Guía de procedementos e servizos
Ir á sección pai
Detalle procedemento
IN421J
Subvencións para proxectos singulares de mellora da sustentabilidade enerxética nas empresas do sector industrial da provincia da Coruña.
Procedemento dirixido a: Empresas e profesionais
Consellería de Economía e Industria
Regular a concesión de subvencións para a realización de proxectos singulares de mellora da sustentabilidade enerxética en empresas do sector industrial que contribúan ao aforro e á eficiencia enerxética nas industrias da provincia da Coruña, que cumpran cos requisitos e coas condicións establecidos no articulado destas bases reguladoras.
Poderán ser beneficiarias das subvencións, sen prexuízo de reunir os demais requisitos establecidos nestas bases, as empresas que acrediten a existencia dun centro de traballo ou a realización dalgunha actividade empresarial xustificable dentro do territorio da provincia da Coruña, e que realicen unha actividade industrial. Para os efectos destas bases considerarase actividade industrial aquela que comecen por unha división da 07 a 39 da CNAE 2009 (regulado polo Real decreto 475/2007).
Xunta de Galicia
Consellería de Economía e Industria
Instituto Enerxético de Galicia (INEGA)
Dirección Inega
Xerencia do Inega
Rúa Avelino Pousa Antelo, nº 5 - San Lázaro
15703 Santiago de Compostela (Coruña, A)
Teléfono: 981541500
Email: inega.info@xunta.gal
Prazo de presentación: ABERTO
04/02/2025 09:00 - 05/05/2025 23:59
15/05/2025 09:00 - 15/09/2025 23:59
Os prazos de presentación de solicitudes serán os seguintes:
a) Convocatoria 2025.1: tres meses contados desde o oitavo (8º) día natural seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, ás 9.00 horas. Se o remate do prazo coincide en día inhábil, prorrogarase ata o seguinte día hábil.
b) Convocatoria 2025.2: desde o 15 de maio de 2025 ás 9.00 horas ata o 15 de setembro de 2025 ás 23.59 horas.
1. As empresas deberán cumprir co criterio de autonomía e cos demais requisitos que se establecen no anexo I do Regulamento (UE) 651/2014, do 17 de xuño, xeral de exención por categorías.
2. Os requisitos para obter a condición de entidades beneficiarias deberanse cumprir, como moi tarde, na data límite de remate do prazo de presentación de solicitudes. O Inega comprobará o cumprimento da condición de peme ou non peme da solicitante, segundo a definición de peme contida no anexo I do Regulamento (UE) 651/2014, do 17 de xuño, xeral de exención por categorías, co fin de garantir o tratamento diferenciado das distintas entidades beneficiarias en función do tipo de intervención.
Entidades excluídas destas axudas.
1. Non poderán ter a condición de beneficiarias:
– As entidades en que concorra algunha das circunstancias previstas nos números 2 e 3 do artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
– As entidades en que concorran algunhas das circunstancias previstas nos números 2 e 3 do artigo 13 da Lei 38/2003, do 17 de xaneiro, xeral de subvencións.
– As empresas que non cumpran os prazos de pagamento a que se refire o artigo 13.3.bis da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións.
– As que entren dentro da categoría de empresas en crise, ao abeiro da definición do artigo 2.18 do Regulamento (UE) 651/2014.
– As empresas que estean suxeitas a unha orde de recuperación pendente tras unha decisión da Comisión que declarase unha axuda ilegal e incompatible co mercado común.
– O sector de produtos da pesca e da acuicultura conforme o recollido no artigo 1 do Regulamento (UE) 651/2014, do 17 de xuño, xeral de exención por categorías.
2. As entidades solicitantes da axuda encherán no formulario electrónico de solicitude unha declaración responsable de non atoparse en ningunha situación que as exclúa de seren beneficiarias conforme o artigo 4.
Solicitudes.
1. As solicitudes subscribiranse por persoa que acredite a representación da entidade solicitante por calquera medio válido en dereito.
2. As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado accesible desde a sede electrónica da Xunta de Galicia,
https://sede.xunta.gal, e na páxina web do Inega. Para o acceso á aplicación de presentación das solicitudes será necesario o número do NIF e o contrasinal determinado polas persoas interesadas.
De conformidade co artigo 68.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, se algunha das persoas interesadas presentase a súa solicitude presencialmente, requirirase para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos considerarase como data de presentación da solicitude aquela en que fose realizada a emenda.
A publicación dos formularios da solicitude no DOG faise unicamente para efectos informativos.
3. A presentación da solicitude implica o coñecemento e a aceptación destas bases reguladoras.
Documentación complementaria.
1. As entidades interesadas deberán achegar coa solicitude a seguinte documentación obrigatoria:
a) Documentación administrativa:
i. Nomeamento de representante (anexo II), cando sexa necesario.
ii. As tres ofertas que debe ter solicitado o solicitante da axuda, cando o investimento sen IVE da actuación que se subvenciona supoña un gasto para as entidades beneficiarias igual ou superior a 15.000 €, en aplicación do artigo 29.3 da Lei de subvencións de Galicia.
As ofertas deberán respectar a moderación de custos. Para iso, para todos os gastos incluídos na solicitude de axuda deberá solicitarse como mínimo tres ofertas de diferentes provedores con carácter previo á contratación, e presentalas coa solicitude de axuda. As ofertas presentadas para cada gasto deberán cumprir cos seguintes requisitos:
1º. Deberán proceder de empresas que teñan como obxecto social a fabricación ou subministro dos bens ou servizos incluídos na oferta, salvo na compra de terreos e edificacións.
Non poderán proceder de empresas asociadas ou vinculadas entre elas nin coa entidade solicitante ou cos seus órganos directivos ou xestores, entendéndose que existe vinculación se se dan as circunstancias previstas no artigo 27.7 da Lei 9/2007 de subvencións de Galicia, e no artigo 43.2 do decreto que desenvolve a citada lei; así mesmo, tomarase en consideración a definición de empresas asociadas ou vinculadas establecida nos números 2 e 3 respectivamente do artigo 3 do anexo I do Regulamento (UE) nº 651/2014.
2º. Deberán incluír como mínimo o NIF, nome e enderezo da empresa oferente, o nome ou razón social da empresa solicitante da axuda, a data de expedición e unha descrición detallada dos conceptos ofertados. Para que a descrición dos conceptos se considere detallada deberá incluír no caso de obra civil e instalacións a relación pormenorizada e cuantificada das unidades de obra que inclúe, no caso de subministro de maquinaria e equipamentos a súa marca, modelo, así como características técnicas e, no caso de prestación de servizos, a descrición detallada destes.
Non serán admisibles as ofertas emitidas por provedores que non teñan capacidade para o subministro do ben ou servizo ou que parezan de compracencia (contido e formato idénticos ou extremadamente similares entre ofertas, erros idénticos ou aparencia non habitual, entre outros).
No caso de elementos para os que se pretenda a subvencionabilidade dunha oferta económica distinta da de menor importe, deberá achegarse informe acreditativo de que foi elixida a oferta económica mais vantaxosa, tendo en conta criterios adicionais ao prezo. Deberá conter unha descrición e explicación dos criterios tidos en conta e do xeito en que foron valorados.
3º. Excepcionalmente, no caso de conceptos subvencionables que polas súas especiais características non exista no mercado suficiente número de entidades que o subministren, a moderación de custos poderá xustificarse alternativamente mediante un informe dun taxador, perito ou dun organismo público autorizado no que se determine xustificadamente o seu valor de mercado.
Cando o investimento sen IVE da actuación concreta que se subvenciona supoña un gasto para a entidade beneficiaria inferior a 15.000 €, ou se xustifique a moderación de custos mediante un informe dun taxador, perito ou dun organismo público autorizado no que se determine xustificadamente o seu valor de mercado, a entidade beneficiaria deberá achegar unha oferta que avale o presuposto.
Non se considerarán subvencionables os gastos nos que non se xustifique a moderación de custos conforme aos criterios e requisitos sinalados.
iii. Documento oficial no que conste o código CNAE correspondente á actividade da empresa, tal como: declaración censual, declaración de vida laboral, imposto de actividades económicas. Tamén se aceptarán os documentos nos que aparezan as actividades contempladas no IAE que se correspondan coas seccións do CNAE 2009.
iv. Declaración responsable do representante da empresa en que se indique a cualificación como empresa autónoma, ou ben se indiquen as empresas asociadas ou vinculadas, incluídos os datos de participación.
v. As empresas cando non se atopen obrigadas por lei a inscribirse no Rexistro Mercantil ou calquera outro rexistro público, presentarán copia da documentación acreditativa da constitución e documento público acreditativo do poder con que actúa o representante da empresa ou entidade solicitante.
