Inicio

SEDE
ELECTRÓNICA

Xunta de Galicia
Pode que o seu navegador non estea empregando o plugin de Adobe PDF. Ten a opción de configuralo seguindo as instrucións que lle achegamos ou continuar igualmente coa presentación. << Cancelar e configurar Adobe PDF
En caso de utilizar un certificado electrónico, lembre que debe ter instalado a aplicación de escritorio Autofirma.

- Se non a ten instalada siga as instruccións desta ligazón
- Se xa ten instalada a aplicación ou utilizará Chave365, faga clic no botón Continuar.
En caso de utilizar un certificado electrónico, lembre que debe ter instalado a aplicación de escritorio Autofirma.

- Se non a ten instalada siga as instruccións desta ligazón
- Se xa ten instalada a aplicación ou utilizará Chave365, faga clic no botón Continuar.
Este procedemento únicamente pode ser iniciado utilizando Internet Explorer.

Disculpe as molestias que poida ocasionarle.

IN417K - Axudas para o aforro e eficiencia enerxética: construción de novos edificios (CNE)

Forma presentación

Tramitación en liña

Iniciar presentación electrónica
Iniciar presentación electrónica: entre para cumprimentar e presentar a solicitude correspondente a este procedemento desde outro sistema electrónico da Administración da Xunta de Galicia.


Presencial

Modelo de solicitude
Descargar solicitude: entre para descargar un formulario de solicitude que pode cubrir e imprimir antes de entregalo, de forma presencial, en calquera das oficinas de rexistro e información da Xunta de Galicia.

Datos da solicitude

Prazo de presentación: 15/09/2011 - 14/11/2011.

2 meses, contados desde o seguinte a aquel en que publiquen estas bases no DOG

Prazo de resolución: 5 meses

Sentido do silencio administrativo: Negativo

  • A solicitude de subvención será presentada segundo os modelos normalizados dos documentos anexos II e III ás presentes bases reguladoras.
    Os formularios de solicitude deberán ser obtidos, cubertos e validados polo solicitante a traves do enderezo http://www.inega.es/axudasinega2011. Estes modelos valerán tanto para a súa presentación en papel, una vez impresos, como para a presentación electrónica, que se describe no artigo 6º.
  • A) Documentación xenerica, que deben achegar todos os solicitantes:
    • 1. Modelo de solicitude (anexo II ADM 00). Marcarase expresamente o procedemento correspondente ao concepto solicitado.
    • 2.Declaración responsable (anexo II ADM 01) referida aos seguintes extremos:

      a) Non atoparse en ningunha das causas de prohibición para ser beneficiario das subvencións establecidas no artigo 10.2 e 3 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

      b) Non atoparse en ningún dos supostos establecidos no artigo 1 do Regulamento (CE) 1998/2006 (DOUE do 28 de decembro) da Comisión, do 15 de decembro de 2006, relativo á aplicación dos artigos 87 e 88 do Tratado ás axudas de minimis, ou do regulamento sectorial de minimis que resulte de aplicación.
    • 3. Declaración expresa doutras axudas (anexo II ADM 02).

      A solicitude da axuda leva consigo a autorización ao órgano xestor para solicitar as certificacións expedidas polos organismos competentes acreditativas de estar ao día no cumprimento das súas obrigas coa Axencia Estatal da Administración Tributaria (AEAT), a Tesouraría Xeral da Seguridade Social (TXSS) e a consellería competente en materia de economía e facenda.

      No caso de que o solicitante denegue expresamente a devandita autorización deberá, obrigatoriamente, presentar as certificacións coa solicitude. Poren, están exentos de achegar os xustificantes de cumprimento das obrigas tributarias e fronte á Seguridade Social os beneficiarios das subvencións establecidos no artigo 49 da Lei 14/2010, do 27 de decembro, de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2011 (DOG n.º 250, do 30 de decembro).
  • A.2. Especificacións segundo o tipo de solicitante:
    • Particulares:

      Declaración expresa de que o obxecto da subvención non se destina nin se adscribe a unha actividade empresarial ou profesional (anexo II ADM 03).


      As entidades que non se encontren obrigadas por lei a se inscribiren no Rexistro Mercantil ou calquera outro rexistro público, presentarán a documentación acreditativa da constitución e da representación correspondente.
    • Autónomos:

      No suposto de que quen presente a solicitude se defina como autónomo levará implícita a autorización ao órgano xestor para solicitar o certificado da AEAT en que se indiquen as epígrafes do Imposto de Actividades Económicas en que figura dado de alta. No caso de que o solicitante denegue expresamente esta autorización deberá, obrigatoriamente, acreditar o dito extremo achegando a documentación tributaria correspondente.
    • Empresas:

      A solicitude da axuda leva consigo a autorización ao órgano xestor para solicitar ao Rexistro Mercantil toda a información das empresas solicitantes que sexa necesaria para a resolución do procedemento. Se non tivesen o domicilio social en Galicia, deberá acreditarse a existencia dun centro de traballo ou a realización dalgunha actividade empresarial xustificable dentro do territorio da comunidade autónoma. As entidades que non se atopen obrigadas por lei a inscribirse no rexistro mercantil ou calquera outro rexistro público, presentarán a documentación acreditativa da constitución e da representación correspondente.

      Se se trata dunha empresa que teña contratada a xestión enerxetica, total ou parcialmente, dun inmoble ou instalación, deberase achegar ademais unha copia cotexada do contrato de servizos enerxeticos no que se recollan as cláusulas asociadas ao proxecto para o que se solicita a axuda, así como a constancia por escrito do coñecemento por parte do titular ou titulares do inmoble ou instalación de que se solicita a subvención ao abeiro desta resolución de convocatoria.
    • Administracións públicas:

      • Certificación do acordo do órgano competente para solicitar a subvención, no que conste expresamente o compromiso de realizar a actividade pola que se pide a subvención, no caso de obtela.

      • Certificación expedida pola Secretaría–Intervención ou informe da Intervención-Tesouraría na que se indique se o IVE derivado do gasto que supón executar a actuación que se subvenciona pode ou non ser repercutido, para os efectos da súa consideración ou non como concepto integrante do custo elixible.
    • Entidades sen ánimo de lucro:

      • Documentación que acredite a representación coa que se actúa.

      • Declaración expresa de que o obxecto da subvención non se destina nin se adscribe a unha actividade empresarial ou profesional (anexo II ADM 03).
    • Agrupación de persoas físicas e xurídicas, públicas ou privadas, sen personalidade xurídica:

      • Documentación acreditativa da súa constitución.

      • Documentación acreditativa da representación coa que se actúa.

      • Documento no que consten os compromisos de execución asumidos por cada membro da agrupación, indicando a porcentaxe da subvención que se vai aplicar por cada un deles, que terán igualmente a consideración de beneficiarios (anexo II ADM 04).
  • B. Documentación tecnica. Consta de:
    • 1. Datos xerais do proxecto (anexo II TEC 01).
    • 2. Memoria tecnica en función do procedemento e concepto solicitado, debendo presentarse unha documentación completa por cada proxecto para o que se solicita subvención (anexo III).
    • 3.Certificado de Eficiencia Enerxetica do proxecto de Edificación subscrito polo proxectista do edificio ou das súas instalacións termicas, previsto no Real decreto 47/2007, do 19 de xaneiro. Deberase acreditar a inscrición deste certificado no Rexistro de Certificados de Eficiencia Enerxetica de Edificios da Comunidade Autónoma de Galicia, cando sexa de aplicación segundo o Decreto 42/2009, do 21 de xaneiro.
    • 4.Cando as medidas propostas para conseguir a cualificación A/B non estean recollidas no proxecto e polo tanto no certificado de eficiencia enerxetica do proxecto, entregarase o estudo da cualificación enerxetica que as avale.
    • 5.Copia en formato dixital do estudo de cualificación enerxetica.

      • No caso de usar Calener VYP: .cte, .xml e .pdf.

      • No caso de usar Calener GT: .pdf; .inp; .pd2; .pdl.

      • Se a cualificación se fai por un metodo alternativo recoñecido achegaranse os arquivos correspondentes.
      • 6.Cando se empreguen materiais que non estean incluídos na base de datos do programa Lider, deberanse presentar os certificados CE ou certificados de ensaio por un organismo recoñecido que xustifiquen as súas características termicas.
    • 7.Catálogos tecnicos dos equipamentos consumidores de enerxía que formen parte das instalacións termicas e de iluminación para os que se solicita axuda. O catálogo tecnico incluirá a potencia, rendemento e eficiencia enerxetica ou eficacia luminosa en condicións nominais de funcionamento e avalará os datos introducidos no cálculo da cualificación enerxetica.
    • 8.Certificado do tecnico redactor do proxecto ou director das obras da superficie que se contabilice para efectos da cualificación enerxetica por parte dos programas de referencia ou alternativos utilizados.
    • 9. No caso de que xa se solicitase licenza municipal das obras, deberase achegar unha copia da solicitude.
    • 10.Licenza municipal de obras. No caso de que aínda non se teña, deberase presentar no momento da xustificación da axuda.
    • 11.No suposto de ter contratadas as obras no momento da solicitude achegarase a documentación que acredite tal circunstancia, co fin de poder acollerse á excepción prevista no artigo 20.3 A das bases, relativo á xustificación.

Presentación de documentación de gran tamaño ou en formatos non admitidos pola sede electrónica

Se ten algunha dúbida técnica pode poñerse en contacto co servizo de atención cidadá no teléfono 012 ou enviando un correo a 012@xunta.gal

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA

INSTITUTO ENERXÉTICO DE GALICIA (INEGA)

R/ Avelino Pousa Antelo, 5 San Lázaro
15707 Santiago de Compostela
Teléfono: 981541538 Fax: 981541515

Estas bases teñen por obxecto regular a concesión de subvencións ás actuacións e proxectos de aforro e eficiencia enerxética, tal e como se definen por sectores de actividade nas epígrafes do anexo I, que cumpran cos requisitos e condicións establecidos no seu articulado e anexos.

Poderán obter dereito a subvención todas aquelas actuacións solicitadas dentro do prazo previsto no artigo 5 destas bases, sempre que se executen entre o día 1 de xaneiro de 2011 e o 15 de setembro de 2012 dentro do territorio da Comunidade Autónoma de Galicia.

Estas axudas son para a Construción de novos edificios con alta cualificación enerxética (CNE).

Concepto.

Actuacións enerxéticas en edificios de nova construción incluídos no ámbito de aplicación do Real decreto 47/2007, do 19 de xaneiro, que permitan alcanzar ao edificio a cualificación enerxética de clase A ou B, mediante unha redución no consumo de enerxía, cumprindo o citado real decreto e a normativa autonómica que regula a certificación enerxética de edificios (Decreto 42/2009, do 21 de xaneiro, a Orde do 3 de setembro de 2009 e a Orde do 23 de decembro de 2010 da Consellería de Economía e Industria).

Non serán obxecto desta subvención ampliacións, reformas ou rehabilitacións de edificios aínda que se consideren integrais.

Custo elixible.

Considerarase como custo elixible o extracusto das medidas de eficiencia enerxética para a envolvente térmica, instalacións térmicas (calefacción, climatización e produción de AQS) e iluminación interior (excepto no caso de vivendas), que permitan pasar do cumprimento das esixencias de eficiencia enerxética establecidos no documento básico HE-1, HE-2 e HE-3 do Código técnico da edificación (equivalente a unha cualificación D) a unha cualificación enerxética A ou B do edificio.

Inclúese o custo da enxeñaría requirida para cualificar enerxeticamente o edificio.

Non se inclúe a instalación de sistemas de aproveitamento de enerxías renovables, así como as bombas de calor xeotérmica.

No caso de que as instalacións térmicas recollidas para a obtención da cualificación enerxética sexan obxecto de solicitude doutras subvencións non se considerarán incluídas no custo elixible desta liña.

Beneficiarios:

Persoas físicas ou xurídicas de natureza pública ou privada (propietarios ou titulares dalgún dereito sobre inmobles do sector residencial e terciario, promotores, inmobiliarias, comunidades ou mancomunidades de veciños, empresas municipais de vivenda, administracións públicas, empresas de servizos enerxéticos, etc.)

AUTONÓMICA

Corrección de erros. Resolución do 2 de setembro de 2011 pola que se establecen as bases reguladoras e se anuncia a convocatoria de subvencións a proxectos de aforro e eficiencia enerxética para o exercicio 2011, no marco do convenio subscrito entre o IDAE e o Inega o día 3 de xullo de 2008 e con financiamento en parte do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional ao abeiro do Programa operativo Feder Galicia 2007-2013 (DOG nº 192 de 6 de outubro de 2011).

AUTONÓMICA

Resolución do 2 de setembro de 2011 pola que se establecen as bases reguladoras e se anuncia a convocatoria de subvencións a proxectos de aforro e eficiencia enerxética para o exercicio 2011, no marco do convenio subscrito entre o IDAE e o Inega o día 3 de xullo de 2008 e con financiamento en parte do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional ao abeiro do Programa operativo Feder Galicia 2007-2013 (DOG nº 176 de 14 de setembro de 2011).

Prazo de presentación pechado (15/09/2011 - 14/11/2011)

Tramitación en liña

Iniciar presentación
Vostede está a piques de abandonar a sede electrónica da Xunta de Galicia. Poderá tramitar o procedemento na nova ventá que se abrirá ao pulsar o botón Continuar.

Tramitación presencial

 
Fondo Europeo de desenvolvemento rexional