Orientámolo/a, paso a paso, para presentar unha solicitude no rexistro electrónico
IN203A - Autorización comercial autonómica.
Este decreto ten por obxecto regular o procedemento para a obtención da autorización comercial autonómica, en desenvolvemento do disposto na Lei 13/2010, do 17 de decembro, do comercio interior de Galicia.
Unicamente precisará autorización comercial autonómica a instalación, a ampliación e o traslado dos establecementos comerciais individuais ou colectivos que, destinándose ao comercio retallista de calquera clase de artigos, teñan unha incidencia ambiental, territorial, urbanística e no sistema viario que transcenda o termo municipal en que se localicen, pola súa magnitude, importancia e características.
Que os establecementos comerciais individuais ou colectivos que, destinándose ao comercio retallista de calquera clase de artigos, teñan unha incidencia ambiental, territorial, urbanística e no sistema viario que transcenda o termo municipal en que se localicen, pola súa magnitude, importancia e características.
Para estes efectos, enténdese que unicamente teñen incidencia supramunicipal e, polo tanto, están suxeitos á autorización comercial autonómica, a instalación e o traslado dos establecementos comerciais cuxa superficie útil de exposición e venda ao público sexa igual ou superior a 2.500 metros cadrados, polo impacto territorial, urbanístico, viario e ambiental xerado. Tamén será preceptiva a citada autorización no caso de ampliacións de establecementos comerciais cando a superficie que resulte tras a ampliación sexa igual ou superior a 2.500 metros cadrados.
De acordo co disposto no artigo 29.3 da Lei 13/2010, do 17 de decembro, do comercio interior de Galicia, non precisan de autorización comercial autonómica:
a) Os establecementos individuais dedicados á exposición e á venda de automóbiles, embarcacións e outros vehículos, maquinaria industrial ou agrícola, materiais para a construción e artigos de saneamento, que requiran dun grande espazo físico.
b) Os mercados municipais e os denominados centros comerciais abertos.
Xunta de Galicia
Consellería de Economía, Industria e Innovación
Dirección Xeral de Comercio e Consumo
Subdirección Xeral de Comercio
Servizo de Ordenación
Edificios Administrativos. San Caetano, 3º planta
15781 Santiago de Compostela (Coruña, A)
Teléfono: 981545594
Fax: 981545541
Email: cei.dxcomercio@xunta.es
Servizo de Ordenación
Orde do 22 de outubro de 2015 pola que se adaptan e incorporan á sede electrónica da Xunta de Galicia os procedementos administrativos de prazo aberto da Consellería de Economía, Emprego e Industria (DOG nº 204 do 26 de outubro de 2015).
Lei 13/2010, do 17 de decembro, do comercio interior de Galicia.
Decreto 211/2012, do 25 de outubro, polo que se regula o procedemento para a obtención da autorización comercial autonómica (DOG nº 212 do 7 de novembro de 2012).
Lei 12/2014, do 22 de decembro, de medidas fiscais e administrativas (DOG nº 249 do 30 de decembro de 2014).
Orde do 5 de maio de 2020 pola que se autoriza e se dá publicidade dunha relación de procedementos que, por razóns motivadas, deben continuar coa súa tramitación durante a vixencia do estado de alarma. (DOG nº 90 do 11 de maio de 2020).
Prazo de presentación: Aberto todo o ano
Esta orde entrará en vigor aos vinte días naturais da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.
- Solicitude segundo o Anexo I.
- Xustificante do aboamento das taxas previstas na Lei 6/2003, do 9 de decembro, de taxas, prezos e exaccións reguladoras da Comunidade Autónoma de Galicia.
- Proxecto tecnico do establecemento suxeito a autorización que deberá estar asinado polo profesional competente, visado polo colexio profesional correspondente e axustarse ás exixencias da normativa urbanística que resulte aplicable por razón da situación do establecemento proxectado. Ademais, deberá especificar os seguintes aspectos:
- Superficie construída total, superficie de exposición e venda, así como a destinada aos diferentes usos.
- Plano de localización na cartografía do termo municipal no que se sitúe o establecemento suxeito a autorización, a súa distancia dos diferentes centros urbanos máis próximos e vías principais de acceso desde o propio municipio e os do seu contorno.
- Número de prazas de aparcadoiro con indicación das reservadas a persoas discapacitadas. As prazas de aparcadoiro deberán contar cunha separación mínima entre elas de 20 cm para facilitar a mobilidade das persoas consumidoras e usuarias.
- No caso dos establecementos cualificados como colectivos, a persoa promotora deberá achegar os contratos ou precontratos coas empresas comerciais
que ocupen, como mínimo, o 50% da superficie total do establecemento proxectado.
- Calendario previsto para a realización do proxecto, que non poderá exceder os dous anos desde a obtención da autorización comercial autonómica ata o comezo efectivo da actividade comercial.
- Descrición do tipo de produtos que se comercializarán na nova implantación.
- Estudo integral de mobilidade que deberá ter o seguinte contido mínimo:
- Determinación do tráfico existente en hora punta diaria e semanal no contorno da proxectada localización do establecemento.
- Análise das conexións do centro cos núcleos urbanos máis próximos.
- Análise do incremento de desprazamentos que xerará a nova implantación comercial e a capacidade das infraestruturas e dos medios de transporte colectivo existentes para absorbelos.
- Medidas de mobilidade e medidas ambientais previstas para atender as novas necesidades, mellorar o acceso ao establecemento comercial e mitigar a incidencia do incremento acústico.
- Proposta de solucións axeitadas para a conexión ao sistema de transporte público, ben mediante a modificación ou prolongación de servizos xa existentes, ben mediante a creación de servizos alimentadores, estacionamentos disuasorios e outras medidas similares. Estas propostas incluirán as necesidades infraestruturais inherentes a tales actuacións e unha avaliación tanto dos seus custos como das compensacións de prestación de servizo público inherentes no caso de que estas fosen necesarias, que en ambos os dous casos serán por conta da persoa promotora do centro comercial.
- Valoración económica das medidas de mobilidade propostas. - Memoria da cal resulte o cumprimento da Lei 8/1997, do 20 de agosto, de accesibilidade e supresión de barreiras na Comunidade Autónoma de Galicia, e o seu regulamento, aprobado polo Decreto 35/2000, do 28 de xaneiro.
- Certificado do concello/s ou da/s autoridades competentes en que se acredite a existencia, na data de apertura do establecemento comercial prevista no calendario sinalado no punto 1.e) do artigo 8, dunha ou varias liñas de transporte colectivo que unan os núcleos urbanos máis próximos coa situación xeográfica do establecemento, indicando a cadencia temporal e percorrido. En defecto do anterior, certificado do órgano competente do concello en que se recolla a previsión de posta en marcha dunha ou varias liñas de transporte colectivo conforme o sinalado no parágrafo anterior.
- Garantía da execución das medidas previstas no estudo integral de mobilidade polo importe total da valoración económica sinaladas no propio estudo. Esta garantía poderá prestarse mediante algunha das formas previstas na lexislación de contratos do sector público e será cancelada, de oficio ou por petición do interesado, no momento de denegación da autorización comercial autonómica, no momento de producirse a desistencia ou renuncia, ou no momento de apertura do establecemento comercial autorizado.
- Documento inicial do proxecto para a solicitude de avaliación ambiental, co seguinte contido mínimo:
- Definición, características e localización do proxecto.
- Principais alternativas consideradas e análise dos potenciais impactos de cada unha delas.
- Diagnóstico territorial e do ambiente afectado polo proxecto.
O documento inicial do proxecto deberá identificar o seu autor ou autores co seu nome, apelidos, titulación e documento nacional de identidade. Deberá prever a adopción de medidas positivas de protección e de sustentabilidade ambiental relativas, entre outros, aos seguintes aspectos: contaminación acústica, emisión de gases de efecto invernadoiro, utilización eficiente dos recursos, utilización de fontes de enerxías renovables para o abastecemento e o consumo enerxetico, xeración ou mellora de redes de distribución e loxística propias.
Deberanse establecer, como mínimo, os seguintes elementos:
- Un punto de recarga para vehículos electricos por cada 800 m2 de superficie útil de exposición e venda proxectada.
- Unha redución do peso do vehículo privado VEHPR en desprazamentos ao establecemento comercial inferior a 15 puntos porcentuais.
- Redución dos quilómetros de transporte de mercadorías (KMTRANSMER) mediante a previsión de fórmulas alternativas como a contratación de subministradores locais de mercadorías.
En relación coa produción e xestión dos residuos, o documento ambiental inicial deberá incluír a seguinte información:
a) Descrición dos residuos producidos en cada proceso ou actividade coa seguinte información:
- Codificación dos residuos segundo a Orde MAM/304/2002.
- Estimación da cantidade anual producida, expresada en quilogramos ou toneladas.
- Declaración do destino de cada un dos residuos xerados. No caso de que o residuo se entregue ao servizo público de titularidade municipal, incluirase copia do acordo coa entidade local pola cal esta asume a súa xestión. No caso de que os residuos se entreguen a xestor autorizado, serán informados os xestores autorizados elixidos.
b) Descrición dos sistemas de recollida selectiva de residuos que se ten previsto implantar. Os sistemas de recollida selectiva terán que ter en conta as ordenanzas e os plans municipais e autonómicos de xestión de residuos para o tipo de residuo producido.
c) Descrición do sistema de almacenamento dos residuos, de acordo coas condicións ambientais e de seguridade esixidas pola normativa sectorial específica. Deberase incluír:
- Planos das instalacións con indicación do/s lugar/es de almacenaxe de residuos e un plano detallado da zona de almacenaxe de residuos con indicación da localización dos distintos residuos e fraccións recollidas separadamente.
- Xustificación tecnica detallada da tipoloxía dos almacenamentos. En particular, describiranse as áreas de almacenaxe para cada tipo de residuo, o tipo e as características dos envases e colectores e o encubetado, no caso de que existan.
- Capacidade máxima de almacenaxe expresada en peso ou volume.
- Delimitación física das zonas, se e o caso.
d) No caso da solicitude de autorización comercial autonómica dun establecemento comercial colectivo, os datos relativos aos residuos poderanse facer de xeito separado para cada un dos establecementos comerciais, ou de xeito colectivo para todos os establecementos incluídos nel. Neste último suposto, no proxecto incluirase, ademais dos datos anteriores, un proxecto de explotación do sistema común de recollida e almacenamento de residuos que inclúa, polo menos, os seguintes aspectos:
- Capacidade máxima e normal de almacenaxe de residuos e período previsto de almacenaxe, por tipo de residuo (código LER).
- Descrición dos medios de transporte, manipulación e transporte interno.
e) Plan de mantemento e revisións periódicas das instalacións de xestión de residuos. Especialmente desenvolverase o referente aos controis sistemáticos das medidas de detección, control e corrección da posible contaminación a augas, solo ou atmosfera. - Compromiso de implantación, no prazo non superior a dous anos, dun sistema de xestión ambiental coa inclusión de todos os aspectos e indicadores de seguimento que se establezan na correspondente declaración de impacto ambiental, así como o compromiso de cumprimento dos criterios de sustentabilidade e integración paisaxística establecidos, de ser o caso, pola Xunta de Galicia, para a implantación de establecementos comerciais.
- Compromiso firme a favor dos dereitos das persoas consumidoras e usuarias, tales como a adhesión ao sistema arbitral de consumo e a incorporación de novas tecnoloxías da información que permitan mellorar a información ás persoas consumidoras.
- No caso de ser persoa xurídica: outorgamento de poderes de representación e fotocopia da escritura de constitución da entidade inscrita no rexistro correspondente, así como das súas posteriores modificacións.
- Acreditación, por calquera medio admitido en dereito, da dispoñibilidade dos terreos ou da edificación sobre a cal se pretende exercer a autorización solicitada.
- Certificado de clasificación e cualificación urbanística do solo onde conste a posibilidade do uso comercial do terreo.
- Certificación enerxetica do proxecto de edificación conforme ao disposto na lexislación vixente na materia. A cualificación de eficiencia enerxetica do proxecto debe ser como mínimo da letra B. O certificado de eficiencia enerxetica deberá estar inscrito no Rexistro de Certificados de Eficiencia Enerxetica de Edificios da Comunidade Autónoma de Galicia e deberá estar verificado por unha entidade de control de calidade na edificación acreditada na Comunidade Autónoma de Galicia na área de eficiencia enerxetica.
- As autorizacións pertinentes para a instalación, de ser o caso, de ludotecas e centros de atención á infancia de acordo co disposto, respectivamente, no Decreto 354/2003, do 16 de setembro, polo que se regulan as ludotecas como centros de servizos sociais e se establecen os seus requisitos, e no Decreto 329/2005, do 28 de xullo, polo que se regulan os centros de menores e os centros de atención á infancia.
- Documentación comprobante, de ser o caso, da materialización no establecemento comercial de salas de lactación, de cambiadores de bebes e de repouso para mulleres embarazadas, que deberán contar, como mínimo, co seguinte equipamento:
a) Un mesado con vertedoiro.
b) Un microondas ou un quentabiberóns.
c) Un espazo delimitado para aleitar ou para dar o biberón ou para repouso das mulleres embarazadas con tres ou catro sofás habilitados.
d) Un cambiador de cueiros.
e) Un aseo. - Medidas de carácter social adoptadas en beneficio da comunidade en que se implanta o establecemento comercial.
Máis información
Localice o procedemento ou servizo na guía de procedementos e servizos, consulte a información do trámite e revise a documentación obrigatoria para presentar a solicitude que figura na pestana "Presentación" no apartado "Documentación para a presentación".
No apartado "Anexos asociados" ten dispoñibles modelos en formato PDF para aqueles documentos para os que se precisan. Se os necesita:
- Primeiro descargue no seu equipo os modelos PDF (asegúrese de que están descargados, non abertos no navegador).
- A continuación cubra os modelos. Se algunha táboa ten filas e non son suficientes pode engadilas nese documento descargado.
- Por último garde ou imprima en versión PDF un arquivo electrónico de cada modelo cuberto.
- Asine o documento, se así se require.
- Para finalizar anexe o modelo ou modelos en PDF na súa presentación.
No caso de que o procedemento non figure na guía, poderá empregar a solicitude xenérica.
Prema en "Tramitar en liña" para iniciar o trámite electrónico.
Identifíquese empregando un certificado electrónico ou Chave365.
Agora xa está dentro do seu espazo persoal "A miña sede".
Cubra o formulario e lembre que pode gardalo para recuperalo máis adiante desde o apartado "Os meus borradores" de "A miña sede".
Cando o teña cuberto, prema en "Continuar".
Anexe a documentación que queira presentar xunto co formulario. Inclúa os modelos cubertos no paso 1.
Pode consultar como enviar ficheiros que non teñen o tamaño ou o formato aceptados por esta sede.
Asine o formulario e a documentación que quere entregar.
Pode facelo cun certificado electrónico empregando a aplicación Autofirma ou, se emprega Chave365, coa clave de sinatura que recibirá no seu móbil.
Descargue o xustificante da presentación.
Poderá tamén acceder a este documento desde o apartado "Os meus expedientes" de "A miña sede".
Consulte como proceder cos documentos de gran tamaño e en distintos formatos
Revise a documentación obrigatoria para o trámite que vai realizar na ficha do procedemento na Guía de procedementos e servizos.
Lembre que este servizo soamente estará disponible desde o espazo "A miña sede" da sede electrónica e naqueles procedementos que teñan habilitados trámites electrónicos posteriores á solicitude cando así o estableza a súa norma reguladora.
Prepare os arquivos electrónicos necesarios e comprobe que utiliza formatos compatibles coa sede: .bmp, .ce3, .cex, .csv, .cte, .dbf, .doc, .docx, .dwg, .dxfn, .gpx, .hexhash, .inp, .jpg, .kml, .kmz, .ods, .odt, .pd2, .pdf, .pdl, .png, .prj, .shp, .shx, .tgd, .tiff, .txt, .xls, .xlsx, .xml, .xsig, .mp4, .avi, .mov e .wmv
O tamaño máximo do conxunto de documentos achegados a unha presentación en esta sede é de 100 MB, e non se admiten arquivos comprimidos.
Comprobe o tamaño total do conxunto de documentos que precisa achegar:
- Se é inferior a 100 MB pode achegar todos os documentos á solicitude
- Se é superior a 100 MB separe os arquivos de máis de 100 MB, agrupe o resto en subconxuntos de documentos que non superen os 100 MB e proceda segundo os seguintes pasos
- Presente a solicitude achegando un subconxunto de documentos de menos de 100 MB.
- Repita o trámite de achega de documentación separada da solicitude para cada un dos subconxuntos restantes de documentos, seguindo estes pasos:
- Unha vez finalizada a presentación acceda ao apartado "Os meus expedientes" de "A miña sede", seleccione o expediente da solicitude que acaba de realizar, pulse na opción "Accións" e seleccione "Achega de documentación separada da solicitude".
- Cubra o formulario e pulse en "continuar"
- Achegue o seguinte subconxunto de documentos
- Asine e complete a achega de documentación separada
- Repita este proceso para cada subconxunto de documentos de menos de 100 MB
Se algún arquivo supera individualmente os 100 MB:
- Proceda segundo se explica nos pasos anteriores para o resto de arquivos
- Descargue no seu equipo o modelo xenérico para a achega de documentación separada
- Cubra o modelo, indicando o expediente ou número de rexistro de entrada da solicitude electrónica realizada e a unidade responsable do procedemento
- Imprima o modelo e presénteo de forma presencial, xunto coa documentación en formato físico -CD, DVD, USB-, en calquera das oficinas de rexistro
Prazo de resolución: Tres meses
Sentido do silencio: Positivo
Máis información
Consulte como responder a un requirimento de emenda de documentación
Revise a documentación obrigatoria para o trámite que vai realizar na ficha do procedemento na Guía de procedementos e servizos. Na pestana "Presentación", no apartado "Documentación para a presentación" figura o listado de documentos requiridos para a presentación. No apartado "Anexos asociados" ten dispoñibles os modelos en formato .pdf para aqueles documentos para os que se precisan.
Descargue no seu equipo os modelos que deba presentar e cúbraos. Garde ou imprima a un arquivo electrónico cada modelo cuberto para anexalo posteriormente na presentación.
Acceda ao seu espazo persoal "A miña sede". Identifíquese empregando un certificado electrónico ou Chave365. Busque o expediente relacionado co requirimento e seleccione no menú "Acción" da dereita a opción "Emenda ao requirimento".
* No caso de que o expediente non apareza no seu espazo persoal, ou a opción "Emenda ao requirimento" non estivese dispoñible para ese expediente, poderá realizar electronicamente a emenda utilizando a solicitude xenérica.
Cubra o formulario indicando os datos ou documentos achegados para a emenda.
Anexe os documentos que queira presentar. Inclúa os modelos cubertos no paso 1.
Asine o formulario e os documentos que vai entregar para a emenda.
Pode facelo con certificado electrónico utilizando a aplicación Autofirma ou, se emprega Chave365, coa clave de sinatura que recibirá nunha mensaxe no seu móbil.
Descargue o xustificante de presentación da emenda.
Poderá acceder en calquera momento aos seus xustificantes electrónicos desde o seu espazo persoal "A miña sede".
Coñeza como achegar documentación xustificativa a un expediente en curso
Revise a documentación obrigatoria para o trámite que vai realizar na ficha do procedemento na Guía de procedementos e servizos.
Na pestana "Despois da presentación", no apartado "Xustificación" figura o listado de documentos requiridos para a xustificación. No apartado "Anexos asociados" ten dispoñibles os modelos en formato .pdf para aqueles documentos para os que se precisan.
Descargue no seu equipo os modelos que deba presentar e cúbraos.
Garde ou imprima a un arquivo electrónico cada modelo cuberto para anexalo posteriormente na presentación.
Acceda ao seu espazo persoal "A miña sede".
Identifíquese empregando un certificado electrónico ou Chave365.
Busque o expediente para o que precisa achegar documentación xustificativa. No menú "Acción" que aparece á dereita seleccione a opción "Achega de documentación xustificativa".
* No caso de que o expediente non apareza no seu espazo persoal, ou a opción "Achega de documentación xustificativa" non estivese dispoñible para ese expediente, poderá realizar electronicamente a xustificación utilizando a solicitude xenérica.
Cubra o formulario.
Indique os documentos que achega para a xustificación.
Anexe os documentos que queira presentar para a xustificación. Inclúa os modelos cubertos no paso 1.
Asine o formulario e os documentos que vai entregar para a xustificación.
Pode facelo con certificado electrónico utilizando a aplicación Autofirma ou, se emprega Chave365, coa clave de sinatura que recibirá nunha mensaxe no seu móbil.
Descargue o xustificante de presentación da xustificación.
Poderá acceder en calquera momento aos seus xustificantes electrónicos desde o seu espazo persoal "A miña sede".
Todos os seus expedientes, presentacións e borradores en "A miña sede"
Para xestionar os seus expedientes o primeiro que debe facer é acceder o seu espazo persoal premendo en "A miña sede" e, a continuación, identificarse empregando calquera dos certificados admitidos nesta sede ou Chave365.
Poderá ver na súa bandexa de entrada os seus últimos expedientes, presentacións e borradores.
Verá en pantalla información detallada de cada expediente ou presentación (número de expediente/rexistro, código e nome do procedemento etc.).
Se desexa ver todos os seus expedientes e presentacións, prema no botón "Ver todos/Buscar".
Ao acceder á pantalla de busca, pode buscar expedientes ou borradores por distintos criterios ou localizalos directamente se coñece o código de acceso.
Poderá realizar accións concretas sobre un expediente (achegar documentación adicional, mellorar unha solicitude, modificar os seus datos de notificación etc.) desde:
- A bandexa de entrada dos seus últimos expedientes, presentacións e borradores, premendo o botón "Acción" da columna "Que podo facer?"
- O detalle do expediente electrónico, premendo directamente nas accións dispoñibles da columna "Que podo facer?"