Guía de procedementos e servizos
Ir á sección pai
Detalle procedemento
IN421O
Axudas para proxectos de enerxía solar fotovoltaica
Procedemento dirixido a: Cidadáns
Consellería de Economía e Industria
O obxecto destas subvencións é apoiar proxectos promovidos polos particulares e as súas agrupacións e asociacións con fins de aforro enerxético e fomento do uso das enerxías renovables. Os proxectos limitaranse a instalacións para a xeración de electricidade mediante paneis solares fotovoltaicos para subministración en vivendas ou inmobles de carácter residencial.
Actuacións que se subvencionan
Poderán ter dereito a subvención todas aquelas actuacións descritas no artigo 1 destas bases reguladoras que se executen dentro do territorio da Comunidade Autónoma de Galicia, e o prazo de execución dos proxectos subvencionables iniciarase unha vez que teña efectuada a solicitude de axuda ante esta entidade e rematará o 30 de setembro de 2021.
Conceptos subvencionables
1. Serán subvencionables:
a) Os paneis solares fotovoltaicos.
b) O acondicionamento da enerxía eléctrica (inversores, convertedores, reguladores, cadros eléctricos, elementos de interconexión, proteccións, cableado, equipamentos de medidas, etc), monitorización (sensores, adquisición de datos, comunicación remota, etc.) e sistema de acumulación con baterías.
c) O resto de accesorios da instalación para o correcto funcionamento do sistema.
d) O custo da montaxe e o conexionado, a dirección de obra.
e) IVE, cando non sexa recuperable conforme a lexislación nacional sobre IVE.
2. Non son subvencionables:
a) Os gastos de funcionamento da actividade subvencionada e material funxible en xeral.
b) Os gastos anteriores á presentación da solicitude.
c) Equipamento e materiais de segunda man.
d) As obras de mantemento e os gastos de alugamento.
e) As taxas e licenzas administrativas.
Poderán ser beneficiarias das subvencións, sen prexuízo de reunir os demais requisitos establecidos nestas bases, as persoas físicas titulares de calquera dereito sobre un inmoble de dereito residencial ou as comunidades e mancomunidades de veciños, sempre que as actuacións subvencionables descritas no artigo 4 se realicen en vivendas ou edificios do sector residencial sitas na Comunidade Autónoma de Galicia. Así mesmo, as agrupacións de persoas físicas, privadas sen personalidade, que non se poderán disolver ata que transcorra o prazo de prescrición previsto nos artigos 35 e 63 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
Obrigas das persoas beneficiarias
1. Son obrigas das persoas beneficiarias as establecidas no artigo 11 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e, en particular, as seguintes:
a) Someterse ás actuacións de comprobación e control financeiro dos órganos competentes da Administración autonómica, estatal e comunitaria no exercicio das súas funcións.
b) Proporcionarlle á entidade colaboradora todos os documentos necesarios para poder tramitar as axudas establecidas nestas bases, así como acreditar os requisitos ou as condicións que determinen a concesión da axuda, no prazo sinalado na convocatoria ou, excepcionalmente, no que se sinale na resolución, cando esta sexa consecuencia da estimación dun recurso.
c) Facilitarlle á entidade colaboradora seleccionada as outras dúas ofertas que necesariamente se teñen que xuntar á solicitude de axuda cando a actuación concreta que se subvenciona supoña un gasto sen IVE para o beneficiario igual ou superior a 15.000 €.
As ofertas presentadas teñen que ser sempre con carácter previo á contratación do compromiso para a prestación do servizo ou a entrega do ben. As ofertas presentadas para cada gasto non poderán proceder de empresas vinculadas entre elas, nin co solicitante, nos termos establecidos na lexislación de contratos do sector público.
d) Acreditar ante a entidade colaboradora, con anterioridade a ditarse a proposta de resolución de concesión, así como antes das correspondentes propostas de pagamento, que está ao día nas súas obrigas tributarias estatais e autonómicas e da Seguridade Social.
e) Realizar o pagamento das facturas emitidas pola entidade colaboradora antes da data en que se deban presentar ante o Inega. Este pagamento debe estar debidamente documentado mediante xustificante bancario, tal e como se establece no artigo 24 destas bases.
f) Cando non poida executar o proxecto, deberá renunciar á subvención. A renuncia tramitaraa a entidade colaboradora mediante a presentación do anexo V que se xunta a título informativo. Este anexo estará dispoñible na páxina web do Inega (http://www.inega.gal).
g) O beneficiario está obrigado a respectar o destino do investimento, polo menos, os tres (3) anos posteriores á data da resolución de pagamento final, salvo que existan prazos de maior amplitude aplicables no ámbito da Xunta de Galicia para proxectos determinados, caso en que se aplicarán estes.
h) Conservar os documentos xustificativos da aplicación dos fondos recibidos, incluídos os documentos electrónicos, que poidan ser obxecto das actuacións de comprobación e control.
i) Comunicarlle ao Inega, a través da entidade colaboradora, a obtención doutras subvencións, axudas, ingresos ou recursos que financien as actividades subvencionadas, así como a modificación das circunstancias que fundamentasen a concesión da subvención. Esta comunicación deberase efectuar no momento en que se coñeza e, en todo caso, con anterioridade á xustificación da aplicación dada aos fondos.
j) Reintegrar os fondos percibidos nos supostos establecidos no artigo 33 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
k) En cumprimento do artigo 15.3 da Lei 9/2007, de subvencións de Galicia, no caso de promoción ou difusión pública que as persoas beneficiarias realicen da actuación subvencionada por calquera soporte, deberá constar o cofinanciamento con fondos da Xunta de Galicia a través do Instituto Enerxético de Galicia, que se efectuará incorporando de forma visible o símbolo e logotipo da Xunta de Galicia e do Inega.
Xunta de Galicia
Consellería de Economía e Industria
Instituto Enerxético de Galicia (INEGA)
Rúa Avelino Pousa Antelo , 5, San Lazaro,
15703 Santiago de Compostela (Coruña, A)
Teléfono: 981541500
Email: inega.info@xunta.gal
Prazo de presentación: PECHADO
03/03/2021 09:00 - 01/07/2021 23:59
O prazo de presentación de solicitudes de axuda comezará o 3 de marzo, ás 9.00 horas, e finalizará o 1 de xullo de 2021.
Non poderán ter a condición de beneficiarias as persoas ou entidades en que concorra algunha das circunstancias previstas nos números 2 e 3 do artigo 10 da citada Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
1. As entidades colaboradoras adheridas son as encargadas de tramitar o procedemento (presentar a solicitude e a documentación xustificativa da actuación). O prazo de presentación de solicitudes de axuda comezará o día 3 de marzo, ás 9.00 horas, e finalizará o 1 de xullo de 2021.
2. Cando o investimento sen IVE da actuación concreta que se subvenciona supoña un gasto para o beneficiario igual ou superior a 15.000 €, o beneficiario deberá solicitar como mínimo o contido de tres (3) ofertas de distintos provedores, tendo en conta que a oferta seleccionada corresponderá á da entidade colaboradora adherida encargada da tramitación da súa solicitude.
3. Na páxina web do Inega (www.inega.gal) estará dispoñible unha listaxe de entidades colaboradoras adheridas á convocatoria de axudas.
4. Unha vez elixida a instalación, a entidade colaboradora terá que:
a) Comprobar que a persoa que vai solicitar a axuda cumpre cos requisitos, establecidos no artigo 8 destas bases, para poder ser beneficiario da axuda.
b) A entidade colaboradora cubrirá a solicitude para ese solicitante, mediante a aplicación informática habilitada para o efecto e accesible desde a sede electrónica da Xunta de Galicia ou ben desde a páxina web do Inega (www.inega.gal). Para o acceso á aplicación de presentación da solicitude será necesario o número do NIF e o contrasinal determinados polas persoas interesadas.
De conformidade co artigo 68.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, se algunha das entidades interesadas presenta a solicitude presencialmente, será requirida para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela en que fose realizada a emenda.
Documentación complementaria
1. As entidades colaboradoras deberán achegar coa solicitude (anexo II) a seguinte documentación:
a) Autorización para a representación segundo o anexo III.
b) Para acreditar a titularidade admitiranse os seguintes documentos: título de propiedade ou contrato de arrendamento ou cesión de uso, acompañado de documento que acredite a titularidade do arrendador ou cedente.
Tamén se admitirá certificado catastral ou recibo de pagamento do IBI acompañado de declaración responsable (asinada polo solicitante da axuda) de que os datos contidos no certificado ou no recibo non sufriron variación.
c) No suposto de que o solicitante sexa unha agrupación de persoas físicas, privadas sen personalidade, o representante deberá asinar a solicitude e a entidade colaboradora achegará a seguinte documentación:
1º. Documentación que acredite a súa constitución.
2º. Documentación que acredite a representación con que se actúa.
3º. Documento en que consten os compromisos de execución asumidos por cada un dos integrantes, así como o importe de subvención que vai aplicar cada un deles, que terán igualmente a condición de persoas beneficiarias mediante a presentación do anexo IV que se xunta a título informativo. Este anexo deberase cubrir a través da aplicación informática accesible desde a sede electrónica da Xunta de Galicia https://sede.xunta.gal, ou ben desde a páxina web do Inega (http://www.inega.gal).
d) No caso de que unha comunidade de veciños sexa a solicitante, de conformidade co artigo 13.3 da Lei 49/1960, do 21 de xullo, sobre propiedade horizontal, o presidente exercerá a representación da comunidade neste procedemento e será a persoa asinante da documentación, e deberase presentar:
1º. Acta de constitución da comunidade de propietarios coa relación dos propietarios e a determinación da cota de participación respectiva.
2º. Certificación do acordo adoptado pola maioría legalmente establecida pola correspondente comunidade de propietarios en que acepta as bases da convocatoria, se compromete á execución das respectivas obras e faculta o presidente ou administrador de predios para formular a solicitude de subvención.
3º. Acta onde conste o nomeamento do presidente ou certificado expedido polo secretario da comunidade referente a esta cuestión, ou certificación do administrador de predios que xestione a comunidade.
4º. Documento en que consten os compromisos de execución asumidos por cada un dos integrantes, así como o importe de subvención que vai aplicar cada un deles, que terán igualmente a condición de persoas beneficiarias mediante a presentación do anexo IV que se xunta a título informativo. Este anexo deberase cubrir a través da aplicación informática accesible desde a sede electrónica da Xunta de Galicia https://sede.xunta.gal, ou ben desde a páxina web do Inega (http://www.inega.gal).
e) Presentación da oferta da instalación que se pretende levar a cabo. Cando o investimento sen IVE da actuación concreta que se subvenciona supoña un gasto para o beneficiario igual ou superior a 15.000 €, a entidade adherida, á cal corresponde a oferta seleccionada, presentará, xunto co resto da documentación complementaria, as tres ofertas da instalación que se pretende levar a cabo.
A elección dunha das ofertas fundamentarase sempre en criterios de aforro. Ademais, será necesario achegar como xustificación unha memoria cando a elección non recaia na proposta económica máis vantaxosa, que terá que incluír unha comparación das especificacións técnicas dos elementos ofertados e o motivo da elección.
Non será necesario presentar as tres (3) ofertas se polas especiais características dos gastos que se subvencionan non existe no mercado suficiente número de entidades que o subministren ou presten. Neste caso, o beneficiario deberá prestar declaración expresa motivada en tal sentido.
As ofertas deberán conter, como mínimo, os datos identificativos do emisor e do destinatario (razón social, enderezo e número ou código de identificación fiscal), a data de emisión do documento, o importe por concepto (especificando se inclúe ou non IVE) e a descrición técnica dos elementos ofertados.
f) Memoria técnica da actuación, composta polos seguintes documentos:
1º. Plano de situación onde se indique a localización dos equipamentos. Fotografía do lugar onde se vai executar o proxecto. Fotografía de vista aérea en que se indique de forma apreciable a edificación onde se executará a instalación (Sixpac, Catastro, etc.). Bosquexos ou planos en que se localicen os equipamentos na edificación, especificando o sistema de integración dos paneis.
2º. Folla de características dos paneis solares.
3º. Descrición da instalación proxectada segundo o modelo dispoñible na web do Inega (www.inega.gal) e unha memoria técnica en que se describirán, de forma detallada, os sistemas do equipamento xerador e do resto dos compoñentes principais da instalación, especificando o sistema de conexión.
4º. Orzamento desagregado.
5º. Última factura do consumo eléctrico.
g) Calquera outra documentación adicional que o interesado considere conveniente para a correcta avaliación do proxecto.
Forma de presentación da documentación complementaria
1. De conformidade co artigo 28.3 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, non será necesario achegar os documentos que xa fosen presentados anteriormente pola persoa interesada ante calquera Administración. Neste caso, a persoa interesada deberá indicar en que momento e ante que órgano administrativo presentou os ditos documentos, que serán solicitados electronicamente a través das redes corporativas ou mediante consulta ás plataformas de intermediación de datos ou outros sistemas electrónicos habilitados para o efecto, agás que conste no procedemento a oposición expresa da persoa interesada.
De forma excepcional, se non se puidesen obter os citados documentos, poderáselle solicita novamente á persoa interesada a súa achega.
2. A documentación complementaria deberase presentar electronicamente.
Se algunha das entidades colaboradoras presenta a documentación complementaria presencialmente, será requirida para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación aquela en que fose realizada a emenda.
As entidades colaboradoras responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, cando a relevancia do documento no procedemento o exixa ou existan dúbidas derivadas da calidade da copia, a Administración poderá solicitar de maneira motivada o cotexo das copias achegadas pola persoa interesada, para o cal poderán requirir a exhibición do documento ou da información orixinal.
3. No caso de que algún dos documentos que cómpre presentar de forma electrónica supere os tamaños máximos establecidos (5 MB) ou teña un formato non admitido, permitirase a presentación deste de forma presencial dentro dos prazos previstos e na forma indicada no número anterior.
4. Todos os trámites administrativos que as entidades colaboradoras deban realizar durante a tramitación deste procedemento deberán ser realizados electronicamente a través da aplicación informática habilitada para estas axudas, accesible desde a sede electrónica da Xunta de Galicia (http://sede.xunta.gal) ou da páxina web do Inega (www.inega.gal).
Comprobación de datos
1. Para a tramitación deste procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos elaborados en poder da Administración actuante ou elaborados polas administracións públicas, agás que a persoa interesada se opoña á súa consulta:
a) Certificacións de estar ao día no pagamento á AEAT, á Seguridade Social e á Facenda autonómica.
b) DNI ou NIE, cando a persoa solicitante sexa unha persoa física.
c) Concesión de subvencións de axuda.
d) Inhabilitación para obter subvencións e axudas.
2. No caso de que as persoas interesadas se opoñan a esa consulta, deberán indicalo no cadro habilitado no modelo de solicitude e achegar os documentos correspondentes.
Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilite a obtención dos citados datos, poderáselles solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.
Prazo de resolución:
Catro meses
Sentido do silencio:
Negativo
Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"
-
Ámbito Autonómico
-
Resolución do 28 de decembro de 2020 pola que se aproban as bases reguladoras das subvencións para proxectos de enerxía solar fotovoltaica dirixidas a particulares para o ano 2021 (código de procedemento IN421O) (DOG nº 10 do 18 de xaneiro de 2021).
-
Extracto da Resolución do 28 de decembro de 2020 pola que se aproban as bases reguladoras das subvencións para proxectos de enerxía solar fotovoltaica dirixidas a particulares para o ano 2021 (código de procedemento IN421O) (DOG nº 10 do 18 de xaneiro de 2021).
-
Resolución do 22 de setembro de 2021 sobre ampliación do prazo establecido no artigo 22 da Resolución do 28 de decembro de 2020 pola que se aproban as bases reguladoras das subvencións para proxectos de enerxía solar fotovoltaica, dirixidas a particulares, para o ano 2021 (Diario Oficial de Galicia número 10, do 18 de xaneiro) (DOG nº 188 do 29 de setembro de 2021).
-
Resolución do 14 de febrero de 2022 pola que se dá publicidade das axudas concedidas ao abeiro da Resolución do 28 de decembro de 2020 pola que se establecen as bases reguladoras e se anuncia a convocatoria de subvencións para proxectos de enerxía solar fotovoltaica dirixidas a particulares para o ano 2021 (DOG nº 37 do 23 de febreiro de 2022).
-
Outros procedementos relacionados
Solicitude de autorización para a utilización das aplicacións informáticas da Oficina Virtual Tributaria para o pagamento electrónico e a presentación electrónica dos modelos de declaración 008 e de autoliquidación 013 do Imposto compensatorio ambiental mineiro (ICAM).
Aberto todo o ano
Novacións de débedas
Prazo aberto: 07/02/2025 09:00 - 30/12/2025 14:00
Revisión actividades artesás do Rexistro xeral de artesanía de Galicia.
Aberto todo o ano
Autorización do uso da marca Artesanía de Galicia.
Aberto todo o ano