Orientámolo/a, paso a paso, para presentar unha solicitude no rexistro electrónico
IN421B - Axudas de enerxía solar fotovoltaica illada e instalacións mixtas illadas.
Obxecto
Instalacións subvencionables.
Instalacións illadas da rede eléctrica que transforman a radiación solar en enerxía eléctrica mediante paneis fotovoltaicos; igualmente, admitiranse as instalacións mixtas illadas de enerxía solar fotovoltaica con enerxía eólica e/ou enerxía minihidráulica.
En todo caso, deberá tratarse de instalacións afastadas da rede eléctrica convencional, destacando as seguintes:
Electrificación agrícola ou gandeira: bombeos de auga, sistemas de rego.
Electrificación de granxas illadas.
Sinalización e comunicación: navegación aérea e marítima, estradas, repetidores de
telecomunicacións etc.
Refuxios e outras edificacións illadas.
Iluminación con farolas autónomas.
A axuda máxima por proxecto será de 20.000 euros (en instalacións mixtas, este límite inclúe a axuda máxima correspondente a todas as tecnoloxías utilizadas).
A quen vai dirixido?
Requisitos
En calquera dos casos, deberá xustificarse a utilización deste tipo de instalación illada pola dificultade ou imposibilidade de implantación de novas liñas eléctricas para conexión á rede de distribución, ou pola idoneidade da solución adoptada. Para iso, deberá xuntarse orzamento da compañía distribuidora valorando o custo de alimentarse dende a rede eléctrica actual, e deberase xuntar un estudo económico comparativo coas dúas alternativas de abastecemento eléctrico. No caso de non dispoñer desta documentación, ou de que esta solución non estea debidamente xustificada a xuízo da comisión técnica, non se poderá obter unha axuda correspondente a esta epígrafe (Enerxía solar fotovoltaica illada e instalacións mixtas illadas), e deberase optar pola da epígrafe seguinte (Enerxía solar fotovoltaica non illada e instalacións mixtas non illadas), cos requirimentos e axudas máximas indicadas nel.
Non serán subvencionables aquelas instalacións que sexan obrigatorias en virtude do Documento básico HE 5-Contribución fotovoltaica mínima de enerxía eléctrica do Código técnico da edificación, aprobado polo Real decreto 314/2006, do 17 de marzo.
A onde acudir
Xunta de Galicia
Vicepresidencia 2ª e Consellería de Economía, Empresa e Innovación
Instituto Enerxético de Galicia (INEGA)
R/ Avelino Pousa Antelo, 5 San Lázaro
15707 Santiago de Compostela (Coruña, A)
Teléfono: 981541538
Fax: 981541515
Órgano responsable
Instituto Enerxético de Galicia (INEGA)
Normativa
Ámbito Autonómico
Resolución do 9 de abril de 2013 pola que se establecen as bases reguladoras e se anuncia a convocatoria de subvencións para o ano 2013 a proxectos de enerxías renovables, con financiamento procedente de fondos comunitarios derivados do programa operativo Feder-Galicia 2007-2013 (DOG nº 73 do 16 de abril de 2013).
Prazo
Prazo de presentación: PECHADO
22/04/2013 - 07/10/2013
Desde o 22 de abril de 2013 ata o 7 de outubro de 2013
Documentación para a presentación
- DOCUMENTACIÓN ADMINISTRATIVA
- Documentación administrativa obrigatoria que deben achegar todos os solicitantes
- Modelo de solicitude (ANEXO II )
- Declaración expresa doutras axudas (ANEXO III )
- Documentación adicional obrigatoria para autónomos só cando se denegue expresamente a autorización prevista nas bases reguladoras
- Copia cotexada do último imposto sobre actividades económicas (IAE) ou alta neste, nos casos nos que se estea exento do pagamento .
- Documentación adicional obrigatoria para empresas só cando non estean obrigadas a estar inscritas no Rexistro Mercantil ou ben non teñan domicilio social en Galicia
- Documento de constitución da sociedade.
- Documento público acreditativo do poder con que actúa o representante da empresa ou entidade solicitante.
- Documento que xustifique a existencia dun centro de traballo en Galicia ou a realización dalgunha actividade empresarial xustificable dentro do territorio da comunidade autónoma de Galicia
- Documentación adicional obrigatoria para Empresas de Servizos Enerxeticos (ESE)
- Copia cotexada do contrato de servizos enerxeticos no que se recollan as cláusulas asociadas ao proxecto para o que se solicita a axuda.
- Documentación adicional obrigatoria para entidades sen ánimo de lucro
- Documentación que acredite a representación coa que se actúa
- Documentación adicional obrigatoria para agrupacións de persoas físicas ou xurídicas, públicas ou privadas sen personalidade xurídica
- Documentación que acredite a súa constitución.
- Documento que acredite a representación coa que se actúa
- Documento en que consten os compromisos de execución asumidos por cada membro da agrupación, indicando a porcentaxe da subvención que se vai aplicar por cada un deles, que terán igualmente a consideración de beneficiarios. (ANEXO IV )
- DOCUMENTACIÓN TÉCNICA
- Anexo V (Memoria tecnica solar fotovoltaica e mixtas illadas)
- Orzamento da compañía distribuidora valorando o custo de alimentarse dende a rede electrica actual.
- Memoria tecnico-económica, que inclúa como mínimo, o seguinte balance:
- Descrición da instalación proxectada
- Xustificación das necesidades enerxeticas anuais do emprazamento
- Cálculos de produción e dimensionamento
- Esquema da instalación
- Orzamento desagregado
- Plano de situación onde se indique con claridade a distancia á rede electrica convencional
- Estudio económico comparativo coas dúas alternativas de abastecemento electrico. - Presuposto aceptado e asinado polo solicitante da axuda. Este documento deberá estar perfectamente detallado en canto ás súas diferentes partidas económicas e, ademais, deberá estar asinado polo solicitante da axuda como proba de aceptación do documento. Non se admitirá ningún presuposto con partidas económicas agregadas, que fagan imposible a distinción das partidas económicas relevantes do proxecto; do mesmo modo, tampouco se admitirán presupostos sen asinar polo solicitante da axuda. Este documento non será necesario no caso de tratarse de instalacións promovidas por Administracións Públicas.
- Folla de características dos paneis fotovoltaicos e do aeroxerador e/ou turbina, regulador e baterías
- Copia do certificado de cumprimento da normativa IEC dos equipos xeradores utilizados, emitido por unha entidade debidamente acreditada (organismos certificadores, institutos tecnolóxicos, etc.).
- Fotografía de vista aerea na que se indique de forma apreciable a edificación onde se executará a instalación. Esta fotografía pode obterse no visor SIXPAC, no enderezo da Internet http://emediorural.xunta.es/visorsixpac/.
- No caso de atoparse no ámbito de aplicación especificado no artigo 1.1. do documento HE5 Contribución fotovoltaica mínima de enerxía electrica do Código tecnico da edificación, aprobado polo Real decreto 314/2006, de 17 de marzo, achegarase documentación xustificativa de que a implantación da instalación obxecto da axuda non e obrigatoria (esta documentación poderá consistir nunha copia de licenza de obras da edificación, copia das escrituras de compravenda ou de fin de obra da edificación, fotografías actuais ou calquera outro documento co cal, ao xuízo da Comisión
Tecnica, quede constancia deste feito). - En instalacións que incorporen aproveitamento minihidráulico, deberase xuntar unha relación dos permisos e licenzas solicitados ou que se preven solicitar para a execución da instalación.
Como podo?
+Como podo? Presentar unha solicitude
Prepare a información e os documentos a achegar
Inicie o trámite electrónico e identifíquese
Cubra o formulario
Anexe os documentos
Asine a solicitude
Descargue o xustificante
Localice o procedemento ou servizo na guía de procedementos e servizos, consulte a información do trámite e revise a documentación obrigatoria para presentar a solicitude que figura na pestana "Presentación" no apartado "Documentación para a presentación".
No apartado "Anexos asociados" ten dispoñibles modelos en formato .pdf para aqueles documentos para os que se precisan. Descargue no seu equipo os modelos que deba presentar e cúbraos. Garde ou imprima a un arquivo electrónico de cada modelo cuberto para anexalo posteriormente na presentación.
No caso de que o procedemento non figure na guía, poderá empregar a solicitude xenérica.
Prema en "Tramitar en liña" para iniciar o trámite electrónico.
Identifíquese empregando un certificado electrónico ou Chave365.
Agora xa está dentro do seu espazo persoal "A miña sede".
Cubra o formulario e lembre que pode gardalo para recuperalo máis adiante desde o apartado "Os meus borradores" de "A miña sede".
Cando o teña cuberto, prema en "Continuar".
Anexe a documentación que queira presentar xunto co formulario. Inclúa os modelos cubertos no paso 1.
Pode consultar como enviar ficheiros que non teñen o tamaño ou o formato aceptados por esta sede.
Asine o formulario e a documentación que quere entregar.
Pode facelo cun certificado electrónico empregando a aplicación Autofirma ou, se emprega Chave365, coa clave de sinatura que recibirá no seu móbil.
Descargue o xustificante da presentación.
Poderá tamén acceder a este documento desde o apartado "Os meus expedientes" de "A miña sede".
Consulte como proceder cos documentos de gran tamaño e en distintos formatos
Como podo? Presentar documentación de gran tamaño
Prepare a documentación a achegar
Comprobe o tamaño dos arquivos electrónicos
Presente electronicamente os documentos de tamaño inferior a 50 MB
Presente presencialmente os arquivos que superen os 50 MB
Revise a documentación obrigatoria para o trámite que vai realizar na ficha do procedemento na Guía de procedementos e servizos.
Lembre que este servizo soamente estará disponible desde o espazo "A miña sede" da sede electrónica e naqueles procedementos que teñan habilitados trámites electrónicos posteriores á solicitude cando así o estableza a súa norma reguladora.
Prepare os arquivos electrónicos necesarios e comprobe que utiliza formatos compatibles coa sede: .bmp, .ce3, .cex, .csv, .cte, .dbf, .doc, .docx, .dwg, .dxfn, .hexhash, .inp, .jpg, .ods, .odt, .pd2, .pdf, .pdl, .png, .prj, .shp, .shx, .tiff, .txt, .xls, .xlsx, .xml, .tgd, .kmz, .kml e .gpx
O tamaño máximo do conxunto de documentos achegados a unha presentación en esta sede é de 50 MB, e non se admiten arquivos comprimidos.
Comprobe o tamaño total do conxunto de documentos que precisa achegar:
- Se é inferior a 50 MB pode achegar todos os documentos á solicitude
- Se é superior a 50 MB separe os arquivos de máis de 50 MB, agrupe o resto en subconxuntos de documentos que non superen os 50 MB e proceda segundo os seguintes pasos
- Presente a solicitude achegando un subconxunto de documentos de menos de 50 MB.
- Repita o trámite de achega de documentación separada da solicitude para cada un dos subconxuntos restantes de documentos, seguindo estes pasos:
- Unha vez finalizada a presentación acceda ao apartado "Os meus expedientes" de "A miña sede", seleccione o expediente da solicitude que acaba de realizar, pulse na opción "Accións" e seleccione "Achega de documentación separada da solicitude".
- Cubra o formulario e pulse en "continuar"
- Achegue o seguinte subconxunto de documentos
- Asine e complete a achega de documentación separada
- Repita este proceso para cada subconxunto de documentos de menos de 50 MB
Se algún arquivo supera individualmente os 50 MB:
- Proceda segundo se explica nos pasos anteriores para o resto de arquivos
- Descargue no seu equipo o modelo xenérico para a achega de documentación separada
- Cubra o modelo, indicando o expediente ou número de rexistro de entrada da solicitude electrónica realizada e a unidade responsable do procedemento
- Imprima o modelo e presénteo de forma presencial, xunto coa documentación en formato físico -CD, DVD, USB-, en calquera das oficinas de rexistro
Resolución
Prazo de resolución: Dous meses
Sentido do silencio: Negativo
Como podo?
+Consulte como responder a un requirimento de emenda de documentación
Como podo? Responder a un requirimento de emenda
Prepare a información e os documentos a achegar
Inicie o trámite electrónico
Cubra o formulario de emenda
Anexe os documentos requiridos
Asine o formulario
Descargue o xustificante
Revise a documentación obrigatoria para o trámite que vai realizar na ficha do procedemento na Guía de procedementos e servizos. Na pestana "Presentación", no apartado "Documentación para a presentación" figura o listado de documentos requiridos para a presentación. No apartado "Anexos asociados" ten dispoñibles os modelos en formato .pdf para aqueles documentos para os que se precisan.
Descargue no seu equipo os modelos que deba presentar e cúbraos. Garde ou imprima a un arquivo electrónico cada modelo cuberto para anexalo posteriormente na presentación.
Acceda ao seu espazo persoal "A miña sede". Identifíquese empregando un certificado electrónico ou Chave365. Busque o expediente relacionado co requirimento e seleccione no menú "Acción" da dereita a opción "Emenda ao requirimento".
* No caso de que o expediente non apareza no seu espazo persoal, ou a opción "Emenda ao requirimento" non estivese dispoñible para ese expediente, poderá realizar electronicamente a emenda utilizando a solicitude xenérica.
Cubra o formulario indicando os datos ou documentos achegados para a emenda.
Anexe os documentos que queira presentar. Inclúa os modelos cubertos no paso 1.
Asine o formulario e os documentos que vai entregar para a emenda.
Pode facelo con certificado electrónico utilizando a aplicación Autofirma ou, se emprega Chave365, coa clave de sinatura que recibirá nunha mensaxe no seu móbil.
Descargue o xustificante de presentación da emenda.
Poderá acceder en calquera momento aos seus xustificantes electrónicos desde o seu espazo persoal "A miña sede".
Coñeza como achegar documentación xustificativa a un expediente en curso
Como podo? Achegar documentación xustificativa
Prepare a información e os documentos a achegar
Inicie o trámite electrónico
Cubra o formulario
Anexe os documentos requiridos
Asine o formulario
Descargue o xustificante
Revise a documentación obrigatoria para o trámite que vai realizar na ficha do procedemento na Guía de procedementos e servizos.
Na pestana "Despois da presentación", no apartado "Xustificación" figura o listado de documentos requiridos para a xustificación. No apartado "Anexos asociados" ten dispoñibles os modelos en formato .pdf para aqueles documentos para os que se precisan.
Descargue no seu equipo os modelos que deba presentar e cúbraos.
Garde ou imprima a un arquivo electrónico cada modelo cuberto para anexalo posteriormente na presentación.
Acceda ao seu espazo persoal "A miña sede".
Identifíquese empregando un certificado electrónico ou Chave365.
Busque o expediente para o que precisa achegar documentación xustificativa. No menú "Acción" que aparece á dereita seleccione a opción "Achega de documentación xustificativa".
* No caso de que o expediente non apareza no seu espazo persoal, ou a opción "Achega de documentación xustificativa" non estivese dispoñible para ese expediente, poderá realizar electronicamente a xustificación utilizando a solicitude xenérica.
Cubra o formulario.
Indique os documentos que achega para a xustificación.
Anexe os documentos que queira presentar para a xustificación. Inclúa os modelos cubertos no paso 1.
Asine o formulario e os documentos que vai entregar para a xustificación.
Pode facelo con certificado electrónico utilizando a aplicación Autofirma ou, se emprega Chave365, coa clave de sinatura que recibirá nunha mensaxe no seu móbil.
Descargue o xustificante de presentación da xustificación.
Poderá acceder en calquera momento aos seus xustificantes electrónicos desde o seu espazo persoal "A miña sede".
Todos os seus expedientes, presentacións e borradores en "A miña sede"
Como podo? Consultar e xestionar os meus expedientes
Acceda ao seu espazo persoal
Os seus procedementos e borradores
Que podo facer?
Para xestionar os seus expedientes o primeiro que debe facer é acceder o seu espazo persoal premendo en "A miña sede" e, a continuación, identificarse empregando calquera dos certificados admitidos nesta sede ou Chave365.
Poderá ver na súa bandexa de entrada os seus últimos expedientes, presentacións e borradores.
Verá en pantalla información detallada de cada expediente ou presentación (número de expediente/rexistro, código e nome do procedemento etc.).
Se desexa ver todos os seus expedientes e presentacións, prema no botón "Ver todos/Buscar".
Ao acceder á pantalla de busca, pode buscar expedientes ou borradores por distintos criterios ou localizalos directamente se coñece o código de acceso.
Poderá realizar accións concretas sobre un expediente (achegar documentación adicional, mellorar unha solicitude, modificar os seus datos de notificación etc.) desde:
- A bandexa de entrada dos seus últimos expedientes, presentacións e borradores, premendo o botón "Acción" da columna "Que podo facer?"
- O detalle do expediente electrónico, premendo directamente nas accións dispoñibles da columna "Que podo facer?"