vi. Documentación acreditativa da existencia dun centro de traballo na provincia da Coruña ou a realización dalgunha actividade empresarial xustificable dentro do territorio da provincia da Coruña.
vii. Para a acreditación da condición de pequena ou mediana empresa deberase achegar ademais:
– Contas anuais da empresa solicitante, e das empresas asociadas ou vinculadas, correspondentes ao último exercicio contable pechado, co xustificante de ter sido depositadas no rexistro correspondente. As entidades sen obriga legal de depósito e rexistro de contas anuais, presentarán a última declaración do imposto de sociedades ou, de ser o caso, certificado de exención.
– Declaración responsable emitida polo representante da empresa en que se reflicta o número de empregados da empresa, así como os das empresas asociadas ou vinculadas.
viii. Declaración responsable do representante legal do solicitante do número de postos de traballo que serán creados polo proxecto, diferenciando entre os que se manterán durante un mínimo dun ano (indicador RCR01) e os que se manterán durante un mínimo de cinco anos para grandes empresas ou tres para pemes. No caso das pemes, os datos de emprego mantido durante tres anos só deberán indicarse se pretende acadar a puntuación correspondente por creación de emprego.
Os postos de traballo deberán expresarse en equivalente de tempo completo (ETC = total de horas efectivas traballadas/horas de xornada completa), sen que a tal efecto se poidan contabilizar os creados para a fase de construción.
Ademais, esta declaración responsable deberá especificar que rango de porcentaxe (menor ou igual ao 20 %, maior ao 20 % e menor ao 50 %, ou igual ou maior ao 50 %) dos postos de traballo creados serán ocupados por mulleres, mozos de entre 18 e 30 anos, persoas maiores de 45 anos, persoas con discapacidade ou desempregados dos municipios de zonas de transición xusta da provincia da Coruña (Cerceda, Ordes, Carral, Tordoia, A Laracha, As Pontes, A Capela, San Sadurniño, As Somozas, Mañón, Monfero, Moeche, Cerdido, Cabanas, Ortigueira e Ferrol).
ix. Informe da Tesourería Xeral da Seguridade Social de persoal medio en situación de alta na conta de cotización da empresa na provincia da Coruña, referido aos 12 meses anteriores a data de solicitude, ou, no caso de empresas constituídas durante ese período, desde a data de alta do primeiro traballador.
No caso das pemes, esta documentación só deberá presentarse se pretende acadar a puntuación que lle corresponda por creación de emprego.
x. No caso que proceda para acceder a puntuación correspondente, acreditación por medio válido en dereito da participación dalgunha peme no proxecto.
xi. Declaración responsable asinada polo representante legal do solicitante de ter a capacidade administrativa, financeira e operativa para cumprir os obxectivos do proxecto para o cal se conceda a axuda (modelo dispoñible na páxina web do Inega
(www.inega.gal). Esta declaración acompañarase dunha memoria descritiva dos recursos e mecanismos financeiros dos que dispón a empresa para cubrir os custos de funcionamento e mantemento da operación para garantir a súa sustentabilidade financeira.
xii. Declaración responsable de que cumprirá a normativa comunitaria, estatal e autonómica de aplicación, en particular, a normativa en materia de subvencións así como a normativa vixente sobre accesibilidade de persoas con discapacidade, e a normativa ambiental exixible, en particular, a normativa reguladora da Rede Natura 2000 e demais espazos naturais protexidos, a Lei 21/2013, de avaliación ambiental, e o Real decreto lexislativo 1/2016 polo que se aproba o texto refundido da Lei de prevención e control integrados da contaminación, no caso de que resulten de aplicación polas características ou localización do proxecto.
xiii. Documentación acreditativa do cumprimento pola entidade solicitante dos prazos de pagamento previstos na Lei 3/2004, do 29 de decembro, pola que se establecen as medidas de loita contra a morosidade nas operacións comerciais, emitida nos temos sinalados no artigo 13.3 bis da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións.
b) Documentación técnica:
i. Memoria técnica do proxecto. segundo o modelo de memoria técnica, firmada por técnico competente, dispoñible na web do Inega (www.inega.gal). A descrición do proxecto deberá concretar respecto de que normas da Unión Europea pretende ir máis alá e que resultados en termos de eficiencia enerxética e/ou redución de emisións de gases de efecto invernadoiro alcanzará cos investimentos solicitados.
ii. Documento denominado Ficha de consumos PAE segundo o modelo dispoñible na web do Inega (www.inega.gal) no cal se relacione o número de factura e o consumo enerxético de todas as facturas (electricidade, gas, fuel óleo, gasóleo, etc.) do período anual tomado como referencia (2024 ou últimos doce meses), así como os datos enerxéticos do proxecto.
No caso de que o proxecto se leve a cabo nunhas novas instalacións, nas que a entidade solicitante non dispoña de facturas de consumos de enerxía do período anual tomado como referencia no apartado precedente, deberá achegar un informe técnico xustificativo dos consumos enerxéticos do referido período dunha instalación de referencia que corresponda á práctica normal no sector ou na actividade de que se trate.
iii. Fotografías da instalación actual identificando as instalacións.
iv. Plano de situación das instalacións no establecemento, coa distribución dos equipos.
v. Características técnicas dos equipos para os que se solicita a axuda subministradas polo fabricante (catálogo, certificado ou ficha técnica do fabricante) onde se inclúan datos da produtividade do equipo e do seu consumo e rendemento enerxético.
vi. No caso de investimentos en eficiencia enerxética non separables para a liña PA ou de protección ambiental non separables para a liña PAD, achegar hipótese de contraste considerada ou indicar se se opta por unha redución do 50 % da intensidade de axuda.
vii. No caso de que proceda para acceder a puntuación correspondente:
– Documento de análise de viabilidade económica.
– Declaración de impacto ambiental (ou figura ambiental equivalente).
– Autorización administrativa previa do proxecto.
– Documento da corporación local apoiando o proxecto polas súas externalidades positivas.
– Contrato PPA (Power Purchase Agreement) de abastecemento a longo prazo de enerxía renovable.
– Declaración responsable do representante da empresa, con indicación do numero de horas de formación relacionadas con empregos verdes, ou dixitais, ou dirixidas ao acompañamento á inserción laboral de desempregados, que serán impartidas.
viii. Declaración responsable do principio de non causar prexuízo significativo ao medio ambiente (principio Do No Significante Harm-DNSH) conforme o modelo dispoñible na web do Inega (www.inega.gal).
ix. Declaración responsable conforme ao modelo dispoñible na web do Inega
(www.inega.gal) de que, no caso de resultar entidade beneficiaria, cumprirá co requisito de protección fronte ao cambio climático ao longo de todo o ciclo de vida nas infraestruturas cuxa vida útil exceda de cinco anos.
No caso de axudas solicitadas por grandes empresas, deberase achegar ademais a seguinte documentación:
x. Documento de análise de pegada de carbono en todo o ciclo completo do proxecto.
xi. Análise de brechas que demostre as perdas de emprego esperadas sen este investimento.
xii. Declaración responsable conforme ao modelo dispoñible na web do Inega
(www.inega.gal) de que, no caso de resultar entidade beneficiaria, cumprirá os seguintes requisitos exixidos nas bases reguladoras:
– A minimización do volume de auga e outros recursos naturais utilizados no proceso, e a realización dun control de augas residuais resultantes deste.
– Que se as instalacións están suxeitas a avaliación ambiental integrada, se localizan dentro ou fóra, da Rede Natura 2000.
– Que se se constrúen ou rehabilitan edificios ou naves industriais, farase con criterios de eficiencia enerxética, de conformidade co establecido no anexo I (ámbito de intervención 040) do Regulamento (UE) 2021/1060, do 24 de xuño.
– A minimización da afectación a elementos do patrimonio histórico, cultural, arqueolóxico e etnográfico. Se existir afectación destes, esta avaliarase conforme a normativa de aplicación.
xiii. Calquera outra documentación adicional que o interesado considere conveniente achegar para a correcta avaliación do proxecto.
De conformidade co artigo 28.3 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, non será necesario achegar os documentos que xa foran presentados anteriormente pola persoa interesada ante calquera administración. Neste caso, a persoa interesada deberá indicar en que momento e ante que órgano administrativo presentou os ditos documentos, que serán recadados electroicamente a través das redes corporativas ou mediante consulta ás plataformas de intermediación de datos ou outros sistemas electrónicos habilitados para o efecto, agás que conste no procedemento a oposición expresa da persoa interesada.
De forma excepcional, se non se puideran obter os citados documentos, poderá solicitarse novamente á persoa interesada a súa achega.
2. A documentación complementaria deberá presentarse electronicamente.
Se algunha das persoas interesadas presenta a documentación complementaria presencialmente, requiriráselle para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos considerarase como data de presentación aquela na que fose realizada a emenda.
As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente cando a relevancia do documento no procedemento o exixa ou existan dúbidas derivadas da calidade da copia, a Administración poderá solicitar de maneira motivada o cotexo das copias achegadas pola persoa interesada, para o que poderán requirir a exhibición do documento ou da información orixinal.
3. Sempre que se realice a presentación de documentación separadamente da solicitude deberase indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente se dispón del.
4. No caso de que algún dos documentos a presentar de forma electrónica superase os tamaños máximos establecidos ou tivera un formato non admitido pola aplicación do Inega, permitirase a presentación deste de forma presencial dentro dos prazos previstos e na forma indicada no número anterior. A información actualizada sobre o tamaño máximo e os formatos admitidos pode consultarse na aplicación do Inega.
5. Os interesados poderán consultar na aplicación informática e na carpeta cidadá-A miña sede, accesibles desde a sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal) o estado das súas solicitudes a medida que avanza a tramitación administrativa do expediente e a documentación presentada.
Comprobación de datos.
1. Para a tramitación deste procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos elaborados en poder da Administración actuante ou elaborados polas administracións públicas agás que a persoa interesada se opoña á súa consulta:
– NIF da entidade solicitante;
– NIF da entidade representante;
– DNI/NIE da persoa representante;
– Certificacións de estar ao día no pagamento de obrigas tributarias coa AEAT;
– Certificado de estar ao día no pagamento coa Seguridade Social;
– Certificado de estar ao día no pagamento coa Consellería de Facenda e Administración Pública da Xunta de Galicia;
– Inhabilitación para obter subvencións e axudas;
– Concesión de subvencións e axudas;
– Consulta da documentación depositada no Rexistro Mercantil.
2. No caso de que as persoas interesadas se opoñan a esta consulta, deberán indicalo no recadro correspondente habilitado no formulario correspondente e achegar os documentos.
Cando así o exixa a normativa aplicable solicitarase o consentimento expreso da persoa interesada para realizar a consulta.
3. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilitase a obtención dos citados datos poderase solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.
Trámites administrativos posteriores á presentación de solicitude.
Todos os trámites administrativos que as persoas interesadas deban realizar durante a tramitación deste procedemento deberán ser realizados electronicamente a través da aplicación informática habilitada para estas axudas, accesible desde a sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal) ou da páxina web do Inega (www.inega.gal).
Prazo de resolución:
Cinco meses
Sentido do silencio:
Negativo
Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"
-
Ámbito Autonómico
-
Resolución do 27 de decembro de 2024 pola que se establecen as bases reguladoras e se anuncian as convocatorias para o ano 2025 de subvencións para proxectos singulares de mellora da sustentabilidade enerxética en empresas do sector industrial da provincia da Coruña, cofinanciadas pola Unión Europea no marco do programa do Fondo de Transición Xusta de España 2021-2027, tramitada como expediente anticipado de gasto (DOG nº 17 do 27 de xaneiro de 2025).
-
Extracto da Resolución do 27 de decembro de 2024 pola que se establecen as bases reguladoras e se anuncian as convocatorias para o ano 2025 de subvencións para proxectos singulares de mellora da sustentabilidade enerxética en empresas do sector industrial da provincia da Coruña, cofinanciadas pola Unión Europea no marco do programa do Fondo de Transición Xusta de España 2021-2027, tramitada como expediente anticipado de gasto (DOG nº 17 do 27 de xaneiro de 2025).
-
Outros procedementos relacionados
Inscrición no Rexistro Xeral de Contratistas da Comunidade Autónoma de Galicia.
Aberto todo o ano
Modificación da Inscrición no Rexistro Xeral de Contratistas da Comunidade Autónoma de Galicia.
Aberto todo o ano
Actividade comercial portuaria de subministro de combustible a buques, e outras instalacións fixas e móbiles, mediante medios móbiles terrestres.
Aberto todo o ano
Novacións de débedas
Prazo aberto: 07/02/2025 09:00 - 30/12/2025 14:00