Orientámolo/a, paso a paso, para presentar unha solicitude no rexistro electrónico
IG408A - Axudas aos proxectos de investimento empresarial, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Deselvolvemento Rexional, no marco do programa operativo FEDER Galicia 2014-2020.
Publicar as bases reguladoras das axudas do Igape aos proxectos de investimento empresarial e convocar as ditas axudas en réxime de concorrencia non competitiva.
As bases distinguen entre dous tipos de liñas de axuda, en función das tipoloxías de proxectos:
• Liña de axuda ao investimento en equipamentos produtivos.
• Liña de axuda a investimentos xeradores de emprego.
Condicións dos proxectos.
1. Proxectos de investimento en equipamentos produtivos.
Serán subvencionables os proxectos de investimento en equipamentos produtivos, realizados por pequenas e medianas empresas, para ampliacións de capacidade, diversificación da produción ou cambio esencial no proceso de produción dun establecemento existente, que cumpran os seguintes requisitos:
a) O investimento subvencionable deberá ser igual ou superior a 50.000 € e inferior a 900.000 €, excluíndo impostos, taxas e arbitrios.
b) Deberase tratar de investimento para o desenvolvemento das actividades relacionadas no anexo II.
c) O investimento deberase materializar nos seguintes conceptos, que cumpran os requisitos establecidos pola Orde HFP/1979/2016, do 29 de decembro, pola que se aproban as normas sobre os gastos subvencionables dos programas operativos do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional para o período 2014-2020:
1º. Maquinaria de proceso.
2º. Instalacións específicas para a actividade subvencionable.
3º. Equipamentos e medios de transporte interior.
4º. Vehículos especiais de transporte exterior.
5º. Medios de protección do ambiente asociados aos investimentos.
6º. Outros bens de equipamento, entendendo como tales aqueles bens que forman parte dos activos fixos da empresa e interveñen directamente no proceso produtivo. Non se consideran bens de equipamento produtivo as pezas de recambio nin os envases e embalaxes, aínda que sexan reutilizables.
No caso de actividades vinculadas ao turismo, os proxectos subvencionables limitaranse aos de ampliación dun establecemento existente ou cambio substancial do establecemento. Será preceptivo o informe da Axencia Galega de Turismo respecto da catalogación dos proxectos.
d) O prazo de execución do proxecto será o proposto polo solicitante no plan de investimentos e non poderá ser superior a 6 meses, computado desde a notificación da resolución de concesión.
2. Proxectos de investimento xeradores de emprego.
Serán subvencionables os proxectos de realización de investimentos xeradores de emprego realizados por pequenas e medianas empresas, para a creación dun novo establecemento ou a ampliación de capacidade, que cumpran os seguintes requisitos:
a) O proxecto de investimento deberá cumprir un destes requisitos:
1º. O investimento subvencionable deberá ser igual ou superior a 150.000 € e inferior a 900.000 €, excluíndo impostos, taxas e arbitrios, co compromiso de mantemento do emprego e, no caso de creación dun novo establecemento, co compromiso de creación directa de emprego.
2º. O investimento subvencionable deberá ser igual ou superior a 50.000 € e inferior a 150.000 €, sempre e cando supoña unha creación neta de emprego directo ligado ao investimento, cuxo custo salarial, para o período dun ano dos postos de traballo que se van crear, alcance un importe comprendido entre 150.000 € e 900.000 €, excluíndo impostos, taxas e arbitrios.
3º. O investimento subvencionable deberá ser igual ou superior a 900.000 € excluídos impostos, taxas e arbitrios, e inferior a 2.000.000 €, sempre e cando se corresponda con actividades que non se consideren atendibles pola Lei 50/1985, do 27 de decembro, de incentivos rexionais para a corrección de desequilibrios económicos interterritoriais e o seu regulamento, e supoñan á creación directa de emprego fixo. Se o custo subvencionable resultase superior a 2.000.000 €, o Igape reduciría a base subvencionada a esta cantidade.
b) Deberase tratar de investimento para o desenvolvemento das actividades relacionadas no anexo II. Para as actividades vinculadas ao turismo, os proxectos subvencionables limitaranse aos de ampliación dun establecemento existente, salvo que se trate de proxectos de creación dun novo establecemento para actividades de turismo activo, balnearios ou talasos. En todos os casos, será preceptivo o informe da Axencia Galega de Turismo respecto da catalogación dos proxectos.
c) Serán subvencionables os investimentos materializados nos seguintes conceptos que cumpran os requisitos establecidos pola Orde HFP/1979/2016, do 29 de decembro, pola que se aproban as normas sobre os gastos subvencionables dos programas operativos do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional para o período 2014-2020:
1º. Obra civil: acondicionamento dos terreos, oficinas, laboratorios, servizos sociais e sanitarios do persoal, almacenamento de materias primas, edificios de produción, edificios de servizos industriais, almacenamento de produtos terminados e outras obras vinculadas ao proxecto, suxeitos aos módulos máximos de custo subvencionable que se especifican no anexo III.
2º. Adquisición de edificacións ou construcións novas, por un importe que non exceda o 10 % do gasto total subvencionable.
3º. Bens de equipamento: maquinaria de proceso, instalacións específicas para a actividade subvencionable, equipamentos e medios de transporte interior, vehículos especiais de transporte exterior, medios de protección do ambiente e outros bens de equipamento ligados ao proxecto. No sector de transporte non son subvencionables os medios e equipamento de transporte exterior.
4º. Outros investimentos en activos fixos materiais incluído mobiliario.
5º. Activos inmateriais, en contía non superior ao 50 % do investimento subvencionable. Entenderanse como subvencionables, sempre que cumpran as condicións do artigo 5.3.g) destas bases reguladoras.
6º. Os custos de reforma de instalacións en bens inmobles arrendados, suxeitos aos módulos máximos de custo subvencionable que se especifican no anexo III.
d) Nos proxectos relacionados no ordinal 2º da letra a) anterior será subvencionable o custo salarial para o período dun ano. Enténdese por custo salarial o importe composto polo salario bruto, é dicir, antes de impostos, e as cotizacións obrigatorias, como a seguridade social.
e) O prazo de execución do proxecto será o proposto polo solicitante no plan de investimentos e non poderá ser superior a 12 meses, computado desde a notificación da resolución de concesión. No caso dos proxectos relacionados no ordinal 2º da letra a) anterior, a base subvencionable será exclusivamente os salarios do período de 12 meses, e computarase desde a data establecida para o remate dos investimentos.
f) Nos proxectos xeradores de emprego definidos nos puntos 2º e 3º da letra a), e no caso do primeiro establecemento dos definidos no punto 1º, o solicitante deberase comprometer á creación directa de emprego con carácter indefinido. Así mesmo, para os proxectos definidos no punto 3º o Igape exixirá nas resolucións de concesión un determinado nivel de fondos propios, que deberá acreditar o beneficiario. Para determinar os fondos propios que se van exixir, terase en conta o seguinte procedemento:
Incremento de fondos propios teórico = 0,25 I + (0,4 ATN –FP + 0,15 I), onde:
I= investimento subvencionable do proxecto.
ATN= activo total neto antes do proxecto.
FP= fondos propios antes do proxecto.
O prazo de cumprimento dos ditos requisitos será o de execución do proxecto, de acordo co establecido no punto anterior.
g) Naqueles casos de subvención ás construcións por cambio de localización dentro da Comunidade Autónoma de Galicia, a base sobre a cal se aplicará a subvención será a que resulte da diferenza entre o prezo de adquisición dos novos activos, unha vez aplicados os módulos e criterios recollidos no anexo III e o valor dos da antiga localización, segundo informe de taxación subscrito por sociedade de taxación homologada, sempre e cando as instalacións que se abandonen sexan propiedade do solicitante ou dos seus socios maioritarios, directa ou indirectamente. Se dentro do prazo de execución do proxecto establecido na resolución de concesión da subvención fosen alleadas as instalacións da antiga localización do solicitante e o importe neto da venda resultase superior ao da taxación homologada que se tivo en conta para os efectos da subvención, reaxustarase o importe da subvención concedida.
3. Para ambos os dous tipos de proxecto rexerán as seguintes regras xerais:
a) A axuda solicitada debe supor un efecto incentivador para o proxecto presentado. Para tal efecto, antes de iniciar o proxecto o solicitante deberá ter presentado a solicitude da axuda. Non se poderá incorrer en ningún dos custos alegados sobre os cales se solicita subvención con carácter previo á solicitude; de ser así, a totalidade do proxecto non será subvencionable, de acordo coa exixencia de efecto incentivador previsto no artigo 6 do Regulamento (UE) nº 651/2014, da Comisión. Considérase que o proxecto xa foi iniciado cando exista un primeiro compromiso en firme para a execución de obras ou pedido de calquera outro investimento, entendéndose por proxecto os investimentos comprendidos na solicitude da axuda. A compra dos terreos e os traballos preparatorios como a obtención de permisos e a realización de estudos previos de viabilidade non se consideran inicio dos traballos.
b) Os investimentos subvencionables serán os realizados e pagados dentro do prazo de execución do proxecto establecido na resolución de concesión para os efectos de cumprir todas as condicións nela establecidas. Este prazo iniciarase na data de presentación da solicitude de axuda e rematará na data que, á vista das características do proxecto, sexa establecida na resolución de concesión, que nunca poderá exceder o prazo máximo de execución establecido na resolución de convocatoria.
c) Para determinar os importes subvencionables observaranse os criterios e módulos de custo máximo subvencionable establecidos no anexo III para os distintos conceptos que, de ser o caso, prevalecerán sobre os seus prezos de adquisición, agás que estes sexan inferiores.
d) Os investimentos deberanse realizar en bens novos.
e) Os bens obxecto de investimento deberá adquirilos en propiedade a terceiros o beneficiario. No caso de adquisición dos bens mediante fórmulas de pagamento aprazado, estes tamén deberán pasar a ser de propiedade plena do beneficiario antes do remate do prazo de execución do proxecto, e deberá constar neste momento o vencemento e pagamento das cantidades aprazadas.
f) Os provedores non poderán estar vinculados coa entidade solicitante ou cos seus órganos directivos ou xestores. En ningún caso poderá concertar o beneficiario a execución total ou parcial das actividades.
g) No caso dos activos intanxibles, para ser considerados subvencionables, deberán cumprir, ademais, todas estas condicións: 1) empregaranse exclusivamente no establecemento beneficiario da axuda; 2) consideraranse activos amortizables; 3) adquiriranse a terceiros non relacionados co comprador en condicións de mercado, 4) figurarán no activo da empresa e permanecerán no establecemento beneficiario da axuda durante un período mínimo de 3 anos.
h) Cando o importe do investimento subvencionable supere as contías establecidas no Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público, para o contrato menor, o beneficiario deberá solicitar, como mínimo, tres ofertas de diferentes provedores con carácter previo á contratación da execución da obra, da prestación do servizo ou da adquisición do ben, agás que polas súas especiais características non exista no mercado suficiente número de entidades que as realicen, presten ou subministren. Neste caso, presentarase escrito aclaratorio indicativo desta circunstancia, asinado polo representante legal.
i) En ningún caso o custo de adquisición dos investimentos subvencionables poderá ser superior ao valor de mercado.
j) Os proxectos de investimento vinculados a un contrato de xestión de servizos públicos non serán subvencionables, excepto os correspondentes ás actividades que tradicionalmente viñan prestando empresas privadas, polo seu risco e ventura e cuxos clientes son tamén empresas privadas.
Poderán ser beneficiarias destas axudas as pequenas e medianas empresas (pemes), segundo a definición establecida pola Comisión Europea no anexo I do Regulamento (UE) nº 651/2014 (DOUE L 187, do 26 de xuño) da Comisión, do 17 de xuño de 2014, polo que se declaran determinadas categorías de axuda compatibles co mercado interior en aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado UE, calquera que sexa a súa forma xurídica.
Polo tanto, tamén poderán acceder á condición de beneficiarios as agrupacións de persoas físicas ou xurídicas, públicas ou privadas, as comunidades de bens ou calquera outro tipo de unidade económica ou patrimonio separado que, aínda carecendo de personalidade xurídica, poidan levar a cabo os proxectos, as actividades ou os comportamentos ou se encontren na situación que motiva a concesión da subvención. Neste caso deberán facerse constar expresamente, tanto na solicitude como na resolución de concesión, os compromisos de execución asumidos por cada membro da agrupación, así como o importe de subvención que se vai aplicar por cada un deles, que terán igualmente a consideración de beneficiarios. En calquera caso, deberá nomearse un representante ou apoderado único da agrupación, con poderes suficientes para cumprir as obrigas que, como beneficiaria, lle corresponden á agrupación. Non se poderá disolver a agrupación ata que transcorra o prazo de prescrición previsto nos artigos 35 e 63 desta lei.
Son obrigas dos beneficiarios:
a) Executar o proxecto que fundamenta a concesión da subvención no prazo establecido na resolución de concesión e manter os investimentos e o emprego durante os seguintes prazos:
1º. Manter os investimentos, vinculados á actividade económica subvencionable, no centro de traballo en Galicia, durante 3 anos desde a finalización do prazo de execución do proxecto, e 5 anos no caso de bens inscritibles nun rexistro público. O investimento subvencionado poderá ser substituído dentro deste período, no caso de obsolescencia ou avaría, sempre e cando a actividade económica da beneficiaria se manteña en Galicia durante o período mencionado, e non poderá ser obxecto de subvención. No caso de reforma en inmobles arrendados, deberase manter o arrendamento ata transcorrido o período de 5 anos desde a data de finalización do proxecto.
2º. Nos proxectos xeradores de emprego definidos no punto 1º do artigo 5.2.a) deberán manter a cifra media de emprego do beneficiario dos 3 meses anteriores á solicitude da axuda durante todo o período de execución do proxecto e durante os 2 anos posteriores ao dito prazo. No caso de actividades que acrediten unha elevada estacionalidade, poderase ter en conta a cifra media de emprego do beneficiario dos 12 meses anteriores á solicitude. No caso de tratarse do primeiro establecemento e non contar con cadro de traballadores previo á solicitude, a cifra de emprego que se deberá manter coincidirá coa cifra de emprego que se vai crear establecida na resolución de concesión.
3º. No caso dos proxectos definidos no punto 3º do artigo 5.2.a), deberán manter o cadro de persoal medio dos 3 últimos meses anteriores á solicitude, durante o prazo de execución do proxecto e crear, durante este período, os postos de traballo comprometidos. Así mesmo, deberán manter o emprego acadado na data de finalización do prazo de execución do proxecto (o que está obrigado a manter máis o de nova creación) durante os 2 anos posteriores ao dito prazo.
4º. No caso dos proxectos definidos no punto 2º do artigo 5.2.a), nos cales a base subvencionable sexan os custos salariais, deberán manter a cifra media de emprego do beneficiario dos 12 meses anteriores á solicitude de axuda durante todo o prazo de execución do proxecto e crear durante este período, os postos de traballo comprometidos. Así mesmo, deberán manter o emprego acadado na data de finalización do prazo de execución do proxecto (o que está obrigado a manter mais o de nova creación) durante os 3 anos posteriores ao dito prazo.
A obriga de mantemento do emprego durante o prazo de execución do proxecto e a obriga de creación de emprego comprobarase ao finalizar o prazo de execución do proxecto e deberase acreditar a creación de postos de traballo con contratos indefinidos.
Para a comprobación do mantemento da cifra de emprego previa á solicitude e, de ser o caso, a creación de emprego, calcularase a media correspondente ao prazo de execución do proxecto e ao final do dito prazo o beneficiario deberá acreditar os postos de traballo que se van manter máis os de nova creación, tanto para o emprego total como para o emprego indefinido. Así mesmo, nos dous anos seguintes á finalización do prazo de execución do proxecto terase que manter a media do emprego tanto para o emprego total como para os empregos indefinidos, e no caso dos proxectos en que a base subvencionable foron os salarios o prazo será de 3 anos.
A axuda concedida só será definitiva se a situación inicial tida en conta para a concesión non sofre unha modificación substancial que afecte a natureza do investimento, o cesamento da actividade ou os postos de traballo. A axuda está condicionada ao respecto desas condicións e será obxecto dun procedemento de reintegro noutro caso.
b) Xustificar ante o Igape o cumprimento dos requisitos e condicións da subvención, así como a realización da actividade e o cumprimento da finalidade que determinen a concesión ou desfrute da subvención.
c) Someterse ás actuacións de comprobación que efectúe o Igape, así como a calquera outra actuación, sexa de comprobación e control financeiro, que poidan realizar os órganos de control competentes, en especial a Intervención Xeral da Comunidade Autónoma, o Tribunal de Contas, o Consello de Contas, os órganos de control da Comisión Europea, achegando canta información lle sexa requirida no exercicio das actuacións anteriores, e ás verificacións previstas no artigo 125 do Regulamento (UE) nº 1303/2013 do Consello. Para tal fin, deberá dispor dos libros contables, rexistros dilixenciados e demais documentos debidamente auditados nos termos exixidos pola lexislación mercantil e sectorial aplicable ao beneficiario en cada caso, así como a documentación xustificativa da realización e aboamento dos gastos e investimentos subvencionables, coa finalidade de garantir o adecuado exercicio das facultades de comprobación e control durante polo menos un período de tres anos, ou dous anos no caso de operacións con gasto subvencionable igual ou superior a 1.000.000 euros, a partir do 31 de decembro seguinte á presentación das contas en que estean incluídos os gastos da operación. O Igape informará desta data de inicio a que se refire esta obriga.
d) Comunicarlle ao Igape a obtención doutras subvencións, axudas, ingresos ou recursos que financien as actividades subvencionadas, así como a modificación das circunstancias que fundamentasen a concesión da subvención. Esta comunicación deberase efectuar no momento en que se coñeza e, en todo caso, coa solicitude de cobramento da subvención. En ningún caso o importe da subvención poderá ser de tal contía que, illadamente ou en concorrencia con outras subvencións ou axudas doutras administracións públicas, supere as porcentaxes máximas establecidas no artigo 6 destas bases respecto do custo elixible do proxecto que vai desenvolver o beneficiario.
e) Manter un sistema de contabilidade separado ou un código contable adecuado en relación con todas as transaccións relacionadas cos gastos subvencionados, sen prexuízo das normas xerais da contabilidade, que permita seguir unha pista de auditoría sobre os gastos financiados con fondos Feder.
f) Cumprir os requisitos de comunicación do financiamento público do proxecto polo Igape, a Xunta de Galicia e o Feder segundo o establecido no anexo V destas bases.
g) Subministrar toda a información necesaria para que o Igape poida dar cumprimento ás obrigas previstas no título I da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno. As consecuencias do incumprimento desta obriga serán as establecidas no artigo 4.4 da dita lei.
h) Proceder ao reintegro dos fondos percibidos, total ou parcialmente, no suposto de incumprimento das condicións establecidas para a súa concesión ou nos supostos previstos no título II da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
i) No caso de non ser quen de realizar o proxecto para o que se concedeu a axuda, comunicar a renuncia ao expediente solicitado no momento en que se produza a certeza da non execución.
j) Todo isto sen prexuízo das demais obrigas que resulten do artigo 11 da Lei 9/2007, do 13 de xuño.
a) Que proxecten levar a cabo un investimento nun centro de traballo localizado na Comunidade Autónoma de Galicia.
b) Que desenvolvan no centro obxecto do proxecto algunha das actividades subvencionables que se sinalan nestas bases para cada tipo de proxecto subvencionable; están excluídas das axudas as seguintes:
i. As recollidas no ámbito de aplicación do Regulamento (UE) nº 1388/2014 da Comisión, do 16 de decembro de 2014, polo que se declaran determinadas categorías de axudas a empresas dedicadas á produción, transformación e comercialización de produtos da pesca e da acuicultura compatibles co mercado interior en aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado de funcionamento da Unión Europea.
ii. As axudas concedidas na produción, transformación e comercialización dos produtos agrícolas, enumerados no anexo I do Tratado de funcionamento da Unión Europea.
iii. As actividades do sector do aceiro, do sector do carbón, do sector das fibras sintéticas, así como a infraestrutura conexa, a produción e distribución de enerxía e as infraestruturas enerxéticas.
iv. O sector da construción naval na liña de investimentos xeradores de emprego.
v. O sector dos transportes na liña de investimentos xeradores de emprego.
c) Que acheguen para o proxecto de investimento unha contribución financeira exenta de calquera tipo de apoio público de polo menos un 25 % dos custos subvencionables, sexa mediante recursos propios ou mediante financiamento externo.
- Non poderán ter a condición de beneficiarias as pequenas e medianas empresas que estean suxeitas a unha orde de recuperación de axudas, consecuencia dunha decisión da Comisión Europea.
- Non poderán ter a condición de beneficiarias as empresas en crise. Para estes efectos, convén ter en conta a definición de empresa en crise de acordo coa definición de empresa en crise establecida no número 18 do artigo 2 do Regulamento nº 651/2014 da Comisión, do 17 de xuño de 2014, polo que se declaran determinadas categorías de axuda compatibles co mercado interior en aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado da UE.
- Non poderán ter a condición de beneficiarias as pequenas e medianas empresas en que concorra algunha das circunstancias previstas no artigo 10.2 e 3 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia (DOG nº 121, do 25 de xuño) ou incumpran as obrigas do artigo 11 da citada Lei de subvencións.
Xunta de Galicia
Consellería de Economía, Industria e Innovación
Instituto Galego de Promoción Económica – IGAPE
Complexo Administrativo San Lázaro, s/n
15703 Santiago de Compostela (Coruña, A)
Teléfono: 900815151
Fax: 981558844
Email: informa@igape.es
Xunta de Galicia
Consellería de Economía, Industria e Innovación
Instituto Galego de Promoción Económica – IGAPE
IGAPE - Oficina da Coruña
Edif. Adm. Xunta de Galicia. Praza de Luis Seoane, s/n, 2ª planta
15008 Coruña, A (Coruña, A)
Teléfono: 981182239
Fax: 981182240
Email: coruña@igape.es
Xunta de Galicia
Consellería de Economía, Industria e Innovación
Instituto Galego de Promoción Económica – IGAPE
IGAPE - Oficina de Ferrol
Edif. Adm. Xunta de Galicia. Praza Camilo José Cela s/n, 4ª planta
15403 Ferrol (Coruña, A)
Teléfono: 981337101
Fax: 981337106
Email: ferrol@igape.es
Xunta de Galicia
Consellería de Economía, Industria e Innovación
Instituto Galego de Promoción Económica – IGAPE
IGAPE - Oficina de Lugo
Edif. Adm. Xunta de Galicia. Ronda da Muralla, 70, baixo
27071 Lugo (Lugo)
Teléfono: 982294032
Fax: 982294801
Email: lugo@gape.es
Xunta de Galicia
Consellería de Economía, Industria e Innovación
Instituto Galego de Promoción Económica – IGAPE
IGAPE- Oficina de Ourense
Edif. Adm. Xunta de Galicia. Avda. da Habana, 79 - 5ª planta
32004 Ourense (Ourense)
Teléfono: 988687289
Fax: 988687290
Email: ourense@gape.es
Xunta de Galicia
Consellería de Economía, Industria e Innovación
Instituto Galego de Promoción Económica – IGAPE
IGAPE- Oficina de Pontevedra
Edif. Adm. Xunta de Galicia. Fernández Ladreda, 43 - 5ª planta
36003 Pontevedra (Pontevedra)
Teléfono: 986805305
Fax: 986805308
Email: pontevedra@igape.es
Xunta de Galicia
Consellería de Economía, Industria e Innovación
Instituto Galego de Promoción Económica – IGAPE
IGAPE- Oficina de Vigo
Edif. Adm. Xunta de Galicia. Praza da Estrela 9,7ª planta
36201 Vigo (Pontevedra)
Teléfono: 986817366
Fax: 986817361
Email: vigo@igape.es
Instituto Galego de Promoción Económica – IGAPE
Resolución do 19 de maio de 2017 pola que se dá publicidade do acordo do Consello de Dirección que aproba as bases reguladoras das axudas aos proxectos de investimento empresarial, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020, e se convocan en réxime de concorrencia non competitiva (DOG nº 103 do 1 de xuño de 2017).
Extracto da Resolución do 19 de maio de 2017 pola que se dá publicidade do acordo do Consello de Dirección que aproba as bases reguladoras das axudas aos proxectos de investimento empresarial, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020, e se convocan en réxime de concorrencia non competitiva (DOG nº 103 do 1 de xuño de 2017).
Resolución do 28 de decembro de 2017 pola que se amplía o prazo de presentación de solicitudes da Resolución do 19 de maio de 2017 pola que se dá publicidade ao acordo do Consello de Dirección que aproba as bases reguladoras das axudas aos proxectos de investimento empresarial, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020, e se convocan en réxime de concorrencia non competitiva (DOG nº 246 do 29 de decembro de 2017)
Resolución do 18 de febreiro de 2019 pola que se amplían os prazos máximos de execución dos proxectos, os prazos máximos de presentación da solicitude de cobramento e se redistribúen os créditos orzamentarios da Resolución do 19 de maio de 2017 pola que se dá publicidade ao acordo do Consello de Dirección que aproba as bases reguladoras das axudas aos proxectos de investimento empresarial, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020, e se convocan en réxime de concorrencia non competitiva (DOG nº 40 do 26 de febreiro de 2019).
Extracto da Resolución do 18 de febreiro de 2019 pola que se amplían os prazos máximos de execución dos proxectos, os prazos máximos de presentación da solicitude de cobramento e se redistribúen os créditos orzamentarios da Resolución do 19 de maio de 2017 pola que se dá publicidade ao acordo do Consello de Dirección que aproba as bases reguladoras das axudas aos proxectos de investimento empresarial, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020, e se convocan en réxime de concorrencia non competitiva (DOG nº 40 do 26 de febreiro de 2019).
Resolución do 21 de outubro de 2019 pola que se dá publicidade aos beneficiarios das axudas concedidas durante o primeiro e segundo trimestre de 2019 (DOG nº 212 do 7 de novembro de 2019).
Resolución do 17 de febreiro de 2020 pola que se modifican os créditos orzamentarios da Resolución do 19 de maio de 2017 pola que se dá publicidade ao acordo do Consello de Dirección que aproba as bases reguladoras das axudas aos proxectos de investimento empresarial, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020, e se convocan en réxime de concorrencia non competitiva (DOG nº 36 do 21 de febreiro de 2020).
Extracto da Resolución do 17 de febreiro de 2020 pola que se modifican os créditos orzamentarios da Resolución do 19 de maio de 2017 pola que se dá publicidade ao acordo do Consello de Dirección que aproba as bases reguladoras das axudas aos proxectos de investimento empresarial, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020, e se convocan en réxime de concorrencia non competitiva (DOG nº 36 do 21 de febreiro de 2020).
Resolución do 23 de marzo de 2021 pola que se modifican os efectos dos incumprimentos dos requisitos de creación e mantemento de emprego vinculados aos proxectos de investimento obxecto de axuda ao abeiro da Resolución do 19 de maio de 2017 pola que se dá publicidade do Acordo do Consello de Dirección que aproba as bases reguladoras das axudas aos proxectos de investimento empresarial, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020, e se convocan en réxime de concorrencia non competitiva (Diario Oficial de Galicia número 103, do 1 de xuño de 2017), modificada pola Resolución do 28 de decembro de 2017 (Diario Oficial de Galicia número 246, do 29 de decembro de 2017) e pola Resolución do 18 de febreiro de 2019 (Diario Oficial de Galicia número 40, do 26 de febreiro de 2019). (DOG nº 62 do 5 de abril de 2021).
Resolución do 21 de abril de 2021 pola que se dá publicidade dos beneficiarios das axudas concedidas durante o primeiro e segundo trimestres de 2020 (DOG nº 82 do 3 de maio de 2021).
Resolución do 19 de outubro de 2021 pola que se dá publicidade dos beneficiarios das axudas concedidas durante o terceiro e cuarto trimestres de 2020 (DOG nº 210 do 2 de novembro de 2021).
Resolución do 19 de setembro de 2022 pola que se dá publicidade dos beneficiarios das axudas concedidas durante o terceiro e cuarto trimestres de 2021 (DOG nº 194 do 11 de outubro de 2022).
Prazo de presentación: PECHADO
02/06/2017 00:00 - 28/03/2018 23:59
Amplíase ata o 28 de marzo de 2018, inclusive, o prazo de presentación de solicitudes previsto na letra b) do punto segundo da Resolución do 19 de maio de 2017 mediante a que se lle deu publicidade ao acordo do Consello de Dirección que aproba as bases reguladoras das axudas aos proxectos de investimento empresarial, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020, e se convocan en réxime de concorrencia non competitiva.
- As persoas interesadas deberán achegar xunto coa solicitude a seguinte documentación:
- a) Para todas as solicitudes:
- 1º. As tres ofertas que, en aplicación do artigo 29.3 da Lei de subvencións de Galicia, deba ter solicitado o beneficiario, de acordo co establecido no artigo 5.3.h) destas bases reguladoras.
- 2º. Declaración responsable do representante legal da empresa de ter a capacidade administrativa, financeira e operativa para cumprir os obxectivos do proxecto, que se deberá cubrir no formulario de solicitude.
- 3º. Memoria descritiva do investimento proxectado, que se deberá cubrir no formulario electrónico de solicitude.
- 4º. Declaración da condición de peme, que se deberá cubrir no formulario electrónico de solicitude.
- 5º. Declaración responsable de non inicio dos investimentos e de non existencia de acordo irrevogable para realizar o proxecto, que se deberá cubrir no formulario electrónico de solicitude.
- 6º. Se é o caso, certificación acreditativa de ter implantado un sistema de xestión ambiental emitido por entidade acreditada.
- 7º. Para proxectos de investimentos xeradores de emprego, ademais, terá que presentar: acreditación do emprego existente antes da solicitude:
- i) TC1 e TC2 dos 3 meses (ou dos 12 meses, para os proxectos definidos no punto 2º do artigo 5.2.a), nos cales se tome como base os salarios) anteriores á data de presentación da solicitude de axuda de todos os centros de traballo da empresa en Galicia. No caso de actividades que acrediten unha elevada estacionalidade, poderán solicitar que se teña en conta a cifra media de emprego do beneficiario dos 12 meses anteriores á solicitude.
- ii) Certificado da Tesouraría Xeral da Seguridade Social de afiliados adscritos ás contas de cotización da empresa por tipos de contrato, e de todos os centros de traballo da empresa, na data de solicitude da axuda.
- 8º. No caso de investimento en obra civil deberán achegar:
- i) Planos:
Esbozo de localización dentro do termo municipal.
Plano xeral acoutado das instalacións, diferenciando a situación inicial da posterior ao investimento.
Planos de distribución en planta, nos cales se aprecien os espazos da nova construción e a instalación dos novos bens de equipamento.
- ii) No caso de reforma en inmobles arrendados, contrato de arrendamento do inmoble por un período mínimo de 5 anos desde a data de finalización do proxecto.
- b) Para sociedades xa constituídas:
- 1º. Escritura de constitución e dos estatutos debidamente inscritos no rexistro competente e as súas modificacións posteriores.
- 2º. Poder do representante que presenta a solicitude, inscrito, se é o caso, no rexistro competente.
- 3º. Declaración do imposto de sociedades, referido ao último exercicio pechado ou declaración do imposto da renda das persoas físicas do último ano, no caso de autónomos.
- c) Para sociedades en constitución:
- 1º. Certificado do Rexistro Xeral de Sociedades Mercantís da Dirección Xeral dos Rexistros e do Notariado do Ministerio de Xustiza, ou do rexistro competente, de non figurar inscrita a futura denominación social da entidade que se vai constituír.
- 2º. Proxecto de estatutos da sociedade.
- Comprobación de datos.
1. Para a tramitación deste procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos elaborados polas administracións públicas:
- a) DNI da persoa representante.
- b) NIF da entidade solicitante.
- c) Certificado da AEAT de alta no imposto de actividades económicas (IAE).
- d) Certificado de estar ao día nas obrigas tributarias coa AEAT.
- e) Certificado de estar ao día no pagamento coa Seguridade Social.
- f) Certificado de estar ao día no pagamento coa Consellería de Facenda.
- g) Declaración do imposto da renda das persoas físicas do último ano no caso de autónomos.
2. No caso de que as persoas interesadas se opoñan a esta consulta, deberán indicalo no cadro correspondente habilitado no formulario de inicio e achegar os documentos.
3. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilitase a obtención dos citados datos poderáselles solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.
- Para presentar a solicitude de axuda, os interesados deberán cubrir previamente un formulario descritivo das circunstancias do solicitante e do proxecto para o cal solicita a subvención a través da aplicación establecida no enderezo da internet http://www.tramita.igape.es.
Deberán cubrirse necesariamente todos os campos do formulario establecidos como obrigatorios, tras o cal a aplicación emitirá un identificador de documento electrónico (IDE) que identificará univocamente a solicitude de axuda. O IDE estará composto de 40 caracteres alfanuméricos e obterase mediante o algoritmo estándar de extractado SHA-1 160 bits a partir do documento electrónico xerado pola aplicación informática citada anteriormente.
As solicitudes de axuda presentaranse mediante o formulario normalizado que se obterá de xeito obrigatorio na citada aplicación informática e que se xunta como anexo I a estas bases a título informativo. No formulario será obrigatoria a inclusión dos 40 caracteres alfanuméricos do IDE obtido no paso anterior. As solicitudes que carezan do IDE ou nas cales este sexa erróneo (sexa porque ten un formato erróneo ou porque non foi xerado pola aplicación informática) non serán tramitadas, e concederáselles aos solicitantes un prazo de 10 días para a súa emenda, transcorrido o cal se terán por desistidos da súa petición, logo de resolución de arquivamento.
