Guía de procedementos e servizos

IF321E

Adscrición de persoal acompañante nos contratos do sector do transporte público de viaxeiros por estrada

Procedemento dirixido a: Empresas e profesionais

Aberto todo o ano

Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes

Sobre o procedemento

Este procedemento ten por obxecto a comunicación de datos relativos ao persoal acompañante adscrito aos contratos de concesión de servizos públicos de transporte regular de viaxeiros de uso xeral por estrada que presten servizos integrados.

A través deste procedemento pode comunicarse tanto a adscrición inicial, como a baixa de persoal acompañante ou as modificacións de dito persoal.

Aos concesionarios do servizo público de transporte regular de viaxeiros de uso xeral por estrada.

Xunta de Galicia

Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes

Departamento Territorial da Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes da Coruña

Servizo de Mobilidade da Coruña

Alcalde Pérez Arda, 4

15071  Coruña, A  (Coruña, A)

Teléfono: 881881003

Fax: 881881000

Xunta de Galicia

Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes

Departamento Territorial da Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes de Lugo

Servizo de Mobilidade de Lugo

Ronda da Muralla,70

27071  Lugo  (Lugo)

Teléfono: 982294421

Fax: 982294389

Xunta de Galicia

Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes

Departamento Territorial da Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes de Ourense

Servizo de Mobilidade de Ourense

R/ Valente Docasar, 2 baixo

32071  Ourense  (Ourense)

Teléfono: 988687307/ 988687308

Fax: 988687303

Xunta de Galicia

Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes

Departamento Territorial da Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes de Pontevedra

Servizo de Mobilidade de Pontevedra

Avda. María Victoria Moreno, 43-1º

36071  Pontevedra  (Pontevedra)

Teléfono: 886206015

Fax: 886206026​

Dirección Xeral de Mobilidade
Requisitos e documentación

Prazo de presentación: Aberto todo o ano

Esta orde entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Forma de presentación

As comunicacións do procedemento IF321E presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través da sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal.

Se algunha das persoas interesadas obrigadas á presentación electrónica presenta a súa documentación presencialmente, requiriráselle para que a emende mediante a súa presentación por medios electrónicos. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude ou recurso aquela en que fose realizada a emenda.

Para a presentación de documentación relativa ao procedemento IF321E poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).

Documentación complementaria

No procedemento IF321E Adscrición de persoal acompañante, as persoas interesadas deberán achegar, xunto co formulario contido no anexo V, segundo sexa o caso, a seguinte documentación:

  1. Memoria xustificativa

  2. Copias das altas na Seguridade social

  3. Certificación negativa do Rexistro Central de Delincuentes Sexuais

  4. Documento acreditativo da representación por calquera medio válido en dereito.

  5. Outra documentación que considere conveniente

Comprobación de datos

Para a tramitación deste procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos en poder da Administración actuante ou elaborados polas Administracións públicas agás que a persoa interesada se opoña á súa consulta:

  1. DNI/NIE da persoa comunicante

  2. DNI/NIE da persoa representante

  3. NIF da entidade comunicante

No caso de que as persoas interesadas se opoñan a esta consulta, deberán indicalo no recadro correspondente habilitado no formulario correspondente e achegar os documentos.

Cando así o esixa a normativa aplicable solicitarase o consentimento expreso da persoa interesada para realizar a consulta.

Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilite a obtención dos citados datos, poderase solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.

Trámites administrativos posteriores á presentación da solicitude

Todos os trámites administrativos que as persoas interesadas deban realizar trala presentación da solicitude deberán ser efectuados electronicamente accedendo á Carpeta cidadá da persoa interesada dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.

Despois de presentar

Prazo de resolución:

Non procede resolución xa que se trata de comunicacións

Sentido do silencio: Non especificado

Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"

Normativa
  • Ámbito Autonómico
    • Lei 2/2017, do 8 de febreiro, de medidas fiscais, administrativas e de ordenación (DOG nº 28 do 9 de febreiro de 2017)

    • Orde do 8 de xaneiro de 2020 pola que se establecen os formularios normalizados que se empregarán en determinados procedementos en materia de mobilidade, infraestruturas e augas (DOG nº 32 do 17 de xaneiro de 2020).

    • Pregos de condicións e proxectos de explotación (Expediente 1/2019 DXM)

    • Pregos de condicións e proxectos de explotación (Expediente 2/2019 DXM)

    • Pregos de condicións e proxectos de explotación (Expediente 1/2020)

  • Ámbito Estatal
    • Lei 16/1987, do 30 de xullo, de Ordenación dos Transportes Terrestres (BOE nº 182 do 31 de xullo de 1987).

    • Real Decreto 1211/1990, de 28 de setembro, polo que se aproba o Regulamento da Lei de Ordenación dos Transportes Terrestres (BOE nº 241, de 8 de outubro de 1990).

    • Real decreto 443/2001, do 27 de abril, sobre condicións de seguridade no transporte escolar e de menores (BOE nº 105 do 2 de maio de 2001)

Descargar o contido desta ficha en formato PDF

Outros procedementos relacionados

IF204A

Autorización para a execución de obras, instalacións ou a realización de calquera outra actividade, así como os cambios de uso, na zona de dominio público viario e/ou nas zonas de protección das estradas de titularidade da Comunidade Autónoma de Galicia, excepto accesos.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

IF205C

Consulta previa de viabilidade dunha autorización.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

IF205D

Autorización de novo acceso, cambio de uso ou reordenación dun acceso existente na rede de titularidade da Comunidade Autonóma de Galicia.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

IF207B

Reversión de expropiación.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano