Guía de procedementos e servizos

IN223A

Subvencións para o impulso dunha rede de mercados excelentes de Galicia.

Procedemento dirixido a: Entidades locais

Convocatoria 2019 - Prazo pechado: 27/03/2019 00:00 - 30/09/2019 23:59

Consellería de Emprego, Comercio e Emigración

Sobre o procedemento

1. Esta orde ten por obxecto a concesión das subvencións para actuacións en mercados e prazas de abastos de Galicia que teñan concedido o selo de Mercado Excelente ou estean no proceso previo á súa obtención.

2. O procedemento de concesión destas subvencións tramitarase en réxime de concorrencia non competitiva.

3. Con carácter xeral e de acordo co establecido no artigo 29.1 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, consideraranse subvencionables os gastos e investimentos que, de xeito indubidable, respondan á natureza da actuación subvencionada.

4. En concreto, considéranse actuacións subvencionables as que a continuación se especifican, sempre que sexan realizadas nos seguintes prazos:

• Na anualidade 2019, desde o 1 de xaneiro de 2019 ata a data límite de xustificación establecida no artigo 16.

• Na anualidade 2020, desde o 1 de decembro de 2019 ata a data límite de xustificación establecida no artigo 16.

Todos os investimentos deberán estar plenamente realizados, operativos e verificables na data límite de xustificación das actuacións.

4.1. Prazas de abastos que teñan concedido o selo de Mercado Excelente.

Considéranse actuacións subvencionables os investimentos en mercados e prazas de abastos que teñan concedido o selo de Mercado Excelente, de acordo coa Orde do 4 de xaneiro de 2017, pola que se regula o procedemento para a obtención do selo de Mercado Excelente na Comunidade Autónoma de Galicia, e que constitúan un valor engadido neles, tendo en conta que deberán ter prioridade as actuacións que respondan ás observacións realizadas pola auditoría que se realice conforme ao artigo 5 da antedita orde. Estas actuacións, se non fosen aínda resoltas, deberán ser tidas en conta no conxunto das previstas na solicitude. De non o fixer, deberá xustificarse na solicitude.

En concreto, consideraranse actuacións subvencionables:

a) Acondicionamento das instalacións: mellora da imaxe, instalación de sistemas de climatización, de sistemas de illamento térmico e/ou acústico que reduza o impacto de ruídos, establecemento de sistemas de recollida de auga.

b) Creación e/ou mellora de servizos para clientes: servizo de carros da compra, adecuación e/ou creación de zonas de descanso, tales como espazos infantís, salas de lactancia e outros, creación dun servizo de repartición a domicilio con persoal maker, instalación de consigna frigorífica, de servizo de cociñado de produtos.

c) Creación e/ou mellora doutros servizos: instalación de pantallas de información, servizo automático de quenda, planos de situación do edificio «vostede está aquí», rede Wifi e implantación e/ou actualización de páxinas web dirixidas a mellorar a comercialización dos produtos que conten con tenda online e pasarela de pagamento.

d) Loxística e comercialización do produto, a súa presentación: creación dun packaging propio do mercado adecuado ás características específicas dos produtos, incluídos sistemas de envasado ao baleiro.

e) Creación ou mellora de aparcadoiros para vehículos e/ou bicicletas, sempre que sexan contiguos ás instalacións do mercado ou praza de abastos.

f) Actuacións de conservación, mantemento, reposición e mellora das instalacións e dos equipamentos.

g) Actuacións de promoción e dinamización da praza de abastos e mercado.

h) Actuacións formativas e de asesoramento dirixidas ao mentoring comercial, aumento da rendibilidade do punto de venda a través de técnicas de visual merchandising, colocación do produto e atención ao cliente.

i) Os gastos imputables ás unidades xerenciais derivados do mantemento dos estándares de calidade do selo Mercado Excelente de Galicia, cuxas principais funcións serán a busca da rendibilidade como negocio mediante a planificación estratéxica, o correcto funcionamento do mercado, a axeitada atención ao cliente, o desenvolvemento de plans de mellora nas instalacións, as relacións institucionais e con outros mercados e a implementación de procesos de mellora continua.

Os gastos subvencionables derivados da prestación destes servizos en ningún caso poderán levarse a cabo por persoal incluído na relación de posto de traballo do propio concello.

4.2. Prazas de abastos que non dispoñan do selo de Mercado Excelente.

Considéranse actuacións subvencionables os investimentos de diagnose de situación e usos do mercado e as posteriores actuacións de formación e mentoring e accións e medidas materiais derivadas da devandita diagnose, preparatorias para a obtención do selo de Mercado Excelente.

En concreto, considéranse subvencionables:

a) Diagnose de situación e usos do mercado realizada por unha empresa de consultoría especializada.

Poderán acollerse ás actuacións deste parágrafo todos os concellos que aínda non conten co selo de Mercado Excelente de Galicia.

A diagnose de situación e usos do mercado deberá incluír os seguintes aspectos:

• Un estudo de mercado.

• Un estudo de impacto económico actual e potencial da praza de abastos na súa contorna.

• Recollida de percepcións e opinións sobre o mercado por parte dos praceiros/as e usuarios/as.

• Descrición da oferta e da demanda, existentes e futuras, nivel de ocupación e diversidade con inclusión dunha ficha individual dos postos activos do mercado así como as súas posibles actuacións de mellora.

• Estratexia de optimización e redimensionamento de usos, se for o caso.

• Análise e proposta de actuacións de innovación.

• Avaliación dos procedementos administrativos relativos á adxudicación dos postos do mercado.

• Análise DAFO.

• Cumprimento, segundo a realidade existente, do anexo II da Orde do 4 de xaneiro de 2017 pola que se regula o procedemento para a obtención do selo de Mercado Excelente na Comunidade Autónoma de Galicia.

b) Actuacións de preparación para a obtención do selo de Mercado Excelente:

Poderán acollerse ás actuacións deste parágrafo os concellos que teñan concedida e xustificada a diagnose de situación e usos do mercado e acrediten mediante a presentación da ferramenta de autoavaliación contida no anexo II da Orde do 4 de xaneiro de 2017, acadar, polo menos, a puntuación mínima no capítulo I (ferramenta de avaliación da arquitectura) naqueles aspectos que atinxen ao estado do edificio.

En concreto, considéranse actuacións subvencionables:

– Accións de mentoring e actuacións de formación dos praceiros/as e da unidade xerencial.

– A execución de accións e medidas materiais derivadas da diagnose de situación e usos do mercado previsto na letra a) que deberán incluír, en todo caso, accións de mentoring e actuacións de formación dos praceiros/as e/ou da unidade xerencial.

As actuacións de mentoring e actuacións de formación deberán recollerse nun proxecto que, en todo caso, concretará o número de horas, obxectivos e indicadores para a súa medición.

As accións e medidas materiais derivadas da diagnose de situación e usos deberán recollerse nunha memoria-proposta que, en todo caso, será validada pola Dirección Xeral de Comercio e Consumo con carácter previo á concesión da subvención e en que se incluirá, xunto coas propostas de actuación, un cronograma de execución e os indicadores que permitan medir os seus resultados respecto a cada anualidade, de ser o caso.

As dúas actuacións anteriores deberán estar baseadas na proposta de actuacións da diagnose de situación e usos do mercado previamente realizada.

5. Para as actuacións contidas no número 4.1, a porcentaxe subvencionable acadará o 50 % do investimento, cun máximo de 150.000,00 euros de subvención por solicitante para os dous exercicios (2019 e 2020). A cantidade máxima de subvención anual será de 75.000 euros por beneficiario. Malia o anterior, o importe máximo da subvención da actuación prevista na letra i) será de 10.000 euros por exercicio.

A solicitude deberá corresponder a un conxunto de actuacións coherente cos estándares de excelencia e co proxecto con que se acadou o selo de Mercado Excelente, contribuirá á súa mellora e detallará as actuacións e os orzamentos que se vaian realizar en cada unha das anualidades, se for o caso, e que constitúan un valor engadido neles, tendo en conta que deberán ter prioridade as actuacións que respondan ás observacións realizadas pola auditoría que se realice conforme ao artigo 5 da Orde de 5 de xaneiro de 2017 se non fosen aínda resoltas. De non o fixer, deberá xustificarse na solicitude.

Para as actuacións contidas no número 4.2.a) a porcentaxe subvencionable acadará o 50 % do investimento, cun investimento máximo por solicitante de 14.000 euros por solicitante .

Para as actuacións contidas no número 4.2.b), a porcentaxe subvencionable acadará o 50 % do investimento, cun máximo de 40.000 euros de subvención por solicitante para os dous exercicios (2019-2020).

6. Actuacións e gastos non subvencionables:

a) Custos relativos á adquisición ou aluguer de bens inmobles.

b) Custos relativos á redacción de proxectos técnicos que non leven aparellada a súa execución para as actuación contidas no número 4.1.

c) Custos relativos a actuacións do número 4.2.b) non recollidas na diagnose de situación e usos do mercado do número 4.2.a) e/ou non validadas pola Dirección Xeral de Comercio e Consumo.

d) Custos relativos á execución de accións e medidas derivadas da diagnose de situación e usos do mercado que non estean vinculadas á realización de actuacións de mentoring e de formación.

e) Custos relativos a obras de nova construción de mercados e prazas de abastos.

f) Agasallos promocionais, premios, trofeos, gastos de representación e a realización de recepcións e actos análogos.

g) Campañas de promoción ou calquera outra actuación que teña por finalidade o patrocinio, colaboración ou axuda económica que comporten actividades lúdicas, turísticas ou similares. No caso de actuacións do número 4.2 non se considerarán actuacións subvencionables as campañas de promoción e dinamización do mercado.

h) Os impostos recuperables ou repercutibles polo/a beneficiario/a.

i) Aquelas que non estean directamente vinculadas coa realización da actuación subvencionable.

Poderán ser beneficiarios/as das subvencións, sen prexuízo de reunir os demais requisitos establecidos nestas bases, os concellos galegos que conten cun mercado co selo de Mercado Excelente outorgado de conformidade coa Orde do 4 de xaneiro de 2017 pola que se regula o procedemento para a obtención do selo de Mercado Excelente na Comunidade Autónoma de Galicia ou aqueles que estean no proceso para a súa obtención.

Xunta de Galicia

Consellería de Emprego, Comercio e Emigración

Dirección Xeral de Comercio e Consumo

Subdirección Xeral de Artesanía, Entidades e Promoción Comercial

Servizo de Promoción Comercial e da Artesanía

Edificios Administrativos. San Caetano, 3º planta

15781  Santiago de Compostela  (Coruña, A)

Teléfono: 981545419/ 981545594

Fax: 981545541

Email: cei.dxc.axudas@xunta.gal

http://ceei.xunta.gal

012 (desde o resto do Estado 902 12 00 12)

Xunta de Galicia

Consellería de Economía e Industria

Departamento Territorial da Consellería de Economía e Industria da Coruña

R/ Vicente Ferrer, 2

15071  Coruña, A  (Coruña, A)

Teléfono: 981184962/ 981184914

Fax: 981184790

Email: axudas-IN223.cei.co@xunta.gal

Xunta de Galicia

Consellería de Economía e Industria

Departamento Territorial da Consellería de Economía e Industria de Lugo

Ronda da Muralla, 70

27071  Lugo  (Lugo)

Teléfono: 982294938/ 982294670

Fax: 982294681

Email: axudas-IN223.cei.lu@xunta.gal

Xunta de Galicia

Consellería de Economía e Industria

Departamento Territorial da Consellería de Economía e Industria de Ourense

Curros Enríquez, 1º - 4º

32003  Ourense  (Ourense)

Teléfono: 988386712/ 988386717

Fax: 988386727

Email: axudas-IN223.cei.ou@xunta.gal

Xunta de Galicia

Consellería de Economía e Industria

Departamento Territorial da Consellería de Economía e Industria de Pontevedra

Servizo de Coordinación Industrial de Vigo

Praza da Estrela, s/n

36201  Vigo  (Pontevedra)

Teléfono: 986817550/ 986817557

Fax: 986817580

Email: invigo@xunta.gal

Dirección Xeral de Comercio e Consumo
Requisitos e documentación

Prazo de presentación: PECHADO

27/03/2019 00:00 - 30/09/2019 23:59

O prazo de presentación de solicitudes permanecerá aberto desde o día seguinte da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia ata o 30 de setembro de 2019, salvo esgotamento de crédito, que se publicará no Diario Oficial de Galicia e no portal da Consellería de Economía, Emprego e Industria e que suporá o peche do prazo e a inadmisión das solicitudes que se presenten con posterioridade.

En todo caso, a presentación de solicitudes no antedito prazo de axudas para as actuacións contidas no artigo 1.4.2.b) das bases reguladoras, exixirá ter presentada a documentación xustificativa da realización da diagnose de situación e usos do mercado prevista no artigo 1.4.2.a) da devanditas bases.

Non poderán acadar a condición de beneficiarios aqueles solicitantes nos cales concorra algunha das circunstancias previstas no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Os concellos deberán cumprir co deber de remisión ao Consello de Contas das contas xerais de cada exercicio nos termos previstos no artigo 4 do Decreto 193/2011, do 6 de outubro, polo que se regulan especialidades nas subvencións ás entidades locais galegas.

  • As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos, a través do formulario normalizado anexo II, dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal

Se algunha das persoas interesadas presenta a súa solicitude presencialmente, requiriráselle para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela en que fose realizada a emenda.

Para a presentación das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).

  • A documentación complementaria presentarase por vía electrónica. As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, cando a relevancia do documento no procedemento o exixa ou existan dúbidas derivadas da calidade da copia, a Administración poderá requirir de maneira motivada a exhibición do documento orixinal para o cotexo da copia electrónica presentada.

  • Non será necesario achegar os documentos que xa foron presentados anteriormente.

Para estes efectos, a persoa interesada deberá indicar en que momento e ante que órgano administrativo presentou os citados documentos. Presumirase que esta consulta é autorizada polas persoas interesadas, salvo que conste no procedemento a súa oposición expresa.

Nos supostos de imposibilidade material de obter o documento, o órgano competente poderá requirirlle á persoa interesada a súa presentación ou, na súa falta, a acreditación por outros medios dos requisitos a que se refire o documento, con anterioridade á formulación da proposta de resolución.

  • Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude deberase indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente se se dispón del.

  • No caso de que algún dos documentos que se presente de forma electrónica supere os tamaños máximos establecidos ou teña un formato non admitido pola sede electrónica da Xunta de Galicia, permitirase a presentación deste de forma presencial dentro dos prazos previstos e na forma indicada no parágrafo anterior. A información actualizada sobre o tamaño máximo e os formatos admitidos pode consultarse na sede electrónica da Xunta de Galicia.

  • Todos os trámites administrativos que as persoas interesadas deban realizar durante a tramitación deste procedemento deberán ser realizados electronicamente accedendo á Carpeta do cidadán da persoa interesada dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.

 Documentación complementaria necesaria para a tramitación do procedemento.

  • As solicitudes para participar no procedemento de concesión das subvencións presentaranse na forma e no prazo que se indica na convocatoria.

En todo caso, a presentación de solicitude no antedito prazo de axudas para as actuacións contidas no artigo 1.4.2.b) exixirá ter presentada a documentación xustificativa da realización da diagnose de situación e usos do mercado prevista no artigo 1.4.2.a).

  • As entidades interesadas deberán achegar coa solicitude a seguinte documentación:

    • a) Xustificación de que se atopa ao día na rendición de contas xerais diante do Consello de Contas de Galicia, de acordo co previsto no artigo 4.1 do Decreto 193/2011, do 6 de outubro, polo que se regulan especialidades nas subvencións ás entidades locais galegas.

    • b) Certificación do acordo de aprobación polo pleno do concello, ou do órgano municipal que exerza a atribución competencial, do proxecto de investimento, da solicitude de subvención coa súa contía exacta e do plan de financiamento do proxecto.

    • c) Certificación da secretaría da Mesa Local do Comercio en que conste a presentación do proxecto.

No caso de solicitude de actuacións contidas no artigo 1.4.1, deberán achegar:

  • Memoria explicativa que considere aspectos de interese, oportunidade e necesidade do investimento e o programa de execución con especificación das datas de inicio e remate previstas para cada anualidade, se é o caso, acompañado do orzamento desagregado de gastos para cada un deles.

  • No suposto de realización de obras: proxecto ou memoria valorada, asinada por técnico competente, con detalle no nivel de capítulo, das actuacións que se pretenden executar, que incluirá unha reportaxe fotográfica.

No caso de solicitude de actuacións contidas no artigo 1.4.2.a) deberán achegar a estimación dos gastos, orzamento detallado ou factura pro forma dos servizos a contratar.

No caso de solicitude de actuacións contidas no artigo 1.4.2.b) deberán achegar:

  • O proxecto e/ou a memoria-proposta previstas nese punto.

  • A estimación dos gastos, orzamento detallado ou factura pro forma dos servizos que vaian contratar.

  • No caso de realización de obras, proxecto ou memoria valorada, asinada por técnico competente, con detalle no nivel de capítulo, das actuacións que se pretenden executar, que incluirá unha reportaxe fotográfica.

Non será necesario achegar os documentos que xa foran presentados anteriormente. Para estes efectos, a persoa interesada deberá indicar en que momento e ante que órgano administrativo presentou os citados documentos. Presumirase que esta consulta é autorizada polas persoas interesadas, salvo que conste no procedemento a súa oposición expresa. Nos supostos de imposibilidade material de obter o documento, o órgano competente poderá requirirlle á persoa interesada a súa presentación ou, na súa falta, a acreditación por outros medios dos requisitos a que se refire o documento, con anterioridade á formulación da proposta de resolución.

  • A documentación complementaria deberá presentarse electronicamente. As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, a Administración poderá requirir a exhibición do documento orixinal para o cotexo da copia electrónica presentada.

  • Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude deberase indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente se se dispón del.

  • No caso de que algún dos documentos que se vaian presentar de forma electrónica supera os tamaños máximos establecidos ou ten un formato non admitido pola sede electrónica da Xunta de Galicia, permitirase a presentación deste de forma presencial dentro dos prazos previstos e na forma indicada no parágrafo anterior. A información actualizada sobre o tamaño máximo e os formatos admitidos pode consultarse na sede electrónica da Xunta de Galicia.

  • A Dirección Xeral de Comercio e Consumo, a través dos respectivos departamentos territoriais da consellería, poderá solicitar á entidade solicitante cantos informes considere oportunos para a valoración do proxecto.

  • Comprobación de datos.

1. Para a tramitación deste procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos elaborados polas administracións públicas:

  • NIF da entidade solicitante.

  • DNI/NIE da persoa representante da entidade solicitante.

2. No caso de que as persoas interesadas se opoñan a esta consulta, deberán indicalo no cadro correspondente habilitado no formulario de inicio e achegar os documentos.

3. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilita a obtención dos citados datos poderase solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.

Despois de presentar

Prazo de resolución: Un mes

Sentido do silencio: Negativo

Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"

Normativa
  • Ámbito Autonómico
    • Orde do 11 de marzo de 2019 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia non competitiva, de subvencións para o impulso dunha rede de mercados excelentes de Galicia e se procede á súa convocatoria (DOG nº 59 do 26 de marzo de 2019).

    • Extracto da Orde do 11 de marzo de 2019 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia non competitiva, de subvencións para o impulso dunha rede de mercados excelentes de Galicia e se procede á súa convocatoria (DOG nº 59 do 26 de marzo de 2019).

Descargar o contido desta ficha en formato PDF

Outros procedementos relacionados

IN201G

Subvención para o fomento da comercialización da artesanía galega.

Tramitar en liña

Prazo aberto: 18/06/2025 00:00 - 17/07/2025 23:59

IN223B

Obtención/renovación do selo de mercado excelente.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

IN229A

Declaración de concello emprendedor.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

CO300H

Subvención para a creación e lanzamento de plataformas de marketplace para produtos agroalimentarios no medio rural.

Tramitar en liña

Prazo pechado: 07/07/2022 00:00 - 08/08/2022 23:59