Unha vez xerada a solicitude, deberase presentar obrigatoriamente por vía electrónica a través do formulario de solicitude normalizado co IDE (anexo I), accesible desde a sede electrónica da Xunta de Galicia https://sede.xunta.gal, de acordo co establecido no artigo 14.2 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas. Considérase que todos os solicitantes, ao exercer unha actividade económica, dispoñen de ferramentas informáticas cun coñecemento básico do seu funcionamento e, ademais, deben declarar a súa capacidade administrativa, financeira e operativa para cumprir os obxectivos do proxecto, polo que queda acreditado que teñen acceso e dispoñibilidade aos medios electrónicos necesarios.
No caso de presentación da solicitude de xeito presencial, o Igape requirirá o solicitante para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela en que fose realizada a emenda.
Os solicitantes por esta vía electrónica deberán reunir os seguintes requisitos:
- a) Será necesario que o asinante da solicitude teña a representación legal da empresa ou entidade solicitante. Esta representación deberá ser individual ou solidaria, de xeito que coa súa sinatura abonde para acreditar a vontade do solicitante.
- b) O asinante deberá posuír un certificado dixital en vigor baixo a norma X.509 V3, válido tal e como especifica a Orde do 25 de novembro de 2004 da Consellería de Economía e Facenda pola que se establecen as normas específicas sobre o uso da sinatura electrónica nas relacións por medios electrónicos, informáticos e telemáticos coa Consellería de Facenda e os seus organismos e entidades adscritas (DOG nº 239, do 10 de decembro de 2004). Os certificados de clase 2 CA emitidos pola Fábrica Nacional de Moeda e Timbre-Real Casa da Moeda serán válidos para efectos de presentación de solicitudes. Se o certificado corresponde a unha persoa física, a súa representación acreditarase documentalmente ao longo da tramitación do expediente.
- c) A presentación ante o Rexistro Electrónico da Xunta de Galicia admite a sinatura da solicitude por parte dun único solicitante. No caso de que deba ser asinada por máis dun solicitante (por exemplo, solicitudes con dous asinantes, representación mancomunada, etc.) deberá necesariamente anexar un documento en que se deixe constancia de que todos os asinantes autorizan un deles para presentar a solicitude. Este documento realizarase en papel con sinaturas manuscritas e deberá ser escaneado a formato PDF para ser anexado.
- d) Unha vez asinado o formulario de solicitude co IDE, mediante certificación dixital do presentador, e transferidos estes ao Igape, anotarase unha entrada no Rexistro Electrónico da Xunta de Galicia.
- e) No momento da presentación o rexistro expedirá, empregando as características da aplicación telemática, un recibo no cal quedará constancia do feito da presentación.
Os solicitantes poderán obter en todo momento un xustificante da recepción por parte do Igape dos termos da súa solicitude contidos no formulario. Deberano solicitar no enderezo de correo electrónico informa@igape.es, con indicación dos 40 caracteres do IDE e o enderezo de correo electrónico en que desexan recibir o xustificante.
Máis información
Localice o procedemento ou servizo na guía de procedementos e servizos, consulte a información do trámite e revise a documentación obrigatoria para presentar a solicitude que figura na pestana "Presentación" no apartado "Documentación para a presentación".
No apartado "Anexos asociados" ten dispoñibles modelos en formato PDF para aqueles documentos para os que se precisan. Se os necesita:
- Primeiro descargue no seu equipo os modelos PDF (asegúrese de que están descargados, non abertos no navegador).
- A continuación cubra os modelos. Se algunha táboa ten filas e non son suficientes pode engadilas nese documento descargado.
- Por último garde ou imprima en versión PDF un arquivo electrónico de cada modelo cuberto.
- Asine o documento, se así se require.
- Para finalizar anexe o modelo ou modelos en PDF na súa presentación.
No caso de que o procedemento non figure na guía, poderá empregar a solicitude xenérica.
Prema en "Tramitar en liña" para iniciar o trámite electrónico.
Identifíquese empregando un certificado electrónico ou Chave365.
Agora xa está dentro do seu espazo persoal "A miña sede".
Cubra o formulario e lembre que pode gardalo para recuperalo máis adiante desde o apartado "Os meus borradores" de "A miña sede".
Cando o teña cuberto, prema en "Continuar".
Anexe a documentación que queira presentar xunto co formulario. Inclúa os modelos cubertos no paso 1.
Pode consultar como enviar ficheiros que non teñen o tamaño ou o formato aceptados por esta sede.
Asine o formulario e a documentación que quere entregar.
Pode facelo cun certificado electrónico empregando a aplicación Autofirma ou, se emprega Chave365, coa clave de sinatura que recibirá no seu móbil.
Descargue o xustificante da presentación.
Poderá tamén acceder a este documento desde o apartado "Os meus expedientes" de "A miña sede".
Consulte como proceder cos documentos de gran tamaño e en distintos formatos
Revise a documentación obrigatoria para o trámite que vai realizar na ficha do procedemento na Guía de procedementos e servizos.
Lembre que este servizo soamente estará disponible desde o espazo "A miña sede" da sede electrónica e naqueles procedementos que teñan habilitados trámites electrónicos posteriores á solicitude cando así o estableza a súa norma reguladora.
Prepare os arquivos electrónicos necesarios e comprobe que utiliza formatos compatibles coa sede: .bmp, .ce3, .cex, .csv, .cte, .dbf, .doc, .docx, .dwg, .dxfn, .hexhash, .inp, .jpg, .ods, .odt, .pd2, .pdf, .pdl, .png, .prj, .shp, .shx, .tiff, .txt, .xls, .xlsx, .xml, .tgd, .kmz, .kml e .gpx
O tamaño máximo do conxunto de documentos achegados a unha presentación en esta sede é de 100 MB, e non se admiten arquivos comprimidos.
Comprobe o tamaño total do conxunto de documentos que precisa achegar:
- Se é inferior a 100 MB pode achegar todos os documentos á solicitude
- Se é superior a 100 MB separe os arquivos de máis de 100 MB, agrupe o resto en subconxuntos de documentos que non superen os 100 MB e proceda segundo os seguintes pasos
- Presente a solicitude achegando un subconxunto de documentos de menos de 100 MB.
- Repita o trámite de achega de documentación separada da solicitude para cada un dos subconxuntos restantes de documentos, seguindo estes pasos:
- Unha vez finalizada a presentación acceda ao apartado "Os meus expedientes" de "A miña sede", seleccione o expediente da solicitude que acaba de realizar, pulse na opción "Accións" e seleccione "Achega de documentación separada da solicitude".
- Cubra o formulario e pulse en "continuar"
- Achegue o seguinte subconxunto de documentos
- Asine e complete a achega de documentación separada
- Repita este proceso para cada subconxunto de documentos de menos de 100 MB
Se algún arquivo supera individualmente os 100 MB:
- Proceda segundo se explica nos pasos anteriores para o resto de arquivos
- Descargue no seu equipo o modelo xenérico para a achega de documentación separada
- Cubra o modelo, indicando o expediente ou número de rexistro de entrada da solicitude electrónica realizada e a unidade responsable do procedemento
- Imprima o modelo e presénteo de forma presencial, xunto coa documentación en formato físico -CD, DVD, USB-, en calquera das oficinas de rexistro
Prazo de resolución: Cinco meses
Sentido do silencio: Negativo
Máis información
Consulte como responder a un requirimento de emenda de documentación
Revise a documentación obrigatoria para o trámite que vai realizar na ficha do procedemento na Guía de procedementos e servizos. Na pestana "Presentación", no apartado "Documentación para a presentación" figura o listado de documentos requiridos para a presentación. No apartado "Anexos asociados" ten dispoñibles os modelos en formato .pdf para aqueles documentos para os que se precisan.
Descargue no seu equipo os modelos que deba presentar e cúbraos. Garde ou imprima a un arquivo electrónico cada modelo cuberto para anexalo posteriormente na presentación.
Acceda ao seu espazo persoal "A miña sede". Identifíquese empregando un certificado electrónico ou Chave365. Busque o expediente relacionado co requirimento e seleccione no menú "Acción" da dereita a opción "Emenda ao requirimento".
* No caso de que o expediente non apareza no seu espazo persoal, ou a opción "Emenda ao requirimento" non estivese dispoñible para ese expediente, poderá realizar electronicamente a emenda utilizando a solicitude xenérica.
Cubra o formulario indicando os datos ou documentos achegados para a emenda.
Anexe os documentos que queira presentar. Inclúa os modelos cubertos no paso 1.
Asine o formulario e os documentos que vai entregar para a emenda.
Pode facelo con certificado electrónico utilizando a aplicación Autofirma ou, se emprega Chave365, coa clave de sinatura que recibirá nunha mensaxe no seu móbil.
Descargue o xustificante de presentación da emenda.
Poderá acceder en calquera momento aos seus xustificantes electrónicos desde o seu espazo persoal "A miña sede".
Coñeza como achegar documentación xustificativa a un expediente en curso
Revise a documentación obrigatoria para o trámite que vai realizar na ficha do procedemento na Guía de procedementos e servizos.
Na pestana "Despois da presentación", no apartado "Xustificación" figura o listado de documentos requiridos para a xustificación. No apartado "Anexos asociados" ten dispoñibles os modelos en formato .pdf para aqueles documentos para os que se precisan.
Descargue no seu equipo os modelos que deba presentar e cúbraos.
Garde ou imprima a un arquivo electrónico cada modelo cuberto para anexalo posteriormente na presentación.
Acceda ao seu espazo persoal "A miña sede".
Identifíquese empregando un certificado electrónico ou Chave365.
Busque o expediente para o que precisa achegar documentación xustificativa. No menú "Acción" que aparece á dereita seleccione a opción "Achega de documentación xustificativa".
* No caso de que o expediente non apareza no seu espazo persoal, ou a opción "Achega de documentación xustificativa" non estivese dispoñible para ese expediente, poderá realizar electronicamente a xustificación utilizando a solicitude xenérica.
Cubra o formulario.
Indique os documentos que achega para a xustificación.
Anexe os documentos que queira presentar para a xustificación. Inclúa os modelos cubertos no paso 1.
Asine o formulario e os documentos que vai entregar para a xustificación.
Pode facelo con certificado electrónico utilizando a aplicación Autofirma ou, se emprega Chave365, coa clave de sinatura que recibirá nunha mensaxe no seu móbil.
Descargue o xustificante de presentación da xustificación.
Poderá acceder en calquera momento aos seus xustificantes electrónicos desde o seu espazo persoal "A miña sede".
Todos os seus expedientes, presentacións e borradores en "A miña sede"
Para xestionar os seus expedientes o primeiro que debe facer é acceder o seu espazo persoal premendo en "A miña sede" e, a continuación, identificarse empregando calquera dos certificados admitidos nesta sede ou Chave365.
Poderá ver na súa bandexa de entrada os seus últimos expedientes, presentacións e borradores.
Verá en pantalla información detallada de cada expediente ou presentación (número de expediente/rexistro, código e nome do procedemento etc.).
Se desexa ver todos os seus expedientes e presentacións, prema no botón "Ver todos/Buscar".
Ao acceder á pantalla de busca, pode buscar expedientes ou borradores por distintos criterios ou localizalos directamente se coñece o código de acceso.
Poderá realizar accións concretas sobre un expediente (achegar documentación adicional, mellorar unha solicitude, modificar os seus datos de notificación etc.) desde:
- A bandexa de entrada dos seus últimos expedientes, presentacións e borradores, premendo o botón "Acción" da columna "Que podo facer?"
- O detalle do expediente electrónico, premendo directamente nas accións dispoñibles da columna "Que podo facer?"