Guía de procedementos e servizos

IF321G

Pagamentos/cesións de dereitos de cobro/información relativa á explotación de concesións de servizo público de transporte regular de viaxeiros de uso xeral por estrada.

Procedemento dirixido a: Empresas e profesionais

Aberto todo o ano

Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes

Sobre o procedemento

A presente orde ten por obxecto aprobar os formularios normalizados que se empregarán en determinados procedementos, en materia de infraestruturas, mobilidade e augas.

Os devanditos procedementos habilitaranse na Guía de procedementos e servizos dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia co seguinte código.

IF321G. Comunicación de información relativa a pagamentos, cesións de dereitos de cobramento e información relativa á explotación de concesións de servizo público de transporte regular de viaxeiros de uso xeral por estrada (anexo VII)

Xunta de Galicia

Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes

Departamento Territorial da Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes da Coruña

Servizo de Mobilidade da Coruña

Alcalde Pérez Arda, 4

15071  Coruña, A  (Coruña, A)

Teléfono: 881881003

Fax: 881881000

Xunta de Galicia

Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes

Departamento Territorial da Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes de Lugo

Servizo de Mobilidade de Lugo

Ronda da Muralla, 70

27071  Lugo  (Lugo)

Teléfono: 982294421

Fax: 982294389

Xunta de Galicia

Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes

Departamento Territorial da Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes de Ourense

Servizo de Mobilidade de Ourense

R/ Valente Docasar, 2 baixo

32071  Ourense  (Ourense)

Teléfono: 988687307/ 988687308

Fax: 988687303

Xunta de Galicia

Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes

Departamento Territorial da Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes de Pontevedra

Servizo de Mobilidade de Pontevedra

Avda. María Victoria Moreno, 43-1º

36071  Pontevedra  (Pontevedra)

Teléfono: 886206015/ 886206016

Fax: 886206026​

Dirección Xeral de Mobilidade
Requisitos e documentación

Prazo de presentación: Aberto todo o ano

Esta orde entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Forma de presentación

A presentación electrónica será obrigatoria para as administracións públicas, as persoas xurídicas, as entidades sen personalidade xurídica, as persoas que exerzan unha actividade profesional para a que se requira colexiación obrigatoria para os trámites e actuacións que realicen coas administracións públicas no exercicio da súa actividade profesional, os titulares ou solicitantes das autorizacións e habilitacións reguladas na Lei 16/1987, do 30 de xullo, de ordenación dos transportes terrestres, os traballadores autónomos para os trámites e actividades que realicen non exercicio da súa actividade profesional e as persoas representantes dunha das anteriores.

As comunicacións (IF321E e IF321G) e solicitudes (IF321F) relativas aos contratos de concesión de servizo público de transporte regular de viaxeiros de uso xeral por estrada presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través da sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal.

Se algunha das persoas interesadas obrigadas á presentación electrónica presenta a súa documentación presencialmente, requiriráselle para que a emende mediante a súa presentación por medios electrónicos. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude ou recurso aquela en que fose realizada a emenda.

Para a presentación de documentación relativa aos procedementos que regula esta orde poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).

Documentación complementaria necesaria para a tramitación dos procedementos

No procedemento IF321G Comunicación de información relativa a pagamentos, cesións de dereitos de cobro e información relativa á explotación de concesións de servizo público de transporte regular de viaxeiros de uso xeral por estrada, as persoas interesadas deberán achegar xunto co formulario contido no anexo VII, segundo sexa o caso, a seguinte documentación:

a) Documento acreditativo da representación por calquera medio válido en dereito.

b) Acordo de cesión de dereito de cobramento.

c) Ficheiro Excel anexo I coa información relativa á explotación do servizo segundo modelo aprobado pola dirección xeral con competencia en materia de transportes.

d) Ficheiro Excel anexo II coa información relativa á explotación do servizo segundo modelo aprobado pola dirección xeral con competencia en materia de transportes.

e) Ficheiros TGD coa información relativa aos tacógrafos correspondentes ao período referido.

f) Xustificante do cumprimento dos pagamentos aos contratistas dentro dos prazos de pagamento legalmente establecidos no artigo 216 LCSP e na Lei 3/2004, do 29 de decembro, pola que se establecen medidas de loita contra a morosidade nas operacións comerciais.

g) Outra documentación que considere conveniente.

Non será necesario achegar os documentos que xa foran presentados anteriormente. Para estes efectos, a persoa interesada deberá indicar en que momento e ante que órgano administrativo presentou os citados documentos. Presumirase que esta consulta é autorizada polas persoas interesadas, salvo que conste no procedemento a súa oposición expresa.

A presentación electrónica será obrigatoria para os suxeitos obrigados á presentación electrónica das solicitudes, recursos e comunicacións. Se algunha das persoas interesadas presenta a documentación complementaria presencialmente, requiriráselle para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación aquela en que fose realizada a emenda.

Comprobación de datos

1. Para a tramitación destes procedementos consultaranse automaticamente os datos incluídos nos documentos elaborados polas administracións públicas, especialmente os documentos identificativos (DNI/NIE para persoas físicas e NIF para persoas xurídicas), tanto da persoa solicitante, recorrente ou declarante como das representantes.

2. No caso de que as persoas interesadas se opoñan a esta consulta, deberán indicalo no cadro correspondente habilitado no formulario de inicio e achegar os documentos.

3. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilite a obtención dos citados datos, poderase solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes

Trámites administrativos posteriores á presentación de reclamacións, recursos, solicitudes, declaracións responsables e comunicacións

A sede electrónica da Xunta de Galicia permítelle ás persoas interesadas realizar trámites electrónicos, con posterioridade ao inicio do expediente, accedendo á Carpeta cidadá da persoa interesada. Cando as persoas interesadas non resulten obrigadas á presentación electrónica das solicitudes tamén poderán tramitarse presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

Despois de presentar

Prazo de resolución:

Non procede resolución xa que se trata de comunicacións.

Sentido do silencio: Non especificado

Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"

Normativa
  • Ámbito Autonómico
    • Lei 2/2017, do 8 de febreiro, de medidas fiscais, administrativas e de ordenación (DOG nº 28 do 9 de febreiro de 2017)

    • Orde do 8 de xaneiro de 2020 pola que se establecen os formularios normalizados que se empregarán en determinados procedementos en materia de mobilidade, infraestruturas e augas (DOG nº 32 do 17 de xaneiro de 2020).

  • Ámbito Estatal
    • Lei 16/1987, do 30 de xullo, de Ordenación dos Transportes Terrestres (BOE nº 182, do 31 de xullo de 1987).

    • Real Decreto 1211/1990, de 28 de setembro, polo que se aproba o Regulamento da Lei de Ordenación dos Transportes Terrestres (BOE nº 241 de 8 de outubro de 1990).

Descargar o contido desta ficha en formato PDF

Outros procedementos relacionados

IF204A

Autorización para a execución de obras, instalacións ou a realización de calquera outra actividade, así como os cambios de uso, na zona de dominio público viario e/ou nas zonas de protección das estradas de titularidade da Comunidade Autónoma de Galicia, excepto accesos.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

IF205C

Consulta previa de viabilidade dunha autorización.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

IF205D

Autorización de novo acceso, cambio de uso ou reordenación dun acceso existente na rede de titularidade da Comunidade Autonóma de Galicia.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

IF207B

Reversión de expropiación.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano