Guía de procedementos e servizos
Ir á sección pai
Detalle procedemento
IF322B
Comparecencia ou presentación de alegacións ante a Xunta Arbitral de Transportes de Galicia.
Procedemento dirixido a: Cidadáns, Empresas e profesionais
A presente orde ten por obxecto aprobar os formularios normalizados que se van empregar no procedemento de presentación de reclamacións ante a Xunta Arbitral de Transportes de Galicia e no procedemento de comparecer ou presentar alegacións ante Xunta Arbitral de Transportes de Galicia.
IF322B. Comparecencia ou presentación de alegacións ante a Xunta Arbitral de Transportes de Galicia (anexo II).
Persoas físicas, persoas xurídicas e outros colectivos segundo o establecido no seu artigo 14.2, colectivo que o artigo 10 da Lei 4/2019, do 17 de xullo, de administración dixital de Galicia, amplía aos traballadores autónomos e aos seus representantes.
Prazo de presentación: Aberto todo o ano
Esta orde entrará en vigor ao día seguinte da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.
Forma de presentación
As reclamacións ante a Xunta Arbitral de Transportes de Galicia e a comparecencia ou presentación de alegacións ante ese órgano por parte das persoas físicas presentaranse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal.
A presentación electrónica será obrigatoria para as persoas xurídicas, as entidades sen personalidade xurídica, as persoas que exerzan unha actividade profesional para a que se requira colexiación obrigatoria para os trámites e actuacións que realicen coas administracións públicas no exercicio da súa actividade profesional, os titulares ou solicitantes das autorizacións e habilitacións reguladas na Lei 16/1987, do 30 de xullo, de ordenación dos transportes terrestres, os traballadores autónomos para os trámites e actividades que realicen no exercicio da súa actividade profesional e as persoas representantes dunha das anteriores.
Se algunha das persoas interesadas obrigadas á presentación electrónica presenta a súa documentación presencialmente, requirirase para que a emende mediante a súa presentación por medios electrónicos. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude ou recurso aquela en que foi realizada a emenda.
Para a presentación das reclamacións, comparecencias ou alegacións poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).
Aquelas persoas interesadas non obrigadas á presentación electrónica, opcionalmente, poderán presentar as reclamacións ou alegacións en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común, utilizando o formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.
Pluralidade de persoas reclamantes
As pretensións dunha pluralidade de persoas de contido e fundamento idéntico ou substancialmente similar poderán formularse nunha única reclamación segundo o modelo establecido no anexo III. Neste suposto, deberá achegarse xunto coa reclamación (anexo I) o anexo III debidamente cuberto. As actuacións efectuaranse co representante ou coa persoa interesada que expresamente sinalen e, na súa falta, con que figure en primeiro termo.
Documentación complementaria necesaria para a tramitación dos procedementos
A documentación complementaria que as persoas interesadas queiran xuntar á súa reclamación presentarase preferiblemente por vía electrónica. As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, a Administración poderá requirir a exhibición do documento orixinal para o cotexo da copia electrónica presentada.
A presentación electrónica será obrigatoria para os suxeitos obrigados á presentación electrónica da reclamación ou comparecencia. Se algunha das persoas interesadas presenta a documentación complementaria presencialmente, requirirase para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación aquela en que foi realizada a emenda.
Aquelas persoas non obrigadas á presentación electrónica, opcionalmente, poderán presentar a documentación complementaria presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.
No suposto da pluralidade de persoas reclamantes deberán achegar cuberto o anexo III.
Comprobación de datos
.Para a tramitación destes procedementos consultaranse automaticamente os datos incluídos nos documentos elaborados polas administracións públicas, en concreto, os documentos identificativos (DNI/NIE para persoas físicas e NIF para persoas xurídicas), tanto da persoa reclamante ou comparecente, coma das súas representantes.
No caso de que as persoas interesadas se opoñan a esta consulta, deberán indicalo no recadro correspondente habilitado no formulario de inicio e achegar os documentos.
Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilite a obtención dos citados datos poderase solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.
Trámites administrativos posteriores á presentación de reclamacións ante a Xunta Arbitral de Transportes de Galicia
A sede electrónica da Xunta de Galicia permítelles ás persoas interesadas realizar trámites electrónicos, con posterioridade ao inicio do expediente, accedendo á Carpeta cidadá da persoa interesada. Cando as persoas interesadas non resulten obrigadas á presentación electrónica das solicitudes tamén poderán tramitarse presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.
- Fase de solicitude
- Solicitude (Anexo II)
Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"
-
Ámbito Autonómico
-
Orde do 10 de setembro de 2020 pola que se establecen os formularios normalizados para a presentación de reclamacións ante a Xunta Arbitral de Transportes de Galicia e para comparecer ou presentar alegacións ante o dito órgano (DOG nº 200 do 2 de outubro de 2020).
-
Outros procedementos relacionados
Autorización para a execución de obras, instalacións ou a realización de calquera outra actividade, así como os cambios de uso, na zona de dominio público viario e/ou nas zonas de protección das estradas de titularidade da Comunidade Autónoma de Galicia, excepto accesos.
Aberto todo o ano
Consulta previa de viabilidade dunha autorización.
Aberto todo o ano
Autorización de novo acceso, cambio de uso ou reordenación dun acceso existente na rede de titularidade da Comunidade Autonóma de Galicia.
Aberto todo o ano
Reversión de expropiación.
Aberto todo o ano