Guía de procedementos e servizos
Ir á sección pai
Detalle procedemento
IF321F
Baixa/modificacións de persoal acompañante adscrito á concesión de servizos públicos de transporte regular de viaxeiros de uso xeral por estrada.
Procedemento dirixido a: Empresas e profesionais
Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes
A presente orde ten por obxecto aprobar os formularios normalizados que se empregarán en determinados procedementos, en materia de infraestruturas, mobilidade e augas.
Os devanditos procedementos habilitaranse na Guía de procedementos e servizos dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia co seguinte código.
IF321F. Solicitude de baixa/modificacións de persoal acompañante adscrito á concesión de servizos públicos de transporte regular de viaxeiros de uso xeral por estrada (anexo VI).
Xunta de Galicia
Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes
Departamento Territorial da Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes da Coruña
Servizo de Mobilidade da Coruña
Alcalde Pérez Arda, 4
15071 Coruña, A (Coruña, A)
Teléfono: 881881003
Fax: 881881000
Xunta de Galicia
Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes
Departamento Territorial da Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes de Lugo
Servizo de Mobilidade de Lugo
Ronda da Muralla, 70
27071 Lugo (Lugo)
Teléfono: 982294421
Fax: 982294389
Xunta de Galicia
Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes
Departamento Territorial da Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes de Ourense
Servizo de Mobilidade de Ourense
R/ Valente Docasar, 2 baixo
32071 Ourense (Ourense)
Teléfono: 988687307/ 988687308
Fax: 988687303
Xunta de Galicia
Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes
Departamento Territorial da Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes de Pontevedra
Servizo de Mobilidade de Pontevedra
Avda. María Victoria Moreno, 43-1º
36071 Pontevedra (Pontevedra)
Teléfono: 886206015/ 886206016
Fax: 886206026
Prazo de presentación: Aberto todo o ano
Esta orde entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.
Formade presentación
A presentación electrónica será obrigatoria para as administracións públicas, as persoas xurídicas, as entidades sen personalidade xurídica, as persoas que exerzan unha actividade profesional para a que se requira colexiación obrigatoria para os trámites e actuacións que realicen coas administracións públicas no exercicio da súa actividade profesional, os titulares ou solicitantes das autorizacións e habilitacións reguladas na Lei 16/1987, do 30 de xullo, de ordenación dos transportes terrestres, os traballadores autónomos para os trámites e actividades que realicen non exercicio da súa actividade profesional e as persoas representantes dunha das anteriores.
As comunicacións (IF321E e IF321G) e solicitudes (IF321F) relativas aos contratos de concesión de servizo público de transporte regular de viaxeiros de uso xeral por estrada presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través da sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal.
Se algunha das persoas interesadas obrigadas á presentación electrónica presenta a súa documentación presencialmente, requiriráselle para que a emende mediante a súa presentación por medios electrónicos. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude ou recurso aquela en que fose realizada a emenda.
Para a presentación de documentación relativa aos procedementos que regula esta orde poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).
Documentación complementaria necesaria para a tramitación dos procedementos
No procedemento IF321F Solicitude de baixa/modificacións de persoal acompañante adscrito á concesión de servizos públicos de transporte regular de viaxeiros de uso xeral por estrada, as persoas interesadas deberán achegar xunto co formulario contido no anexo VI, a seguinte documentación:
a) Memoria xustificativa.
b) Documento acreditativo da representación por calquera medio válido en dereito.
c) Copias das altas na Seguridade Social.
d) Certificación negativa do Rexistro Central de Delincuentes Sexuais.
e) Documento anexo cuberto extraído da aplicación «Oficina do Transporte» (https://oficinadotransporte.xunta.gal).
f) Xustificante de aboamento da taxa código 31.01.07 «Actuacións relativas ás concesións de servizos de transporte regular de uso xeral por estrada: xestións por iniciativa do concesionario relativas a actuacións sobre os contratos de concesión de servizos de transporte agás procedementos automatizados».
g) Outra documentación que considere.
Non será necesario achegar os documentos que xa foran presentados anteriormente. Para estes efectos, a persoa interesada deberá indicar en que momento e ante que órgano administrativo presentou os citados documentos. Presumirase que esta consulta é autorizada polas persoas interesadas, salvo que conste no procedemento a súa oposición expresa.
A presentación electrónica será obrigatoria para os suxeitos obrigados á presentación electrónica das solicitudes, recursos e comunicacións. Se algunha das persoas interesadas presenta a documentación complementaria presencialmente, requiriráselle para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación aquela en que fose realizada a emenda
Comprobación de datos
1. Para a tramitación destes procedementos consultaranse automaticamente os datos incluídos nos documentos elaborados polas administracións públicas, especialmente os documentos identificativos (DNI/NIE para persoas físicas e NIF para persoas xurídicas), tanto da persoa solicitante, recorrente ou declarante como das representantes.
2. No caso de que as persoas interesadas se opoñan a esta consulta, deberán indicalo no cadro correspondente habilitado no formulario de inicio e achegar os documentos.
3. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilite a obtención dos citados datos, poderase solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.
Trámites administrativos posteriores á presentación de reclamacións, recursos, solicitudes, declaracións responsables e comunicacións
1. A sede electrónica da Xunta de Galicia permítelle ás persoas interesadas realizar trámites electrónicos, con posterioridade ao inicio do expediente, accedendo á Carpeta cidadá da persoa interesada. Cando as persoas interesadas non resulten obrigadas á presentación electrónica das solicitudes tamén poderán tramitarse presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.
- Fase de solicitude
- Solicitude (Anexo VI)
Contra a resolución deste procedemento poderá interpoñerse recurso a través de "IF321C. Recurso en materia de mobilidade"
Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"
-
Ámbito Autonómico
-
Ley 10/2016, de 19 de julio, de medidas urgentes para la actualización del sistema de transporte público de Galicia (DOG nº 139 do 22 de xullo de 2016).
-
Lei 2/2017, do 8 de febreiro, de medidas fiscais, administrativas e de ordenación (DOG nº 28 do 9 de febreiro de 2017)
-
Orde do 8 de xaneiro de 2020 pola que se establecen os formularios normalizados que se empregarán en determinados procedementos en materia de mobilidade, infraestruturas e augas (DOG nº 32 do 17 de xaneiro de 2020).
-
-
Ámbito Estatal
-
Lei 16/1987, do 30 de xullo, de Ordenación dos Transportes Terrestres (BOE nº 182 do 31 de xullo de 1987).
-
Real Decreto 1211/1990, de 28 de setembro, polo que se aproba o Regulamento da Lei de Ordenación dos Transportes Terrestres (BOE nº 241 de 8 de outubro de 1990).
-
Real decreto 443/2001, do 27 de abril, sobre condicións de seguridade no transporte escolar e de menores (BOE nº 105 do 2 de maio de 2001)
-
Outros procedementos relacionados
Autorización para a execución de obras, instalacións ou a realización de calquera outra actividade, así como os cambios de uso, na zona de dominio público viario e/ou nas zonas de protección das estradas de titularidade da Comunidade Autónoma de Galicia, excepto accesos.
Aberto todo o ano
Consulta previa de viabilidade dunha autorización.
Aberto todo o ano
Autorización de novo acceso, cambio de uso ou reordenación dun acceso existente na rede de titularidade da Comunidade Autonóma de Galicia.
Aberto todo o ano
Reversión de expropiación.
Aberto todo o ano