Guía de procedementos e servizos

IN519F

Axudas encamiñadas á modernización tecnolóxica e dixital nas estacións de servizo de ámbito rural da Comunidade Autónoma de Galicia, así como ao desenvolvemento de actuacións dirixidas a mellorar a súa seguridade

Procedemento dirixido a: Empresas e profesionais

Convocatoria 2025 - Prazo pechado: 11/07/2025 00:00 - 25/08/2025 23:59

Consellería de Economía e Industria

Sobre o procedemento

Regular a concesión de subvencións para a realización de actuacións de modernización tecnolóxica e dixital nas estacións de servizo de ámbito rural da Comunidade Autónoma de Galicia, así como o desenvolvemento de actuacións dirixidas a mellorar a súa seguridade, para o ano 2025, promovendo a mellora da eficiencia operativa, o acceso a servizos financeiros por parte da poboación, e o desenvolvemento económico mediante a incorporación de tecnoloxías innovadoras.

1. Poderán ser entidades beneficiarias das subvencións, sen prexuízo de reuniren os demais requisitos establecidos nestas bases reguladoras, as pemes legalmente constituídas e os empresarios autónomos, titulares de estacións de servizo situadas nos concellos da Comunidade Autónoma de Galicia de menos de 20.000 habitantes, de acordo cos últimos datos publicados polo Instituto Galego de Estatística, que realicen investimentos de acordo co obxecto desta orde para a modernización tecnolóxica e dixital das estacións de servizo, sempre e cando cumpran os seguintes requisitos:

a) Que a empresa figure de alta na clase 47.30 Comercio polo miudo de combustible para automóbiles do Real decreto 10/2025, do 14 de xaneiro, polo que se aproba a Clasificación nacional de actividades económicas 2025 (CNAE-2025).

b) Ter como mínimo dous empregados contratados por conta allea e dados de alta con contratos indefinidos. Para as estacións de servizo situadas en concellos cunha poboación inferior a 2.000 habitantes, será suficiente con ter un empregado contratado por conta allea con contrato indefinido ou que o titular sexa un empresario autónomo.

c) Que a estación de servizo figure inscrita no Rexistro de Instalacións de Distribución polo Miúdo de Produtos Petrolíferos Líquidos.

Os requisitos para obter a condición de persoa beneficiaria deberanse cumprir, como moi tarde, na data límite de remate do prazo de presentación de solicitudes.

2. Non poderán obter a condición de entidade beneficiaria as persoas ou entidades en que concorra algunha das circunstancias previstas no artigo 13.2 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, e no artigo 10.2 e 10.3 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

3. Non poderán ter a condición de persoas beneficiarias as empresas en que concorra algunha das causas de exclusión previstas no artigo 1 do Regulamento (UE) nº 2023/2831 da Comisión, do 13 de decembro de 2023, relativo á aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado de funcionamento da Unión Europea ás axudas de minimis.

4. Non poderán obter a condición de beneficiarias as empresas suxeitas a unha orde de recuperación pendente tras unha decisión previa da Comisión que declarase unha axuda ilegal e incompatible co mercado común.

Xunta de Galicia

Consellería de Economía e Industria

Secretaría Xeral de Industria e Desenvolvemento Enerxético

Dirección Xeral de Estratexia Industrial e Solo Empresarial

Subdirección Xeral de Administración e Seguridade Industrial

Complexo Administrativo San Lázaro, s/n

15781  Santiago de Compostela  (Coruña, A)

Teléfono: 981545572

Fax: 981957192

Email: cei.sxai@xunta.gal

Dirección Xeral de Estratexia Industrial e Solo Empresarial
Requisitos e documentación

Prazo de presentación: PECHADO

11/07/2025 00:00 - 25/08/2025 23:59

O prazo de presentación de solicitudes será de 45 días naturais contado desde o día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

Solicitudes

As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado (anexo II) dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal

De conformidade co artigo 68.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, se algunha das persoas interesadas presenta a súa solicitude presencialmente, será requirida para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela en que sexa realizada a emenda.

Para a presentación electrónica poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).

As solicitudes (anexo II) subscribiranas directamente os interesados ou unha persoa que acredite a súa representación por calquera medio válido en dereito.

Cada solicitante poderá presentar unha única solicitude por cada estación de servizo. No caso de que un solicitante presente para unha mesma estación de servizo máis dunha solicitude, unicamente sería admisible a trámite a presentada en primeiro lugar no rexistro de entrada.

Cada solicitude poderá recoller unha ou varias actuacións de distinta tipoloxía dentro das consideradas no artigo 3.1 destas bases reguladoras.

