Guía de procedementos e servizos
Ir á sección pai
Detalle procedemento
IF312B
Devolución das taxas de dereitos de exame das probas de constatación da competencia profesional para o desempeño das funcións de xestor de transporte.
Procedemento dirixido a: Cidadáns, Empresas e profesionais
Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes
Só as persoas solicitantes que resulten definitivamente excluídas da realización das probas terán dereito á devolución do importe dos dereitos de exame.
As persoas solicitantes que resulten definitivamente excluídas da realización das probas.
Xunta de Galicia
Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes
Dirección Xeral de Mobilidade
Subdirección Xeral de Ordenación do Transporte
Servizo de Ordenación do Transporte Regular de Viaxeiros
San Caetano, s/n
15781 Santiago de Compostela (Coruña, A)
Teléfono: 881995053/ 981544375
Email: formacion.transportes@xunta.es
https://conselleriadepresidencia.xunta.gal/formacion/xestor-transporte/exame
Prazo de presentación: PECHADO
15/04/2025 00:00 - 15/05/2025 23:59
15/07/2025 00:00 - 18/08/2025 23:59
15/10/2025 00:00 - 17/11/2025 23:59
01/01/2026 00:00 - 02/02/2026 23:59
Só as persoas solicitantes que resulten definitivamente excluídas da realización das probas terán dereito á devolución do importe dos dereitos de exame a que se refire o número 5.1 da Resolución, sempre que o soliciten nos seguintes prazos:
- Para aquelas solicitudes que se presenten ata o 24 de xaneiro, deberán solicitar a devolución do importe entre o día 15 de abril e o 15 de maio de 2025, ambos inclusive.
- Para aquelas solicitudes que se presenten entre o 25 de xaneiro ata o 21 de abril, deberán solicitar a devolución do importe entre o día 15 de xullo e o 15 de agosto de 2025.
- Para aquelas solicitudes que se presenten desde o 22 de abril ata o 15 de xullo, deberán solicitar a devolución do importe entre o día 15 de outubro e o 15 de novembro de 2025.
- Para aquelas solicitudes que se presenten desde o 16 de xullo ata o 24 de outubro, deberán solicitar a devolución do importe entre o día 1 e o 31 de xaneiro de 2026.
Solicitudes.
A solicitude axustarase ao modelo incorporado como anexo II desta resolución seguindo o procedemento dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal), co código IF312B.
Comprobación de datos.
1. Para a tramitación do procedemento IF312B consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos en poder da Administración actuante ou elaborados polas administracións públicas, agás que a persoa interesada se opoña á súa consulta:
• DNI/NIE da persoa solicitante.
• DNI/NIE da persoa representante.
2. Consultaranse, ademais, os seguintes datos cando a persoa interesada marque na solicitude o recadro correspondente para sinalar as circunstancias que lle sexan de aplicación:
• Certificado de discapacidade expedido pola Xunta de Galicia.
• Inscrición como demandante de emprego.
• Prestacións ou subsidios por desemprego que se perciban.
• Títulos oficiais non universitarios.
• Títulos oficiais universitarios.
• Certificado de residencia con data de última variación padroal da persoa solicitante
3. No caso de que as persoas interesadas se opoñan a esta consulta, deberán indicalo no recadro correspondente habilitado no formulario correspondente e achegar os documentos. Cando así o exixa a normativa aplicable, solicitarase o consentimento expreso da persoa interesada para realizar a consulta.
4. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilite a obtención dos citados datos, poderáselles solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.
- Fase de Solicitude
- Solicitude (Anexo II)
Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"
-
Ámbito Autonómico
-
Resolución do 13 de novembro de 2024, da Dirección Xeral de Mobilidade, pola que se convocan, para o ano 2025, as probas de constatación da competencia profesional para o desempeño das funcións de xestor de transporte en empresas de transporte por estrada (códigos de procedemento IF312A e IF312B) (DOG nº 228 do 26 de novembro de 2024).
-
Outros procedementos relacionados
Autorización para a execución de obras, instalacións ou a realización de calquera outra actividade, así como os cambios de uso, na zona de dominio público viario e/ou nas zonas de protección das estradas de titularidade da Comunidade Autónoma de Galicia, excepto accesos.
Aberto todo o ano
Consulta previa de viabilidade dunha autorización.
Para realizar este trámite presencialmente debes imprimir o seguinte modelo e presentalo nunha oficina.
Utiliza a opción "DESCARGAR PDF IMPRESIÓN" para imprimilo.
Podes cubrir o formulario en liña e imprimilo unha vez cuberto. Poderás gardar os avances e continuar noutro momento utilizando as opcions "Gardar" e "Recuperar".
Aberto todo o ano
Autorización de novo acceso, cambio de uso ou reordenación dun acceso existente na rede de titularidade da Comunidade Autonóma de Galicia.
Aberto todo o ano
Reversión de expropiación.
Aberto todo o ano