Orientámolo/a, paso a paso, para presentar unha solicitude no rexistro electrónico
IG401B - Bolsas formativas para a realización de proxectos de mellora das pemes galegas.
Obxecto
1. O obxecto destas axudas é a concesión do número de bolsas indicado na resolución de convocatoria para a realización de prácticas formativas incardinadas en programas de mellora nas pemes galegas, segundo o plan formativo do anexo III destas bases, coa finalidade de formar titulados/as universitarios/as en diversas áreas relacionadas coa profesionalización e desenvolvemento estratéxico da empresa (procedemento IG401B):
a) Optimización financeira/mellora do circulante.
b) Profesionalización da produción e tecnoloxías relacionadas coa Fábrica do Futuro e o concepto Industria 4.0.
c) Relanzamento comercial.
d) Xestión por procesos.
e) Imaxe e comunicación empresarial.
f) Construción dun proxecto de futuro e plan de mellora empresarial.
g) Desenvolvemento de plans de acción.
h) Identificación e desenvolvemento de redes de cooperación e socios.
i) Innovación na empresa.
j) Desenvolvemento do capital humano.
k) Execución de vixilancia tecnolóxica/intelixencia competitiva.
l) Asesoramento integral ao proceso emprendedor.
m) Dixitalización na empresa.
2. Os/as titulados/as participarán nun itinerario formativo especificamente deseñado para a participación no programa e realizarán prácticas formativas baixo a tutela de axentes colaboradores/as do Igape en proxectos de mellora de pequenas e medianas empresas, apoio ao/á emprendedor/a ou proxectos colaborativos de asociacións ou clústers empresariais, período en que recibirán formación e titorización directamente por parte do/da axente colaborador/a.
O procedemento de concesión destas bolsas tramitarase en réxime de concorrencia competitiva.
Entidades colaboradoras.
1. Co fin de ofertar destinos formativos aos/ás bolseiros/as, o Igape formalizará convenios de adhesión como entidade colaboradora coas empresas ou entidades que cumpran os seguintes requisitos:
a) Solvencia técnica: empresas con experiencia mínima de catro (4) anos en consultoría empresarial especificamente dirixida á elaboración de proxectos de mellora nas pemes nos ámbitos relacionados no artigo 1 (proxectos elixibles), que teñan asegurada carga de traballo nos próximos doce (12) meses neste tipo de proxectos, designen un/unha titor/a cun compromiso de dedicación mínima ao/á bolseiro/a do 10 % da súa xornada, e presenten un plan formativo cun mínimo de 40 horas teóricas e 1.600 prácticas que se desenvolverán durante os doce (12) meses da bolsa. Os servizos a empresas en que se integrarán os/as bolseiros/as non consistirán en actividades permanentes ou periódicas de xestoría ou auditoría (asesoría fiscal, contable, laboral, servizos xurídicos periódicos, auditoría, publicidade e outros).
Acreditación da solvencia técnica:
1º. Declaración responsable dos principais proxectos elixibles executados durante os últimos catro anos, con indicación de título, descrición, importe contratado, dedicación en horas/persoa e cliente final.
2º. Relación de contratos asinados ou encargas firmes para os próximos doce (12) meses e carga de traballo en horas/persoa asociada a cada un deles.
3º. Plan de formación teórica dos/das bolseiros/as e plan de prácticas formativas mediante a participación nos proxectos enumerados na relación de contratos anterior. Estes plans débense axustar e concretar o establecido no plan formativo do anexo III das bases reguladoras.
4º. Declaración responsable do/da titor/a en que se comprometa á dedicación dun 10 % da súa xornada á supervisión e formación directa do/da bolseiro/a.
Quedará ao criterio do Igape a avaliación positiva ou negativa da solvencia técnica acreditada pola empresa, de acordo cos requirimentos do programa de bolseiros/as.
b) Solvencia económica: acreditación do cumprimento dos seguintes requisitos:
1º. Mínimo tres (3) empregados/as UTA (unidades de traballo-ano, calculadas como número de traballadores/as a tempo completo máis o sumatorio de traballadores/as a tempo parcial ponderados coa súa dedicación). Sumaranse tamén aquí os/as profesionais independentes con dedicación superior ao 90 % á empresa no ano inmediatamente anterior ao da convocatoria. Deberase acreditar mediante vida laboral da empresa para o ano inmediatamente anterior ao da convocatoria, declaración responsable da empresa subscrita polos/as profesionais con dedicación superior ao 90 %, ou calquera outra documentación que, ao xuízo do Igape, sexa bastante.
2º. Facturación mínima no ano inmediatamente anterior ao da convocatoria: 200.000 € en proxectos de servizos profesionais. Deberase acreditar mediante declaración relativa á cifra de negocios do dito exercicio.
2. Non poderán obter a condición de entidade colaboradora aquelas empresas ou entidades nas cales concorra algunha das circunstancias previstas no artigo 10.2 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e na súa normativa de desenvolvemento.
3. Obrigas da entidade colaboradora.
1º. Executar o plan de formación teórica e o plan de prácticas formativas mediante a participación nos proxectos enumerados na solvencia técnica presentada.
2º. Asignar un/unha titor/a a cada bolseiro/a, cunha dedicación dun 10 % da súa xornada á supervisión e formación directa deste/a.
3º. Cumprir a normativa en materia de prevención de riscos laborais e seguridade e saúde no traballo e incluír o/a bolseiro/a no plan de prevención de riscos das súas instalacións ou daquelas pemes en que se desenvolva a formación práctica.
4º. Sufragar os gastos de desprazamento en que incorra o/a bolseiro/a durante as prácticas formativas. Para este efecto, a entidade colaboradora fixará unha localización das prácticas formativas para o/a bolseiro/a, que poderá ser directamente na peme ou no centro de traballo da entidade colaboradora. Esta localización non se poderá cambiar máis de cinco veces ao longo da bolsa. Os gastos que se van sufragar serán os relativos aos desprazamentos desde a localización fixada.
5º. Informar o Igape de calquera incidencia que ocorra ao longo do periodo da bolsa.
6º. Someterse aos mecanismos de inspección e de control que o Igape considere convenientes, vinculados ás actividades formativas dos/das beneficiarios/as en relación coa bolsa concedida.
4. Os clústers galegos legalmente constituídos, os centros tecnolóxicos, as entidades asociativas de carácter empresarial ou profesional, as entidades coas cales o Igape colabore no marco dun acordo formal para a prestación de servizos a empresas ou emprendedores/as no ámbito do artigo 1 destas bases, e as empresas cuxa data de constitución teña unha antigüidade inferior a catro (4) anos na data de publicación da convocatoria de bolsas para a cal van acoller bolseiros/as eximiranse do requisito de solvencia técnica relativa á experiencia de catro (4) anos (si deberán cumprir o resto de requisitos de solvencia técnica), así como dos requisitos de solvencia económica. Así mesmo, quedarán exentos da presentación da declaración responsable dos principais proxectos elixibles executados durante os últimos catro (4) anos, e substituirán a relación de contratos asinados ou encargos firmes para os próximos doce (12) meses por unha declaración dos principais traballos que van acometer.
A quen vai dirixido?
Titulados/as universitarios/as.
Sen prexuízo doutras obrigas conforme estas bases e demais disposicións aplicables, os/as beneficiarios/as das bolsas quedarán suxeitos/as ás seguintes obrigas:
a) Asistir á formación teórica e incorporarse ás prácticas formativas asignadas dentro do prazo indicado nestas bases.
b) Cumprir as normas internas establecidas polo/a titor/a asignado/a.
c) Elaborar e presentarlle ao Igape trimestralmente, en colaboración co/coa seu/súa titor/a, un informe parcial dos traballos realizados durante ese período e un informe de vida laboral.
d) Elaborar e presentarlle ao Igape ao final da bolsa, en colaboración co/coa seu/súa titor/a, unha memoria final dos traballos realizados durante todo o período da bolsa e completar a enquisa de avaliación que recibirán ao finalizar este.
e) Comunicar ao Igape a obtención doutras bolsas ou axudas de carácter similar, así como a modificación das circunstancias que fundamentaron a concesión. Esta comunicación deberase efectuar no momento en que se coñeza e, en todo caso, con anterioridade ao aboamento da bolsa.
f) Proceder ao reintegro da bolsa percibida, total ou parcialmente, no suposto de incumprimento das condicións establecidas para a súa concesión ou nos supostos previstos no título II da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
g) Cumprir as demais obrigas que resulten do artigo 11 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
h) Subministrar toda a información necesaria para que o Igape poida dar cumprimento ás obrigas previstas no título I da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno. As consecuencias do incumprimento desta obriga serán as establecidas no artigo 4.4 da devandita lei.
Requisitos
a) Posuír a nacionalidade española ou ser nacional dun Estado membro da Unión Europea e estar empadroado/a nun municipio da Comunidade Autónoma de Galicia.
b) Cumprir os requisitos do artigo 10 da Lei 9/2007, de subvencións de Galicia, para ser considerado/a beneficiario/a de subvencións.
c) Estar en posesión dalgunha das seguintes titulacións universitarias na data en que finaliza o prazo de presentación de solicitudes: Física, Enxeñería, Matemáticas, Química, Administración e Dirección de Empresas, Economía, Dereito, Bioloxía/Biotecnoloxía e Farmacia. A titulación deberase ter obtido con posterioridade á data indicada na resolución de convocatoria.
Os títulos obtidos no estranxeiro ou en centros privados españois deberán estar homologados polo Ministerio de Educación español na data en que finalice o prazo de presentación de solicitudes.
d) Non ter desfrutado con anterioridade de ningunha outra bolsa do Igape.
e) Non ter desempeñado con anterioridade algún traballo profesional para o cal se requirise a mesma titulación exixida nesta convocatoria, en virtude de calquera tipo de contrato laboral de duración igual ou superior a seis meses, o cal se acreditará mediante informe de vida laboral da Seguridade Social.
f) Non padecer enfermidade nin estar afectado/a por limitación física ou psíquica que imposibilite o cumprimento das súas obrigas como bolseiro/a.
g) Estar ao día nas súas obrigas tributarias estatais e autonómicas e coa da Seguridade Social, así como non ter pendente de pagamento ningunha outra débeda, por ningún concepto, coa Administración pública da Comunidade Autónoma. O cumprimento deste requisito acreditarase cubrindo no formulario telemático a declaración responsable do/da solicitante de estar ao día no cumprimento das obrigas tributarias, fronte á Seguridade Social e de non ter pendente de pagamento ningunha outra débeda coa Administración da Comunidade Autónoma, de acordo co establecido no artigo 48.d) da Lei 1/2017, do 8 de febreiro, de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2017.
h) Ter nacido despois do 31.12.1983.
A onde acudir
Xunta de Galicia
Vicepresidencia 2ª e Consellería de Economía, Empresa e Innovación
Instituto Galego de Promoción Económica – IGAPE
Complexo Administrativo San Lázaro, s/n
15703 Santiago de Compostela (Coruña, A)
Teléfono: 900815151
Fax: 981558844
Email: informa@igape.es
Xunta de Galicia
Vicepresidencia 2ª e Consellería de Economía, Empresa e Innovación
Instituto Galego de Promoción Económica – IGAPE
IGAPE - Oficina da Coruña
Edif. Adm. Xunta de Galicia. Praza de Luis Seoane, s/n, 2ª planta
15008 Coruña, A (Coruña, A)
Teléfono: 981182239
Fax: 981182240
Email: coruña@igape.es
Xunta de Galicia
Vicepresidencia 2ª e Consellería de Economía, Empresa e Innovación
Instituto Galego de Promoción Económica – IGAPE
IGAPE - Oficina de Ferrol
Edif. Adm. Xunta de Galicia. Praza Camilo José Cela s/n, 4ª planta
15403 Ferrol (Coruña, A)
Teléfono: 981337101
Fax: 981337106
Email: ferrol@igape.es
Xunta de Galicia
Vicepresidencia 2ª e Consellería de Economía, Empresa e Innovación
Instituto Galego de Promoción Económica – IGAPE
IGAPE - Oficina de Lugo
Edif. Adm. Xunta de Galicia. Ronda da Muralla, 70, baixo
27071 Lugo (Lugo)
Teléfono: 982294032
Fax: 982294801
Email: lugo@gape.es
Xunta de Galicia
Vicepresidencia 2ª e Consellería de Economía, Empresa e Innovación
Instituto Galego de Promoción Económica – IGAPE
IGAPE- Oficina de Ourense
Edif. Adm. Xunta de Galicia. Avda. da Habana, 79 - 5ª planta
32004 Ourense (Ourense)
Teléfono: 988687289
Fax: 988687290
Email: ourense@gape.es
Xunta de Galicia
Vicepresidencia 2ª e Consellería de Economía, Empresa e Innovación
Instituto Galego de Promoción Económica – IGAPE
IGAPE- Oficina de Pontevedra
Edif. Adm. Xunta de Galicia. Fernández Ladreda, 43 - 5ª planta
36003 Pontevedra (Pontevedra)
Teléfono: 986805305
Fax: 986805308
Email: pontevedra@igape.es
Xunta de Galicia
Vicepresidencia 2ª e Consellería de Economía, Empresa e Innovación
Instituto Galego de Promoción Económica – IGAPE
IGAPE- Oficina de Vigo
Edif. Adm. Xunta de Galicia. Praza da Estrela 9,7ª planta
36201 Vigo (Pontevedra)
Teléfono: 986817366
Fax: 986817361
Email: vigo@igape.es
Órgano responsable
Instituto Galego de Promoción Económica – IGAPE
Normativa
Ámbito Autonómico
Resolución do 7 de xullo de 2017 pola que se lle dá publicidade ao acordo do Consello de Dirección que aproba as bases reguladoras do Programa de bolsas formativas para a realización de proxectos de mellora das pemes galegas, e se procede á súa convocatoria en réxime de concorrencia competitiva (DOG nº 137 do 19 de xullo de 2017).
Resolución do 4 de setembro de 2017 pola que se amplía o prazo de presentación de solicitudes da Resolución do 7 de xullo de 2017 pola que se lle dá publicidade ao acordo do Consello de Dirección que aproba as bases reguladoras do Programa de bolsas formativas para a realización de proxectos de mellora das pemes galegas, e se procede á súa convocatoria en réxime de concorrencia competitiva (DOG nº 173 do 12 de setembro de 2017).
Resolución do 19 de decembro de 2017 pola que se dá publicidade á resolución de concesión do Programa de bolsas formativas para a realización de proxectos de mellora das pemes galegas (DOG nº 9 do 12 de xaneiro de 2018).
Prazo
Prazo de presentación: PECHADO
20/07/2017 - 29/09/2017
Segundo a Resolución do 4 de setembro de 2017 amplíase o prazo de presentación de solicitudes ata o día 29 de setembro de 2017.
Documentación para a presentación
- a) Curriculum vitae.
- b) Copia do pasaporte, no caso de que o/a solicitante sexa estranxeiro/a e non teña o número de identificación de estranxeiría (NIE).
- c) Expediente académico oficial expedido polo centro ou institución onde o/a solicitante realizou os seus estudos universitarios superiores ou medios. Para a súa valoración, no expediente académico deberá constar a nota media, calculada segundo o sistema establecido no Real decreto 1125/2003, do 5 de setembro.
- d) Xustificante de ter pagadas as taxas para a obtención do título de estudos universitarios acadado segundo o expresado no artigo 4.3, na súa falta.
- e) Para o caso de títulos expedidos por centros estranxeiros ou privados, acreditación da súa homologación polo Ministerio de Educación español.
- f) Certificado médico de boa saúde para o normal exercicio da bolsa, emitido con posterioridade á data de convocatoria.
- g) Informe de vida laboral expedido pola Tesouraría Xeral da Seguridade Social ou organismo equivalente estranxeiro emitido con posterioridade á data de convocatoria.
- h) Acreditación da formación específica, se é o caso; certificado de realización do curso completo nesta materia en que conste o número de horas ou créditos do curso. O curso deberá estar rematado na data de finalización do prazo de presentación de solicitudes.
- i) Certificado oficial de nivel de lingua estranxeira, se é o caso. O nivel deberá estar certificado nunha data non superior á de finalización do prazo de presentación de solicitudes.
De acordo co disposto no artigo 28.3 da Lei 39/2015, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e no artigo 20.3 da Lei 9/2007, de subvencións de Galicia, non será necesario presentar a documentación que xa se encontre en poder do Igape, sempre que se manteña vixente e se identifique no formulario de solicitude o procedemento administrativo para o cal foi presentada. No suposto de imposibilidade material de obter a documentación ou no caso de que se constate a non validez desta, o órgano competente poderá requirirlle ao/á solicitante a súa presentación ou, na súa falta, a acreditación por outros medios dos requisitos a que se refire o documento.
- Comprobación de datos.
1. Para a tramitación deste procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos elaborados polas administracións públicas:
- a) DNI da persoa solicitante ou representante.
- b) NIE da persoa solicitante ou representante.
- c) Certificado de empadroamento para acreditar o cumprimento da veciñanza administrativa en Galicia.
- d) Título de estudos universitarios obtido, segundo o expresado no artigo 4.3.
2. No caso de que as persoas interesadas se opoñan a esta consulta, deberano indicar no cadro correspondente habilitado no formulario de solicitude e achegar os documentos.
3. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilite a obtención dos citados datos, poderéselles solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.
- Forma e lugar de presentación das solicitudes:
- a) Dentro do prazo establecido na convocatoria para presentar a solicitude de axuda, os/as interesados/as deberán cubrir previamente un formulario a través da aplicación establecida no enderezo da internet http://www.tramita.igape.es.
No suposto de que o/a beneficiario/a non teña capacidade técnica ou económica, ou que por outros motivos non teña garantido o acceso e a dispoñibilidade dos medios tecnolóxicos precisos, poderase dirixir ás oficinas centrais do Igape en Santiago de Compostela ou a calquera das súas oficinas territoriais para que lle presten asistencia e medios para cubrir o formulario electrónico, ou a través do número de teléfono 900 81 51 51.
Unha vez cuberto o formulario na aplicación informática, obterase o formulario normalizado de solicitude que se xunta como anexo I a estas bases a título informativo.
- b) Unha vez xerada a solicitude, deberase presentar preferiblemente por vía electrónica a través do formulario de solicitude normalizada (anexo I), accesible desde a sede electrónica da Xunta de Galicia https://sede.xunta.es. Opcionalmente, poderanse presentar as solicitudes presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.
- c) Os/as solicitantes que presenten a solicitude por vía electrónica deberán reunir os seguintes requisitos:
- 1º. O/a asinante deberá posuír un certificado dixital en vigor baixo a norma X.509 V3 válido tal e como especifica a Orde do 25 de novembro de 2004, da Consellería de Economía e Facenda, pola que se establecen as normas específicas sobre o uso da sinatura electrónica nas relacións por medios electrónicos, informáticos e telemáticos coa Consellería de Facenda e os seus organismos e entidades adscritas (DOG nº 239, do 10 de decembro). Os certificados de clase 2 CA emitidos pola Fábrica Nacional de Moeda e Timbre-Real Casa da Moeda serán válidos para efectos de presentación de solicitudes. Se o certificado corresponde a unha persoa física, a súa representación acreditarase documentalmente ao longo da tramitación do expediente.
- 2º. Unha vez asinado o formulario de solicitude, mediante certificación dixital do/da presentador/a, e transferidos estes ao Igape, procederase á anotación dunha entrada no Rexistro Electrónico da Xunta de Galicia.
- 3º. No momento da presentación, o Rexistro expedirá, empregando as características da aplicación electrónica, un recibo no cal quedará constancia do feito da presentación.
- d) Os/as solicitantes poderán obter en todo momento un xustificante da recepción por parte do Igape dos termos da súa solicitude contidos no formulario. Deberano solicitar no enderezo de correo electrónico informa@igape.es.
- A documentación presentarase preferiblemente por vía electrónica. Para iso, os/as solicitantes deberán achegar coa solicitude as copias dixitalizadas dos documentos. O/a solicitante responsabilizarase da veracidade dos documentos que presente. A achega de tales copias implica a autorización para que a Administración acceda e trate a información persoal contida en tales documentos. Excepcionalmente, cando existan dúbidas derivadas da calidade da copia, o Igape poderá solicitar de maneira motivada o cotexo das copias achegadas polo/a interesado/a, para o cal se poderá requirir a exhibición do documento orixinal.
Para achegar os documentos en formato electrónico, o/a solicitante deberá previamente dixitalizar os documentos orixinais e obter arquivos en formato PDF. A aplicación informática permitirá anexar estes arquivos en formato PDF sempre que cada arquivo individual non supere os 4 MB. No caso de que un documento PDF ocupe máis do dito tamaño, deberase xerar con menor tamaño. Calquera outro formato de arquivo distinto do PDF non será aceptado pola aplicación informática nin será considerado como documentación presentada.
Opcionalmente, as persoas interesadas poderán presentar a copia simple da documentación presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común. No formulario de solicitude inclúese unha declaración responsable da persoa que asina a solicitude de que as copias constitúen unha reprodución exacta dos orixinais, os cales lle poderán ser requiridos polo Igape.
- A sede electrónica da Xunta de Galicia ten á disposición das persoas interesadas unha serie de modelos normalizados para facilitar a realización de trámites administrativos despois da presentación das solicitudes de inicio. Este modelos presentaranse por medios electrónicos accedendo ao enderezo da internet http://www.tramita.igape.es. Tamén os poderán presentar presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo.
Como podo?
+Como podo? Presentar unha solicitude
Prepare a información e os documentos a achegar
Inicie o trámite electrónico e identifíquese
Cubra o formulario
Anexe os documentos
Asine a solicitude
Descargue o xustificante
Localice o procedemento ou servizo na guía de procedementos e servizos, consulte a información do trámite e revise a documentación obrigatoria para presentar a solicitude que figura na pestana "Presentación" no apartado "Documentación para a presentación".
No apartado "Anexos asociados" ten dispoñibles modelos en formato .pdf para aqueles documentos para os que se precisan. Descargue no seu equipo os modelos que deba presentar e cúbraos. Garde ou imprima a un arquivo electrónico de cada modelo cuberto para anexalo posteriormente na presentación.
No caso de que o procedemento non figure na guía, poderá empregar a solicitude xenérica.
Prema en "Tramitar en liña" para iniciar o trámite electrónico.
Identifíquese empregando un certificado electrónico ou Chave365.
Agora xa está dentro do seu espazo persoal "A miña sede".
Cubra o formulario e lembre que pode gardalo para recuperalo máis adiante desde o apartado "Os meus borradores" de "A miña sede".
Cando o teña cuberto, prema en "Continuar".
Anexe a documentación que queira presentar xunto co formulario. Inclúa os modelos cubertos no paso 1.
Pode consultar como enviar ficheiros que non teñen o tamaño ou o formato aceptados por esta sede.
Asine o formulario e a documentación que quere entregar.
Pode facelo cun certificado electrónico empregando a aplicación Autofirma ou, se emprega Chave365, coa clave de sinatura que recibirá no seu móbil.
Descargue o xustificante da presentación.
Poderá tamén acceder a este documento desde o apartado "Os meus expedientes" de "A miña sede".
Consulte como proceder cos documentos de gran tamaño e en distintos formatos
Como podo? Presentar documentación de gran tamaño
Prepare a documentación a achegar
Comprobe o tamaño dos arquivos electrónicos
Presente electronicamente os documentos de tamaño inferior a 50 MB
Presente presencialmente os arquivos que superen os 50 MB
Revise a documentación obrigatoria para o trámite que vai realizar na ficha do procedemento na Guía de procedementos e servizos.
Lembre que este servizo soamente estará disponible desde o espazo "A miña sede" da sede electrónica e naqueles procedementos que teñan habilitados trámites electrónicos posteriores á solicitude cando así o estableza a súa norma reguladora.
Prepare os arquivos electrónicos necesarios e comprobe que utiliza formatos compatibles coa sede: .bmp, .ce3, .cex, .csv, .cte, .dbf, .doc, .docx, .dwg, .dxfn, .hexhash, .inp, .jpg, .ods, .odt, .pd2, .pdf, .pdl, .png, .prj, .shp, .shx, .tiff, .txt, .xls, .xlsx, .xml, .tgd, .kmz, .kml e .gpx
O tamaño máximo do conxunto de documentos achegados a unha presentación en esta sede é de 50 MB, e non se admiten arquivos comprimidos.
Comprobe o tamaño total do conxunto de documentos que precisa achegar:
- Se é inferior a 50 MB pode achegar todos os documentos á solicitude
- Se é superior a 50 MB separe os arquivos de máis de 50 MB, agrupe o resto en subconxuntos de documentos que non superen os 50 MB e proceda segundo os seguintes pasos
- Presente a solicitude achegando un subconxunto de documentos de menos de 50 MB.
- Repita o trámite de achega de documentación separada da solicitude para cada un dos subconxuntos restantes de documentos, seguindo estes pasos:
- Unha vez finalizada a presentación acceda ao apartado "Os meus expedientes" de "A miña sede", seleccione o expediente da solicitude que acaba de realizar, pulse na opción "Accións" e seleccione "Achega de documentación separada da solicitude".
- Cubra o formulario e pulse en "continuar"
- Achegue o seguinte subconxunto de documentos
- Asine e complete a achega de documentación separada
- Repita este proceso para cada subconxunto de documentos de menos de 50 MB
Se algún arquivo supera individualmente os 50 MB:
- Proceda segundo se explica nos pasos anteriores para o resto de arquivos
- Descargue no seu equipo o modelo xenérico para a achega de documentación separada
- Cubra o modelo, indicando o expediente ou número de rexistro de entrada da solicitude electrónica realizada e a unidade responsable do procedemento
- Imprima o modelo e presénteo de forma presencial, xunto coa documentación en formato físico -CD, DVD, USB-, en calquera das oficinas de rexistro
Resolución
Prazo de resolución: Catro meses
Sentido do silencio: Negativo
Como podo?
+Consulte como responder a un requirimento de emenda de documentación
Como podo? Responder a un requirimento de emenda
Prepare a información e os documentos a achegar
Inicie o trámite electrónico
Cubra o formulario de emenda
Anexe os documentos requiridos
Asine o formulario
Descargue o xustificante
Revise a documentación obrigatoria para o trámite que vai realizar na ficha do procedemento na Guía de procedementos e servizos. Na pestana "Presentación", no apartado "Documentación para a presentación" figura o listado de documentos requiridos para a presentación. No apartado "Anexos asociados" ten dispoñibles os modelos en formato .pdf para aqueles documentos para os que se precisan.
Descargue no seu equipo os modelos que deba presentar e cúbraos. Garde ou imprima a un arquivo electrónico cada modelo cuberto para anexalo posteriormente na presentación.
Acceda ao seu espazo persoal "A miña sede". Identifíquese empregando un certificado electrónico ou Chave365. Busque o expediente relacionado co requirimento e seleccione no menú "Acción" da dereita a opción "Emenda ao requirimento".
* No caso de que o expediente non apareza no seu espazo persoal, ou a opción "Emenda ao requirimento" non estivese dispoñible para ese expediente, poderá realizar electronicamente a emenda utilizando a solicitude xenérica.
Cubra o formulario indicando os datos ou documentos achegados para a emenda.
Anexe os documentos que queira presentar. Inclúa os modelos cubertos no paso 1.
Asine o formulario e os documentos que vai entregar para a emenda.
Pode facelo con certificado electrónico utilizando a aplicación Autofirma ou, se emprega Chave365, coa clave de sinatura que recibirá nunha mensaxe no seu móbil.
Descargue o xustificante de presentación da emenda.
Poderá acceder en calquera momento aos seus xustificantes electrónicos desde o seu espazo persoal "A miña sede".
Coñeza como achegar documentación xustificativa a un expediente en curso
Como podo? Achegar documentación xustificativa
Prepare a información e os documentos a achegar
Inicie o trámite electrónico
Cubra o formulario
Anexe os documentos requiridos
Asine o formulario
Descargue o xustificante
Revise a documentación obrigatoria para o trámite que vai realizar na ficha do procedemento na Guía de procedementos e servizos.
Na pestana "Despois da presentación", no apartado "Xustificación" figura o listado de documentos requiridos para a xustificación. No apartado "Anexos asociados" ten dispoñibles os modelos en formato .pdf para aqueles documentos para os que se precisan.
Descargue no seu equipo os modelos que deba presentar e cúbraos.
Garde ou imprima a un arquivo electrónico cada modelo cuberto para anexalo posteriormente na presentación.
Acceda ao seu espazo persoal "A miña sede".
Identifíquese empregando un certificado electrónico ou Chave365.
Busque o expediente para o que precisa achegar documentación xustificativa. No menú "Acción" que aparece á dereita seleccione a opción "Achega de documentación xustificativa".
* No caso de que o expediente non apareza no seu espazo persoal, ou a opción "Achega de documentación xustificativa" non estivese dispoñible para ese expediente, poderá realizar electronicamente a xustificación utilizando a solicitude xenérica.
Cubra o formulario.
Indique os documentos que achega para a xustificación.
Anexe os documentos que queira presentar para a xustificación. Inclúa os modelos cubertos no paso 1.
Asine o formulario e os documentos que vai entregar para a xustificación.
Pode facelo con certificado electrónico utilizando a aplicación Autofirma ou, se emprega Chave365, coa clave de sinatura que recibirá nunha mensaxe no seu móbil.
Descargue o xustificante de presentación da xustificación.
Poderá acceder en calquera momento aos seus xustificantes electrónicos desde o seu espazo persoal "A miña sede".
Todos os seus expedientes, presentacións e borradores en "A miña sede"
Como podo? Consultar e xestionar os meus expedientes
Acceda ao seu espazo persoal
Os seus procedementos e borradores
Que podo facer?
Para xestionar os seus expedientes o primeiro que debe facer é acceder o seu espazo persoal premendo en "A miña sede" e, a continuación, identificarse empregando calquera dos certificados admitidos nesta sede ou Chave365.
Poderá ver na súa bandexa de entrada os seus últimos expedientes, presentacións e borradores.
Verá en pantalla información detallada de cada expediente ou presentación (número de expediente/rexistro, código e nome do procedemento etc.).
Se desexa ver todos os seus expedientes e presentacións, prema no botón "Ver todos/Buscar".
Ao acceder á pantalla de busca, pode buscar expedientes ou borradores por distintos criterios ou localizalos directamente se coñece o código de acceso.
Poderá realizar accións concretas sobre un expediente (achegar documentación adicional, mellorar unha solicitude, modificar os seus datos de notificación etc.) desde:
- A bandexa de entrada dos seus últimos expedientes, presentacións e borradores, premendo o botón "Acción" da columna "Que podo facer?"
- O detalle do expediente electrónico, premendo directamente nas accións dispoñibles da columna "Que podo facer?"