Inicio

SEDE
ELECTRÓNICA

Xunta de Galicia
Pode que o seu navegador non estea empregando o plugin de Adobe PDF. Ten a opción de configuralo seguindo as instrucións que lle achegamos ou continuar igualmente coa presentación. << Cancelar e configurar Adobe PDF
En caso de utilizar un certificado electrónico, lembre que debe ter instalado a aplicación de escritorio Autofirma.

- Se non a ten instalada siga as instruccións desta ligazón
- Se xa ten instalada a aplicación ou utilizará Chave365, faga clic no botón Continuar.
En caso de utilizar un certificado electrónico, lembre que debe ter instalado a aplicación de escritorio Autofirma.

- Se non a ten instalada siga as instruccións desta ligazón
- Se xa ten instalada a aplicación ou utilizará Chave365, faga clic no botón Continuar.
Este procedemento únicamente pode ser iniciado utilizando Internet Explorer.

Disculpe as molestias que poida ocasionarle.

IG300A - Axudas do Igape aos proxectos piloto industria 4.0 en Galicia (II piloto industria 4.0), cofinanciados polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional con cargo ao programa operativo Feder Galicia 2014-2020.

Forma presentación

Tramitación en liña

Iniciar presentación electrónica
Iniciar presentación electrónica: entre para cumprimentar e presentar a solicitude correspondente a este procedemento desde outro sistema electrónico da Administración da Xunta de Galicia.


Presencial

Modelo de solicitude
Descargar solicitude: entre para descargar un formulario de solicitude que pode cubrir e imprimir antes de entregalo, de forma presencial, en calquera das oficinas de rexistro e información da Xunta de Galicia.

Datos da solicitude

Prazo de presentación: 04/02/2017 - 03/05/2017.

Tres meses e comezará o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Prazo de resolución: Tres meses

Sentido do silencio administrativo: Negativo

  • As solicitudes presentaranse mediante o formulario normalizado que se obterá de xeito obrigatorio na citada aplicación informática e que se xunta como anexo I a estas bases a título informativo. No formulario será obrigatoria a inclusión dos 40 caracteres alfanumericos do IDE obtido no paso anterior. As solicitudes que carezan do IDE ou nas cales este sexa erróneo (sexa porque ten un formato erróneo ou porque non foi xerado pola aplicación informática) non serán tramitadas e concederáselles aos solicitantes un prazo de 10 días para a súa emenda, transcorrido este, daranse por desistidos da súa petición logo de resolución de arquivamento.
  • Xunto co formulario de solicitude presentarase o DNI da persoa representante da entidade solicitante e o NIF da entidade solicitante, só no caso de denegar expresamente a súa consulta, o documento contractual que regule o funcionamento interno da agrupación, segundo o establecido no artigo 2.3, e a seguinte documentación relativa a cada partícipe da agrupación:
    • a) DNI da persoa representante legal, só no caso de denegar expresamente a súa consulta no anexo IV.
    • b) Copia do NIF, só no caso de denegar expresamente a súa consulta no anexo IV.
    • c) Escritura ou documento xuridicamente válido de constitución e de nomeamento do representante legal, estatutos debidamente inscritos no rexistro competente e modificacións posteriores destes.
    • d) As tres ofertas que, se e o caso, en aplicación do artigo 29.3 da Lei de subvencións de Galicia, deban ter solicitado as pemes participantes, de acordo co establecido no artigo 1.2.b) 10º destas bases reguladoras.
    • e) Memoria descritiva do proxecto, que deberá conter mención explícita aos criterios sinalados no artigo 6.4.b) destas bases e que se deberá xuntar como documento ao formulario electrónico de solicitude.
    • f) Declaración responsable do representante legal de cada membro da agrupación de ter a capacidade administrativa, financeira e operativa para cumprir os obxectivos do proxecto para o que se concede a axuda.
  • De acordo co disposto no artigo 28.3 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e no artigo 20.3 da Lei 9/2007, de subvencións de Galicia, non será necesario presentar a documentación que xa se atope en poder do Igape, sempre que se manteña vixente e se identifique no formulario de solicitude o procedemento administrativo para o cal foi presentada. No suposto de imposibilidade material de obter a documentación ou no caso de que se constate a non validez desta, o órgano competente poderá requirirlle ao solicitante a súa presentación ou, no seu defecto, a acreditación por outros medios dos requisitos a que se refire o documento.
  • Unha vez xerada a solicitude, deberá presentarse unicamente por vía electrónica a traves do formulario de solicitude normalizado co IDE (anexo I), accesible desde a sede electrónica da Xunta de Galicia https://sede.xunta.gal, de acordo co establecido no artigo 14.2 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
  • No prazo de presentación de solicitudes, no caso de que o último día do prazo fose inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte. No caso de que o día final do prazo fose hábil no municipio ou comunidade autónoma en que resida o solicitante e inhábil en Santiago de Compostela, ou á inversa, considerarase inhábil en todo caso.

Presentación de documentación de gran tamaño ou en formatos non admitidos pola sede electrónica

Se ten algunha dúbida técnica pode poñerse en contacto co servizo de atención cidadá no teléfono 012 ou enviando un correo a 012@xunta.es

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA

INSTITUTO GALEGO DE PROMOCIÓN ECONÓMICA (IGAPE)

INSTITUTO GALEGO DE PROMOCIÓN ECONÓMICA (IGAPE) - OFICINA DE VIGO

Edif. Adm. Xunta de Galicia. Praza da Estrela 9,7ª planta
36201 Vigo
Teléfono: 986817366 Fax: 986817361
Email: vigo@igape.es
Información web: HTTP://WWW.IGAPE.ES

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA

INSTITUTO GALEGO DE PROMOCIÓN ECONÓMICA (IGAPE)

INSTITUTO GALEGO DE PROMOCIÓN ECONÓMICA (IGAPE) - OFICINA DE LUGO

Edif. Adm. Xunta de Galicia. Ronda da Muralla, 70, baixo
27071 Lugo
Teléfono: 982294032 Fax: 982294801
Email: lugo@gape.es
Información web: HTTP://WWW.IGAPE.ES

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA

INSTITUTO GALEGO DE PROMOCIÓN ECONÓMICA (IGAPE)

Complexo Administrativo San Lázaro, s/n
15703 Santiago de Compostela
Teléfono: 900815151
Email: informa@igape.es
Información web: http://www.igape.es / Presencialmente, nas oficinas do Igape indicadas no enderezo seguinte: http://www.igape.es/es/que-e-o-igape/onde-estamos

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA

INSTITUTO GALEGO DE PROMOCIÓN ECONÓMICA (IGAPE)

INSTITUTO GALEGO DE PROMOCIÓN ECONÓMICA (IGAPE) - OFICINA DE A CORUÑA

Edif. Adm. Xunta de Galicia. Praza de Luis Seoane, s/n, 2ª planta
15008 Coruña, A
Teléfono: 981182239 Fax: 981182240
Email: coruña@igape.es
Información web: HTTP://WWW.IGAPE.ES

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA

INSTITUTO GALEGO DE PROMOCIÓN ECONÓMICA (IGAPE)

INSTITUTO GALEGO DE PROMOCIÓN ECONÓMICA (IGAPE) - OFICINA DE PONTEVEDRA

Edif. Adm. Xunta de Galicia. Fernández Ladreda, 43 - 5ª planta
36003 Pontevedra
Teléfono: 986805305 Fax: 986805308
Email: pontevedra@igape.es
Información web: HTTP://WWW.IGAPE.ES

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA

INSTITUTO GALEGO DE PROMOCIÓN ECONÓMICA (IGAPE)

INSTITUTO GALEGO DE PROMOCIÓN ECONÓMICA (IGAPE) - OFICINA DE FERROL

Edif. Adm. Xunta de Galicia. Praza Camilo José Cela s/n, 4ª planta
15403 Ferrol
Teléfono: 981337101 Fax: 981337106
Email: ferrol@igape.es
Información web: HTTP://WWW.IGAPE.ES

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA

INSTITUTO GALEGO DE PROMOCIÓN ECONÓMICA (IGAPE)

INSTITUTO GALEGO DE PROMOCIÓN ECONÓMICA (IGAPE) - OFICINA DE OURENSE

Edif. Adm. Xunta de Galicia. Avda. da Habana, 79 - 5ª planta
32004 Ourense
Teléfono: 988687289 Fax: 988687290
Email: ourense@gape.es
Información web: HTTP://WWW.IGAPE.ES

1. O obxecto destas bases é a regulación da concesión dun premio a un máximo de seis proxectos que inclúan no seu desenvolvemento a implantación de equipamento e sistemas para a modernización dos procesos nun grupo de pemes, así como das axudas á devandita implantación para cada peme participante en cada un dos proxectos.

A implantación consistirá na incorporación ás empresas de tecnoloxías relacionadas coas tres seguintes categorías:
a) Industria 4.0 sectorial, proxectos sectoriais de incorporación das seguintes tecnoloxías:
1º. Robotización e robotización colaborativa.
2º. Fabricación aditiva.
3º. Sensórica e actuadores mecatrónicos.
4º. Sistemas ciberfísicos.
5º. Automatización total ou estendida.
6º. Intercomunicación máquina-máquina.
7º. Conectividade total ou estendida.
8º. Vehículos autónomos (optimización de fluxos e redución de custos).
9º. Personalización de produtos.
10º. Internet das cousas, internet dos equipamentos e das máquinas.
11º. Dixitalización.
12º. Big data, cloud computing e ciberseguridade aplicadas á industria.
13º. Loxística 4.0 para a integración total da cadea de subministracións coa interconexión de sistemas e máxima coordinación dos procesos loxísticos.
14º. Modelaxe e simulación de procesos industriais, operativos e loxísticos.

b) Fábrica Virtual: proxectos de simulación de procesos empresariais, que monitoricen a información procedente de todos os elementos das fábricas e recreen os procesos sobre contornas de simulación ou realidade virtual. Os proxectos presentados a esta categoría deben propor diversos estadios de integración (segundo a necesidade de cada empresa) de ferramentas para o deseño, simulación e optimización dunha factoría completa ou algunhas das súas liñas de produción. Tamén serán válidos investimentos en tecnoloxía ou asesoramento para a avaliación mediante simulación da viabilidade e optimización do produto, instalacións que realizan os procesos de manufactura, fluxos de produción, etc.

c) TIC industrial: proxectos de implantación de ferramentas para a mellora dos procesos de empresas industriais (nos termos de nova industria) baseadas nas seguintes tecnoloxías: intelixencia artificial (AI) e sistemas baseados na aprendizaxe automática; identificación, seguimento e control de produto mediante radio frecuencia (RFID) ou tecnoloxías afíns; internet das cousas industrial (I2oT); análise de negocio e modelos preditivos utilizando datos masivos (big data).

2. Os apoios aos proxectos Piloto Industria 4.0 terán dúas modalidades: premio ao proxecto, que corresponderá ao organismo intermedio, e subvencións individuais aos investimentos e gastos das súas pemes integrantes:

a) Premios aos catro proxectos sectoriais máis representativos na categoría de Industria 4.0 sectorial, premio ao mellor proxecto na categoría Fábrica Virtual e premio ao mellor proxecto na categoría TIC industrial:
1º. Por cada categoría, que deberá ser elixida pola agrupación na súa solicitude, cualificaranse os proxectos segundo a súa definición, desenvolvemento, características e condicións de execución, e que integrarán a implementación de diversas solucións en todas e cada unha das pemes individuais participantes.
2º. Poderanse premiar un máximo de catro proxectos de sectores ou ámbito de negocio diferentes na categoría Industria 4.0 sectorial, un proxecto na categoría Fábrica Virtual e un proxecto na categoría TIC industrial. A contía máxima do premio será de 25.000 € cada un e placa conmemorativa. O premio outorgaráselle ao organismo intermedio líder da agrupación. En caso de que os premios dalgunha categoría quedasen desertos, poderán asignarse máis premios nas restantes categorías.
3º. O premio dividirase en dous tramos: un fixo de 5.000 € e placa conmemorativa, que se entregará en acto público convocado para o efecto unha vez decididos os premios. Despois de executados os proxectos, os organismos intermedios premiados percibirán unha cantidade variable de ata 20.000 €, que se modulará en función da porcentaxe de execución dos proxectos de pemes subvencionados, unha vez xustificadas e aboadas as correspondentes axudas. Os premios son acumulativos entre categorías, de xeito que un mesmo organismo poderá resultar premiado por unha o máis categorías.
4º. O premio incardínase no réxime de axudas de minimis establecido no Regulamento (UE) nº 1407/2013, da Comisión, do 18 de decembro, relativo á aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado de funcionamento da Unión Europea ás axudas de minimis (DOUE L 352, do 24 de decembro). Ao estar o premio suxeito ao réxime de minimis, deberase garantir que, de recibir o organismo intermedio outras axudas baixo o réxime de minimis, non se supera o límite de 200.000 € nun período de tres exercicios fiscais. Para tal efecto, solicitarase do organismo intermedio unha declaración escrita ou en soporte electrónico, sobre calquera axuda de minimis recibida durante os dous exercicios fiscais anteriores e durante o exercicio fiscal en curso. O incumprimento do disposto neste artigo considerarase unha alteración das condicións tidas en conta para a concesión do premio e poderá dar lugar a un procedemento de reintegro.

b) Subvencións aos investimentos e gastos en que consista a execución dos proxectos premiados:
1º. As subvencións serán individualizadas para cada peme participante integrante dos proxectos premiados.
2º. A subvención ás pemes participantes incardínanse no artigo 14 do Regulamento (UE) nº 651/2014, da Comisión, do 17 de xuño, polo que se declaran determinadas categorías de axuda compatibles co mercado interior (DOUE L 187, do 26 de xuño), e será do 35 % dos investimentos materiais e inmateriais subvencionables para as pequenas empresas e do 25 % para as medianas. Excepto a subvención sobre os gastos de colaboracións externas que se incardinan no artigo 18 do devandito Regulamento (UE) nº 651/2014 e que será do 50 %.
3º. A subvención total concedida ao conxunto de pemes que participen ao abeiro de cada proxecto premiado non superará 1.000.000 de euros, incluíndo o premio e a cantidade variable correspondente ao organismo intermedio premiado.
4º. Estas axudas son compatibles con outras axudas ou subvencións públicas sempre que a contía das axudas acumuladas non supere as porcentaxes máximas establecidas no ordinal 2º. Non obstante, e de acordo co establecido no artigo 65.11 do Regulamento (UE) nº 1303/2013, o proxecto poderá recibir axuda doutros fondos EIE, dun ou varios programas e doutros instrumentos da Unión, a condición de que a partida de gasto incluída nunha solicitude de pagamento para o reembolso por un dos fondos EIE non estea subvencionada por outro fondo ou instrumento da Unión, nin polo mesmo fondo conforme un programa distinto.
5º. Poderanse subvencionar os seguintes tipos de gasto:
i) Investimentos materiais e/ou inmateriais novos adquiridos en propiedade, relacionados coa temática da categoría do premio que se define no artigo 1.1 destas bases. Exclúese a adquisición e o acondicionamento de inmobles, gastos de mobiliario, medios de transporte e equipamento de oficina, agás elementos informáticos. A adquisición e adaptación de software considerarase investimento subvencionable.
ii) Colaboracións externas: asistencia técnica, adaptación e parametrización de solucións, consultoría, titorización e servizos directamente relacionados coa execución do proxecto. As colaboracións externas subvencionables non consistirán en actividades permanentes ou periódicas nin estarán relacionadas cos gastos de explotación normais da empresa como son os servizos rutineiros de asesoría fiscal, os servizos xurídicos periódicos ou os de publicidade.
6º. As pemes beneficiarias de subvención a investimentos deberán achegar unha contribución financeira a estes, exenta de calquera tipo de apoio público, de polo menos un 25 % dos custos, xa sexa mediante os seus recursos propios ou mediante financiamento externo.
7º. Os investimentos e gastos subvencionables das pemes participantes non poderán ter comezado antes da presentación da solicitude por parte da agrupación no Igape. Ningún dos custos alegados sobre os cales se solicita subvención poderán incorrerse con carácter previo a esta presentación; de ser así, o proxecto desa peme sería non subvencionable. Para acreditar o cumprimento desta condición, cada peme participante na agrupación deberá cubrir, no propio formulario electrónico de solicitude, unha declaración responsable de non ter iniciados os traballos na data de presentación da solicitude. Os traballos preparatorios como a obtención de permisos e a realización de estudos previos de viabilidade non se consideran inicio dos traballos.
8º. O período de execución dos investimentos e gastos subvencionados denomínase prazo de execución do proxecto e abarcará desde a data de presentación da solicitude ata o remate do prazo establecido na resolución de concesión, que non poderá superar a data establecida na resolución de convocatoria.
9º. Os investimentos e gastos previstos por cada peme participante deberán ser especificados na solicitude, coa planificación anualizada destes. O Igape, para cada proxecto que resulte aprobado, establecerá na resolución individual correspondente a cada peme os investimentos e gastos subvencionados ata o remate do prazo de execución do proxecto.
10º. Cando o importe do investimento ou do gasto subvencionable supere as contías establecidas no Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público para o contrato menor, o beneficiario deberá solicitar, como mínimo, tres ofertas de diferentes provedores con carácter previo á adquisición do ben ou á prestación do servizo, agás que polas súas especiais características non exista no mercado suficiente número de entidades que os subministren. Neste caso, presentarase escrito aclaratorio indicativo desta circunstancia, asinado polo representante legal. En ningún caso o custo de adquisición dos investimentos e dos gastos subvencionables poderá ser superior ao valor de mercado.
11º. Os bens obxecto do investimento deberán ser adquiridos polo beneficiario en propiedade. No caso de adquisición dos bens mediante fórmulas de pagamento aprazado, estes tamén deberán pasar a ser de propiedade plena da empresa antes do remate do prazo de execución do proxecto e neste momento deberá constar o vencemento e pagamento de todas as cantidades aprazadas e efectuados todos os pagamentos por calquera concepto.
12º. O investimento terá que incluírse no activo da empresa e manterse no centro de traballo en Galicia durante os 3 anos seguintes ao remate do prazo de execución do proxecto. O investimento subvencionado poderá ser substituído no caso de obsolescencia, sempre e cando a actividade económica da beneficiaria se manteña en Galicia durante este período. Neste caso, deberá quedar constancia contable e no inventario da empresa da substitución efectuada. Todos os investimentos deberán realizarse en bens novos.
13º. No caso de investimento en activos intanxibles, para seren considerados subvencionables, deberán cumprir ademais todas estas condicións: 1) empregaranse exclusivamente na empresa beneficiaria da axuda; 2) consideraranse activos amortizables; 3) adquiriranse a terceiros en condicións de mercado sen que o adquirente estea en posición de exercer control sobre o vendedor, ou viceversa.
14º. Os provedores non poderán estar vinculados co beneficiario da axuda nin cos seus órganos directivos ou xestores. En ningún caso o beneficiario poderá concertar a execución total ou parcial das actividades.

Beneficiarios:

1. Poderán obter os premios os organismos intermedios incardinados nalgunha das seguintes definicións:
a) As organizacións públicas ou privadas, sen ánimo de lucro e con personalidade xurídica propia, que de forma habitual presten servizos de apoio á competitividade empresarial das pemes, nas súas diversas formas, e dispoñan de recursos materiais e humanos para impulsaren e orientaren os proxectos.
b) As entidades con participación maioritaria de capital público que presten de forma habitual servizos empresariais de apoio á competitividade das pemes e promovan proxectos nos cales non persigan a obtención de beneficios.

2. Poderán ser beneficiarias das axudas as pemes que desenvolvan a súa actividade no ámbito da nova industria.

Son obrigas dos beneficiarios:
a) Executar o proxecto que fundamenta a concesión das subvencións no prazo establecido na resolución de concesión e, de ser o caso, manter os investimentos durante polo menos tres anos desde a finalización do dito prazo. Na súa virtude, a axuda concedida só será definitiva se a situación inicial tida en conta para a concesión non sofre unha modificación substancial que afecte a natureza do investimento ou o cesamento da actividade. A axuda está condicionada ao respecto desas condicións e poderá ser obxecto dun procedemento de reintegro noutro caso.
b) Colaborar co Igape nas actividades de demostración do concepto Fábrica 4.0: xeración de casos de éxito, material promocional, participación en presentacións, reportaxes audiovisuais, visitas demostrativas e calquera outra similar.
c) Xustificar ante o Igape o cumprimento dos requisitos e das condicións da subvención, así como a realización da actividade e o cumprimento da finalidade que determinen a concesión ou desfrute da subvención.
d) Someterse ás actuacións de comprobación que efectúe o Igape, así como calquera outra actuación, sexa de comprobación e control financeiro, que poidan realizar os órganos de control competentes, en especial a Intervención Xeral da Comunidade Autónoma, o Tribunal de Contas, o Consello de Contas, os órganos de control da Comisión Europea, achegando canta información lle sexa requirida no exercicio das actuacións anteriores e ás verificacións previstas no artigo 125 do Regulamento (UE) nº 1303/2013, do Consello. Para tal fin, deberá dispor dos libros contables, rexistros dilixenciados e demais documentos debidamente auditados nos termos exixidos pola lexislación mercantil e sectorial aplicable ao beneficiario en cada caso, así como da documentación xustificativa da realización e do aboamento dos gastos e investimentos subvencionables, coa finalidade de garantir o exercicio adecuado das facultades de comprobación e control, durante polo menos un período de tres anos a partir do 31 de decembro seguinte á presentación das contas nas cales estean incluídos os gastos da operación. O Igape informará desta data de inicio a que se refire esta obriga.
e) Comunicar ao Igape a solicitude e/ou obtención doutras subvencións, axudas, ingresos ou recursos que financien as actividades subvencionadas, así como a modificación das circunstancias que fundamentaran a concesión da subvención. Esta comunicación deberá efectuarse no momento en que se coñeza e, en todo caso, coa solicitude de cobramento da subvención. En ningún caso o importe da subvención poderá ser de tal contía que, illadamente ou en concorrencia con outras subvencións ou axudas doutras administracións públicas, supere as porcentaxes máximas establecidas no artigo 1 destas bases respecto do custo elixible do proxecto que vai desenvolver o beneficiario ou as que resulten da normativa aplicable ás axudas concorrentes.
f) Manter un sistema de contabilidade separado ou un código contable adecuado en relación con todas as transaccións relacionadas cos investimentos subvencionables, sen prexuízo das normas xerais da contabilidade, que permita seguir unha pista de auditoría sobre os conceptos financiados con fondos Feder.
g) Cumprir os requisitos de comunicación do financiamento público do proxecto por parte do Igape, a Xunta de Galicia e o Feder, segundo o establecido no anexo III destas bases.
h) Subministrar toda a información necesaria para que o Igape poida dar cumprimento ás obrigas previstas no título I da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno. As consecuencias do incumprimento desta obriga serán as establecidas no artigo 4.4 da devandita lei.
i) Proceder ao reintegro dos fondos percibidos, total ou parcialmente, no suposto de incumprimento das condicións establecidas para a súa concesión ou nos supostos previstos no título II da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
j) No caso de non ser quen de realizar o proxecto para o que se concedeu a axuda, comunicar a renuncia ao expediente solicitado no momento en que se produza a certeza da non execución.
k) Todo isto sen prexuízo das demais obrigas que resulten do artigo 11 da Lei 9/2007, do 13 de xuño.

Requisitos:

Para poderen optar aos premios e subvencións, os interesados deberán previamente constituír unha agrupación das previstas no artigo 8.3 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia (en diante, Lei 9/2007). A dita agrupación terá que estar constituída por un organismo intermedio e polo menos tres pemes galegas. Deberanse facer constar expresamente nun documento os compromisos de execución asumidos por cada membro da agrupación, que terán igualmente a consideración de beneficiarios. En calquera caso, o organismo intermedio será nomeado representante único da agrupación (en diante, o líder), único interlocutor coa Administración ata a resolución de concesión. Unha vez decidido o premio e concedidas as axudas individuais a cada peme, cada unha delas será independente para a tramitación da xustificación e liquidación da axuda.

O documento contractual de regulación da agrupación deberá recoller como mínimo o seguinte:
a) Identificación de cada un dos seus integrantes por razón social, NIF, nome e DNI do representante legal.
b) Acordo de representación da agrupación e elección do organismo intermedio como representante seu ante a Administración, para os efectos de interlocutor con ela.
c) Recoñecemento dos compromisos asumidos por cada un dos integrantes da agrupación en canto ás características do proxecto que se presenta a concurso descrito no cuestionario de solicitude de axuda e á execución individual dos investimentos e gastos de cada peme participante.
d) Acordos de confidencialidade.
e) Xestión da agrupación e plan de continxencias ante posibles dificultades.
f) Autorización ao Igape para solicitar os datos doutras administracións que sexan necesarios para a tramitación da solicitude.
g) Sinatura de todos os integrantes.

A agrupación de empresas non poderá disolverse ata que transcorrese o prazo de prescrición previsto no artigo 35 da Lei 9/2007.

Cada agrupación só poderá presentar un proxecto. Un organismo intermedio só poderá participar nunha agrupación para cada unha das categorías definidas no artigo 1.2.a). As pemes poderán participar en máis dunha agrupación, sempre que os investimentos e gastos de cada unha das solicitudes sexan distintos e se refiran a conceptos distintos de Fábrica 4.0.

Non poderán ter a condición de beneficiarios:
a) Entidades ou empresas nas cales concorra algunha das circunstancias previstas no artigo 10.2 e 3 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia (DOG núm. 121, do 25 de xuño).
b) Entidades ou empresas que entren dentro da categoría de empresas en crise, ao abeiro da definición do artigo 2.18 do Regulamento xeral de exención (Regulamento CE nº 651/2014).
c) Entidades ou empresas que estean suxeitas a unha orde de recuperación pendente tras unha decisión da Comisión que teña declarada unha axuda ilegal e incompatible co mercado común.

AUTONÓMICA

Resolución do 27 de xaneiro de 2017 pola que se dá publicidade do acordo do Consello de Dirección que aproba as bases reguladoras dos premios e axudas aos proxectos Piloto Industria 4.0 (II Piloto Industria 4.0) en Galicia, cofinanciados polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional con cargo ao programa operativo Feder Galicia 2014-2020, e se procede á súa convocatoria en réxime de concorrencia competitiva (DOG nº 24 do 3 de febreiro de 2017)

Aberto o prazo de presentación! (04/02/2017 - 03/05/2017)

Tramitación en liña

Iniciar presentación
Vostede está a piques de abandonar a sede electrónica da Xunta de Galicia. Poderá tramitar o procedemento na nova ventá que se abrirá ao pulsar o botón Continuar.

Tramitación presencial

 
Fondo Europeo de desenvolvemento rexional