Guía de procedementos e servizos

IF510A

Autorización para desenvolver actividades comerciais e industriais, sen ocupación exclusiva de dominio público en portos dependentes da Comunidade Autónoma de Galicia, por parte de entidades privadas

Procedemento dirixido a: Asociacións e ong, Empresas e profesionais

Convocatoria 2026 - Aberto todo o ano

Consellería do Mar

Sobre o procedemento

O presente procedemento ten por obxecto regular a realización de actividades comerciais e industriais a prestar por autónomos, profesionais, empresas ou asociacións, sexan ou non de carácter netamente portuario, sempre e cando non exista unha ocupación do dominio público con exclusividade, intensidade, perigosidade ou rendibilidade, ni exista un procedemento propio para ela.

Persoas xurídicas e entidades sen personalidade xurídica privada, así como aos traballadores autónomos e traballadoras autónomas para os trámites e as actuacións que realicen no exercicio da súa actividade profesional.

Xunta de Galicia

Consellería do Mar

Portos de Galicia

Portos de Galicia de Pontevedra (zona Sur)

Rúa Victor Said Armesto, nº 1, 1º e 2º

36002  Pontevedra  (Pontevedra)

Teléfono: 886159290

Email: zonasur@portosdegalicia.com

https://portosdegalicia.gal/gl/

Xunta de Galicia

Consellería do Mar

Portos de Galicia

Portos de Galicia da Coruña (zona Centro)

Avda. Porto da Coruña, nº 5-1º

15006  Coruña, A  (Coruña, A)

Teléfono: 981182626

Email: zonacentro@portosdegalicia.com

https://portosdegalicia.gal/gl/

Xunta de Galicia

Consellería do Mar

Portos de Galicia

Portos de Galicia de Lugo (zona Norte)

Rúa Nicomedes Pastor Diaz, nº 13, 1º

27002  Lugo  (Lugo)

Teléfono: 982828426

Email: zonanorte@portosdegalicia.com

https://portosdegalicia.gal/gl/

Portos de Galicia
Requisitos e documentación

Prazo de presentación: Aberto todo o ano

O prazo de presentación de solicitudes é a partir do día seguinte ao da publicación no DOG desta resolución.


  • Tarifas portuarias aplicables nos portos e instalacións competencia da Comunidade Autónoma de Galicia ( 32.99.00)

Pode realizar o pago destas taxas na Oficina Virtual Tributaria.

Solicitudes

As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado (Anexo I), dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia https://sede.xunta.gal

De conformidade co artigo 68.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, se algunha das persoas interesadas presenta a súa solicitude presencialmente, será requirida para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase data de presentación da solicitude aquela en que fose realizada a emenda.

Para a presentación das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).

A solicitude deberá dirixirse á:

  • Zona de Portos de Galicia onde se localice o porto.

A solicitude presentada realizarase individualizada para cada actividade e para cada porto.

Documentación complementaria

1. As persoas interesadas deberán achegar co formulario de solicitude (anexo I) a seguinte documentación:

a) Documentación gráfica do porto, mediante o emprego de planos ou fotografías aéreas, con indicación de onde se solicita realizar a actividade.

b) Segundo as características da actividade solicitada, memoria descritiva en que se explique, en maior profundidade que no formulario, cal vai ser o seu desenvolvemento. Deberán incluírse a análise de riscos da actividade e as medidas de mitigación, tanto en materia de seguridade como de ambiente.

c) Se a actividade precisa de autorización/informe sectorial outorgada por outro/s organismo/s, deberá achegarse a dita autorización/informe ou xustificante de tela solicitado.

d) Documentación acreditativa da representación, agás que se encontre inscrita no REAG.

De conformidade co artigo 28.3 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, non será necesario achegar os documentos que xa fosen presentados anteriormente pola persoa interesada ante calquera Administración. Neste caso, a persoa interesada deberá indicar en que momento e ante que órgano administrativo presentou os ditos documentos, que serán recadados electronicamente a través das redes corporativas ou mediante consulta ás plataformas de intermediación de datos ou outros sistemas electrónicos habilitados para o efecto, agás que conste no procedemento a oposición expresa da persoa interesada.

De forma excepcional, se non se poden obter os citados documentos, poderáselle solicitar novamente á persoa interesada que os achegue.

2. A documentación complementaria deberá presentarse electronicamente.

Se algunha das persoas interesadas presenta a documentación complementaria presencialmente, será requirida para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase data de presentación aquela en que fose realizada a emenda.

As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, cando a relevancia do documento no procedemento o exixa ou existan dúbidas derivadas da calidade da copia, a Administración poderá solicitar de maneira motivada o cotexo das copias achegadas pola persoa interesada.

3. Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude, deberanse indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número, de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente, se se dispón del.

4. No caso de que algún dos documentos que se van presentar de forma electrónica supere os tamaños máximos establecidos ou teña un formato non admitido pola sede electrónica da Xunta de Galicia, permitirase a presentación deste de forma presencial dentro dos prazos previstos e na forma indicada no parágrafo anterior. A información actualizada sobre o tamaño máximo e os formatos admitidos pode consultarse na sede electrónica da Xunta de Galicia.

Comprobación de datos

1. Para a tramitación deste procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos en poder da Administración actuante ou elaborados polas administracións públicas, agás que a persoa interesada se opoña á súa consulta:

• DNI/NIE da persoa solicitante.

• DNI/NIE da persoa representante.

• Certificado de estar ao día no pagamento á Seguridade Social.

• Certificado de estar ao día no pagamento das débedas á Administración pública da Comunidade Autónoma.

• NIF da entidade solicitante.

• NIF da entidade representante.

• Certificado de domicilio fiscal.

• Imposto de actividades económicas (IAE).

• Certificado de estar ao día no pagamento de obrigas tributarias á AEAT.

2. No caso de que as persoas interesadas se opoñan a esta consulta, deberán indicalo no cadro correspondente habilitado no formulario correspondente (anexo I) e achegar os documentos.

Cando así o exixa a normativa aplicable, solicitarase o consentimento expreso da persoa interesada para realizar a consulta.

3. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilite a obtención dos citados datos, poderáselles solicitar ás persoas interesadas que presenten os documentos correspondentes.

Trámites administrativos posteriores 

Todos os trámites administrativos que as persoas interesadas deban realizar tras a presentación da solicitude deberán ser efectuados electronicamente accedendo á Carpeta cidadá da persoa interesada, dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.

Despois de presentar

Prazo de resolución:

Tres meses

Sentido do silencio:

Negativo

Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"

Normativa
  • Ámbito Autonómico
    • Lei 6/2003, do 9 de decembro, de taxas, prezos e exaccións reguladoras da Comunidade Autónoma de Galicia.

    • Lei 6/2017, do 12 de decembro, de portos de Galicia

    • Resolución do 1 de setembro de 2026 pola que se aproban os procedementos de autorización de actividades comerciais e industriais e doutra natureza, sen ocupación exclusiva de dominio público en portos dependentes da Comunidade Autónoma de Galicia, por parte de entidades privadas ou administracións públicas (DOG nº 173 do 11 de Setembro de 2026).

Descargar o contido desta ficha en formato PDF

Outros procedementos relacionados

IF204A

Autorización para a execución de obras, instalacións ou a realización de calquera outra actividade, así como os cambios de uso, na zona de dominio público viario e/ou nas zonas de protección das estradas de titularidade da Comunidade Autónoma de Galicia, excepto accesos.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

IF205C

Consulta previa de viabilidade dunha autorización.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

IF205D

Autorización de novo acceso, cambio de uso ou reordenación dun acceso existente na rede de titularidade da Comunidade Autonóma de Galicia.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

IF207B

Reversión de expropiación.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano