Guía de procedementos e servizos
Ir á sección pai
Detalle procedemento
IN422P
Axudas a proxectos que impulsen e reforcen a transición á cadea de valor do vehículo eléctrico e á descarbonización do sector de automoción en Galicia, cofinanciadas pola Unión Europea no marco do Programa Galicia Feder 2021-2027 - Liña 3 enerxías renovables e hidróxeno renovable
Procedemento dirixido a: Empresas e profesionais
Consellería de Economía e Industria
Apoiar á industria da automoción galega dentro do Plan de Apoio á Descarbonización e Transición ao Vehículo Eléctrico do Sector da Automoción de Galicia, mediante apoios a enerxías renovables e hidróxeno renovable.
Poderán ser persoas beneficiarias destas axudas as empresas do sector de automoción cun centro de traballo en Galicia no que se desenvolva o proxecto subvencionado.
Consideraranse industrias de automoción aquelas cuxa actividade principal se desenvolva nos CNAE 29 e 30, en calquera dos seus subepígrafes e tamén aquelas empresas que, non estando dadas de alta en actividades deses CNAE, estean asociadas á Fundación Clúster de Empresas de Automoción de Galicia.
Xunta de Galicia
Consellería de Economía e Industria
Instituto Enerxético de Galicia (INEGA)
Rúa de Avelino Pousa Antelo, nº 5 - San Lázaro
15703 Santiago de Compostela (Coruña, A)
Teléfono: 981541500
Email: inega.info@xunta.gal
Prazo de presentación: ABERTO
11/02/2025 09:00 - 30/04/2025 14:00
Segundo a RESOLUCIÓN do 31 de xaneiro de 2025 pola que se dá publicidade do acordo do Consello de Dirección que aproba os novos prazos de presentación de solicitudes das bases reguladoras de determinadas axudas do Igape publicadas no Diario Oficial de Galicia número 7, do 13 de xaneiro de 2025, e número 8, do 14 de xaneiro de 2025 o novo prazo de solicitudes é o seguinte:
Data de inicio: 11.2.2025 ás 9.00 h.
Data de fin: 30.4.2025 ás 14.00 h, agás que antes desa data se produza o esgotamento do crédito.
1. Non poderán ter a condición de persoas beneficiarias:
a) As empresas nas que concorra algunha das circunstancias previstas no artigo 10.2 e 10.3 da Lei 9/2007.
b) As empresas que estean suxeitas a unha orde de recuperación pendente tras unha decisión da Comisión que teña declarada unha axuda ilegal e incompatible co mercado común.
c) As empresas que incumpran os prazos de pago previstos na Lei 3/2004, do 31 de decembro, pola que se establecen medidas de loita contra a morosidade nas operacións comerciais, para subvencións de importe superior a 30.000 euros, cando os solicitantes sexan unicamente suxeitos incluídos no ámbito de aplicación da citada Lei 3/2004.
d) As empresas que no momento da resolución da axuda non se atopen ao corrente de débedas coas distintas administracións: AEAT, Seguridade Social e Consellería de Facenda e Administración Pública.
e) As que entren dentro da categoría de empresas en crise, ao abeiro da definición do artigo 2.18 do Regulamento xeral de exención (Regulamento CE 651/2014).
2. As persoas solicitantes da axuda cubrirán no formulario electrónico de solicitude unha declaración responsable de non atoparse en ningunha situación que as exclúa de ser persoas beneficiarias conforme a este artigo. O Igape realizará as comprobacións documentais necesarias para garantir que as empresas beneficiarias non incorren en ningunha das circunstancias enumeradas no apartado 18 do artigo 2 do Regulamento (UE) nº 651/2014.
3. Para o caso das agrupacións de empresas ás que se fai referencia na liña 1, cada unha das integrantes da agrupación deberán de reunir todos os requisitos establecidos neste artigo.
4. O Igape realizará as comprobacións documentais necesarias para garantir que as empresas beneficiarias non incorren en ningunha das circunstancias enumeradas no apartado 18 do artigo 2, do Regulamento (UE) nº 651/2014, así como a comprobación do tamaño das empresas (pequena, mediana ou gran empresa), para garantir que se aplica a intensidade de axuda pertinente en cada caso.
Presentación das solicitudes
Para presentar a solicitude, a persoa solicitante deberá cubrir previamente un formulario electrónico descritivo das circunstancias da persoa solicitante e do proxecto para o que solicita a subvención, a través da aplicación establecida no enderezo da internet https://www.igape.gal/gl/oficinavirtual. Deberá cubrir necesariamente todos os campos establecidos como obrigatorios.
2. No devandito formulario incluiranse as seguintes declaracións relativas á persoa solicitante:
a) Para as entidades suxeitas a inscrición no Rexistro Mercantil: que cumpriu coa obriga de depósito no Rexistro Mercantil das contas anuais correspondentes ao último exercicio coa obriga de depósito, segundo os artigos 366 e 368 do Regulamento do Rexistro Mercantil (RD 1784/1996, do 19 de xullo) e o artigo 279.1 do texto refundido de Lei de sociedades de capital.
b) Relación doutras axudas públicas ou privadas recibidas e/ou solicitadas para os mesmos conceptos para os que se solicita esta subvención.
c) Que os provedores non están asociados nin vinculados coa empresa solicitante ou cos seus órganos directivos ou xestores, entendéndose que existe vinculación entre empresas se se dan as circunstancias previstas no artigo 27.7 da Lei 9/2007 de subvencións de Galicia e o artigo 43.2 do Decreto que desenvolve a citada lei; así mesmo, tomarase en consideración a definición de empresas asociadas ou de empresas vinculadas establecida nos apartados 2 e 3 respectivamente, do artigo 3 do Anexo I do Regulamento (UE) nº 651/2014.
d) Que non pode ser considerada unha empresa en crise conforme o disposto no artigo 2.18 do Regulamento (UE) 651/2014, do 17 de xuño, da Comisión Europea.
e) Que a entidade solicitante non iniciou os investimentos e que non existe acordo irrevogable para realizar o proxecto.
f) Que asumirá a aplicación de medidas antifraude eficaces e proporcionadas no seu ámbito de xestión, así como o deber de comunicar ao órgano xestor os casos de sospeita de fraude a través do Servizo Nacional de Coordinación Antifraude (SNCA).
g) Que non está suxeita a unha orde de recuperación de axudas como consecuencia dunha decisión da Comisión Europea.
h) Que cumprirá a normativa comunitaria, estatal e autonómica de aplicación, en particular, a normativa en materia de subvencións, así como a normativa vixente sobre accesibilidade de persoas con discapacidade e a normativa medioambiental exixible, en particular a normativa reguladora da Rede Natura 2000 e demais espazos naturais protexidos e a Lei 21/2013 de Avaliación Ambiental e o Real Decreto Lexislativo 1/2016 polo que se aproba o texto refundido da Lei de prevención e control integrados da contaminación, no caso de que resulte de aplicación polas características ou ubicación do proxecto.
i) Que ten capacidade administrativa, financeira e operativa para cumprir os obxectivos do proxecto para o que se solicita a axuda e garantir a sostibilidade financeira do proxecto. No caso da liña 3 esta declaración acompañarase dunha memoria descritiva dos recursos e mecanismos financeiros dos que dispón a empresa para cubrir os custos de funcionamento e mantemento da operación para garantir a súa sostibilidade financeira.
j) Para os proxectos da liña 2, que achegará unha contribución financeira aos investimentos, exenta de calquera tipo de axuda pública, de polo menos un 25 % dos custos, ben sexa mediante os seus recursos propios ou mediante financiamento externo.
