Guía de procedementos e servizos
Ir á sección pai
Detalle procedemento
IN224A
Subvencións a pequenos comerciantes ou promotores de comercios no rural que se adhiran á rede de comercio rural galego.
Procedemento dirixido a: Cidadáns, Empresas e profesionais
Para os efectos desta orde considéranse comercios rurais os situados en:
a) Concellos de menos de 5.000 habitantes, de acordo co establecido no Real decreto 1918/2009, do 11 de decembro, polo que se declaran oficiais as cifras de poboación resultantes da revisión do padrón municipal referidas ao 1 de xaneiro de 2009.
b) Núcleos de poboación que non superen os 1.500 habitantes, situados en concellos de máis de 5.000 habitantes, con ou sen planeamento municipal vixente.
En concreto, considéranse actuacións subvencionables, sempre que sexan levadas a cabo desde o 1 de xaneiro de 2010 ata o límite do prazo de xustificación que consta no artigo 17º.1 destas bases, as seguintes:
a) A adecuación de novos locais comerciais ou reforma e/ou ampliación dos existentes, nos cales a sala de vendas de comercio en réxime de autoservizo deberá ocupar como mínimo o 30% do espazo destinado ao público sempre que a superficie resultante non supere os 150 metros cadrados e teña unha superficie mínima de 30 metros cadrados de sala de vendas.
b) A reforma da fachada da edificación onde se ache o establecemento.
c) A adquisición do mobiliario do local comercial.
d) O rótulo da Rede de Comercio Rural Galego.
e) A adquisición do equipamento preciso para o desenvolvemento da actividade.
Cando se trate de agrupacións de persoas físicas ou xurídicas, públicas ou privadas sen personalidade, deberán facerse constar expresamente, tanto na solicitude como na resolución de concesión, os compromisos de execución asumidos por cada membro da agrupación, así como o importe de subvención que se vai aplicar por cada un deles, que terán igualmente a consideración de beneficiarios. En calquera caso, deberá nomearse un representante ou apoderado único da agrupación, con poderes suficientes para cumprir as obrigas que, como beneficiario, corresponden á agrupación. Non poderá disolverse a agrupación ata que transcorra o prazo de prescrición previsto nos artigos 35 e 63 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
Xunta de Galicia
Consellería de Emprego, Comercio e Emigración
Dirección Xeral de Comercio e Consumo
Subdirección Xeral de Innovación e Ordenación Comercial
Edificios Administrativos. San Caetano, 3º planta
15781 Santiago de Compostela (Coruña, A)
Teléfono: 981545557
Fax: 981545541
Xunta de Galicia
Consellería de Economía e Industria
Departamento Territorial da Consellería de Economía e Industria da Coruña
R/ Vicente Ferrer, 2
15071 Coruña, A (Coruña, A)
Teléfono: 981184904/ 981184962
Fax: 981184790
Email: axudas-IN223.cei.co@xunta.es
Xunta de Galicia
Consellería de Economía e Industria
Departamento Territorial da Consellería de Economía e Industria de Lugo
Ronda da Muralla, 70
27071 Lugo (Lugo)
Teléfono: 982294938/ 982294294
Fax: 982294681
Email: axudas-IN223.cei.lu@xunta.es
Xunta de Galicia
Consellería de Economía e Industria
Departamento Territorial da Consellería de Economía e Industria de Ourense
Curros Enríquez, 1º - 4º
32003 Ourense (Ourense)
Teléfono: 988386712/ 988386717
Fax: 988386727
Email: axudas-IN223.cei.ou@xunta.es
Xunta de Galicia
Consellería de Economía e Industria
Departamento Territorial da Consellería de Economía e Industria de Pontevedra
Fernández Ladreda, 43-5º
36003 Pontevedra (Pontevedra)
Teléfono: 986805226/ 986805229
Fax: 986805247
Email: axudas-IN223.cei.po@xunta.es
Prazo de presentación: PECHADO
15/06/2010 00:00 - 14/07/2010 23:59
1 mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no DOG.
Os/as beneficiarios/as deben cumprir, ademais, os seguintes requisitos:
a) Que desenvolvan ou vaian desenvolver a súa actividade comercial na Comunidade Autónoma galega, de acordo co establecido no artigo 1º destas bases.
b) Que a súa actividade principal estea incluída nalgunha das seguintes agrupacións ou epígrafes correspondentes á clasificación do imposto de actividades económicas:
No caso da actividade comercial:
-647. Comercio polo miúdo de produtos alimenticios e de bebidas en xeral.
No caso da actividade de hostalaría deberán acollerse a algunha das epígrafes incluídas en:
-672. Servizos en cafetarías.
-673. Servizos en bares e cafetarías con e sen comida.
En calquera caso as actividades poderán complementarse coas relatadas no anexo II desta orde.
c) Que non superen os/as dez traballadores/as.
d) Que a sala de vendas do comercio estea en réxime de autoservizo e teña como mínimo 30 metros cadrados. Así mesmo, deberá ocupar, como mínimo, un 30 % do espazo destinado ao público, sempre que a superficie resultante non supere os 150 metros cadrados.
Os/as solicitantes non poderán estar incursos en ningunha das circunstancias previstas no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
Solicitude de subvención, segundo o modelo normalizado do anexo III.
Documentación que acredite a personalidade ou a identidade da persoa solicitante, xa que pode ser necesaria para dala de alta no ficheiro de terceiros da Xunta de Galicia se resulta beneficiaria da subvención solicitada.
1) Se e unha persoa física, copia compulsada do documento nacional de identidade.
Alternativamente, de acordo co disposto no artigo 2.2º do Decreto 255/2008, do 23 de outubro, polo que se simplifica a documentación para a tramitación dos procedementos administrativos e se fomenta a utilización de medios electrónicos, a persoa solicitante poderá dar o seu consentimento para que o órgano instrutor comprobe os seus datos de carácter persoal, por medio de conexión telemática co servizo horizontal de acceso ao sistema de verificación de datos de identidade do Ministerio da Presidencia.
Para estes efectos, a persoa solicitante poderá efectuar a declaración que figura no modelo normalizado de solicitude. No caso de non prestar o seu consentimento, a persoa solicitante deberá presentar fotocopia compulsada do documento mencionado no primeiro parágrafo.
Se a persoa solicitante actúa por medio de representante, documento acreditativo da súa identidade, de acordo co establecido nos dous parágrafos anteriores, así como poder bastante en dereito para actuar en nome e representación dela.
2) No caso de persoa xurídica, acta, escritura ou documento de constitución, estatutos e, se e o caso, modificación destes, debidamente legalizados, así como o código de identificación fiscal. A referida documentación deberá acreditar que o seu obxecto social abrangue a actividade para a cal se solicita a subvención.
Así mesmo, presentarase a documentación acreditativa da identidade da persoa que asina a solicitude na súa representación, nos termos establecidos no punto anterior, e poder en dereito bastante para actuar como representante dela.
Cando se trate de agrupacións de persoas físicas ou xurídicas, públicas ou privadas sen personalidade, observarase o establecido no artigo 3º.1, segundo parágrafo.
Copia da escritura de constitución e modificacións posteriores, no caso de ser unha sociedade.
Último recibo de cotización no rexime da Seguridade Social correspondente, no caso de estar de alta no momento da solicitude.
Certificación expedida pola Axencia Tributaria en que consten as epígrafes do IAE en que está de alta.
No caso de apertura de novo establecemento, e de non ter no momento da solicitude o determinado no parágrafo anterior, presentarase o compromiso de alta nalgún dos IAE expostos no artigo 3º segundo o modelo do anexo VIII.
Copia da declaración do imposto sobre a renda das persoas físicas ou do imposto de sociedades do último exercicio ou certificado da Axencia Tributaria de estar exento de presentar o imposto sobre a renda no último exercicio.
Declaración de ter coñecemento do sistema de concesión da licenza de uso da marca de garantía Comercio Rural Galego e someterse ás actividades de auditoría e xestión da entidade xestora do selo segundo o anexo IV.
Declaración que conteña o compromiso do/a peticionario/a, para o caso de que se lle outorgue a axuda, de adherirse á Rede de Comercio Rural Galego e cumprir cos requisitos de xestión dos manuais da Rede de Comercio Rural Galego, segundo o anexo IV.
Declaración que conteña o compromiso do/a peticionario/a, para que no caso de que se lle outorgue a axuda, de permanecer adherido á rede por 10 anos. No caso de que se peche o establecemento ou de non superarse as auditorías de seguimento da rede antes dos 10 anos, devolverase a porcentaxe correspondente da axuda recibida.
Compromiso de realizar a reforma segundo consta no proxecto de obra, que será validado pola Rede de Comercio Rural Galego. Nel deberán recollerse e manterse as características arquitectónicas do edificio (anexo IV).
Entrega da ficha de recolla de información referente ao negocio ou futuro negocio segundo o modelo do anexo V: idea (produtos e servizos ofrecidos no establecemento), experiencia da promotora ou promotor, gastos e previsión de ingresos, que demostre a viabilidade do proxecto.
Documentos gráficos do local que se vai reformar. Fotos interiores e exteriores das instalacións, equipamento e detalle do local. As fotografías daquelas actuacións subvencionables consistentes en reformas de locais e/ou equipamentos comerciais cuxo importe, considerado tanto illada como conxuntamente, supere os 30.000 , irán acompañadas da correspondente acta notarial que dea fe do estado en que se achaba o local e/ou os seus equipamentos con posterioridade á data de publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia, debendo presentar, así mesmo, a factura da dita acta.
Documentos que acrediten que a persoa solicitante e propietaria do local comercial ou, se e o caso, copia do contrato de aluguer, traspaso, cesión, etc., en que se indique expresamente a posibilidade de realizar reformas no local ou ben autorización expresa do/a propietario/a para realizar reformas no local. Neste caso exixirase tamen compromiso de cesión por 10 anos para que se poida manter adherido ese establecemento o mínimo tempo exixido pola rede.
Declaración expresa sobre a concesión ou solicitude doutras axudas ou subvencións para a mesma finalidade, tanto das suxeitas como das non suxeitas ao rexime de minimis, procedentes de calquera Administración ou entes públicos ou privados, nacionais ou internacionais, así como declaración expresa de non estar incurso/a en ningunha das circunstancias previstas no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e declaración de axudas en rexime de minimis, segundo o anexo VI desta orde.
Certificacións expedidas polos organismos competentes acreditativas de estar ao día no cumprimento das súas obrigas coa Axencia Estatal da Administración Tributaria, a Tesouraría Xeral da Seguridade Social e a Consellería de Facenda, no caso de que o/a solicitante denegue expresamente a autorización ao órgano xestor para que solicite de oficio estas certificacións.
Como caso xeral, estas certificacións non teñen que ser presentadas, xa que a solicitude da axuda leva consigo a autorización ao órgano xestor para solicitar as certificacións que deben emitir os organismos citados no parágrafo anterior.
Se o certificado dispón de código electrónico de verificación coa administración pública correspondente, poderá presentarse o dito documento sen compulsar.
No caso de que a persoa solicitante deba presentar estes certificados na fase de emenda, logo de que a consulta polo órgano xestor non obtivese resultado favorable, a data de expedición dos certificados pola administración correspondente deberá ser posterior á data de consulta polo órgano xestor, o que se comunicará no requirimento de emenda da documentación.
Se e o caso, memoria a tanto global onde se detallen os custos previsibles de acondicionamento e adecuación do local aos requisitos da Rede de Comercio Rural Galego. Estes gastos deberán estar validados por un/unha tecnico/a da rede.
Se e o caso, declaración de compromiso de uso e posterior utilización ao menos da lingua galega nas relacións coa Administración autonómica, así como en campañas publicitarias, elementos promocionais e na sinalización interior e exterior do establecemento comercial segundo o anexo VII.
Documentación acreditativa do número total de traballadores/as da empresa (TC2) do mes anterior á presentación da solicitude ou, se for o caso, certificación da Seguridade Social da inexistencia de traballadores/as.
Prazo de resolución: Seis meses
Sentido do silencio: Negativo
Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"
-
Ámbito Autonómico
-
Orde do 3 de xuño de 2010 pola que se establecen as bases reguladoras e se procede á convocatoria de subvencións, en réxime de concorrencia competitiva, a pequenos comerciantes ou promotores de comercios no rural que se adhiran á Rede de Comercio Rural Galego. (Código de procedemento IN224A-presentación electrónica)(DOG nº 111 do 14 de xuño de 2010).
-
Outros procedementos relacionados
Recoñecemento e inscrición no rexistro dunha persoa intermediaria de crédito inmobiliario, modificación de datos ou baixa.
Aberto todo o ano
Recoñecemento e inscrición no rexistro, modificación de datos ou baixa dunha persoa intermediaria de crédito inmobiliario presentada por unha persoa prestamista única.
Aberto todo o ano
Inscrición, modificación de datos ou baixa no rexistro de persoas representantes designadas por unha persoa intermediaria de crédito inmobiliario.
Aberto todo o ano
Recoñecemento e inscrición no rexistro dunha persoa prestamista inmobiliaria, modificación de datos ou baixa.
Aberto todo o ano