Guía de procedementos e servizos

IF508B

Recurso en materia portuaria non relacionada cunha liquidación tributaria

Procedemento dirixido a: Cidadáns, Empresas e profesionais

Convocatoria 2026 - Aberto todo o ano

Consellería do Mar

TRAMITAR PRESENCIALMENTE
Sobre o procedemento

Aprobar o formulario normalizado que se empregará  na presentación de recursos en materia portuaria non relacionada cunha liquidación  tributaria

Persoas físicas e persoas xurídicas.

Xunta de Galicia

Consellería do Mar

Portos de Galicia

Dirección (Portos de Galicia)

Departamento de Secretaría Xeral e Asesoría Xurídica

Praza Europa 5A-6ª- FONTIÑAS

15707  Santiago de Compostela  (Coruña, A)

Email: facturacion@portosdegalicia.com

https://portosdegalicia.gal/gl/

Portos de Galicia
Requisitos e documentación

Prazo de presentación: Aberto todo o ano

Solicitudes

1. Os recursos en materia portuaria presentaranse dentro do prazo establecido na liquidación tributaria ou na resolución notificada, e as alegacións en procesos de información pública relativos a expedientes en materia portuaria, dentro do prazo establecido na publicación no boletín oficial do dito proceso de información pública.

2. Os recursos ou alegacións presentaranse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal

A presentación electrónica será obrigatoria para as administracións públicas, as persoas xurídicas, as entidades sen personalidade xurídica, as persoas que exerzan unha actividade profesional para a cal se requira colexiación obrigatoria, as persoas traballadoras autónomas, as persoas representantes dunha das anteriores e as persoas empregadas das administracións públicas.

De conformidade co artigo 68.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, se algunha das persoas interesadas obrigadas á presentación electrónica presenta a súa solicitude presencialmente, será requirida para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela en que sexa realizada a emenda.

Para a presentación electrónica poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).

Aquelas persoas interesadas non obrigadas á presentación electrónica, opcionalmente, poderán presentar as solicitudes presencialmente en calquera dos lugares e dos rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común, utilizando o formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.

Documentación complementaria

Nos procedementos IF508B, recurso en materia portuaria non relacionada con liquidación tributaria, contido no anexo II, a seguinte documentación:

a) Texto do recurso.

b) Outra documentación que se considere conveniente.

2. A documentación complementaria presentarase preferiblemente por vía electrónica.

A presentación electrónica será obrigatoria para os suxeitos obrigados á presentación electrónica do recurso ou alegación. Se algunha destas persoas presenta a documentación complementaria presencialmente, será requirida para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación aquela en que sexa realizada a emenda.

Aquelas persoas non obrigadas á presentación electrónica, opcionalmente, poderán presentar a documentación complementaria presencialmente en calquera dos lugares e dos rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, cando a relevancia do documento no procedemento o exixa ou existan dúbidas derivadas da calidade da copia, a Administración poderá solicitar de maneira motivada o cotexo das copias achegadas pola persoa interesada, para o que poderá requirir a exhibición do documento ou da información orixinal.

3. Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente do recurso ou alegación deberase indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente, se se dispón del.

4. No caso de que algún dos documentos que se presente de forma electrónica supere os tamaños máximos establecidos ou teña un formato non admitido pola sede electrónica da Xunta de Galicia, permitirase a presentación deste de forma presencial dentro dos prazos previstos e na forma indicada no número anterior. A información actualizada sobre o tamaño máximo e os formatos admitidos pode consultarse na sede electrónica da Xunta de Galicia.

Comprobación de datos

1. Para a tramitación destes procedementos consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos en poder da Administración actuante ou elaborados polas administracións públicas, agás que a persoa interesada se opoña á súa consulta:

• DNI/NIE da persoa recorrente ou alegante.

• DNI/NIE da persoa representante.

• NIF da entidade recorrente ou alegante.

• NIF da entidade representante.

• Certificado de domicilio fiscal.

No caso de que as persoas interesadas se opoñan a esta consulta, deberán indicalo no recadro correspondente habilitado no formulario de inicio e achegar os documentos.

Cando así o exixa a normativa aplicable solicitarase o consentimento expreso da persoa interesada para realizar a consulta.

Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilite a obtención dos citados datos poderase solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.

Trámites administrativos posteriores 

A sede electrónica da Xunta de Galicia permite ás persoas interesadas realizar trámites electrónicos, con posterioridade ao inicio do expediente, accedendo á Carpeta cidadá da persoa interesada. Cando as persoas interesadas non resulten obrigadas á presentación electrónica tamén poderán realizarse os ditos trámites presencialmente en calquera dos lugares e dos rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

Despois de presentar

Prazo de resolución:

Un mes

Sentido do silencio:

Negativo

Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"

Normativa
  • Ámbito Autonómico
    • Ley 6/2017, de 12 de diciembre, de puertos de Galicia

    • Resolución do 4 de marzo de 2026 pola que se establecen os formularios normalizados que se empregarán en determinados procedementos en materia de portos (DOG nº 52 do 18 de marzo de 2026).

  • Ámbito Estatal
    • Lei 39/2015, de 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administraciones Públicas (BOE nº 236 de 2 de outubro de 2015).

Descargar o contido desta ficha en formato PDF

Outros procedementos relacionados

IF204A

Autorización para a execución de obras, instalacións ou a realización de calquera outra actividade, así como os cambios de uso, na zona de dominio público viario e/ou nas zonas de protección das estradas de titularidade da Comunidade Autónoma de Galicia, excepto accesos.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

IF205C

Consulta previa de viabilidade dunha autorización.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

IF205D

Autorización de novo acceso, cambio de uso ou reordenación dun acceso existente na rede de titularidade da Comunidade Autonóma de Galicia.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

IF207B

Reversión de expropiación.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano