Guía de procedementos e servizos
Ir á sección pai
Detalle procedemento
IG535A
Marco de apoio ao acceso ao crédito das pequenas e medianas empresas (financiamento Igape-Pemes).
Procedemento dirixido a: Cidadáns, Empresas e profesionais
Consellería de Economía e Industria
Estas bases regulan as condicións e o procedemento de tramitación do marco de apoio ao acceso ao crédito das pequenas e medianas empresas, instrumentadas mediante convenio de colaboración entre o Instituto Galego de Promoción Económica (Igape), as sociedades de garantía recíproca (SGR) e as entidades de crédito adheridas (financiamento Igape-pemes), que se desagrega nas liñas de financiamento específicas detalladas no anexo I.
As pequenas e medianas empresas.
Xunta de Galicia
Consellería de Economía e Industria
Instituto Galego de Promoción Económica - Igape
Complexo Administrativo San Lázaro s/n
15707 Santiago de Compostela (Coruña, A)
Teléfono: 900815151
Prazo de presentación: PECHADO
30/06/2021 00:00 - 30/09/2021 23:59
O prazo de presentación de solicitudes comezará o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia e finalizará o 30 de setembro de 2021, agás que se produza o suposto de esgotamento do crédito.
1. Poderán ser beneficiarias das axudas reguladas nestas bases as pequenas e medianas empresas, segundo a definición establecida pola Comisión Europea no anexo I do Regulamento (UE) nº 651/2014 (DOUE L 187, do 26 de xuño), da Comisión, do 17 de xuño, polo que se declaran determinadas categorías de axuda compatibles co mercado interior en aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado UE, que cumpran os seguintes requisitos:
a) Teñan o seu domicilio fiscal e desenvolvan a súa actividade económica en Galicia.
b) Cumpran os requisitos e as condicións establecidos para a correspondente liña de financiamento que se detallan no anexo I.
2. Tamén poderán acceder á condición de beneficiario as persoas físicas, as agrupacións de persoas físicas ou xurídicas, as comunidades de bens, as sociedades civís ou calquera outro tipo de unidade económica ou patrimonio separado que, aínda carecendo de personalidade xurídica, cumpran os requisitos do anterior número 1.
Neste caso deberán facerse constar expresamente, tanto na solicitude como na resolución de concesión, os compromisos de execución asumidos por cada membro da agrupación, así como o importe da axuda que se vai aplicar por cada un deles, que terán igualmente a consideración de beneficiarios. En calquera caso, deberá nomearse un representante ou apoderado único con poder suficiente para cumprir as obrigas que como beneficiaria lle correspondan á agrupación. Non poderá disolverse a agrupación ata que transcorra o prazo de prescrición de catro anos previsto no artigo 35 e 63 da Lei 9/2007. A operación financeira deberá estar formalizada a nome da entidade e deberá ser asinada por cada un dos seus membros. No caso das cooperativas, o préstamo poderá estar asinado por un representante da entidade, logo de autorización dela, ou polos cooperativistas, que asumirán a débeda en proporción da súa porcentaxe de participación.
3. Considéranse atendibles todas as actividades, salvo as que expresamente se exclúan, se é o caso, para cada liña de financiamento conforme o recollido no anexo I. En todo caso, exclúense as que a seguir se relacionan:
a) A fabricación de armamento, armas e municións, as instalacións ou infraestruturas militares ou policiais e o material ou as infraestruturas destinados a limitar os dereitos individuais ou a liberdade das persoas (cárceres e centros de detención de todo tipo).
b) Os xogos de azar coas instalacións conexas.
c) A produción, transformación ou distribución de tabaco.
d) As actividades cuxo impacto sobre o ambiente só pode ser atenuado ou compensado en moi escasa medida.
e) As actividades que poidan ser controvertidas por razóns de orde moral ou ética.
f) As actividades cuxo único propósito sexa a promoción inmobiliaria.
As axudas financeiras que se concedan ao abeiro destas bases terán a consideración de axuda de minimis e cumprirán co establecido no Regulamento (UE) nº 1407/2013, da Comisión, do 18 de decembro, relativo á aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado de funcionamento da Unión Europea ás axudas de minimis (DOUE L 352, do 24 de decembro); no Regulamento (CE) nº 717/2014, da Comisión, do 27 de xuño, relativo á aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado de funcionamento da UE ás axudas de minimis no sector da pesca e da acuicultura (DOUE L 190, do 28 de xuño), e no Regulamento 1408/2013, do 18 de decembro, relativo á aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado de funcionamento da Unión Europea ás axudas de minimis no sector agrícola (DOUE L 352, do 24 de decembro), modificado polo Regulamento (UE) nº 2019/316, da Comisión, do 21 de febreiro (DOUE L 51, do 22 de febreiro).
4. Non poderán ter a condición de beneficiarias:
a) As empresas suxeitas a unha orde de recuperación de axudas, consecuencia dunha decisión da Comisión Europea.
b) As empresas inmersas nun procedemento de insolvencia, ou que reúnan os requisitos para someterse a un procedemento de quebra ou insolvencia por petición dos seus acredores. En particular, entenderanse nesta situación ao atoparse declaradas en concurso, salvo que en este adquirise a eficacia un convenio ou cando concorra algunha das circunstancias previstas no artigo 2.4 da Lei 22/2003, do 9 de xullo, concursal. Tamén se encadrarán neste suposto aquelas empresas que estean en proceso de negociación cos seus acredores ao abeiro do artigo 5.bis) da citada Lei 22/2003, salvo que adquirise eficacia un acordo de refinanciamento.
c) As entidades en que concorra algunha das circunstancias previstas no artigo 10.2 da Lei 9/2007.
Solicitude.
1. Forma e lugar de presentación das solicitudes:
Para presentar a solicitude, a entidade solicitante deberá cubrir previamente un formulario electrónico descritivo das circunstancias do solicitante e do proxecto a través da aplicación establecida no enderezo da internet http://www.tramita.igape.es. Deberá cubrir necesariamente todos os campos establecidos como obrigatorios, tras o cal a aplicación emitirá un identificador de documento electrónico (IDE) que identificará univocamente a solicitude de axuda.
A solicitude presentarase obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado (anexo III), que se obterá de xeito obrigatorio na aplicación informática http://www.tramita.igape.es, accesible desde a sede electrónica da Xunta de Galicia https://sede.xunta.gal
Será obrigatoria a inclusión dos 40 caracteres alfanuméricos do IDE obtido no paso anterior. As solicitudes que carezan do IDE ou nas cales este sexa erróneo (sexa porque ten un formato erróneo ou porque non foi xerado pola aplicación informática) non serán tramitadas e concederáselles aos solicitantes un prazo de 10 días hábiles para a súa emenda, transcorrido o cal se terán por desistidas da súa petición, logo de resolución de arquivamento.
Considérase que todos os solicitantes, ao exerceren unha actividade económica, dispoñen de ferramentas informáticas cun coñecemento básico do seu funcionamento, polo que queda acreditado que teñen acceso e dispoñibilidade aos medios electrónicos necesarios.
De conformidade co artigo 68.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, se algunha das persoas interesadas presenta a súa solicitude presencialmente, requirirase para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos considerarase como data de presentación da solicitude aquela en que for realizada a emenda.
Para poder presentar a solicitude por medios electrónicos, os solicitantes deberán reunir os seguintes requisitos:
a) Será necesario que o asinante da solicitude teña a representación legal da empresa ou entidade solicitante. Esta representación deberá ser individual ou solidaria, de xeito que coa súa sinatura abonde para acreditar a vontade do solicitante.
b) A oficina virtual do Igape acepta todos os certificados validados pola plataforma @firma da Administración Xeral do Estado, que son os que figuran nesta relación http://administracionelectronica.gob.es/PAe/aFirma-Anexo-PSC.
c) A presentación ante o Rexistro Electrónico da Xunta de Galicia admite a sinatura da solicitude por parte dun único solicitante. No caso de que deba ser asinada por máis dun solicitante (por exemplo solicitudes con dous asinantes, representación mancomunada, etc.), deberá necesariamente anexar un documento no que se deixe constancia de que todos os asinantes autorizan a un deles para presentar a solicitude. Este documento realizarase en papel con sinaturas manuscritas e deberá ser escaneado a formato PDF para ser anexado.
Unha vez asinado o formulario de solicitude, mediante certificación dixital do presentador, e transferido este ao Igape, procederase á anotación dunha entrada no Rexistro Electrónico da Xunta de Galicia.
No momento da presentación o rexistro expedirá, empregando as características da aplicación telemática, un recibo no que quedará constancia do feito da presentación.
Os solicitantes poderán obter en todo momento un xustificante da recepción por parte do Igape dos termos da súa solicitude contidos no formulario. Deberano solicitar no enderezo de correo electrónico informa@igape.es, con indicación dos 40 caracteres do IDE e o enderezo de correo electrónico en que desexan recibir o xustificante.
2. Unha vez rexistrada a solicitude, o Igape remitiralle o contido do formulario electrónico da solicitude á SGR a través da extranet de entidades colaboradoras. A SGR contactará coa solicitante, e requiriralle toda a documentación necesaria para a comprobación do cumprimento dos requisitos establecidos nestas bases e para a valoración da concesión da operación financeira de aval e crédito.
A SGR colaboradora coordinará coa entidade de crédito adherida ao convenio que o solicitante designe o estudio da operación financeira de crédito. Para iso, unha vez comprobado o cumprimento dos requisitos das bases reguladoras, a SGR remitiralle o expediente de solicitude á entidade de crédito.
A entidade de crédito adherida comunicaralle a SGR a súa decisión sobre a concesión da operación financeira.
No caso de que a SGR aprobe a operación financeira, e non se obteña a aprobación por parte da entidade de crédito inicialmente designada, a petición do titular, a SGR poderá remitir a solicitude a outra das entidades adheridas ao convenio de colaboración.
No caso de operacións de importe superior a 150.000 €, as operacións poderán ser coavaladas por máis dunha SGR asinante, neste suposto, a SGR designada polo titular no formulario de solicitude remitirá o expediente á outra SGR para a avaliación do coaval.
Nun prazo máximo de 35 días hábiles dende a presentación da solicitude, a SGR designada deberá comunicar ao Igape a través da extranet de entidades colaboradoras a súa decisión e a da entidade de crédito respecto á concesión da operación financeira. No caso de aprobación, incluirá:
– O importe aprobado, que poderá ser igual ou inferior ao solicitado, respectando os límites establecidos no Anexo I para cada liña de financiamento.
– O prazo concedido e, no seu caso, a carencia.
– As condicións de tipo de xuro e comisións.
– Unha declaración do cumprimento das condicións establecidas nestas Bases Reguladoras emitida en base á revisión documental efectuada pola SGR.
– Unha declaración relativa á custodia da documentación do expediente que corresponderá á SGR como entidade colaboradora.
No caso de denegación, unha descrición do motivo.
3. A instrución e resolución do procedemento basearase nas declaracións contidas no formulario e na documentación achegada ás SGR adheridas, que comprobarán que cumpran as condicións e requisitos previstos nestas bases para a obtención da axuda, así como a execución e cumprimento da finalidade da axuda no caso de que lles sexa requirido.
4. De conformidade co establecido no artigo 68 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das Administracións Públicas, se o formulario de solicitude non reúne os datos esixidos, o Igape requirirá o solicitante para que no prazo de dez días hábiles desde o seguinte ao requirimento emende a falta, con indicación de que en caso contrario, teráselle por desistido da súa petición, e arquivarase o expediente logo da correspondente resolución.
5. A verificación polas SGR da documentación presentada coas solicitudes e do cumprimento dos requisitos previstos nestas bases para a obtención da axuda, así como as comunicacións sobre a concesión da operación polas SGR e as verificacións sobre o cumprimento das finalidades da axuda, presentaranse a través da extranet de entidades colaboradoras (http://extranet.igape.es). Esta vía electrónica será obrigatoria. O Igape reserva para si a potestade de introducir modificacións no funcionamento e na recollida de datos da extranet, co obxecto de mellorar a efectividade das interaccións entre entidades ou as actuacións de control que son propias do seu papel no convenio asinado para o efecto.
A autorización de acceso á extranet de entidades colaboradoras para este convenio darase de oficio para os usuarios que as SGR teñan xa rexistrados para outros convenios, ben que é posible modificar estas autorizacións ou dar novas altas mediante a notificación do anexo VI, que se deberá presentar a través do enderezo da internet http://www.tramita.igape.es, xunto coa copia do poder da persoa representante da entidade. Para estes efectos, as entidades colaboradoras terán que acreditar a súa solvencia técnica para acceder e xestionar a extranet de entidades colaboradoras.
Comprobación de datos.
1. Para a tramitación deste procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos elaborados polas administracións públicas, relativos á persoa ou entidade solicitante ou a cada un dos socios da comunidade de bens, se é o caso:
a) DNI/NIE da persoa solicitante ou, se é o caso, de cada un dos socios da comunidade de bens.
b) DNI/NIE da persoa representante ou, se é o caso, da persoa representante de cada un dos socios da comunidade de bens.
c) NIF da entidade solicitante.
d) NIF da entidade representante.
e) Certificado da AEAT de alta no imposto de actividades económicas (IAE) da persoa ou entidade solicitante.
f) Certificado de estar ao corrente das obrigas tributarias coa AEAT.
g) Certificado de estar ao corrente das obrigas coa Seguridade Social.
h) Certificado de estar ao día de pagamento coa Administración da Comunidade Autónoma de Galicia.
i) Certificado da renda da persoa solicitante do último exercicio ou, se é o caso, de cada un dos socios da comunidade de bens.
j) Consulta de inhabilitacións para obter subvencións e axudas da persoa ou entidade solicitante ou, se é o caso, de cada un dos socios da comunidade de bens.
k) Consulta de concesións pola regra de minimis da persoa ou entidade solicitante ou, se é o caso, de cada un dos socios da comunidade de bens.
l) Certificado de domicilio fiscal.
2. No caso de que as persoas interesadas se opoñan a esta consulta, deberán indicalo no cadro correspondente habilitado no formulario de solicitude (anexo III) ou no de comprobación de datos de terceiras persoas interesadas (anexo IV) e achegar os documentos. Cando así o esixa a normativa aplicable solicitarase o consentimento expreso da persoa interesada para realizar a consulta.
3. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilitase a obtención dos citados datos, poderáselles solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.
Trámites administrativos posteriores á presentación da solicitude.
Todos os trámites administrativos que as persoas ou entidades solicitantes deban realizar durante a tramitación deste procedemento deberán ser realizados telematicamente accedendo ao enderezo da internet http://www.tramita.igape.es
Prazo de resolución:
Tres meses
Sentido do silencio:
Negativo
Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"
-
Ámbito Autonómico
-
Resolución do 18 de xuño de 2021 pola que se dá publicidade ao Acordo do Consello de Dirección que aproba as bases reguladoras do marco de apoio ao acceso ao crédito das pequenas e medianas empresas, instrumentadas mediante convenio de colaboración coas sociedades de garantía recíproca e as entidades de crédito adheridas (financiamento Igape-pemes), e se procede á súa convocatoria para o ano 2021 en réxime de concorrencia non competitiva (DOG nº 122 do 29 de xuño de 2021).
-
Extracto da Resolución do 18 de xuño de 2021 pola que se dá publicidade ao Acordo do Consello de Dirección que aproba as bases reguladoras do marco de apoio ao acceso ao crédito das pequenas e medianas empresas, instrumentadas mediante convenio de colaboración coas sociedades de garantía recíproca e as entidades de crédito adheridas (financiamento Igape-pemes), e se procede á súa convocatoria para o ano 2021 en réxime de concorrencia non competitiva (DOG nº 122 do 29 de xuño de 2021).
-
Resolución do 14 de xullo de 2021 pola que se dá publicidade da adhesión dunha entidade financeira ao convenio coas sociedades de garantía recíproca domiciliadas en Galicia para a habilitación dun marco de apoio ao acceso ao crédito das pequenas e medianas empresas (financiamento Igape-pemes) (DOG nº 139 do 22 de xullo de 2021)
-
Resolución do 19 de setembro de 2022 pola que se dá publicidade dos beneficiarios das axudas concedidas durante o terceiro e cuarto trimestres de 2021 (DOG nº 194 do 11 de outubro de 2022).
-
Resolución do 28 de abril de 2023 pola que se lles dá publicidade aos beneficiarios das axudas concedidas durante o segundo trimestre de 2022 (DOG nº 90 do 11 de maio de 2023).
-
Outros procedementos relacionados
Bonos Activa comercio.
Prazo aberto: 20/05/2025 00:00 - 31/12/2025 23:59
Recoñecemento e inscrición no rexistro dunha persoa intermediaria de crédito inmobiliario, modificación de datos ou baixa.
Aberto todo o ano
Recoñecemento e inscrición no rexistro, modificación de datos ou baixa dunha persoa intermediaria de crédito inmobiliario presentada por unha persoa prestamista única.
Aberto todo o ano
Inscrición, modificación de datos ou baixa no rexistro de persoas representantes designadas por unha persoa intermediaria de crédito inmobiliario.
Aberto todo o ano