Guía de procedementos e servizos
Ir á sección pai
Detalle procedemento
IG100A
Axudas destinadas a sufragar os danos sufridos en establecementos comerciais, industriais, turísticos e mercantís, derivados dos incendios forestais que afectaron Galicia no verán e no outono de 2025
Procedemento dirixido a: Empresas e profesionais
Consellería de Economía e Industria
Amplíase ata o 30 de outubro de 2025 o prazo de presentación de solicitudes.
A concesión de axudas para sufragar os danos sufridos en establecementos comerciais, industriais, turísticos e mercantís, derivados dos incendios que se produciron en Galicia durante o verán e o outono de 2025.
Persoas físicas ou xurídicas titulares dos establecementos comerciais, mercantís, industriais e turísticos en que se producisen os danos derivados dos incendios ou da súa extinción.
Xunta de Galicia
Consellería de Economía e Industria
Instituto Galego de Promoción Económica - Igape
Complexo Administrativo San Lázaro, s/n
15703 Santiago de Compostela (Coruña, A)
Teléfono: 900815151
Fax: 981558844
Email: informa@igape.es
Prazo de presentación: PECHADO
31/08/2025 00:00 - 30/10/2025 23:59
Segundo o Decreto 79/2025, do 29 de setembro, polo que se modifica o Decreto 76/2025, do 29 de agosto de 2025, ampliase o prazo de presentación de solicitudes ata o 30/10/2025.
O prazo de presentación de solicitudes será dun mes. As solicitudes poderán presentarse desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.
1. Serán beneficiarias as persoas físicas ou xurídicas titulares dos establecementos comerciais, mercantís, industriais e turísticos en que se producisen os danos derivados dos incendios ou da súa extinción.
2. De conformidade co disposto no Decreto 76/2025, do 29 de agosto, de medidas urxentes de axuda para a reparación dos danos causados polos incendios forestais que afectan a Galicia durante o verán de 2025, as persoas beneficiarias das axudas están exentas do cumprimento dos requisitos establecidos no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
Solicitudes
1. A solicitude presentarase obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado (anexo II), que se obterá de xeito obrigatorio na aplicación informática https://spiga-sede.igape.es, no prazo dun mes, contado desde o día seguinte ao da publicación destas bases no Diario Oficial de Galicia. O formulario será accesible desde a sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal
2. No modelo de solicitude realizaranse as seguintes declaracións:
a) Declaración de non ter solicitado ou obtido outras axudas, ingresos e/ou recursos procedentes doutro sistema de cobertura de danos, público ou privado, estatal ou internacional, para a mesma finalidade. No caso de ter solicitado ou concedido algunha outra axuda, ingreso e/ou recurso, deberá indicarse cales son e o seu importe.
b) Compromiso de comunicar calquera outra axuda, ingresos e/ou recursos procedentes doutro sistema de cobertura de danos, público ou privado, estatal ou internacional, que lle sexa concedido para a mesma finalidade e o seu importe.
c) Declaración da persoa solicitante de que é a titular do establecemento comercial, industrial, turístico ou mercantil e de cal é a súa relación co inmoble afectado (propiedade, alugueiro, outra).
d) Declaración da persoa solicitante de que acepta a intervención dun taxador oficial independente designado polo Igape para a valoración dos danos producidos aos bens afectados polos incendios.
e) Declaración de que as copias dixitalizadas presentadas no expediente constitúen unha reprodución exacta dos seus orixinais.
f) Declaración de que todos os datos da solicitude e dos documentos que se achegan son certos.
g) Declaración do compromiso de manter a actividade prexudicada polos danos de acordo co prazo establecido no artigo 13.c).
h) Declaración responsable de que os danos no establecemento danado non estaban asegurados, no caso de non ter seguro.
3. De conformidade co artigo 68.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (en diante, Lei 39/2015), se algunha das persoas interesadas presenta a súa solicitude de xeito presencial, será requirida para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela en que sexa realizada a emenda.
4. Para poder presentar a solicitude por medios electrónicos, as persoas solicitantes deberán reunir os requisitos seguintes:
a) As solicitudes serán subscritas directamente polas persoas interesadas ou por persoa que acredite a súa representación por calquera medio válido en dereito.
b) Ter en vigor un certificado dixital dos validados pola plataforma @firma da Administración xeral do Estado (http://administracionelectronica.gob.es/PAe/aFirma-Anexo-PSC).
Unha vez asinado o formulario de solicitude mediante certificado dixital, anotarase unha entrada no Rexistro Electrónico da Xunta de Galicia. No momento da presentación o rexistro expedirá, empregando as características da aplicación telemática, un recibo en que quedará constancia do feito da presentación.
Documentación complementaria.
1. As persoas interesadas deberán achegar coa solicitude a seguinte documentación:
a) Documento acreditativo da representación da persoa que actúe en nome da persoa solicitante, de ser o caso.
b) Título ou documento admisible en dereito que acredite a titularidade da persoa solicitante co establecemento afectado.
c) Título ou documento admisible en dereito que acredite a vinculación da titular do establecemento co inmoble danado.
d) Copia da póliza de seguro, no caso de ter seguro.
De conformidade co artigo 28.3 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común, non será necesario achegar os documentos que xa fosen presentados anteriormente pola persoa interesada ante calquera Administración. Neste caso, a persoa interesada deberá indicar en que momento e ante que órgano administrativo presentou os ditos documentos, que serán obtidos electronicamente a través das redes corporativas ou mediante consulta ás plataformas de intermediación de datos ou outros sistemas electrónicos habilitados para o efecto, agás que conste no procedemento a oposición expresa da persoa interesada.
De forma excepcional, se non se puidesen obter os citados documentos, poderá solicitárselle novamente á persoa interesada a súa achega.
2. A documentación complementaria deberá efectuarse electronicamente. Se algunha das persoas interesadas presenta a documentación complementaria presencialmente, será requirida para que a emende a través da presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación aquela en que se realizou a emenda.
As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, cando o exixa a relevancia do documento no procedemento ou existan dúbidas derivadas da calidade da copia, a Administración poderá solicitar de maneira motivada o cotexo das copias presentadas pola persoa interesada, para o cal poderán requirir a exhibición do documento ou da información orixinal, sen que isto poida supor a alteración da data de presentación do expediente completo.
3. Se a solicitude presentada non reúne os requisitos exixidos, requirirase a persoa solicitante para que no prazo de dez (10) días hábiles emende ou achegue os documentos preceptivos, e advírteselles que, no caso de non atender o requirimento, se terá por desistida da súa petición, de acordo co establecido no artigo 68 da Lei 39/2015, do 1 de outubro. Neste caso, considerarase como data de presentación da solicitude aquela en que sexa realizada a emenda e a solicitude estea completa.
Comprobación de datos
1. Para a tramitación deste procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos en poder da administración actuante ou elaborados polas administracións públicas agás que a persoa interesada se opoña á súa consulta:
a) DNI/NIE da persoa solicitante.
b) DNI/NIE da persoa representante.
c) Consulta de concesións doutras subvencións e axudas.
d) NIF da entidade solicitante.
e) NIF da entidade representante.
f) Imposto de actividades económicas (IAE).
2. No caso de que as persoas interesadas se opoñan a esta consulta, deberán indicalo no recadro correspondente habilitado no anexo II e presentar os documentos.
Cando así o exixa a normativa aplicable, solicitarase o consentimento expreso da persoa interesada para realizar a consulta.
3. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilite a obtención dos citados datos, poderáselles solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes, sen que isto poida supor a alteración da data de presentación do expediente completo.
Trámites administrativos posteriores á presentación da solicitude
Todos os trámites administrativos que as persoas interesadas deban realizar tras a presentación da solicitude deberán realizarse electronicamente accedendo a través do enderezo da internet https://spiga-sede.igape.es
Prazo de resolución:
Un mes
Sentido do silencio:
Negativo
Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"
-
Ámbito Autonómico
-
Decreto 76/2025, do 29 de agosto de 2025, de medidas urxentes de axuda para a reparación dos danos causados polos incendios forestais que afectan a Galicia durante o verán de 2025 (DOG nº 166 do 30 de agosto de 2025).
-
Resolución do 29 de agosto de 2025 pola que se establecen as bases reguladoras que rexerán a concesión das axudas destinadas a sufragar os danos sufridos en establecementos comerciais, industriais, turísticos e mercantís derivados dos incendios forestais que afectaron Galicia durante o verán de 2025, e se efectúa a súa convocatoria (DOG nº 166 do 30 de agosto de 2025).
-
Extracto da Resolución do 29 de agosto de 2025 pola que se establecen as bases reguladoras que rexerán a concesión das axudas destinadas a sufragar os danos sufridos en establecementos comerciais, industriais, turísticos e mercantís derivados dos incendios forestais que afectan a Galicia durante o verán de 2025, e se efectúa a súa convocatoria (DOG nº 166 do 30 de agosto de 2025).
-
Decreto 79/2025, do 29 de setembro, polo que se modifica o Decreto 76/2025, do 29 de agosto de 2025, de medidas urxentes de axuda para a reparación dos danos causados polos incendios forestais que afectan a Galicia durante o verán de 2025 (DOG nº 188 do 30 de setembro de 2025).
-
Outros procedementos relacionados
Declaración responsable de inicio da actividade, prestación de servizos de actividades ao aire libre .
Aberto todo o ano
Subministración electrónica dos cartóns de bingo autorizados na Comunidade Autónoma de Galicia e a presentación e o pagamento electrónico da taxa fiscal sobre o xogo do bingo.
Aberto todo o ano
Recoñecemento e inscrición no rexistro dunha persoa intermediaria de crédito inmobiliario, modificación de datos ou baixa.
Aberto todo o ano
Recoñecemento e inscrición no rexistro, modificación de datos ou baixa dunha persoa intermediaria de crédito inmobiliario presentada por unha persoa prestamista única.
Aberto todo o ano