Guía de procedementos e servizos

IF500A

Autorización de ocupación de dominio público portuario competencia da comunidade autónoma de Galicia con destino á realización de espectáculos públicos e actividades recreativas.

Procedemento dirixido a: Cidadáns

Convocatoria 2020 - Prazo pechado: 20/05/2020 00:00 - 29/05/2023 23:59

Consellería do Mar

O obxecto é establecer o procedemento de autorización de ocupación de dominio público portuario competencia da Comunidade Autónoma de Galicia con destino á realización de espectáculos públicos e actividades recreativas (código do procedemento administrativo: IF500A). Defínense no presente procedemento a tipoloxía de eventos autorizables e os criterios xerais que regularán a autorización da celebración de espectáculos públicos ou actividades recreativas que se van desenvolver nos portos suxeitos á xestión da entidade pública empresarial Portos de Galicia.

Enténdese por espectáculos públicos as representacións, exhibicións, actuacións, proxeccións, competicións ou audicións de concorrencia pública, de carácter artístico, cultural, deportivo ou análogo.

Enténdese por actividades recreativas aquelas que ofrecen ao público, espectadores ou participantes, actividades, produtos ou servizos con fins de ocio, recreo ou entretemento.

Normativa

A normativa de aplicación para ocupación de dominio publico para desenvolvemento de espectáculos públicos e actividades recreativas é, entre outra:

– Lei 6/2017, do 12 de decembro, de portos de Galicia.

– Regulamento de servizo, policía e réxime dos portos adscritos á Comunidade Autónoma.

– Lei 6/2003, do 9 de decembro, de taxas, prezos e exaccións reguladoras da Comunidade Autónoma de Galicia.

– Decreto 227/1995, do 20 de xullo, que recolle o Regulamento do ente público Portos de Galicia.

– Lei 10/2017, do 27 de decembro, de espectáculos públicos e actividades recreativas de Galicia.

– Lei 9/2013, do 19 de decembro, do emprendemento e da competitividade económica de Galicia.

– Decreto 124/2019, do 5 de setembro, polo que se aproba o Catálogo de espectáculos públicos, actividades recreativas e establecementos abertos ao público da Comunidade Autónoma de Galicia e se establecen determinadas disposicións xerais de aplicación na materia.

Ademais, de ser o caso, será de aplicación a seguinte normativa:

– Lei 22/1988, de 28 de xullo, de costas.

– Decreto 876/2014, do 10 de outubro, polo que se aproba o Regulamento de costas.

– Decreto 130/2013, do 1 de agosto, que regula a explotación dos portos deportivos e das zonas portuarias de uso náutico-deportivo de competencia da Comunidade Autónoma de Galicia.

– Decreto 144/2016, do 22 de setembro, que aproba o Regulamento único de regulación integrada de actividades económicas e apertura de establecementos.

– Lei de tráfico de 2015, aprobada polo Real decreto lexislativo 6/2015, do 30 de outubro.

– Regulamento xeral de circulación de 2003, aprobado polo Real decreto 1428/2003, do 21 de novembro.

– Real decreto 2816/1982, do 27 de agosto, polo que se aproba o Regulamento xeral de policía de espectáculos públicos e actividades recreativas.

– Decreto 8/2010, do 21 de xaneiro, que regula a actividade de control de acceso a espectáculos públicos e actividades recreativas.

– Lei 10/1990, do 15 de outubro, do deporte.

– Lei 3/2012, do 2 de abril, do deporte de Galicia 2012.

– Demais normativa de pertinente aplicación.

Poderán formalizar a solicitude persoas xurídicas e as entidades sen personalidade xurídica públicas ou privadas, e non será posible a súa presentación por parte de persoas físicas.

Xunta de Galicia

Consellería do Mar

Portos de Galicia

Portos de Galicia de Lugo (zona Norte)

R/ Pastor Díaz, 13, 1º

27002 

Teléfono: 982828426

Email: zonanorte@portosdegalicia.com

Xunta de Galicia

Consellería do Mar

Portos de Galicia

Portos de Galicia da Coruña (zona Centro)

Avda. Porto da Coruña, 5-1º

15006 

Teléfono: 981182626

Email: zonacentro@portosdegalicia.com

Xunta de Galicia

Consellería do Mar

Portos de Galicia

Portos de Galicia de Pontevedra (zona Sur)

R/ Victor Said Armesto, 1, 1º e 2º

36002 

Teléfono: 886159290

Email: zonasur@portosdegalicia.com

Portos de Galicia

Prazo de presentación: PECHADO

20/05/2020 00:00 - 29/05/2023 23:59

O prazo de presentación é a partir do día seguinte ao da publicación no DOG da presente resolución, o cal quedará aberto desde a mencionada data.

1. Para que a solicitude poida ser tida en conta, en xeral, deberá ser presentada cunha anterioridade mínima de dous (2) meses ao inicio do evento, contado desde o primeiro día en que se solicite a ocupación do espazo portuario.

No caso concreto de espectáculos deportivos vinculados a náutica (Espectáculo público I.5), as solicitudes deberán presentarse a lo menos quince (15) días hábiles antes da celebración do evento ou do inicio da montaxe das instalacións que fosen necesarias, de ser o caso.

2. No suposto de que a data de celebración do evento estea prevista nun prazo inferior ao prazo mínimo de formalización de solicitudes establecido na presente resolución, a solicitude e a documentación requirida deberá presentarse nun prazo máximo de 10 días naturais desde o día seguinte ao da súa publicación do anuncio no Diario Oficial de Galicia, e, en todo caso, cinco días hábiles antes da data prevista para a celebración do evento, do contrario non será admitida a trámite a solicitude.

Unicamente poderán ser admitidas a trámite as solicitudes presentadas fóra do prazo establecido na convocatoria pública cando se trate de eventos promovidos e patrocinados por administracións publicas ou corporacións que participen desta natureza, e entidades privadas, sempre que se xustifique que teñan un carácter sobrevido dificilmente previsible. Neste caso, o solicitante deberá achegar, na memoria de actividade anexa á solicitude, xustificación da excepcionalidade da causa que xustifique a presentación fóra de prazo. Portos de Galicia valorará en cada caso a admisión a trámite da solicitude.

En todo caso, as solicitudes deberán presentarse como mínimo 5 días hábiles antes do inicio da ocupación, xa que, do contrario, non serán admitidas a trámite.

3. Recibida a solicitude de autorización e a documentación anexa, Portos de Galicia analizará o cumprimento da normativa aplicable para os efectos da ocupación do dominio público portuario, e requirirá, cando proceda, os solicitantes para a súa emenda. Entenderase que se desiste da solicitude cando o solicitante non atenda o requirimento de documentación realizado por Portos de Galicia para a emenda da documentación no prazo establecido para iso.

  • Autorización para a súa celebración en vías públicas ( 30.40.01)

Pode realizar o pago destas taxas na Oficina Virtual Tributaria.

As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado (anexo I), dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal.

Se algunha das persoas interesadas presenta a súa solicitude presencialmente, requirirase para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela en que fose realizada a emenda.

Para a presentación das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).

A solicitudes terán que ser presentadas coa antelación mínima á realización do espectáculo público ou actividade recreativa, indicada na condición oitava.

Documentación complementaria

1. As persoas interesadas deberán achegar coa solicitude a seguinte documentación

a) Modelo de presentación, anexo I, debidamente cuberto. O dito modelo está á disposición dos solicitantes na sede electrónica da Xunta de Galicia procedemento IF500A.

b) O proxecto e a documentación técnica que resulte exixible segundo a natureza da actividade. Para estes efectos, enténdese por proxecto o conxunto de documentos que definen as actuacións para desenvolverse, co contido e detalle que permita á Administración coñecer o seu obxecto e determinar o seu axuste á normativa urbanística e sectorial de aplicación. O proxecto e a documentación técnica redactaraos e asinaraos a persoa técnica competente. Incluirá plan de tráfico alternativo, no suposto de solicitar o corte de vías portuarias.

c) Plano do porto en que se indique a localización concreta do espectáculo público ou actividade para a que se solicita a autorización, no cal se especifique a extensión da zona de dominio público portuario que se vai ocupar e as datas e prazo en que se pretende desenvolver. Deberá achegarse soporte gráfico en que se identifique con claridade o ámbito e a superficie solicitada.

Poderá descargarse a cartografía de cada porto, con indicación de cada unha das zonas definidas nestas bases no enlace:

http://www.portosdegalicia.gal/solicitude_espectaculos

d) O documento acreditativo asinado polo/a interesado/a de a designación da persoa física ou xurídica que debe asumir a responsabilidade técnica da execución do proxecto e que debe expedir a certificación que acredite a adecuación do espectáculo público ou actividade recreativa aos requisitos exixibles, achegando o anexo II debidamente cuberto.

e) Para a celebración de espectáculos públicos e actividades recreativas que requiran a montaxe de estruturas non permanentes desmontables, será preciso acompañar o documento acreditativo da designación, por quen presente a declaración, da persoa física ou xurídica que debe asumir a responsabilidade técnica da montaxe da instalación, para o que se achegará o anexo II debidamente cuberto.

f) Para a realización de espectáculos deportivos ou actividades recreativas náuticas que impliquen a ocupación da lámina de auga, deberase achegar informe favorable da Capitanía Marítima, ou do distrito marítimo correspondente, ou xustificante de telo solicitado.

g) Para a realización de lanzamento de fogos de artificio vinculados a festas e verbenas populares deberase achegar informe favorable da subdelegación de Goberno correspondente, ou xustificante de telo solicitado.

h) Taxas administrativas devindicadas pola tramitación da solicitude. Taxa 30.40.01 da Lei 6/2003 de taxas, prezos e exaccións reguladoras da Comunidade Autónoma.

Esta taxa responde á tramitación da solicitude, será ademais de aplicación as que correspondan pola ocupación de terreo portuario, taxa E-2, contida na subepígrafe 01 da epígrafe 99 do anexo 3 da Lei 6/2003, e, se é o caso, as restantes taxas portuarias que sexa de aplicación, segundo o indicado na cláusula décimo quinta. Estas taxas por ocupación de superficie, e, se é o caso, polo uso doutras instalación portuarias, será fixada na autorización que proceda, segundo o modelo do anexo IV, e será liquidada, posteriormente, por Portos de Galicia.

i) Portos de Galicia poderá requirir outros documentos complementarios se o considera necesario e a súa exixencia estea xustificada por razón imperiosa de interese xeral.

Se a entidade solicitante ten previsto organizar máis dun espectáculo público ou actividade recreativa nun porto dependente de Portos de Galicia, poderá realizar de xeito conxunto a solicitude de varios eventos para realizar ao longo do ano. Neste caso, a fianza e seguros exixibles poderanse formalizar de forma única para todos eles sempre e cando as coberturas mínimas exixibles queden garantidas e o importe da fianza sexa o mínimo exixible para cada un dos eventos. Neste caso, ademais de indicar no modelo normalizado a totalidade dos eventos programados, con indicación das datas previstas, deberase achegar por cada evento a documentación indicada nos puntos anteriores.

2. A documentación complementaria deberá presentarse electronicamente. As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, a Administración poderá requirir a exhibición do documento orixinal para o cotexo da copia electrónica presentada.

Se algunha das persoas interesadas presenta a documentación complementaria presencialmente, será requirida para que a emende a través da súa presentación electrónica.

Para estes efectos, considerarase como data de presentación aquela en que fose realizada a emenda.

3. Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude deberase indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente, se se dispón del.

4. No caso de que algún dos documentos que se vaia presentar de forma electrónica supere os tamaños máximos establecidos ou teña un formato non admitido pola sede electrónica da Xunta de Galicia, permitirase a presentación deste de forma presencial dentro dos prazos previstos e na forma indicada no parágrafo anterior. A información actualizada sobre o tamaño máximo e os formatos admitidos pode consultarse na sede electrónica da Xunta de Galicia.

Comprobación de datos

1. Para a tramitación deste procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos elaborados polas administracións públicas:

a) DNI/NIE da persoa representante.

b) NIF da entidade solicitante.

c) Certificado de inscrición de asociacións.

d) Certificado acreditativo da xunta directiva de asociacións.

e) Certificado de estar ao día do pagamento de obrigas tributarias coa AEAT.

f) Certificado de estar ao día do pagamento coa Seguridade Social.

g) Certificado de estar ao día no pagamento das débedas coa Administración pública da Comunidade Autónoma.

2. No caso de que as persoas interesadas se opoñan a esta consulta, deberán indicalo no recadro correspondente habilitado no formulario de inicio e achegar os documentos.

3. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilite a obtención dos citados datos poderase solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.

Trámites administrativos posteriores á presentación de solicitudes

Todos os trámites administrativos que as persoas interesadas deban realizar durante a tramitación deste procedemento deberán ser realizados electronicamente accedendo á Carpeta cidadá da persoa interesada dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.

Prazo de resolución:

Tres meses

Sentido do silencio:

Negativo

Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"

  • Ámbito Autonómico
    • Resolución do 8 de maio de 2020 pola que se aproba o procedemento de autorización de ocupación de dominio público portuario competencia da Comunidade Autónoma de Galicia con destino á realización de espectáculos públicos e actividades recreativas (código de procedemento IF500A). (DOG nº 96 do 19 de maio de 2020).

Outros procedementos relacionados

CT102A

Autorización de actuación arqueolóxica.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

CT111A

Proposta de avaliación de documentos

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

CT111B

Proposta de eliminación de documentos

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

CT113A

Depósito en réxime de comodato de fondos documentais en arquivos xestionados pola Xunta de Galicia.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano