Orientámolo/a, paso a paso, para presentar unha solicitude no rexistro electrónico
IN413C - Inscrición/modificación do certificado de edificios de nova construción no rexistro de certificados de eficiencia enerxética de edificios.
Aprobar os formularios normalizados para a comunicación dos certificados de edificios de nova construción tanto en fase de proxecto como en fase de edificio terminado no Rexistro de Certificados de Eficiencia Enerxética de Edificios de Galicia.
O/a promotor/a ou propietario/a
O/a propietario/a ou promotor/a de todo edificio incluído no ámbito de aplicación do Decreto 128/2016, do 25 de agosto, polo que se regula a certificación enerxética de edificios na Comunidade Autónoma de Galicia, deberá comunicar ao Rexistro de Certificados de Eficiencia Enerxética de Edificios de Galicia o certificado de eficiencia enerxética segundo o disposto no devandito decreto. A comunicación deberá realizarse no prazo máximo dun mes desde a sinatura do certificado de eficiencia enerxética polo/a técnico/a competente.
Os técnicos que emitan os certificados poderán comunicar os certificados de eficiencia enerxética en representación do/a propietario/a ou promotor/a do edificio de acordo co previsto no artigo 5 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, polo que se garante en todo caso a capacidade de obrar.
Xunta de Galicia
Consellería de Economía e Industria
Instituto Enerxético de Galicia (INEGA)
Rúa Avelino Pousa Antelo, nº 5 (San Lázaro)
15781 Santiago de Compostela (Coruña, A)
Teléfono: 981541533
Fax: 981541515
Email: inega.certificacionenerxetica@xunta.gal
Instituto Enerxético de Galicia (INEGA)
Decreto 128/2016, do 25 de agosto, polo que se regula a certificación enerxética de edificios na Comunidade Autónoma de Galicia (DOG nº 186 do 29 de setembro de 2016).
Resolución do 10 de outubro de 2016 pola que se aproban os modelos de comunicación para a inscrición dos certificados de eficiencia enerxética dos edificios no Rexistro de Certificados de Eficiencia Enerxética de Edificios de Galicia (DOG nº 199 do 19 de outubro de 2016).
Resolución do 26 de decembro de 2019 pola que se modifica a Resolución do 10 de outubro de 2016 pola que se aproban os modelos de comunicación para a inscrición dos certificados de eficiencia enerxética dos edificios no Rexistro de Certificados de Eficiencia Enerxética de Edificios de Galicia, para aprobar o modelo de presentación de documentos relativos á dedución fiscal por obras de mellora de eficiencia enerxética en edificios de vivendas ou vivendas unifamiliares (DOG nº 246 do 27 de decembro de 2019).
Real decreto 235/2013, do 5 de abril, polo que se aproba o procedemento básico para a certificación da eficiencia enerxética dos edificios (BOE nº 89 do 13 de abril de 2013).
Corrección de erros do Real Decreto 235/2013, de 5 de abril, polo que se aproba o procedemento básico para a certificación da eficiencia enerxética dos edificios (BOE nº 125 do 25 de maio de 2013).
Prazo de presentación: Aberto todo o ano
Esta disposición entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, e a comunicación deberá realizarse no prazo máximo dun mes desde a sinatura do certificado de eficiencia enerxética polo/a técnico/a competente.
A presentación das comunicacións dos certificados de eficiencia enerxetica dos edificios para proceder ao seu rexistro realizarase unicamente por vía electrónica a traves do formulario electrónico normalizado accesible desde a sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.es), de conformidade co establecido nos artigos 14.2 e 14.3 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
A publicación dos formularios normalizados de comunicación no DOG faise unicamente para efectos informativos.
Para o acceso á aplicación que permite a formalización electrónica das comunicacións será necesario darse de alta cun usuario e un contrasinal determinado por este. No momento da presentación requirirase o documento nacional de identidade (DNI) electrónico ou calquera dos certificados electrónicos recoñecidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, da persoa comunicante ou de calquera outra persoa que actúe na súa representación para a realización deste trámite.
Xunto cos modelos de comunicación que se aproban nos anexos da presente resolución achegarase obrigatoriamente a documentación que a seguir se detalla, en función do código do procedemento.
A comunicación (anexo II) virá acompañada de:
-
Certificado de eficiencia enerxetica asinado por tecnico competente segundo os documentos recoñecidos para a certificación de eficiencia enerxetica do Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo e adscrito á Secretaría de Estado da Enerxía.
-
Arquivos de cálculo do programa escollido para a obtención da cualificación enerxetica do edificio. O procedemento utilizado para a cualificación enerxetica dun edificio debe ser documento recoñecido e estar inscrito no Rexistro xeral de documentos recoñecidos para a certificación enerxetica adscrito á Secretaría de Estado de Enerxía.
-
Arquivo dixital de saída de datos en formato «xml» xerado polos programas recoñecidos para a obtención da cualificación enerxetica do edificio.
-
Cando se rexistre o certificado de eficiencia enerxetica de edificio terminado dun edificio de máis de 2.500 m2, achegarase unha acta de verificación asinada por un axente autorizado segundo o artigo 15 do Decreto 128/2016, do 25 de agosto, polo que se regula a certificación enerxetica de edificios na Comunidade Autónoma de Galicia.
-
Planos de superficie e alzados do edificio.
-
Poder de representación segundo o modelo facilitado pola propia aplicación de rexistro, unicamente no caso de que a comunicación a asine calquera persoa en representación do comunicante.
-
No caso de que para o cálculo da cualificación se usase unha solución singular individual non considerada por un procedemento de certificación recoñecido, deberá achegarse tamen un informe para a xustificación da dita solución singular, segundo o anexo I do documento «Aceptación de solucións singulares e capacidades adicionais aos programas de referencia e alternativos de cualificación de eficiencia enerxetica de edificios» publicado polo Ministerio de Industria Enerxía e Turismo.
-
Ademais, poderá enviarse calquera outra documentación que o usuario considere necesaria ou oportuna.
A sede electrónica da Xunta de Galicia ten á disposición das persoas interesadas unha serie de modelos normalizados dos trámites máis comunmente utilizados na tramitación administrativa, que poderán ser presentados en calquera dos lugares e rexistros establecidos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
Documentación relativa á dedución fiscal por obras de mellora da eficiencia enerxética.
Para poder acollerse á dedución fiscal por obras de mellora de eficiencia enerxética en edificios de vivendas ou en vivendas unifamiliares, o interesado trala inscrición do certificado de eficiencia enerxética do inmoble reformado, deberá presentar o anexo III normalizado aprobado mediante a Resolución do 26 de decembro de 2019 acompañado da seguinte documentación:
-
Informe asinado por técnico competente que xustifique o salto de letra conseguido coas melloras, segundo o modelo que consta no Rexistro de Certificados de Eficiencia Enerxética de Edificios da Comunidade Autónoma de Galicia.
-
A totalidade das facturas correspondentes ás obra de mellora de eficiencia enerxética obxecto de dedución así como as relativas á obtención do certificado de eficiencia enerxética.
-
Os xustificantes de pago destas facturas.
-
No caso de que as obras de mellora se realícen nun edificio en réxime de propiedade horizontal, certificado das achegas económicas correspondentes a cada comuneiro.
A presentación deste formulario e da documentación que o acompaña poderá realizarse ata que expire o prazo para presentar a autoliquidación correspondente ao período impositivo no que se termine a obra de mellora enerxética obxecto de dedución, a través da plataforma electrónica do Rexistro de Eficiencia Enerxética de Edificios da Comunidade Autónoma de Galicia, accesible desde a sede electrónica da Xunta de Galicia e a páxina web do Inega.
Máis información
Localice o procedemento ou servizo na guía de procedementos e servizos, consulte a información do trámite e revise a documentación obrigatoria para presentar a solicitude que figura na pestana "Presentación" no apartado "Documentación para a presentación".
No apartado "Anexos asociados" ten dispoñibles modelos en formato PDF para aqueles documentos para os que se precisan. Se os necesita:
- Primeiro descargue no seu equipo os modelos PDF (asegúrese de que están descargados, non abertos no navegador).
- A continuación cubra os modelos. Se algunha táboa ten filas e non son suficientes pode engadilas nese documento descargado.
- Por último garde ou imprima en versión PDF un arquivo electrónico de cada modelo cuberto.
- Asine o documento, se así se require.
- Para finalizar anexe o modelo ou modelos en PDF na súa presentación.
No caso de que o procedemento non figure na guía, poderá empregar a solicitude xenérica.
Prema en "Tramitar en liña" para iniciar o trámite electrónico.
Identifíquese empregando un certificado electrónico ou Chave365.
Agora xa está dentro do seu espazo persoal "A miña sede".
Cubra o formulario e lembre que pode gardalo para recuperalo máis adiante desde o apartado "Os meus borradores" de "A miña sede".
Cando o teña cuberto, prema en "Continuar".
Anexe a documentación que queira presentar xunto co formulario. Inclúa os modelos cubertos no paso 1.
Pode consultar como enviar ficheiros que non teñen o tamaño ou o formato aceptados por esta sede.
Asine o formulario e a documentación que quere entregar.
Pode facelo cun certificado electrónico empregando a aplicación Autofirma ou, se emprega Chave365, coa clave de sinatura que recibirá no seu móbil.
Descargue o xustificante da presentación.
Poderá tamén acceder a este documento desde o apartado "Os meus expedientes" de "A miña sede".
Consulte como proceder cos documentos de gran tamaño e en distintos formatos
Revise a documentación obrigatoria para o trámite que vai realizar na ficha do procedemento na Guía de procedementos e servizos.
Lembre que este servizo soamente estará disponible desde o espazo "A miña sede" da sede electrónica e naqueles procedementos que teñan habilitados trámites electrónicos posteriores á solicitude cando así o estableza a súa norma reguladora.
Prepare os arquivos electrónicos necesarios e comprobe que utiliza formatos compatibles coa sede: .bmp, .ce3, .cex, .csv, .cte, .dbf, .doc, .docx, .dwg, .dxfn, .gpx, .hexhash, .inp, .jpg, .kml, .kmz, .ods, .odt, .pd2, .pdf, .pdl, .png, .prj, .shp, .shx, .tgd, .tiff, .txt, .xls, .xlsx, .xml, .xsig, .mp4, .avi, .mov e .wmv
O tamaño máximo do conxunto de documentos achegados a unha presentación en esta sede é de 100 MB, e non se admiten arquivos comprimidos.
Comprobe o tamaño total do conxunto de documentos que precisa achegar:
- Se é inferior a 100 MB pode achegar todos os documentos á solicitude
- Se é superior a 100 MB separe os arquivos de máis de 100 MB, agrupe o resto en subconxuntos de documentos que non superen os 100 MB e proceda segundo os seguintes pasos
- Presente a solicitude achegando un subconxunto de documentos de menos de 100 MB.
- Repita o trámite de achega de documentación separada da solicitude para cada un dos subconxuntos restantes de documentos, seguindo estes pasos:
- Unha vez finalizada a presentación acceda ao apartado "Os meus expedientes" de "A miña sede", seleccione o expediente da solicitude que acaba de realizar, pulse na opción "Accións" e seleccione "Achega de documentación separada da solicitude".
- Cubra o formulario e pulse en "continuar"
- Achegue o seguinte subconxunto de documentos
- Asine e complete a achega de documentación separada
- Repita este proceso para cada subconxunto de documentos de menos de 100 MB
Se algún arquivo supera individualmente os 100 MB:
- Proceda segundo se explica nos pasos anteriores para o resto de arquivos
- Descargue no seu equipo o modelo xenérico para a achega de documentación separada
- Cubra o modelo, indicando o expediente ou número de rexistro de entrada da solicitude electrónica realizada e a unidade responsable do procedemento
- Imprima o modelo e presénteo de forma presencial, xunto coa documentación en formato físico -CD, DVD, USB-, en calquera das oficinas de rexistro
Máis información
Consulte como responder a un requirimento de emenda de documentación
Revise a documentación obrigatoria para o trámite que vai realizar na ficha do procedemento na Guía de procedementos e servizos. Na pestana "Presentación", no apartado "Documentación para a presentación" figura o listado de documentos requiridos para a presentación. No apartado "Anexos asociados" ten dispoñibles os modelos en formato .pdf para aqueles documentos para os que se precisan.
Descargue no seu equipo os modelos que deba presentar e cúbraos. Garde ou imprima a un arquivo electrónico cada modelo cuberto para anexalo posteriormente na presentación.
Acceda ao seu espazo persoal "A miña sede". Identifíquese empregando un certificado electrónico ou Chave365. Busque o expediente relacionado co requirimento e seleccione no menú "Acción" da dereita a opción "Emenda ao requirimento".
* No caso de que o expediente non apareza no seu espazo persoal, ou a opción "Emenda ao requirimento" non estivese dispoñible para ese expediente, poderá realizar electronicamente a emenda utilizando a solicitude xenérica.
Cubra o formulario indicando os datos ou documentos achegados para a emenda.
Anexe os documentos que queira presentar. Inclúa os modelos cubertos no paso 1.
Asine o formulario e os documentos que vai entregar para a emenda.
Pode facelo con certificado electrónico utilizando a aplicación Autofirma ou, se emprega Chave365, coa clave de sinatura que recibirá nunha mensaxe no seu móbil.
Descargue o xustificante de presentación da emenda.
Poderá acceder en calquera momento aos seus xustificantes electrónicos desde o seu espazo persoal "A miña sede".
Coñeza como achegar documentación xustificativa a un expediente en curso
Revise a documentación obrigatoria para o trámite que vai realizar na ficha do procedemento na Guía de procedementos e servizos.
Na pestana "Despois da presentación", no apartado "Xustificación" figura o listado de documentos requiridos para a xustificación. No apartado "Anexos asociados" ten dispoñibles os modelos en formato .pdf para aqueles documentos para os que se precisan.
Descargue no seu equipo os modelos que deba presentar e cúbraos.
Garde ou imprima a un arquivo electrónico cada modelo cuberto para anexalo posteriormente na presentación.
Acceda ao seu espazo persoal "A miña sede".
Identifíquese empregando un certificado electrónico ou Chave365.
Busque o expediente para o que precisa achegar documentación xustificativa. No menú "Acción" que aparece á dereita seleccione a opción "Achega de documentación xustificativa".
* No caso de que o expediente non apareza no seu espazo persoal, ou a opción "Achega de documentación xustificativa" non estivese dispoñible para ese expediente, poderá realizar electronicamente a xustificación utilizando a solicitude xenérica.
Cubra o formulario.
Indique os documentos que achega para a xustificación.
Anexe os documentos que queira presentar para a xustificación. Inclúa os modelos cubertos no paso 1.
Asine o formulario e os documentos que vai entregar para a xustificación.
Pode facelo con certificado electrónico utilizando a aplicación Autofirma ou, se emprega Chave365, coa clave de sinatura que recibirá nunha mensaxe no seu móbil.
Descargue o xustificante de presentación da xustificación.
Poderá acceder en calquera momento aos seus xustificantes electrónicos desde o seu espazo persoal "A miña sede".
Todos os seus expedientes, presentacións e borradores en "A miña sede"
Para xestionar os seus expedientes o primeiro que debe facer é acceder o seu espazo persoal premendo en "A miña sede" e, a continuación, identificarse empregando calquera dos certificados admitidos nesta sede ou Chave365.
Poderá ver na súa bandexa de entrada os seus últimos expedientes, presentacións e borradores.
Verá en pantalla información detallada de cada expediente ou presentación (número de expediente/rexistro, código e nome do procedemento etc.).
Se desexa ver todos os seus expedientes e presentacións, prema no botón "Ver todos/Buscar".
Ao acceder á pantalla de busca, pode buscar expedientes ou borradores por distintos criterios ou localizalos directamente se coñece o código de acceso.
Poderá realizar accións concretas sobre un expediente (achegar documentación adicional, mellorar unha solicitude, modificar os seus datos de notificación etc.) desde:
- A bandexa de entrada dos seus últimos expedientes, presentacións e borradores, premendo o botón "Acción" da columna "Que podo facer?"
- O detalle do expediente electrónico, premendo directamente nas accións dispoñibles da columna "Que podo facer?"
Outras convocatorias ou publicacións
Procedementos e servizos relacionados
Adhesión ao Plan Renove de Fiestras.
Inscrición/modificación do certificado de edificios existentes no rexistro de certificados de eficiencia enerxética de edificios.