Inicio

SEDE
ELECTRÓNICA

Xunta de Galicia
Pode que o seu navegador non estea empregando o plugin de Adobe PDF. Ten a opción de configuralo seguindo as instrucións que lle achegamos ou continuar igualmente coa presentación. << Cancelar e configurar Adobe PDF
En caso de utilizar un certificado electrónico, lembre que debe ter instalado a aplicación de escritorio Autofirma.

- Se non a ten instalada siga as instruccións desta ligazón
- Se xa ten instalada a aplicación ou utilizará Chave365, faga clic no botón Continuar.
En caso de utilizar un certificado electrónico, lembre que debe ter instalado a aplicación de escritorio Autofirma.

- Se non a ten instalada siga as instruccións desta ligazón
- Se xa ten instalada a aplicación ou utilizará Chave365, faga clic no botón Continuar.
Este procedemento únicamente pode ser iniciado utilizando Internet Explorer.

Disculpe as molestias que poida ocasionarle.

IN422D - Adhesión ao Plan Renove de caldeiras de Alta Eficiencia.

Forma presentación

Tramitación en liña

Iniciar presentación electrónica
Iniciar presentación electrónica: entre para cumprimentar e presentar a solicitude correspondente a este procedemento desde outro sistema electrónico da Administración da Xunta de Galicia.


Datos solicitude

Prazo de presentación: 27/06/2015 - 02/07/2015.

5 días hábiles a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

Prazo de resolución: 25 días hábiles

Sentido do silencio administrativo: Negativo

  • As entidades colaboradoras interesadas deberán acceder á aplicación informática accesible desde a sede electrónica da Xunta de Galicia ou ben desde a páxina web da DXEM (www.xunta.es) para cubrir obrigatoriamente a solicitude (anexo II) e o convenio de colaboración (anexo VI); xerarase un documento en formato pdf con estes dous anexos.

    A entidade colaboradora recibirá no enderezo de correo electrónico facilitado para o contacto un usuario e un contrasinal. Este usuario e contrasinal serán os válidos para consultar o estado da solicitude de adhesión, para facer as reservas de fondos e para ver o seu estado.

    A entidade colaboradora terá que imprimir o documento que conten os dous anexos cubertos (unha copia da solicitude e dúas do convenio de colaboración), e remitilos asinados polo representante legal da entidade á DXEM xunto coa seguinte documentación:
    • Copia do documento acreditativo de poder suficiente do representante legal da entidade.
    • Copia do derradeiro recibo do imposto de actividades económicas (IAE) de ser o caso.
    • Dúas copias asinadas do Convenio de colaboración entre a Consellería de Economía e Industria e a entidade colaboradora para a xestión de axudas relativas ao Plan Renove de Caldeiras de Alta Eficiencia (ANEXO VI).
    • Copia do NIF da entidade colaboradora no caso de non autorizar a súa consulta.
  • A documentación complementaria poderá presentarse electronicamente utilizando calquera procedemento de copia dixitalizada do documento orixinal. Neste caso, as copias dixitalizadas presentadas garantirán a fidelidade co orixinal baixo a responsabilidade da persoa solicitante ou representante. A Administración poderá requirir a exhibición do documento orixinal para o cotexo da copia electrónica presentada segundo o disposto nos artigos 35.2 da Lei 11/2007, do 22 de xuño, de acceso electrónico dos cidadáns aos servizos públicos, e 22.3 do Decreto 198/2010, do 2 de decembro, polo que se regula o desenvolvemento da Administración electrónica na Xunta de Galicia e nas entidades dela dependentes.

    A documentación complementaria tamen poderá presentarse en formato papel en calquera dos lugares e rexistros establecidos no artigo 38.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de rexime xurídico das Administracións públicas e do procedemento administrativo común.

    As copias dos documentos gozarán da mesma validez e eficacia que os seus orixinais sempre que exista constancia de que sexan autenticas.

    Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude, a persoa interesada ou representante deberá mencionar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de expediente e o número ou código único de rexistro.

Presentación de documentación de gran tamaño ou en formatos non admitidos pola sede electrónica

Se ten algunha dúbida técnica pode poñerse en contacto co servizo de atención cidadá no teléfono 012 ou enviando un correo a 012@xunta.gal

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA

DIRECCIÓN XERAL DE ENERXÍA E MINAS

SUBDIRECCIÓN XERAL DE ENERXÍA

SERVIZO DE ENERXÍAS RENOVABLES E EFICIENCIA ENERXÉTICA
Edificio Advo. San Caetano, s/n - bloque 5 - 4ª planta
15781 Santiago de Compostela
Teléfono: 981957185 / 881999431 Fax: 981545515
Email: cei.dxem.axudasenerxía@xunta.es
Información web: http://economiaeindustria.xunta.es

A presente orde ten por obxecto aprobar as bases polas que se rexerá a concesión de axudas por parte da Consellería de Economía e Industria destinadas a promover a instalación de caldeiras de alta eficiencia enerxética de gas natural, GLP ou biomasa de potencia térmica maior ou igual a 5 kW para a produción de auga quente sanitaria e/ou calefacción en substitución de caldeiras de baixa eficiencia enerxética situadas en vivendas particulares e comunidades de propietarios de edificios de vivendas en réxime de propiedade horizontal radicadas na Comunidade Autónoma de Galicia.

O plan entrará en vigor ao día seguinte da súa publicación no Diario Oficial de Galicia e rematará o día 30 de outubro de 2015.

Entidades colaboradoras.

1. As entidades colaboradoras actuarán de enlace entre os solicitantes das axudas e a DXEM. Serán as encargadas da venda, da promoción, da substitución e da instalación dos equipamentos indicados no artigo 2 desta orde.

Na súa relación ca DXEM, as entidades colaboradoras realizarán as seguintes funcións:
- Comprobación inicial dos requisitos dos solicitantes da axuda.
- Realización ante a DXEM dos trámites para solicitar a axuda.
- Desenvolvemento das accións vinculadas ao plan.
- Xustificación da axuda e a súa certificación ante a DXEM.

Para os efectos desta orde, poderán ser entidades colaboradoras as entidades privadas con personalidade xurídica, validamente constituídas, así como os empresarios individuais sempre que, en ambos os dous casos, teñan o seu domicilio social ou algún centro de traballo na Comunidade Autónoma de Galicia e que acrediten as condicións de solvencia técnica e económica que se establecen no artigo 5.

Será preciso que estas entidades sexan empresas instaladoras de instalacións térmicas en edificios.

Para lograr a solvencia técnica e económica, as entidades colaboradoras deberán dispor dos medios tecnolóxicos precisos que garantan o acceso á aplicación informática habilitada para a xestión de selección de entidades colaboradoras e para a tramitación das solicitudes de axuda, así como a utilización de medios electrónicos nas comunicacións entre as entidades colaboradoras e a DXEM. As características técnicas exixibles poderán consultarse na páxina web da DXEM (www.xunta.es).

Poderán adquirir a condición de entidade colaboradora aquelas entidades que reúnan os requisitos establecidos no artigo 5 e que o soliciten nos prazos que se indican no artigo 6 desta orde, contados a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

Non poderán obter a condición de entidade colaboradora aquelas das sinaladas no punto 2 do artigo 5 desta orde, nas cales concorra algunha das circunstancias previstas no artigo 10.2 e 3 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia e na súa normativa de desenvolvemento.

As entidades colaboradoras seleccionaranse de acordo co procedemento que se establece no artigo 6 destas bases, con suxeición á normativa que resulte de aplicación.

De conformidade coa Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, as entidades colaboradoras deberán formalizar o convenio de colaboración entre elas e a CEI, en que se regularán as condicións e obrigas asumidas por aquelas, que figuran no anexo II desta orde. O dito convenio posuirá o contido mínimo previsto no artigo 13 da Lei de subvencións.

As entidades colaboradoras adheridas asumirán os seguintes compromisos:
a) Cubrir convenientemente os formularios de solicitude de axuda a través da aplicación informática que se habilite para o efecto. Vender no marco da iniciativa só os produtos que cumpran coas condicións establecidas nas bases.
b) Instalar a caldeira de gas natural, GLP ou biomasa dentro do prazo de 150 días hábiles desde o día seguinte ao da solicitude de reserva de fondos, e nunca máis alá do 30 de outubro 2015.
c) Aplicar os descontos correspondentes á subvención conforme o establecido nas bases.
d) Facilitar canta información e documentación precise para verificar a correcta aplicación das subvencións.
e) Cumprir coa normativa establecida para o desenvolvemento do plan.

Beneficiarios:

Poderán ser beneficiarios das subvencións as persoas físicas de dereito privado, propietarios ou titulares de calquera dereito sobre inmobles do sector residencial, comunidades ou mancomunidades de veciños, sempre que a actuación subvencionable descrita no artigo 2 se realice en vivendas ou edificios do sector residencial sitas na Comunidade Autónoma de Galicia.

Non poderán obter a condición de beneficiarias as persoas físicas nas cales concorra algunha das circunstancias previstas no artigo 10.2 e 3 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia e na súa normativa de desenvolvemento.

Os beneficiarios obríganse a facilitar canta información lles sexa requirida pola DXEM no exercicio das súas funcións de fiscalización do destino das axudas.

Requisitos:

a) Encontrarse ao día no pagamento das obrigas coa Facenda pública do Estado, da Administración autonómica así como coa Seguridade Social.
b) Someterse ás actuacións de inspección e control que a CEI poida efectuar respecto da xestión destas axudas, e que permitan a xustificación financeira perante a Intervención Xeral da Comunidade Autónoma e o Tribunal de Contas, así como as comprobacións previstas na lexislación do Consello de Contas, de acordo co establecido na liña d) do artigo 12 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
c) Dar a adecuada publicidade do carácter público do cofinanciamento en todas as actuacións que deriven da execución do proxecto, en cumprimento do artigo 15.3 da Lei 9/2007, de subvencións de Galicia. En concreto, deberán facer constar, na súa publicidade ou na información que xeren en relación co proxecto subvencionado, o cofinanciamento pola Xunta de Galicia a través da CEI.
d) Conservar os xustificantes orixinais e o resto da documentación relacionada coa axuda outorgada durante un período de cinco anos desde a súa concesión, e deberán restituír as cantidades percibidas nos casos en que concorra causa de reintegro.

AUTONÓMICA

Orde do 14 de outubro de 2015 pola que se modifica a Orde do 10 de xuño de 2015 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións, en réxime de concorrencia non competitiva, relativa ao Plan renove de caldeiras de alta eficiencia, así como a selección de entidades colaboradoras que participarán na súa xestión, e se procede á súa convocatoria para o ano 2015 (DOG nº 201 do 21 de outubro de 2015).

AUTONÓMICA

Orde do 10 de xuño de 2015 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións, en réxime de concorrencia non competitiva, relativa ao Plan renove de caldeiras de alta eficiencia, así como a selección de entidades colaboradoras que participarán na súa xestión, e se procede á súa convocatoria para o ano 2015 (DOG nº 119 do 26 de xuño de 2015).

AUTONÓMICA

Orde do 17 de agosto de 2015 pola que se modifica a do 10 de xuño de 2015 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións, en réxime de concorrencia non competitiva, relativas ao Plan renove de caldeiras de alta eficiencia, así como a selección de entidades colaboradoras que participarán na súa xestión, e se procede á súa convocatoria para o ano 2015 (DOG nº 163 do 27 de agosto de 2015)

Prazo de presentación pechado (27/06/2015 - 02/07/2015)

Tramitación en liña

Iniciar presentación
Vostede está a piques de abandonar a sede electrónica da Xunta de Galicia. Poderá tramitar o procedemento na nova ventá que se abrirá ao pulsar o botón Continuar.
 
Fondo Europeo de desenvolvemento rexional