Guía de procedementos e servizos

IF325J

Pagamento das actuacións para a modernización de empresas privadas de transporte de viaxeiros prestadoras de servizos de transporte por estrada e de empresas privadas que interveñen no transporte de mercadorías por estrada.

Procedemento dirixido a: Empresas e profesionais

Convocatoria 2023 - Aberto todo o ano

Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes

Solicitude de pagamento da actuación polo provedor de Solucións de Modernización.

Provedores de Solucións de Modernización Adheridos.

Xunta de Galicia

Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes

Dirección Xeral de Mobilidade

Subdirección Xeral de Ordenación do Transporte

San Caetano, s/n

15704  Santiago de Compostela  (Coruña, A)

Teléfono: 981544588

Email: axudasmodernizacion.mobilidade@xunta.gal

Dirección Xeral de Mobilidade

Prazo de presentación: Aberto todo o ano

A solicitude de pagamento das actuacións, xunto coa documentación xustificativa, deberá presentarse no prazo máximo de doce meses contados desde a data da notificación da resolución de concesión da axuda.

Os Provedores de Solucións de Modernización deberán ter formalizados os Acordos de Prestación cos destinatarios últimos, nun prazo máximo de tres meses desde a notificación da resolución de concesión. A continuación, procederá a prestación da solución de modernización polo Provedor. Realizada a prestación o Provedor emitirá ao destinatario último unha única factura polo importe total, para cada unha das solucións de modernización.

De acordo co disposto no artigo 23 do Real Decreto 902/2022, do 25 de outubro, trala prestación da solución de modernización, o Provedor da Solución de Modernización Adherido, en nome do destinatario último, deberá presentar no prazo máximo de doce meses contados desde a data da notificación da resolución de concesión, a documentación específica requirida para xustificar a actuación realizada establecida no Anexo III do Real Decreto 902/2022.

Ademais, deberá presentar a seguinte documentación:

Conta xustificativa simplificada do pagamento, de conformidade co Anexo III do Real decreto 902/2022, achegando os xustificantes de gasto conforme ao previsto no artigo 30 e seguintes da Lei 38/2003, do 17 de novembro e no título II do seu Regulamento de desenvolvemento, que conterá unha memoria e que incluirá a seguinte documentación:

a) Detalle técnico e funcional das solucións instaladas e prestadas e os seus custos de conformidade co Acordo de Prestación das Solucións de Modernización.

b) Acreditación do cumprimento da actividade subvencionada, segundo os requisitos que se establecen no anexo I do Real Decreto 902/2022.

c) A factura emitida polo Provedor de Solucións de Modernización Adherido e a documentación acreditativa do abono da mesma.

d) Conformidade expresa do destinatario último das solucións instaladas e prestadas.

e) Probas pertinentes acerca do cumprimento das obrigas de publicidade que se recollen no artigo 28 do Real Decreto 902/2022.

Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"

  • Ámbito Autonómico
    • Orde do 17 de abril de 2023 pola que se convocan subvencións para a modernización de empresas privadas de transporte de viaxeiros prestadoras de servizos de transporte por estrada e de empresas privadas que interveñen no transporte de mercadorías por estrada, na Comunidade Autónoma de Galicia, no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU, xestionado polo Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana para os anos 2023 e 2024 (DOG nº 82 do 28 de abril de 2023).

    • Extracto da Orde do 17 de abril de 2023 pola que se convocan subvencións para a modernización de empresas privadas de transporte de viaxeiros prestadoras de servizos de transporte por estrada e de empresas privadas que interveñen no transporte de mercadorías por estrada, na Comunidade Autónoma de Galicia, no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU, xestionado polo Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana para os anos 2023 e 2024 (DOG nº 82 do 28 de abril de 2023).

    • Resolución do 6 de outubro de 2023 pola que se publican as subvencións concedidas do 1 de xuño ao 30 de setembro de 2023 ao abeiro da Orde do 17 de abril de 2023 pola que se convocan subvencións para a modernización de empresas privadas de transporte de viaxeiros prestadoras de servizos de transporte por estrada e de empresas privadas que interveñen no transporte de mercadorías por estrada, na Comunidade Autónoma de Galicia, no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU, xestionado polo Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana para os anos 2023 e 2024 (DOG nº 198 do 18 de outubro de 2023).

    • Resolución do 12 de xaneiro de 2024 pola que se publican as subvencións concedidas do 1 de outubro ao 31 de decembro de 2023 ao abeiro da Orde do 17 de abril de 2023 pola que se convocan subvencións para a modernización de empresas privadas de transporte de viaxeiros prestadoras de servizos de transporte por estrada e de empresas privadas que interveñen no transporte de mercadorías por estrada, na Comunidade Autónoma de Galicia, no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU, xestionado polo Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana para os anos 2023 e 2024 (DOG nº 16 do 23 de xaneiro de 2024).

    • Resolución do 4 de abril de 2024 pola que se publican as subvencións concedidas do 1 de xaneiro ao 31 de marzo de 2024 ao abeiro da Orde do 17 de abril de 2023 pola que se convocan subvencións para a modernización de empresas privadas de transporte de viaxeiros prestadoras de servizos de transporte por estrada e de empresas privadas que interveñen no transporte de mercadorías por estrada, na Comunidade Autónoma de Galicia, no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia-financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU, xestionado polo Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana para os anos 2023 e 2024 (códigos de procedemento IF325A, IF325B, IF325C, IF325D, IF325E, IF325F, IF325G, IF325H, IF325I e IF325J) (DOG nº 75 do 16 de abril de 2024).

  • Ámbito Estatal
    • Real Decreto 902/2022, de 25 de outubro, polo que se aproba a concesión directa, as comunidades autónomas e a cidades de Ceuta e Melilla, de axudas para a modernización de empresas privadas de transporte de viaxeiros prestadoras de servizos de transporte por carretera e de empresas privadas que interveñen no transporte de mercadorías por carretera, no maro do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia-Financiado pola Unión Europea- Next Generation EU (BOE nº 257 do 26 de outubro de 2022).

Outros procedementos relacionados

IF204A

Autorización para a execución de obras, instalacións ou a realización de calquera outra actividade, así como os cambios de uso, na zona de dominio público viario e/ou nas zonas de protección das estradas de titularidade da Comunidade Autónoma de Galicia, excepto accesos.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

IF205C

Consulta previa de viabilidade dunha autorización.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

IF205D

Autorización de novo acceso, cambio de uso ou reordenación dun acceso existente na rede de titularidade da Comunidade Autonóma de Galicia.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

IF207B

Reversión de expropiación.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano