Guía de procedementos e servizos

IN308C

Subvencións a entidades locais para actuacións encamiñadas ao acondicionamento e mellora das instalacións dos espazos termais de uso lúdico da Comunidade Autónoma de Galicia.

Procedemento dirixido a: Entidades locais

Convocatoria 2025 - 2026 - Prazo pechado: 11/09/2025 09:00 - 13/10/2025 09:00

Consellería de Economía e Industria

Sobre o procedemento

Concesión das axudas que teñen por obxecto fomentar a actividade termal mediante a realización de actuacións encamiñadas ao acondicionamento e mellora das instalacións dos espazos termais de uso lúdico da Comunidade Autónoma de Galicia.

 As actuacións que se van a subvencionar ao abeiro desta convocatoria deberanse desenvolver ao longo dos anos 2025 e 2026.

As entidades locais da Comunidade Autónoma de Galicia

Xunta de Galicia

Consellería de Economía e Industria

Secretaría Xeral de Industria e Desenvolvemento Enerxético

Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Minas

Subdirección Xeral de Recursos Minerais

Rúa de Avelino Pousa Antelo, nº 5 (San Lázaro)

15781  Santiago de Compostela  (Coruña, A)

Teléfono: 981957092/ 981957259

Email: sx-recursosminerais.ceei@xunta.es

http://ceei.xunta.gal

Desde o resto do Estado: 981900643

Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Minas
Requisitos e documentación

Prazo de presentación: PECHADO

11/09/2025 09:00 - 13/10/2025 09:00

 O prazo de presentación de solicitudes será dun mes; comenzará ás nove horas do décimo quinto día hábil posterior a aquel en que se publique esta orde no DOG e concluirá no mes de vencemento, ás nove horas do mesmo día ordinal en que comezou o prazo. Se no mes de vencemento non houber día equivalente a aquel en que comenza o cómputo, entenderase que o prazo remata o último día do mes. Cando o último día do prazo sexa inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte.

1. Poderán ser beneficiarias destas axudas as entidades locais da Comunidade Autónoma de Galicia que conten co título habilitante para o aproveitamento lúdico das augas termais, ao abeiro da Lei 8/2019, do 23 de decembro, de regulación de aproveitamentos lúdicos das augas termais de Galicia, ou aquelas en que, con anterioridade á data de presentación da solicitude da axuda, fose declarada a condición termal das ditas augas. Neste último caso, será requisito necesario para cobrar a axuda concedida, que no momento da xustificación, segundo o prazo establecido no artigo 20 destas bases reguladoras, dispoñan do título habilitante para o seu aproveitamento lúdico.

As entidades locais poderán xestionar estes aproveitamentos lúdicos directamente ou mediante sistema de concesión.

2. Non poderán obter a condición de entidade beneficiaria as entidades en que concorra algunha das circunstancias previstas no artigo 13.2 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, e nos artigos 10.2 e 10.3 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

3. Ademais, só poderán ser beneficiarias as entidades locais que cumprisen co deber de remisión das contas xerais de cada exercicio ao Consello de Contas, de acordo co disposto no artigo 4 do Decreto 193/2011, do 6 de outubro.

-

Solicitudes.

Despois de presentar

Prazo de resolución:

Catro meses

Sentido do silencio:

Negativo

Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"

Normativa
  • Ámbito Autonómico
    • Orde do 15 de xullo de 2025 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia non competitiva, das subvencións a entidades locais para actuacións encamiñadas ao acondicionamento e mellora das instalacións dos espazos termais de uso lúdico da Comunidade Autónoma de Galicia, e se procede á súa convocatoria para o ano 2025 (DOG nº 159 do 21 de agosto de 2025).

    • Extracto da Orde do 15 de xullo de 2025 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia non competitiva, das subvencións a entidades locais para actuacións encamiñadas ao acondicionamento e mellora das instalacións dos espazos termais de uso lúdico da Comunidade Autónoma de Galicia, e se procede á súa convocatoria para o ano 2025 (DOG nº 159 do 21 de agosto de 2025).

Descargar o contido desta ficha en formato PDF

Outros procedementos relacionados

IN300A

Documentación de accidentes graves nos cales interveñan substancias perigosas.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

IN304A

Certificado de aptitude para o manexo de maquinaria mineira móbil.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

IN305A

Aprobación de proxectos de voaduras especiais

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

IN306A

Certificación de empresas de voaduras especiais

Tramitar en liña

Aberto todo o ano