Orientámolo/a, paso a paso, para presentar unha solicitude no rexistro electrónico
IN421X - Proxectos de enerxías renovables térmicas e proxectos integrais de aforro e eficiencia enerxética para as Universidades públicas de Galicia.
1. O obxecto de estas bases é apoiar proxectos con fins de aforro e eficiencia enerxética e fomento do uso das enerxías renovables. Os proxectos de enerxías renovables limitaranse a instalacións para a xeración de enerxía térmica mediante equipamentos que utilicen biomasa como combustible e outras instalacións de enerxías renovables que utilicen como fonte enerxética a xeotermia, a aerotermia e a solar térmica. Por outra banda, os proxectos integrais de aforro e eficiencia enerxética limitaranse ao establecido no punto 7.2 das bases de esta convocatoria (código de procedemento IN421X).
2. O procedemento administrativo para a concesión de subvencións será o de concorrencia competitiva e axustarase ao disposto nas propias bases sen prexuízo do establecido na seguinte normativa de alcance xeral: Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións (BOE núm. 276, do 18 de novembro); Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia (DOG núm. 121, do 25 de xuño); Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia (DOG núm. 20, do 29 de xaneiro); Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
Proxectos que se subvencionan .
1. Proxectos de enerxías renovables.
Co obxectivo de garantir o máximo aproveitamento enerxético do combustible e minimizar as emisións de substancias contaminantes á atmosfera, os equipos de xeración de calor deberán ser instalacións con avanzadas prestacións operativas, con elevados niveis de eficiencia enerxética e cun bo comportamento con respecto ao ambiente.
Para tal efecto, no caso que fose necesario, as instalacións financiadas deben cumprir cos requisitos establecidos no Real decreto 1027/2007, do 20 de xullo, polo que se aproba o Regulamento de instalacións térmicas de edificios (RITE), respecto a instalacións térmicas, coas condicións establecidas no documento recoñecido do RITE, e especificamente:
a) Caldeiras de biomasa.
No caso das caldeiras de biomasa, cando o regulamento sexa de aplicación, os equipamentos térmicos terán una cualificación enerxética mínima de B para que o proxecto sexa subvencionable ou un rendemento superior ao 80 % no caso de que estes regulamentos non sexan de aplicación.
b) Bombas de calor.
No caso das bombas de calor, os equipamentos que se instalan deberán contar cun coeficiente de eficiencia enerxética en modo calefacción (COP) igual ou superior a 3,5, nas condicións establecidas na norma que lles afecte (UNE-EN 14511:2012, UNE-EN 15316:2010, UNE-EN 16147, UNE-EN 14825:2012, etc). Tomaranse como temperaturas de referencia para o cálculo do COP e da potencia 0/35 ºC para bombas de calor xeotérmicas e 7/35 ºC para aerotermia. Polo tanto, para xustificar esta condición, deberá achegarse a documentación xustificativa do ensaio para a obtención do COP.
c) Solar térmica.
Considéranse nesta epígrafe as instalacións que aproveitan a radiación solar para o quentamento dun fluído mediante paneis solares planos ou tubos de baleiro, sempre que a súa utilización conduza a un aforro dun combustible convencional.
Non serán subvencionables aquelas instalacións destinadas á xeración de auga quente sanitaria (AQS) ou climatización de piscinas que sexan obrigatorias en virtude do Documento básico HE 4-Contribución solar mínima de auga quente sanitaria do Código técnico da edificación (CTE), aprobado polo Real decreto 314/2006, do 17 de marzo, independentemente da porcentaxe de contribución solar que cubra a instalación solar proxectada nestes usos. Para instalacións afectadas polo CTE que tamén se destinen a outras aplicacións non obrigadas por esta normativa, unicamente se poderá obter axuda pola parte correspondente a estas últimas aplicacións.
As instalacións solares destinadas ao apoio á calefacción unicamente serán subvencionables se utilizan emisores de baixa temperatura de deseño (menores de 50 ºC), como chan radiante, radiadores de baixa temperatura ou fan coils.
Non serán subvencionables aquelas instalacións destinadas ao quentamento da auga de piscinas descubertas.
O coeficiente global de perdas do panel solar deberá ser inferior ou igual a 9 W/(m2º C).
2. Proxectos integrais de aforro e eficiencia enerxética.
As actuacións en materia de renovación enerxética terán un carácter integral. Exixirase que as intervencións se xustifiquen nas auditorías enerxéticas que terá en conta a guía técnica da Comisión (Guía técnica. Financiando la renovación enerxética de los edificios con fondos das políticas de cohesión) neste ámbito.
Por outra banda, exixirase unha porcentaxe de redución significativa no consumo de enerxía primaria no renovable, de modo que os niveis de aforro de enerxía primaria no renovable sexan maiores ou iguais ao 15 % no conxunto da actuación que se leve a cabo, con respecto á situación inicial.
Poderán acceder á condición de beneficiarios das presentes subvencións as universidades públicas integrantes do Sistema universitario de Galicia.
Obrigas dos beneficiarios.
Son obrigas dos beneficiarios, sen prexuízo das demais obrigas que figuran no artigo 11 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia:
1. Cumprir o obxectivo, executar o proxecto, realizar a actividade ou adoptar o comportamento que fundamenta a concesión das subvencións.
2. Xustificar ante o Inega o cumprimento dos requisitos e condicións, así como a realización da actividade e o cumprimento da finalidade que determinen a concesión ou goce da subvención.
3. Someterse ás actuacións de comprobación e control que deban efectuar o Inega, a IXCA, a IGAE, o Tribunal de Contas, e o Consello de Contas as comprobacións e verificacións que deban realizar o OI, AX ou AC e, de ser o caso, os órganos de control da Comisión Europea e do Tribunal de Contas Europeo ou outras instancias de control, achegando canta información lle sexa requirida no exercicio das actuacións anteriores.
4. Comunicar ao Inega a obtención doutras subvencións, axudas, ingresos ou recursos que financien as actividades subvencionadas, así como a modificación das circunstancias que fundamentasen a concesión da subvención. Esta comunicación deberá efectuarse no momento en que se coñeza e sempre con anterioridade á xustificación da aplicación dada aos fondos percibidos.
5. Manter o investimento de que se trate para a finalidade e co carácter solicitado por un período mínimo de cinco anos a contados desde o último pagamento ao beneficiario.
6. Manter un sistema de contabilidade separado ou un código contable axeitado que facilite unha pista de auditoría apropiada en relación con todos os gastos correspondentes cos investimentos realizados ao abeiro desta axuda e conservar a documentación xustificativa relativa aos gastos financiados durante un prazo de tres anos no caso de operacións cun gasto subvencionable inferior a un 1.000.000 € a partir do 31 de decembro seguinte á presentación das contas nas cales estean incluídos os gastos da operación. O Inega informará os beneficiarios das contas en que estean incluídos os gastos definitivos da operación concluída.
No caso das operacións non recollidas no parágrafo primeiro, todos os documentos xustificativos estarán dispoñibles durante un prazo de dous anos a partir do 31 de decembro seguinte á presentación das contas en que estean incluídos os gastos definitivos da operación concluída.
7. En relación coa publicidade do financiamento, de conformidade co previsto no anexo XII, punto 2.2, do Regulamento (UE) nº 1303/2013, o beneficiario deberá:
a) En todas as medidas de información e comunicación que leve a cabo, deberá recoñecer o apoio do Inega, da Xunta de Galicia e do Feder ao proxecto incluíndo a imaxe institucional do Inega e da Xunta de Galicia e mostrando o emblema da Unión, así como unha referencia á Unión Europea, e unha referencia ao Fondo, que dá apoio á operación, o lema do Fondo «Unha maneira de facer Europa».
b) Durante a realización do proxecto e durante o período de duración dos compromisos de mantemento do investimento ou emprego, o beneficiario informará o público do apoio obtido do Inega, da Xunta de Galicia e do Feder: a) facendo unha breve descrición no seu sitio da internet, no caso de que dispoña dun, da operación, de maneira proporcional ao nivel de apoio prestado, cos seus obxectivos e resultados, e destacando o apoio financeiro da Unión. b) colocando, polo menos, un cartel con información sobre o proxecto (dun tamaño mínimo A3), no cal mencionará a axuda financeira da Unión, nun lugar ben visible para o público, por exemplo, na entrada dun edificio.
O beneficiario colocará, nun lugar ben visible para o público, un cartel ou placa permanente de tamaño significativo nun prazo de tres meses a partir da conclusión dunha operación que reúna as características seguintes: a operación consistará na compra dun obxecto físico, no financiamento dunha infraestrutura ou en traballos de construción.
O Regulamento de execución (UE) nº 821/2014 especifica nos artigos 3 e 4 a forma en que debe crearse o emblema e as características técnicas del e no artigo 5 as características técnicas das placas fixas e dos carteis publicitarios temporais e permanentes.
O Inega facilitará modelos aos beneficiarios a través da súa páxina web.
8. Proceder ao reintegro dos fondos percibidos, total ou parcialmente, no suposto de incumprimento das condicións establecidas para a súa concesión ou nos supostos previstos no título II da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
9. A aceptación da axuda cofinanciada con fondos Feder 2014-2020, implica a aceptación da inclusión dos beneficiarios na lista de operacións a que fai referencia o artigo 115, punto 2, e co contido previsto no anexo XII, do Regulamento (UE) nº 1303/2013, que se publicará no portal da Dirección Xeral de Fondos Comunitarios do Ministerio de Facenda:
http://www.dgfc.sepg.minhafp.gob.es/sitios/dgfc/es-Es/loFeder1420/porFeder/Paginas/inicio.aspx
10. En virtude do disposto no artigo 4 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, as persoas físicas e xurídicas beneficiarias de subvencións están obrigadas a subministrar á Administración, ao organismo ou á entidade dos previstos no artigo 3.1 da Lei 1/2016, do18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, a que se atopen vinculadas, logo de requirimento, toda a información necesaria para o cumprimento por aquela das obrigas previstas no título I da citada lei.
11. Con carácter xeral, a documentación presentada permitirá ao Inega medir os indicadores de produtividade asociados a estas bases reguladoras que son, para o subprograma de proxectos de enerxías renovables térmicas, o CO30 capacidade adicional para producir enerxía renovable [MW] e o CO34 redución anual estimada de gases efecto invernadoiro (GEI): toneladas equivalentes de CO2/ano; e para os proxectos integrais de aforro e eficiencia enerxética o CO32 redución do consumo anual de enerxía primaria en edificios públicos e o CO34 redución anual estimada de gases efecto invernadoiro (GEI): toneladas equivalentes de CO2/ano).
Os requisitos para obter a condición de beneficiarias deberanse cumprir, como máis tarde, na data límite de remate do prazo de presentación de solicitudes. O solicitante terá a capacidade administrativa, financeira e operativa para cumprir os obxectivos do proxecto para o que se solicita a axuda.
Entidades excluídas destas axudas.
Non poderán ter a condición de beneficiarias as persoas ou entidades en que concorra algunha das causas de exclusión previstas nos números 2 e 3 do artigo 10 da citada Lei 9/2007, do 13 de xuño.
Xunta de Galicia
Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación
Instituto Enerxético de Galicia (INEGA)
Rúa Avelino Pousa Antelo, nº 5 - San Lázaro
15781 Santiago de Compostela (Coruña, A)
Teléfono: 981541500
Email: inega.info@xunta.gal
Instituto Enerxético de Galicia (INEGA)
Resolución do 8 de agosto de 2019 pola que se establecen as bases reguladoras e se anuncia a convocatoria de subvencións para proxectos de enerxías renovables térmicas e proxectos integrais de aforro e eficiencia enerxética para as universidades públicas de Galicia, para os anos 2019 e 2020, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, no marco do programa operativo Feder-Galicia 2014-2020 (DOG nº 174 do 13 de setembro de 2019).
Extracto da Resolución do 8 de agosto de 2019 pola que se establecen as bases reguladoras e se anuncia a convocatoria de subvencións para proxectos de enerxías renovables térmicas e proxectos integrais de aforro e eficiencia enerxética para as universidades públicas de Galicia, para os anos 2019 e 2020, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, no marco do programa operativo Feder-Galicia 2014-2020 (DOG nº 174 do 13 de setembro de 2019).
Corrección de erros. Resolución do 8 de agosto de 2019 pola que se establecen as bases reguladoras e se anuncia a convocatoria de subvencións para proxectos de enerxías renovables térmicas e proxectos integrais de aforro e eficiencia enerxética para as universidades públicas de Galicia, para os anos 2019 e 2020, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, no marco do programa operativo Feder-Galicia 2014-2020 (DOG nº 187 do 2 de outubro de 2019).
Resolución do 2 de abril de 2020 pola que se dá publicidade das axudas concedidas ao abeiro da Resolución do 8 de agosto de 2019 pola que se establecen as bases reguladoras e se anuncia a convocatoria de subvencións para proxectos de enerxías renovables térmicas e proxectos integrais de aforro e eficiencia enerxética para as universidades públicas de Galicia, para os anos 2019 e 2020, cofinanciadas co Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, no marco do programa operativo Feder-Galicia 2014-2020 (DOG nº 75 do 20 de abril de 2020).
Resolución do 31 de xullo de 2020 pola que se amplían os prazos e se redistribúen os créditos orzamentarios por epígrafes recollidos na Resolución do 8 de agosto de 2019 pola que se establecen as bases reguladoras e se anuncia a convocatoria de subvencións para proxectos de enerxías renovables térmicas e proxectos integrais de aforro e eficiencia enerxética para as universidades públicas de Galicia, para os anos 2019 e 2020, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020 (DOG nº 157 do 6 de agosto de 2020).
Resolución do 3 de marzo de 2021 pola que se amplían os prazos recollidos na Resolución do 8 de agosto de 2019, pola que se establecen as bases reguladoras e se anuncia a convocatoria de subvencións para proxectos de enerxías renovables térmicas e proxectos integrais de aforro e eficiencia enerxética para as universidades públicas de Galicia, para os anos 2019 e 2020, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, no marco do programa operativo Feder-Galicia 2014-2020 (DOG nº 46 do 9 de marzo de 2021).
Prazo de presentación: PECHADO
14/09/2019 00:00 - 13/11/2019 23:59
O prazo de presentación de solicitudes será de dous (2) meses, contados desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.
- As solicitudes (anexo I) subscribiranas directamente os interesados ou a persoa que acredite a súa representación por calquera medio válido en dereito. A publicación dos formularios de solicitude no DOG faise unicamente para efectos informativos.
- As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal).
Para a presentación das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).
- Se algún dos solicitantes presenta a súa solicitude e a documentación complementaria presencialmente, será requirida para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela en que fose realizada a emenda.
Os solicitantes responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente a Administración poderá requirir a exhibición do documento orixinal para o cotexo da copia electrónica.
As copias dos documentos gozarán da mesma validez e eficacia que os seus orixinais sempre que exista constancia de que sexan auténticas.
- Sempre que se realice a presentación de documentación separadamente da solicitude deberase indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente, se dispón del.
- No caso de que algún dos documentos que se van presentar de forma electrónica supere os tamaños máximos establecidos, 5 MB por arquivo individual, permitirase a presentación deste de forma presencial dentro dos prazos previstos.
- Non será necesario achegar os documentos que xa foron presentados anteriormente. Para estes efectos a persoa interesada deberá indicar en que momento e ante que órgano administrativo presentou os citados documentos. Presumirase que esta consulta é autorizada polas persoas interesadas, salvo que conste no procedemento a súa oposición expresa.
No suposto de imposibilidade material de obter o documento, o órgano competente poderá requirirllo á persoa interesada, con anterioridade á formulación da proposta de resolución.
- Na páxina web do Inega disporase de instrucións de axuda para consulta dos solicitantes. Para o caso de dificultades técnicas ou no caso de requirir máis información, o Inega pon á disposición dos interesados o seu servizo de asistencia técnica, a través do número de teléfono 981 54 15 00 ou do enderezo de correo electrónico inega.info@xunta.gal
Documentación complementaria da solicitude .
- As entidades deberán achegar xunto coa solicitude (anexo I), anexadas, copias dixitalizadas da seguinte documentación:
a) Acreditación da titularidade dos terreos ou inmobles sobre os que se vai executar o proxecto, ou da dispoñibilidade deles durante un período mínimo de cinco anos contados desde o último pagamento (que permitan concretar a situación do predio ou inmoble sobre o terreo).
b) Documentación técnica.
b.1. Renovables. Memoria técnica da actuación, asinada por un técnico competente, que incluirá como mínimo:
1º. Descrición da instalación proxectada segundo o modelo de memoria técnica dispoñible na web do Inega (www.inega.gal) en que se identificarán os sistemas do equipamento xerador e do resto dos compoñentes principais da instalación, identificando a potencia da instalación que se corresponde co indicador de produtividade CO30 (capacidade adicional para producir enerxía renovables (MW). Tamén incluirá unha xustificación do calor útil demandado e das emisións evitadas de gases de efecto invernadoiro que se corresponden co indicador de produtividade CO34 (redución anual estimada de gases de efecto invernadoiro (t CO2/ano).
2º. Plano de situación onde se indique a localización dos equipamentos. Fotografía de vista aérea en que se indique de forma apreciable a edificación onde se executará a instalación (Sixpac, catastro, etc). Bosquexos ou planos en que se localicen os equipamentos na edificación.
3º. Folla de características dos equipos xeradores. No caso da biomasa incluirase a documentación relativa ao índice de eficiencia enerxética ou rendemento.
4º. Orzamento desagregado.
5º. No caso da xeotermia, aerotermia e solar térmica os certificados de rendemento dos sistemas xeradores coas seguintes especificacións:
Xeotérmica e aerotermia.
Certificado do coeficiente de rendemento en modo calefacción (COP) emitido por un laboratorio independente e acreditado para realizar as probas segundo a norma que lles afecte (UNE- EN 14511:2012, UNE-EN 15316:2010, UNE-EN 16147, UNE-EN 14825:2012, etc). Para acreditar este coeficiente, deberá xuntarse a certificación emitida por Eurovent, a EPHA (Asociación Europea da Bomba de Calor) ou por un laboratorio de ensaio acreditado para este tipo de ensaios, segundo a normativa vixente. Tomarase como temperaturas de referencia para o cálculo do COP e da potencia 0/35 ºC para bombas de calor xeotérmicas e 7/35 ºC para aerotermia.
Solar térmica.
Resolución de certificación do panel solar en vigor, emitida pola Administración competente. Se na resolución de certificación non se recolle de xeito íntegro a seguinte información do panel: marca, modelo, superficie de apertura e coeficientes de rendemento, entregarase a maiores copia do ensaio realizado por unha entidade debidamente acreditada (segundo a Orde ITC/71/2007, do 22 de xaneiro, do Ministerio de Industria, Turismo e Comercio ou, se for o caso, a norma que a substitúa) que serviu de base para a emisión da resolución de certificación.
b.2. Proxectos integrais de aforro e eficiencia enerxética.
1º. Memoria técnica. Que incluirá unha descrición do proxecto segundo o modelo dispoñible na web do Inega (www.inega.gal) indicando adecuadamente a situación de partida e as actuacións que se vaian realizar cun orzamento desagregado. Nesta memoria realizarase unha xustificación do cumprimento do artigo 7.2 das bases reguladoras no relativo a enerxía primaria no renovable aforrada, calculada, principalmente, a partir dos datos procedentes dos certificados enerxéticos antes e despois da actuación. A documentación achegada deberá corresponderse especificamente coas actuacións para as que se solicita a axuda. Os diferentes documentos técnicos que se achegan (proxecto, informe xustificativo, certificado de eficiencia enerxética do edificio, orzamento, etc.) deberán corresponderse coas mesmas actuacións para as que se solicita axuda, de forma que sexan coherentes entre si e os datos técnicos que acheguen sexan coincidentes ou razoablemente similares. Por outra parte, xustificarase o cálculo do indicadores de seguimento do programa operativo Feder deste eixe, CO32 (redución do consumo anual de enerxía primaria en edificios públicos) y CO34 (redución anual estimada de gases de efecto invernadoiro (t CO2/ano). Esta memoria estará asinada por técnico competente.
2º. Certificados de eficiencia enerxética do edificio.
2.a) Certificado de eficiencia enerxética actual do edificio co contido que establece o artigo 6 do procedemento básico para a certificación da eficiencia enerxética dos edificios do Real decreto 235/2013, do 5 de abril, asinado por técnico competente.
2.b) Certificado de eficiencia enerxética logo das reformas propostas para as que se solicita a axuda. No caso en que o conxunto das medidas de aforro xa fosen incluídas no certificado de eficiencia enerxética do estado actual do edificio (anexo III: recomendacións para a mellora da eficiencia enerxética) non será preciso achegar este certificado no momento da solicitude.
O certificado estará asinado por un técnico competente, non sendo necesario que este certificado de eficiencia enerxética estea rexistrado no rexistro do órgano competente da Comunidade Autónoma. Para a avaliación desta documentación o Inega poderá requirir, no caso de que o considere necesario, os arquivos de cálculo do programa informático recoñecido polo ministerio competente en enerxía para o cálculo da cualificación enerxética.
3º. Auditoría enerxética en que se xustifiquen as medidas de aforro propostas.
4º. Proxecto de difusión e xestión intelixente da enerxía.
Describiranse os paneis informativos que se instalarán nos edificios así como outras medidas destinadas a incrementar a capacidade de difusión dos aforros enerxéticos e das medidas implantadas. Neste documento incluirase unha valoración dos orzamentos previstos na epígrafe de difusión no relativo ás infraestruturas previstas. Tamén se xustificará a implantación do sistema de xestión enerxética certificado segundo a norma UNE-EN ISO 50001, se for o caso, e dos sistemas de xestión e medida centralizados en contorno web.
5º. Memoria en que se especifique o grao de madurez do proxecto.
Nesta memoria especificarase o grao de concreción do proxecto e o avance das licenzas para acometer os investimentos previstos así como outros aspectos que permitan avaliar o grao de madurez do proxecto.
c) Ademais da documentación sinalada nas epígrafes a) e b), deberán achegar:
c.1. Acreditación do nomeamento do representante da entidade solicitante.
c.2. Certificado do acordo adoptado polo órgano competente polo que se aproba solicitar a axuda regulada nestas bases.
c.3. Certificación administrativa ou declaración responsable de que non concorren nigunha das causas de exclusión previstas nos números 2 e 3 do artigo 10 da citada Lei 9/2007, do 13 de xuño, segundo o artigo 10.7 desta lei.
d) Calquera outra documentación adicional que o interesado considere conveniente para a correcta avaliación do proxecto.
- Trámites administrativos posteriores á presentación de solicitudes .
Todos os trámites administrativos que as persoas interesadas deban realizar durante a tramitación deste procedemento deberán ser realizados electronicamente accedendo á carpeta do cidadán da persoa interesada dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.
- Comprobación dos datos .
1. Para a tramitación de este procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos elaborados polas administracións públicas:
- a) NIF da entidade solicitante.
- b) DNI/NIE da persoa representante, cando se trate dunha persoa física.
- c) NIF da entidade representante, cando se trate dunha persoa xurídica.
2. No caso de que a persoa interesada se opoña a esa consulta deberá indicalo no cadro correspondente habilitado no formulario de inicio e achegar os documentos.
Máis información
Localice o procedemento ou servizo na guía de procedementos e servizos, consulte a información do trámite e revise a documentación obrigatoria para presentar a solicitude que figura na pestana "Presentación" no apartado "Documentación para a presentación".
No apartado "Anexos asociados" ten dispoñibles modelos en formato PDF para aqueles documentos para os que se precisan. Se os necesita:
- Primeiro descargue no seu equipo os modelos PDF (asegúrese de que están descargados, non abertos no navegador).
- A continuación cubra os modelos. Se algunha táboa ten filas e non son suficientes pode engadilas nese documento descargado.
- Por último garde ou imprima en versión PDF un arquivo electrónico de cada modelo cuberto.
- Asine o documento, se así se require.
- Para finalizar anexe o modelo ou modelos en PDF na súa presentación.
No caso de que o procedemento non figure na guía, poderá empregar a solicitude xenérica.
Prema en "Tramitar en liña" para iniciar o trámite electrónico.
Identifíquese empregando un certificado electrónico ou Chave365.
Agora xa está dentro do seu espazo persoal "A miña sede".
Cubra o formulario e lembre que pode gardalo para recuperalo máis adiante desde o apartado "Os meus borradores" de "A miña sede".
Cando o teña cuberto, prema en "Continuar".
Anexe a documentación que queira presentar xunto co formulario. Inclúa os modelos cubertos no paso 1.
Pode consultar como enviar ficheiros que non teñen o tamaño ou o formato aceptados por esta sede.
Asine o formulario e a documentación que quere entregar.
Pode facelo cun certificado electrónico empregando a aplicación Autofirma ou, se emprega Chave365, coa clave de sinatura que recibirá no seu móbil.
Descargue o xustificante da presentación.
Poderá tamén acceder a este documento desde o apartado "Os meus expedientes" de "A miña sede".
Consulte como proceder cos documentos de gran tamaño e en distintos formatos
Revise a documentación obrigatoria para o trámite que vai realizar na ficha do procedemento na Guía de procedementos e servizos.
Lembre que este servizo soamente estará disponible desde o espazo "A miña sede" da sede electrónica e naqueles procedementos que teñan habilitados trámites electrónicos posteriores á solicitude cando así o estableza a súa norma reguladora.
Prepare os arquivos electrónicos necesarios e comprobe que utiliza formatos compatibles coa sede: .bmp, .ce3, .cex, .csv, .cte, .dbf, .doc, .docx, .dwg, .dxfn, .hexhash, .inp, .jpg, .ods, .odt, .pd2, .pdf, .pdl, .png, .prj, .shp, .shx, .tiff, .txt, .xls, .xlsx, .xml, .tgd, .kmz, .kml e .gpx
O tamaño máximo do conxunto de documentos achegados a unha presentación en esta sede é de 100 MB, e non se admiten arquivos comprimidos.
Comprobe o tamaño total do conxunto de documentos que precisa achegar:
- Se é inferior a 100 MB pode achegar todos os documentos á solicitude
- Se é superior a 100 MB separe os arquivos de máis de 100 MB, agrupe o resto en subconxuntos de documentos que non superen os 100 MB e proceda segundo os seguintes pasos
- Presente a solicitude achegando un subconxunto de documentos de menos de 100 MB.
- Repita o trámite de achega de documentación separada da solicitude para cada un dos subconxuntos restantes de documentos, seguindo estes pasos:
- Unha vez finalizada a presentación acceda ao apartado "Os meus expedientes" de "A miña sede", seleccione o expediente da solicitude que acaba de realizar, pulse na opción "Accións" e seleccione "Achega de documentación separada da solicitude".
- Cubra o formulario e pulse en "continuar"
- Achegue o seguinte subconxunto de documentos
- Asine e complete a achega de documentación separada
- Repita este proceso para cada subconxunto de documentos de menos de 100 MB
Se algún arquivo supera individualmente os 100 MB:
- Proceda segundo se explica nos pasos anteriores para o resto de arquivos
- Descargue no seu equipo o modelo xenérico para a achega de documentación separada
- Cubra o modelo, indicando o expediente ou número de rexistro de entrada da solicitude electrónica realizada e a unidade responsable do procedemento
- Imprima o modelo e presénteo de forma presencial, xunto coa documentación en formato físico -CD, DVD, USB-, en calquera das oficinas de rexistro
Prazo de resolución: Catro meses
Sentido do silencio: Negativo
Máis información
Consulte como responder a un requirimento de emenda de documentación
Revise a documentación obrigatoria para o trámite que vai realizar na ficha do procedemento na Guía de procedementos e servizos. Na pestana "Presentación", no apartado "Documentación para a presentación" figura o listado de documentos requiridos para a presentación. No apartado "Anexos asociados" ten dispoñibles os modelos en formato .pdf para aqueles documentos para os que se precisan.
Descargue no seu equipo os modelos que deba presentar e cúbraos. Garde ou imprima a un arquivo electrónico cada modelo cuberto para anexalo posteriormente na presentación.
Acceda ao seu espazo persoal "A miña sede". Identifíquese empregando un certificado electrónico ou Chave365. Busque o expediente relacionado co requirimento e seleccione no menú "Acción" da dereita a opción "Emenda ao requirimento".
* No caso de que o expediente non apareza no seu espazo persoal, ou a opción "Emenda ao requirimento" non estivese dispoñible para ese expediente, poderá realizar electronicamente a emenda utilizando a solicitude xenérica.
Cubra o formulario indicando os datos ou documentos achegados para a emenda.
Anexe os documentos que queira presentar. Inclúa os modelos cubertos no paso 1.
Asine o formulario e os documentos que vai entregar para a emenda.
Pode facelo con certificado electrónico utilizando a aplicación Autofirma ou, se emprega Chave365, coa clave de sinatura que recibirá nunha mensaxe no seu móbil.
Descargue o xustificante de presentación da emenda.
Poderá acceder en calquera momento aos seus xustificantes electrónicos desde o seu espazo persoal "A miña sede".
Coñeza como achegar documentación xustificativa a un expediente en curso
Revise a documentación obrigatoria para o trámite que vai realizar na ficha do procedemento na Guía de procedementos e servizos.
Na pestana "Despois da presentación", no apartado "Xustificación" figura o listado de documentos requiridos para a xustificación. No apartado "Anexos asociados" ten dispoñibles os modelos en formato .pdf para aqueles documentos para os que se precisan.
Descargue no seu equipo os modelos que deba presentar e cúbraos.
Garde ou imprima a un arquivo electrónico cada modelo cuberto para anexalo posteriormente na presentación.
Acceda ao seu espazo persoal "A miña sede".
Identifíquese empregando un certificado electrónico ou Chave365.
Busque o expediente para o que precisa achegar documentación xustificativa. No menú "Acción" que aparece á dereita seleccione a opción "Achega de documentación xustificativa".
* No caso de que o expediente non apareza no seu espazo persoal, ou a opción "Achega de documentación xustificativa" non estivese dispoñible para ese expediente, poderá realizar electronicamente a xustificación utilizando a solicitude xenérica.
Cubra o formulario.
Indique os documentos que achega para a xustificación.
Anexe os documentos que queira presentar para a xustificación. Inclúa os modelos cubertos no paso 1.
Asine o formulario e os documentos que vai entregar para a xustificación.
Pode facelo con certificado electrónico utilizando a aplicación Autofirma ou, se emprega Chave365, coa clave de sinatura que recibirá nunha mensaxe no seu móbil.
Descargue o xustificante de presentación da xustificación.
Poderá acceder en calquera momento aos seus xustificantes electrónicos desde o seu espazo persoal "A miña sede".
Todos os seus expedientes, presentacións e borradores en "A miña sede"
Para xestionar os seus expedientes o primeiro que debe facer é acceder o seu espazo persoal premendo en "A miña sede" e, a continuación, identificarse empregando calquera dos certificados admitidos nesta sede ou Chave365.
Poderá ver na súa bandexa de entrada os seus últimos expedientes, presentacións e borradores.
Verá en pantalla información detallada de cada expediente ou presentación (número de expediente/rexistro, código e nome do procedemento etc.).
Se desexa ver todos os seus expedientes e presentacións, prema no botón "Ver todos/Buscar".
Ao acceder á pantalla de busca, pode buscar expedientes ou borradores por distintos criterios ou localizalos directamente se coñece o código de acceso.
Poderá realizar accións concretas sobre un expediente (achegar documentación adicional, mellorar unha solicitude, modificar os seus datos de notificación etc.) desde:
- A bandexa de entrada dos seus últimos expedientes, presentacións e borradores, premendo o botón "Acción" da columna "Que podo facer?"
- O detalle do expediente electrónico, premendo directamente nas accións dispoñibles da columna "Que podo facer?"