Orientámolo/a, paso a paso, para presentar unha solicitude no rexistro electrónico
IN417X - Proxectos de iluminación pública (PAP)
Obxecto
Poderán obter dereito a subvención todas aquelas actuacións solicitadas dentro do prazo previsto no artigo 5 destas bases, sempre que se executen entre o día 1 de xaneiro de 2011 e o 15 de setembro de 2012 dentro do territorio da Comunidade Autónoma de Galicia.
Estas axudas son para Proxectos integrais de iluminación pública exterior (PAP).
Concepto.
Proxectos de renovación integral das instalacións de iluminación pública exterior existentes, por outras actuais e máis eficientes, en cumprimento do Real decreto 1890/2008, do 14 de novembro, e que se realicen a través de empresas de servizos enerxéticos. Estes proxectos deben ter a cualificación enerxética A ou B. Non se subvencionarán proxectos que teñan unha cualificación enerxética igual ou inferior a C. Inclúese a renovación de instalacións de semáforos por tecnoloxía LED.
Os proxectos obxecto desta liña de axudas deben estar executados a través de empresas de servizos enerxéticos. Neste sentido deberase incluír na documentación que sirva de base para a licitación e adxudicación do contrato, unha referencia expresa á solicitude e á concesión, se é o caso, desta axuda, coa repercusión que sobre aquel terá.
Custo elixible.
Formarán parte das partidas elixibles as lámpadas, reactancias, reloxos astronómicos, luminarias, apoios, sistemas de aforro (reactancias regulables ou redutores en cabeceira de liña), sistemas de telexestión, retirada de equipamentos existentes e a reforma da liña ata un máximo do 25% da actual rede de iluminación. Non se incluirán dentro desta liña a ampliación de puntos de luz, obra civil, canalización, acometidas, cadros de mando, protección e medida, proxectos de enxeñaría nin gastos de legalización.
Seguindo os criterios do Real decreto 1890/2008, do 14 de novembro, clasifícanse as instalacións de iluminación exterior en vías (funcional e ambiental), específicas, ornamentais, vixilancia e seguridade nocturna, sinais e anuncios luminosos, festivais e de Nadal. Tendo en conta a citada clasificación, consideraranse instalacións subvencionables e non subvencionables as seguintes:
Instalacións subvencionables:
Iluminación de vías (funcional e ambiental).
Iluminacións específicas.
Iluminacións ornamentais.
Instalacións non subvencionables:
Iluminación para vixilancia e seguridade nocturna.
Iluminación de sinais e anuncios luminosos.
Iluminación festiva e de Nadal.
As instalacións deberán cumprir como mínimo os seguintes requisitos técnicos:
Sistema de acendido por reloxo astronómico.
Lámpadas cun rendemento lumínico mínimo de 65 lm/W (lámpada + equipamento).
As luminarias novas deberán ser pechadas con aloxamento de equipamento e que presenten como características mínimas:
IP 44 no equipamento.
IP 55 na óptica.
IK 08.
Clase eléctrica II.
FHSinst igual ou inferior ao 5%.
Sistema de dobre nivel, independentemente da potencia instalada.
Cumprir co Real decreto 1890/2008, do 14 de novembro, en canto a niveis de iluminación e uniformidade das vías que se van iluminar que se reformen.
Acadar unha cualificación enerxética A ou B conforme o Real decreto 1890/2008, do 14 de novembro.
Considerarase punto de luz, o formado por apoio, soporte, luminaria, lámpada e equipamento auxiliar, completamente instalado e conectado.
Unicamente admitirase como punto de luz o formado por apoio, soporte e dúas luminarias nas instalacións axiais e puntos de luz formados por un apoio, e mais dunha luminaria na iluminación de rotondas e cruzamentos cando estes vaian no centro destes e non se dispoña doutro tipo de iluminación.
Contía máxima da subvención.
15% do custo elixible, cun custo elixible máximo de 1.000.000 de euros.
A quen vai dirixido?
Requisitos
En cumprimento do disposto no convenio co IDAE, todas as instalacións que se acollan a esta liña de axudas deberán realizar previamente unha auditoría enerxética, segundo a memoria técnica a que se refire o artigo 6.B.2 dispoñible páxina web do Inega (www.inega.es). O incumprimento destes requisitos poderá dar lugar á minoración ou denegación da axuda segundo corresponda.
A onde acudir
Xunta de Galicia
Vicepresidencia 2ª e Consellería de Economía, Empresa e Innovación
Instituto Enerxético de Galicia (INEGA)
R/ Avelino Pousa Antelo, 5 San Lázaro
15707 Santiago de Compostela (Coruña, A)
Teléfono: 981541538
Fax: 981541515
Órgano responsable
Instituto Enerxético de Galicia (INEGA)
Normativa
Ámbito Autonómico
Resolución do 2 de setembro de 2011 pola que se establecen as bases reguladoras e se anuncia a convocatoria de subvencións a proxectos de aforro e eficiencia enerxética para o exercicio 2011, no marco do convenio subscrito entre o IDAE e o Inega o día 3 de xullo de 2008 e con financiamento en parte do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional ao abeiro do Programa operativo Feder Galicia 2007-2013 (DOG nº 176 de 14 de setembro de 2011).
Corrección de erros. Resolución do 2 de setembro de 2011 pola que se establecen as bases reguladoras e se anuncia a convocatoria de subvencións a proxectos de aforro e eficiencia enerxética para o exercicio 2011, no marco do convenio subscrito entre o IDAE e o Inega o día 3 de xullo de 2008 e con financiamento en parte do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional ao abeiro do Programa operativo Feder Galicia 2007-2013 (DOG nº 192 de 6 de outubro de 2011).
Prazo
Prazo de presentación: PECHADO
15/09/2011 - 14/11/2011
2 meses, contados desde o seguinte a aquel en que publiquen estas bases no DOG
Documentación para a presentación
- A solicitude de subvención será presentada segundo os modelos normalizados dos documentos anexos II e III ás presentes bases reguladoras.
Os formularios de solicitude deberán ser obtidos, cubertos e validados polo solicitante a traves do enderezo http://www.inega.es/axudasinega2010. Estes modelos valerán tanto para a súa presentación en papel, una vez impresos, como para a presentación electrónica, que se describe no artigo 6º. - A) Documentación xenerica, que deben achegar todos os solicitantes:
- 1. Modelo de solicitude (anexo II ADM 00). Marcarase expresamente o procedemento correspondente ao concepto solicitado.
- 2.Declaración responsable (anexo II ADM 01) referida aos seguintes extremos:
a) Non atoparse en ningunha das causas de prohibición para ser beneficiario das subvencións establecidas no artigo 10.2 e 3 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
b) Non atoparse en ningún dos supostos establecidos no artigo 1 do Regulamento (CE) 1998/2006 (DOUE do 28 de decembro) da Comisión, do 15 de decembro de 2006, relativo á aplicación dos artigos 87 e 88 do Tratado ás axudas de minimis, ou do regulamento sectorial de minimis que resulte de aplicación.
- 3. Declaración expresa doutras axudas (anexo II ADM 02).
A solicitude da axuda leva consigo a autorización ao órgano xestor para solicitar as certificacións expedidas polos organismos competentes acreditativas de estar ao día no cumprimento das súas obrigas coa Axencia Estatal da Administración Tributaria (AEAT), a Tesouraría Xeral da Seguridade Social (TXSS) e a consellería competente en materia de economía e facenda.
No caso de que o solicitante denegue expresamente a devandita autorización deberá, obrigatoriamente, presentar as certificacións coa solicitude. Poren, están exentos de achegar os xustificantes de cumprimento das obrigas tributarias e fronte á Seguridade Social os beneficiarios das subvencións establecidos no artigo 49 da Lei 14/2010, do 27 de decembro, de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2011 (DOG n.º 250, do 30 de decembro). - Contrato
- A.2. Especificacións segundo o tipo de solicitante:
- Administracións públicas:
Certificación do acordo do órgano competente para solicitar a subvención, no que conste expresamente o compromiso de realizar a actividade pola que se pide a subvención, no caso de obtela.
Certificación expedida pola SecretaríaIntervención ou informe da Intervención-Tesouraría na que se indique se o IVE derivado do gasto que supón executar a actuación que se subvenciona pode ou non ser repercutido, para os efectos da súa consideración ou non como concepto integrante do custo elixible. - B. Documentación tecnica. Consta de:
- 1. Datos xerais do proxecto (anexo II TEC 01).
- 2. Auditoría e memoria tecnica a que se refire o artigo 6.B.2: PAP en formato xls (www.inega.es).
- 3. Auditoría e memoria tecnica a que se refire o artigo 6.B.2 : SEM para semáforos.
- 4. Catálogos das luminarias, equipamentos de aforro e reloxos astronómicos con tarifas de prezos (2011).
Como podo?
+Como podo? Presentar unha solicitude
Prepare a información e os documentos a achegar
Inicie o trámite electrónico e identifíquese
Cubra o formulario
Anexe os documentos
Asine a solicitude
Descargue o xustificante
Localice o procedemento ou servizo na guía de procedementos e servizos, consulte a información do trámite e revise a documentación obrigatoria para presentar a solicitude que figura na pestana "Presentación" no apartado "Documentación para a presentación".
No apartado "Anexos asociados" ten dispoñibles modelos en formato .pdf para aqueles documentos para os que se precisan. Descargue no seu equipo os modelos que deba presentar e cúbraos. Garde ou imprima a un arquivo electrónico de cada modelo cuberto para anexalo posteriormente na presentación.
No caso de que o procedemento non figure na guía, poderá empregar a solicitude xenérica.
Prema en "Tramitar en liña" para iniciar o trámite electrónico.
Identifíquese empregando un certificado electrónico ou Chave365.
Agora xa está dentro do seu espazo persoal "A miña sede".
Cubra o formulario e lembre que pode gardalo para recuperalo máis adiante desde o apartado "Os meus borradores" de "A miña sede".
Cando o teña cuberto, prema en "Continuar".
Anexe a documentación que queira presentar xunto co formulario. Inclúa os modelos cubertos no paso 1.
Pode consultar como enviar ficheiros que non teñen o tamaño ou o formato aceptados por esta sede.
Asine o formulario e a documentación que quere entregar.
Pode facelo cun certificado electrónico empregando a aplicación Autofirma ou, se emprega Chave365, coa clave de sinatura que recibirá no seu móbil.
Descargue o xustificante da presentación.
Poderá tamén acceder a este documento desde o apartado "Os meus expedientes" de "A miña sede".
Consulte como proceder cos documentos de gran tamaño e en distintos formatos
Como podo? Presentar documentación de gran tamaño
Prepare a documentación a achegar
Comprobe o tamaño dos arquivos electrónicos
Presente electronicamente os documentos de tamaño inferior a 50 MB
Presente presencialmente os arquivos que superen os 50 MB
Revise a documentación obrigatoria para o trámite que vai realizar na ficha do procedemento na Guía de procedementos e servizos.
Lembre que este servizo soamente estará disponible desde o espazo "A miña sede" da sede electrónica e naqueles procedementos que teñan habilitados trámites electrónicos posteriores á solicitude cando así o estableza a súa norma reguladora.
Prepare os arquivos electrónicos necesarios e comprobe que utiliza formatos compatibles coa sede: .bmp, .ce3, .cex, .csv, .cte, .dbf, .doc, .docx, .dwg, .dxfn, .hexhash, .inp, .jpg, .ods, .odt, .pd2, .pdf, .pdl, .png, .prj, .shp, .shx, .tiff, .txt, .xls, .xlsx, .xml, .tgd, .kmz, .kml e .gpx
O tamaño máximo do conxunto de documentos achegados a unha presentación en esta sede é de 50 MB, e non se admiten arquivos comprimidos.
Comprobe o tamaño total do conxunto de documentos que precisa achegar:
- Se é inferior a 50 MB pode achegar todos os documentos á solicitude
- Se é superior a 50 MB separe os arquivos de máis de 50 MB, agrupe o resto en subconxuntos de documentos que non superen os 50 MB e proceda segundo os seguintes pasos
- Presente a solicitude achegando un subconxunto de documentos de menos de 50 MB.
- Repita o trámite de achega de documentación separada da solicitude para cada un dos subconxuntos restantes de documentos, seguindo estes pasos:
- Unha vez finalizada a presentación acceda ao apartado "Os meus expedientes" de "A miña sede", seleccione o expediente da solicitude que acaba de realizar, pulse na opción "Accións" e seleccione "Achega de documentación separada da solicitude".
- Cubra o formulario e pulse en "continuar"
- Achegue o seguinte subconxunto de documentos
- Asine e complete a achega de documentación separada
- Repita este proceso para cada subconxunto de documentos de menos de 50 MB
Se algún arquivo supera individualmente os 50 MB:
- Proceda segundo se explica nos pasos anteriores para o resto de arquivos
- Descargue no seu equipo o modelo xenérico para a achega de documentación separada
- Cubra o modelo, indicando o expediente ou número de rexistro de entrada da solicitude electrónica realizada e a unidade responsable do procedemento
- Imprima o modelo e presénteo de forma presencial, xunto coa documentación en formato físico -CD, DVD, USB-, en calquera das oficinas de rexistro
Resolución
Prazo de resolución: 5 meses
Sentido do silencio: Negativo
Como podo?
+Consulte como responder a un requirimento de emenda de documentación
Como podo? Responder a un requirimento de emenda
Prepare a información e os documentos a achegar
Inicie o trámite electrónico
Cubra o formulario de emenda
Anexe os documentos requiridos
Asine o formulario
Descargue o xustificante
Revise a documentación obrigatoria para o trámite que vai realizar na ficha do procedemento na Guía de procedementos e servizos. Na pestana "Presentación", no apartado "Documentación para a presentación" figura o listado de documentos requiridos para a presentación. No apartado "Anexos asociados" ten dispoñibles os modelos en formato .pdf para aqueles documentos para os que se precisan.
Descargue no seu equipo os modelos que deba presentar e cúbraos. Garde ou imprima a un arquivo electrónico cada modelo cuberto para anexalo posteriormente na presentación.
Acceda ao seu espazo persoal "A miña sede". Identifíquese empregando un certificado electrónico ou Chave365. Busque o expediente relacionado co requirimento e seleccione no menú "Acción" da dereita a opción "Emenda ao requirimento".
* No caso de que o expediente non apareza no seu espazo persoal, ou a opción "Emenda ao requirimento" non estivese dispoñible para ese expediente, poderá realizar electronicamente a emenda utilizando a solicitude xenérica.
Cubra o formulario indicando os datos ou documentos achegados para a emenda.
Anexe os documentos que queira presentar. Inclúa os modelos cubertos no paso 1.
Asine o formulario e os documentos que vai entregar para a emenda.
Pode facelo con certificado electrónico utilizando a aplicación Autofirma ou, se emprega Chave365, coa clave de sinatura que recibirá nunha mensaxe no seu móbil.
Descargue o xustificante de presentación da emenda.
Poderá acceder en calquera momento aos seus xustificantes electrónicos desde o seu espazo persoal "A miña sede".
Coñeza como achegar documentación xustificativa a un expediente en curso
Como podo? Achegar documentación xustificativa
Prepare a información e os documentos a achegar
Inicie o trámite electrónico
Cubra o formulario
Anexe os documentos requiridos
Asine o formulario
Descargue o xustificante
Revise a documentación obrigatoria para o trámite que vai realizar na ficha do procedemento na Guía de procedementos e servizos.
Na pestana "Despois da presentación", no apartado "Xustificación" figura o listado de documentos requiridos para a xustificación. No apartado "Anexos asociados" ten dispoñibles os modelos en formato .pdf para aqueles documentos para os que se precisan.
Descargue no seu equipo os modelos que deba presentar e cúbraos.
Garde ou imprima a un arquivo electrónico cada modelo cuberto para anexalo posteriormente na presentación.
Acceda ao seu espazo persoal "A miña sede".
Identifíquese empregando un certificado electrónico ou Chave365.
Busque o expediente para o que precisa achegar documentación xustificativa. No menú "Acción" que aparece á dereita seleccione a opción "Achega de documentación xustificativa".
* No caso de que o expediente non apareza no seu espazo persoal, ou a opción "Achega de documentación xustificativa" non estivese dispoñible para ese expediente, poderá realizar electronicamente a xustificación utilizando a solicitude xenérica.
Cubra o formulario.
Indique os documentos que achega para a xustificación.
Anexe os documentos que queira presentar para a xustificación. Inclúa os modelos cubertos no paso 1.
Asine o formulario e os documentos que vai entregar para a xustificación.
Pode facelo con certificado electrónico utilizando a aplicación Autofirma ou, se emprega Chave365, coa clave de sinatura que recibirá nunha mensaxe no seu móbil.
Descargue o xustificante de presentación da xustificación.
Poderá acceder en calquera momento aos seus xustificantes electrónicos desde o seu espazo persoal "A miña sede".
Todos os seus expedientes, presentacións e borradores en "A miña sede"
Como podo? Consultar e xestionar os meus expedientes
Acceda ao seu espazo persoal
Os seus procedementos e borradores
Que podo facer?
Para xestionar os seus expedientes o primeiro que debe facer é acceder o seu espazo persoal premendo en "A miña sede" e, a continuación, identificarse empregando calquera dos certificados admitidos nesta sede ou Chave365.
Poderá ver na súa bandexa de entrada os seus últimos expedientes, presentacións e borradores.
Verá en pantalla información detallada de cada expediente ou presentación (número de expediente/rexistro, código e nome do procedemento etc.).
Se desexa ver todos os seus expedientes e presentacións, prema no botón "Ver todos/Buscar".
Ao acceder á pantalla de busca, pode buscar expedientes ou borradores por distintos criterios ou localizalos directamente se coñece o código de acceso.
Poderá realizar accións concretas sobre un expediente (achegar documentación adicional, mellorar unha solicitude, modificar os seus datos de notificación etc.) desde:
- A bandexa de entrada dos seus últimos expedientes, presentacións e borradores, premendo o botón "Acción" da columna "Que podo facer?"
- O detalle do expediente electrónico, premendo directamente nas accións dispoñibles da columna "Que podo facer?"