Guía de procedementos e servizos
Ir á sección pai
Detalle procedemento
IN116A
Premios de innovación educativa aos proxectos sobre consumo responsable Galicons-net.
Procedemento dirixido a: Empresas e profesionais
Consellería de Emprego, Comercio e Emigración
Convocar os premios de innovación educativa aos proxectos sobre consumo responsable Galicons-net, para difundir e promover os valores do consumo responsable nos centros docentes da Comunidade Autónoma de Galicia.
Poderán participar nesta convocatoria os centros docentes non-universitarios públicos, privados e concertados da Comunidade Autónoma de Galicia que estean a participar no programa Galicons-net no curso 2025-2026 a través dalgunha destas dúas vías:
a) convocatoria do Plan Proxecta+
b) solicitude formalizada do programa a través do Instituto Galego do Consumo e da Competencia.
Xunta de Galicia
Consellería de Emprego, Comercio e Emigración
Instituto Galego de Consumo e da Competencia (IGC)
Escola Galega de Consumo
Avenida Gonzalo Torrente Ballester, nº 1, 3-5, Baixo
15707 Santiago de Compostela (Coruña, A)
Teléfono: 881999091/ 881999093
Fax: 881999089
Email: igc.escuela@xunta.gal
Prazo de presentación: PECHADO
29/04/2026 00:00 - 05/05/2026 23:59
O prazo para a presentación das solicitudes comezará o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia e rematará o día 5 de maio de 2026.
O centro participante en cada categoría elaborará unha memoria explicativa do traballo desenvolvido. Estará redactada en galego e na súa estrutura contará cos seguintes elementos:
a) Portada, que debe indicar o título do proxecto, a temática de traballo escollida e o nivel educativo do alumnado participante.
b) Índice paxinado.
c) Corpo da memoria, cunha extensión máxima de 5 páxinas (aproximadamente 1.800 caracteres por páxina), que debe explicar de forma resumida as seguintes cuestións relativas ao desenvolvemento do proxecto:
1º. Os materiais e os produtos creados no proxecto.
2º. As distintas fases de elaboración do proxecto e a súa temporización.
3º. Os obxectivos iniciais marcados e o nivel de cumprimento.
4º. O grao de participación dos axentes implicados na realización do proxecto (profesorado, alumnado, familias, resto da comunidade educativa).
5º. As dificultades atopadas polo alumnado no desenvolvemento das tarefas obxecto do proxecto, as aprendizaxes recoñecidas polo propio alumnado e as conclusións obtidas coa realización do proxecto.
d) Anexo bibliográfico, fotográfico e virtual (coas ligazóns ás páxinas nas que se poida visualizar o traballo desenvolto, se é o caso).
Solicitudes
1. As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado (anexo I) dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal.
De conformidade co artigo 68.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, se algunha das persoas interesadas presenta a súa solicitude presencialmente, requiriráselle para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela na que fose realizada a emenda.
2. Para a presentación electrónica poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).
Documentación complementaria
1. As solicitudes de participación irán acompañados da seguinte documentación complementaria:
a) Memoria da participación no proxecto en formato PDF.
b) Documentación, en formato dixital, que permita visualizar o proxecto desenvolvido.
2. A documentación complementaria deberá presentarse electronicamente.
Se algunha das persoas interesadas presenta a documentación complementaria presencialmente, requiriráselle para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación aquela na que fose realizada a emenda.
As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, cando a relevancia do documento no procedemento o exixa ou existan dúbidas derivadas da calidade da copia, a Administración poderá solicitar de maneira motivada o cotexo das copias achegadas pola persoa interesada, para o que poderán requirir a exhibición do documento ou da información orixinal.
3. Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude deberase indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente se se dispón del.
4. No caso de que algún dos documentos que se vaia presentar de forma electrónica superase os tamaños máximos establecidos ou tivese un formato non admitido pola sede electrónica da Xunta de Galicia, permitirase a presentación deste de forma presencial dentro dos prazos previstos e na forma indicada no número anterior. A información actualizada sobre o tamaño máximo e os formatos admitidos pode consultarse na sede electrónica da Xunta de Galicia.
Comprobación de datos
1. Para a tramitación deste procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos en poder da Administración actuante ou elaborados polas administracións públicas, agás que a persoa interesada se opoña á súa consulta:
a) NIF do centro educativo.
b) DNI ou NIE da persoa representante do centro educativo.
c) Certificado de estar ao día nas obrigas tributarias coa AEAT.
d) Certificado de estar ao día no pagamento coa Seguridade Social.
e) Certificado de estar ao día no pagamento das débedas coa Administración pública da Comunidade Autónoma de Galicia.
2. No caso de que as persoas interesadas se opoñan á consulta, deberán indicalo no recadro correspondente habilitado no formulario correspondente e achegar copia dos documentos.
Cando así o exixa a normativa aplicable solicitarase o consentimento expreso da persoa interesada para realizar a consulta.
3. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilitase a obtención dos citados datos, poderase solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.
Trámites administrativos posteriores
Todos os trámites administrativos que as persoas interesadas deban realizar tras a presentación da solicitude deberán ser efectuados electronicamente accedendo á Carpeta cidadá da persoa interesada dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.
Prazo de resolución:
Cinco meses
Sentido do silencio:
Negativo
Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"
-
Ámbito Autonómico
-
Resolución do 21 de abril de 2026, conxunta da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional e do Instituto Galego do Consumo e da Competencia, pola que se convocan os premios de innovación educativa aos proxectos sobre consumo responsable Galicons-net (DOG nº 78 do 28 de abril de 2026).
-
Extracto da Resolución do 21 de abril de 2026, conxunta da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional e do Instituto Galego do Consumo e da Competencia, pola que se convocan os premios de innovación educativa aos proxectos sobre consumo responsable Galicons-net (DOG nº 78 do 28 de abril de 2026).
-
Outros procedementos relacionados
Concurso público sobre consumo responsable: Consumópolis.
Prazo pechado: 28/04/2026 00:00 - 05/05/2026 23:59
Concurso de carteis do día mundial dos dereitos das persoas consumidoras.
Tramitar en liña
Este procedemento únicamente pode ser iniciado utilizando Internet Explorer.
Disculpe as molestias que poida ocasionarlle.
Prazo pechado: 16/03/2016 00:00 - 15/04/2016 23:59
Bolsa de formación na Escola Galega de Consumo.
Prazo pechado: 14/01/2020 00:00 - 13/02/2020 23:59
Bolsa de formación no Instituto Galego do Consumo e da Competencia para o programa de traballo do Consello Galego de Consumidores e Usuarios.
Prazo pechado: 14/01/2020 00:00 - 13/02/2020 23:59