Guía de procedementos e servizos

IG414A

Programa de adquisición de competencias profesionais en materia de internacionalización empresarial.

Procedemento dirixido a: Cidadáns

Convocatoria 2026 - Prazo pechado: 08/07/2026 09:00 - 07/08/2026 14:00

Consellería de Economía e Industria

Sobre o procedemento

A convocatoria de 40 prazas para a capacitación de profesionais en materia de internacionalización empresarial mediante formación práctica, coa finalidade de mellorar a empregabilidade e poñer á disposición das empresas galegas profesionais que lles axuden a mellorar a súa competitividade.

Profesionais en materia de internacionalización empresarial.

Xunta de Galicia

Consellería de Economía e Industria

Instituto Galego de Promoción Económica - Igape

Complexo Administrativo San Lázaro, s/n

15703  Santiago de Compostela  (Coruña, A)

Teléfono: 900815151

Fax: 981558844

Email: informa@igape.es

Instituto Galego de Promoción Económica - Igape
Requisitos e documentación

Prazo de presentación: PECHADO

08/07/2026 09:00 - 07/08/2026 14:00

O prazo de presentación das solicitudes desta convocatoria será dun (1) mes, contado desde as 9.00 horas do día seguinte ao da publicación desta resolución no DOG e ata as 14.00 horas do día en que se cumpra o dito prazo dun mes.



Se o último día do prazo for inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte e, se no mes de vencemento non houber día equivalente ao inicio do cómputo, entenderase que o prazo expira o último día do mes.


1. Ter menos de 35 anos na data de presentación da solicitude.

2. Ter nacido en Galicia e estar nacionalizado/a nun Estado membro da Unión Europea, ou estar empadroado/a nun municipio da Comunidade Autónoma de Galicia cun ano de antigüidade á data de publicación destas bases.

3. Estar en posesión dalgunha titulación universitaria superior de grao e que permita o acceso aos estudos oficiais de máster universitario de acordo co establecido no Real decreto 822/2021, do 28 de setembro, polo que se establece a organización do ensino universitario e o procedemento de aseguramento da súa calidade:

i. Título universitario oficial de graduada ou graduado español.

ii. Títulos procedentes de sistemas educativos que non formen parte do EEES, que equivalen ao título de grao.

Así mesmo, é imprescindible acreditar un mínimo de 240 ECTS en todos os casos. A titulación pódese obter e acreditar ata cinco (5) días despois da publicación da resolución de concesión; a non presentación suporá a imposibilidade de ser persoa beneficiaria da bolsa.

Os títulos obtidos no estranxeiro ou en centros privados españois deberán estar homologados polo Ministerio de Educación español antes de que finalice o prazo de presentación de solicitudes. Polo que se refire aos títulos de máster, non se require que estean homologados.

4. Coñecementos de inglés (falado e escrito).

Deberá acreditarse o nivel mínimo de idioma inglés B2. Esta capacidade acreditarase mediante unha das dúas opcións seguintes:

a) A realización dun exame en que os aspirantes deberán demostrar, como mínimo, nivel B2 do Marco común europeo de referencia para as linguas.

b) Achegar algún dos certificados de idioma inglés relacionados no anexo II destas bases, sempre que este teña menos de tres anos de antigüidade na data de remate do prazo de presentación de solicitudes.

5. Cumprir os requisitos do artigo 10 da Lei 9/2007 para ser considerada persoa beneficiaria de subvencións.

6. Non ter desfrutado con anterioridade dunha bolsa do Igape relacionada coa internacionalización empresarial. Quedarán tamén excluídos da convocatoria aqueles solicitantes que fosen adxudicatarios deste tipo de bolsas en edicións anteriores e que renunciasen a elas con posterioridade ou lles fose determinado un incumprimento total. Non ter desfrutado con anterioridade dunha bolsa doutro organismo o institución nacional ou estranxeira relacionada coa internacionalización empresarial.

7. Estar ao día nas súas obrigas tributarias estatais, autonómicas e da Seguridade Social, así como non ter pendente de pagamento ningunha outra débeda, por ningún concepto, coa Administración pública da Comunidade Autónoma. O cumprimento deste requisito acreditarase cubrindo no formulario electrónico a declaración responsable da persoa solicitante de estar ao día no cumprimento das obrigas tributarias, fronte á Seguridade Social e de non ter pendente de pagamento ningunha outra débeda coa Administración da Comunidade Autónoma, de acordo co establecido no artigo 11.h) do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Achegar declaración responsable de data posterior da publicación da resolución da convocatoria no Diario Oficial de Galicia, onde conste que a persoa solicitante non padece enfermidade nin limitación física ou psíquica incompatible coa realización das actividades que constitúen o obxecto da bolsa.

Non ter antecedentes penais, nin estar incurso/a en causa penal con medidas cautelares que poidan impedir o normal desenvolvemento da bolsa, mentres non se emite sentenza firme, do cal se deberá informar o Igape. De non ser absolutoria, producirá a perda da bolsa e a devolución dos importes percibidos, de ser o caso. A declaración debese cubrir no formulario electrónico de solicitude.

Solicitudes

1. Para presentar a solicitude, as persoas interesadas deberán cubrir previamente un formulario electrónico descritivo das circunstancias da persoa solicitante, a través da aplicación establecida no enderezo da internet https://spiga-sede.igape.es. Deberá cubrir necesariamente todos os campos establecidos como obrigatorios, tras o cal a aplicación emitirá un identificador de documento electrónico (IDE) que identificará univocamente a solicitude de axuda.

2. A solicitude presentarase obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado (anexo I) que se obterá de xeito obrigatorio na aplicación informática https://spiga-sede.igape.es, tamén accesible desde a sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal

Será obrigatoria a inclusión dos 40 caracteres alfanuméricos do IDE obtido no paso anterior. As solicitudes que carezan do IDE ou nas cales este sexa erróneo (sexa porque ten un formato erróneo ou porque non foi xerado pola aplicación informática) non serán tramitadas, e concederáselles ás persoas solicitantes un prazo de dez (10) días hábiles para a súa emenda, transcorrido o cal se considerarán por desistidas da súa petición, logo de resolución de arquivamento.

Considérase que todas as persoas solicitantes dispoñen de ferramentas informáticas cun coñecemento básico do seu funcionamento, polo que queda acreditado que teñen acceso e dispoñibilidade aos medios electrónicos necesarios.

De conformidade co artigo 68.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, se algunha das persoas interesadas presenta a súa solicitude presencialmente, será requirida para que a emende a través da presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase data de presentación da solicitude aquela en que se realizase a emenda.

3. Para poderen presentar a solicitude por medios electrónicos, as persoas solicitantes deberán reunir os seguintes requisitos:

A oficina virtual do Igape acepta todos os certificados validados pola plataforma @firma da Administración xeral do Estado, que son os que figuran nesta relación: http://administracionelectronica.gob.es/PAe/aFirma-Anexo-PSC.

Unha vez asinado o formulario de solicitude co IDE, mediante certificación dixital do presentador, e transferido este ao Igape, procederase á anotación dunha entrada no Rexistro electrónico da Xunta de Galicia.

No momento da presentación, o Rexistro expedirá, empregando as características da aplicación electrónica, un recibo en que quedará constancia do feito da presentación.

As persoas solicitantes poderán obter en todo momento un xustificante da recepción por parte do Igape dos termos da súa solicitude contidos no formulario. Deberano solicitar no enderezo de correo electrónico informa@igape.es, indicando os 40 caracteres do IDE e o enderezo de correo electrónico en que desexan recibir o xustificante.

Documentación complementaria

As persoas interesadas deberán achegar, xunto coa solicitude, a seguinte documentación:

1. Acreditación dos requisitos mínimos segundo o expresado no artigo 4 destas bases.

a) Currículum vitae.

b) Copia do pasaporte no caso de que a persoa solicitante sexa estranxeira e non teña o número de identificación de estranxeiría (NIE).

c) Xustificante de ter pagadas as taxas para a obtención do título de estudos universitarios acadado segundo o expresado no artigo 4.3, na falta do título. A titulación pódese obter e acreditar ata cinco (5) días despois da publicación da resolución de concesión; a non presentación suporá a imposibilidade de ser persoa beneficiaria da bolsa. No caso de títulos expedidos por centros estranxeiros ou privados, será preciso que os acrediten cunha copia da homologación concedida polo Ministerio de Educación español (isto non se require para os títulos de máster).

d) Se for o caso, certificado sobre o nivel do idioma inglés.

2. Acreditación doutros requisitos baremables segundo o expresado no artigo 12.2 destas bases:

a) Acreditación, se é o caso, da formación específica de posgrao en comercio exterior segundo o expresado no artigo 12.2.d): copia do certificado de realización dun curso completo, no cal conste o número de horas ou créditos do curso. O curso deberá estar finalizado antes da data de presentación da solicitude, agás os másteres citados no artigo 12.2.d), que poderán estar finalizados ata o 31 de xullo de 2026 e deberán estar incluídos na solicitude no prazo de sete (7) días contados desde esa data.

b) Acreditación, se é o caso, doutra formación de posgrao segundo o expresado no artigo 12.2.e): copia do certificado de realización dun curso completo, no cal conste o número de horas ou créditos do curso. O curso deberá estar finalizado antes da data de presentación da solicitude.

c) Se for o caso, certificados relativos ao nivel de idiomas segundo o estipulado no artigo 5.2 das bases.

De conformidade co artigo 28.3 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, non será necesario achegar os documentos xa presentados anteriormente pola persoa interesada ante calquera Administración. Neste caso, a persoa interesada deberá indicar en que momento e ante que órgano administrativo presentou os ditos documentos, que serán recadados electronicamente a través das redes corporativas ou mediante consulta ás plataformas de intermediación de datos ou outros sistemas electrónicos habilitados para o efecto, excepto que conste no procedemento a oposición expresa da persoa interesada.

De forma excepcional, se non se poden obter os citados documentos, poderáselle solicitar novamente á persoa interesada que os achegue.

A documentación complementaria deberá presentarse electronicamente.

Se algunha das persoas interesadas presenta a documentación complementaria presencialmente, será requirida para que a emende a través da presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase data de presentación aquela en que se realizase a emenda.

As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, cando a relevancia do documento no procedemento o exixa ou existan dúbidas derivadas da calidade da copia, a Administración poderá solicitar de maneira motivada o cotexo das copias achegadas pola persoa interesada, para o cal poderá requirir a exhibición do documento ou da información orixinal.

Comprobación de datos

1. Para a tramitación deste procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos en poder da Administración actuante ou elaborados polas administracións públicas, excepto que a persoa interesada se opoña á súa consulta:

a) DNI/NIE da persoa solicitante.

b) DNI/NIE da persoa representante.

c) Consulta de datos de residencia con data de última variación.

d) Consulta de títulos universitarios oficiais, segundo o expresado no artigo 4.3 das bases.

e) Consulta de inhabilitacións para obter subvencións e axudas.

f) Comprobación de subvencións e axudas públicas concedidas.

2. No caso de que as persoas interesadas se opoñan a esta consulta, deberán indicalo no recadro correspondente habilitado no formulario de solicitude (anexo I) e achegar os documentos.

Cando así o exixa a normativa aplicable, solicitarase o consentimento expreso da persoa interesada para realizar a consulta.

3. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilite a obtención dos citados datos, poderáselles solicitar ás persoas interesadas que presenten os documentos correspondentes.

Trámites administrativos posteriores 

Todos os trámites administrativos que as persoas interesadas deban realizar tras a presentación da solicitude deberán realizarse electronicamente accedendo a través do enderezo da internet https://spiga-sede.igape.es

Despois de presentar

Prazo de resolución:

Cinco meses

Sentido do silencio:

Negativo

Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"

Normativa
  • Ámbito Autonómico
    • Resolución do 6 de xullo de 2026 pola que se lle dá publicidade ao acordo do Consello de Dirección que aproba as bases reguladoras do Programa de adquisición de competencias profesionais en materia de internacionalización empresarial, e se procede á súa convocatoria para os anos 2026-2027-2028 en réxime de concorrencia competitiva (DOG nº 125 do 07 de xullo de 2026).

    • Extracto da Resolución do 6 de xullo de 2026 pola que se lle dá publicidade ao acordo do Consello de Dirección que aproba as bases reguladoras do Programa de adquisición de competencias profesionais en materia de internacionalización empresarial, e se procede á súa convocatoria para os anos 2026-2027-2028 en réxime de concorrencia competitiva (DOG nº 125 do 07 de xullo de 2026).

Descargar o contido desta ficha en formato PDF

Outros procedementos relacionados

IG414B

Homologación de axentes de apoio á internacionalización das empresas galegas

Aberto todo o ano

IG410A

Axudas ás agrupacións empresariais (clústeres) innovadoras na Comunidade Autónoma de Galicia

Prazo pechado: 07/02/2025 09:00 - 07/03/2025 14:00

IG415A

Axudas aos proxectos de reorganización produtiva das empresas galegas para a fabricación de equipamento sanitario, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, no marco do programa operativo FEDER GALICIA 2014-2020

Prazo pechado: 16/04/2020 00:00 - 10/07/2020 23:59

IG415B

Axudas ao investimento para a fabricación de produtos relacionados co covid-19 (Inviste covid-19), cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020

Prazo pechado: 27/05/2020 00:00 - 30/09/2020 23:59