Guía de procedementos e servizos

IN301B

Alegacións a proxectos industriais estratéxicos durante o trámite de información pública

Procedemento dirixido a: Cidadáns, Empresas e profesionais

Aberto todo o ano

Consellería de Economía e Industria

Sobre o procedemento

Habilitar, na sede electrónica da Xunta de Galicia, o procedemento de presentación de alegacións durante o trámite de información pública dos proxectos industriais estratéxicos dos que sexa órgano substantivo a Secretaría Xeral de Industria e Desenvolvemento Enerxético, co obxecto de que tanto as persoas físicas como xurídicas que desexen participar neste trámite dispoñan dun procedemento para a presentación das súas alegacións.

Coa resolución do 27 de maio de 2026, a Secretaría Xeral de Industria e Desenvolvemento Enerxético dase cumprimento ao previsto na disposición adicional décimo primeira do Decreto lexislativo 1/2015, do 12 de febreiro, polo que se aproba o texto refundido das disposicións legais da Comunidade Autónoma de Galicia en materia de política industrial, engadida pola Lei 5/2025, do 23 de decembro, de medidas fiscais e administrativas.

Persoas físicas e xurídicas.

Xunta de Galicia

Consellería de Economía e Industria

Secretaría Xeral de Industria e Desenvolvemento Enerxético

Subdirección Xeral de Proxectos

San Caetano, edificio núm. 5-planta 4º

15781  Santiago de Compostela  (Coruña, A)

Teléfono: 881958645

Email: proxectos.industria@xunta.gal

Xunta de Galicia

Consellería de Economía e Industria

Secretaría Xeral de Industria e Desenvolvemento Enerxético

Complexo Administrativo de San Caetano, Edificio 5 – Planta 4

15781  Santiago de Compostela  (Coruña, A)

Teléfono: 881958645

Email: sx.industria@xunta.gal

Secretaría Xeral de Industria e Desenvolvemento Enerxético
Requisitos e documentación

Prazo de presentación: Aberto todo o ano

O procedemento IN301B relaciónase directamente co trámite de información pública dos proxectos industriais estratéxicos, polo que poderá empregarse dende o día seguinte á publicación no Diario Oficial de Galicia do Anuncio polo que se somete a información pública o proxecto obxecto da alegación ata a finalización do prazo do trámite de información pública (30 días hábiles).

A información pública ten por finalidade fundamental poñer en coñecemento de posibles interesados a existencia dun proxecto industrial estratéxico en tramitación. A información pública, como técnica de participación cidadá, permite que calquera persoa con capacidade de obrar, e non só os interesados, poidan intervir formulando alegacións ou achegando datos.

Solicitudes

As alegacións presentaranse preferiblemente por vía electrónica (Anexo I) a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal.

A presentación electrónica será obrigatoria para: as Administracións públicas, as persoas xurídicas, as entidades sen personalidade xurídica, as persoas que exerzan unha actividade profesional para a que se requira colexiación obrigatoria, persoas traballadoras autónomas, o estudantado universitario e as persoas representantes dunha das anteriores.

De conformidade co artigo 68.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das Administracións Públicas, se algunha das persoas interesadas obrigadas á presentación electrónica presenta a súa alegación presencialmente, requeriráselle para que a emende a través da súa presentación electrónica.

Para a presentación electrónica poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).

Aquelas persoas interesadas non obrigadas á presentación electrónica, opcionalmente, poderán presentar as alegacións presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común, utilizando o formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.

Pluralidade de persoas alegantes

As pretensións dunha pluralidade de persoas de contido e fundamento idéntico ou substancialmente similar poderán formularse nun único escrito de alegacións. Neste suposto, deberá constar no escrito o listado completo de persoas interesadas que a formulan segundo o modelo específico que figura como Anexo II a esta resolución. As actuacións efectuaranse co representante ou coa persoa interesada que expresamente sinalen e, no seu defecto, coa que figure en primeiro termo.

Documentación complementaria

1. As persoas alegantes poderán achegar co anexo I calquera documentación que consideren e, no caso de alegacións referidas a unha pluralidade de persoas, deberán presentar o anexo II.

2. A documentación complementaria presentarase preferiblemente por vía electrónica.

A presentación electrónica será obrigatoria para os suxeitos obrigados á presentación electrónica das alegacións. Se algunha destas persoas presenta a documentación complementaria presencialmente, requiriráselle para que a emende a través da súa presentación electrónica.

Aquelas persoas non obrigadas á presentación electrónica, opcionalmente, poderán presentar a documentación complementaria presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, cando a relevancia do documento no procedemento o exixa ou existan dúbidas derivadas da calidade da copia, a Administración poder solicitar de maneira motivada o cotexo das copias achegadas pola persoa interesada para o que poderán requirir a exhibición do documento ou da información orixinal.

3. Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da alegación deberase indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente se se dispón del.

Comprobación de datos

Para a tramitación deste procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos en poder da Administración actuante ou elaborados polas administracións públicas, agás que a persoa interesada se opoña á súa consulta:

a) DNI/NIE da persoa solicitante.

b) NIF da entidade solicitante.

c) DNI/NIE da persoa representante.

d) NIF da entidade representante.

No caso de que as persoas interesadas se opoñan á consulta, deberán indicalo no recadro correspondente habilitado no formulario da alegación e achegar os documentos. Cando así o esixa a normativa aplicable, solicitarase o consentimento expreso da persoa interesada para realizar a consulta.

Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilitase a obtención dos citados datos, poderase solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.

Trámites administrativos posteriores

A sede electrónica da Xunta de Galicia permite ás persoas interesadas realizar trámites electrónicos, con posterioridade ao inicio do expediente, accedendo á Carpeta cidadá da persoa interesada. Cando as persoas interesadas non resulten obrigadas á presentación electrónica tamén poderán realizarse os ditos trámites presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

Despois de presentar

Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"

Normativa
  • Ámbito Autonómico
    • Decreto lexislativo 1/2015, do 12 de febreiro, polo que se aproba o texto refundido das disposicións legais da Comunidade Autónoma de Galicia en materia de política industrial (DOG nº 128 do 9 de xullo de 2015).

    • Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno (DOG nº 30 do 15 de febreiro de 2016).

    • Lei 4/2019, de 17 de xullo, de administración dixital de Galicia (DOG nº 141, de 26 de xullo de 2019).

    • Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia (DOG nº 39 do 26 de febreiro de 2021).

    • Resolución do 27 de maio de 2026, da Secretaría Xeral de Industria e Desenvolvemento Enerxético, pola que se establece e se habilita na sede electrónica da Xunta de Galicia o procedemento de presentación, por parte de persoas xurídicas e físicas, de alegacións a proxectos industriais estratéxicos durante o trámite de información pública (DOG nº 106 do 09 de xuño de 2026).

  • Ámbito Estatal
    • Lei 19/2013, do 9 de decembro, de transparencia, acceso á información pública e bo goberno (BOE nº 295, do 10 de decembro de 2013).

    • Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental (BOE nº 296, de 11 de decembro de 2013).

    • Lei 39/2015, de 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administraciones Públicas (BOE nº 236 de 2 de outubro de 2015).

Descargar o contido desta ficha en formato PDF

Outros procedementos relacionados

AP900B

Reclamacións fronte ás resolucións de acceso á información pública

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

ED527A

Inscrición nas probas para a obtención de determinados carnés profesionais e habilitacións profesionais.

Tramitar en liña

Prazo aberto: 15/06/2026 00:00 - 07/09/2026 23:59

FA009A

Solicitude de autorización para a utilización das aplicacións informáticas da Oficina Virtual Tributaria para o pagamento electrónico e a presentación electrónica dos modelos de declaración 008 e de autoliquidación 013 do Imposto compensatorio ambiental mineiro (ICAM).

Aberto todo o ano

FA701A

Inscrición no Rexistro Xeral de Contratistas da Comunidade Autónoma de Galicia.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano