Orientámolo/a, paso a paso, para presentar unha solicitude no rexistro electrónico
IN423B - Axudas para a renovación de cubertas con tella cerámica.
Obxecto
Esta orde ten por obxecto aprobar as bases, que se inclúen como anexo I, polas que se rexerá a concesión de subvencións da Consellería de Economía, Emprego e Industria en réxime de concorrencia non competitiva, para a renovación de cubertas con tella cerámica na Comunidade Autónoma de Galicia.
Así mesmo, por medio desta orde convócanse as devanditas subvencións para o ano 2017.
As subvencións reguladas por estas bases teñen por obxecto fomentar a renovación de cubertas con tella cerámica acadando melloras significativas na demanda enerxética dos edificios cos conseguintes aforros en termos económicos.
O procedemento de concesión destas subvencións tramitarase en réxime de concorrencia non competitiva, de acordo co establecido na Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, que no seu artigo 19.2 establece que as bases reguladoras das convocatorias de axudas poderán exceptuar do requisito de fixar unha orde de prelación entre as solicitudes presentadas que reúnan os requisitos establecidos cando, polo obxecto e finalidade da subvención, non sexa necesario realizar a comparación e prelación das solicitudes presentadas nun único procedemento ata o esgotamento do crédito orzamentario.
Actuacións e gastos subvencionables.
1. A actuación subvencionable será a renovación de cubertas existentes de edificios de vivenda colectiva ou vivendas unifamiliares, xunto coas súas instalacións anexas, de ser o caso, por unha cuberta de tella cerámica. Non se admitirán as solicitudes que consistan na realización de obras ou traballos de renovacións parciais da cuberta.
2. A renovación ten que cumprir ou mellorar as exixencias mínimas que fixa o Código técnico da edificación no documento «DB HE-1 Limitación da demanda enerxética».
3. Con carácter xeral, e de acordo co establecido no artigo 29 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, considéranse gastos subvencionables aqueles que de xeito indubidable, respondan á natureza da actividade subvencionable.
As actuacións e os gastos subvencionables deberán estar realizados e efectivamente pagados con anterioridade á data de xustificación establecida no artigo 17.
Consideraranse custos subvencionables, aqueles gastos que se xeren e que sexan directamente imputables ás actuacións de renovación de cubertas, realizados desde o 1 de xaneiro de 2017 ata a data de xustificación establecida no artigo 17, en concreto:
• Custos de materiais das novas cubertas de tella cerámica.
• Custos de desmontaxe das cubertas existentes.
• Custos de montaxe das novas cubertas de tella cerámica.
• Custos das memorias básicas, informes técnicos e certificados necesarios ou proxectos de arquitectura ou enxeñaría na parte correspondente ás actuacións que se vaian subvencionar.
• Custos de licenzas.
• Custos non subvencionables:
• A sustitución ou instalación de carpintarías exteriores (fiestras, canalóns, etc.) e vidros, así como chemineas.
• Os gastos e custos financeiros, como consecuencia do investimento.
• Os gastos realizados en bens usados.
O imposto sobre o valor engadido (IVE) subvencionarase cando non sexa susceptible de recuperación ou compensación.
4. Cando o importe do gasto subvencionable supere as contías establecidas no Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público, para o contrato menor, a persoa beneficiaria deberá solicitar, como mínimo, tres ofertas de diferentes provedores, con carácter previo á contratación do compromiso para a obra, a prestación do servizo ou a entrega do ben, salvo que polas súas especiais características non exista no mercado suficiente número de entidades que as realicen, presten ou subministren ou salvo que o gasto se tivese realizado con anterioridade á solicitude da subvención.
A elección entre as ofertas presentadas, que deberá achegarse xunto coa solicitude, realizarase conforme os criterios de eficacia e economía, e no suposto de non recaer a adxudicación na proposta económica máis vantaxosa, deberán achegar unha memoria na que se xustifique expresamente a elección do adxudicatario do contrato.
5. Permítese a subcontratación total ou parcial, pola persoa beneficiaria das actuacións subvencionables, sempre que se axusten ás previsións dispostas no artigo 27 da Lei 9/2007 do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
A quen vai dirixido?
Poderán ser persoas beneficiarias das subvencións, sen prexuízo de reunir os demais requisitos establecidos nestas bases, as persoas físicas ou as comunidades de propietarios, sempre que a actuación subvencionable descrita no artigo 2 desta orde se realice en vivendas ou edificios de vivenda colectiva e nas súas edificacións anexas da súa titularidade, sitos na Comunidade Autónoma de Galicia.
Obrigas das persoas beneficiarias.
a) Executar as actuacións que fundamenten a concesión da subvención.
b) Xustificar ante o órgano concedente o cumprimento dos requisitos e das condicións, así como a realización das actuacións e o cumprimento da finalidade que determinen a concesión ou o goce da subvención.
c) Obter todos os permisos e licenzas que se requiran para o desenvolvemento dos traballos obxecto da axuda, así como cumprir cos requisitos establecidos nas normativas de aplicación, especificamente as relativas á marcaxe CE e á colocación.
d) Someterse ás actuacións de comprobación que serán efectuadas polo órgano concedente, así como a calquera outra actuación de comprobación e control financeiro que poidan realizar os órganos de control competentes, tanto autonómicos como estatais ou comunitarios, para o que achegará canta información lle sexa requirida no exercicio das actuacións anteriores.
e) Comunicarlle ao órgano concedente a obtención doutras subvencións, axudas, ingresos ou recursos que financien as actividades subvencionadas, así como a modificación das circunstancias que fundamentasen a concesión da subvención. Esta comunicación deberá efectuarse no momento en que se coñeza e, en todo caso, con anterioridade á xustificación da aplicación dada aos fondos percibidos.
f) Dispoñer dos documentos debidamente auditados nos termos exixidos pola lexislación sectorial aplicable á persoa beneficiaria en cada caso.
g) Conservar os documentos xustificativos da aplicación de fondos recibidos, incluídos os documentos electrónicos, mentres poidan ser obxecto das actuacións de comprobación e control.
h) En cumprimento do artigo 15.3 da Lei 9/2007, de subvencións de Galicia, no caso da promoción ou difusión pública que as persoas beneficiarias realicen da actuación subvencionada por calquera soporte, deberá constar o cofinanciamento con fondos da Xunta de Galicia a través da Consellería de Economía, Emprego e Industria, que se efectuará incorporando de forma visible o símbolo e logotipo da Xunta de Galicia.
i) Proceder ao reintegro dos fondos percibidos nos supostos establecidos no artigo 33 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
j) Se é o caso, non disolver a comunidade de propietarios ata que transcorra o prazo de prescrición establecido nos artigos 35 e 63 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
k) En virtude do disposto no artigo 4 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, as persoas físicas e xurídicas beneficiarias de subvencións están obrigadas a subministrar á Administración, ao organismo ou á entidade das previstas no artigo 3.1 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo gobernó, a que se atopen vinculadas, logo de requerimento, toda a información necesaria para ao cumprimento por aquela das obrigas previstas no título I da citada lei.
Requisitos
- Non poderán obter a condición de persoa beneficiaria, as persoas físicas nas que concorra algunha das circunstancias previstas no artigo 10.2 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia e na súa normativa de desenvolvemento.
- En ningún caso o obxecto da subvención se destinará nin se adscribirá a ningunha actividade empresarial ou profesional.
- As persoas beneficiarias obríganse a facilitar canta información lles sexa requirida pola Dirección Xeral de Enerxía e Minas no exercicio das súas funcións de fiscalización do destino das axudas.
A onde acudir
Xunta de Galicia
Vicepresidencia 2ª e Consellería de Economía, Empresa e Innovación
Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais
Subdirección Xeral de Recursos Minerais
Servizo de Xestión Mineira
San Caetano, s/n
15781 Santiago de Compostela (Coruña, A)
Teléfono: 981957092 / 981545588
Fax: 981545515
Email: cei.dxiem.axudasminas@xunta.gal
Órgano responsable
Servizo de Xestión Mineira
Normativa
Ámbito Autonómico
Orde do 19 de xuño de 2017 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións, en réxime de concorrencia non competitiva, para a renovación de cubertas con tella cerámica, e se procede á súa convocatoria para o ano 2017 (DOG nº 128 do 6 de xullo de 2017).
Prazo
Prazo de presentación: PECHADO
07/07/2017 - 06/10/2017
O prazo para cubrir e validar as solicitudes será de tres meses desde o día seguinte ao da publicación desta orde no DOG, agás que se produza o suposto de esgotamento de crédito.
No suposto de que antes de finalizar o prazo de presentación de solicitudes se esgotase o crédito establecido na convocatoria, o órgano concedente acordará a inadmisión de solicitudes e publicará tal circunstancia no DOG e na páxina web da Consellería.
Documentación para a presentación
- As persoas interesadas deberán achegar coa solicitude a seguinte documentación:
- A. Documentación xenérica:
- a) No caso de que o solicitante sexa unha comunidade de propietarios, achegarase:
• Copia da acta da xunta de propietarios onde conste o nomeamento do presidente ou certificado do secretario.
• Copia da acta da xunta de propietarios aprobatoria da renovación da cuberta ou certificado do secretario.
• Copia da acta da xunta de propietarios aprobatoria da solicitude da subvención ou certificado do secretario.
- b) Acreditación da titularidade do edificio ou vivenda mediante certificación do Rexistro da Propiedade, escritura pública de obra nova, escritura pública de compravenda, escritura pública de aceptación ou partición da herdanza, escritura pública de doazón e aceptación, ou sentenza xudicial, segundo corresponda. Non se admitirán como acreditación da titularidade recibos do imposto de bens inmobles ou certificacións do Catastro inmobiliario.
- B. Documentación técnico-económica que deberá incluír o seguinte:
- a) Memoria explicativa segundo o anexo III.
- b) Cadro de gastos para os que solicita a subvención segundo o anexo IV, acompañado dos orzamentos ou facturas pro forma que xustifiquen os anteditos gastos.
- c) Proxecto técnico visado polo órgano correspondente cando sexa preciso segundo a entidade da obra.
- d) Reportaxe fotográfica antes da rehabilitación que inclúa imaxes do conxunto da vivenda e concretamente da cuberta a renovar, así como da fachada principal do edificio ou vivenda unifamiliar onde se aprecie o número de portal ou rúa.
- e) Cando resulte de aplicación, segundo o indicado no punto 4 do artigo 2 desta orde, copia das tres ofertas solicitadas e, en caso de non se optar pola máis vantaxosa, memoria xustificativa da diferente elección. No caso de non presentar as ofertas por concorrer algunha das circunstancias indicadas na citada base, deberá indicar o motivo.
- Comprobación de datos.
1. Para a tramitación deste procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos elaborados polas administracións públicas:
- a) DNI ou NIE da persoa solicitante.
- b) NIF da comunidade de propietarios.
- c) Certificacións de estar ao día coas obrigas tributarias e económicas que deban emitir a Axencia Estatal da Administración Tributaria, a Tesouraría Xeral da Seguridade Social, e a consellería competente en materia de facenda da Xunta de Galicia.
2. No caso de que as persoas interesadas se opoñan a esta consulta, deberán indicalo no cadro correspondente habilitado no formulario de inicio e achegar os documentos.
3. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilitase a obtención dos citados datos poderase solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.
- As solicitudes de axuda cubriranse a través do formulario normalizado accesible desde a sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal, ou ben desde a páxina web https://appsdxem.xunta.gal/renovetella.
Unha vez validada a solicitude e sempre e cando existan fondos dispoñibles, a aplicación informática reflectirá o estado de «Reservada». O estado de «Reservada» significa que na aplicación se reservou a contía da axuda correspondente para esa solicitude, a expensas da comprobación do cumprimento dos requisitos exixidos na convocatoria.
Unha vez que a cantidade reservada sexa equivalente á cantidade máxima destinada a esta convocatoria poderanse seguir cubrindo formularios de solicitude de axuda, ata que remate o prazo máximo de presentación establecido no punto 2 deste artigo. Estas solicitudes aparecerán na listaxe de espera, indicando a posición que ocupa na mesma (Núm. Listaxe de espera), e se é o caso, no momento no que se liberen os fondos como consecuencia da cancelación de actuacións reservadas, pasarán ao estado de «Reservadas».
As solicitudes en estado de «Reservada» disporán dun prazo máximo de cinco días hábiles para a súa presentación. De non presentarse no referido prazo, procederase á súa cancelación na aplicación informática e anularase a reserva de fondos.
As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica. Para a presentación das solicitudes por esta vía, poderase empregar o documento nacional de identidade electrónico ou os certificados dixitais emitidos polas autoridades de certificación Fábrica Nacional de Moeda e Timbre (FNMT) e certificados Camerais (Camerfirma).
- A presentación electrónica será obrigatoria para as entidades sen personalidade xurídica (tales como comunidades de veciños, entre outras) e as persoas representantes das anteriores.
Se algunha das persoas interesadas obrigadas á presentación electrónica presenta a súa solicitude presencialmente, requiriráselle para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela na que fose realizada a emenda.
- Aquelas persoas interesadas non obrigadas á presentación electrónica, opcionalmente, poderán presentar as solicitudes presencialmente en soporte papel en calquera dos lugares ou rexistros establecidos no artigo 16 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, utilizando o formulario normalizado xerado pola aplicación informática https://appsdxem.xunta.gal/renovetella.
- A Consellería de Economía, Emprego e Industria velará polos datos de carácter persoal que serán obxecto de tratamento, e para tal efecto procederase á súa incorporación a un ficheiro que cumprirá as exixencias da Lei orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal, e adoptará tanto as medidas de seguridade técnicas como organizativas.
A finalidade da recollida e o tratamento dos datos persoais será estritamente a xestión e tramitación do expediente correspondente e as que deriven da aplicación da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno.
Os datos non serán obxecto de cesión a terceiros; non obstante, a Consellería de Economía, Emprego e Industria revelará ás autoridades públicas competentes os datos persoais e calquera outra información que estea no seu poder ou sexa accesible a través dos seus sistemas e sexa requirida de conformidade coas disposicións legais e regulamentarias aplicables ao caso.
Decláranse recoñecidos e poderán exercerse os dereitos de acceso, cancelación, rectificación e oposición por escrito enviando identificación suficiente ao seguinte enderezo: Edificio Administrativo San Caetano, San Caetano s/n, 15704 Santiago de Compostela, a través dun correo electrónico a lopd.industria@xunta.gal, ou ben mediante o procedemento habilitado para o efecto e que poderá encontrar na guía do cidadán da páxina web da Xunta de Galicia.
- A sede electrónica da Xunta de Galicia ten á disposición das persoas interesadas unha serie de modelos normalizados para facilitar a realización de trámites administrativos logo da presentación das solicitudes. Estes modelos presentaranse a través da aplicación informática, desde https://appsdxem.xunta.gal/renovetella. Cando as persoas interesadas non resulten obrigadas á presentación electrónica das solicitudes tamén poderán presentalas presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.
- Non será necesario achegar os documentos que xa foran presentados anteriormente. Para estes efectos, a persoa interesada deberá indicar en que momento e ante que órgano administrativo presentou os citados documentos. Presumirase que esta consulta é autorizada polas persoas interesadas, salvo que conste no procedemento a súa oposición expresa.
Nos supostos de imposibilidade material de obter o documento, o órgano competente poderá requirirlle á persoa interesada a súa presentación, ou, no seu defecto, a acreditación por outros medios dos requisitos aos que se refire o documento, con anterioridade á formulación da proposta de resolución.
- A documentación complementaria presentarase preferiblemente por vía electrónica. As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, a Administración poderá requirir a exhibición do documento orixinal para o cotexo da copia electrónica presentada.
A presentación electrónica será obrigatoria para os suxeitos obrigados á presentación electrónica da solicitude. Se algunha das persoas interesadas presenta a documentación complementaria presencialmente, requiriráselle para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación aquela na que fose realizada a emenda.
Aquelas persoas interesadas non obrigadas á presentación electrónica, opcionalmente, poderán presentar as solicitudes presencialmente en soporte papel en calquera dos lugares ou rexistros establecidos no artigo 16 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, utilizando o formulario normalizado xerado pola aplicación informática (https://appsdxem.xunta.gal/renovetella).
- Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude deberase indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente se se dispón del.
Como podo?
+Como podo? Presentar unha solicitude
Prepare a información e os documentos a achegar
Inicie o trámite electrónico e identifíquese
Cubra o formulario
Anexe os documentos
Asine a solicitude
Descargue o xustificante
Localice o procedemento ou servizo na guía de procedementos e servizos, consulte a información do trámite e revise a documentación obrigatoria para presentar a solicitude que figura na pestana "Presentación" no apartado "Documentación para a presentación".
No apartado "Anexos asociados" ten dispoñibles modelos en formato .pdf para aqueles documentos para os que se precisan. Descargue no seu equipo os modelos que deba presentar e cúbraos. Garde ou imprima a un arquivo electrónico de cada modelo cuberto para anexalo posteriormente na presentación.
No caso de que o procedemento non figure na guía, poderá empregar a solicitude xenérica.
Prema en "Tramitar en liña" para iniciar o trámite electrónico.
Identifíquese empregando un certificado electrónico ou Chave365.
Agora xa está dentro do seu espazo persoal "A miña sede".
Cubra o formulario e lembre que pode gardalo para recuperalo máis adiante desde o apartado "Os meus borradores" de "A miña sede".
Cando o teña cuberto, prema en "Continuar".
Anexe a documentación que queira presentar xunto co formulario. Inclúa os modelos cubertos no paso 1.
Pode consultar como enviar ficheiros que non teñen o tamaño ou o formato aceptados por esta sede.
Asine o formulario e a documentación que quere entregar.
Pode facelo cun certificado electrónico empregando a aplicación Autofirma ou, se emprega Chave365, coa clave de sinatura que recibirá no seu móbil.
Descargue o xustificante da presentación.
Poderá tamén acceder a este documento desde o apartado "Os meus expedientes" de "A miña sede".
Consulte como proceder cos documentos de gran tamaño e en distintos formatos
Como podo? Presentar documentación de gran tamaño
Prepare a documentación a achegar
Comprobe o tamaño dos arquivos electrónicos
Presente electronicamente os documentos de tamaño inferior a 50 MB
Presente presencialmente os arquivos que superen os 50 MB
Revise a documentación obrigatoria para o trámite que vai realizar na ficha do procedemento na Guía de procedementos e servizos.
Lembre que este servizo soamente estará disponible desde o espazo "A miña sede" da sede electrónica e naqueles procedementos que teñan habilitados trámites electrónicos posteriores á solicitude cando así o estableza a súa norma reguladora.
Prepare os arquivos electrónicos necesarios e comprobe que utiliza formatos compatibles coa sede: .bmp, .ce3, .cex, .csv, .cte, .dbf, .doc, .docx, .dwg, .dxfn, .hexhash, .inp, .jpg, .ods, .odt, .pd2, .pdf, .pdl, .png, .prj, .shp, .shx, .tiff, .txt, .xls, .xlsx, .xml, .tgd, .kmz, .kml e .gpx
O tamaño máximo do conxunto de documentos achegados a unha presentación en esta sede é de 50 MB, e non se admiten arquivos comprimidos.
Comprobe o tamaño total do conxunto de documentos que precisa achegar:
- Se é inferior a 50 MB pode achegar todos os documentos á solicitude
- Se é superior a 50 MB separe os arquivos de máis de 50 MB, agrupe o resto en subconxuntos de documentos que non superen os 50 MB e proceda segundo os seguintes pasos
- Presente a solicitude achegando un subconxunto de documentos de menos de 50 MB.
- Repita o trámite de achega de documentación separada da solicitude para cada un dos subconxuntos restantes de documentos, seguindo estes pasos:
- Unha vez finalizada a presentación acceda ao apartado "Os meus expedientes" de "A miña sede", seleccione o expediente da solicitude que acaba de realizar, pulse na opción "Accións" e seleccione "Achega de documentación separada da solicitude".
- Cubra o formulario e pulse en "continuar"
- Achegue o seguinte subconxunto de documentos
- Asine e complete a achega de documentación separada
- Repita este proceso para cada subconxunto de documentos de menos de 50 MB
Se algún arquivo supera individualmente os 50 MB:
- Proceda segundo se explica nos pasos anteriores para o resto de arquivos
- Descargue no seu equipo o modelo xenérico para a achega de documentación separada
- Cubra o modelo, indicando o expediente ou número de rexistro de entrada da solicitude electrónica realizada e a unidade responsable do procedemento
- Imprima o modelo e presénteo de forma presencial, xunto coa documentación en formato físico -CD, DVD, USB-, en calquera das oficinas de rexistro
Resolución
Prazo de resolución: Tres meses
Sentido do silencio: Negativo
Como podo?
+Consulte como responder a un requirimento de emenda de documentación
Como podo? Responder a un requirimento de emenda
Prepare a información e os documentos a achegar
Inicie o trámite electrónico
Cubra o formulario de emenda
Anexe os documentos requiridos
Asine o formulario
Descargue o xustificante
Revise a documentación obrigatoria para o trámite que vai realizar na ficha do procedemento na Guía de procedementos e servizos. Na pestana "Presentación", no apartado "Documentación para a presentación" figura o listado de documentos requiridos para a presentación. No apartado "Anexos asociados" ten dispoñibles os modelos en formato .pdf para aqueles documentos para os que se precisan.
Descargue no seu equipo os modelos que deba presentar e cúbraos. Garde ou imprima a un arquivo electrónico cada modelo cuberto para anexalo posteriormente na presentación.
Acceda ao seu espazo persoal "A miña sede". Identifíquese empregando un certificado electrónico ou Chave365. Busque o expediente relacionado co requirimento e seleccione no menú "Acción" da dereita a opción "Emenda ao requirimento".
* No caso de que o expediente non apareza no seu espazo persoal, ou a opción "Emenda ao requirimento" non estivese dispoñible para ese expediente, poderá realizar electronicamente a emenda utilizando a solicitude xenérica.
Cubra o formulario indicando os datos ou documentos achegados para a emenda.
Anexe os documentos que queira presentar. Inclúa os modelos cubertos no paso 1.
Asine o formulario e os documentos que vai entregar para a emenda.
Pode facelo con certificado electrónico utilizando a aplicación Autofirma ou, se emprega Chave365, coa clave de sinatura que recibirá nunha mensaxe no seu móbil.
Descargue o xustificante de presentación da emenda.
Poderá acceder en calquera momento aos seus xustificantes electrónicos desde o seu espazo persoal "A miña sede".
Coñeza como achegar documentación xustificativa a un expediente en curso
Como podo? Achegar documentación xustificativa
Prepare a información e os documentos a achegar
Inicie o trámite electrónico
Cubra o formulario
Anexe os documentos requiridos
Asine o formulario
Descargue o xustificante
Revise a documentación obrigatoria para o trámite que vai realizar na ficha do procedemento na Guía de procedementos e servizos.
Na pestana "Despois da presentación", no apartado "Xustificación" figura o listado de documentos requiridos para a xustificación. No apartado "Anexos asociados" ten dispoñibles os modelos en formato .pdf para aqueles documentos para os que se precisan.
Descargue no seu equipo os modelos que deba presentar e cúbraos.
Garde ou imprima a un arquivo electrónico cada modelo cuberto para anexalo posteriormente na presentación.
Acceda ao seu espazo persoal "A miña sede".
Identifíquese empregando un certificado electrónico ou Chave365.
Busque o expediente para o que precisa achegar documentación xustificativa. No menú "Acción" que aparece á dereita seleccione a opción "Achega de documentación xustificativa".
* No caso de que o expediente non apareza no seu espazo persoal, ou a opción "Achega de documentación xustificativa" non estivese dispoñible para ese expediente, poderá realizar electronicamente a xustificación utilizando a solicitude xenérica.
Cubra o formulario.
Indique os documentos que achega para a xustificación.
Anexe os documentos que queira presentar para a xustificación. Inclúa os modelos cubertos no paso 1.
Asine o formulario e os documentos que vai entregar para a xustificación.
Pode facelo con certificado electrónico utilizando a aplicación Autofirma ou, se emprega Chave365, coa clave de sinatura que recibirá nunha mensaxe no seu móbil.
Descargue o xustificante de presentación da xustificación.
Poderá acceder en calquera momento aos seus xustificantes electrónicos desde o seu espazo persoal "A miña sede".
Todos os seus expedientes, presentacións e borradores en "A miña sede"
Como podo? Consultar e xestionar os meus expedientes
Acceda ao seu espazo persoal
Os seus procedementos e borradores
Que podo facer?
Para xestionar os seus expedientes o primeiro que debe facer é acceder o seu espazo persoal premendo en "A miña sede" e, a continuación, identificarse empregando calquera dos certificados admitidos nesta sede ou Chave365.
Poderá ver na súa bandexa de entrada os seus últimos expedientes, presentacións e borradores.
Verá en pantalla información detallada de cada expediente ou presentación (número de expediente/rexistro, código e nome do procedemento etc.).
Se desexa ver todos os seus expedientes e presentacións, prema no botón "Ver todos/Buscar".
Ao acceder á pantalla de busca, pode buscar expedientes ou borradores por distintos criterios ou localizalos directamente se coñece o código de acceso.
Poderá realizar accións concretas sobre un expediente (achegar documentación adicional, mellorar unha solicitude, modificar os seus datos de notificación etc.) desde:
- A bandexa de entrada dos seus últimos expedientes, presentacións e borradores, premendo o botón "Acción" da columna "Que podo facer?"
- O detalle do expediente electrónico, premendo directamente nas accións dispoñibles da columna "Que podo facer?"