k) Que manterá un sistema de contabilidade separada ou un código contable adecuado en relación con todas as transaccións relacionadas cos gastos subvencionados, sen prexuízo das normas xerais da contabilidade, que permita seguir unha pista de auditoría sobre os gastos, nas liñas 1 e 3 financiados con fondos Feder.
l) Que conservará os libros contables, rexistros dilixenciados e demais documentos debidamente auditados nos termos esixidos pola lexislación mercantil e sectorial aplicable á persoa beneficiaria en cada caso, así como a documentación xustificativa da realización e aboamento dos gastos e investimentos subvencionables durante o prazo de cinco anos a partir do 31 de decembro do ano no que o Igape efectúe o último pagamento á persoa beneficiaria nas liñas 1 e 3 e durante o prazo de 4 anos desde a súa presentación na liña 2.
m) Que terá unha permanencia mínima ininterrompida na actividade e manterá as infraestruturas e equipamentos subvencionados destinadas ao fin concreto para o que se concedeu a subvención durante o período de 5 ou 3 anos, segundo se trate de grandes empresas ou de pemes respectivamente. Dito prazo contarase desde a data do último pago ao beneficiario, en aplicación do artigo 65 RDC. No caso da liña 2, o prazo contarase desde a finalización do investimento, en aplicación do artigo 14.5 do Regulamento (UE) nº 651/2014. No caso de bens inscribibles nun rexistro público, o prazo será de 5 anos para todas as empresas.
n) Para a liña 3, e no caso de proxectos que consistan en infraestruturas, que se compromete a garantir a protección fronte ao cambio climático das infraestruturas cuxa vida útil sexa como mínimo de cinco anos, de acordo con o establecido no artigo 73.2.j) do Regulamento (UE) 2021/1060. Para iso deberá ter en conta as Orientacións técnicas sobre a defensa contra o cambio climático das infraestruturas para o período 2021-2017 (Comunicación da Comisión 2021/C 373/01, DOUE 16.9.2021) e as instrucións que desenvolva para o efecto a Autoridade de Xestión e o Organismo Intermedio dos Programas do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional para o período 2021-2027.
o) Que cumpre o principio de non causar prexuízo significativo ao medio ambiente (principio do no significant harm - DNSH), segundo o anexo VIII a estas bases.
p) No caso da liña 2, que non se trasladou ao establecemento no que terá lugar o investimento inicial para o que se solicita a axuda nos dous anos anteriores á solicitude de axuda e que se compromete a non facelo durante un período de dous anos desde que se teña completado o investimento inicial para o que se solicita a axuda.
Para o caso das agrupacións de empresas ás que se refire a liña 1, a empresa líder fará estas declaracións respecto de si mesma e de cada empresa integrante da agrupación, para o que deberá facerse constar a pertinente autorización no documento de constitución da agrupación e acompañando o modelo anexo IV destas bases.
3. Solicitude: a solicitude presentarase obrigatoriamente por medios electrónicos a través dos formularios normalizados (anexos I para a liña 1, II para a liña 2 e III para a liña 3) que se obterán de xeito obrigatorio na aplicación informática https://www.igape.gal/gl/oficinavirtual, accesible desde a sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal
De conformidade co artigo 68.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, se algunha das persoas interesadas presenta a súa solicitude presencialmente, requiriráselle para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela na que fose realizada a emenda.
4. Para poder presentar a solicitude por medios electrónicos, as persoas solicitantes deberán reunir os seguintes requisitos:
a) Será necesario que a persoa asinante da solicitude teña a representación legal da empresa ou entidade solicitante. Esta representación deberá ser individual ou solidaria, de xeito que coa súa sinatura abonde para acreditar a vontade da persoa solicitante.
b) A oficina virtual do Igape acepta todos os certificados validados pola plataforma @firma da Administración Xeral do Estado, que son os que figuran nesta relación: http://administracionelectronica.gob.es/PAe/aFirma-Anexo-PSC
c) A presentación ante o Rexistro Electrónico da Xunta de Galicia admite a sinatura da solicitude por parte dun único solicitante. No caso de que deba ser asinada por máis dunha persoa solicitante (por exemplo solicitudes con dúas asinantes, representación mancomunada, etc.), deberá necesariamente anexar un documento no que se deixe constancia de que todas as persoas asinantes autorizan a unha delas para presentar a solicitude. Este documento deberá estar asinado electronicamente por cada unha das persoas autorizantes.
Unha vez asinado o formulario de solicitude, mediante certificación dixital do presentador, e transferidos estes ao Igape, procederase á anotación dunha entrada no Rexistro Electrónico da Xunta de Galicia.
No momento da presentación, o rexistro expedirá, empregando as características da aplicación telemática, un recibo no cal quedará constancia do feito da presentación.
As persoas solicitantes poderán obter en todo momento un xustificante da presentación na oficina virtual do Igape (https://www.igape.gal/gl/oficinavirtual).
Documentación complementaria
1. As persoas interesadas deberán anexar coa solicitude de axuda a seguinte documentación, ademais da documentación da solicitude indicada nas disposicións específicas de cada liña:
a) No caso de entidades non inscritas no Rexistro Mercantil, as persoas interesadas deberán achegar escritura ou documento xuridicamente válido de constitución, estatutos debidamente inscritos no rexistro competente, modificacións posteriores destes, e acreditación da representación con que se actúa, no caso de non atoparse inscritas no Rexistro Xeral de Apoderamentos de Galicia (REAG).
b) Ofertas: as tres ofertas que debe ter solicitado a persoa beneficiaria en aplicación do artigo 29.3 da Lei de subvencións de Galicia, de acordo co establecido no artigo 1.2.g) destas bases
No caso de adquisicións de edificacións ou construcións novas ou usadas non será preciso achegar as tres ofertas, deberá acompañarse un informe de taxación suscrito por sociedade de taxación homologada.
c) Para subvencións de importe superior a 30.000 €, as persoas beneficiarias acreditarán o cumprimento da normativa en materia de prazos a provedores:
1º. As persoas físicas e xurídicas que de acordo coa normativa contable poidan presentar conta de perdas e ganancias abreviada, mediante certificación subscrita pola persoa física ou, no caso de persoas xurídicas, polo órgano de administración ou equivalente, con poder de representación suficiente, na que afirmen alcanzar o nivel de cumprimento dos prazos de pago previstos na citada Lei 3/2004, do 29 de decembro. Poderán tamén acreditar a dita circunstancia por algún dos medios de proba previstos no punto 2º e con suxeición á súa regulación.
2º. As persoas xurídicas que de acordo coa normativa contable non poidan presentar conta de perdas e ganancias abreviada, mediante:
i. Certificación emitida por auditor rexistrado no Rexistro Oficial de Auditores de Contas que conteña unha transcrición desagregada da información en materia de pagos descrita na memoria das últimas contas anuais auditadas, cando delas se desprenda que se alcanza o nivel de cumprimento dos prazos de pago establecidos na Lei 3/2004, do 29 de decembro, determinado neste apartado, en base á información requirida pola disposición adicional terceira da Lei 15/2010, do 5 de xullo, de modificación da Lei 3/2004, do 29 de decembro.
Esta certificación será válida ata que resulten auditadas as contas anuais do exercicio seguinte.
ii. No caso de que non sexa posible emitir a certificación de auditor á que se refire o número anterior, «Informe de Procedementos Acordados» elaborado por un auditor rexistrado no Rexistro Oficial de Auditores de Conta que, en base á revisión dunha mostra representativa das facturas pendentes de pago a provedores da sociedade a unha data de referencia, conclúa sen a detección de excepcións ao cumprimento dos prazos de pago da Lei 3/2004, do 29 de decembro, ou no caso de que se detectasen, estas non impidan alcanzar o nivel de cumprimento requirido no apartado segundo da letra d) da disposición final sexta da Lei 18/2022, do 28 de setembro, de creación e crecemento de empresas.
2. De conformidade co artigo 28.3 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común, non será necesario achegar os documentos que xa foran presentados anteriormente pola persoa interesada ante calquera Administración. Neste caso, a persoa interesada deberá indicar en que momento e ante que órgano administrativo presentou os ditos documentos, que serán recabados electronicamente a través das redes corporativas ou mediante consulta ás plataformas de intermediación de datos ou outros sistemas electrónicos habilitados para o efecto, agás que conste no procedemento a oposición expresa da persoa interesada.
De forma excepcional, se non se puideran obter os citados documentos, poderá solicitarse novamente á persoa interesada a súa achega.
3. A persoa beneficiaria deberá presentar a documentación complementaria obrigatoriamente por vía electrónica. Se algunha das persoas interesadas presenta a documentación complementaria presencialmente, requiriráselle para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación aquela na que fose realizada a emenda.
4. A persoa beneficiaria responsabilizarase da veracidade dos documentos que presente. Excepcionalmente, cando a relevancia do documento no procedemento o esixa ou existan dúbidas derivadas da calidade da copia, a Administración poderá solicitar de maneira motivada o cotexo das copias achegadas pola persoa interesada, para o que poderán requirir a exhibición do documento ou da información orixinal.
Os órganos competentes do Igape ou do Inega segundo o caso, poderán solicitar as aclaracións ou informes relativos á xustificación do proxecto que consideren convenientes.
Documentación específica Liña 3
a) Memoria técnica do proxecto segundo o modelo dispoñible na web do Inega (www.inega.gal) segundo a tipoloxía do proxecto.
b) Características técnicas dos equipos para os que se solicita a axuda subministradas polo fabricante (catálogo, certificado ou ficha técnica do fabricante) onde se inclúan datos de produtividade do equipo, potencia nominal e rendemento enerxético.
c) Fotografías do lugar previsto para a instalación do novo equipamento. No caso de substitución de equipamentos existentes achegar tamén fotografías destes.
d) Plano de situación onde se indique a localización dos equipamentos. Fotografía de vista aérea na que se indique de forma apreciable a edificación/parcela onde se executará a instalación (Sixpac, Catastro, etc.). Croques ou planos nos que se localicen os equipamentos na edificación.
e) Nos proxectos que inclúan infraestruturas cunha vida útil superior a 5 anos, acreditar a realización da análise da defensa contra o cambio climático, de acordo co establecido no artigo 73.2.j) do Regulamento (UE) 2021/1060, tendo en conta as Orientación técnicas sobre a defensa contra o cambio climático das infraestruturas para o período 2021-2027 (Comunicación da Comisión 2021/C 373/01, DOUE 16.9.2021) e as instrucións que desenvolva ao efecto a Autoridade de Xestión ou o Organismo Intermedio dos Programas do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional para o período 2021- 2027. A análise realizarase utilizando as Guías elaboradas ao efecto pola Dirección Xeral de Cohesión e Fondos Europeos que pode descargar aquí https://igape.gal/gl/guia-climate . Nos proxectos nos que resulte preceptiva, pode integrarse na Avaliación de Impacto Ambiental.
f) Proxectos que requiran autorización administrativa previa ou de construción da Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Minas deberá achegarse copia da autorización na fase de solicitude de axuda.
Comprobación de datos
Para a tramitación destes procedementos consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos en poder da Administración actuante ou elaborados polas Administracións públicas agás que a persoa interesada se opoña á súa consulta:
a) DNI/NIE da persoa solicitante ou da persoa integrante da agrupación.
b) DNI/NIE da persoa representante da entidade solicitante ou da entidade integrante da agrupación.
c) NIF da entidade solicitante ou da entidade integrante da agrupación.
d) NIF da entidade representante da entidade solicitante ou da entidade integrante da agrupación.
e) Documentación depositada no Rexistro Mercantil segundo o artigo 6.1.a) destas bases.
f) Consulta de inhabilitacións para obter subvencións e axudas.
g) Consulta de concesións doutras subvencións e axudas.
h) Imposto de actividades económicas (IAE).
i) Certificado de estar ao día das obrigas tributarias coa AEAT.
j) Certificado de estar ao día de pagamento coa Seguridade Social.
k) Certificado de estar ao día de pagamento coa Consellería de Facenda e Administración Pública.
l) Consulta ao Rexistro Central de Titularidades Reais (RCTIR), en aplicación do disposto no artigo 69.2 do Reglamento (UE) 2021/1060 do Parlamento Europeo e do Consello
2. No caso de que as persoas interesadas se opoñan a esta consulta, deberán indicalo no recadro correspondente habilitado nos anexos I, II ou III de solicitude ou no anexo IV de declaracións e comprobación de datos das persoas integrantes da agrupación, e presentar os documentos.
Cando así o esixa a normativa aplicable solicitarase o consentimento expreso da persoa interesada para realizar a consulta.
3. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilitase a obtención dos citados datos poderase solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.
Trámites administrativos posteriores á presentación da solicitude
Todos os trámites administrativos que as persoas interesadas deban realizar tras a presentación da solicitude deberán ser realizados electronicamente accedendo ao enderezo da internet https://www.igape.gal/gl/oficinavirtual
Prazo de resolución:
Tres meses
Sentido do silencio:
Negativo
Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"
-
Ámbito Autonómico
-
Resolución do 13 de xaneiro de 2025 pola que se dá publicidade do acordo do Consello de Dirección que aproba as bases reguladoras das axudas a proxectos que impulsen e reforcen a transición á cadea de valor do vehículo eléctrico e á descarbonización do sector de automoción en Galicia, cofinanciadas pola Unión Europea no marco do programa Galicia Feder 2021-2027, e se procede á súa convocatoria para o ano 2025 en réxime de concorrencia non competitiva (códigos de procedemento IG300J (liña 1), IG300I (liña 2) e IN422P (liña 3). (DOG nº 8 do 14 de xaneiro de 2025).
-
Extracto da Resolución do 13 de xaneiro de 2025 pola que se dá publicidade do acordo do Consello de Dirección que aproba as bases reguladoras das axudas a proxectos que impulsen e reforcen a transición á cadea de valor do vehículo eléctrico e á descarbonización do sector de automoción en Galicia, cofinanciadas pola Unión Europea no marco do programa Galicia Feder 2021-2027 para o ano 2025, e se procede á súa convocatoria en réxime de concorrencia non competitiva (código de procedemento IN422P (liña 3). (DOG nº 8 do 14 de xaneiro de 2025).
-
Resolución do 31 de xaneiro de 2025 pola que se dá publicidade do acordo do Consello de Dirección que aproba os novos prazos de presentación de solicitudes das bases reguladoras de determinadas axudas do Igape publicadas no Diario Oficial de Galicia número 7, do 13 de xaneiro de 2025, e número 8, do 14 de xaneiro de 2025 (DOG nº 23 do 4 de febreiro de 2025).
-
Outros procedementos relacionados
Subvencións para o impulso da innovación e sostibilidade do comercio local e artesanal.
Prazo aberto: 26/02/2025 00:00 - 26/03/2025 23:59
Recoñecemento e inscrición no rexistro dunha persoa intermediaria de crédito inmobiliario, modificación de datos ou baixa.
Aberto todo o ano
Recoñecemento e inscrición no rexistro, modificación de datos ou baixa dunha persoa intermediaria de crédito inmobiliario presentada por unha persoa prestamista única.
Aberto todo o ano
Inscrición, modificación de datos ou baixa no rexistro de persoas representantes designadas por unha persoa intermediaria de crédito inmobiliario.
Aberto todo o ano