Orientámolo/a, paso a paso, para presentar unha solicitude no rexistro electrónico
IN223A - Subvencións aos concellos galegos e ás asociacións e cooperativas de persoas praceiras dos mercados e prazas de abastos para a consecución de mercados de excelencia.
Obxecto
Esta orde ten por obxecto a concesión das subvencións para actuacións en mercados e prazas de abastos na consecución e consolidación do selo de mercado excelente, a posta en marcha de actuacións que aproveiten as sinerxías xeradas polos camiños de Santiago, e a mellora dos recintos onde se desenvolva o comercio non sedentario.
O procedemento de concesión destas subvencións tramitarase en réxime de concorrencia competitiva.
En concreto, considéranse actuacións subvencionables as que a continuación se especifican, sempre que estas sexan realizadas desde o 1 de xaneiro de 2017 ata a data límite de xustificación establecida no artigo 19. Todos os investimentos deberán estar plenamente realizados, operativos e verificables na data límite de xustificación das actuacións.
- Concellos: mercados e prazas de abastos con selo de mercado excelente.
Considéranse actuacións subvencionables os investimentos en mercados e prazas de abastos que teñan concedido o selo de mercado excelente, de acordo coa Orde do 4 de xaneiro de 2017, pola que se regula o procedemento para a obtención do Selo de Mercado Excelente na Comunidade Autónoma de Galicia, e que constitúan un valor engadido neles.
En concreto, considéranse actuacións subvencionables:
a) Acondicionamento das instalacións: mellora da imaxe, instalación de sistemas de climatización, de sistemas de illamento térmico e/ou acústico que reduza o impacto de ruídos, establecemento de sistemas de recollida de auga.
b) Creación e/ou mellora de servizos para clientes: servizo de carros da compra, adecuación e/ou creación de zonas de descanso, tales como espazos infantís, salas de lactancia e outros, creación dun servizo de repartición a domicilio con persoal maker, instalación de consigna frigorífica, de servizo de cociñado de produtos.
c) Creación e/ou mellora doutros servizos: instalación de pantallas de información, servizo automático de turno, planos de situación do edificio «vostede está aquí», rede Wifi, posta en marcha de novos sistemas de comercialización que combinen o comercio online e offline e implantación e/ou actualización de páxinas web dirixidas a mellorar a comercialización dos produtos que conten con tenda online e pasarela de pagamento.
d) Loxística e comercialización do produto, a súa presentación: creación dun packaging propio do mercado adecuado ás características específicas dos produtos, incluídos sistemas de envasado ao baleiro.
e) Creación ou mellora de aparcadoiros para vehículos e/ou bicicletas, sempre que sexan contiguos ás instalacións do mercado ou praza de abastos.
f) Actuacións de conservación, mantemento, reposición e mellora previstas nas fases I e II.
Para estas actuacións, a porcentaxe subvencionable acadará o 70 % do investimento, cun máximo de 60.000,00 euros de subvención por solicitante, agás as actuacións en novos sistemas de comercialización, que terán unha subvención máxima de 6.000,00 euros.
- Concellos: mercados e prazas de abastos que non conten co selo de mercado excelente.
Considéranse actuacións subvencionables os investimentos realizados en mercados e prazas de abastos para unha mellora progresiva ata acadar as condicións de calidade exixidas para obter o selo de mercado excelente de acordo coa Orde do 4 de xaneiro de 2017.
Segundo o grao de cumprimento dos requisitos mínimos e obrigatorios para acadar a excelencia, os mercados e prazas de abastos poderán atoparse nas seguintes fases:
Fase I: mercados ou prazas de abastos que precisan facer actuacións para a recuperación do estado físico do edificio.
Fase II: mercados ou prazas de abastos que tiñan realizadas as actuacións consideradas subvencionables na fase precedente.
En concreto, consideraranse subvencionables as seguintes actuacións:
Fase II.
a) Acondicionamento das instalacións: reforma integral e adaptación dos baños para os clientes, instalación de cámaras adaptadas ás normativas vixentes, instalación de consignas, creación ou acondicionamento dun punto de información ou oficina de información ao cliente debidamente sinalizado e situado preferentemente nunha zona de visibilidade e acceso, creación dun ecopunto, instalación de sistemas de calidade de aire e de impacto de cheiros, instalación de elementos de redución do impacto da radiación solar, creación e acondicionamento dun espazo multifuncional para actividades que complementen a actividade comercial e rotulación exterior.
b) Interiorismo: execución dun deseño de disposición interna por seccións ou produtos diferenciados, adecuación dos interiores para acadar unha imaxe integral e homoxénea dos postos de venda e áreas comúns, sinalización e rotulación interior, creación de logotipo e de imaxe corporativa común.
c) Elementos de exposición de identificación de produtos e de prezos, elementos para a exposición de produtos adecuados á tipoloxía do produto e cunha imaxe coidada e homoxénea, e indumentaria dos praceiros acorde coa imaxe corporativa da praza.
d) Implantación de novos sistemas de comercialización e información a o consumidor que impliquen a utilización das redes sociais para a venda.
Para estas actuacións, a porcentaxe subvencionable acadará o 50 % do investimento, cun máximo de 40.000,00 euros de subvención por solicitante, agás as actuacións en novos sistemas de comercialización, que terán unha subvención máxima de 6.000,00 euros.
Os concellos que soliciten actuacións desta fase en ningún caso poderán solicitar as contidas na fase I.
Fase I.
Acondicionamento do edificio e das instalacións: arranxo de elementos estruturais, de cubertas, de fachadas interiores e/ou exteriores cunha imaxe integral e homoxénea, adaptación de accesos, instalación de solo antiesvarante e de sistemas de iluminación acorde cos produtos expostos e compatibles coa eficiencia enerxética.
Para estas actuacións, a porcentaxe subvencionable acadará o 30 % do investimento, cun máximo de 20.000,00 euros de subvención por solicitante.
Os concellos que soliciten actuacións desta fase en ningún caso poderán solicitar as contidas na fase II.
- Concellos: investimentos para a adecuación física ou mellora de construcións existentes destinadas a mercados tradicionais e ambulantes de apertura periódica.
Para estas actuacións a porcentaxe subvencionable acadará o 50 % do investimento, cun máximo de 20.000 euros por solicitante.
- Asociacións e cooperativas de persoas praceiras dos mercados e prazas de abastos.
Consideraranse subvencionables as seguintes actuacións:
Investimentos recollidos no artigo 4.2.1. A porcentaxe subvencionable acadará o 50 % do investimento, cun máximo de 40.000,00 euros de subvención por solicitante, agás as actuacións en novos sistemas de comercialización, que terán unha subvención máxima de 6.000,00 euros.
Investimentos realizados polas asociacións e cooperativas de persoas praceiras dos mercados e prazas de abastos situados en concellos polos cales discorran os camiños de Santiago, que teñan por finalidade a creación de lotes de produtos con packaging específico ou merchandising relacionado co Camiño, así como a posta en marcha de actuacións que permitan aos mercados aproveitar as sinerxías xeradas por este. Todas elas teñen que incluír a imaxe corporativa co logo «Mercados no Camiño», que será facilitada pola Dirección Xeral de Comercio e Consumo.
Para estas actuacións, a porcentaxe subvencionable acadará o 50 % do investimento, cun máximo de 1.000,00 euros de subvención por solicitante.
Os investimentos nas actuacións subvencionables previstas no punto 4.1, 4.2 e 4.4.1 requiren a inclusión, por parte da entidade solicitante, da realización de actuacións de asesoramento-formación dirixidas ao mentoring comercial, aumento da rendibilidade do punto de venda con técnicas de visual merchandising, colocación do produto e atención ao cliente. Esta actividade, de obrigado cumprimento para o cobramento da subvención, de non incluirse na solicitude, enténdese que será financiada polo beneficiario na súa totalidade.
- Actuacións e gastos non subvencionables:
a) Custos relativos á adquisición de bens inmobles e/ou ao seu mantemento, así como alugamento de locais.
b) Custos relativos á redacción de proxectos técnicos que non impliquen a súa execución.
c) Custos relativos a obras de construción de mercados e prazas de abastos.
d) Custos relativos a obras coa única finalidade de corrixir defectos ou patoloxías que non melloren a estética e funcionalidade do edificio e se non se integran nun plan para acadar a excelencia do mercado.
e) Custos de toda clase de persoal, agasallos promocionais, premios, trofeos, gastos de representación e a realización de recepcións e actos análogos.
f) Campañas de promoción ou calquera outra actuación que teña por finalidade o patrocinio, colaboración ou axuda económica que comporten actividades lúdicas, turísticas, de exaltación gastronómica ou similares, así como as actuacións promovidas polas asociacións ou cooperativas de persoas praceiras das prazas de abastos, agás as actuacións previstas no artigo 1,.4.4.2.
g) Os impostos recuperables ou repercutibles polo/a beneficiario/a.
h) Aquelas que non estean directamente vinculadas coa realización da actuación subvencionable.
A quen vai dirixido?
Poderán ser beneficiarios/as das subvencións, sen prexuízo de reuniren os demais requisitos establecidos nestas bases, os concellos galegos e as asociacións e cooperativas de persoas prateiras, legalmente constituídas, dos mercados e prazas de abastos de Galicia.
Requisitos
Non poderán acadar a condición de beneficiarios aqueles solicitantes nos cales concorra algunha das circunstancias previstas no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
A onde acudir
Xunta de Galicia
Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación
Xefatura Territorial da Consellería de Economía, Industria e Innovación de Ourense
Curros Enríquez, 1º - 4º
32003 Ourense (Ourense)
Teléfono: 988386712 / 988386717
Fax: 988386727
Email: axudas-IN223.cei.ou@xunta.es
Xunta de Galicia
Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación
Xefatura Territorial da Consellería de Economía, Industria e Innovación de Lugo
Ronda da Muralla, 70
27071 Lugo (Lugo)
Teléfono: 982294938 / 982294670
Fax: 982294681
Email: axudas-IN223.cei.lu@xunta.es
Xunta de Galicia
Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación
Xefatura Territorial da Consellería de Economía, Industria e Innovación da Coruña
R/ Vicente Ferrer, 2
15071 Coruña, A (Coruña, A)
Teléfono: 981184962 / 981184914
Fax: 981184790
Email: axudas-IN223.cei.co@xunta.es
Xunta de Galicia
Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación
Dirección Xeral de Comercio e Consumo
Subdirección Xeral de Comercio
Servizo de Promoción Comercial e da Artesanía
Edificios Administrativos. San Caetano, 3º planta
15781 Santiago de Compostela (Coruña, A)
Teléfono: 981545596
Fax: 981545541
Email: cei.dxc.axudas@xunta.gal
012 (desde o resto do Estado 902 12 00 12)
Xunta de Galicia
Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación
Xefatura Territorial da Consellería de Economía, Industria e Innovación de Pontevedra
Servizo de Coordinación Industrial de Vigo
Praza da Estrela, s/n
36201 Vigo (Pontevedra)
Teléfono: 986817550 / 986817557
Fax: 986817580
Email: invigo@xunta.es
Órgano responsable
Servizo de Promoción Comercial e da Artesanía
Normativa
Ámbito Autonómico
Orde do 12 de abril de 2017 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das subvencións aos concellos galegos, ás asociacións e ás cooperativas de persoas praceiras dos mercados e prazas de abastos para a consecución de mercados de excelencia, e se procede á súa convocatoria para o ano 2017 (DOG nº 81 do 27 de abril de 2017).
Prazo
Prazo de presentación: PECHADO
28/04/2017 00:00 - 29/05/2017 23:59
Un mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.
Documentación para a presentación
- Xunto coa solicitude, anexo II, deberá presentarse a documentación que se refire a continuación:
- Concellos:
- a) Xustificar que se atopa ao día na rendición de contas xerais diante do Consello de Contas de Galicia, de acordo co previsto no artigo 4.1 do Decreto 193/2011, do 6 de outubro, polo que se regulan especialidades nas subvencións ás entidades locais galegas.
- b) Certificación do acordo de aprobación polo pleno do Concello ou do órgano municipal que teña a atribución competencial, do proxecto de investimento, da solicitude de subvención coa súa contía exacta e do plan de financiamento do proxecto.
- c) Declaración responsable do estado actual do equipamento de que se trate e, se é o caso, detalle das súas instalacións, antigüidade, capacidade comercial e adecuación entre necesidades e funcións que cumpre, incluíndo a fase en que se atopa das reflectidas nesta orde.
- Concellos:
- d) Certificación acreditativa da dispoñibilidade dos inmobles ou das vías en que estea previsto realizar o investimento, segundo os casos.
- e) Memoria explicativa que considere os seguintes aspectos:
– Interese, oportunidade e necesidade do investimento.
– Programa de execución con especificación das datas de inicio e remate previstas, acompañado do orzamento desagregado de gastos.
– Indicación da existencia de ordenanza reguladora, horario do servizo, número total de postos de venda, diferenciando a súa situación, sexa interior ou exterior e por tipo de produto, así como o número dos ocupados, segundo modelo normalizado do anexo II. - f) Reportaxe fotográfica do estado actual onde se proxecta o investimento, incluíndo, se é o caso, os establecementos comerciais afectados.
- g) Declaración responsable de estar ao día no cumprimento das súas obrigas coa Axencia Estatal da Administración Tributaria, a Tesouraría Xeral da Seguridade Social e a Consellería de Facenda, segundo o modelo normalizado do anexo II.
- h) Proxecto ou memoria valorada, asinada por técnico competente, con detalle no nivel de capítulo, das actuacións que se pretenden executar.
- i) Certificación da secretaría da Mesa Local do Comercio en que conste a presentación do proxecto.
- j) En investimentos de espazos destinados a mercados tradicionais e ambulantes de apertura periódica, certificado do órgano competente do concello acreditativo da realización neses espazos da devandita actividade comercial de xeito habitual e periódica, indicando, así mesmo, as datas de realización.
- Asociacións e cooperativas de persoas praceiras:
- a) Acta, escritura ou documento de constitución e estatutos e modificacións posteriores da entidade solicitante, se é o caso, acreditación da súa inscrición no rexistro correspondente.
- b) Poder suficiente de quen represente a entidade solicitante.
- c) Certificado expedido pola persoa que exerza a secretaría ou representación da asociación ou cooperativa de persoas praceiras que acredite a relación de asociados ou cooperativistas que a integran, indicando o seu NIF.
- d) Certificación do acordo de aprobación pola asociación ou cooperativa do proxecto de investimento, da solicitude de subvención coa súa contía exacta e do plan de financiamento do proxecto.
- e) De ser o caso, certificación do acordo de aprobación polo órgano municipal que teña a atribución competencial para autorizar o proxecto de investimento da solicitude de subvención.
- f) Certificación da secretaría da Mesa Local do Comercio en que conste a presentación do proxecto.
- g) Memoria de cada unha das actividades para as cales se solicita subvención, que incluirá a súa descrición, obxectivos e valoración das actuacións que se pretenden executar.
– Para solicitudes dos investimentos do artigo 1.4.4.1, proxecto ou memoria valorada, asinada por técnico competente, con detalle no nivel de capítulo, das actuacións que se pretenden executar.
– Para solicitudes dos investimentos do artigo 1.4.4.2, facturas ou, na súa falta, facturas pro forma ou orzamento detallado de gastos previstos para a realización de cada unha das actividades para as cales se solicita subvención. Non terán a consideración de orzamentos as estimacións de gastos realizadas polo solicitante e que carezan do soporte da oferta do provedor ou tarifa oficial do gasto, nin se admitirán aqueles orzamentos que non presenten a suficiente desagregación para determinar o carácter subvencionable dos conceptos relacionados nel. - h) Para os efectos sinalados no artigo 10 destas bases achegarase certificación do órgano competente da entidade en que se enumeren e describan as actuacións complementarias de dinamización en relación co Camiño de Santiago ao longo do ano 2016, que en ningún caso será obxecto de requirimento.
- As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal
Se algunha das persoas interesadas presenta a súa solicitude presencialmente, requiriráselle para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela en que fose realizada a emenda.
Para a presentación das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365). - Non será necesario achegar os documentos que xa fosen presentados anteriormente. Para estes efectos, a persoa interesada deberá indicar en que momento e ante que órgano administrativo presentou os citados documentos. Presumirase que esta consulta é autorizada polas persoas interesadas, salvo que conste no procedemento a súa oposición expresa.
Nos supostos de imposibilidade material de obter o documento, o órgano competente poderá requirirlle á persoa interesada a súa presentación ou, na súa falta, a acreditación por outros medios dos requisitos a que se refire o documento, con anterioridade á formulación da proposta de resolución. - A documentación complementaria deberá presentarse electronicamente. As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, a Administración poderá requirir a exhibición do documento orixinal para o cotexo da copia electrónica presentada.
Se algunha das persoas interesadas presenta a documentación complementaria presencialmente, requiriráselle para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación aquela en que fose realizada a emenda. - Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude deberase indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente se se dispón del.
- No caso de que algún dos documentos que se presente de forma electrónica supere os tamaños máximos establecidos ou teña un formato non admitido pola sede electrónica da Xunta de Galicia, permitirase a súa presentación de forma presencial dentro dos prazos previstos e na forma indicada no parágrafo anterior. A información actualizada sobre o tamaño máximo e os formatos admitidos pode consultarse na sede electrónica da Xunta de Galicia.
- No prazo de presentación de solicitudes, entenderase que o prazo vence o día cuxo ordinal coincida co que serviu de partida, que é o de publicación no DOG e, se é festivo, o primeiro día hábil seguinte.
Como podo?
+Localice o procedemento ou servizo na guía de procedementos e servizos, consulte a información do trámite e revise a documentación obrigatoria para presentar a solicitude que figura na pestana "Presentación" no apartado "Documentación para a presentación".
No apartado "Anexos asociados" ten dispoñibles modelos en formato .pdf para aqueles documentos para os que se precisan. Descargue no seu equipo os modelos que deba presentar e cúbraos. Garde ou imprima a un arquivo electrónico de cada modelo cuberto para anexalo posteriormente na presentación.
No caso de que o procedemento non figure na guía, poderá empregar a solicitude xenérica.
Prema en "Tramitar en liña" para iniciar o trámite electrónico.
Identifíquese empregando un certificado electrónico ou Chave365.
Agora xa está dentro do seu espazo persoal "A miña sede".
Cubra o formulario e lembre que pode gardalo para recuperalo máis adiante desde o apartado "Os meus borradores" de "A miña sede".
Cando o teña cuberto, prema en "Continuar".
Anexe a documentación que queira presentar xunto co formulario. Inclúa os modelos cubertos no paso 1.
Pode consultar como enviar ficheiros que non teñen o tamaño ou o formato aceptados por esta sede.
Asine o formulario e a documentación que quere entregar.
Pode facelo cun certificado electrónico empregando a aplicación Autofirma ou, se emprega Chave365, coa clave de sinatura que recibirá no seu móbil.
Descargue o xustificante da presentación.
Poderá tamén acceder a este documento desde o apartado "Os meus expedientes" de "A miña sede".
Consulte como proceder cos documentos de gran tamaño e en distintos formatos
Revise a documentación obrigatoria para o trámite que vai realizar na ficha do procedemento na Guía de procedementos e servizos.
Lembre que este servizo soamente estará disponible desde o espazo "A miña sede" da sede electrónica e naqueles procedementos que teñan habilitados trámites electrónicos posteriores á solicitude cando así o estableza a súa norma reguladora.
Prepare os arquivos electrónicos necesarios e comprobe que utiliza formatos compatibles coa sede: .bmp, .ce3, .cex, .csv, .cte, .dbf, .doc, .docx, .dwg, .dxfn, .hexhash, .inp, .jpg, .ods, .odt, .pd2, .pdf, .pdl, .png, .prj, .shp, .shx, .tiff, .txt, .xls, .xlsx, .xml, .tgd, .kmz, .kml e .gpx
O tamaño máximo do conxunto de documentos achegados a unha presentación en esta sede é de 100 MB, e non se admiten arquivos comprimidos.
Comprobe o tamaño total do conxunto de documentos que precisa achegar:
- Se é inferior a 100 MB pode achegar todos os documentos á solicitude
- Se é superior a 100 MB separe os arquivos de máis de 100 MB, agrupe o resto en subconxuntos de documentos que non superen os 100 MB e proceda segundo os seguintes pasos
- Presente a solicitude achegando un subconxunto de documentos de menos de 100 MB.
- Repita o trámite de achega de documentación separada da solicitude para cada un dos subconxuntos restantes de documentos, seguindo estes pasos:
- Unha vez finalizada a presentación acceda ao apartado "Os meus expedientes" de "A miña sede", seleccione o expediente da solicitude que acaba de realizar, pulse na opción "Accións" e seleccione "Achega de documentación separada da solicitude".
- Cubra o formulario e pulse en "continuar"
- Achegue o seguinte subconxunto de documentos
- Asine e complete a achega de documentación separada
- Repita este proceso para cada subconxunto de documentos de menos de 100 MB
Se algún arquivo supera individualmente os 100 MB:
- Proceda segundo se explica nos pasos anteriores para o resto de arquivos
- Descargue no seu equipo o modelo xenérico para a achega de documentación separada
- Cubra o modelo, indicando o expediente ou número de rexistro de entrada da solicitude electrónica realizada e a unidade responsable do procedemento
- Imprima o modelo e presénteo de forma presencial, xunto coa documentación en formato físico -CD, DVD, USB-, en calquera das oficinas de rexistro
Resolución
Prazo de resolución: Tres meses
Sentido do silencio: Negativo
Como podo?
+Consulte como responder a un requirimento de emenda de documentación
Revise a documentación obrigatoria para o trámite que vai realizar na ficha do procedemento na Guía de procedementos e servizos. Na pestana "Presentación", no apartado "Documentación para a presentación" figura o listado de documentos requiridos para a presentación. No apartado "Anexos asociados" ten dispoñibles os modelos en formato .pdf para aqueles documentos para os que se precisan.
Descargue no seu equipo os modelos que deba presentar e cúbraos. Garde ou imprima a un arquivo electrónico cada modelo cuberto para anexalo posteriormente na presentación.
Acceda ao seu espazo persoal "A miña sede". Identifíquese empregando un certificado electrónico ou Chave365. Busque o expediente relacionado co requirimento e seleccione no menú "Acción" da dereita a opción "Emenda ao requirimento".
* No caso de que o expediente non apareza no seu espazo persoal, ou a opción "Emenda ao requirimento" non estivese dispoñible para ese expediente, poderá realizar electronicamente a emenda utilizando a solicitude xenérica.
Cubra o formulario indicando os datos ou documentos achegados para a emenda.
Anexe os documentos que queira presentar. Inclúa os modelos cubertos no paso 1.
Asine o formulario e os documentos que vai entregar para a emenda.
Pode facelo con certificado electrónico utilizando a aplicación Autofirma ou, se emprega Chave365, coa clave de sinatura que recibirá nunha mensaxe no seu móbil.
Descargue o xustificante de presentación da emenda.
Poderá acceder en calquera momento aos seus xustificantes electrónicos desde o seu espazo persoal "A miña sede".
Coñeza como achegar documentación xustificativa a un expediente en curso
Revise a documentación obrigatoria para o trámite que vai realizar na ficha do procedemento na Guía de procedementos e servizos.
Na pestana "Despois da presentación", no apartado "Xustificación" figura o listado de documentos requiridos para a xustificación. No apartado "Anexos asociados" ten dispoñibles os modelos en formato .pdf para aqueles documentos para os que se precisan.
Descargue no seu equipo os modelos que deba presentar e cúbraos.
Garde ou imprima a un arquivo electrónico cada modelo cuberto para anexalo posteriormente na presentación.
Acceda ao seu espazo persoal "A miña sede".
Identifíquese empregando un certificado electrónico ou Chave365.
Busque o expediente para o que precisa achegar documentación xustificativa. No menú "Acción" que aparece á dereita seleccione a opción "Achega de documentación xustificativa".
* No caso de que o expediente non apareza no seu espazo persoal, ou a opción "Achega de documentación xustificativa" non estivese dispoñible para ese expediente, poderá realizar electronicamente a xustificación utilizando a solicitude xenérica.
Cubra o formulario.
Indique os documentos que achega para a xustificación.
Anexe os documentos que queira presentar para a xustificación. Inclúa os modelos cubertos no paso 1.
Asine o formulario e os documentos que vai entregar para a xustificación.
Pode facelo con certificado electrónico utilizando a aplicación Autofirma ou, se emprega Chave365, coa clave de sinatura que recibirá nunha mensaxe no seu móbil.
Descargue o xustificante de presentación da xustificación.
Poderá acceder en calquera momento aos seus xustificantes electrónicos desde o seu espazo persoal "A miña sede".
Todos os seus expedientes, presentacións e borradores en "A miña sede"
Para xestionar os seus expedientes o primeiro que debe facer é acceder o seu espazo persoal premendo en "A miña sede" e, a continuación, identificarse empregando calquera dos certificados admitidos nesta sede ou Chave365.
Poderá ver na súa bandexa de entrada os seus últimos expedientes, presentacións e borradores.
Verá en pantalla información detallada de cada expediente ou presentación (número de expediente/rexistro, código e nome do procedemento etc.).
Se desexa ver todos os seus expedientes e presentacións, prema no botón "Ver todos/Buscar".
Ao acceder á pantalla de busca, pode buscar expedientes ou borradores por distintos criterios ou localizalos directamente se coñece o código de acceso.
Poderá realizar accións concretas sobre un expediente (achegar documentación adicional, mellorar unha solicitude, modificar os seus datos de notificación etc.) desde:
- A bandexa de entrada dos seus últimos expedientes, presentacións e borradores, premendo o botón "Acción" da columna "Que podo facer?"
- O detalle do expediente electrónico, premendo directamente nas accións dispoñibles da columna "Que podo facer?"