Guía de procedementos e servizos

IN116A

Premios de innovación educativa aos proxectos sobre consumo responsable Galicons-net.

Procedemento dirixido a: Empresas e profesionais

Convocatoria 2025 - Prazo pechado: 04/06/2025 00:00 - 17/06/2025 23:59

Consellería de Emprego, Comercio e Emigración

Regular e convocar os premios de innovación educativa aos proxectos sobre consumo responsable Galicons-net, para difundir e promover os valores do consumo responsable nos centros docentes da Comunidade Autónoma de Galicia.

Poderán participar nesta convocatoria os centros docentes non-universitarios públicos, privados e concertados da Comunidade Autónoma de Galicia que estean a participar no programa Galicons-net no curso 2024/25 a través dalgunha destas dúas vías: a) convocatoria do Plan Proxecta; b) solicitude formalizada do programa a través do Instituto Galego do Consumo e da Competencia.

Xunta de Galicia

Consellería de Emprego, Comercio e Emigración

Instituto Galego de Consumo e da Competencia (IGC)

Escola Galega de Consumo

Avenida Gonzalo Torrente Ballester, nº 1, 3-5, Baixo

15707  Santiago de Compostela  (Coruña, A)

Teléfono: 881999091/ 881999093

Fax: 881999089

Email: igc.escuela@xunta.gal

http://consumo.xunta.gal

Instituto Galego de Consumo e da Competencia (IGC)

Prazo de presentación: PECHADO

04/06/2025 00:00 - 17/06/2025 23:59

As solicitudes presentaranse no prazo de 10 días hábiles, que contarán desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

O centro participante en cada categoría elaborará unha memoria explicativa do traballo desenvolvido. Estará redactada en galego e na súa estrutura contará cos seguintes elementos:

a) Portada, que debe indicar o título do proxecto, a temática de traballo escollida e o nivel educativo do alumnado participante.

b) Índice paxinado.

c) Corpo da memoria, cunha extensión máxima de 5 páxinas (aproximadamente 1.800 caracteres por páxina), que debe explicar de forma resumida as seguintes cuestións relativas ao desenvolvemento do proxecto:

1º. Os materiais e os produtos creados no proxecto.

2º. As distintas fases de elaboración do proxecto e a súa temporización.

3º. Os obxectivos iniciais marcados e o nivel de cumprimento.

4º. O grao de participación dos axentes implicados na realización do proxecto (profesorado, alumnado, familias, resto da comunidade educativa).

5º. As dificultades atopadas polo alumnado no desenvolvemento das tarefas obxecto do proxecto, as aprendizaxes recoñecidas polo propio alumnado e as conclusións obtidas coa realización do proxecto.

d) Anexo bibliográfico, fotográfico e virtual (coas ligazóns ás páxinas en que se poida visualizar o traballo desenvolto, se é o caso).

Solicitudes

1. As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado (anexo I) dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia https://sede.xunta.gal. De conformidade co artigo 68.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, se algunha das persoas interesadas presenta a súa solicitude presencialmente, requiriráselle para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela en que fose realizada a emenda.

2. Para a presentación electrónica poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).

Documentación complementaria

1. As solicitudes de participación irán acompañados da seguinte documentación complementaria:

a) Memoria da participación no proxecto en formato PDF.

b) Documentación, en formato dixital, que permita visualizar o proxecto desenvolvido.

2. A documentación complementaria deberá presentarse electronicamente.

Se algunha das persoas interesadas presenta a documentación complementaria presencialmente, requiriráselle para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación aquela en que fose realizada a emenda.

As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, cando a relevancia do documento no procedemento o exixa ou existan dúbidas derivadas da calidade da copia, a Administración poderá solicitar, de maneira motivada, o cotexo das copias achegadas pola persoa interesada, para o que poderán requirir a exhibición do documento ou da información orixinal.

3. Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude deberase indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente se se dispón del.

4. No caso de que algún dos documentos a presentar de forma electrónica supere os tamaños máximos establecidos ou teña un formato non admitido pola sede electrónica da Xunta de Galicia, permitirase a presentación deste de forma presencial dentro dos prazos previstos e na forma indicada no número anterior. A información actualizada sobre o tamaño máximo e os formatos admitidos pode consultarse na sede electrónica da Xunta de Galicia.

Comprobación de datos

1. Para a tramitación deste procedemento consultaranse automaticamente os documentos relacionados a continuación e que serán obxecto de consulta polas administracións públicas, agás que a persoa interesada se opoña á súa consulta:

a) DNI ou NIE da persoa representante.

b) Certificado de estar ao día no pagamento coa Seguridade Social.

c) Certificado de estar ao día no pagamento das débedas coa Administración pública da Comunidade Autónoma de Galicia.

2. Consentimento para a comprobación de datos. A persoa interesada autoriza a consulta a outras administracións públicas dos seguintes datos e de non facelo, deberá achegar o documento correspondente:

a) NIF da entidade solicitante.

b) Certificado de estar ao día nas obrigas tributarias coa AEAT.

3. No caso de que as persoas interesadas se opoñan á consulta, deberán indicalo no recadro correspondente habilitado no formulario correspondente e achegar copia os documentos.

Cando así o exixa a normativa aplicable, solicitarase o consentimento expreso da persoa interesada para realizar a consulta.

4. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilitase a obtención dos citados datos, poderase solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.

Trámites administrativos posteriores á presentación de solicitudes

Todos os trámites administrativos que as persoas interesadas deban realizar trala presentación da solicitude deberán ser efectuados electronicamente accedendo á Carpeta cidadá da persoa interesada dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.

Prazo de resolución:

Cinco meses

Sentido do silencio:

Negativo

Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"

  • Ámbito Autonómico
    • Resolución do 20 de maio de 2025, conxunta da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional e do Instituto Galego do Consumo e da Competencia, pola que se convocan os premios de innovación educativa aos proxectos sobre consumo responsable Galicons-net (DOG nº 104 do 3 de xuño de 2025).

    • Extracto da Resolución do 20 de maio de 2025, conxunta da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional e do Instituto Galego do Consumo e da Competencia, pola que se convocan os premios de innovación educativa aos proxectos sobre consumo responsable Galicons-net (DOG nº 104 do 3 de xuño de 2025).

Outros procedementos relacionados

IN114A

Concurso público sobre consumo responsable: Consumópolis.

Tramitar en liña

Prazo pechado: 20/05/2025 00:00 - 23/05/2025 23:59

IN115A

Concurso de carteis do día mundial dos dereitos das persoas consumidoras.

Tramitar en liña

Prazo pechado: 16/03/2016 00:00 - 15/04/2016 23:59

IN117A

Bolsa de formación na Escola Galega de Consumo.

Tramitar en liña

Prazo pechado: 14/01/2020 00:00 - 13/02/2020 23:59

IN118A

Bolsa de formación no Instituto Galego do Consumo e da Competencia para o programa de traballo do Consello Galego de Consumidores e Usuarios.

Tramitar en liña

Prazo pechado: 14/01/2020 00:00 - 13/02/2020 23:59