Documentación

As persoas interesadas deberán achegar coa solicitude a seguinte documentación:

a) Autorización para a representación segundo o anexo III, cando proceda.

b) Documento oficial en que conste o código CNAE correspondente á actividade da empresa, tal como declaración censual, declaración de vida laboral, imposto de actividades económicas, etc.

c) Para a acreditación da condición de pequena ou mediana empresa, deberanse achegar:

1º. Contas anuais da empresa solicitante e das empresas asociadas ou vinculadas, correspondentes ao último exercicio contable pechado, co xustificante de seren depositadas no rexistro correspondente.

2º. Relación nominal de traballadores (RNT) expedida pola Tesouraría Xeral da Seguridade Social.

d) Memoria descritiva das actuacións que se pretenden desenvolver, detallando as adquisicións previstas e incluíndo un orzamento desagregado por partidas.

e) Características técnicas dos equipamentos para os cales se solicita a axuda, subministradas polo fabricante (catálogo, certificado ou ficha técnica do fabricante), onde se inclúan datos da potencia dos equipamentos.

f) Cando o investimento sen IVE da actuación sexa inferior a 15.000 €, o beneficiario deberá achegar unha oferta que avale o orzamento do proxecto.

Cando o investimento sen IVE da actuación que se subvenciona supoña un gasto para o beneficiario igual ou superior a 15.000 €, deberán solicitarse como mínimo tres ofertas de diferentes provedores con carácter previo á contratación, e presentalas xunto coa solicitude de axuda.

As ofertas presentadas para cada gasto deberán cumprir cos seguintes requisitos:

1º. Deberán proceder de empresas que teñan como obxecto social a fabricación ou subministración dos bens ou servizos incluídos na oferta. Non poderán proceder de empresas vinculadas entre elas, nin co solicitante. Para estes efectos, considérase que existe vinculación entre empresas segundo o recollido no artigo 27.7 da Lei 9/2007, de subvencións de Galicia, e o artigo 43.2 do Decreto 11/2009, que desenvolve a citada lei; así mesmo, tomarase en consideración o concepto de «única empresa» establecido no artigo 2.2 do Regulamento (UE) nº 2023/2831.

2º. Deberán incluír, como mínimo, o NIF, o nome e o enderezo da empresa oferente, o nome ou razón social da empresa solicitante da axuda, a data de expedición e unha descrición detallada dos conceptos ofertados. Para que a descrición dos conceptos se considere detallada deberá incluír, no caso de obra civil e instalacións, a relación pormenorizada e cuantificada das unidades de obra que inclúa, no caso de subministración de maquinaria e equipamentos, a súa marca, o modelo, así como as características técnicas, e no caso de prestación de servizos, a descrición detallada destes.

3º. Non serán admisibles as ofertas emitidas por provedores que non teñan capacidade para a subministración do ben ou servizo ou que parezan de compracencia (contido e formato idénticos ou extremadamente similares entre ofertas, erros idénticos ou aparencia non habitual, entre outros).

4º. O solicitante da axuda deberá achegar unha memoria cando a elección non recaia na proposta económica máis vantaxosa, que terá que incluír unha comparación das especificacións técnicas dos elementos ofertados e o motivo da elección.

5º. Excepcionalmente, no caso de conceptos subvencionables que, polas súas especiais características, non exista no mercado suficiente número de entidades que o subministren, a moderación de custos poderá xustificarse alternativamente mediante un informe acreditativo desta circunstancia asinado por un experto independente.

3. De conformidade co artigo 28.3 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, non será necesario achegar os documentos que xa foron presentados anteriormente pola persoa interesada ante calquera Administración. Neste caso, a persoa interesada deberá indicar en que momento e ante que órgano administrativo presentou os ditos documentos, que serán recadados electronicamente a través das redes corporativas ou mediante consulta ás plataformas de intermediación de datos ou outros sistemas electrónicos habilitados para o efecto, agás que conste no procedemento a oposición expresa da persoa interesada. De forma excepcional, se non se poden obter os citados documentos, poderá solicitarse novamente á persoa interesada a súa achega.

4. A documentación complementaria deberá presentarse electronicamente. Se algunha das persoas interesadas presenta a documentación complementaria presencialmente, será requirida para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación aquela en que sexa realizada a emenda.

As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, cando a relevancia do documento no procedemento o exixa ou existan dúbidas derivadas da calidade da copia, a Administración poderá solicitar de maneira motivada o cotexo das copias achegadas polas persoas interesadas, para o que poderá requirir a exhibición do documento ou da información orixinal.

5. Sempre que se realice a presentación de documentación separadamente da solicitude deberase indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente, se se dispón del.

6. No caso de que algún dos documentos que se presente de forma electrónica supere os tamaños máximos establecidos ou teña un formato non admitido pola sede electrónica da Xunta de Galicia, permitirase a presentación deste de forma presencial dentro dos prazos previstos e na forma indicada no parágrafo anterior. A información actualizada sobre o tamaño máximo e os formatos admitidos pode consultarse na sede electrónica da Xunta de Galicia.

7. A presentación da solicitude implica o coñecemento e a aceptación destas bases reguladoras.

Trámites administrativos posteriores á presentación da solicitude

Todos os trámites administrativos que as persoas interesadas deban realizar tras a presentación da solicitude deberán ser efectuados electronicamente accedendo á Carpeta cidadá da persoa interesada dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.

Comprobación de datos

1. Para a tramitación deste procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos en poder da Administración actuante ou elaborados polas administracións públicas, agás que a persoa interesada se opoña á súa consulta:

a) DNI/NIE da persoa solicitante.

b) NIF da entidade solicitante.

c) DNI/NIE da persoa representante.

d) NIF da entidade representante.

e) Certificado de estar ao día no pagamento coa Seguridade Social.

f) Certificado de estar ao día no pagamento de obrigas tributarias coa AEAT.

g) Certificado de estar ao día no pagamento coa Consellería de Facenda e Administración Pública da Xunta de Galicia.

h) Imposto de actividades económicas (IAE) da persoa ou entidade solicitante.

i) Consulta de vida laboral dos últimos 12 meses.

j) Consulta de concesións de subvencións e axudas.

k) Consulta de inhabilitacións para obter subvencións e axudas.

l) Concesións pola regra de minimis.

2. No caso de que as persoas interesadas se opoñan á consulta, deberán indicalo no recadro habilitado no formulario correspondente e achegar os documentos.

Cando así o exixa a normativa aplicable solicitarase o consentimento expreso da persoa interesada para realizar a consulta.

3. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilite a obtención dos citados datos, poderase solicitar ao solicitante a presentación dos documentos correspondentes.

Despois de presentar

Prazo de resolución:

Cinco meses

Sentido do silencio:

Negativo

Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"

Normativa
  • Ámbito Autonómico
    • Orde do 30 de xuño de 2025 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das axudas encamiñadas á modernización tecnolóxica e dixital nas estacións de servizo de ámbito rural da Comunidade Autónoma de Galicia, así como ao desenvolvemento de actuacións dirixidas a mellorar a súa seguridade, e se procede á súa convocatoria para o ano 2025 (DOG nº 131 do 10 de xullo de 2025).

    • Extracto da Orde do 30 de xuño de 2025 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das axudas encamiñadas á modernización tecnolóxica e dixital nas estacións de servizo de ámbito rural da Comunidade Autónoma de Galicia, así como ao desenvolvemento de actuacións dirixidas a mellorar a súa seguridade, e se procede á súa convocatoria para o ano 2025 (DOG nº 131 do 10 de xullo de 2025).

    • Resolución do 13 de outubro de 2025, da Dirección Xeral de Estratexia Industrial e Solo Empresarial, pola que se dá publicidade das beneficiarias das axudas concedidas ao abeiro da Orde do 30 de xuño de 2025 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das axudas encamiñadas á modernización tecnolóxica e dixital nas estacións de servizo de ámbito rural da Comunidade Autónoma de Galicia, así como ao desenvolvemento de actuacións dirixidas a mellorar a súa seguridade, e se procede á súa convocatoria para o ano 2025 (DOG nº 203 do 21 de outubro de 2025).

    • Orde do 29 de outubro de 2025 pola que se amplía o prazo de xustificación da subvención establecido na Orde do 30 de xuño de 2025 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das axudas encamiñadas á modernización tecnolóxica e dixital nas estacións de servizo de ámbito rural da Comunidade Autónoma de Galicia, así como ao desenvolvemento de actuacións dirixidas a mellorar a súa seguridade, e se procede á súa convocatoria para o ano 2025 (DOG nº 210 do 30 de outubro de 2025).

    • Orde do 29 de outubro de 2025 pola que se amplía o prazo de xustificación da subvención establecido na Orde do 30 de xuño de 2025 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das axudas encamiñadas á modernización tecnolóxica e dixital nas estacións de servizo de ámbito rural da Comunidade Autónoma de Galicia, así como ao desenvolvemento de actuacións dirixidas a mellorar a súa seguridade, e se procede á súa convocatoria para o ano 2025 (DOG nº 210 do 30 de outubro de 2025).

Descargar o contido desta ficha en formato PDF

Outros procedementos relacionados

FA005A

Comunicación da información estatístico-contable anual dos corredores de seguros e reaseguros e dos axentes de seguros vinculados e dos operadores de banca-seguros vinculados.

Prazo aberto: 01/03/2026 00:00 - 30/04/2026 23:59

FA701A

Inscrición no Rexistro Xeral de Contratistas da Comunidade Autónoma de Galicia.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

FA701B

Modificación da Inscrición no Rexistro Xeral de Contratistas da Comunidade Autónoma de Galicia.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

IF504E

Actividade comercial portuaria de subministro de combustible a buques, e outras instalacións fixas e móbiles, mediante medios móbiles terrestres.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano