, .pd2, .pdf, .pdl, .png, .prj, .shp, .shx, .tiff, .txt, .xls, .xlsx, .xml, .tgd, .kmz, .kml e .gpx
O tamaño máximo do conxunto de documentos achegados a unha presentación en esta sede é de 50 MB, e non se admiten arquivos comprimidos.
Comprobe o tamaño total do conxunto de documentos que precisa achegar:
- Se é inferior a 50 MB pode achegar todos os documentos á solicitude
- Se é superior a 50 MB separe os arquivos de máis de 50 MB, agrupe o resto en subconxuntos de documentos que non superen os 50 MB e proceda segundo os seguintes pasos
- Presente a solicitude achegando un subconxunto de documentos de menos de 50 MB.
- Repita o trámite de achega de documentación separada da solicitude para cada un dos subconxuntos restantes de documentos, seguindo estes pasos:
- Unha vez finalizada a presentación acceda ao apartado "Os meus expedientes" de "A miña sede", seleccione o expediente da solicitude que acaba de realizar, pulse na opción "Accións" e seleccione "Achega de documentación separada da solicitude".
- Cubra o formulario e pulse en "continuar"
- Achegue o seguinte subconxunto de documentos
- Asine e complete a achega de documentación separada
- Repita este proceso para cada subconxunto de documentos de menos de 50 MB
Se algún arquivo supera individualmente os 50 MB:
- Proceda segundo se explica nos pasos anteriores para o resto de arquivos
- Descargue no seu equipo o modelo xenérico para a achega de documentación separada
- Cubra o modelo, indicando o expediente ou número de rexistro de entrada da solicitude electrónica realizada e a unidade responsable do procedemento
- Imprima o modelo e presénteo de forma presencial, xunto coa documentación en formato físico -CD, DVD, USB-, en calquera das oficinas de rexistro
Resolución
Prazo de resolución: 6 meses
Sentido do silencio: NEGATIVO
Como podo?
+Consulte como responder a un requirimento de emenda de documentación
Como podo? Responder a un requirimento de emenda
Prepare a información e os documentos a achegar
Inicie o trámite electrónico
Cubra o formulario de emenda
Anexe os documentos requiridos
Asine o formulario
Descargue o xustificante
Revise a documentación obrigatoria para o trámite que vai realizar na ficha do procedemento na Guía de procedementos e servizos. Na pestana "Presentación", no apartado "Documentación para a presentación" figura o listado de documentos requiridos para a presentación. No apartado "Anexos asociados" ten dispoñibles os modelos en formato .pdf para aqueles documentos para os que se precisan.
Descargue no seu equipo os modelos que deba presentar e cúbraos. Garde ou imprima a un arquivo electrónico cada modelo cuberto para anexalo posteriormente na presentación.
Acceda ao seu espazo persoal "A miña sede". Identifíquese empregando un certificado electrónico ou Chave365. Busque o expediente relacionado co requirimento e seleccione no menú "Acción" da dereita a opción "Emenda ao requirimento".
* No caso de que o expediente non apareza no seu espazo persoal, ou a opción "Emenda ao requirimento" non estivese dispoñible para ese expediente, poderá realizar electronicamente a emenda utilizando a solicitude xenérica.
Cubra o formulario indicando os datos ou documentos achegados para a emenda.
Anexe os documentos que queira presentar. Inclúa os modelos cubertos no paso 1.
Asine o formulario e os documentos que vai entregar para a emenda.
Pode facelo con certificado electrónico utilizando a aplicación Autofirma ou, se emprega Chave365, coa clave de sinatura que recibirá nunha mensaxe no seu móbil.
Descargue o xustificante de presentación da emenda.
Poderá acceder en calquera momento aos seus xustificantes electrónicos desde o seu espazo persoal "A miña sede".
Coñeza como achegar documentación xustificativa a un expediente en curso
Como podo? Achegar documentación xustificativa
Prepare a información e os documentos a achegar
Inicie o trámite electrónico
Cubra o formulario
Anexe os documentos requiridos
Asine o formulario
Descargue o xustificante
Revise a documentación obrigatoria para o trámite que vai realizar na ficha do procedemento na Guía de procedementos e servizos.
Na pestana "Despois da presentación", no apartado "Xustificación" figura o listado de documentos requiridos para a xustificación. No apartado "Anexos asociados" ten dispoñibles os modelos en formato .pdf para aqueles documentos para os que se precisan.
Descargue no seu equipo os modelos que deba presentar e cúbraos.
Garde ou imprima a un arquivo electrónico cada modelo cuberto para anexalo posteriormente na presentación.
Acceda ao seu espazo persoal "A miña sede".
Identifíquese empregando un certificado electrónico ou Chave365.
Busque o expediente para o que precisa achegar documentación xustificativa. No menú "Acción" que aparece á dereita seleccione a opción "Achega de documentación xustificativa".
* No caso de que o expediente non apareza no seu espazo persoal, ou a opción "Achega de documentación xustificativa" non estivese dispoñible para ese expediente, poderá realizar electronicamente a xustificación utilizando a solicitude xenérica.
Cubra o formulario.
Indique os documentos que achega para a xustificación.
Anexe os documentos que queira presentar para a xustificación. Inclúa os modelos cubertos no paso 1.
Asine o formulario e os documentos que vai entregar para a xustificación.
Pode facelo con certificado electrónico utilizando a aplicación Autofirma ou, se emprega Chave365, coa clave de sinatura que recibirá nunha mensaxe no seu móbil.
Descargue o xustificante de presentación da xustificación.
Poderá acceder en calquera momento aos seus xustificantes electrónicos desde o seu espazo persoal "A miña sede".
Todos os seus expedientes, presentacións e borradores en "A miña sede"
Como podo? Consultar e xestionar os meus expedientes
Acceda ao seu espazo persoal
Os seus procedementos e borradores
Que podo facer?
Para xestionar os seus expedientes o primeiro que debe facer é acceder o seu espazo persoal premendo en "A miña sede" e, a continuación, identificarse empregando calquera dos certificados admitidos nesta sede ou Chave365.
Poderá ver na súa bandexa de entrada os seus últimos expedientes, presentacións e borradores.
Verá en pantalla información detallada de cada expediente ou presentación (número de expediente/rexistro, código e nome do procedemento etc.).
Se desexa ver todos os seus expedientes e presentacións, prema no botón "Ver todos/Buscar".
Ao acceder á pantalla de busca, pode buscar expedientes ou borradores por distintos criterios ou localizalos directamente se coñece o código de acceso.
Poderá realizar accións concretas sobre un expediente (achegar documentación adicional, mellorar unha solicitude, modificar os seus datos de notificación etc.) desde:
- A bandexa de entrada dos seus últimos expedientes, presentacións e borradores, premendo o botón "Acción" da columna "Que podo facer?"
- O detalle do expediente electrónico, premendo directamente nas accións dispoñibles da columna "Que podo facer?"