Orientámolo/a, paso a paso, para presentar unha solicitude no rexistro electrónico
IN417G - Axudas para o aforro e eficiencia enerxética: xestión flotas de transporte(XFT)
Obxecto
Poderán obter dereito a subvención todas aquelas actuacións solicitadas dentro do prazo previsto no artigo 5 destas bases, sempre que se executen entre o día 1 de xaneiro de 2011 e o 15 de setembro de 2012 dentro do territorio da Comunidade Autónoma de Galicia.
Estas axudas son de Xestión de frotas de transporte por estrada (XFT).
Concepto e custo elixible.
Auditorías enerxéticas e investimentos en sistemas tecnolóxicos e aplicacións orientadas á mellora de eficiencia enerxética (sistemas telemáticos de xestión de frotas, software e hardware de planificación e control de rutas, sistemas de mellora de xestión de combustible e de carga e descarga,...) a frotas de transporte de mercadorías e viaxeiros por estrada e a frotas de vehículos de obras e servizos, para mellorar a súa xestión integral e, así, reducir os consumos enerxéticos e aumentar a súa competitividade.
As auditorías resultantes deberán ter o contido mínimo indicado no documento «Contido mínimo de auditoría enerxética XFT» dispoñible na páxina web do Inega (www.inega.es). O incumprimento destes requisitos poderá dar lugar á minoración ou denegación da axuda segundo corresponda.
Contía máxima da subvención.
Para auditorías: 75% do custo elixible, cun máximo de axuda de 22.500 euros por auditoría.
Para investimentos: 40% do custo elixible, cun máximo de axuda de 50.000 euros por empresa ou proxecto.
Establécese para ambos os casos un custo máximo elixible de 1.000 euros/vehículo.
A quen vai dirixido?
A onde acudir
Xunta de Galicia
Vicepresidencia 2ª e Consellería de Economía, Empresa e Innovación
Instituto Enerxético de Galicia (INEGA)
R/ Avelino Pousa Antelo, 5 San Lázaro
15707 Santiago de Compostela (Coruña, A)
Teléfono: 981541538
Fax: 981541515
Órgano responsable
Instituto Enerxético de Galicia (INEGA)
Normativa
Ámbito Autonómico
Resolución do 2 de setembro de 2011 pola que se establecen as bases reguladoras e se anuncia a convocatoria de subvencións a proxectos de aforro e eficiencia enerxética para o exercicio 2011, no marco do convenio subscrito entre o IDAE e o Inega o día 3 de xullo de 2008 e con financiamento en parte do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional ao abeiro do Programa operativo Feder Galicia 2007-2013 (DOG nº 176 de 14 de setembro de 2011).
Corrección de erros. Resolución do 2 de setembro de 2011 pola que se establecen as bases reguladoras e se anuncia a convocatoria de subvencións a proxectos de aforro e eficiencia enerxética para o exercicio 2011, no marco do convenio subscrito entre o IDAE e o Inega o día 3 de xullo de 2008 e con financiamento en parte do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional ao abeiro do Programa operativo Feder Galicia 2007-2013 (DOG nº 192 de 6 de outubro de 2011).
Prazo
Prazo de presentación: PECHADO
15/09/2011 - 14/11/2011
2 meses, contados desde o seguinte a aquel en que publiquen estas bases no DOG
Documentación para a presentación
- A solicitude de subvención será presentada segundo os modelos normalizados dos documentos anexos II e III ás presentes bases reguladoras.
Os formularios de solicitude deberán ser obtidos, cubertos e validados polo solicitante a traves do enderezo http://www.inega.es/axudasinega2010. Estes modelos valerán tanto para a súa presentación en papel, una vez impresos, como para a presentación electrónica, que se describe no artigo 6º. - A) Documentación xenerica, que deben achegar todos os solicitantes:
- 1. Modelo de solicitude (anexo II ADM 00). Marcarase expresamente o procedemento correspondente ao concepto solicitado.
- 2.Declaración responsable (anexo II ADM 01) referida aos seguintes extremos:
a) Non atoparse en ningunha das causas de prohibición para ser beneficiario das subvencións establecidas no artigo 10.2 e 3 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
b) Non atoparse en ningún dos supostos establecidos no artigo 1 do Regulamento (CE) 1998/2006 (DOUE do 28 de decembro) da Comisión, do 15 de decembro de 2006, relativo á aplicación dos artigos 87 e 88 do Tratado ás axudas de minimis, ou do regulamento sectorial de minimis que resulte de aplicación.
- 3. Declaración expresa doutras axudas (anexo II ADM 02).
A solicitude da axuda leva consigo a autorización ao órgano xestor para solicitar as certificacións expedidas polos organismos competentes acreditativas de estar ao día no cumprimento das súas obrigas coa Axencia Estatal da Administración Tributaria (AEAT), a Tesouraría Xeral da Seguridade Social (TXSS) e a consellería competente en materia de economía e facenda.
No caso de que o solicitante denegue expresamente a devandita autorización deberá, obrigatoriamente, presentar as certificacións coa solicitude. Poren, están exentos de achegar os xustificantes de cumprimento das obrigas tributarias e fronte á Seguridade Social os beneficiarios das subvencións establecidos no artigo 49 da Lei 14/2010, do 27 de decembro, de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2011 (DOG n.º 250, do 30 de decembro). - A.2. Especificacións segundo o tipo de solicitante:
- Autónomos:
No suposto de que quen presente a solicitude se defina como autónomo levará implícita a autorización ao órgano xestor para solicitar o certificado da AEAT en que se indiquen as epígrafes do Imposto de Actividades Económicas en que figura dado de alta. No caso de que o solicitante denegue expresamente esta autorización deberá, obrigatoriamente, acreditar o dito extremo achegando a documentación tributaria correspondente.
En caso de non ter o domicilio social en Galicia, deberá acreditarse a existencia dun centro de traballo ou a realización dalgunha actividade empresarial xustificable en Galicia.
As entidades que non se encontren obrigadas por lei a se inscribiren no Rexistro Mercantil ou calquera outro rexistro público, presentarán a documentación acreditativa da constitución e da representación correspondente. - Empresas:
A solicitude da axuda leva consigo a autorización ao órgano xestor para solicitar ao Rexistro Mercantil toda a información das empresas solicitantes que sexa necesaria para a resolución do procedemento. Se non tivesen o domicilio social en Galicia, deberá acreditarse a existencia dun centro de traballo ou a realización dalgunha actividade empresarial xustificable dentro do territorio da comunidade autónoma. As entidades que non se atopen obrigadas por lei a inscribirse no rexistro mercantil ou calquera outro rexistro público, presentarán a documentación acreditativa da constitución e da representación correspondente.
Se se trata dunha empresa que teña contratada a xestión enerxetica, total ou parcialmente, dun inmoble ou instalación, deberase achegar ademais unha copia cotexada do contrato de servizos enerxeticos no que se recollan as cláusulas asociadas ao proxecto para o que se solicita a axuda, así como a constancia por escrito do coñecemento por parte do titular ou titulares do inmoble ou instalación de que se solicita a subvención ao abeiro desta resolución de convocatoria. - Administracións públicas:
Certificación do acordo do órgano competente para solicitar a subvención, no que conste expresamente o compromiso de realizar a actividade pola que se pide a subvención, no caso de obtela.
Certificación expedida pola SecretaríaIntervención ou informe da Intervención-Tesouraría na que se indique se o IVE derivado do gasto que supón executar a actuación que se subvenciona pode ou non ser repercutido, para os efectos da súa consideración ou non como concepto integrante do custo elixible. - Entidades sen ánimo de lucro:
Documentación que acredite a representación coa que se actúa.
Declaración expresa de que o obxecto da subvención non se destina nin se adscribe a unha actividade empresarial ou profesional (anexo II ADM 03). - B. Documentación tecnica. Consta de:
-
1. Datos xerais do proxecto (anexo II TEC 01). - 2. Memoria tecnica en función do procedemento e concepto solicitado, debendo presentarse unha documentación completa por cada proxecto para o cal se solicita subvención (anexo III).
- 3. No caso de experiencias piloto, debense achegar catálogos tecnicos dos principais elementos que formen parte do proxecto.
Como podo?
+Como podo? Presentar unha solicitude
Prepare a información e os documentos a achegar
Inicie o trámite electrónico e identifíquese
Cubra o formulario
Anexe os documentos
Asine a solicitude
Descargue o xustificante
Localice o procedemento ou servizo na guía de procedementos e servizos, consulte a información do trámite e revise a documentación obrigatoria para presentar a solicitude que figura na pestana "Presentación" no apartado "Documentación para a presentación".
No apartado "Anexos asociados" ten dispoñibles modelos en formato .pdf para aqueles documentos para os que se precisan. Descargue no seu equipo os modelos que deba presentar e cúbraos. Garde ou imprima a un arquivo electrónico de cada modelo cuberto para anexalo posteriormente na presentación.
No caso de que o procedemento non figure na guía, poderá empregar a solicitude xenérica.
Prema en "Tramitar en liña" para iniciar o trámite electrónico.
Identifíquese empregando un certificado electrónico ou Chave365.
Agora xa está dentro do seu espazo persoal "A miña sede".
Cubra o formulario e lembre que pode gardalo para recuperalo máis adiante desde o apartado "Os meus borradores" de "A miña sede".
Cando o teña cuberto, prema en "Continuar".
Anexe a documentación que queira presentar xunto co formulario. Inclúa os modelos cubertos no paso 1.
Pode consultar como enviar ficheiros que non teñen o tamaño ou o formato aceptados por esta sede.
Asine o formulario e a documentación que quere entregar.
Pode facelo cun certificado electrónico empregando a aplicación Autofirma ou, se emprega Chave365, coa clave de sinatura que recibirá no seu móbil.
Descargue o xustificante da presentación.
Poderá tamén acceder a este documento desde o apartado "Os meus expedientes" de "A miña sede".
Consulte como proceder cos documentos de gran tamaño e en distintos formatos
Como podo? Presentar documentación de gran tamaño
Prepare a documentación a achegar
Comprobe o tamaño dos arquivos electrónicos
Presente electronicamente os documentos de tamaño inferior a 50 MB
Presente presencialmente os arquivos que superen os 50 MB
Revise a documentación obrigatoria para o trámite que vai realizar na ficha do procedemento na Guía de procedementos e servizos.
Lembre que este servizo soamente estará disponible desde o espazo "A miña sede" da sede electrónica e naqueles procedementos que teñan habilitados trámites electrónicos posteriores á solicitude cando así o estableza a súa norma reguladora.
Prepare os arquivos electrónicos necesarios e comprobe que utiliza formatos compatibles coa sede: .bmp, .ce3, .cex, .csv, .cte, .dbf, .doc, .docx, .dwg, .dxfn, .hexhash, .inp, .jpg, .ods, .odt, .pd2, .pdf, .pdl, .png, .prj, .shp, .shx, .tiff, .txt, .xls, .xlsx, .xml, .tgd, .kmz, .kml e .gpx
O tamaño máximo do conxunto de documentos achegados a unha presentación en esta sede é de 50 MB, e non se admiten arquivos comprimidos.
Comprobe o tamaño total do conxunto de documentos que precisa achegar:
- Se é inferior a 50 MB pode achegar todos os documentos á solicitude
- Se é superior a 50 MB separe os arquivos de máis de 50 MB, agrupe o resto en subconxuntos de documentos que non superen os 50 MB e proceda segundo os seguintes pasos
- Presente a solicitude achegando un subconxunto de documentos de menos de 50 MB.
- Repita o trámite de achega de documentación separada da solicitude para cada un dos subconxuntos restantes de documentos, seguindo estes pasos:
- Unha vez finalizada a presentación acceda ao apartado "Os meus expedientes" de "A miña sede", seleccione o expediente da solicitude que acaba de realizar, pulse na opción "Accións" e seleccione "Achega de documentación separada da solicitude".
- Cubra o formulario e pulse en "continuar"
- Achegue o seguinte subconxunto de documentos
- Asine e complete a achega de documentación separada
- Repita este proceso para cada subconxunto de documentos de menos de 50 MB
Se algún arquivo supera individualmente os 50 MB:
- Proceda segundo se explica nos pasos anteriores para o resto de arquivos
- Descargue no seu equipo o modelo xenérico para a achega de documentación separada
- Cubra o modelo, indicando o expediente ou número de rexistro de entrada da solicitude electrónica realizada e a unidade responsable do procedemento
- Imprima o modelo e presénteo de forma presencial, xunto coa documentación en formato físico -CD, DVD, USB-, en calquera das oficinas de rexistro
Resolución
Prazo de resolución: 5 meses
Sentido do silencio: Negativo
Como podo?
+Consulte como responder a un requirimento de emenda de documentación
Como podo? Responder a un requirimento de emenda
Prepare a información e os documentos a achegar
Inicie o trámite electrónico
Cubra o formulario de emenda
Anexe os documentos requiridos
Asine o formulario
Descargue o xustificante
Revise a documentación obrigatoria para o trámite que vai realizar na ficha do procedemento na Guía de procedementos e servizos. Na pestana "Presentación", no apartado "Documentación para a presentación" figura o listado de documentos requiridos para a presentación. No apartado "Anexos asociados" ten dispoñibles os modelos en formato .pdf para aqueles documentos para os que se precisan.
Descargue no seu equipo os modelos que deba presentar e cúbraos. Garde ou imprima a un arquivo electrónico cada modelo cuberto para anexalo posteriormente na presentación.
Acceda ao seu espazo persoal "A miña sede". Identifíquese empregando un certificado electrónico ou Chave365. Busque o expediente relacionado co requirimento e seleccione no menú "Acción" da dereita a opción "Emenda ao requirimento".
* No caso de que o expediente non apareza no seu espazo persoal, ou a opción "Emenda ao requirimento" non estivese dispoñible para ese expediente, poderá realizar electronicamente a emenda utilizando a solicitude xenérica.
Cubra o formulario indicando os datos ou documentos achegados para a emenda.
Anexe os documentos que queira presentar. Inclúa os modelos cubertos no paso 1.
Asine o formulario e os documentos que vai entregar para a emenda.
Pode facelo con certificado electrónico utilizando a aplicación Autofirma ou, se emprega Chave365, coa clave de sinatura que recibirá nunha mensaxe no seu móbil.
Descargue o xustificante de presentación da emenda.
Poderá acceder en calquera momento aos seus xustificantes electrónicos desde o seu espazo persoal "A miña sede".
Coñeza como achegar documentación xustificativa a un expediente en curso
Como podo? Achegar documentación xustificativa
Prepare a información e os documentos a achegar
Inicie o trámite electrónico
Cubra o formulario
Anexe os documentos requiridos
Asine o formulario
Descargue o xustificante
Revise a documentación obrigatoria para o trámite que vai realizar na ficha do procedemento na Guía de procedementos e servizos.
Na pestana "Despois da presentación", no apartado "Xustificación" figura o listado de documentos requiridos para a xustificación. No apartado "Anexos asociados" ten dispoñibles os modelos en formato .pdf para aqueles documentos para os que se precisan.
Descargue no seu equipo os modelos que deba presentar e cúbraos.
Garde ou imprima a un arquivo electrónico cada modelo cuberto para anexalo posteriormente na presentación.
Acceda ao seu espazo persoal "A miña sede".
Identifíquese empregando un certificado electrónico ou Chave365.
Busque o expediente para o que precisa achegar documentación xustificativa. No menú "Acción" que aparece á dereita seleccione a opción "Achega de documentación xustificativa".
* No caso de que o expediente non apareza no seu espazo persoal, ou a opción "Achega de documentación xustificativa" non estivese dispoñible para ese expediente, poderá realizar electronicamente a xustificación utilizando a solicitude xenérica.
Cubra o formulario.
Indique os documentos que achega para a xustificación.
Anexe os documentos que queira presentar para a xustificación. Inclúa os modelos cubertos no paso 1.
Asine o formulario e os documentos que vai entregar para a xustificación.
Pode facelo con certificado electrónico utilizando a aplicación Autofirma ou, se emprega Chave365, coa clave de sinatura que recibirá nunha mensaxe no seu móbil.
Descargue o xustificante de presentación da xustificación.
Poderá acceder en calquera momento aos seus xustificantes electrónicos desde o seu espazo persoal "A miña sede".
Todos os seus expedientes, presentacións e borradores en "A miña sede"
Como podo? Consultar e xestionar os meus expedientes
Acceda ao seu espazo persoal
Os seus procedementos e borradores
Que podo facer?
Para xestionar os seus expedientes o primeiro que debe facer é acceder o seu espazo persoal premendo en "A miña sede" e, a continuación, identificarse empregando calquera dos certificados admitidos nesta sede ou Chave365.
Poderá ver na súa bandexa de entrada os seus últimos expedientes, presentacións e borradores.
Verá en pantalla información detallada de cada expediente ou presentación (número de expediente/rexistro, código e nome do procedemento etc.).
Se desexa ver todos os seus expedientes e presentacións, prema no botón "Ver todos/Buscar".
Ao acceder á pantalla de busca, pode buscar expedientes ou borradores por distintos criterios ou localizalos directamente se coñece o código de acceso.
Poderá realizar accións concretas sobre un expediente (achegar documentación adicional, mellorar unha solicitude, modificar os seus datos de notificación etc.) desde:
- A bandexa de entrada dos seus últimos expedientes, presentacións e borradores, premendo o botón "Acción" da columna "Que podo facer?"
- O detalle do expediente electrónico, premendo directamente nas accións dispoñibles da columna "Que podo facer?"