Orientámolo/a, paso a paso, para presentar unha solicitude no rexistro electrónico
IN421L - Axudas para proxectos de equipamentos de aproveitamento de enerxías renovables e proxectos de aforro e eficiencia enerxética nas empresas de produción agrícola primaria.
Obxecto
1. Estas bases teñen por obxecto regular a concesión de subvencións para a instalación de equipamentos de aproveitamento de enerxías renovables e de aforro e eficiencia enerxética nas empresas de produción agrícola primaria que cumpran cos requisitos e condicións establecidos no articulado desta resolución (código de procedemento IN421L).
2. O procedemento de concesión destas subvencións tramitarase en réxime de concorrencia non competitiva, segundo a excepción recollida no artigo 19.2 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia. As solicitudes de axuda presentadas en prazo e cos requisitos establecidos nestas bases tramitaranse e resolveranse por orde de entrada no rexistro da solicitude e ata o esgotamento do crédito, do que se fará publicidade na aplicación informática que se utiliza na xestión das axudas.
Actuacións que se subvencionan
1. Poderán obter dereito a subvención todas aquelas actuacións descritas nos artigos 6 ou 7 e nos anexos I e II destas bases, que se executen dentro do territorio da Comunidade Autónoma de Galicia. O prazo de execución dos proxectos subvencionables iniciarase unha vez efectuada a solicitude de axuda ante esta entidade e rematará no prazo previsto no artigo 24.
Para os efectos destas bases, enténdese por inicio dos traballos, conforme a definición recollida no artigo 2 do Regulamento (UE) núm. 651/2014 da Comisión, do 17 de xuño de 2014, ou ben o inicio dos traballos de construción ou ben o primeiro compromiso en firme para o pedido de equipamentos ou outro compromiso que faga o investimento irreversible, se esta data é anterior. A compra de terreos e os traballos preparatorios como a obtención de permisos e a realización de estudos previos de viabilidade non se consideran inicio dos traballos.
2. O investimento mínimo para que a actuación sexa subvencionable debe ser de 5.000 euros por solicitude (IVE non incluído).
3. Cada empresa poderá presentar unha ou máis solicitudes. Cada solicitude incluirá un único proxecto técnico, que pode constar dunha soa actuación ou de varias actuacións homoxéneas que se valorarán de xeito conxunto. Considéranse actuacións homoxéneas aquelas que integren varios equipamentos da mesma tecnoloxía renovable/eficiente. As actuacións homoxéneas deberán ser cursadas nunha única solicitude por localización, salvo no caso de instalacións de autoconsumo colectivo conforme o Real decreto 244/2019, que poderán incluír varias localizacións nunha única solicitude, ou varias solicitudes para as diferentes partidas do mesmo proxecto colectivo.
Considéranse actuacións non homoxéneas e que, polo tanto, deben cursarse en solicitudes independentes, a combinación de proxectos de distintas tecnoloxías.
4. As actuacións deberán cumprir coa normativa vixente que lles sexa de aplicación, así como contar coas preceptivas licenzas e autorizacións administrativas no caso de que actuación o requira.
A quen vai dirixido?
1. Poderán ser beneficiarios das subvencións, sen prexuízo de reuniren os demais requisitos establecidos nestas bases:
a) As empresas legalmente constituídas e os empresarios autónomos que teñan domicilio social ou algún centro de traballo en Galicia, incluídos no sector de produción agrícola primaria.
Para os efectos desta resolución, consideraranse do sector de produción agrícola primaria as actividades incluídas na sección A e, en concreto, as clases da 1.11 a 02.40 do CNAE-2009, ambas incluídas. Tamén serán subvencionables as actividades inluídas no IAE que se correspondan con estas clases do CNAE 2009.
Para os efectos destas bases, defínese empresa conforme o recollido no artigo 1 do anexo I do Regulamento (UE) 651/2014.
b) As empresas de servizos enerxéticos que xestionen total ou parcialmente instalacións consumidoras de enerxía. Os centros de consumo en que se actúe deben estar situados en Galicia e corresponder a empresas incluídas no ámbito de actuación das presentes bases e, en concreto, desenvolver algunha das actividades recollidas na alínea anterior.
Pola contra, non poden ser centros consumidores de enerxía nin as persoas particulares (comunidades de propietarios) nin as empresas recollidas no artigo 5.
Contarase en todo caso co visto e prace do titular da instalación, por se der lugar a modificación do contrato existente entre ambas as partes.
As empresas de servizos enerxéticos deberán cumprir os requisitos establecidos no Real decreto 56/2016 para o desenvolvemento da actividade profesional de provedor de servizos enerxéticos, e deberán estar incluídas na Lista de provedores de servizos enerxéticos regulada no capítulo III do citado real decreto.
O servizo enerxético prestado pola empresa de servizos enerxéticos consistirá nun conxunto de prestacións que incluirá a realización de investimentos inmateriais, de obras ou de subministracións necesarias para optimizar a calidade e a redución dos custos enerxéticos. Esta actuación poderá comprender, ademais da construción, instalación ou transformación de obras, equipamentos e sistemas, o seu mantemento, actualización ou renovación, a súa explotación ou a súa xestión derivados da incorporación de tecnoloxías eficientes.
Para as solicitudes tramitadas baixo a modalidade de empresas de servizos enerxéticos terase en conta a actividade asimilable ao centro de traballo en que se instalen.
2. As persoas ou entidades que resulten beneficiarias da subvención e con posterioridade contraten a xestión enerxética, total ou parcialmente, a unha empresa de servizos das definidas no número 1 deste artigo poderán solicitar a modificación da resolución de concesión no sentido de que pase a ser beneficiaria esta última, xuntando unha copia do contrato de servizos enerxéticos en que se recollan as cláusulas asociadas ao proxecto para o cal se solicita a axuda. Esta solicitude deberá presentarse, como mínimo, 20 días hábiles antes da finalización do prazo de xustificación do investimento do proxecto, e poderá dar lugar á minoración da axuda inicialmente outorgada tras a aplicación da metodoloxía de cálculo da axuda, segundo o establecido nestas bases, no caso de que se produza unha variación do investimento elixible ou das características técnicas do proxecto.
Requisitos
1. Non poderán ter a condición de beneficiarias as persoas ou entidades en que concorra algunha das circunstancias previstas nos números 2 e 3 do artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
2. Non poderán obter a condición de beneficiarias as empresas suxeitas a unha orde de recuperación pendente tras unha decisión previa da Comisión que declarase unha axuda ilegal e incompatible co mercado común.
3. As empresas en crise están excluídas, excepto cando se trate de réximes de axudas destinados a reparar os prexuízos causados por determinados desastres naturais.
Para os efectos de considerar unha empresa en crise, entenderase por procedementos de insolvencia, de acordo co disposto no Regulamento (UEO) 2015/848 do Parlamento Europeo e do Consello, do 20 de maio de 2015, sobre procedementos de insolvencia:
a) O concurso de acredores.
b) O procedemento de homologación de acordos de refinanciamento.
c) O procedemento de acordos extraxudiciais de pagamento.
d) O procedemento de negociación pública para a consecución de acordos de refinanciamento colectivos, acordos de refinanciamento homologados e propostas anticipadas de convenios.
As empresas, ao cubriren o formulario de solicitude, declaran que non se encontran en situación de crise conforme a normativa comunitaria.
A onde acudir
Xunta de Galicia
Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación
Instituto Enerxético de Galicia (INEGA)
Dirección Inega
Xerencia do Inega
Rúa Avelino Pousa Antelo, núm. 5, San Lázaro
15703 Santiago de Compostela (Coruña, A)
Teléfono: 981541500
Email: inega.info@xunta.gal
Órgano responsable
Instituto Enerxético de Galicia (INEGA)
Normativa
Ámbito Autonómico
Resolución do 5 de xuño de 2020 pola que se redistribúen os créditos orzamentarios por epígrafes recollidos na Resolución do 19 de decembro de 2019 pola que se establecen as bases reguladoras e se anuncia a convocatoria de subvencións para proxectos de equipamentos de aproveitamento de enerxías renovables e de aforro e eficiencia enerxética nas empresas de produción agrícola primaria para o ano 2020 (DOG nº 119 do 18 de xuño de 2020).
Orde do 6 de maio de 2020 pola que se acorda a continuación de determinados procedementos relativos á concesión de subvencións indispensables para a protección do interese xeral ou para o funcionamento básico dos servizos públicos no ámbito desta consellería durante a vixencia do estado de alarma (DOG nº 90 do 11 de maio de 2020).
Resolución do 19 de decembro de 2019 pola que se establecen as bases reguladoras e se anuncia a convocatoria de subvencións para proxectos de equipamentos de aproveitamento de enerxías renovables e de aforro e eficiencia enerxética nas empresas de produción agrícola primaria para o ano 2020 (código de procedemento IN421L) (DOG nº 14 do 22 de xaneiro de 2020).
Extracto da Resolución do 19 de decembro de 2019 pola que se establecen as bases reguladoras e se anuncia a convocatoria de subvencións para proxectos de equipamentos de aproveitamento de enerxías renovables e de aforro e eficiencia enerxética nas empresas de produción agrícola primaria para o ano 2020 (código de procedemento IN421L) (DOG nº 14 do 22 de xaneiro de 2020).
Resolución do 2 de marzo de 2020 pola que se redistribúen os créditos orzamentarios por epígrafes recollidos na Resolución do 19 de decembro de 2019 pola que se establecen as bases reguladoras e se anuncia a convocatoria de subvencións para proxectos de equipamentos de aproveitamento de enerxías renovables e de aforro e eficiencia enerxética nas empresas de produción agrícola primaria para o ano 2020 (DOG nº 45 do 6 de marzo de 2020).
Corrección de erros. Orde do 6 de maio de 2020 pola que se acorda a continuación de determinados procedementos relativos á concesión de subvencións indispensables para a protección do interese xeral ou para o funcionamento básico dos servizos públicos desta consellería durante a vixencia do estado de alarma (DOG nº 96 do 19 de maio de 2020).
Resolución do 23 de setembro de 2020 pola que se amplía o prazo de execución e xustificación dos investimentos establecido no artigo 24 da Resolución do 19 de decembro de 2019 pola que se aproban as bases reguladoras das subvencións para proxectos de equipamentos de aproveitamento de enerxías renovables e de aforro e eficiencia enerxética nas empresas de produción agrícola primaria (DOG nº 197 do 29 de setembro de 2020).
Resolución do 15 de xaneiro de 2021 pola que se dá publicidade ás axudas concedidas ao abeiro da Resolución do 19 de decembro de 2019 pola que se establecen ás bases reguladoras e se anuncia a convocatoria de subvencións para proxectos de equipamentos de aproveitamento de enerxías renovables e de aforro e eficiencia enerxética nas empresas de produción agrícola primaria para o ano 2020 (código de procedemento IN421L).(DOG núm. 17 do 27 de xaneiro de 2021).
Prazo
Prazo de presentación: PECHADO
10/02/2020 00:00 - 15/05/2020 23:59
Continúa o prazo de presentación de solicitudes, nos termos previstos na Orde da Consellería de Economía, Emprego e Industria, do 6 de maio de 2020.
O prazo de presentación de solicitudes comezará o 10 de febreiro de 2020, ás 9.00 horas, e concluirá o 15 de maio de 2020, ás 23.59 horas.
Documentación para a presentación
1. As solicitudes subscribiranas directamente os interesados ou a persoa que acredite a súa representación por calquera medio válido en dereito.
2. A presentación das solicitudes realizarase unicamente por medios electrónicos a través do formulario electrónico normalizado accesible desde a sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal, e na páxina web do Inega, www.inega.gal, de conformidade co establecido no artigo 14 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas. Para o acceso á aplicación de presentación das solicitudes será necesario o número do NIF e o contrasinal determinado polas persoas interesadas.
Se algunha persoa interesada presenta a súa solicitude presencialmente, será requirida para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela en que fose presentada a emenda.
A publicación dos formularios da solicitude no DOG faise unicamente para efectos informativos.
3. Para formular a solicitude, ademais de cubrir o correspondente formulario cos datos de identificación do solicitante e xerais da actuación (anexo III de solicitude), deberase achegar a través da aplicación, a seguinte documentación mínima:
– Memoria técnica do proxecto segundo o modelo dispoñible na web do Inega (www.inega.gal).
– Unha oferta dun provedor para proxectos cun custo total inferior a 15.000 euros e tres ofertas para os de custo superior.
4. A documentación complementaria deberá presentarse electronicamente. As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, a Administración poderá requirir a exhibición do documento orixinal para o cotexo da copia electrónica presentada.
Se algunha das persoas interesadas presenta a documentación complementaria presencialmente, será requirida para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación aquela en que fose realizada a emenda.
As copias dos documentos gozarán da mesma validez e eficacia que os seus orixinais sempre que exista constancia de que sexan auténticas.
Sempre que se realice a presentación de documentación separadamente da solicitude, deberán indicarse o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente, se se dispón del.
No caso de que algún dos documentos que se van presentar de forma electrónica supere os tamaños máximos establecidos, 5MB por arquivo individual, permitirase a súa presentación de forma presencial dentro dos prazos previstos.
Documentación complementaria da solicitude
Xunto coa solicitude presentaranse anexadas copias dixitalizadas da documentación complementaria. Os documentos da solicitude deberán incluír unha parte administrativa e unha parte técnica, como se describe a continuación:
1. Documentación administrativa que deben achegar todos os solicitantes:
a) Documento oficial en que conste o código CNAE correspondente á actividade da empresa, tal como: declaración censual, declaración de vida laboral, imposto de actividades económicas. Tamén se aceptarán os documentos en que aparezan as actividades incluídas no IAE que se correspondan coas seccións do CNAE 2009.
b) Declaración responsable asinada polo representante legal do solicitante de ter a capacidade administrativa, financeira e operativa para cumprir os obxectivos do proxecto para o cal se conceda a axuda.
c) Documentación acreditativa da titularidade dos terreos ou inmobles sobre os cales se vai executar o proxecto, ou da dispoñibilidade deles durante un período mínimo de cinco anos, que permitan concretar a situación do predio ou inmoble sobre o terreo.
Os documentos admitidos para acreditar a titularidade son: titulo de propiedade, certificado catastral, recibo de pagamento do IBI (emitido polo Concello ou polo organismo encargado de xestionar o imposto), contrato de arrendamento ou cesión de uso, acompañado de documento que acredite a titularidade do arrendador ou cedente.
d) As tres ofertas que, en aplicación do artigo 29.3 da Lei de subvencións de Galicia, debe ter solicitado o solicitante. Cando o investimento sen IVE da actuación concreta que se subvenciona supoña un gasto para o beneficiario superior a 15.000 euros, o beneficiario deberá solicitar e achegar ao Inega, como mínimo, o contido de 3 ofertas de distintos provedores. Non se aceptará como válido o certificado, informe ou documento similar en que se indique que se cumpriu co dito trámite de solicitar as 3 ofertas.
A elección dunha das ofertas fundamentarase sempre en criterios de aforro. Ademais, será necesario achegar como xustificación unha memoria cando a elección non recaia na proposta económica máis vantaxosa, que tera que incluír unha comparación das especificacións técnicas dos elementos ofertados e o motivo da elección.
Non será necesario presentar as 3 ofertas se polas especiais características dos gastos que se subvencionan non existe no mercado suficiente número de entidades que o subministren ou presten; o beneficiario, neste suposto deberá prestar declaración expresa motivada en tal sentido.
As ofertas deberán conter, como mínimo, os datos identificativos do emisor e do destinatario (razón social, enderezo, e número ou código de identificación fiscal), a data de emisión do documento, o importe por concepto (especificando se inclúe ou non IVE) e a descrición técnica dos elementos ofertados.
e) Cando o investimento sen IVE da actuación non sexa superior a 15.000 euros, o beneficiario deberá achegar unha oferta que avale o orzamento do proxecto.
f) Se non teñen o domicilio social en Galicia, deberán acreditar, cando menos, a existencia dun centro de traballo ou a realización dalgunha actividade empresarial xustificable dentro do territorio da Comunidade Autónoma de Galicia.
No caso das empresas de servizos enerxéticos, o que debe estar situado no territorio da Comunidade Autónoma de Galicia son os centros de consumo.
g) Cando non estea obrigada por lei a inscribirse no Rexistro Mercantil ou calquera outro rexistro público, presentarán a documentación acreditativa da constitución e da representación correspondente.
h) Cando unha empresa de servizos enerxéticos xestione total ou parcialmente instalacións consumidoras de enerxía, deberá achegar ademais:
1ª. Unha copia do contrato de servizos enerxéticos en que se recollan as cláusulas asociadas ao proxecto para o cal se solicita a axuda.
2ª. Constancia por escrito da autorización e coñecemento por parte do titular ou titulares da instalación de que se solicita a subvención.
2. Deberá achegarse a seguinte documentación técnica:
a) Memoria técnica do proxecto segundo o modelo dispoñible na web do Inega (www.inega.gal) para a tecnoloxía para a cal se solicite axuda. As tecnoloxías clasifícanse nas seguintes tipoloxías de proxectos: fotovoltaica-minieólica, biomasa-biogás, xeotermia-aerotermia, solar térmica, iluminación eficiente e resto de proxectos de aforro e eficiencia enerxética.
b) Documento denominado Ficha de consumos segundo modelo dispoñible na web do Inega (www.inega.gal), en que se relacione o número de factura e o consumo enerxético de todas as facturas (electricidade, gas, fuel óleo, gasóleo, …) do período anual tomado como referencia (2019 ou últimos doce meses), así como os datos enerxéticos do proxecto. Diferénciase entre Ficha de consumos de proxectos de enerxías renovables e Ficha de consumos de proxectos de aforro e eficiencia. Non será precisa a presentación desta ficha no caso de proxectos de iluminación, fotovoltaica ou minieólica.
c) Características técnicas dos equipamentos para os cales se solicita a axuda subministradas polo fabricante (catálogo, certificado ou ficha técnica do fabricante), onde se inclúan datos de produtividade do equipamento, potencia nominal e rendemento enerxético. No caso de módulos fotovoltaicos, deberán informar da eficiencia enerxética do módulo para unha irradiación de 1000 W/m2 e unha temperatura de 25 ºC.
d) Fotografías do lugar previsto para a instalación do novo equipamento. No caso de substitución de equipamentos existentes, deberase achegar tamén fotografías destes.
e) Plano de situación onde se indique a localización dos equipamentos. Fotografía de vista aérea en que se indique de forma apreciable a edificación/parcela onde se executará a instalación (Sixpac, Catastro, etc.). Bosquexos ou planos en que se localicen os equipamentos na edificación.
2. Ademais, nos casos en que proceda, tamén se debe achegar o seguinte:
a) Para proxectos de instalacións de xeración eléctrica, declaración responsable do representante legal da empresa solicitante es que informe da existencia ou non de instalacións de autoconsumo eléctricas preexistentes e da necesidade ou non de autorización administrativa previa ou de construción para a actuación prevista, utilizando o modelo dispoñible na páxina web do Inega.
b) No caso de proxectos que requiran autorización administrativa previa ou de construción da Dirección Xeral de Enerxía e Minas, copia da autorización na fase de solicitude de axuda.
c) No caso de investimentos en eficiencia enerxética non separables, oferta técnica dun provedor que avale o orzamento dun investimento similar que implique menor eficiencia enerxética e que podería realizarse de forma crible sen subvención (investimento de referencia).
d) Para as instalacións de mellora de iluminación, fotovoltaicas e minieólicas, facturas de compra de electricidade do último ano do centro de traballo en que está prevista a execución da instalación.
e) Para a instalación de bombas de calor, certificado do coeficiente de rendemento (COP) emitido segundo a norma que as afecte (UNE-EN 14511:2012, UNE-EN 15316:2010, UNE-EN 16147, UNE-EN 14825:2012, etc.), para os equipamentos incluídos no ámbito de aplicación da dita norma (os que non estean incluídos teñen que xustificalo cun informe técnico do fabricante). Para acreditar este coeficiente, deberá xuntarse a certificación emitida por Eurovent, a EPHA (Asociación Europea da Bomba de Calor) ou por un laboratorio que realice este tipo de ensaios, segundo a normativa vixente. No caso de Eurovent e da EPHA admitirase a impresión da páxina web en que se poden consultar os datos de potencia e COP do propio equipamento ou do ensaiado na serie técnica sempre que se xunte unha captura do link en que se pode contrastar a información. Tomarase como temperaturas de referencia para o cálculo do COP e da potencia 0/35 ºC para bombas de calor xeotérmicas e 7/35 ºC para aerotermia.
f) Para a instalación de bombas de calor, documento acreditativo de SCOPnet segundo norma UNE-EN 14825:2012 ou cálculo do valor do SPF (prestacións medias estacionais) segundo norma UNE-EN 14825:2012, UNE-EN 12309 ou documento Prestacións medias estacionais das bombas de calor elaborado polo Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo a través do IDAE.
g) Para instalacións solares térmicas, resolución de certificación do panel solar en vigor, emitida pola Administración competente. Se na resolución de certificación non se recolle de xeito íntegro a seguinte información do panel: marca, modelo, superficie de apertura e potencia térmica para unha radiación de 1000 W/m2 e un salto térmico de 50 ºC, entregarase a maiores copia do ensaio realizado por unha entidade debidamente acreditada (segundo a Orde ITC/71/2007, do 22 de xaneiro, do Ministerio de Industria, Turismo e Comercio ou, se for o caso, a norma que a substitúa), que serviu de base para a emisión da resolución de certificación.
h) Para instalacións solares térmicas, declaración responsable do beneficiario de que a instalación para a cal se solicita axuda non é obrigada conforme a normativa vixente.
i) No caso de actuacións de iluminación, deberase presentar unha declaración responsable asinada por un técnico cualificado (especificando no documento o nome completo, DNI e cualificación do técnico asinante), en que se relacionen as estancias reformadas (coa mesma estrutura utilizada no documento Memoria técnica PAE_ILU), o seu uso, e se declare que tras os estudos lumínicos realizados se constata o cumprimento da norma UNE-EN 12464 (Iluminación. Iluminación nos lugares de traballo), e na Guía técnica para a avaliación e prevención de riscos relativos á utilización de lugares de traballo, se é o caso. Nas estancias en que o fluxo luminoso total despois da mellora sexa inferior ao fluxo luminoso inicial deberá achegarse estudo lumínico en que se xustifique que o nivel de iluminancia mantida (Em) é adecuado a actividade prevista.
j) Ademais, nas instalacións de iluminación que estean incluídas total ou parcialmente no ámbito de aplicación do documento HE3 do Código técnico da edificación, xustificación asinada por un técnico competente de que cumpren coas exixencias establecidas nel. Nos casos en que a instalación non estea incluída total ou parcialmente no ámbito de aplicación, deberase xuntar escrito xustificativo dos motivos.
k) No caso de instalacións de autoconsumo colectivo, acordo asinado por todos os participantes que recolla os criterios de repartición en virtude do recollido no anexo I do Real decreto 244/2019. Adicionalmente, achegarase anexo asinado deste documento en que se estableza a enerxía anual xerada prevista (en kWh/ano) repartida entre os consumidores que participan do autoconsumo colectivo.
4. Calquera outra documentación adicional que o interesado considere conveniente para a correcta avaliación do proxecto.
5. Non será necesario achegar os documentos que xa fosen presentados anteriormente. Para estes efectos, a persoa interesada deberá indicar en que momento e ante que órgano administrativo presentou os citados documentos. Presumirase que esta consulta é autorizada polas persoas interesada, salvo que conste no procedemento a súa oposición expresa.
Nos supostos de imposibilidade material de obter o documento, o órgano competente poderá requirirlle a persoa interesada a súa presentación, con anterioridade á formulación da proposta de resolución.
6. Todos os trámites administrativos que as persoas interesadas deban realizar durante a tramitación deste procedemento deberán ser realizados electrónicamente a través da aplicación informática habilitada para estas axudas, accesible desde a sede electrónica da Xunta de Galicia (http://sede.xunta.gal) ou da páxina web do Inega (www.inega.gal).
Comprobación de datos
1. Para a tramitación deste procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos elaborados polas administracións públicas:
a) Certificado catastral.
b) Certificacións de estar ao día no pagamento coa AEAT, a Seguridade Social e Facenda autonómica.
c) Certificación de alta no imposto de actividades económicas, cando a persoa solicitante sexa unha empresa ou autónomo.
d) DNI ou NIE do solicitante, cando o solicitante sexa unha persoa física.
e) NIF da entidade solicitante.
f) Inhabilitación para obter subvencións e axudas.
g) Concesión de subvencións e axudas.
2. No caso de que as persoas interesadas se opoñan a esta consulta, deberán indicalo no recadro habilitado no modelo de solicitude e achegar os documentos correspondentes.
3. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilitase a obtención dos citados datos, poderáselles solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.
Como podo?
+Localice o procedemento ou servizo na guía de procedementos e servizos, consulte a información do trámite e revise a documentación obrigatoria para presentar a solicitude que figura na pestana "Presentación" no apartado "Documentación para a presentación".
No apartado "Anexos asociados" ten dispoñibles modelos en formato .pdf para aqueles documentos para os que se precisan. Descargue no seu equipo os modelos que deba presentar e cúbraos. Garde ou imprima a un arquivo electrónico de cada modelo cuberto para anexalo posteriormente na presentación.
No caso de que o procedemento non figure na guía, poderá empregar a solicitude xenérica.
Prema en "Tramitar en liña" para iniciar o trámite electrónico.
Identifíquese empregando un certificado electrónico ou Chave365.
Agora xa está dentro do seu espazo persoal "A miña sede".
Cubra o formulario e lembre que pode gardalo para recuperalo máis adiante desde o apartado "Os meus borradores" de "A miña sede".
Cando o teña cuberto, prema en "Continuar".
Anexe a documentación que queira presentar xunto co formulario. Inclúa os modelos cubertos no paso 1.
Pode consultar como enviar ficheiros que non teñen o tamaño ou o formato aceptados por esta sede.
Asine o formulario e a documentación que quere entregar.
Pode facelo cun certificado electrónico empregando a aplicación Autofirma ou, se emprega Chave365, coa clave de sinatura que recibirá no seu móbil.
Descargue o xustificante da presentación.
Poderá tamén acceder a este documento desde o apartado "Os meus expedientes" de "A miña sede".
Consulte como proceder cos documentos de gran tamaño e en distintos formatos
Revise a documentación obrigatoria para o trámite que vai realizar na ficha do procedemento na Guía de procedementos e servizos.
Lembre que este servizo soamente estará disponible desde o espazo "A miña sede" da sede electrónica e naqueles procedementos que teñan habilitados trámites electrónicos posteriores á solicitude cando así o estableza a súa norma reguladora.
Prepare os arquivos electrónicos necesarios e comprobe que utiliza formatos compatibles coa sede: .bmp, .ce3, .cex, .csv, .cte, .dbf, .doc, .docx, .dwg, .dxfn, .hexhash, .inp, .jpg, .ods, .odt, .pd2, .pdf, .pdl, .png, .prj, .shp, .shx, .tiff, .txt, .xls, .xlsx, .xml, .tgd, .kmz, .kml e .gpx
O tamaño máximo do conxunto de documentos achegados a unha presentación en esta sede é de 100 MB, e non se admiten arquivos comprimidos.
Comprobe o tamaño total do conxunto de documentos que precisa achegar:
- Se é inferior a 100 MB pode achegar todos os documentos á solicitude
- Se é superior a 100 MB separe os arquivos de máis de 100 MB, agrupe o resto en subconxuntos de documentos que non superen os 100 MB e proceda segundo os seguintes pasos
- Presente a solicitude achegando un subconxunto de documentos de menos de 100 MB.
- Repita o trámite de achega de documentación separada da solicitude para cada un dos subconxuntos restantes de documentos, seguindo estes pasos:
- Unha vez finalizada a presentación acceda ao apartado "Os meus expedientes" de "A miña sede", seleccione o expediente da solicitude que acaba de realizar, pulse na opción "Accións" e seleccione "Achega de documentación separada da solicitude".
- Cubra o formulario e pulse en "continuar"
- Achegue o seguinte subconxunto de documentos
- Asine e complete a achega de documentación separada
- Repita este proceso para cada subconxunto de documentos de menos de 100 MB
Se algún arquivo supera individualmente os 100 MB:
- Proceda segundo se explica nos pasos anteriores para o resto de arquivos
- Descargue no seu equipo o modelo xenérico para a achega de documentación separada
- Cubra o modelo, indicando o expediente ou número de rexistro de entrada da solicitude electrónica realizada e a unidade responsable do procedemento
- Imprima o modelo e presénteo de forma presencial, xunto coa documentación en formato físico -CD, DVD, USB-, en calquera das oficinas de rexistro
Resolución
Prazo de resolución:
15 días desde a data de elevación da proposta de resolución
Sentido do silencio:
Negativo
Como podo?
+Consulte como responder a un requirimento de emenda de documentación
Revise a documentación obrigatoria para o trámite que vai realizar na ficha do procedemento na Guía de procedementos e servizos. Na pestana "Presentación", no apartado "Documentación para a presentación" figura o listado de documentos requiridos para a presentación. No apartado "Anexos asociados" ten dispoñibles os modelos en formato .pdf para aqueles documentos para os que se precisan.
Descargue no seu equipo os modelos que deba presentar e cúbraos. Garde ou imprima a un arquivo electrónico cada modelo cuberto para anexalo posteriormente na presentación.
Acceda ao seu espazo persoal "A miña sede". Identifíquese empregando un certificado electrónico ou Chave365. Busque o expediente relacionado co requirimento e seleccione no menú "Acción" da dereita a opción "Emenda ao requirimento".
* No caso de que o expediente non apareza no seu espazo persoal, ou a opción "Emenda ao requirimento" non estivese dispoñible para ese expediente, poderá realizar electronicamente a emenda utilizando a solicitude xenérica.
Cubra o formulario indicando os datos ou documentos achegados para a emenda.
Anexe os documentos que queira presentar. Inclúa os modelos cubertos no paso 1.
Asine o formulario e os documentos que vai entregar para a emenda.
Pode facelo con certificado electrónico utilizando a aplicación Autofirma ou, se emprega Chave365, coa clave de sinatura que recibirá nunha mensaxe no seu móbil.
Descargue o xustificante de presentación da emenda.
Poderá acceder en calquera momento aos seus xustificantes electrónicos desde o seu espazo persoal "A miña sede".
Coñeza como achegar documentación xustificativa a un expediente en curso
Revise a documentación obrigatoria para o trámite que vai realizar na ficha do procedemento na Guía de procedementos e servizos.
Na pestana "Despois da presentación", no apartado "Xustificación" figura o listado de documentos requiridos para a xustificación. No apartado "Anexos asociados" ten dispoñibles os modelos en formato .pdf para aqueles documentos para os que se precisan.
Descargue no seu equipo os modelos que deba presentar e cúbraos.
Garde ou imprima a un arquivo electrónico cada modelo cuberto para anexalo posteriormente na presentación.
Acceda ao seu espazo persoal "A miña sede".
Identifíquese empregando un certificado electrónico ou Chave365.
Busque o expediente para o que precisa achegar documentación xustificativa. No menú "Acción" que aparece á dereita seleccione a opción "Achega de documentación xustificativa".
* No caso de que o expediente non apareza no seu espazo persoal, ou a opción "Achega de documentación xustificativa" non estivese dispoñible para ese expediente, poderá realizar electronicamente a xustificación utilizando a solicitude xenérica.
Cubra o formulario.
Indique os documentos que achega para a xustificación.
Anexe os documentos que queira presentar para a xustificación. Inclúa os modelos cubertos no paso 1.
Asine o formulario e os documentos que vai entregar para a xustificación.
Pode facelo con certificado electrónico utilizando a aplicación Autofirma ou, se emprega Chave365, coa clave de sinatura que recibirá nunha mensaxe no seu móbil.
Descargue o xustificante de presentación da xustificación.
Poderá acceder en calquera momento aos seus xustificantes electrónicos desde o seu espazo persoal "A miña sede".
Todos os seus expedientes, presentacións e borradores en "A miña sede"
Para xestionar os seus expedientes o primeiro que debe facer é acceder o seu espazo persoal premendo en "A miña sede" e, a continuación, identificarse empregando calquera dos certificados admitidos nesta sede ou Chave365.
Poderá ver na súa bandexa de entrada os seus últimos expedientes, presentacións e borradores.
Verá en pantalla información detallada de cada expediente ou presentación (número de expediente/rexistro, código e nome do procedemento etc.).
Se desexa ver todos os seus expedientes e presentacións, prema no botón "Ver todos/Buscar".
Ao acceder á pantalla de busca, pode buscar expedientes ou borradores por distintos criterios ou localizalos directamente se coñece o código de acceso.
Poderá realizar accións concretas sobre un expediente (achegar documentación adicional, mellorar unha solicitude, modificar os seus datos de notificación etc.) desde:
- A bandexa de entrada dos seus últimos expedientes, presentacións e borradores, premendo o botón "Acción" da columna "Que podo facer?"
- O detalle do expediente electrónico, premendo directamente nas accións dispoñibles da columna "Que podo facer?"