Guía de procedementos e servizos
Ir á sección pai
Detalle procedemento
IF504E
Actividade comercial portuaria de subministro de combustible a buques, e outras instalacións fixas e móbiles, mediante medios móbiles terrestres.
Procedemento dirixido a: Empresas e profesionais
Consellería do Mar
Regular o procedemento de autorización de actividade comercial portuaria de subministro de combustible a buques, e outras instalacións fixas e móbiles, mediante medios móbiles terrestres nos portos de competencia da Comunidade Autónoma de Galicia.
Poderán formalizar a solicitude persoas xurídicas e entidades sen personalidade xurídica públicas ou privadas así como os traballadores autónomos e traballadoras autónomas para os trámites y actuacións que realicen no exercicio da súa actividade profesional.
Xunta de Galicia
Consellería do Mar
Portos de Galicia
Portos de Galicia de Lugo (zona Norte)
R/ Nicomedes Pastor Díaz, 13, 1º
36002 Lugo (Lugo)
Teléfono: 982828426
Email: zonanorte@portosdegalicia.com
Xunta de Galicia
Consellería do Mar
Portos de Galicia
Portos de Galicia da Coruña (zona Centro)
Avda. Porto da Coruña, 5-1º
15006 Coruña, A (Coruña, A)
Teléfono: 981182626
Email: zonacentro@portosdegalicia.com
Xunta de Galicia
Consellería do Mar
Portos de Galicia
Portos de Galicia de Pontevedra (zona Sur)
R/ Victor Said Armesto, 1, 1º e 2º
36002 Pontevedra (Pontevedra)
Teléfono: 886159290
Email: zonasur@portosdegalicia.com
Prazo de presentación: Aberto todo o ano
O prazo de presentación de solicitudes, será a partir do día seguinte á publicación no Diario Oficial de Galicia da presente resolución, quedando aberto indefinidamente.
Con carácter xeral as autorizacións de actividade comercial portuaria de subministro de combustible a buques, e outras instalacións fixas e móbiles, mediante medios móbiles terrestres por operadores privados en réxime de libre competencia.
Poderán ser titulares de autorizacións as persoas físicas ou xurídicas, españolas, doutros países da Unión Europea ou de terceiros países, condicionadas estas últimas á proba de reciprocidade, agás nos supostos en que os compromisos da Unión Europea coa Organización Mundial do Comercio non esixa o dito requisito, que tendo plena capacidade de obrar e contando coa habilitación empresarial e profesional esixible para a realización da actividade, non estean incursas en causas de incompatibilidade ou de prohibición para contratar coa Administración.
Solicitude segundo o Anexo XI.
Documentación xustificativa de ter constituída garantía na Caixa Xeral de Depósitos de 6.000 € por porto solicitado, ata un mínimo de 50.000 €. No suposto de presentar solicitudes en varias zonas admitirase a achega do mesmo depósito de fianza para todas elas sempre e cando o seu importe depositado cubra os 6.000 € por porto solicitado. Na garantía deben indicarse expresamente os portos solicitados.
Certificado/s ADR do/s vehículo/s co/s que se vaia a realizar o subministro.
Acreditación de habilitación de Conselleiro/s de Seguridade designado/s pola empresa ante as autoridades de transporte.
Análise de riscos da actividade e medidas de mitigación, tanto en materia de seguridade como de medio ambiente, mediante a presentación dunha ficha descritiva e identificación dos medios anticontaminación previstos en cada un dos portos solicitados.
Información descritiva do kit de emerxencias anticontaminación a instalar obrigatoriamente en cada porto autorizado, con indicación do seu contido en produtos e cantidade, descrición xeométrica do colector para aloxar o kit, e documentación gráfica que reflicta a localización proposta en cada porto con coordenadas UTM.
Plano/s de localización do punto de subministro e itinerario de entrada/saída do porto/s proposto.
Persoas xurídicas: Escritura acreditativa da constitución da sociedade inscrita no rexistro mercantil.
Persoa xurídica: poder de representación outorgado a favor do solicitante debidamente verificada a súa suficiencia, e inscrito, se é o caso, no rexistro pertinente, agás que a representación se desprenda dos documentos anteriormente citados.
Comprobación de datos.
Os documentos relacionados serán obxecto de consulta ás administracións públicas. No caso de que as persoas interesadas se opoñan a esta consulta, deberán indicalo no recadro correspondente do Anexo e achegar unha copia dos documentos.
DNI/NIE da persoa solicitante.
DNI/NIE da persoa representante.
Certificado de estar ao día do pagamento coa Seguridade Social.
Certificado de estar ao día no pagamento das débedas coa Administración pública da comunidade autónoma.
Consentimento para a comprobación de datos.
A persoa interesada autoriza a consulta a outras administracións públicas dos seguintes datos. De non autorizar a consulta, deberá achegar o documento correspondente.
NIF da entidade solicitante.
NIF da entidade representante.
Certificado de estar ao día do pagamento de obrigas tributarias coa AEAT.
Certificado de domicilio fiscal.
Imposto de Actividades Económicas (IAE).
- Fase de solicitude
- Solicitude (Anexo XI)
Prazo de resolución:
Tres meses
Sentido do silencio:
Negativo
Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"
-
Ámbito Autonómico
-
Lei 6/2003, do 9 de decembro, de taxas, prezos e exaccións reguladoras da Comunidade Autónoma de Galicia (DOG nº 240 do 11 de decembro de 2003).
-
Lei 6/2017, do 12 de decembro, de portos de Galicia (DOG nº 236 do 14 de decembro de 2017).
-
Resolución do 17 de abril de 2023 pola que se regulan os procedementos de prestación de servizos especiais de manipulación de carga e á pasaxe, e de desenvolvemento de actividades comerciais, industriais e doutra natureza de consignación de buques e mercadorías, avituallamento de combustible e posta á disposición de medios mecánicos nos portos dependentes da Comunidade Autónoma de Galicia (DOG nº 105 do 5 de xuño de 2023).
-
-
Ámbito Estatal
-
Lei 39/2015, de Procedemento Común das Administracións Públicas (BOE nº 236 de 2 de outubro de 2015).
-
Outros procedementos relacionados
Inscrición no Rexistro Xeral de Contratistas da Comunidade Autónoma de Galicia.
Aberto todo o ano
Modificación da Inscrición no Rexistro Xeral de Contratistas da Comunidade Autónoma de Galicia.
Aberto todo o ano
Autorización para a execución de obras, instalacións ou a realización de calquera outra actividade, así como os cambios de uso, na zona de dominio público viario e/ou nas zonas de protección das estradas de titularidade da Comunidade Autónoma de Galicia, excepto accesos.
Aberto todo o ano
Consulta previa de viabilidade dunha autorización.
Aberto todo o ano